samaÍn - wordpress.com...60 kg.!! poñíanas diante da porta o día 31 de outubro pola noite para...
TRANSCRIPT
-
9
SAMAÍN
UNHA COLA VERMELLA,
DOUS CORNOS NA CABEZA.
VIVE NO INFERNO,
QUEIMA TODO O QUE SE LLE
PRESENTA.
TEN ROUPAS ENCARNADAS
E UN XIGANTE TENEDOS.
“POLO SAMAÍN, AS MEIGAS VEÑEN A MIN E ASÚSTANME SEN FIN”
AS COSTELAS FAN DE
XILÓFONO,
O CRANIO DE TAMBOR,
O RADIO SOA MOI BEN.
NON COME, NON BEBE
POR ISO É TAN DELGADO,
SE CAE ROMPE EN ANACOS.
QUÉ PODE SER?
-
10
SAMAÍN
TEÑO CABEZA REDONDA,
NIN NARIZ, NIN OLLOS,
NIN FRENTE;
O MEU CORPO SE
COMPÓN
TAN SÓ DE DENTES.
ESTRE PÓCEMAS E
BREBAXES,
E ALGÚN QUE OUTRO
MALEFICIO;
SER A MALA DOS CONTOS,
FOI SEMPRE O MEU OFICIO.
HORTALIZA
ALARANXADA,
QUE DAN POR NON
SABER NADA.
“POLO SAMAÍN, AS BRUXAS VAN DURMIR”
LÚA PLATEADA,
MOI FEN AFIADA;
DE DÍA TRABALLAS,
E DE NOITE
DESCANSAS.
ESTUDANTE DE
LETRA MIÚDA,
QUE ANIMAL É O
QUE VOA SEN
PLUMA?
É UN MEDIO DE
TRANSPORTE,
NON É COCHE, NIN BARCO
NIN AVIÓN;
LEVA AS BRUXAS Ó NORTE,
E BÁRRELLES A MANSIÓN.
-
11
TRADICIÓNS CRENZAS E
FESTEXOS
Unha das tradicións que todas e todos coñecemos é, sen dúbida, a
visita ao cemiterio o día 1 de novembro para limpar e poñer flores en
homenaxe aos nosos familiares mortos. Tamén adoita ser frecuente
deixar candeas acesas. Pero, por que ou para que?
J. B. B. (84 anos) contoulle á súa bisneta que na visita ao cemiterio levaban flores e
deixaban un candil de carburo para os defuntos. Tamén lle contou que, aínda que non
levaban cabazas, si facían pelotas con trapos e palla para que pareceran cabezas de
defuntos.
A mocidade daquela época celebraba esa noite indo polas portas petando e
marchando a correr para que non os viran. O mellor de todo, segundo conta, era ver
que a maior parte da xente non saía á porta por medo a que fosen os espíritos quen
chamaban.
M. C. S. (76 anos) e N. N. (77 anos) relatáronlles ás súas netas que o 31 de outubro,
durante o día, colocaban nas ventás das casas as cabazas con candeas acesas dentro,
e que eran para os defuntos. M.C.S. engade a esta información que debuxaban caras
de medo nelas. Era parecido ao que facemos hoxe en día para o cole, non si?
J. P. G. (71 anos) díxolle á súa afillada que uns días antes do 1 de novembro, Día de
Todos os Santos, ían limpar as sepulturas dos defuntos da familia para que cando
viñesen ao noso mundo visen que os seguiamos querendo, lembrando e tratando ben.
-
12
I. J. M. C. R. (76 anos) contoulle a unha das nosas compañeiras, que o considera coma
un avó pola relación tan especial que teñen, que nos tempos en que era novo existía a
tradición das cabazas, mais que lles chamaban “melóns” e que había algún de máis de
60 kg.!! Poñíanas diante da porta o día 31 de outubro pola noite para espantar as
meigas e os malos espíritos.
Unha informante comentoulle á súa neta que, cando nena, preparaban alimentos para
celebrar en familia, pero pensados como unha maneira de honrar ás persoas que xa
lles morreran. Crían que as almas volvían así por un día ás súas casas para quentarse
cabo da lareira e comer en compañía dos seus familiares vivos. Ese día tamén se
asaban castañas e asistían aos oficios relixiosos e colocaban cabazas baleiras cunha
candea acesa dentro para escorrentar os malos espíritos. Tamén crían que esa noite
saía a Santa Compaña.
Outro informante contou unha tradición moi interesante: despois de asistir aos
oficios relixiosos, entraban e saían da igrexa nove veces e, de cada vez, rezaban como
oración un “Nosopai”. A misa posterior era a habitual con responsos.
Como vedes, os ritos pagáns e os cristiáns conviven e enriquecen as
tradicións do noso pobo, sempre moi achegado á morte, que venera e
respecta sempre. Desde aquí, convidámosvos a seguir investigando
preguntando a esa xente maior que tanta sabedoría garda para
transmitirnos.
-
13
Contos e historias
M. P. (xxx anos) contoulle a un veciño unha historia relacionada coa Rolda (noutras
zonas chámanlle Estadea ou Santa Compaña):
“Eu volvía con cinco persoas máis dunha festa, aló polo mes de outubro.
Faciamos o camiño a pé, de noite, sen luz ningunha. Non era coma agora, que temos
luz pública por todas partes. Daquela, en outubro, as noites nos camiños eran moi
escuras.
Dun momento para outro, escoitei un ruído. Non souben con certeza de que se
trataba, mais parecéuseme ao dun can que arrastraba unhas cadeas todas
enmarañadas. Pero iso foi o que me pareceu, nunca cheguei a ver o animal.
Sacudín os zapatos cara ao ruído, os novos, que levaba na man para ir á festa,
mais que non usaba para facer o camiño até alí por aqueles carreiros.
Sacudinos de novo, pero tampouco cheguei a darlle ao animal, o único que oía
era o ruído e percibía o po daquelas cadeas que arrastraba.
Un dos meus amigos dixo:
- Marcha, can, pra aló!!
A partir dese berro, o ruído fuxiu ao lonxe e nós continuamos o camiño cara á
casa.
Ao día seguinte, sóubose que un animal apareceu morto preto de onde nós
escoitaramos o ruído e que ao lonxe había marcas de cadeas, coma se o animal
quixese fuxir de alguén.
Nós asustámonos moito e nunca máis volvemos por aquel carreiro.”
-
14
S. M. (87 anos), a avoa dun dos nosos compañeiros de 1º ESO:
“Cando eu era moza, aquí en San Salvador, había un home, Francisco, máis
coñecido como Camaño, que din que era o único que podía ver cousas do outro mundo.
Isto ocorría por un erro no momento do seu bautismo. A ver, voucho explicar: cando
nos bautizan, o párroco adminístranos os santos óleos do bautismo, que é coma unha
beizón que nos dá a benvida ao mundo e ao cristianismo. Cando morremos, tamén nos
administran os santos óleos, pero dos mortos, que nos axudan no perdón dos
pecados para que poidamos entrar no mundo dos mortos en graza de Deus. Cando se
confundía o cura e bautizaba un neno cos santos óleos dos mortos, podía ver cousas
do mundo dos mortos.
Francisco era unha desas persoas, administráranlle o santo óleo dos mortos,
por iso din que podía predicir a morte, mais nunca dicía quen era a persoa que ía
morrer en pouco tempo.
Contan que un día, nun enterro, dixo:
- Mirade esa luz que vai cara a Padreiro.
Ninguén máis vía nada e a xente pensaba que estaba tolo. Porén, ao día seguinte,
morreu un neno naquela aldea, en Padreiro.
“Camaño dicía que o que vía era a Rolda.”
-
15
S. M. (87 anos), moi boa conteira, díxolle outra historia sobre a Rolda ao seu neto:
“Un día, un home ía cara á casa da súa noiva pola noite. Polo camiño, comezou a
escoitar música coma de funeral. Seguiu camiñando. Un pouco máis adiante, comezou
a ver o que parecía un enterro con cura e todo. Ían catro persoas cun cadaleito ao
ombro.
Aquel home apartouse do camiño para deixar pasar a estadea, arrimándose a
un lado. Non puido evitar mirar cara a eles e conseguiu recoñecer todas as persoas
que portaban o ataúde, excepto unha. Algo estrañado polo suceso, continuou o seu
camiño cara adiante.
Aquela mesma semana, a súa noiva morreu. Durante o enterro, levaban o
ataúde catro persoas a ombros: tres delas foran as que vira aquela noite na estadea
e a outra, a que non puidera recoñecer, era el mesmo.
Ou, polo menos, iso é o que contan...”
N. N. (77 anos):
“Unha muller ía andando por un camiño de aquí desta zona. Parecía que ía chover,
polo que dixo:
- Que negro está o ceo!
Ao momento escoitou unha voz que dicía:
- A súa alma está moito máis negra!
Non viu nin escoito nada que a fixera pensar que había alguén preto.”
UN PETISCO DO TRABALLO DE RECOLLIDA QUE ESTÁN A FACER AS NENAS E
NENOS DA E.S.O. COA SÚA MESTRA MARÍA BLANCO, MOITAS GRAZAS POLA
APORTACIÓN.
-
16
CONTOS PARA NON
DURMIR…
Un día que andábamos as miñas amigas da aldea e máis eu dando un paseo polo
monte, vimos unha maceira cunhas mazás moi fermosas. Eran as 14.30h do mediodía e
arrabeabamos coa fame. Así que decidimos facer o imposible por coller esas mazás.
Pareciamos pantasmas darredor da maceira, vagando sen sentido. Estabamos a piques
de coller a primeira cando apareceu entre as silveiras un home cunha vara de carballo
na man e, tras del, dous cans de raza loba. Nada máis velos, marchamos correndo para
a casa.
Pregunteille a miña nai quen era aquel home, por que vivía no medio do monte,
desde cando residía alí… Explicoume que ninguén sabía quen era, só que o vían de vez
en cando, nunca saudaba nin falaba. Só sabían que vivía no muiño vello dun río próximo
á nosa aldea, ao lado dunha fonte de pedra vella.
O segundo día voltamos todos ao lugar onde se atopaba aquela maceira, non xa
polas mazás senón polo interés que tiñamos en coñecer a aquel señor. Quixemos
buscalo e non o atopamos ata que Loli tivo a brillante idea de intentar coller de novo a
froita daquela árbore que parecía cada vez máis fermosa.
O home apareceunos pola espalda, quixémoslle falar, preguntar quen era, que
facía alí e por que non nos deixaba coller ningunha mazá daquela árbore. De repente,
un gran calafrío percorreu o noso corpo, o home apartou as telas de roupa de diante da
cara e puidemos ver un rostro estraño, uns ollos cunha mirada fixa en nós, unha mirada
de desexo e de vinganza, un nariz puntiagudo e unha boca que semellaba a dun lobo
famento…
Enseguida botamos a correr, o home perseguiunos cos cans ata a aldea. Esta
vez, en lugar de levar un pau de carballo, portaba unha gadaña similar á que posuía un
veciño noso antes de falecer.
Chegamos á casa coa cara branca, mais non fomos quen de dicirlle nada a
ninguén, nin tampouco de voltar a ese monte. Pois, como dicía meu avó: “Cando o teu
veciño vexas afeitar, pon as barbas a remollar”.
-
17
No meu pobo chamado Vila, que está situada á marxe dereita do rego do vao do
muíño, anda unha lenda contada polos máis maiores, a quen lle contaban seus avós, que
oíran dos seus devanceiros.
Pois disque algunhas noites cando tiñan que facer o percorrido para ir o pobo de
Langueirón, que está á outra marxe do rego, sei que, polo visto, se lle ten aparecido o
home do sombreiro grande. Dicían que era un mal paso, por iso ninguén se poñía a facer
o camiño só. Sempre ían cando menos dous.
Conta que a ponte, antes de ser como a vemos agora, foi feita do chedeiro dun
carro tan vello que ninguén sabía cando fora posto alí, nin quen o puxera. Aqueles máis
místicos mesmo dicían que o carro era de cando o noso señor andaba polo mundo. Non
lle atopaban outra explicación ao misterio daquela ponte. Estaba no rego e non se
mollaba nin sequera coas enchentes de auga que asolagaban máis da metade do camiño.
Pero iso non era malo. O malo era cando aparecía o home do sombreiro grande, porque
daquela había que botar a correr ata bater cos zocos no cú. Din que se te pillaba a súa
mala sombra, levaríala contigo o resto da túa vida. Só se te alcanzaba enriba da ponte
estabas protexido. Moitos cegados polo medo teñen caído no rego, houbo quen fixo o
camiño cos ollos pechados polo medo, quen escordou os nocellos por saltar a corredoira
cara o medio dos herbais. En fin, que así o contan e haberá que darlle creto. Ou cando
menos, dalo a saber.
-
18
SAMAÍN NOUTRAS
CULTURAS…
Hi havia una vegada al 1992 a Barçelona, una ciutat molt tranquila, un dia va
arribar el temor de tota la ciutat, un assasi en serie que es deia Jeff i tenia 30 anys
d´etat paixcut a Inglaterra de petito era molt amable, géneros pero quan es va tornar
més gran era un maleducat. Un dia va asesinar a una dona de 27 anys i la seva filla de
anys quan va a escaparse lo van pillar els policies. Al cap de 5 dies, lo jutge va decidir
posar-lo a condena de mort cuan Jeff ja va morir i lo van enterrar. Uns adolescents
passaven per allí, hi van veure un fantasma quan la van venre se van asustar tots los
amics van apretar a correr súper ràpid. Després quan cadascun va arribar a casa seva.
Uns dels adolescents que es dui Andreu le va explicar al seu oncle totel que va
passar; després el oncle i li va explicar que aquell fantasma era el seu germà, i que ell
feia allà.
—Perquè era el seu germà, i que ell feia allà?
I Andreu: “O sigui el fantasma es el meu tio”.
El oncle va dir: “Sí”.
Al cap de 10 dies Andreu le va explicar tota la historia als seus amics. A la
tarda, Andreu va deixaparèixes.
Van pasar dies, mesos i anys i ningú va saber mai més res d´ell. Qui va sentir
l´historia es va callar perquè tenia temor de que ell desapareixes. A auxili el
fantasmaaaaaaaaaaaaaaaaa.
El taló d´agulla ha quedat ensangonat, fet una porcada. Trec un plec de
trovalloletes humides de la bossa, i en un pim-pam sabates noves. El veredor no ha estat
simpàtic. A fóra em barrejo amb la gent del correr i lo boira, que avui n´hi ha molta.
-
19
No guadeixo perpetrant la mort, simplement actuo per paladar. Passa que me sóc
de cervesses fresques… a mi m´agrada la sang. Ara mateix en tinc la nevera plena de
guerres… Són fruits vermells, deliciossos…, contesto als mossos.
-
20
ESTROFAS DO SAMAÍN
QUÉROTE BEN QUERIDIÑA,
MOITO CHE TEÑO QUE QUERER;
PARA A NOITE DO SAMAÍN
SAIR PARA TE IR VER.
AI, QUE NOITE VAI DE LÚA!,
AI, QUE NOITE DE LUAR;
PARA NOITE DO SAMAÍN,
IR DE FESTA E FESTEXAR.
EN SAMAÍN COMÍN,
CASTAÑAS DO MAGOSTO;
QUE NON SE COMEN,
EN TODO AGOSTO.
POLO SAMAÍN,
AS MEIGAS VEÑEN A MIN;
E ASÚSTANME SEN FIN.
POLO SAMAÍN,
AS CABEZAS COLLÍN;
AS CANDELAS LLE METÍN,
E LOGO AS PRENDÍN.