tema 12.- apdo. 4.- conquista e organización do imperio ... eso tema... · o vicerrei era o...
TRANSCRIPT
Tema 12.- Apdo. 4.- Conquista e organización do Imperio americano.
4.1.- As grandes conquistas e expedicións.
Unha
conquista
rápida, por
superioridade militar: armas, cabalos, armaduras, pólvora...
superioridade científica: xeógrafos, botánicos, enxeñeiros militares...
afán de aventuras e de riqueza
loitas internas entre os pobos indíxenas
os indíxenas pensaban que os conquistadores eran deuses (armas, armaduras, cabalos, cans...)
profecías indíxenas que predicían a chegada de enviados dos deuses
Expedición de conquista Data Protagonistas
Conquista do Imperio azteca entre 1518 e 1521 dirixida por Hernán Cortés
Dominio da civilización maia entre 1523 e 1524 Pedro de Alvarado
Conquista do Imperio inca entre 1531 e 1535 dirixida por Francisco Pizarro
Exploración de Florida, Texas e California entre 1528 e 1536 Álvar Núñez Cabeza de Vaca
Conquista de Chile entre 1536 e 1553 Diego de Almagro e Pedro de Valdivia
Exploración do río Amazonas 1541-1542 Francisco de Orellana
Conquista das illas Filipinas e apertura da ruta entre Filipinas e México
entre 1565 e 1571 Miguel López de Legazpi
e Andrés Urdaneta
Fundación de Bos Aires e Santa Fe (Arxentina)
1580 Juan de Garay
4.2.- A organización do Imperio americano.
Institucións Data de creación Funcións
ESPAÑA
Consello
de Indias
1524
(sen sede fixa)
Institución que se encargaba dos asuntos americanos,
asesoraba o rei neles, nomeaba os funcionarios e redactaba
as leis específicas para os territorios conquistados.
Casa de
Contratación
1503
(Sevilla)
Institución que controlaba todo o tráfico de persoas e
mercancías con América.
Aseguraba a recadación do quinto real para a Coroa
AMÉRICA
Vicerreinados
e vicerreis
Nova España en
1534
Perú en 1542
O vicerrei era o representante directo do rei.
Acumula funcións de gobernador, presidente da Audiencia e
capitán xeneral.
Audiencias
A primeira foi
establecida en
1511
Función administrativa e xudicial. Están baixo o control dos
vicerreis.
A finais do século XVI había 4 en Nova España e 6 en Perú.
Gobernacións
ou provincias A primeira en 1502
Territorios baixo o mando dun gobernador nomeado polo rei.
Función administrativa e xudicial. Están subordinados ás
Audiencias.
A finais do século XVII había 37.
Cabidos A partir de 1507 Órgano de goberno e administración dun municipio.
A denuncia dos abusos sobre a poboación indíxena
Desde hai máis de corenta anos que os españois están alí, non fixeron outra cousa que asasinar indios, facelos sufrir, aflixilos, atormentalos e destruílos. Así, a illa de Cuba está hoxe practicamente despoboada. Se ben en La Española había máis de trescentos mil habitantes, hoxe non quedan a penas douscentos. A causa pola que mataron e destruíron tantas persoas foi unicamente por ter o ouro e encherse de riquezas en moi breves días.
Bartolomé DE LAS CASAS: Brevísima relación da destrución das Indias. 1552.
a
trata de da catástrofe demográfica provocada pola conquista española en América
autor Bartolomé de las Casas (1474-1566). Eclesiástico español, defensor dos indíxenas de América
b argumentos
a brutalidade da explotación dos territorios conquistados polos españois, que sometían os
indíxenas a condicións de traballo extremadamente duras ⟹ enfermidades e mortes masivas
o desmesurado afán de enriquecemento rápido e a cobiza do ouro indíxena
c reacción da
Coroa
promulgou as Leis de Indias (1542) que prohibían a escravización dos indíxenas e concedíanlles
a condición de súbditos da Coroa
estas leis foron rexeitadas polos colonos, e incumpridas de forma sistemática, malia as
denuncias de frei Bartolomé de las Casas
Principais consecuencias da conquista de América
Económicas
Incremento do comercio, e intercambio de produtos
de América a Europa: pataca, millo, cacao, tabaco, tomate, pemento,
cacahuete, pavo de Indias, vainilla, ananás, aguacate, xirasol, dalia, petunia...
de Europa a América: trigo, arroz, cana de azucre, vide, oliveira, vaca, cabalo,
ovella, porco, galiña, café, laranxa, limón, pera, melocotón, coliflor, leituga,
caravel...
Aumento da produción artesanal europea
Auxe das cidades e portos atlánticos
Sociais e
demográficas
Emigración europea ⟹ mestura de razas
Diminución da poboación indíxena polas guerras, a explotación laboral e as novas
enfermidades levadas polos europeos
Desaparición da sociedade e cultura tradicionais das civilizacións precolombianas
Traslado forzado de poboación negra escrava desde África cara a América
Políticas
Formación dos imperios coloniais de España e Portugal
Rivalidade entre os Estados europeos polo control das novas terras e das rutas
marítimas
Culturais
Ampliación do mundo coñecido
Confirmación da esfericidade da Terra
Cambios nos costumes e nas dietas pola chegada a Europa de novos produtos
Inicio da europeización do mundo
Expansión da relixión católica