sindicato nacional de ccoo de galicia - cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · número 45...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 45 - outubro de 2013 O vindeiro 8 de novem- bro, o Sindicato Na- cional de Comisións Obreiras de Galicia, a Funda- ción 10 de Marzo e a asocia- ción Namentras homena- xearán a Anxo Guerreiro Ca- rreiras, 'Geluco', falecido o pasado verán. O acto de homenaxe ao po- lítico e ex-deputado galego comezará ás 19:30 h, no salón de actos da Fundación Novacaixagalicia, situado no Cantón Grande da Coruña. / PÁX. 8 Cómpren outras políticas para saír da crise Cómpren outras políticas para saír da crise

Upload: others

Post on 30-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 45 - outubro de 2013

Ovindeiro 8 de novem-bro, o Sindicato Na-cional de Comisións

Obreiras de Galicia, a Funda-ción 10 de Marzo e a asocia-ción Namentras homena-xearán a Anxo Guerreiro Ca-

rreiras, 'Geluco', falecido opasado verán.

O acto de homenaxe ao po-lítico e ex-deputado galegocomezará ás 19:30 h, nosalón de actos da FundaciónNovacaixagalicia, situado noCantón Grande da Coruña. /PÁX. 8

Cómpren outraspolíticas

para saír da crise

Cómpren outraspolíticas

para saír da crise

Page 2: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

GALICIA SINdICAL Número 45 - outubro de 2013

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha Coladas (O Retrovisor), Demetrio Vázquez Martínez, Maica Bouza Seoane, Castor Fer-nández Soto, José Moisés Martín Carretero, X. Rodríguez (opinión) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 5/11/2013

Pensións baratas(.com)

Despois de cinco anos, aveda do libre negocio con-tinúa aberta. Cando en

2008 Lehman Brothers puxo en-coiro os negocios escuros, a bur-bulla inmobiliaria, a crise finan-ceira e a absoluta irresponsabili-dade dos responsables de todo,o pánico cruzou os océanos «doun ao outro confín», dadas asalarmantes dimensións dunhadesfeita que ameazaba os piaresdo sistema económico que nosrexe e nos goberna.Non houbo maneira de evitar

que a onda expansiva chegara aEuropa. Pero aquí tiñamos a so-lución, o antídoto, o bálsamo deFierabrás. O oráculo falou por bo-ca de Nicolas Sarkozy: Hai querefundar o capitalismo!E todos os gobernantes e go-

bernantas da Unión Europea, no-meadamente nos países do Sur,puxéronse mans á obra: desre-gularon aínda máis os mercados,déronlles cartos a mancheas aosbancos para sanear as súas pé-simas xestións especulativas,

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

promulgaron amnistías fiscais,declararon a guerra ao déficitdeixando nos ósos todo cantocheirase a público ou a pobo,despediron sen miramentos axente de a pé, recortaron cober-turas de todo xénero, privatizarona saúde e a enfermidade…Pero faltáballes un bocado moi

apetecible que levan décadasporfiando por lle botar o dente: aspensións.Non faltarán voces –autoriza-

das, xaora– que reclamen que osvellos bulan a morrer para nonresultaren unha carga ás finanzasdo Estado, tal como manifestounon hai tanto un ministro ultrali-beral xaponés. Vida e pensiónsvan da man.Segundo o informe PISA, aquí

en idiomas andamos bastantemal, pero sabemos entender asmensaxes; vexamos, se non, oque dixo recentemente a vicecon-selleira de Asistencia Sanitariamadrileña: «Ten sentido que unenfermo crónico viva gratis dosistema?». Nesas estamos.

SEN COMENTARIOS

Arriba, acto de beatificación en Tarragona 522 mártires da fe católica; abaixo,homenaxe de CCOO ás vítimas do franquismo no cemiterio de Sestás (Tui)

Page 3: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

3

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 45 - outubro de 2013

Nos últimos días escoita-mos e lemos en variasocasións cousas do es-

tilo «comezamos a saír dacrise» ou «iniciamos o camiñoda recuperación». Case aotempo que o banqueiro máisrico de España afirmaba quevivimos un momento «fantás-tico» porque o diñeiro «entrapor todas as partes», coñecia-mos que o produto interiorbruto (PIB) medrou unha dé-cima no terceiro trimestre doano. Desatouse a euforia entreo equipo ministerial de MarianoRajoy e, loxicamente, conta-xiouse o optimismo á Xunta deGalicia.Vivimos un momento «fan-

tástico», si, pero, coma sem-pre, «depende para quen»,habería que apuntar.

Chegar a fin de mesPara a inmensa maioría da

cidadanía, o momento ac-tual dista moito de ser «fan-tástico» porque ás familiaslles custa cada vez máischegar a fin de mes e,cando o logran, é en peorescondicións ca no anterior.Cústalles chegar porque ossalarios minguaron, e enmoitos casos, por mor daespeculación empresarial,que prefire que sexa a clasetraballadora a que pague oprezo para que o empresa-riado manteña suculentasmarxes de beneficio. Cústa-lles porque esa mesma am-bición capitalista, aliada coareforma laboral que promo-veu o PP, facilitou os despe-dimentos con só existir unha

previsión de perdas, dispa-rando o desemprego atacotas nunca vistas no nosopaís. Cústalles polo encare-cemento dos bens e dos ser-vizos, con capítulo específicopara o nunca satisfeito oligo-polio eléctrico e a enésimasuba na factura da luz. Cús-talles, finalmente, porquecada vez máis familias de-penden dunha persoa pen-sionista e este colectivo,debido á conxelación daspensións, perdeu poder ad-quisitivo.

Servizos públicosCon esas dificultades que

padecen moitos fogares parachegar a fin de mes, sonmáis necesarios ca nunca osservizos públicos, polomenos para paliar os efectosnocivos das penurias econó-micas. Porén, a Xunta de Ga-licia e o Goberno de Españatraballan arreo para quecada vez haxa menos servi-zos públicos. De entre os quepersisten, cada vez sonmenos os que manteñen ocarácter de públicos e gratu-ítos para a cidadanía: esta-blécense a pasos de xiganteas fórmulas de xestión mixtapúblico-privada e as do co-pagamento.A principal preocupación

da cidadanía é o desem-prego, como poñen de mani-festo todas as enquisas,tanto públicas como priva-das. Entón, sen solucionar oproblema da falta de traballo,dificilmente se sairá da criseeconómica, por moito que o

EDITORIAL

Un momento «fantástico»?

PIB medre un 0,1%: todas asanálises, así como as vocesmáis autorizadas, indicanque para que sexa posiblecrear emprego neto, o PIBdebe medrar máis dun 2 %.Polo de agora, estamos

aínda moi lonxe dese obxec-tivo, inalcanzable mentresnon haxa un cambio de polí-ticas. Si, de políticas, porquea saída da crise só chegarácoas medidas políticas quepoñan as persoas no centroda toma de decisións, que si-túen o desemprego como o

primeiro problema e quepoñan os recursos económi-cos ao servizo daquelas: aoservizo das persoas e ao ser-vizo da loita contra o desem-prego. Por desgraza, isto nonestá sendo así.Se para a maioría da cida-

danía as cousas non van ben,e se non se están a adoptaras medidas necesarias paracorrixir a situación...Entón, quen vive un mo-

mento «fantástico»? Proba-blemente, quen fixo esa afir-mación.

Ás familias cús-talles cada vezmáis chegar afin de mes e,cando o logran,é en peores con-dicións ca o mesanterior

Coas dificulta-des económicas,son máis nece-sarios ca nuncaos servizos pú-blicos, pero o PPteima en elimi-nalos

Page 4: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

GALICIA SINdICAL Número 45 - outubro de 2013

4

www.galicia.ccoo.es

Traballo decente

7de outubro. Festivo na ci-dade da Coruña. Polémicanas rúas e na prensa a

causa do cambio polo día de SanXoán para o ano que vén.7 de outubro. Xornada mundial

polo traballo decente. Poucaxente coñece a súa existencia.Non é motivo de noticia en caseningún medio de comunicación. Os informes de ONG e organis-

mos internacionais seguen aacreditar a existencia de traballoescravo nalgunhas partes domundo. O traballo infantil dimi-nuíu notablemente, pero man-tense en moitos países. Aspersoas mortas hai pouco enBangladesh ao se derrubar o edi-ficio onde confeccionaban pren-das téxtiles para gozármolas nósen occidente seguen gravadas nanosa memoria.En España, e tamén en Grecia,

Portugal, Irlanda, Romanía, Bul-garia… nunha chea de países dooccidente desenvolvido, a crise

Demetrio VázquezSecretario xeral de CCOO da Coruña

Concentración na Coruña o pasado 7 de outubro / Foto: Ramiro Otero

económica deixou unha moreade persoas sen traballo e en si-tuación de desprotección, porquetamén minguaron os mecanis-mos de protección social.

Esforzo redentorRexorde o vello lema de «me-

llor algo ca nada». E o lema es-tase a converter en práctica cotiá:salarios mínimos para xornadasmáximas de traballo, contratos atempo parcial pero facendo axornada completa, prácticas for-

mativas nas empresas que seconverten en traballo non remu-nerado que suple a contrataciónde persoas desempregadas. E osempresarios piden máis.Contratos que non duran alén

duns días ou mesmo unhashoras, despedimento libre e prac-ticamente sen custo para as em-presas. A listaxe é cada vez máislonga, e cada vez nos achegamáis a tempos que criamos es-quecidos, cando clamabamospor Mr. Marshall.

Nin a Virxe do Rosario nin sanXoán van mudar o rumbo que le-vamos. Temos que recordaraquela estrofa do himno da claseobreira, que é a Internacional:«Nós mesmos realicemos o es-forzo redentor».Sen mobilización da xente de-

cente polo traballo decente noncambiaremos nada, porque enfronte temos un Capital que só sepreocupa polos números (de dó-lares ou euros) sen lle importar osufrimento que produce.

Vaia espécime o presidente do Eurogrupo!

Hai que ser ben cara lavadapara estrearse como con-vidado na casa dun veciño

e, sen este llo pedir nin preguntar,dicirlle publicamente, perante oresto de presentes, o que ten quefacer na súa casa. Se iso é grave,non menos é rematala ao finalasí: «Isto que digo aquí, na miñacasa non o podería dicir». Concerteza, de se dar o caso, bota-ríano do convite dunha patada!Isto é, basicamente, o que fixo

o pasado 28 de outubro o tal Je-

Castor Fernández SotoSecretario de Comunicación da FSC-CCOO

roen Dijsselbloem na conferenciaque deu en Madrid diante de múl-tiples autoridades españolas derango e pompa cando, sen ruborningún, sentenciou que os espa-ñois terán que traballar máisanos e con máis esforzo; e a se-guir engadiu que «iso pódoo diciren España, pero non o diría nomeu país».De onde sae semellante ele-

mento? En mans de que tipo deautoridades está a cidadanía? Porque os nosos dirixentes políticospermiten, consenten e ata asen-ten e aplauden este tipo de dis-cursos? Se este suxeito mereceunha reprobación, aínda máis a

merecen as autoridades españo-las que asistiron ao devanditoacto, por lle riren a graza no cantode lla reprobar ao momento, alímesmo, por fachendoso e chulo.

Falta de empatíaCada día que pasa, tanto os

nosos políticos como a maiorparte da clase dirixente empresa-rial amosan un absoluto distan-ciamento e falta de empatía coresto da cidadanía. Nin nos re-presentan nin nos respectan ninse respectan a si mesmos; sóamosan ambición, aplicando areceita do tal Jeroen: «Fai o queeu digo, e non o que eu fago».

Máis tarde, os dous máximosexpoñentes da política nacionalreuníronse con Dijsselbloem edepartiron amigablemente comase nada pasase. Canta compra-cencia e comprensión! Ou seráempatía coas ideas e receitas?Ninguén nos vai respectar se

non empezamos por respectar-nos a nós mesmos nin face-mos por que nos respecten.Moitas veces abonda cunha pa-labra ou frase a tempo como«se no seu país non se atreve-ría a propor iso, por favor, nono faga aquí». Porén, iso nonocorreu e, polo que semella,está lonxe de ocorrer.

Page 5: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

5

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALNúmero 45 - outubro de 2013

Galicia necesita outrosorzamentos

Asistimos recentemente á li-turxia anual da presenta-ción dos Orzamentos da

Xunta para o 2014. Saímos delasen unha soa cifra orzamentaria,pero coa confirmación de dousfeitos xa anunciados.O primeiro: a Xunta de Galicia

aproveitará a súa capacidadenormativa para obter máis in-gresos. Estariamos de acordose non fose porque o conse-guirá da forma máis inxusta:coa imposición indirecta, quegrava por igual o consumo dehidrocarburos, sen ter en contaa capacidade económica daspersoas, no canto de incremen-tar, por exemplo, o gravame notramo autonómico do IRPF paraas rendas máis altas.Ende mal, ese incremento de

ingresos non responde á von-tade do presidente Feijóo demudar a súa política econó-mica. «Máis ingresos, máisgastos», sería a lóxica, peronon hai lóxica nesta alza de im-postos; para habela, deberíasemodificar antes o teito de gastoque o PP aprobou no Parla-mento. Daquela, hai máis in-gresos pero non se pode gastarmáis. Por que? Porque hai quecompensar o dobre castigo queos Orzamentos xerais do Es-tado lles inflixen ás comunida-des autónomas: facer recaersobre elas –que prestan os ser-vizos– o maior axuste do déficite a tesoirada nas transferenciascorrentes que financian o fun-cionamento dos servizos.

Modelo de financiamentoÉ evidente que o modelo actual

de financiamento autonómiconon responde á realidade, mais

Maica Bouza SeoaneSecretaria de Emprego de CCOO

A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e a conselleira de Facenda, Beatriz Muñoz

non na liña reclamada por algúnpresidente autonómico, de queha recibir máis quen máis contri-búe, non. Cómpre mudalo poroutro asentado en parámetroscomo a dispersión xeográfica e oavellentamento da poboación, re-visando así o concepto da solida-riedade territorial.O segundo anuncio: confír-

mase o novo recorte salarial do

persoal ao servizo do sector pú-blico autonómico. Por cuarto anoconsecutivo redúcense empregoe salarios na Xunta de Galicia; ousexa, máis deterioración dos ser-vizos públicos. Con menos sala-rio –coma no sector privado– nohai consumo nin investimento e,en consecuencia, non hai reacti-vación da actividade económica.Os de 2014 serán uns novos

orzamentos de recortes; nin axu-darán a saír da crise nin lles ga-rantirán a protección social áspersoas máis afectadas. Son unsorzamentos conformistas coasdecisións do Estado e que consi-deran positivo que, en pleno sé-culo XXI, estean no desempregocase vinte e dous de cada cen ga-legos e galegas dispostos paratraballar.En definitiva, non son os orza-

mentos que Galicia necesita parasaír da crise, nin os que merecenos máis de douscentos mil gale-gos e galegas en desemprego ninos case cen mil fogares onde nonentra ingreso ningún.

Os de 2014serán uns orza-mentos de re-cortes que ninservirán parasaír da crisenin lles garanti-rán a protec-ción social

O paro subiu en outubro por ribada media estatal

Os de 2014serán uns orza-mentos de re-cortes que ninservirán parasaír da crisenin lles garanti-rán a protec-ción social

O paro incrementouse no mesde outubro en Galicia por riba damedia estatal; en concreto, un2,87% fronte ao 1,84% en Es-paña. Actualmente, 268.225 per-soas carecen de posto detraballo. O paro sobe en todosos sectores de actividade, agásna construción que baixa en289 persoas (un 0,74%). Entermos relativos, o maior incre-mento dáse na agricultura (1.121persoas paradas máis, un14,76%), séguena os servizos(6.022 persoas paradas máis, un

3,87%), a industria (601 paradose paradas máis, un 1,63% desuba) e, por último, o colectivosen emprego anterior con 37 pa-rados e paradas máis. Con res-pecto ao último ano, o desem-prego incrementouse un 0,15%.Con este panorama, a Xunta

de Galicia debe actuar xa. Fei-jóo non pode ollar para outrolado. O Goberno galego aíndaestá a tempo de corrixir a súaactuación modificando o pro-xecto de orzamentos para oano 2014.

Page 6: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

GALICIA SINdICAL N.º 45 - outubro de 2013

6

www.galicia.ccoo.es

A fin da recesión nonimplica a recuperaciónsocial

Saímos da recesión, peronon da crise. Esta frase deMariano Rajoy ben podería

resumir o momento en que seatopan a nosa economía e a nosasociedade. Máis aló do acertadodos prognósticos, o cativo crece-mento económico que se adiviñapara o terceiro trimestre do ano,baseado fundamentalmente naleve mellora da nosa demandaexterna, augura un período demoi feble crecemento económicoque tardará anos en xerar em-prego e que arrastrará consigonumerosos problemas sociais,entre eles, a persistencia dunhastaxas de pobreza e exclusión so-cial inaceptables.Desde o inicio da crise, a po-

breza incrementouse en Españaata alcanzar, segundo o indicador«risco de pobreza e exclusión so-cial» de Eurostat, un 26,8% doconxunto da poboación. O ditoindicador combina unha serie defactores sociais: entre os que oprincipal determinante é o daque-las persoas que viven con menosdo 60 % da media de ingresosnetos anuais.Unha sociedade con esta taxa

de risco de pobreza e exclusiónsocial é unha sociedade fragmen-tada, onde a cohesión se ve amea-zada pola persistencia de bolsasde pobreza e exclusión xeradorasdun sufrimento inaceptable paraunha sociedade democrática.Aínda recuperando a senda de

crecemento económico, é estacondición suficiente para reducireses niveis de pobreza? A teoríaeconómica suxire que existeunha relación entre crecemento

José Moisés Martín CarreteroMembro de Economistas Fronte á Crise

económico e redución da po-breza a moi longo prazo, pero acurto prazo esta relación é menosdirecta. Se tomamos en conta astaxas de variación do PIB e a taxade pobreza monetaria ––porcen-taxe de persoas que viven conmenos do 60 % dos ingresosmedios anuais–, podemos ex-traer varias conclusións.A primeira delas é que, agás

nun ano, as reducións da taxa depobreza viñeron asociadas a ni-veis de crecemento económicosignificativo. Con todo, o crece-mento económico foi condiciónnecesaria, pero non suficiente. Enoito casos, o crecemento econó-mico estivo asociado á reduciónda taxa de pobreza; noutros seis,a crecementos da taxa de po-breza. Nos dous anos de crece-mento económico negativo(2009 e 2011), nun deles a taxade pobreza reduciuse lixeira-mente e noutro aumentou máisdun 5 %. A relación estatística émoi pouco significativa en ter-mos lineais.En conclusión, para reducir a

súa taxa de pobreza, España ne-cesitará un crecemento econó-mico significativo, pero non serácondición suficiente. Fará falta unesforzo adicional para garantir acohesión social.Que accións se poden levar a

cabo? Que modelos de desenvol-vemento hai que seguir para re-ducir eses niveis de pobreza? É acompetitividade económica unhacondición suficiente para a redu-ción das taxas de pobreza ounecesitamos outro tipo de po-líticas?Para responder a estas pre-

guntas avaliaremos, baseándo-nos na análise da situación dospaíses da OCDE, a relación entre

pobreza, competitividade, des-igualdade social e gasto social.En primeiro lugar, podemos

deducir que non existe relaciónsignificativa entre o grao de com-petitividade dos países da OCDEe a súa taxa de pobreza. A lóxicada «economía do goteo», pola calun país máis competitivo xeramáis emprego e, polo tanto, tenmenor nivel de pobreza, non pa-rece ter reflexo estatístico auto-mático se examinamos osresultados desta regresión decorte transversal.En efecto, países con similares

graos de competitividade, medi-dos segundo un dos índices máisrecoñecidos –o elaborado poloWorld Economic Forum deDavos–, poden ter, e de feitoteñen, moi diferentes taxas de

pobreza.En segundo lugar, a pobreza

aparece cunha relación estatísticabastante significativa co grao dedesigualdade das sociedadesOCDE. A maior desigualdade so-cial –medida polo coeficiente deGini–, maior taxa de pobreza.Desta relación poderiamos tirar aconclusión de que países cunhadistribución máis igualitaria darenda teñen, por regra xeral, me-nores taxas de pobreza.En terceiro lugar, o gasto social

parece ter un impacto positivo naredución da desigualdade sociale das taxas de pobreza. Paísescon maior gasto social sofrenunha menor desigualdade sociale unha menor taxa de pobreza.Como conclusión desta análise

moi breve, e sen deixar de abrir

Page 7: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

7

www.galicia.ccoo.es

GALICIA SINdICALN.º 45 - outubro de 2013

Odicionario da Real Acade-mia Galega ofrece cincoacepcións do vocábulo mi-

serable: 1. Que é digno de compaixónpola súa desgraza e, en parti-cular, pola súa pobreza; 2. Queindica grande escaseza egrandes privacións materiais;3. Sen valor ou de escasovalor; 4. Que fai grandes mal-dades. Ruín, vil; 5. Cotroso.Catro definicións que veñen á

mente ao lles ouvir a destacadosmembros da patronal española

Demetrio VázquezSecretario xeral de CCOO da Coruña

que hai que subir a idade de xu-bilación aos 70 anos. Eles, queson responsables da desgraza dapersoa de máis de 50 anos quequede sen emprego porque, po-siblemente, nunca máis volverátraballar. Canta xente pensancontratar se se amplía a idade dexubilación?Eles, que só lle ofrecen á xu-

ventude un futuro de precarie-dade e paupérrimos salarios ou oexilio económico, pechan aíndamáis a remuda xeracional conesta medida.Eles, por indución, son respon-

sables, xunto co Goberno, poracción, dunha reforma laboralque desregula as condicións de

traballo, mingua os salarios, faci-lita e abarata o despedimento, oque trouxo consigo unha lexiónde parados, e está a empurrarmilleiros de familias á pobreza.Eles, que piden converter os

empregos a tempo completo entraballos a tempo parcial; que re-claman rebaixas nas cotizaciónssociais; que propoñen salariosaínda máis baixos deixando talronsel de medo ao futuro que ostraballadores e as traballadorasquedan, nunha meirande parte,abatidos, sen valor e sen forza. Eles, que son os principais res-

ponsables da evasión fiscal, queagochan os seus cartos nos pa-raísos fiscais, que o fan todo le-

vados pola cobiza de arrequentarsen taxa ás súas ganancias e, contal de non tocar as súas marxesde beneficios, escatiman nosgastos salariais e sociais dunhamaneira mesquiña.Eu ben sei –coñezo algúns–

que non todos os empresariosson así. Que os hai con sentidoda decencia e do traballo digno econ dereitos, pero por quecalan?, por que deixan que falepor eles quen non os repre-senta?, por que se fan cómplicesdos perversos, abxectos e cana-llas que dirixen hoxe en día o em-presariado español?Tamén entre os miserables hai

clases.

Miserables e miserables

as portas a un afondamento, po-demos afirmar que a experienciainternacional sinala que os paísesOCDE con maior gasto social econ maior grao de igualdade nadistribución da renda parecen termenores taxas de pobreza, conindependencia dos seus niveis decompetitividade medidos por ín-dices como o do World Econo-mic Forum. Relación estatísticanon implica causalidade, sen dú-bida, pero todo parece indicarque, polo menos no marco daOCDE, os niveis de competitivi-dade non afectan as taxas de po-breza, mentres que estas si sonsensibles ao gasto social e a so-ciedades con maior grao deigualdade na distribución darenda.Dito isto, cabe preguntarse:

que prioridades marcaremos áhora de saír da crise? Serán ocrecemento económico e a me-llora da competitividade condi-cións suficientes? Cal será aprioridade da axenda españolaposrecesión?A pregunta foi claramente res-

pondida pola sociedade espa-ñola. Tomando como datos asenquisas periódicas do Centro deInvestigacións Sociolóxicas, e

respondendo a cales serían asprincipais prioridades de España,os enquisados, que tradicional-mente situaban a loita contra asdesigualdades sociais como prio-ridade sobre a mellora da com-petitividade, deron un xiro radicale en 2010 –último ano con rexis-tro desta pregunta no CIS– situa-ron a mellora da competitividadeata case 30 puntos por riba daloita contra as desigualdades so-ciais. É interesante fixarse nosanos 1992-1995, anos tamén decrise, e nos que ambas as priori-dades merecían a mesma aten-ción para a opinión pública.Como conclusión a este breve

artigo: quen escribe estas liñasten serias dúbidas de que unhasaída da crise baseada na nece-saria mellora da competitividadevaia ter demasiados efectos, en simesma, na redución das altísi-mas taxas de pobreza xeradasdurante a crise, se non vénacompañada cunha mellor distri-bución da renda e un maior gastosocial.Lamentablemente, e como

mostra o dramático cambio ope-rado na opinión pública, a ordede prioridades sitúa a competiti-vidade por riba da loita contra a

desigualdade –despois do em-prego, que é a gran prioridade–.Esta viraxe cara á competitivi-dade como prioridade nacionalpode traer consigo o silencia-mento do enorme custo social,que se cebará con aqueles quecorren o risco de non coller o trenda tan aclamada e esperada, edoutra banda, hipotética recupe-ración da economía española.Calquera programa socioeco-

nómico que tome en serio a ina-ceptable situación de pobreza eexclusión social en que vivencentos de miles de persoas enEspaña debe ter estes aspectosen conta. Non abonda con crecer:hai que facelo desde un fortecompromiso coa igualdade e aredución da pobreza.

Que prioridadesmarcaremos áhora de saír dacrise? O crece-mento econó-mico e a mellorada competitivi-dade serán con-dicións suficien-tes? Cal será aaxenda espa-ñola?

Page 8: Sindicato Nacional de CCOO de Galicia - Cómpren outras políticas … · 2019-10-22 · Número 45 - outubro de 2013 Órgano de comunicación do S. N. de CC Ovindeiro 8 de novem

Número 45 - outubro de 2013

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Amaioría social, que nonestá conforme coa ma-neira en que os Gobernos

en mans do PP xestionan a si-tuación económica, ten unhacita inescusable o vindeiro 23de novembro.Para esa data hai prevista

unha xornada de mobiliza-ción en todo o Estado, taménen Galicia. Unha oportuni-dade, pois, para que a cida-danía tome as rúas a xeito deplebiscito popular sobre aspolíticas do PP.Estamos a falar dunhas polí-

ticas que se caracterizan porun desprezo absoluto á cidada-nía, incumprindo sistematica-mente as promesas electorais,e por un desprezo á represen-tación lexítima da clase traba-lladora.Trátase, tamén, dunhas polí-

ticas que non obrigan a quepague máis quen máis ten,senón que protexen con cariñoas grandes fortunas e os gran-des defraudadores fiscais aotempo que golpean con durezae sen piedade a poboaciónmáis dé-bil. Póñolles un exem-plo próximo a min. Un matri-monio do concello ourensán deSandiás que estivo en Suízavinte anos. Nunca lles esixirontributar polas súas prestacións,de orixe totalmente legal.Agora, de súpeto, a Axencia Tri-butaria reclámalles varios milesde euros e ameaza cunhamulta se non pagan. Que carapensan que lles quedou ao vero trato ben diferente que se lledeu aos bárcenas da vida quepuideron regularizar millóns deeuros de orixe, se non ilícita,dubidosa, que tamén tiñan nopaís helvético?Forte cos débiles e débil cos

fortes. Esa é a máxima do PPcando goberna. Falta poucopara o 23. Vémonos nas rúas!

O 23 denovembro

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez

Homenaxe a ‘Geluco’ o 8 de novembroO Sindicato Nacional de Comi-

sións Obreiras de Galicia, a Fun-dación 10 de Marzo e a aso-ciación Namentras organizanunha homenaxe a Anxo Gue-rreiro Carreiras, Geluco, falecidoeste verán. Terá lugar o vindeiro8 de novembro, ás 19:30 h, nosalón de actos da Fundación No-vacaixagalicia da Coruña, situada

no Cantón Grande da cidade her-culina.CCOO destaca que a vida de

Geluco foi «intensísima», propiadun líder da esquerda nacionalnos momentos cruciais da re-cente historia galega, que vaidesde o franquismo serodio atahoxe, pero sobre todo nos anosda chamada «transición» e as

décadas de consolidación demo-crática dos oitenta e noventa. Foiprotagonista nesa etapa toda,«co compromiso e a intelixenciaimprescindibles para afrontar osretos políticos que se sucedían,coa pegada propia das persoasimprescindibles que pouco epouco van marchando, pero quedeixan un insubstituíble legado».