río limia

63

Upload: monadela

Post on 16-Apr-2017

388 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Río Limia
Page 2: Río Limia

LONXITUDE: 135 km (68 km en Galicia e 67 km en Portugal)

CUNCA: 3.699 km2 (1.329 km2 en Galicia e 2.370 km2 en Portugal.

Page 3: Río Limia

CLIMAAtlántico, con zonas de influencia mediterránea.

Page 4: Río Limia

RÉXIME: pluvial, con augas altas no inverno.

CAUDAL: 28 m3/s

Page 5: Río Limia
Page 6: Río Limia

SARREAUS

NACEMENTO: Monte Talariño (Sarreaus) a 975 m de altitude.

Page 7: Río Limia

FaramontaosXINZO DE LIMIA Nace na serra do Larouco e xúntase

co Limia en Xinzo de Limia.

Page 8: Río Limia

O Limia en Xinzo de Limia

Page 9: Río Limia

A Limia

Page 10: Río Limia

Canle da Antela

O Limia na Limia

O Limia en Ponteliñares

Construída para drenar a lagoa da Antela.

Page 11: Río Limia

Fírveda

A Fírveda (A Porqueira)

Brañas de Golpellás.

Nace na parroquia de Vila (Calvos de Randín). No concello de A Porqueira forma un pequeño cavorco con varias fervenzas.

Page 12: Río Limia

CadósNace na serra do Leboreiro e xúntase co Limia no encoro das Cunchas.

Encoro das Cunchas.

O Limia no canón dos Infernos, o único tramo sen encorar na Baixa Limia.

Page 13: Río Limia

Grou (Pedrouzos)nace na serra do Leboreiro e xúntase co Limia en Grou, no canón dos Infernos.

Unha das cabeceiras do Grou na serra do Leboreiro

Page 14: Río Limia

Salasnace na serra da Pena e os seus principais afluentes son Barxa, Calvos, Mao, e Cabaleiros. Xúntase co Limia en Lobios.

Encoro do Salas

Page 15: Río Limia

AgroNace na serra do Leboreiro e xúntase co Limia no encoro de Lindoso. O principal afluente é o río da Montaña.

Río da Montaña en Queguas

Page 16: Río Limia

LobiosNace do Pico da Nevosa (Xurés) e xúntase co Limia en Fondevila (Lobios).

O Lobios en Saa

Page 17: Río Limia

CaldoNace nos cumes do Xurés e xúntase co Limia nas proximidades de Lobios. O seu principal afluente é o Vilameá. Recibe o seu nome da surxencia de augas termais que se producen na mesma canle do río e que son aproveitadas con fins medicinais.

Corga da Fecha

Vilameá

Page 18: Río Limia

Encoro de Lindoso e serra de Santa Eufemia.

Page 19: Río Limia

Encoro de Lindoso

Entrimo e ao fondo o encoro de Lindoso.

Page 20: Río Limia

Castro LeboreiroNace en Portugal, na vertente oeste da serra do Laboreiro e durante parte do seu percorrido fai fronteira co concello de Entrimo. Xúntase co Limia no encoro de Lindoso.

O río en Castro Laboreiro

Page 21: Río Limia

AdràoNace na localidade de Adrão e percorre uns 8 km ata a confluencia co Limia.

Central de Lindoso

FroufeNace na Serra Amarela e xúntase co Limia no encoro de Touvedo.

Page 22: Río Limia

PONTE DA BARCA

Page 23: Río Limia

Vade

Nace nas proximidade de Portela de Vade e xúntase co Limia en Ponte da Barca.

VezARCOS DE VALDEVEZ

Nace na serra de Soajo e ten un percorrido de 36 km.

Page 24: Río Limia

PONTE DE LIMA

Page 25: Río Limia

Portuzelo

LANHESES

PONTE DE LIMAEstorades

Lagoa de San Pedro, na chaira deInundación do río Estorades

Page 26: Río Limia

VIANA DO CASTELO

Page 27: Río Limia

DESEMBOCADURA: Océano Atlántico

Page 28: Río Limia

XEOLOXÍAO Limia descende rápido desde o nacemento á depresión da Antela ou da Limia por onde discorre mainamente para precipitarse á saída da mesma, en fortes pendentes ata entrar en Portugal, onde discorre por un val estreito. Na desesembocadura forma un esteiro con amplas zonas de marismas.

Page 29: Río Limia

A depresión da Limia orixinouse pola relaxación posterior á Oroxénese Alpina na que se ergueron e afundiron grandes bloques aproveitando antigas fallas primarias. A zona deprimida está cuberta por un depósito aluvial do Cuaternario constituído por areas, arxilas, turba e lignito que acada nalgunhas zonas os 200 m de profundidade. A depresión estivo ocupada por unha lagoa que se desecou para aproveitamento agrícola no ano 1958.

Page 30: Río Limia

As rochas dominantes en gran parte do curso son os granitos.

Page 31: Río Limia

Nas cabeceiras do Vilameá (afluente do Caldo) hai un val glaciar.

Page 32: Río Limia

FERVENZASNos afluentes do río Limia que baixan das serras con bruscos desniveis, hai numerosos rápidos e fervenzas.

Fírveda (A Porqueira)

Río Limia no Canón dos Infernos, nun tramo libre entre os encoros das Cunchas e Lindoso.

Page 33: Río Limia

As Forcadiñas, no río Chao de Requeixo (Salas)

Fecha Carneira, no río de Salgueiros (Salas)

Page 34: Río Limia

Rego da Portela (Salas)

Río Salas Pozo Negro no Salas, en Cela

Page 35: Río Limia

As Olas, no río Mao (Salas)

Page 36: Río Limia

Fecha do Fragón, (Río da Montaña-Agro)

Fecha de Venceáns (Río da Montaña-Agro)

Page 37: Río Limia

Río da Montaña en Queguas (Agro)

Pozo Caído (Río Pacín ou da Montaña-Agro)

Page 38: Río Limia

Río Vilameá (Caldo) Río Corga da Fecha(Caldo)

Page 39: Río Limia

Río Castro Leboreiro en Castro Laboreiro

Pozas do Mallón (río Castro Leboreiro)

Page 40: Río Limia

Rego de Gemieira

Page 41: Río Limia

Pozo Negro no río Adrão (Soajo)

Page 42: Río Limia

FLORAA vexetación do río é a típica das áreas húmidas. Nas beiras aparecen pequenos bosques de salgueiros, amieiras, sanguiños, bidueiros, freixos, érbedos e carballos. Nos prados que se asolagan, e no río hai xuncos, espadainas, lirios amarelos, ambroíños, ranúnculos, oucas, lentellas de auga, pe de boi ...

Espadanas, oucas, herba das rans… Salgueiros

Page 43: Río Limia

Antelas (Scispus lacustris) e salgueiros. Salgueiro (Salix salviifolia)

Page 44: Río Limia

Herba das rans (Lemna minor)

Espadana ou lirio (Iris pseudacorus)

Callitriche stagnalis

Page 45: Río Limia

AVES: destaca a biodiversidade das chairas e pozas da Limia: crían o somorgullo pequeno (Tachybaptus ruficolli), a cegoña branca (Ciconia ciconia), o alavanco real, a galiña de río, a avefría (Vanellus vanellus), becacina cabra (Gallinago gallinago), cerceta real (Anas crecca), mazarico rabinegro (Limosa limosa), bilurico común (Tringa totanus) e pernileiro (Burhinus oedicnemus).

FAUNA

Page 46: Río Limia

Pódense ver ademais: somorgullo cristado, garzas (pequena e real), garzota, cerceta areeira, pato cullerete, rascón de auga, píllara (real, dourada grande e areeira), biluricos (patirrubio, alinegro, bailón e patinegro), mazaricos (rabipinto, común e galego), cabra do aire, patuda, carrán (mouro e común), martiño peixeiro, curuxa das xunqueiras, anduriña das barreiras, lavandeiras, aguia (peixeira, perdiceira e albela), peneireiro cincento, miñato (abelleiro, real e queimado), azor, gabián, gatafornela, falcón (peregrino e pequeno) ...

Mergullón

Page 47: Río Limia

MAMÍFEROS: lontra, morcegos (Rhinolophus eurygal, Myotis myotis, Barbastella barbastellus. RÉPTILES: cobra sapeira, escánceres, sapoconcho común...PEIXES: troitas, anguías, escalos, carpas (nos encoros)...ANFIBIOS: rás, salamántigas, limpafontes...E unha gran variedade de invertebrados.

Morcego nun muíño á beira do río.

Ra verde

Page 48: Río Limia

ESPAZOS PROTEXIDOS-Parque Nacional “Peneda-Gerês”-Parque Natural e LIC “Baixa Limia-Serra do Xurés”.-LICs “Veigas de Ponte Liñares”, “Río Lima” , “Lagoas de Bentiados e San Pedro de Arcos*”, “Brañas de Golpellás”, “Brañas do río Calvos”, “Veigas do río Salas” (estas tres últimas pendientes de aprobación).-ZEPA “A Limia”.

*Humidal Ramsar

Parque Natural “Baixa Limia-Serra do Xurés”.

Page 49: Río Limia

Pozas de Sandiás, antigas areeiras naturalizadas.

Page 50: Río Limia

Veigas de Ponte Liñares, na Limia.

Page 51: Río Limia

APROVEITAMENTOSubministro de auga para abastecemento de poboacións, regadío, industrias; produción de enerxía eléctrica, pesca, lecer...ENCOROS: As Cunchas, Salas (Río Salas), Lindoso, Touvedo... e varias minicentrais.En distintos puntos da beira do Limia e os seus afluentes hai surxencias termais que son aproveitadas en baños e balnearios (Bande, Lobios, Caldas de Gères).

Os Baños de Bande Río Caldo en Lobios.

Page 52: Río Limia

Muíño en Sarreaus

Muíño no Nau Muíño en Gemieira

Page 53: Río Limia

Deportes en Ponte de Lima Presa das Cunchas

Ruta na lagoa de San Pedro Pesca deportiva

Page 54: Río Limia

DATOS HISTÓRICOSO val do Limia estivo poboado desde tempos moi antigos como atestiguan os menhires, as mámoas e os castros. Na lagoa da Antela descubríronse poboados palafíticos con achádegos de puntas de frecha datadas no 2600-2500 a.C. Pola Limia e polo Xurés pasaba unha vía romana e nas beiras do río consérvanse vilas termais e acampamentos. En toda a zona consérvase un rico patrimonio histórico artístico e etnográfico de distintas épocas.

Dolme “Casiña da Moura” no río Salas “Pedra Alta”, un menhir na Limia.

Page 55: Río Limia

Acampamento romano “Aquis Querquenis”En Bande.

Miliarios romanos no Río Caldo. Vila termal romana en Riocaldo.

Page 56: Río Limia

Torre de Sandiás (A Limia)

Torre da Pena (A Limia) Igrexa prerrománica de Santa Comba de Bande.

Page 57: Río Limia

PONTES

Río Caldo Faramontaos

A Porqueira Río Agro (Entrimo)

Page 58: Río Limia

Arcos de Valdevez

Ponte da Barca

Page 59: Río Limia

Ponte de Lima

Viana do Castelo (Ponte de Eiffel)

Page 60: Río Limia

LENDASO RÍO DO ESQUECEMENTO. O mito clásico do río Leteo no que as almas dos mortos bebían o esquecemento á entrada dos felices Campos Elíseos localízase en Galicia no río Limia. Na antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadealo perdería a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.

Page 61: Río Limia

CURIOSIDADESNa depresión da Limia atopábase a lagoa máis grande de España con 9 km de longo, 5 de ancho e 3 m de profundidade, uns 40 km2 de superficie, e unha enorme riqueza biolóxica.

Foi desecada polo IRYDA en 1958 para aproveitar o espazo como terreo agrícola. Na actualidade so quedan a canle de desecación e algúns encharcamentos estacionais. O espazo está ocupado por leiras de patacas e cereais.

Detalle do mapa de Domingo Fontán (1845)

Page 62: Río Limia

PROBLEMASAlteración de ecosistemas (desecación, encoros, obras...), especies invasoras, contaminación...

Page 63: Río Limia

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta