rota de 5º curso
TRANSCRIPT
COÑECE A COSTA DE
RIBADEO
DESDE INSUA-CASTRO DAS GROBAS
ATA O ÁREA RECREATIVA DE
VILAFRAMIL
O noso percorrido desde o Castro das Grobas ata o Área recreativa de Vilaframil pasando pola Praia de Piñeira, onde faremos limpeza dela e observaremos a flora mariña.
Durante nosa rota fixarémonos en todo momento da nosa contorna e coidado da mesma.
Castro das Grobas
Visitaremos o Castro das Grobas preto a Insua. Un vecino de Vilaselán, gran conñecedor das construcións castrexas, explicaranos todo sobre el, pero antes imos explicar que é un castro.
Un castro é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por
Europa entre a Idade do Bronce e a do Ferro, que subsistiu ata a Idade Media.
Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste,
onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana
coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser
habitados ata ben entrada a Idade Media.
Citania e cividade son sinónimos de castro, se ben en Portugal designan
especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento
urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.
Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero
pode estimarse nun mínimo de 3.000, inda que non todos estaban ocupados á vez e
quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50
castros escavados arqueoloxicamente.
O Castro de Grobas ten unhas dimensións máximas duns 230 m x 180 m, ocupando algo máis de dúas hectáreas e media, centrado en 43º33'22”N, 7º2'53”O, ó sur da ínsua de Vilaselán. Suponse que a ínsua veciña ten algo que ver co castro, pois apareceron alí restos arqueolóxicos como cerámicas. Distínguense tres foxos paralelos escavados na rocha e de anchura entre 8 e 10 m, separados por parapetos.
Non se aprecian destrucións nin alteracións. Na actualidade o castro forma parte dun terreo comunal creado a resultas da concentración parcelaria en Vilaselán, Ribadeo.
Neste castro un agricultor atopou a Diadema de Ribadeo, que se considera como uno
de los restos más importantes de la orfebrería peninsular propia de la época de los
castros. e que vendeu en Madrid por unha onza de ouro, segundo dixeron sucesores
seus.
Este castro sitúase na parroquia de Vilaselán, no lugar coñecido como o
Morgullón, moi perto da Illa Pancha, onde se atopa o faro de Ribadeo, a unha altura de
15-20 metros sobre o nivel do mar. O emprazamento deste castro é un pequeño saínte
situado entre a Pasada da Insua no oeste e a praia das Rochas Brancas. Na parte norte,
moi perto está o penedo da Insua, que nun pasado puido estar unido a costa. O castro
ten unha boas defensa naturais, e por outra banda, conta con un lugar de boas
posibilidades de recalada de embarcacións, xa que a enseada ofrece unha boa zona de
abrigo (na foto pódense ver uns chanzos labrados na roca que baixan cara o mar). Esta
característica dótao dunha posible funcionalidade relacionada coa pesca e co tráfico
marítimo a pequena escala, pero atribúeselle unha posible relación co tráfico marítimo
de grande cabotaxe dada a proximidade á ría de Ribadeo. No sector leste conta con
defensas naturais ben conservadas, compostas por tres foxos paralelos duns 10 metros
de profundidade. Os historiadores cren que neste castro puido aparecer a famosa
diadema de Ribadeo, e segundo os veciños, empuñaduras de espadas, tellas e muiños
de man.
Xa no castro, hai algúns sendeiros, feitos polos pescadores, permiten percorrer algúns
espazos e ver os seus fosos e muros. Naturalmente, o castro xace enterrado,
esperando tempos mellores
http://www.cronica3.com/2009/03/comezaron-as-escavacions-arqueoloxicas-no-
castro-das-grobas-de-ribadeo/
Visitaremos diferentes paxinas web para comentar as pubicacións sobre o Castro
O persoal que traballaba no Castro das Grobas,estaba dirixido polo arqueólogo Emilio Ramil, estaba a centrar a escavación no foso defensivo máis interior -o castro conserva dous e tres parapetos-, onde realizaron un corte de cinco por quince metros.
Imaxes antiga do Castro Das Grobas
Preguntas Para José María; a persoa que o sabe todo sobre o Castrode Grobas.
Por que está abandonado O Castro Das Grobas?
Por que non ten publicidade O Catro Das Grobas? e moita xente non o coñece?
De que vivían?
Por que elixieron este lugar e non outro?
Que vai pasar con este Castro?
Imos perder a posibilidade de recuperalo?
Continuamos noso percorrido ata a Praia de Piñeira onde faremos limpeza dela
sendo respectuoso co medio ambiente e concienciar a nosos alumnos do coidado de
nosas praias e de noso ámbito.
Piñeira é unha parroquia que está localizada ao oeste do centro de Ribadeo.
Encóntrase entre Villaselán e Rinlo. É unha agradable aldea na que todos os seus
veciños acollen calorosamente os seus visitantes, coñecida pola pesca nas súas costas
escarpadas e rochosas.
Posiblemente trátese dunha das parroquias de máis futuro e crecemento do
municipio, pois a escasa distancia a Ribadeo e a previsión dun polígono industrial nas
proximidades a converten nunha zona moi atractiva. Construíronse diversas pistas de
concentración parceira que unen as parroquias costeiras lindantes ao longo de toda a
súa extensión. Na actualidade esta parroquia foi dividida en dous debido ao paso da
autovía transcantábrica. No seu termo estaba pensada a construción dunha gran
planta acuícola pola empresa Pescanova, se se lograba solucionar o problema da
situación entre un castro celta ('As Grobas') e unha zona de especial protección da
natureza.
Faremos limpeza da Praia de Piñeira e observaremos a flora mariña: tipos de
algas que se encontra nesta praia.
Praia de Piñeira
Limpeza de praia
OBXECTOS RECOLLIDOS
DE VIDRIO CONTEO TOTAL
Botellas
Outros materiais de vidrio
Cantidade de obxectos de
vidrio recollido
DE PAPEL CONTEO TOTAL
Cartón
Revistas e periódicos
Caixas de tabacos
Outros materiais de Papel
Cantidade de obxectos de papel
recollido
DE TEA CONTEO TOTAL
Roupa
Outros materiais de tea
Cantidade de obxectos de tea
recollido
DE METAL CONTEO TOTAL
latas
mallas
Anzuelos
Trampas
Outros materiais de metal
Cantidade de obxectos de
metal recollido
DE MADEIRA CONTEO TOTAL
Outros materiais de
madeira
Cantidade de obxectos de
madeira recollido
OBXECTOS RECOLLIDOS
DE PLÁSTICOS CONTEO TOTAL
Botellas
Outros materiais de
pásticos
Cantidade de obxectos de
vidrio recollido
DE HULE OU GOMA CONTEO TOTAL
Calzados
Llantas
Guantes
Outros materiais de de hule
ou goma
Cantidade de obxectos de DE
hule ou goma recollido
DE OUTROS MATERIAIS CONTEO TOTAL
Cantidade de outros materiais
recollidos