socialización

22
Socialización Relacións interpersoais Comunicación

Upload: silvia-folgueira

Post on 13-Jun-2015

637 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Socialización

SocializaciónRelacións interpersoais

Comunicación

Page 2: Socialización

- Falámoslle igual a un nen@ que a un ancián?- Tratamos os mesmos temas c@s nos@s fill@s que coa nosa parella?- No noso traballo dicímoslle as mesmas cousas aos compañeir@s cando está @ xef@ diante ?

Page 3: Socialización

Por qué o facemos así?

Son as habilidades sociais

Page 4: Socialización

IMAXÍNATE AGORA ESTA SITUACIÓN: “A parella de Xosé chega a casa e quéixase dicíndolle que non colabora nas tarefas da casa”

Como cres que responderá Xosé?.

Como cres que sería a forma máis axeitada de responder?.

Como cres que se sinte a parella de Xosé cando llo di?.

Que lle responderías ti?. Como?.

Page 5: Socialización

- Danme ganas de darlle dous berros, porque non aguanto que me boten unha bronca.

- Qué mosca lle picaría hoxe, se onte xa fixen a compra.

- Vaia sorpresa. Penso que xa fago máis que de sobra.

- Comprendo que realmente está desbordada, porque traballa moitísimo na casa.

- Imos falalo, que me diga que máis podo facer. Chegaremos a un acordo e imos intentalo.

Page 6: Socialización

- Cando temos en conta as características do medio e a situación concreta. - Cando conseguimos o que desexamos e evitamos o non desexado, pero sen causar dor ou dano aos demais. Será efectivo e vai depender da situación de que se trate.- Cando damos respostas efectivas e apropiadas.

QUE QUEREMOS DICIR CANDO FALAMOS DE HABILIDADES SOCIAIS?

SON A CAPACIDADE PARA RELACIONARNOS COS DEMAIS DUN MODO CORRECTO.SON UNHA CARACTERÍSTICA DA NOSA PERSONALIDADE

Page 7: Socialización

AS HABILIDADES SOCIAIS N@S NEN@S SON…..

1.- Habilidades necesarias para iniciar ou manter relacións sociais positivas cos demais.

É fundamental que @s nen@s as APRENDAN, as ADQUIRAN

2.-Non ter comportamentos sociais axeitados provoca:

- rexeitamento- illamento- non ser felices nas actividades diarias

Page 8: Socialización

IMAXÍNATE QUE:Manuel so sabe pedir as cousas montando antes unha rabieta, ou a María que lle quita as cousas aos seus compañeir@s sen pedilas por favor.

- Teñen adquiridas Manuel e María as habilidades sociais??- Sentiranse content@s?- Terán moit@s amig@s?- Cal é a causa do problema de Manuel e María?- Por que fan estas cousas?

Page 9: Socialización

COMO APRENDEN AS HABILIDADES SOCIAIS???

Imitando os modelos que temos, das persoas que son importantes pais, nais, avós, avoas, mestr@s

PAIS COMO MODELOS1

Page 10: Socialización

2Ensinándolles directamente: “Imaxínate que a mamá de Xulia e máis Xulia están esperando o ascensor , e chega unha veciña que lle di a Xulia: Ola, como te chamas?. Xulia nese mesmo momento escapa correndo”.

QUE FARÍAS SE FORAS A MAMÁ OU O PAPÁ DE XULIA?

a)- PENSAMOS QUE NON PODE FACELODiríamoslle: “Que maleducada eres Xulia!”. Entenderá que ela é así, portarase así e custaralle cambiar (CREENCIA)

b)- PENSAMOS QUE PODE FACELO:Diríamoslle: “Xulia ven, hai que dicirlle como te chamas”. Aproveitamos a ocasión e ensinámoslle

Page 11: Socialización

3 Damos unha resposta social e iso ten CONSECUENCIAS

Imaxínate : “Xiana ten cinco anos. Cando ven alguén a casa ela para pedir algo tírase polo chan e monta unha rabieta difícil de controlar”

QUE PODEMOS FACER AGORA

María, unha nai dalle o que Xiana quere, xa que se sinte avergonzada polo que poida pensar a visita da educación da súa filla

Mercedes, outra nai di-ralle a Xiana: “Cando che pase, falamos tran-quilamente. A todos nos gusta verte contenta. Xiana tranquilizarase porque sabe que lle darán o que pide se está tranquila.

Page 12: Socialización

Podémolos perder cando???

Non nos relacionamo

s c@s demais

Non practicamo

s esa conduta social

4 Practicando a conduta social = ADQUIRIMOS O HÁBITO

Temos problemas afectivo-

emocionais que obstaculizan as nosas relacións

sociais

Page 13: Socialización

Porque @s nen@s poden actuar de xeito inadecuado?? Por que se comportan así?

A. Carecen de respostas habilidosas.B. Sénten ansiedade que lle impide responder.C. Autoavalianse negativamente cando actúan.D. Discriminan mal as situacións.E. Atopan obstáculos ambientais restritivos.F. Non están seguros dos seus dereitos.

Page 14: Socialización

As habilidades

comunicativas

Page 16: Socialización

Outro aspecto importante no desenvolvemento da SOCIALIZACIÓN axeitada é a comunicación e

fundamentalmente a ESCOITA ACTIVA

Hai dous aspectos psicolóxicos no ser humano:- A nosa parte RACIONAL: conxunto de

ideas, pensamentos, crenzas, coñecementos, etc

- A nosa parte EMOCIONAL: conxunto de sensacións, sentimentos e emocións….

Atende primeiro á parte emocional da mensaxe, posteriormente o escoitado racionalízase.

Atende á parte emocional do que fala, a forma activa de escoitar.

Page 17: Socialización

1º Emocional 2º Racional

Escoita activaCorrección

conduta

Page 18: Socialización

Pensamos agora en dúas situacións habituais:

Mario chega á casa e di: “Odio a escola, non vou ir máis”

Leticia cando chega a casa dille aos seus pais que a castigaron na escola.

que farías ti nestes casos se foras o seu pai ou a súa nai?

"Parece que hoxe tiveches un día malo na escola, ¿non é certo, fillo?, conta, ¿que aconteceu?”.

"Imaxínome que te sentirías mal, ¿queres contarme o que aconteceu?”

Escoita Activa é a forma de escoitar na que o receptor (@ que escoita) trata de entender o que

sente o transmisor (@ que fala), ou o que significa a mensaxe. Posteriormente expresa con palabras o que

comprendeu e o transmite para que o transmisor o verifíque

Page 19: Socialización

Que debemos facer para escoitar activamente?

• desexar escoitar o que @ nen@ ten que dicir.

• desexar ser de axuda para el ou ela para resolver ese problema en particular.

• poder aceptar os seus sentimentos.

• ter unha profunda confianza na capacidade d@ nen@ para manexar os seus sentimentos, para traballar neles e para atopar solucións aos seus problemas.

• ser consciente de que os sentimentos son transitorios.

• poder ver @ nen@ como alguén á parte de tí.

• ter unha grande capacidade de paciencia.

Page 20: Socialización

- "Xa vexo como te sentes“."De verdade?"."En serio?". - "Mm hmmm" "Non me digas!!". - "Si!!" .... "¿Fixéchelo?, e que ben!!“. - "Qué interesante!!“. "Iso pásache?, contame". - "Gustaríache falar sobre iso?". "Gustaríame escoitarte". - “Segue, cóntame máis". "Gustaríame coñecer o teu punto de vista". - "Parece que iso é moi importante para ti“."Discutámolo, queres?".

Como podemos abrir as portas da Comunicación c@s nen@s?

Os abreportas da comunicación son formas sinxelas de expresión para invitar á outra persoa a falar. Algúns exemplos poderían ser:

Page 21: Socialización

- estimulan a comunicación

- manteñen a comunicación

- non producen desviación na mensaxe e o tema

Os "abre portas" invitan @ nen@ a compartir as súas propias ideas, xuízos e sentimentos coas nais e cos pais. Estes "abre portas" para falar facilitan a comunicación por canto:

Como podemos abrir as portas da Comunicación c@s nen@s?

Page 22: Socialización

Como podemos abrir as portas da Comunicación c@s nen@s?

Produce o efecto contrario que os consellos, as críticas, as culpabilizacións e os comentarios descalificadores.Cando se rexeitan os sentimentos d@ outr@ (por críticas, descalificacións etc.) produce efectos destrutivos para a súa personalidade así como para as relacións, por canto que o rexeitado:

- Fai que cale.- Faino discutir, contraatacar.

- Faino sentirse anoxado, resentido.

- Faino sentirse culpable, frustrado.

- Faino sentirse incomprendido.

- Ponse á defensiva, resístese a falar

- Faino sentirse inadecuado, inferior

- Fai que diminúa a súa autoestima