tema 14 españa

11
Tema 14: ESPAÑA 1. SITUACIÓN E LÍMITES. España é un país situado ao suroeste de Europa. O seu territorio está formado pola maior parte da península ibérica, os arquipélagos canario e Balear e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla que están en África. España limita ao norte co Mar Cantábrico, Francia e Andorra,ao Sur co Océano Atlántico e o mar Mediterráneo, ao Leste o Mar ESPAÑA 1

Upload: tonocanosa

Post on 19-Dec-2015

21 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Coñecemento 4º de Educación Primaria Galego

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 14 España

Tema 14: ESPAÑA

1. SITUACIÓN E LÍMITES.España é un país situado ao suroeste de

Europa. O seu territorio está formado pola maior parte da península ibérica, os arquipélagos canario e Balear e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla que están en África.España limita ao norte co Mar Cantábrico, Francia e Andorra,ao Sur co Océano Atlántico e o mar Mediterráneo, ao Leste o

ESPAÑA 1

Page 2: Tema 14 España

Mar mediterráneo e ao Oeste con Portugal e o Océano Atlántico.

2. RELEVO.O relevo español ten

mesetas,depresións, cordilleiras, illas, ríos e costas.

Meseta: é un altiplano, é dicir, un terreo plano elevado sobre o territorio que o rodea.

Depresión: é un terreo plano rodeado de territorios máis elevados.

Cordilleira: conxunto de serras (grupo de montañas).

Arquipélago: conxunto de illas.A parte central de España é unha gran

meseta dividida en dúas polo Sistema Central, a submeseta norte e a submeseta sur. A meseta está rodeada polas seguintes cordilleiras: Cordilleira Cantábrica, Serra Morena e o Sistema Ibérico. Tamén existen cordilleiras exteriores: Macizo Galaico, Cordilleiras Catalanas, Cordilleiras Béticas e os Pirineos.

ESPAÑA 2

Page 3: Tema 14 España

As depresións máis importantes son: a Depresión do Ebro e a do Guadalquivir.

Os arquipélagos son: as Illas Canarias no Océano Atlántico (Fuerteventura, A Gomera, O Ferro, Lanzarote, Tenerife, A Palma e Gran Canaria). Estas illas son de orixe volcánica e en Tenerife está o pico máis alto de españa o Teide (3.718 m)

As costas parte do territorio bañado polo mar. O litoral español está bañado polo Océano Atlántico e os Mares Cantábrico e Mediterráneo. As costas mediterráneas son baixas e areosas, as Cantábricas son abruptas e acantiladas e as atlánticas son recortadas en Galicia e baixas e extensas en Andalucia.

Os ríos son máis curtos na vertente cantábrica e máis longos na cordilleira atlántica.

RÍOS

Vertente Cantábrica

NalónNavia

Vertente Atlántica MiñoDouroTexoGuadianaGuadalqui

ESPAÑA 3

Page 4: Tema 14 España

virVertente Mediterráneo

XúcarSegura Ebro

3. POBOACIÓN E ECONOMÍA.España ten unha poboación de 47

millóns de habitantes. A poboación está distribuída de xeito desigual; concéntrase nas cidades da periferia: Barcelona, Valencia, Bilbao, Sevilla; e na capital de España, no centro, Madrid. O resto do centro está moi despoboado. O 78% da poboación é urbana, vive nas cidades (+ 10.000 hab.) O 22 % restante é rural, vive en vilas de menos de 10.000 hab.

Case a metade da poboación é activa (está en idade de traballar) e traballa nos tres sectores económicos: sector primario (4%), sector secundario (22%) e sector terciario (74%). Pero un dos grandes problemas é que desta poboación activa unha cuarta parte está no paro (non ten traballo e estao buscando).

4. SISTEMA POLÍTICO.

ESPAÑA 4

Page 5: Tema 14 España

España é unha monarquía parlamentaria, polo que somos un país que ten un rei (FELIPE VI) e un parlamento elixido polos cidadáns maiores de 18 anos cada catro anos.

Para elixir aos nosos representantes séguese o seguinte proceso:

- Presentación de candidaturas: os cidadáns organízanse en grupos ou partidos políticos e presentan os seus candidatos.

- A campaña electoral : os representantes políticos explican o seu programa aos cidadáns.

- Votación: o día sinalado tódolos cidadáns maiores de 18 anos, que o desexen, van a votar.

- O escrutinio: as mesas electorais realizan o reconto de votos.

- O novo goberno: unha vez que se coñecen os resultados, proclámase o goberno elixido.

As leis máis importantes están recollidas na Constitución (6 de decembro de 1978).

ESPAÑA 5

Page 6: Tema 14 España

As institucións democráticas están representadas no Parlamento que está formado polo Congreso e polo Senado (representantes das autonomías). O Congreso e o Senado son os encargados de elaborar as leis que debemos cumprir os cidadáns. (PODER LEXISLATIVO).

Os deputados e deputadas escollen ao Presidente do Goberno e este aos ministros, que lle van axudar, formando o Consello de ministros (PODER EXECUTIVO).

Para facer fronte aos gastos de funcionamento , o Goberno recada os cartos necesarios a través dos impostos que pagamos tódolos cidadáns en activo.

ESPAÑA 6

Page 7: Tema 14 España

5. ORGANIZACIÓN POLÍTICA.

a. A UNIÓN EUROPEA (UE).España forma parte da Unión Europea

(UE), que agrupa a 27 países dos 40 que hai en Europa (+ 500 millóns de persoas). A Unión Europea ten as súas propias institucións de goberno e dita leis para tódolos cidadáns da UE, pero respectando as leis e símbolos de identidade dos países membros.

ESPAÑA 7

Page 8: Tema 14 España

No Parlamento europeo cada país ten os seus representantes e a sede está en Bruxelas.Tamén creouse unha moeda para a maioría dos países membros o EURO (€)

b. ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DE ESPAÑA

España está organizada en provincias, que se agrupan en 17 Comunidades Autónomas e dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla, que están en África). Quince das comunidades están na península e dúas nos arquipélagos (Canarias e Baleares). Hai comunidades uniprovinciais e pluriprovinciais. Cada Comunidade ten unha capital e un goberno propio.

ESPAÑA 8

Page 9: Tema 14 España

ESPAÑA 9