sorpresa en nadal

20

Upload: ticceeabarcia

Post on 23-Jan-2017

220 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Queridos amigos, de todos é sabido que os Reis Magos traballan

arreo na noite de Reis.

Se queredes sabelo pasade axiña as páxinas deste conto e

coñeceredes a resposta.

Pero….algún de vos preguntouse algunha vez que fan o resto do

ano?

O Rei Melchor traballa de cociñeiro no Restaurante Hotel

Benidor na Coruña. Día e noite metido entre potas e tixolas.

Gaspar traballa de mecánico no taller vilas en Catoira.

Baltasar traballa de granxeiro na aldea de Rubio, en Boqueixón

Os Reis Magos teñen un amigo moi especial que se chama Papa

Noel. E traballa de xardineiro na alameda de Santiago.

A véspera da noite de Reis, os Reis póñense a ler miles e miles de

cartas ….

E os pobres trasgos pasan a noite envolvendo os agasallos.

Este ano, uns días antes de ler as cartas, Melchor decidiu preparar

un rico arroz con leite e un gran biscoito. E decatouse de que non

tiña leite.

Melchor non o pensou dúas veces e púxose de camiño a granxa de

Baltasar.

De súpeto empezou unha gran treboada e o pobre Melchor non tiña

paraugas, chuvasqueiro nin botas. Púxose pingando!

Ao día seguinte, Melchor non se daba levantado da cama. 40 de

febre, mocos, Achís, Achís..... que catarro tiña!

E esta noite é a noite de Reis!

Axiña chamou aos seus amigos Gaspar y Baltasar para contarlles

que hoxe non podía ir repartir os regalos. Hai que buscar un

substituto!

Gaspar e Baltasar puxéronse a pensar en quen podía ir con eles a

repartir os regalos!. E sabedes en quen pensaron?

Pois si!, en Papa Noel

Melchor levantouse un pouquiño da cama e foi con Baltasar e

Gaspar a falar con Papa Noel, para pedirlle que os axudara esa noite

a repartir os regalos.

Papa Noel dixo que SI!. Disfrazouse de Rei Mago para que os nenos

non o recoñeceran e comezaron a repartir os regalos por todo o

mundo.

E así foi como ese Nadal tódolos nenos e nenas tiveron regalos e

ninguén se deu conta de que Papa Noel era Melchor.

FINPICTOGRAMAS ARASAAC