tema 1 a célula
TRANSCRIPT
A CÉLULAA UNIDADE DE VIDA
ESTRUTURA DAS CÉLULAS
As células son as unidades anatómicas, funcionais e de orixe de tódolos seres vivos.
Trátase da unidade máis pequena que realiza as tres funcións vitais.
As características de cada célula dependen da función na que se especializan.
ESTRUTURA DAS CÉLULAS
Todas as células presentan:Membrana plasmática: capa delgada que envolve
á célula. Regula o intercambio de substancias.Citoplasma: solución acuosa que contén os
orgánulos.Material xenético: é o ADN, contén a información
para o funcionamento das células.
lípidos
proteínas
TIPOS DE CÉLULAS
CÉLULA PROCARIOTA(sen núcleo)
CÉLULA EUCARIOTA(con núcleo)
Vexetal
Animal
CÉLULA PROCARIOTA
Parede celular(da forma)
Material xenético( nucleoide)
Fimbrias(fixan ao
substrato)
Ribosomas(síntese proteínas)
Flaxelos(desprazamento)
Membrana plasmática(intercambio substancias) Mesosoma
(respiración e reaccións metabólicas)
Plásmido(fragmento ADN)
Citoplasma
CÉLULA EUCARIOTA
Membrana plasmática(illa e regula o intercambio
de substancias)
Núcleo(contén o
ADN)
Citoplasma(medio acuoso que
contén os orgánulos)
Retículo endoplasmático(síntetiza proteínas
ou lípidos)
Centrosoma(controla o movemento e
a división celular)Aparello de
Golgi (secreción de substancias)
Ribosomas(sintetizan proteínas)Mitocondrias
(respiración celular)
Lisosoma(dixestión celular)
Vacúolos(almacena
substancias)
O NÚCLEO O núcleo, en
interfase ou repouso, é unha estrutura esférica que consta de:Membrana nuclear.Nucleoplasma.Cromatina: formada
por ADN e proteínas. Controla as funcións celulares.
Nucléolo: formada por ARN e proteínas. Forma ribosomas.
CONDENSACIÓN DO ADN Cando a célula entra en división a cromatina
condénsase.
cromosoma
cromatina
proteínas
ADN
CROMOSOMAS Visibles durante a
división nuclear. O seu número non
varia dentro de cada especie.
Reparten a información xenética da célula nai ás células fillas.
Cromátides irmás
Centrómero
Brazos
MITOCONDRIAS
Realizan a respiración celular pola que obtemos enerxía dos nutrientes.
RIBOSOMAS
Son os orgánulos máis pequenos da célula. Sintetizan proteínas.
Subunidade pequena
Subunidade grande
RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO
Conxunto de sacos e canles comunicados entre si. Rugoso: Almacena e transporta as proteínas
sintetizadas nos ribosomas.Liso: Sintetiza, almacena e transporta lípidos.
APARATO DE GOLGI
Serie de sacos membranosos aplanados e amoreados, dos que parten vesículas.
Acumula substancias procedentes do retículo e transpórtaas a distintas partes da célula ou ao exterior.
VACÚOLOS
Vesículas membranosas recheas dun líquido formado por auga, sales, azucres e proteínas.
Almacenan auga. Da rixidez á célula.
LISOSOMAS
Vesículas procedentes do aparato de Golgi, cheas de substancias dixestivas.
Realizan a dixestión celular, descompoñen substancias e obteñen substancias útiles para a nutrición da célula.
CENTROSOMA
Intervén na división celular.
Tamén na formación de cilios e flaxelos.
Flaxelos
Cilios
CILIOS E FLAXELOS Apéndices curtos e
moi numerosos denomínanse cilios.
Cando son longos, poucos, denomínanse flaxelos.
Serven para que a célula se mova ou para que desprace líquidos e partículas ao longo da súa superficie.
Cilio ou flaxelo
Membrana plasmática
Microtúbulos dobres
Basal do corpo
CLOROPLASTOS No seu interior hai
uns sacos aplanados chamados tilacoides e conteñen un pigmento, a clorofila, que lles dá a cor verde.
Neles prodúcese a fotosíntese.
PAREDE CELULAR
Envoltura externa á membrana plasmática. Protexe e proporciónalle rixidez á célula.
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN A nutrición
comprende todos os procesos que lle proporcionan á célula materia e enerxía para crecer, repoñer as súas estruturas, dividirse e relacionarse.
A ENTRADA E A EXCRECIÓN DE SUBSTANCIAS As substancias de pequeno tamaño
atravesan a membrana libremente por un proceso denominado difusión, ten lugar a favor do gradiente de concentración.
A ENTRADA E A EXCRECIÓN DE SUBSTANCIAS
O paso de substancias de tamaño medio ou con cargas (ións) pasan a través da membrana axudadas por proteínas.
A ENTRADA E A EXCRECIÓN DE SUBSTANCIAS
Nas substancias de gran tamaño a membrana engloba a partícula nunha vesícula que se incorpora ao citoplasma celular, endocitose. 1
Fusiónanse cos lisosomas, cuxas substancias dixestivas dixiren o contido da vesícula formando outras de tamaño máis pequeno. 2
Os restos da dixestión expúlsanse por un proceso denominado exocitose. 3
METABOLISMO Catabolismo: Conxunto de reaccións químicas mediante
as cales as moléculas que entraron na célula rompen e se transforman noutras máis sinxelas. A rotura destas moléculas libera enerxía.
Anabolismo: Conxunto de reaccións químicas polas que, a partir de moléculas sinxelas, se fabrican moléculas máis complexas que a célula utiliza para formar os seus compoñentes. Necesita a achega de enerxía.
NUTRICIÓN HETERÓTROFA Aquelas células que incorporan
materia orgánica xa elaborada por outros organismos.
Na respiración celular as moléculas de glicosa, en presenza de osíxeno, se transforman en CO2 e en auga. Neste proceso libérase gran cantidade de enerxía.
Parte desta enerxía emprégase para realizar funcións celulares; outra parte pérdese en forma de calor; e, finalmente, outra é utilizada en reaccións anabólicas.
Glicosa O2
Auga CO2
NUTRICIÓN AUTÓTROFA As células elaboran materia orgánica a partir de materia
inorgánica, empregando unha fonte de enerxía externa. Toman do medio H2O e CO2 que entran nos cloroplastos.
Estas substancias transfórmanse glicosa utilizando a enerxía luminosa, que é captada pola clorofila. Neste proceso, a fotosíntese, despréndese osíxeno.
Unha parte das moléculas de glicosa emprégase para obter enerxía a través de procesos catabólicos.
Chegan CO2 e auga
Xérase O2 como refugallo
Cáptase enerxía
Fabrícanse hidratos de carbono
A FUNCIÓN DE RELACIÓN É a capacidade da célula de captar os
cambios e de responder ante eles de forma adecuada.
Chámaselle estímulo aos cambios que desencadean unha resposta celular.
A resposta celular é a reacción da célula ante os estímulos. Pode ser de dous tipos: A resposta estática: a célula responde
segregando unha substancia. A resposta dinámica: a célula responde
movéndose.
MOVEMENTO CELULAR
MOVEMENTO CELULAR
A REPRODUCIÓN CELULAR A reprodución celular é o proceso mediante o
cal unha célula nai se divide formando novas células, chamadas células fillas.
Nos organismos unicelulares, as novas células supoñen a aparición de novos individuos iguais aos proxenitores.
Nos organismos pluricelulares, as novas células serven para medrar e repoñer células mortas.
A célula nai dividese en dúas células fillas iguais.
A célula nai produce células fillas máis pequenas ou xemas.
O núcleo divídese moitas veces formando unha célula polinucleada, que orixina moitas células fillas
BIPARTICIÓN
XEMACIÓN
ESPORULACIÓN
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
A TEORÍA CELULAR
A célula é a unidade estrutural dos seres vivos. A célula é a unidade funcional dos seres vivos. Toda célula provén de outra xa existente.