san miguel de celanova
TRANSCRIPT
![Page 1: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/1.jpg)
SAN MIGUEL DE CELANOVA
YOLANDA OTILIA SEARA SAMPEDROIES DE CELANOVA
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA
![Page 2: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/2.jpg)
A GALICIA FEUDAL• Período que vai dende a desaparición do dominio visigodo ata o S. XV.• Trazos xerais: establecemento de relacións de dependencia entre homes libres (relacións señoriais), fragmentación do poder político, predominio dunha economía de base agraria, dominio dunha cultura relixiosa con especial relevancia dos mosteiros…• Chegada dos musulmáns no ano 711, a súa incidencia foi escasa, igual que a reconquista e a posterior repoboación• Desaparición do reino godo• Os monarcas astures acabarán por dominar un amplo territorio no que se inclúe Galicia; con eles remata a “vida política independente” de Galicia
![Page 3: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/3.jpg)
CONTEXTO HISTÓRICO – ARTÍSTICOO SÉCULO X
• No s. X a situación histórica e artística é complexa, por conviviren varias tendencias
• A política repoboadora dos reis asturianos e de Afonso III (León) atrae aos cristiáns residentes en Al-Andalus.
• Mozárabes: individuos de relixión cristiá que vivían sometidos ao poder político de Al-Andalus.
• Comunidades de mozárabes instálanse nos territorios da Conca do Douro.
![Page 4: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/4.jpg)
• Estas comunidades constrúen os seus edificios e igrexas nun peculiar estilo que se lle deu en chamar mozárabe (termo acuñado por Gómez Moreno)
• Esta terminoloxía foi revisada e outros historiadores (Camon Aznar, Torviso…) propoñen un termo máis amplo que englobe as diversas temdencias que existían na arte hispana : arte de repoboación
![Page 5: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/5.jpg)
• A chegada de mozárabes a Galicia foi mínima, polo que os historiadores consideran pouco axeitado falar de arte mozárabe en Galicia, sería máis acertado estudar a arte desta época como arte de repoboación ou arte do século X.
• Nos últimos anos a historiografía introduce unha nova denominación : Arquitectura cristiana hispana
• A presenza dun elevado número de monxes fai que o monacato coñeza en Galiza especial relevancia.
![Page 6: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/6.jpg)
• É salientable o desenvolvemento dos mosteiros construídos na “Ribeira Sacra”.
• Magnates e condes fundan e protexen mosteiros.
• Salienta a familia de San Rosendo que participou en múltiples actividades constructoras.
• Edificios galegos do século X:“San Martiño de Pazó (Allariz)”“Sta. María de Vilanova dos Infantes”“Santa Eufemia de Ambía”“San Martiño de Mondoñedo”“Santa María de Mixós”
![Page 7: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/7.jpg)
Santa Eufemia de Ambía
![Page 8: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/8.jpg)
San Martiño de Pazó
![Page 9: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/9.jpg)
San Miguel de Celanova
![Page 10: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/10.jpg)
• Froila, irmán de Rosendo Gutier, e a súa muller Sarracina dóanlle o territorio a San Rosendo para fundar un mosteiro
• En setembro do 936 Rosendo acode á consagración de Santiago de Peñalba (as influencias deste templo leonés son constantes)
• O templo conságrase o 25 de novembro do ano 942, coa asistencia do rei Ramiro II.
![Page 11: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/11.jpg)
Finalidade?
• Oratorio• Símbolo de hospitalidade (oratorio de
hóspedes)• “Cella memoriae”
![Page 12: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/12.jpg)
SimilitudesSAN MIGUEL DE CELANOVA
SANTIAGO DE PEÑALBA
![Page 13: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/13.jpg)
• Espazo formado por tres unidades independentes (recordo a Peñalba)
•Cada parte presenta unha bóveda diferente
- Nave pequena: bóveda de ferradura - Nave central: Bóveda de aresta esteada en arcos que parten de modillóns (evocación a Peñalba, pero tamén a Santa Comba) - Ábsida: cúpula peraltada, con sección de ferradura e dividida en cascos
![Page 14: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/14.jpg)
• Bóveda de aresta• Imaxe simbólica do cosmos
![Page 15: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/15.jpg)
• Cúpula peraltada da ábsida• “Centro litúrxico, orientado cara o Leste, cara a
luz… Deus é a luz…” (prof. Núñez)
![Page 16: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/16.jpg)
• Arco de acceso á ábsida, de ferradura e enmarcado nun alfiz.• Recordo á Mesquita cordobesa, pero esta é unha
construcción posterior• Relación máis probable co palacio de Medina Azahara
(probable presenza de artistas procedentes de Al-Andalus)
![Page 17: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/17.jpg)
• Dimensións: 8,50 por 3,85 de planta e 6,00 de altura
• Volumes independentes
![Page 18: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/18.jpg)
• Aparello de cantería granítica, asentada en seco• Contrafortes no medio do cruceiro
![Page 19: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/19.jpg)
• Modillóns de rolos ou lóbulos, con decoración de cruces e rosetas (elementos de ascendencia cordobesa)• Decoración da cornixa da ábsida en dentes de serra.
![Page 20: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/20.jpg)
• Sobre a porta, no lado sur, no lintel, atopamos un longo epígrafe escrito con tipos de carácter “mozárabe:
“TI, OUH DEUS, CRÉMOSTE AUTOR DESTA OBRA. TI OUH CRISTO,BÓRRALES OS PECADOS A TODOS OS QUE AQUÍ OREN. A MEMORIA PRESENTE RECOMENDA A FROILA, O TEU INDIGNO SERVO…”
![Page 21: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/21.jpg)
Influencias e vinculacións coa arte islámica. Interpretacións
• Viaxes realizados a Córdoba por condes galegos.• San Rosendo foi un admirador da cultura islámica• A muller de Froila chamábase Sarracina, e probablemente estivera vinculada ao Islam
![Page 22: San miguel de celanova](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022102711/5590b0fc1a28abf5058b4631/html5/thumbnails/22.jpg)
XADREZ FATIMÍ DE ROSENDO GUTIER