tema 5. os grandes reinos peninsulares
TRANSCRIPT
www.vicensvives.eswww.vicensvives.es
Cabo FISTERRA 2Ciencias sociais, xeografía e historia
Segundo Curso
Cabo FISTERRA 2
Índice
Climas y paisajes de España, Europa y la CA
Os grandes reinos peninsulares05
Galicia na Idade Media06
07
A monarquía autoritaria: os Reis Católicos08
O Islam e Al-Andalus01
A Europa feudal02
A cidade medieval03
Formación e expansión dos reinos peninsulares04
Os grandes descubrimentos xeográficos09
O Imperio dos Austria10
O século do Barroco11
Galicia na Idade Moderna12
Os habitantes do planeta13
A poboación de España e de Galicia14
A cidade e o urbano15Renacemento e Reforma
As sociedades humanas16
Cabo FISTERRA 2
Os grandes reinos peninsulares
1. A consolidación dos reinos hispánicos
2. A grande expansión do século XIII
3. As institucións de goberno
4. A Coroa de Castela: economía e sociedade
05
5. A Coroa de Aragón: economía e sociedade
6. Os conflitos sociais e políticos na Baixa Idade Media
7. O Gótico na Península Ibérica
Cabo FISTERRA 2
Introdución
• Ao longo dos séculos XII e XIII consolidáronse os catro reinos cristiáns da Península Ibérica: Portugal, Castela e León, Navarra e a Coroa de Aragón.
• A expansión militar fortaleceu os dous grandes Estados da Península: o reino de Castela e a Coroa de Aragón.
• Na segunda metade do século XIV, unha crise económica e social que afectou a toda Europa alcanzou tamén os reinos hispánicos.
05
Cabo FISTERRA 2
1. A consolidación dos reinos hispánicos
1.1. A concepción patrimonial dos reinos
1.2. A Coroa de Castela
1.3. O reino de Portugal
1.4. O reino de Pamplona
1.5. A formación da Coroa de Aragón
05
Cabo FISTERRA 2
1.1. A concepción patrimonial dos reinos• Na Idade Media, os monarcas críanse elixidos por
Deus para gobernar os seus reinos segundo os desexos divinos.
• O reino era considerado un patrimonio do rei, que podía dividir ou unir territorios segundo os seus intereses.
• Deste xeito, era frecuente que un rei dividise o reino entre os seus herdeiros ou que se unisen Estados diferentes mediante matrimonios.
05
Cabo FISTERRA 2
1.2. A Coroa de Castela
• Fernando I uniu o seu reino ao de León (1038), co que logrou a primeira unificación de ambos os dous reinos.
• A finais do século XI, o Estado máis extenso da Península era o reino de Castela e León. Pero este reino uniuse e dividiuse varias veces ao longo do século XII por motivos hereditarios ou matrimoniais.
• A reunificación definitiva realizouse no ano 1230, cando o rei Fernando III herdou da súa nai o reino de Castela, e do seu pai, o de León. Deste xeito naceu a Coroa de Castela.
05
Cabo FISTERRA 2
1.3. O reino de Portugal
• Portugal formou parte do reino de Castela e León ata comezos do século XII, cando por herdanza pasou a ser un condado, aínda que dependente deste reino.
• A independencia de Portugal produciuse en 1128, ao proclamarse rei o conde Afonso Enríquez.
• A partir deste momento, o reino quedou definitivamente desvinculado do de León e seguiu o seu avance cara ao Sur de forma independente.
05
Cabo FISTERRA 2
1.4. O reino de Pamplona
• No ano 1134, á morte do rei Afonso I de Aragón, os pamploneses separáronse de Aragón e volveron a organizar o reino de Pamplona como Estado independente.
• Logo da separación, as fronteiras de Pamplona quedaron fixadas e o reino quedou sen posibilidade de expansión, ao non ter fronteira cos territorios musulmáns.
• Na segunda metade do século XII, o rei Sancho VI o Sabio cambiou o nome do reino de Pamplona polo de reino de Navarra.
05
Cabo FISTERRA 2
1.5. A formación da Coroa de Aragón
• No ano 1137, a voda entre Petronila, filla do rei aragonés, e o conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV, consumou a unión de ambos os dous territorios.
• O seu fillo, Afonso II de Aragón, foi o primeiro rei da Coroa de Aragón, o Estado xurdido da unión do reino de Aragón e do condado de Barcelona.
05
Cabo FISTERRA 2
A península no século XIII
Cabo FISTERRA 2
1.- A CONSOLIDACÓN DOS REINOS HISPÁNICOS Esquema con preguntas
• 1.1 Concepción patrimonial dos reinos
• - Como se consideraban os reis?
• - Como consideraban o reino?
• - Que era o normal que pasase cos reinos?
• 1.2 A Coroa de Castela
• - Cando se fai a 1ª unificación Castela-León
• - A finais do XI en que se converte?
• - Que acontece en 1230?
• - Que nace desta unión?
• 1.3 Reino de Portugal
• - A quen pertenece ata o século XII?
• - Cando se independiza?
• - Cara onde avanza?
•
Cabo FISTERRA 2
1.- A CONSOLIDACÓN DOS REINOS HISPÁNICOS esquema
• - Creianse elexidos por DEUS
CONCEPCIÓN PATRIMONIAL - O reino é patrimonio do REI que facía o que quería
DOS REINOS - O normal era dividir (entre fillos) ou unir
(matrimonios)
- 1038 : a 1ª unificación CASTELA-LEÓN
COROA DE - Finais do XI é o estado máis extenso
CASTELA - Reunificación definitiva en 1230
- Nace así a COROA DE CASTELA
- Ata o XII é parte do Reino de Castela
REINO DE - Consegue a Independencia no 1128
PORTUGAL - O avance será cara o SUR
Cabo FISTERRA 2
• 1.4 Reino de Pamplona
• - A quen estivo unido ata o XI?
• - Que acontece en 1134?
• - Que pasou coas suas fronteiras?
• - Como se chamará?
• 1.5 A Coroa de Aragón
• - Que matrimonio nos interesa?
• - Que supón ese casamento?
• - Quen é Afonso II?
Cabo FISTERRA 2
1.- esquema
• • - 1134 consegue a separación de Aragón
• REINO DE - Con fronteiras fixas: sen posibilidade
PAMPLONA de expansión
• - Cambio de nome: Reino de NAVARRA
• - PETRONILA BERENGUER IV• COROA DE - Unión dos dous territorios• ARAGÓN - Alfonso II de Aragón:1º rei da coroa de
• Aragón
•
Cabo FISTERRA 2
INTERNET
• http://www.maderuelo.com/historia_y_arte/historia/g_media_siglo11_5_alfonso6.html
• www.historiasiglo20.org
Cabo FISTERRA 2
2. A grande expansión do século XIII
2.1. Os almohades e as Navas de Tolosa
2.2. O avance cara ao Sur
• A fronteira entre os reinos cristiáns e Al-Andalus (mapa)
2.3. A repoboación
05
Cabo FISTERRA 2
2.1. Os almohades e as Navas de Tolosa
• Na segunda metade do século XII, os reinos cristiáns enfrontáronse aos almohades.
• Durante moitos anos, o reino de Castela e León enfrontouse aos almohades polo control das terras situadas entre o río Texo e Serra Morena.
• A vitoria definitiva tivo lugar na batalla das Navas de Tolosa (1212), na que loitaron conxuntamente os reis de Castela, Navarra e Aragón.
05
Cabo FISTERRA 2
A GRANDE EXPANSIÓN DO SÉCULO XIII esquema con preguntas
• 2.1 OS ALMOHADES E AS NAVAS DE TOLOSA
• a) A que fan fronte os reinos cristiáns na 2ª ½ XIII?• b) Por que foi moi rápida a conquista?• c) Que extensión de territorio se ocupou? En que• periodo de tempo se realizou?• d) Cando e donde foi a derrota dos almohades?• e) Para ocupar o mesmo espazo antes da Navas
canto tardaron os cristiáns?• f) Por que causa quedou inactiva a reconquista nos • séculos XIV XV?
Cabo FISTERRA 2
2.2. O avance cara ao Sur• 1.- Que victoria marca o avance definitivo dos cristiáns?
Logo da vitoria sobre os almohades, os reis cristiáns emprenderon o avance cara ao Sur:
• 2.- Como queda Portugal? O reino de Portugal rematou a conquista do seu actual territorio.
• 3.- Que ocupa León e Catela –León? O reino de León ocupou as actuais terras estremeñas . Despois da unión con Castela, conquistou o val do Guadalquivir e chegou a Cádiz e Murcia.
• 4.- Que ocupa Aragón? O rei de Aragón, ocupou Valencia e chegou ata Murcia, apoderándose tamén das illas Baleares .
05
MAPA
esquema
Cabo FISTERRA 2
A fronteira entre os reinos cristiáns e Al-Andalus05
Cabo FISTERRA 2
Esquema 2.2. O avance cara ao sur
Cabo FISTERRA 2
2.3. A repoboación
• Nos séculos XII e XIII ocupáronse territorios densamente poboados, con importantes cidades e cunha grande actividade económica.
• Reparto en forma de grandes latifundios
• Nas terras ocupadas por Castela, a maioría de musulmáns fuxiu ou foi expulsada cara a Granada e o Norte de África.
• Nas zonas ocupadas polo rei de Aragón, a maioría de musulmáns permaneceron nos devanditos territorios (mudéxares) e puideron conservar a súa relixión e as súas leis.
• Os repoboadores que ocuparon as Baleares foron preferentemente cataláns.
05
esq
Cabo FISTERRA 2
Esquema 2.3. A Repoboación
• ¿Como son as terras ocupadas nestes séculos?• XII_XIII.- Ocúpanse terras con moita poboación e
gran actividade económica (grandes latifundios)• ¿Qué acontece cos musulmáns de Castela?• Os musulmáns de Castela fuxen ou son expulsados• ¿Qué acontece cos musulmáns de Aragón?• En Aragón os musulmáns quedan e conservan
costumes (mudéxares)• ¿Quen fai a repoboación das Baleares?• As Baleares son repoboadas por cataláns
Cabo FISTERRA 2
3. As institucións de goberno
3.1. A monarquía
3.2. As Cortes
3.3. Os municipios
05
Cabo FISTERRA 2
3.1. A monarquía
• En Castela, a monarquía gozaba de poderes máis extensos ca noutros reinos hispánicos. Pero a partir do século XIII, os nobres casteláns enfrontáronse á autoridade do monarca.
• Na Coroa de Aragón, o monarca seguía unha tradición pactista, segundo a cal a autoridade real se fundamentaba no consentimento dos gobernados.
• Así, o rei debía comprometerse a respectar as institucións, leis e costumes dos tres Estados asociados.
05
Cabo FISTERRA 2
3.2. As Cortes
• No reino de Castela, as Cortes foron un órgano con funcións consultivas, que nunca tivo capacidade para lexislar.
• En Navarra e na Coroa de Aragón a monarquía debía contar coas Cortes para gobernar (pactismo).
• O rei non podía establecer novos impostos nin novas leis sen a súa aprobación, e debía ter en conta as súas peticións e protestas.
05
Cabo FISTERRA 2
3.3. Os municipios
• Os municipios gozaban dunha certa autonomía e de xurisdición propia.
• En Castela, os concellos abertos a toda a poboación substituíronse por unha representación destes: os Capítulos (cabidos), que acabaron dominados pola nobreza.
• Na Coroa de Aragón, o desenvolvemento comercial e artesán deulle un maior poder á burguesía.¿Quen tiña o poder?
05
Cabo FISTERRA 2
4. A Coroa de Castela: economía e sociedade
4.1. O predominio da gandaría
4.2. As rutas da la
4.3. O poder da nobreza
05
Cabo FISTERRA 2
4.1. O predominio da gandaría
• A maioría das terras castelás dedicábanse ao cultivo de cereais e de produtos para a exportación. ¿ POR QUE?
• Pero a base da economía era a gandaría ovina, que producía abundante la de gran calidade, destinada á exportación.
• ¿POR QUE A OVELLA?
• Esta gandaría pertencía maioritariamente á nobreza castelá que, para defender os seus intereses, fundou o “Honrado Concejo de la Mesta” (1237).
05
Cabo FISTERRA 2
4.1 Preguntas-Esquema da gandería
1.- A que se adican as terras castelás?
2.- Cal é a base da economía?
3.- Que produce e a que se adica?
4.- A quen pertenecen os rebanos?
5.- Que é o Honrado Concejo de la Mesta?
Cabo FISTERRA 2
4.2. As rutas da la
• A meirande parte da la producida en Castela exportábase ás cidades téxtiles dos Países Baixos, onde se fiaba, se tecía e se confeccionaba.
• O comercio da la concentrábase en Burgos, e desde alí transportábase aos portos do mar Cantábrico para dirixirse cara a Flandres por vía marítima.
• A mellor feira da época era: MEDINA DEL CAMPO
• Os mariñeiros vascos e cántabros eran os encargados de realizar o transporte da la, que partía dos portos cántabros e vascos.
• No século XIII fundouse a Irmandade da Mariña de Castela para defenderse da competencia dos mariñeiros ingleses e franceses.
05
Cabo FISTERRA 2
Preguntas –esquema das rutas da la
• 1.- A onde se exporta a la?
• 2.- Cidade que concentra o comercio en Castela?
• 3.- Dende que portos exportamos?
• 4.- Cal é a mellor feira de Castela?
• 5.- Nomes de portos vascos e castelás?
• 6.- Que era a Irmandade da Mariña de Castela?
Cabo FISTERRA 2
4.3. O poder da nobreza
• O avance da Reconquista implicou que os reis lles concedesen enormes extensións de terra aos nobres, coas que crearon grandes señoríos.
• Grandes señoríos = LATIFUNDIOS
• As grandes familias nobres tiveron un papel moi destacado no goberno e moitas veces lograron impoñerse ao poder do rei.
• En Castela non se desenvolveu unha burguesía que se enriquecese coa manufactura e o comercio e cuxa influencia fose un contrapeso ao poder da nobreza.
05
Cabo FISTERRA 2
4.3 Preguntas-esquema do poder da nobreza
• 1.- Que provoca a rapidez da reconquista?
• 2.- Por que son tan poderosos a Nobreza e o Clero?
• 3.- Tanta riqueza e tanto poder que provoca as veces?
• 4.- Por que non se creou unha industria téxtil en Castela?
• 5.- Polo tanto en Castela no aparece que clase social?
Cabo FISTERRA 2
5. A Coroa de Aragón: economía e sociedade
5.1. Unha economía diversificada
5.2. As rutas comerciais polo Mediterráneo
• A expansión da Coroa de Aragón (mapa)
5.3. As conquistas militares
5.4. O impulso da burguesía
05
Cabo FISTERRA 2
5.1. Unha economía diversificada
• A economía da Coroa de Aragón baseábase na agricultura e na gandaría.
• Nas terras aragonesas tiña un importante papel a gandaría ovina, e nas ricas hortas valencianas a agricultura de regadío era moi próspera.
• En moitas cidades desenvolvéronse actividades artesanais e manufactureiras estimuladas polo comercio marítimo.
05
Cabo FISTERRA 2
5.2. As rutas comerciais polo Mediterráneo
• Desde o século XIII ao XV, a Coroa de Aragón desenvolveu un comercio florecente no mar Mediterráneo e, en menor escala, con Flandres.
• As rutas máis frecuentadas dirixíanse cara a Sardeña e Sicilia, para alcanzar o mar Exeo, o Imperio bizantino e o Norte de África.
• Os barcos saían cargados con tecidos, aceite e instrumentos ou armas de ferro.
• Para defender os intereses dos comerciantes da Coroa de Aragón, nos portos principais do Mediterráneo creáronse os Consulados de Mar.
05
MAPA
Cabo FISTERRA 2
A expansión da Coroa de Aragón05
Cabo FISTERRA 2
5.3. As conquistas militares
• O crecemento de Aragón provoca envexa! O importante desenvolvemento comercial da Coroa de Aragón empurrou os monarcas a protexelo mediante unha política de conquistas militares.
• Primeiras conquistas? Estas conquistas iniciáronse a finais do século XIII, cando se ocupou Sicilia, e a comezos do século XIV, cando se ocupou Sardeña.
• Os almogávares, unha expedición de mercenarios, controlou Atenas e Neopatria ata finais do século XIV.
• No século XV, o rei Afonso o Magnánimo conquistou Nápoles e incorporou os seus territorios á Coroa.
05
Cabo FISTERRA 2
5.4. O impulso da burguesía
• A nobreza e mais o clero eran os grandes propietarios de terras e vivían das rendas que lles proporcionaba o traballo dos campesiños.
• Así e todo, na Coroa de Aragón, a prosperidade comercial favoreceu o desenvolvemento dunha vigorosa burguesía que acumulou riqueza e poder.
• Esta burguesía apoiou a expansión mediterránea levada a cabo polos monarcas, facilitándolles recursos monetarios, naves e avituallamento.
05
Cabo FISTERRA 2
6. Os conflitos sociais e políticos na Baixa Idade Media
6.1. A crise económica e social durante a Baixa Idade Media
6.2. Os enfrontamentos nobiliarios na Coroa de Castela
6.3. Os conflitos sociais na Coroa de Aragón
05
Cabo FISTERRA 2
6.1. A crise económica e social durante a Baixa Idade Media
• A chegada da Peste Negra no século XIV inaugurou unha etapa de crise económica e social.
• O descenso da poboación tivo efectos importantes na agricultura. Os nobres viron diminuír as súas rendas señoriais e reaccionaron en dúas direccións:
• Engrandeceron os seus dominios mediante novas concesións reais que conseguían ao lles facer presión aos reis.
• Endureceron as condicións dos campesiños e impuxeron novos impostos. Ante esta situación, producíronse revoltas de campesiños.
05
Cabo FISTERRA 2
6.2. Os enfrontamentos nobiliarios na Coroa de Castela
• Ante a situación de crise social e económica, os nobres casteláns quixeron impoñerlles a súa vontade aos monarcas.
• O rei Pedro I de Castela quixo dominar os nobres e facerse obedecer. Apoiouse na burguesía urbana.
• A alta nobreza e a Igrexa opuxéronse ao monarca e apoiaron como rei o seu irmán bastardo Henrique de Trastámara.
• Logo de anos de guerra civil, o bando nobiliario venceu e proclamou rei a Henrique II. Con este monarca iniciouse a dinastía Trastámara.
05
Cabo FISTERRA 2
6.3. Os conflitos sociais na Coroa de Aragón
• A dinastía Trastámara introduciuse na Coroa de Aragón na persoa de Fernando de Antequera (1412).
• A Fernando I sucedérono os seus fillos Afonso V e Xoán II. A mediados do século XV, na Coroa de Aragón, Cataluña viuse sacudida pola crise económica e polas loitas políticas.
• Estalou unha guerra civil (1462-1472) entre a oligarquía catalá, que desexaba manter os seus privilexios, e o monarca Xoán II, que tiña o apoio dos remensas e da Busca.
• O bando real conseguiu impoñerse aínda que sen solucionar os problemas do conflito.
05
Cabo FISTERRA 2
7. O Gótico na Península Ibérica
7.1. A arquitectura
7.2. A escultura
7.3. A pintura
05
Cabo FISTERRA 2
7.1. A arquitectura
• Na Península Ibérica recóllense dous modelos arquitectónicos distintos: o gótico setentrional ou francés e o gótico meridional ou cisterciense.
• O modelo setentrional ou francés atópase nos reinos de Navarra, Castela e León, e as catedrais de León, Burgos e Toledo son exemplos salientables.
• O gótico meridional aparece na Coroa de Aragón con obras como Santa María do Mar, en Barcelona, ou a catedral de Mallorca.
05
Cabo FISTERRA 2
7.2. A escultura
• A escultura gótica hispánica tivo un gran desenvolvemento.
• Nos séculos XIV e XV acentuouse o sentido decorativo, como se ve no sepulcro de Don Afonso de Gil de Siloé.
• Na Coroa de Aragón salientaron Aloi de Montbrai e Guillem de Sagarra e Pere Joan.
05
Cabo FISTERRA 2
7.3. A pintura
• Durante o século XIII, a pintura gótica estivo dominada en Castela e León pola arte da miniatura.
• A partir do século XIV, a Coroa de Aragón converteuse nun gran centro de pintura, recibindo primeiro as influencias da pintura italiana, e no século XV, da pintura flamenga.
05
Cabo FISTERRA 2
VIDEO DA RECONQUISTA
• CUESTIONARIO DO VIDEO DA RECONQUISTA
• 1.- ¿Qué acontece no ano 711?
• 2.- ¿En que nos convertimos?
• 3.-¿Cantos séculos existirá Al-Andalus?
• 4.- ¿Canto dura a reconquista?
• 5.- ¿Cal é o punto de partida da Reconquista?
• 6.-¿En que se convirte Al-Andalus no século X?
• 7.- León pasa a ser……….
• 8.- ¿Qué acontece na época de Almanzor?
• 9.-¿Qué pasa no século XI en Al-Andalus?
• 10.-¿A quen pide axuda Al-Andalus no 1086?
• 11.-¿Quen acaba sustituindo aos Almorábides?
• 12.-¿Cal é a batalla máis coñecida contra os almohades?
• 13.-¿Quen perdeu na batalla de Alarcos?
• 14.-Consecuencias da derrota
• 15.-¿A quen pide axuda Alfonso VIII?
• 16.-¿Quen gaña a batalla das Navas de Tolosa e en que ano?
• 17.-¿Cando conquista Portugal o Algarve?
• 18.-¿cal é o derradeiro reducto musulmán?
• 19.-¿Qué propiciou o asalto definitivo sobre Granada?
• 20.-¿Cando empeza o asedio?
• 21.-¿Cando se rinde Granada?
• 22.-¿Quen foi o derradeiro rei musulmán?
• 23¿Cal foi a primeira medida relixiosa dos RRCC (Fernando e Isabel)?
•
Cabo FISTERRA 2
5.1 Esquema: unha economía diversificada
• AGRICULTURA
• Economía de Aragón
• GANDARÍA
•
• OVELLA
• Ten moita importancia
• HORTAS VALENCIÁS
•
• ARTESANÍA
• Nas cidades destacan
• MANUFACTURAS
Cabo FISTERRA 2
5.2 Esquema de: As Rutas Comerciais
• MEDITERRÁNEO
• Comercio do XIII ao XIV
• FLANDRES
• SARDEÑA e SICILIA
• Mellores rutas por EXEO
• I. BIZANTINO
• NORTE DE ÁFRICA
• TECIDOS
• Cargaban entre outras ACEITE
• ARMAS
• Para defender os intereses comerciais: Consulado do Mar
•
•
•
Cabo FISTERRA 2
5.3.Esquema de : As conquistas militares
• É necesario protexer o comercio con conquistas militares.
• SICILIA
• XIII-XIV• SARDEÑA
Conquistas XIV ALMOGÁVARES:Atenas
• XV NÁPOLES
Cabo FISTERRA 2
5.4. Esquema de : O impulso da Burguesía
• NOBREZA: RENDAS
• Grandes propietarios
• CLERO: RENDAS
• RIQUEZA
• Clase social importante: BURGUESÍA
• PODER
• CARTOS
• A burguesía apoia a expansión con NAVES
• PROVISIÓNS
Cabo FISTERRA 2
A MONARQUÍA
Cabo FISTERRA 2
AS CORTES
Cabo FISTERRA 2
OS MUNICIPIOS
Cabo FISTERRA 2
Crise económica e social na Baixa Idade Media
Cabo FISTERRA 2
Enfrontamentos nobiliarios en Castela
Cabo FISTERRA 2
6.3 Os conflictos sociais na Coroa de Aragón
Cabo FISTERRA 2
ACTIVIDADES página 174 guia
• 1.- Di se son verdadeiras (V) ou falsas (F) estas afirmacións:
• A Reconquista debilitou o poder dos nobres• En Castela non se formou unha burguesía con poder
político• Na Coroa de Aragón desenvolveuse unha burguesía
rica e con poder• Os nobres trataron mellor aos campesiños e por ese
motivo non houbo revoltas• Tanto o reino de Castela como a Coroa de Aragón
expandíronse militarmente• A Peste Negra permitiulles aos campesiños
sobreviventes melloraren as súas condicións de vida