tema 12.- o auxe da monarquía hispánica (século …...revolta da minoría mourisca nas alpujarras...
TRANSCRIPT
Tema 12.- O auxe da monarquía hispánica (século XVI)
Europa en 1500
Dinastía dos Habsburgo ou Casa de Austria
Monarca Anos de reinado Caracteres
Carlos I 1516-1556 Instaurou a dinastía chamada de
Habsburgo ou de Austria Gobernaron sobre un inmenso Imperio,
formado polas posesións europeas e
polos territorios americanos ⟹ guerras
constantes Filipe II 1556-1598 Foi rei de España pero non
emperador de Alemaña
Filipe III 1598-1621 O Imperio iniciou a súa lenta decadencia.
A crise da economía, o descenso da poboación e as derrotas militares
puxéronlle fin á hexemonía hispánica en Europa
Filipe IV 1621-1665
Carlos II 1665-1700
Trazos básicos do Imperio español
Monarquía formada pola unión de diversos Estados que mantiñan as súas leis e institucións particulares
Carácter común: todos os territorios estaban gobernados polo mesmo rei, auxiliado por diversos consellos
Carecía de continuidade territorial: os dominios españois estaban dispersos. Isto dificultaba a cohesión e as
comunicacións, multiplicaba os problemas e os inimigos
Os reis afrontaron numerosas guerras para: manter a unidade do imperio, conservar a hexemonía política, e
defender e expandir o catolicismo
O centro do imperio era a Coroa de Castela: nela estaba a capital (Madrid, desde 1561) e os principais
órganos de goberno, e controlaba as enormes riquezas procedentes de América.
1. O imperio hispánico (século XVI)
Carlos I rei de España = Carlos V emperador de Alemaña
1.1.- O Imperio universal: Carlos I (1516-1556).
A formación do imperio de Carlos I.
Herdanzas do seu pai Filipe I de
Habsburgo (o Fermoso)
Países Baixos [17 provincias, incluía os actuais Países Baixos,
Bélxica e Luxemburgo]
Franco Condado
Charolais
Herdanzas da súa nai Xoana I de Castela
(a Tola)
Coroa de Castela
illas Canarias
enclaves no Norte de África (Melilla, Orán…)
territorios conquistados en América
Herdanzas do seu avó Fernando II de
Aragón (o Católico)
Coroa de Aragón: territorios en España + posesións
mediterráneas
Reino de Sardeña
Reino de Sicilia
Reino de Nápoles
Herdanzas do seu avó Maximiliano I de
Habsburgo
Arquiducado de Austria
feudos dos Habsburgo (Sur de Alemaña)
dereitos ao trono do Sacro Imperio Romano Xermánico (SIRX)
Conquistas de Carlos I
Milán
territorios conquistados en América (imperio azteca, inca…)
prazas africanas
1.2.- O Imperio hispánico: Filipe II (1556-1598).
O imperio de Filipe II
territorios
herdados do
seu pai
Carlos I en
Europa
España + as posesións aragonesas no Mediterráneo (Sardeña, Sicilia e Nápoles)
dominios da casa de Borgoña:
Países Baixos
Franco Condado
Charolais
Milanesado
África enclaves na costa mediterránea (Melilla, Orán...)
América Vicerreinado de Nova España (México, Centroamérica e illas do Caribe)
Vicerreinado de Perú (colonias de América do Sur)
territorios
incorporados
durante o
seu reinado
Europa
En 1580 herdou Portugal co seu inmenso imperio ultramarino, que comprendía:
Brasil en América
illas do Atlántico (Azores, Madeira, Cabo Verde...) e colonias nas costas de
África (Angola, Mozambique, Zanzíbar...)
colonias nas costas de Asia (na India, en China...) e no océano Índico (Sri Lanka,
Xava...) e Pacífico (illas Molucas)
Asia as illas Filipinas e outros arquipélagos no Pacífico
América a península de A Florida
A expresión no imperio español nunca se puña o sol fai referencia á complexidade xeográfica do imperio:
posuía territorios estendidos por varios continentes, separados por enormes distancias e caracterizados pola
súa heteroxeneidade (leis e institucións diferentes).
Os órganos de goberno da monarquía
Reaccións ante o poder dos Austrias
Que, de conformidade coas leis e ordenanzas do reino e cos antigos costumes (...) os oficios da casa real se dean a persoas nacidas e bautizadas en Castela, e que o Rei non poida servirse mentres estea en Castela máis que de persoas nacidas en Castela (...); que o Rei revoque e quite todos os oficios e beneficios e dignidades (...) dadas ás persoas non nacidas e bautizadas no reino, e llas dea aos naturais e nacidos nos reinos. (...) Que o Rei non poida sacar nin dar licenza para que se saque moeda ningunha do reino (...); que cando alguén houbese de suceder no reino, antes de que sexa recoñecido como Rei, xure gardar a todas as cidades e vilas da coroa todos os seus privilexios.
a
autor os “comuneiros”: fidalgos, artesáns e comerciantes de varias cidades da Coroa de
Castela, e campesiños, sublevados contra a política do rei Carlos I
ano 1520
trata de peticións que os comuneiros dirixen ao rei
b
causas da revolta
das Comunidades
O rei Carlos I concedeu os principais cargos de goberno da Coroa de Castela aos
nobres estranxeiros que viñeran con el
O rei solicitou ás Cortes un imposto extraordinario para pagar os gastos da súa
elección como emperador alemán
Os asuntos imperiais obrigábano a pasar longas tempadas lonxe dos seus reinos
O rei gobernaba de forma autoritaria, sen respectar as leis de Castela
lugares as principais cidades da Coroa de Castela: Toledo, Segovia, Ávila, Burgos,
Valladolid, Salamanca…
c demandas dos
comuneiros
que o rei quite os cargos, dignidades e beneficios concedidos aos conselleiros
estranxeiros, e llelos dea aos casteláns
impedir a saída de moeda ou metais preciosos da Coroa para outros reinos
xurar os foros das cidades de Castela
d resultado os comuneiros foron derrotados na batalla de Villalar (1521); os seus principais
dirixentes morreron axustizados. Toledo resistiu ata a derrota final en 1522
Rebelión dos mouriscos nas Alpujarras (1568-1571)
O número de mouros que se alzaron en Granada multiplicouse e (...) queimaron igrexas, asasinaron sacerdotes e cristiáns vellos (...). A causa é que lles foron retiradas algunhas prebendas [beneficios, dereitos...] que ata hoxe en día lles eran concedidas, é dicir: a lingua e mais a indumentaria mourisca, lavarse en determinados baños, facer diversos tipos de danzas, festas e rituais propios á lei de Mahoma, cousas que a Súa Maxestade decidiu prohibirlles xa que, realmente se ben están bautizados, en canto á fe, son máis mouros aínda que os que viven en África.
Carta do Nuncio Apostólico sobre a insurrección mourisca das Alpuxarras. 1568.
a conflito
Revolta da minoría mourisca nas Alpujarras (Granada), que se desenvolveu entre 1568 e 1571
Os mouriscos eran os musulmáns que quedaron na península tras a conquista do reino de Granada, e que
foron obrigados a converterse ao cristianismo
Cando os Reis Católicos conquistaron o reino nazarí de Granada, en 1492, garantiron aos musulmáns o
mantemento da súa relixión e dos seus costumes.
Pero, a partir de 1499, o cardeal Cisneros puxo fin á tolerancia e impulsou os bautismos obrigatorios. No
ano 1502 os Reis Católicos publicaron un decreto que obrigaba aos musulmáns a escoller entre o
bautismo ou o exilio; a maioría elixiu o bautismo para quedarse en España
b causas
Filipe II prohibiu o uso da lingua, a indumentaria, os costumes, festas e ritos dos mouriscos na
Pragmática do ano 1566
Filipe II quería forzar os mouriscos a integrarse realmente na sociedade cristiá
c
conflito
Comezou nas Alpuxarras (Granada) en 1568 e estendeuse polas zonas limítrofes. Tras 3 anos
de loita as tropas cristiáns dirixidas por Xoán de Austria (medio irmán de Filipe II) derrotaron
os mouriscos (1571) ⟹ deportacións masivas
expulsión
Os mouriscos foron expulsados de España no ano 1609, durante o reinado de Filipe III ⟹
despoboamento de amplas zonas rurais de Aragón, Valencia e Andalucía, o que repercutiu
negativamente na produción agrícola
Juan de Austria (1547-1578)
Ana de Mendoza y de la Cerda
princesa de Éboli (1540-1592)
Antonio Pérez (1540-1611)
Juan de Escobedo (1530-1578)
Execución de Juan de Lanuza (1591)
Asasinato de Escobedo (1578)
3.-Os esforzos por manter o Imperio: os conflitos exteriores.
Carlos I
Conflito con Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado
Francia 1521 - 1556
loita pola hexemonía europea
disputas territoriais (Milán, Navarra…)
sucesivas guerras e treguas que non
cambiaron as posicións
Carlos I anexiona Milán
Turcos 1529 - 1541
impedir a expansión do Imperio turco,
polo val o Danubio, as costas do
Mediterráneo e o norte de África
éxito na defensa de Viena (1532)
conquista de Tunes en 1535
fracaso da conquista de Alxer en 1541
Príncipes
alemáns 1540 - 1555
relixiosas: evitar a propagación da
Reforma protestante de Lutero
políticas: varios príncipes alemáns
apoiaban a Lutero e enfrontábanse á
autoridade do emperador
vitoria de Mühlberg (1547) sobre os
príncipes protestantes alemáns
pero tivo que firmar a Paz de
Augsburgo (1555), que recoñecía a
liberdade relixiosa dos Estados
alemáns ⟹ división de Europa entre
católicos e protestantes ⟹ guerras de
relixión
Filipe II.
Conflito con Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado
Francia 1556 - 1559 loita pola hexemonía europea vitoria española na batalla de San
Quintín (1557)
Turcos 1571
frear a expansión musulmá polo
Mediterráneo
vitoria da Liga Santa (Papa, Venecia e
España) na batalla naval de Lepanto
(Grecia) en 1571
Inglaterra 1585 - 1604
apoiaba os protestantes (sobre todo
de Flandres)
atacaba a flota española que
comerciaba con América (piratería)
fracaso do proxecto de invasión de
Inglaterra: o desastre da Armada
Invencible (1588)
Protestantes
de Flandres 1566 - 1609
descontento dos flamengos polos
fortes impostos
conflito relixioso pola extensión do
calvinismo nos Países Baixos
división dos Países Baixos en 2 áreas
(7+10 provincias):
a N calvinista e independente
(Provincias Unidas, hoxe Países
Baixos)
a S católica e fiel ao rei (Países
Baixos do Sur, hoxe Bélxica e
Luxemburgo)