tarefa final l1301017

5
TAREFA FINAL CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Elaboración de material multimedia que conteña unha mensaxe en diferentes claves (lingüística e audiovisual) contra a violencia de xénero. Contexto e xustificación da tarefa Destinatarios : alumnado de 6º de Educación Primaria. Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de Novembro), que aparece sinalada na orde do 24 de maio de 2013 que regula o calendario escolar para o curso 2013/14 traballeramos interdisciplinarmente na área de Lingua, Educación para a Cidadanía e Educación Artística, integrando as TIC (como sinala o O decreto 130/2007, do 28 de xuño, que regula o currículo de Educación Primaria) para desenvolver as seguintes competencias: Lingüística: o Ler e comprender de forma autónoma textos orais e escritos, neste caso cancións, que están escritas en verso. o Adaptar o significado das palabras ao contexto o Buscar, recompilar e procesar a información o Valorar os textos literarios como forma de comunicación, fonte de coñecemento e recurso de gozo persoal o Poñer en práctica os coñecementos e estratexias para escribir correctamente mediante o estudo das normas ortográficas básicas, das normas de puntuación e acentuación. Tratamento da información e competencia dixital o Buscar, seleccionar e rexistrar a información o Traballar en contornos de colaboración. o Usar a tecnoloxía para amosar información acerca dun tema. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico o Mostrar actitudes de respecto cara aos demais e cara a un mesmo Competencia social e cidadá o Utilizar a lingua como destreza para a convivencia, o respecto e o entendemento o Acabar cos usos discriminatorios da linguaxe o Traballar en grupo colaborando e asumindo responsabilidades. Competencia de aprender a aprender o Ser quen de sintetizar as ideas propias e alleas, e de presentar de modo razoado o propio criterio o Estimular a participación e o traballo en equipo

Upload: cpi-uxio-novoneira-pedrafita-do-cebreiro

Post on 08-Jul-2015

615 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tarefa final l1301017

TAREFA FINAL

CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Elaboración de material multimedia que conteña unha mensaxe en diferentes claves (lingüística e audiovisual) contra a violencia de xénero.

Contexto e xustificación da tarefa

Destinatarios: alumnado de 6º de Educación Primaria.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de Novembro), que aparece sinalada na orde do 24 de maio de 2013 que regula o calendario escolar para o curso 2013/14 traballeramos interdisciplinarmente na área de Lingua, Educación para a Cidadanía e Educación Artística, integrando as TIC (como sinala o O decreto 130/2007, do 28 de xuño, que regula o currículo de Educación Primaria) para desenvolver as seguintes competencias:

• Lingüística: o Ler e comprender de forma autónoma textos orais e escritos, neste

caso cancións, que están escritas en verso. o Adaptar o significado das palabras ao contexto o Buscar, recompilar e procesar a información o Valorar os textos literarios como forma de comunicación, fonte de

coñecemento e recurso de gozo persoal o Poñer en práctica os coñecementos e estratexias para escribir

correctamente mediante o estudo das normas ortográficas básicas, das normas de puntuación e acentuación.

• Tratamento da información e competencia dixital o Buscar, seleccionar e rexistrar a información o Traballar en contornos de colaboración. o Usar a tecnoloxía para amosar información acerca dun tema.

• Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico o Mostrar actitudes de respecto cara aos demais e cara a un mesmo

• Competencia social e cidadá o Utilizar a lingua como destreza para a convivencia, o respecto e o

entendemento o Acabar cos usos discriminatorios da linguaxe o Traballar en grupo colaborando e asumindo responsabilidades.

• Competencia de aprender a aprender o Ser quen de sintetizar as ideas propias e alleas, e de presentar de

modo razoado o propio criterio o Estimular a participación e o traballo en equipo

Page 2: Tarefa final l1301017

• Competencia artística e cultural o Comprender, apreciar e valorar as manifestacións culturais e artísticas. o Ser consciente da importancia dos factores estéticos na vida cotiá. o Expresarse con imaxinación e creatividade. o Apreciar a creatividade a través dos diferentes medios artísticos

• Autonomía e iniciativa persoal o Fomentar a orixinalidade e a busca de novas formas innovadoras

de creación de material. o Planificar o proceso creativo e esforzarse por alcanzar resultados

orixinais.

Aspecto/s deste curso traballados

o Proporcionar diferentes tipoloxías textuais e en diferentes formatos para crear un amplo abano de posibilidades que fomenten o gusto pola lectura e a creación dun hábito lector.

o A lectura como fonte de disfrute. o Creación de pequenos textos a partir da lectura, comprensión e

reflexión sobre outros materiais. o As imaxes como motor da expresión escrita. o As TIC como instrumento de expresión escrita e de búsqueda de

recursos literarios.

Secuencia detallada de traballo

o Sensibilización do grupo con respecto á temática traballada: por que se celebra, datos da violencia de xénero, en que consiste a violencia de xénero, necesidade de loitar contra este tipo de discriminación,…

o Búsqueda de cancións relacionadas coa violencia de xénero. Poden ser mensaxes de denuncia, que fomentan valores contrarios á igualdade de xénero para facer denuncia e lectura crítica de estas mensaxes, ou calquer outro enfoque desta temática. Dáse a posibilidade tamén de que as cancións sexan en Lingua Inglesa.

o Selección de 3 cancións como mínimo e lectura comprensiva e crítica da letra.

o Ensinanza do uso e funcionamento de www.padlet.com como muro virtual que servirá como medio de presentación da tarefa proposta.

o Inserción no padlet do vídeo coas cancións escollidas e dos documentos Word/Openoffice coa letra das cancións.

o Noutro documento de texto (doc/odt) terán que facer unha reflexión crítica sobre a mensaxe que transmite cada canción.

Page 3: Tarefa final l1301017

Cada reflexión ocupará entre 3-5 liñas. Tamén se incorporarán ao padlet.

o Búsqueda dunha imaxe con licenza Creative Commons (ensinaremos como filtrar a búsqueda en google coa búsqueda avanzada) que sexa coherente e este relacionada directamente co tema das cancións elexidas. Tamén se subirá a padlet.

o Selección dun título para o padlet que recolla unha mensaxe de loita contra a violencia de xénero.

o Presentación en grupo dos materiais creados.

Agrupamentos (traballo individual, parellas, gran grupo, pequeno grupo)

As actividades realizaranse por parellas, excepto a sensibilización que será en gran grupo ao igual que a reflexión sobre os traballos.

Temporalización

4 sesións no mes de novembro.

Materiais e recursos

• Aula de informática. • Buscador Google • Procesador de textos. • www.padlet.com • www.youtube.es • Páxina web do centro para publicar as actividades. • Proxector. • Auriculares para escoitar simultáneamente en grupo as cancións.

Indicadores de éxito da tarefa

o Comprensión dos textos seleccionados para traballar.

o Participación activa e constructiva na realización do seu muro

virtual.

o Valoración positiva dos textos traballados como instrumentos de

comunicación.

Page 4: Tarefa final l1301017

o Redacción de textos breves utilizando os procedementos

axeitados para dar cohesión e coherencia ás produccións propias.

o Identificación de situacións que suponen violencia, desigualdade

e violación dos dereitos humanos, concretamente de no referido

ao xénero.

o Orixinalidade da obra creada.

o Comprensión das mensaxes que transmiten as imaxes.

o Interese e esforzo por crear un material atractivo e orixinal.

o Creatividade na realización da actvidade.

o Elección de recursos tendo en conta a intencionalidade e os

obxectivos da tarefa.

Estratexias de avaliación e mecanismos de recollida de datos

o Observación do desenvolvemento da tarefa e da participación dentro da parella e nas actividades grupais.

o A propia tarefa. o Reflexión individual sobre o proceso realizado, grado de

dificuldade e aspectos aprendidos.

Desenvolvemento na aula

o Pequena reflexión sobre o desenvolvemento na aula (dificultades no proceso, adecuación dos recursos empregados, aceptación por parte do alumnado, resultados na aprendizaxe do alumnado, valoración final do proceso)

As maiores dificultades poden ser a organización dos horarios xa que nun CPI cunha única aula de informática hai que que compatibilizar o seu uso especialmente co alumnado de Secundaria.

Outro aspecto ao que hai que prestar atención é á idade dos rapaces e o tema abordado, especialmente nunha poboación onde os valores sexistas predominan e aínda non hai un desenvolvemento da moralidade autónoma suficiente en todos os casos. As habilidades para poñerse no lugar do outro (ademais o outro xénero) están todavía desenvolvéndose.

Page 5: Tarefa final l1301017

E"F

http

Canbaixo

O redificuobst

Este proxecL1301017

Formación

p://padlet.

cións cono unha Lic

exeitamenultades detáculo ao q

cto de inte– Ler e ee Recurso

com/wall

ntra a violcenza Crea

nto en xere comprensque teremo

ervención foescribir, esos de Lugo

l/rociolere

lencia de ative Comm

ral do alusión de graos que face

oi elaboradscribir par

o.

escribir

xénero pomons Atrib

umnado dan porcenter fronte.

do no marcra ler", org

or Rocío Mución- Com

de cara ataxe de lec

co do cursganizado p

Méndez PmpartirIgua

a lectura ectura son o

so de formapolo Centr

Penela atóal 3.0 Espa

e as outro

ación ro de

pase aña.