roteiro dos pazos - lalínlalin.gal/files/roteiro dos pazos e ponte taboada optimizado_1.pdf ·...

19
RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOSE PONTE TABOADA

Page 2: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

ROTEIRO DOS PAZOS E PONTE TABOADA

O desenvolvemento da Vila de Lalín foi relativamente recente, peroabondan no Concello as pegadas que foi deixando a historia. Unha boamostra pódese contemplar neste roteiro que pasa polos pazos deBergazos, Bendoiro, Eirixe e Liñares. Ademais deste patrimoniomonumental correspondente a cultura pacega, o roteiro permite visitartamén o Castro e Castriño de Bendoiro e finaliza na milenaria PonteTaboada.

Neste roteiro, partimos domesmo centro de Lalín, comezandodende a placa que sinalasimbolicamente o quilómetro 0 deGalicia. Veremos varios pazos, oCastro e o Castriño de Bendoiro efinalizaremos na milenaria PonteTaboada.

A pouco do comezo da andaina temos o monumento adicado aoaviador Xoaquín Loriga, obra do escultor Francisco Asorey.

Baixamos cara o paseoPontiñas. Podemos ir pola sendabotánica e logo polo paseo peonil.A primeira parte do paseo é zonade sombra. Imos a carón do ríoPontiñas gozando da súavexetación de ribeira e pasamos aopé da carballeira da Crespa.Chegamos ao lago.

Page 3: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

Subimos cara a o Espiño. Imos por untramo da estrada vella preto do Hostal Camiñode Santiago. Collemos unha pista e chegamosao Pazo de Bergazos. Deste pazo poucoqueda xa, pero aínda poderemos ver algún dosseus elementos arquitectónicos que seguen enpé esperando por unha pronta restauración.Neste pazo hai unha inscrición na que se leeano 1672, e foi a casa de Gómez Gil Taboadae Beatriz Fernández de Gundín.

Despois de ver o Pazo de Bergazos, a ruta continúa preto dopolígono Lalín 2000. Seguidamente pasamos por debaixo daautoestrada. Antes do lugar de Laxe desviámonos e pasamos por unfermoso muíño. Continúase e polo Castro e o Castriño de Bendoiro.Este xacemento arqueolóxico é un dos moitos asentamentospoboacionais da época castrexa dos que se conservan vestixios noConcello de Lalín.

A ruta continúa entre castiñeirose logo vai en lixeiro descensoata chegar ao pazo de Bendoiroque foi recuperado eactualmente é unestablecemento de hostalaría.Xunto a el está a casa daCalzada.

Continuamos a andainaenlazando un pouco co camiño deSantiago ata Prado. Imos preto docentro escolar por unha congostraque baixa. A ruta pasa pola igrexade prado e o Pazo de Eirixe,escenario da guerra carlista.

A seguinte parada será oPazo de Liñares. Continuaremosdespois o roteiro en dirección aPonte Taboada. Os camiños vanentre carballeiras. Finalmentedescendemos por un camiñoempedrado que moi ben podeser resto da calzada que dabaacceso a ponte. Remataremos aruta xunto da vella estación dotren completando unha distanciade 14 quilómetros.

Page 4: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 3,700

PAZO DE BERGAZOS

O pazo de Bergazos foi a residencia de Gómez Gil Taboada eBeatriz Fernández de Gundín, que fundaron o vínculo de Bergazos,requisito necesario para que o patrimonio familiar continuara vencellado.Nunha inscrición moi erosionada pódese ler ANO DE 1672, posible datade construción ou ampliación da edificación.

A prosperidade desta casa debeuse aos cargos que Gómez Gilostentou na administración de Deza, sendo xuíz e mordomo de rendasdo Conde de Lemos. Estes cargos reportaban grandes beneficios ao seutitular.

Gómez Gil e Beatriz Fernández tiveron seis fillos. O primeiro deles,Francisco, foi o herdeiro. Destacou tamén o terceiro dos fillos, FelipeAntonio bautizado en 1668, que estudou leis e canons no Colexio deFonseca do que foi dúas veces reitor. Pero ademais Felipe Antoniodesempeñou cargos eclesiásticos chegando a ser arcebispo de Sevillaen 1720.

No seu testamento, Felipe Antonio, dispuxo como encargo para oseu sobriño, Cayetano Gil Taboada tamén arcebispo, a reedificación daigrexa de Donsión. Nesta igrexa están as sepulturas de Gómez GilTaboada e Beatriz Fernández de Gundín fundadores do vinculo deBergazos. Dende o pazo pódese ver na cima do outeiro a igrexa deDonsión, polo que pódese dicir que os finados teñen contemplacióndirecta da que foi a súa casa familiar.

BIBLIOGRAFIA: Pazos y moradas hidalgas de Deza. César Gómez Buxán yFrancisco Rubia Alejos. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Page 5: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 5,00

MUíÑO DO ESCRIBANO

Este muíño atópase na parroquia de Bendoiro no rego da Laxe dosMosqueiros.

A mediados do século XX podíanse contabilizar no arroio de Laxe,en estado practicamente activo, uns 19 muíños pertencentes ásparroquias de Santiso (9), Bendoiro (7) e outras (2). Este arroio percorreunha distancia de 6,5 quilómetros desde a súa zona de nacemento, noMonte Cerquedo, ata a desembocadura no río Asneiro, á altura da Grifa,salvando tan só un desnivel de 180 metros e cunha pendente media do2,7%, aínda que o tramo de maior pendente localizase no últimoquilómetro. Aquí a pendente media sobrepasa o 7% e, cara o final,aínda é moito maior por causa do afondamento que leva o río Asneiro.Nestas condicións resultaría moito máis vantaxoso construír muíños,pero as distancias con respecto aos núcleos de poboación aumentan eas dificultades para desprazarse, tamén se incrementan.

Page 6: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

O Muíño do Escribano atópase no tramo inferior do arroio de Laxe,ao sur da aldea de Castro e, aínda que foi un muíño veciñal ao queacudían varios propietarios para moer calquera tipo de cereal (centeo,trigo, millo), todo parece indicar que no pasado pertenceu a algúnescribano alleo á parroquia de Bendoiro ("dicían os vellos que un díachegara a parroquia un escribano, montado nun gran cabalo e que sequedou con todo canto lle pareceu"). Entre todo iso atopábase omuíño").

No ano 1991, cando se realizou un traballo de catalogación dosmuíños das parroquias concentradas "escolarmente" no Colexio dePrado, este muíño presentaba un estado de deterioro moi avanzado(estaba sen cubrición, os mecanismos do muíño estaban moideteriorados, faltaba a porta e os ventanucos...) aínda que as paredes,construídas con cachotes de gneis, conservaban a súa integridade emantíñanse aplomadas.

A data de construción sitúase en torno a 1890, deixando defuncionar na década de 1960, porque os veciños reduciron a produciónde cereais (centeo, trigo) e o millo comezou a moerse en muíñoseléctricos nas propias casas. Durante a fase de funcionamento asavarías máis frecuentes foron algúns problemas na presa de conduciónde auga, que sufría aterramentos e, durante o verán, a falta de augaobrigaba a reducir as moendas.

A edificación deste muíño (o caseto) presenta unhas medidasinusuais (12 metros de longo, por 5 metros de anchura) e a moa taménten un diámetro (1,20 metros) netamente superior á maioría das moasde muíños de regueiro (entre 1 e 1,10 metros). En realidade foi unmuíño con dúas moas (muíño dobre).

BIBLIOGRAFIA.

Os muíños do Noroeste do concello de Lalín. Traballo escolar realizado polos alumnos do Colexio Público

de Prado no ano 1.991 e gañador do Primeiro Premio do Concurso Escolar Alfredo García Alén convocado polo

Museo Provincial de Pontevedra.

Page 7: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 7,500

CASTRO E CASTRIÑO DE BENDOIRO

O Castro e o Castriño de Bendoiro son dous asentamentoscastrexos ou, tal vez, un asentamento dobre. Este contacto tanxencialentre dúas áreas castrexas constitúe un caso único no que se coñece dacultura castrexa.

O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polasobras do AVE. Nas escavacións arqueolóxicas que se fixeronconfirmouse a importancia do entorno castrexo e a súa posibleextensión. Nelas apareceron diversas estruturas, entre elas, un forteestribo de mampostería no lateral do foxo que serviría de base paraunha pontella, e por esta pasaría un camiño con dúas rodeiras quecontinuaría ata un regato próximo.

Entre as lendas asociadas a este lugar había unha que dicía que na“cova da moura” habitaba unha moza fermosa, que nas noites de lúabaixaba a bañarse ao río.

Page 8: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 8,500

PAZO DE BENDOIROE CASA DA CALZADA

O pazo de Bendoiro é hoxe un establecemento de hostalaríaadicado ó turismo rural. Parece que tivo a súa orixe nunha torre e oedificio sufriu transformacións con respecto a edificación orixinal. Así acapela foi trasladada no ano 1881 ao pazo establecéndose un accesodirecto dende a planta nobre á tribuna da mesma. A casa foi a residenciadunha rama da estirpe dos Taboada.

En canto ao escudo de armas, nel aparecen representadas asliñaxes dos Taboada, os infanzóns de Soutolongo, as dos López deLemos e novamente as dos Taboada. No escusón están as armas dosChurruchaos.

Fronte ao pazo de Bendoiro está a Casa da Calzada. Esta casa foifundada a comezos do século XVII e xorde da división dos bens do pazode Bendoiro de Abaixo. Na igrexa parroquial atópase o sepulcro e oblasón do seu primeiro posuidor, Gregorio Núñez de Taboada.

Debido a distancia existente coa igrexa parroquial de Bendoiro, osdonos do pazo construíron a capela, pois este lugar era coñecido como“A Lagoa” que no inverno volvíase pantanoso polo que só se podía saírde casa a cabalo e dificilmente podíase ir a pe a escoitar a misa.

BIBLIOGRAFIA: Pazos y moradas hidalgas de Deza. César Gómez Buxán yFrancisco Rubia Alejos. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Page 9: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 10

IGREXA DE PRADO

A igrexa de San Martiño, na parroquia de Prado, está formada porunha soa nave e constitúe, a nivel da Comarca de Deza, un exemplosingular na evolución construtiva que experimentaron algúns templos nonoso espazo rural. Tendo en conta a documentación estudada porFrancisco Rubia no Pazo de Liñares e traballos de investigación en baseás técnicas de construción do seus muros, poden distinguirse tres fases:prerrománica, románica e moderna.

Fase prerrománica.

Aparece ben representada na parte inferior das fachadas Norte eSur, en varias filas de sillares irregulares de acabado rugoso, tamañosvariables, esquinas redondeadas, emprego de abundantes calzos,recheos con ripios e con algúns abombamentos do muro. A datación daigrexa prerrománica é difícil de precisar, pero posiblemente se encadreentre os séculos VI (construción) e o XI (primeira reforma). Isto é o queparece indicar unha pedra que se atopou cando se realizaron ostraballos de ampliación, no século XIX, e na que figuraba gravada a data519, segundo comunicou o cura-párroco a Carlos Taboada, propietariodo Pazo de Liñares. Esa pedra, non incorporada ao novo muro,desapareceu ou está metida nas paredes da capela do Pazo.

Page 10: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

Fase románica

Arredor do século XI-XII tivo lugar a primeira reforma e ampliacióndo templo, seguindo os cánons do Románico da zona, tanto en planta,como en técnica construtiva e decoración. A ampliación consistiu enaumentar a altura colocando canzorros e métopas (das que seconservan oito, metidas nos sillares da construción moderna, con figurasde rosetas de botón central), en modificar a fachada abrindo unha portaabucinada de arco de medio punto con tres arquivoltas, apoiadas encolumnas con capiteis de decoración vexetal e dovelas con decoraciónde axadrezados na arquivolta exterior, mentres que na cabeceira daigrexa construíuse un abside de forma rectangular, similar ao que seconserva en San Martiño de Lalín, San Xulián de Rodís ou San Xoán deAnzo. Varias dovelas con axadrezados e dous capiteis atópanse nunalpendre e nun hórreo contiguos ao Pazo de Liñares. Estas pezasformaban parte do material que se trasladou desde a igrexa ao pazo,para as obras que se estaban a realizar na súa capela.

2. Representación da igrexa románica de Prado nunha pintura mural do Pazo de Liñares

Page 11: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

Fase moderna

No último terzo do século XIX a igrexa presentaba importantes danosna cuberta que a facían inservible para o culto e, por iso, decidiuse queos veciños acudiran ao templo de Bendoiro. Ante esta situación opropietario do Pazo de Liñares solicitou axudas ao Ministerio de Graza eXustiza e comezaron unhas obras de carácter integral, no ano 1880,consistentes en aumentar a altura e a lonxitude dos muros laterais econstruír novas fachadas polos lados Oeste, onde está a espadana eLeste (ábsida con sacristía).

A obra realizouse con cantería transportada do Monte Carrio, aíndaque se reaproveitaron moitos materiais da construción anterior e outrosterminaron no pazo de Liñares o nas casas da aldea de Eirixe. Destacarque na antesala do Pazo de Liñares, ao lado da porta de acceso aosalón, consérvase unha pintura mural que representa a vella igrexarománica antes da realización destas últimas obras (a segunda reformada igrexa). Aínda que esta pintura sexa de tempos moi posteriores éposible que recolla informacións facilitadas por testemuñas que viron aigrexa románica tal como era a finais do século XIX.

3. Vista da parede lateral da igrexa, polo lado Norte, desde a fachada ata a cabeceira

BIBLIOGRAFIA.

RUBIA ALEJOS, F. (2004): El Palacio Señorial de Liñares en las últimas centurias. Anuario Descubrindo, nº

6, páxs 177-230

FEIJOO MARTINEZ, S. e RUA CARRIL, V. (1995): La Iglesia Prerrománica de San Martín de Prado en Lalín,

Pontevedra-España. Revista da Construcción do Consello Superior de Investigacións Científicas. Páxs 91-100.

Page 12: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 10,300

PAZO DE EIRIXE

O pazo de Eirixe pertenceu a familia dos Taboada a finais doséculo XVII. Posteriormente no século XVIII pasou á familia Feijoo, queprocedía de Pazos de Arenteiro. Os descendentes da familia ocuparoncargos importantes na sociedade decimonónica, tanto de carácter civilcomo militar.

O primeiro Feijoo foi o Brigadier José Feijoo, bautizado no ano1778. Foi Sarxento maior e Capitán do Rexemento Provincial de Lugo, etamén Tenente Coronel e comandante de Infantería de Monterrei no1813; casou con dona Lorenza Taboada e tiveron oito fillos. O seu filloNicolás Feijoo, nas guerras entre carlistas e isabelinos, uniuse a estesúltimos e colaborou nas loitas contra as partidas que percorrían acomarca.

Na noite do 6 de decembro de 1837, unha partida de “facciosos”composta de máis de cen homes ao mando de Villanueva, asaltou estepazo roubando efectos por valor de 28.800 reais e prendendo lume áconstrución da que só se perdeu parte polo pronto auxilio da veciñanza.

O escudo do pazo no primeiro cuartel representa a familiaTaboada. No segundo hai un león rampante coroado en representaciónda familia Núñez. No terceiro cuartel amosa un castelo e un feixe devaras. No cuarto hai oito caldeiros posiblemente polos Taboada. Nocentro hai tres flores de lis que representan a liñaxe dos Varela.

BIBLIOGRAFIA: Pazos y moradas hidalgas de Deza. César Gómez Buxán yFrancisco Rubia Alejos. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Page 13: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 11,500

PAZO DE LIÑARES

O recentemente rehabilitado Pazo de Liñares é hoxe un espazoque, ademais de albergar o Museo Galego da Marioneta, acolle diversasactividades culturais. Adquirido polo Concello de Lalín no ano 2002, foideclarado ben de interese cultural en 2009.

Estamos ante unha das casas fidalgas máis importantes dacomarca do Deza. Nos últimos catro séculos o Pazo pertenceu á familiaTaboada. A súa orixe remóntase ao ano 1512. No século XVIIIaumentaron as riquezas e posesións da casa. Pero foi no século XIXcando o pazo vive a súa época de máximo esplendor, sendo lugar deestancia de persoeiros ilustres das letras, como a escritora Emilia PardoBazán que o chamou “el palacio del Recuerdo”, e tamén da política e dasociedade. Nesta etapa o señor do pazo foi Don Carlos Taboada Rada(1827-1903) que casou con Dona Ramona Bugallo (1868-1902), e foronavós do ilustre aviador Xoaquín Loriga.

A parte máis antiga da construción do pazo, posiblemente tivo uncarácter defensivo. Nas posteriores fases construtivas o edificio adquiriuo aspecto señorial que ten hoxe. A fachada principal de boa sillería tencatro balconadas, destacando no conxunto o escudo e as chemineasrematadas con pináculos. A fachada posterior ten unha solaina ougalería porticada (loggia) formada por cinco arcos de medio punto.

BIBLIOGRAFIA: Pazos y moradas hidalgas de Deza. César Gómez Buxán yFrancisco Rubia Alejos. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

Page 14: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

RUTA DOS PAZOS E PONTE TABOADA

Quilómetro 13

PONTE TABOADA

Posiblemente sexa un dos lugares con máis encanto da comarcado Deza. Ponte Taboada era paso obrigado para ir dende Ourense aSantiago. A forma de cruzar o río Deza viña sendo por este lugarangosto. O paso do río por entre rochas e penedos foi aproveitadopara erguer esta ponte de pedra no medievo, substituíndoprobablemente a outra ponte antiga no mesmo lugar feita de madeirae táboas, de aí o seu nome “pons tabulata” ou “ponte taboada”.

«LaVORABERVNT isTA PONTE/In ERA DCCCCL eT FVITPERFECTA pRIDIE KL-DS APIES». Esta inscrición reflicte o valor histórico queten Ponte Taboada: “Labrouse esta ponte naera 950 e rematouse o 31 de marzo”. A era950 correspóndese co ano 912. Así pois noano 2012, Ponte Taboada cumpriu mil cenanos de historia. No lugar púxose un marcoen conmemoración desta efeméride.

Ponte Taboada debe ser estimada como un Ben Patrimonial degran valor. Estamos ante unha reliquia arquitectónica de belezasingular e adaptada, harmonicamente, ao medio físico onde selocaliza.

Page 15: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

PONTE ROMÁNICA DE TABOADA E O SEU CONTORNO

A zona de Ponte Taboada converteuse desde os tempos remotos,probablemente durante a época da Cultura Castrexa, nun lugar de pasoobrigado para atravesar o río Deza, despois da confluencia do ríoAsneiro, por reunir unhas especiais condicións topográficas, pero nestereducido espazo existen varios puntos de interese: a propia ponte, ainscrición latina, a pesqueira, a central hidroeléctrica, o castelo, osposibles gravados nos penedos e o os vagóns do tren descarrilado.

A ponte románica. É, sen dúbida, o elemento máis singular, tantopolo seu propio aspecto como polo que ten representado nascomunicacións habidas ao longo da Historia ata o ano 1863, ao entrar enservizo a nova ponte da futura estrada nacional N-525. A ponte destacapolas sorprendentes medidas, pola altura que acada, pola súa solidez epolo sutil entramado das pezas de cantería (sillares). Orixinariamente foiunha ponte de madeira (ponte de táboas ou "pons tabulata") paratransformarse, a partires do século X, nunha ponte de cantería seguindoos modelos de construción dos romanos (arco de medio punto).

1. Ponte románica sobreelevada por encima duns penedos de rochas filonianas

A inscrición latina. Nun penasco de "dente de cabalo", situado aopé do camiño que conduce á ponte polo lado de Silleda, pode lerse aseguinte inscrición en latín provinciano:

laVORABERUNT LabraronisTA PONTE esta pontein ERA DCCCCL na era 950eT FVIT PERFECTA e foi acabadapRIDIE KL-DS APLES o 31 de marzo.

Page 16: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

Aclarar que o ano 950 está datado pola "Era Hispánica", que comeza acontabilizar o tempo desde o 38 a.C. (pacificación de Hispania porOctavio Augusto) e para transformalo á "Era Cristiana" hai que restarlle38 anos (950 - 38= 912)

2. Inscrición gravada nun penedo, a carón da ponte, informando da data de terminación da obra

A pesqueira. Uns 100 metros máis abaixo da Ponte Románicaatópase unha gran pesqueira formada por unha presa duns dous metrosde altura, construída pola técnica de "acuñado vertical de lousas" (similará dos muíños) e unha lonxitude de 80 metros. A presa, construídanunha curvatura fluvial de 90º, secciona a canle fluvial en oblicuo, desdea orela dereita ata a esquerda, cara a que se vai estreitandoprogresivamente, para acadar unha condución cada vez máis reducida,rematando nunha estreita canle, situada a un nivel máis elevado ca opropio curso fluvial. A máxima anchura acadada polo encoramento dapesqueira chega aos 35 metros.

Esta importante pesqueira pertencía ao Pazo de Liñares e tenproporcionado abundantes recursos pesqueiros. troitas, anguías,salmóns.

3. O encoro da pesqueira dá lugar á formación dun remanso fluvial importante para pesca

Page 17: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

A central hidroeléctrica. Aproveitando a presa duns muíñossituados máis abaixo da "Xunta dos Ríos" (antigamenteEntrambasaugas) e logo desfeitos, construíuse, pola marxe dereita,unha canle de derivación duns 362 metros de lonxitude total, concapacidade para transportar 1,2 metros cúbicos de auga por segundo. Areferida canle pasa por debaixo da rampla de acceso á ponte (concellode Lalín), por medio dun túnel aberto mediante o uso de explosivos(dinamita). Esta central estivo en funcionamento desde o ano 1950 ata1972, aínda que a cecesión inicial era por 75 anos.

4. Túnel perforado por debaixo da rampla de acceso á ponte para condución da auga á central

hidroeléctrica

O Castelo. A Ponte Románica está asentada sobre un dique depegmatita ("dente de cabalo") duns 630 metros de lonxitude, que seestende entre O Castelo a 421 metros de altura (Lalín) e O Rodo a 405metros de altura (Silleda). O microtopónimo pode facer referencia a unhaformación rochosa acastelada ou un lugar no que estivo asentada unhapequena construción para vixilancia e control do paso pola ponte (cobrode portazgos e como medida de seguridade contra salteadores).

A aparición de diverso material de carácter arqueolóxico no lugar(anacos de tellas, cantos rolados, pedras para poñer marcas, etc.) e ofeito de que unha desviación da calzada chegara a súa altura, fai pensarque alí houbo unha construción relacionada coa ponte.

5. A parte máis elevada do filón de dente de cabalo recibe o nome de O CASTELO

Page 18: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

Os posibles gravados nos penedos. Segundo as investigaciónsrealizadas por Francisco Rubia sobre a correspondencia epistolar quemantivo o cura-párroco de Prado co propietario do Pazo de Liñares, noano 1887, compróbase a existencia de diversas inscricións nospenascos do contorno de Ponte Taboada. Dez anos máis tarde oxeólogo Puig y Larraz corrobora a súa existencia nun penedo duns tresmetros de altura, situado moi cerca da Ponte e publica esas referenciasno Boletín da Real Academia de Historia.

Os vagóns do tren descarrilado. A comezos da década dos anos70 tivo lugar o descarrilamento dos últimos vagóns dun tren demercancías, que se desprazaba en dirección a Ourense, desde a pontedo ferrocarril. Os vagóns precipitáronse ao río Deza e desde aqueladata permanecen no río os restos das súas estruturas de ferro. Odescarrilamento foi, naquel momento, unha noticia de carácter relevante,que mobilizou a moitas persoas e tivo que intervir a garda civil.

6. Restos de dous vagóns ao pé da ponte do ferrocarril

BIBLIOGRAFIA.

PRESAS GARCIA, A. (2012): A Milenaria Ponte Taboada. Anuario Descubrindo, nº. 12, páxspáxs.277-314

RUBIA ALEJOS, F. (2004): El Palacio Señorial de Liñares en las últimas centurias. Anuario Descubrindo, nº.

6, páxs. 177-230

RUBIA ALEJOS, F.: Los once siglos que cumple Ponte Taboada reclaman su puesta en valor. Voz Galicia

22-1-2012. Ponte Taboada, con categoría para ser monumento histórico-artístico. Voz de Galicia 26-2-

2012. Ponte Taboada y su valor histórico. Voz de Galicia 30-9-2012

Page 19: ROTEIRO DOS PAZOS - Lalínlalin.gal/files/ROTEIRO DOS PAZOS e Ponte Taboada optimizado_1.pdf · cultura castrexa. O Xacemento do Castriño foi salvado da posible destrución polas

Bibliografía:

- “Lalín. La tierra de Deza”. Armnado Vázquez Crespo. EditorialEverest S.A.

- “Pazos y moradas hidalgas de Deza”. César Gómez Buxán eFrancisco Rubiá Alejos. Editado pola Excma. Diputación Provincialde Pontevedra.

- “Guía dos castros de Lalín”. Carmen Buxán. Editorial o trillón A.C.O Naranxo.

- “Os Castros de Lalín”. Antonio Presas García. Editado poloSeminario de Estudos de Deza.

- “Guía do Deza”. Luis Couto Lorenzo. Editorial Galaxia, S.A.- “A milenaria Ponte Taboada”. Antonio Presas García. Anuario

Descubrindo Nº12.- Aspectos da milenaria Ponte Taboada (I a V). Antonio Presas.

Artigos publicados no xornal Faro de Vigo.- Daniel González Alén, sobre Ponte Taboada, “Un fito nas

comunicacións de Galicia central”. Artigo publicado no xornal LaVoz de Galicia.

- Francisco Rubiá Alejos, “Puente Taboada y su valor histórico”.Artigo publicado no xornal La Voz de Galicia.

- Antonio Vidal Neira, “Pazo de Liñares, el palacio del recuerdo deEmilia Pardo Bazán. Artigo publicado no xornal Faro de Vigo.