tema 6. 3º eso

42
A Poboación do mundo e as formas de poboamento

Upload: dudashistoria

Post on 31-Jul-2015

1.174 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 6. 3º Eso

A Poboación do mundo e as formas de poboamento

Page 2: Tema 6. 3º Eso

A DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN MUNDIAL http://www.kalipedia.com/geografia-general/tema/geografia-poblacion/distribucion-poblacion-mundial.html?x=20070417klpgeogra_57.Keshttp://www.elmundo.es/noticias/2000/graficos/julio/semana2/pobla.ht

ml

Page 3: Tema 6. 3º Eso

Unha repartición moi desigual

A distribución da poboación mundial non é equitativa, se non que é totalmente desigual. Mentres que as áreas máis poboadas contan co 60% da poboación mundial, nun escaso 10% de territorio, existen grandes baleiros demográficos que recollen nun 25% de terreo só un 2% da poboación mundial.

Page 4: Tema 6. 3º Eso

Focos de Concentración:

Asia Oriental.Asia Meridional.Europa Central e Occidental.Nordés de EEUU.

Densidades de poboación moi baixa:

Siberia.Norte de Canadá.Desierto do Sáhara y de Australia.Cunca do Amazonas

Page 5: Tema 6. 3º Eso

Factores que explican a distribución da poboación mundial

A maior parte destes factores dependen, ao longo da historia, de factores físicos e humanos:

O clima: existen climas máis e menos favorables para a vida do ser humano:

• Os menos favorables son os máis extremos, os que son extremadamente fríos ou moi secos. (ex.: territorios situados en altas latitudes ou desertos)

• Os máis favorables son os climas temperados.

Desierto do Sáhara

Mapa con los climas templados del mundo:En azul oscuro - Clima templado marítimo,En granate - Clima templado mediterráneo,En morado - Clima templado continental

Page 6: Tema 6. 3º Eso

O relevo:• As montañas

constitúen un medio puco habitable porque:

– A medida que aumenta a altitude, disminúen as temperaturas.

– As súas fortes pendentes dificultan a agricultura, as comunicacións e todo tipo de actividade económica.

• As chairas costeiras contan cunha maior densidade de poboación.

Page 7: Tema 6. 3º Eso

Os solos e os recursos minerais:Existen zonas da terra especialmente fértiles, para desenvolver unha agricultura intensiva. Neste senso, tamén a presenza de recursos minerais axuda a que en determinados lugares exista unha maior concentración de poboación.

A organización económica e social ao longo da historia:

En tempos remotos da nosa historia:• Os territorios poboados por persoas dedicadas á caza e á

recolección de froitos, contaban con densidades de poboación moi baixas.

• Polo contrario, os territorios que comezaron a desenvolver a agricultura acadaron unha densidade de poboación maior.

Actualmente a densidade poboacional pode chegar a ser moi alta:• Nos lugares onde se desenvolve unha agricultura intensiva

(Asia Monzónica).• Nos países desenvolvidos, cunha economía baseada na

industria e os servizos (sectores II e III). (EEUU, Europa, Xapón)

Page 8: Tema 6. 3º Eso

¿Cómo se mide a densidade de poboación dun territorio?

Se consegue mediante a división ente o número de habitantes dese territorio e a súa superficie.Exprésase en “habitantes por km²”.

Poboación Densidade=

Superficie (km²)Actividades: 4 e 5

Page 9: Tema 6. 3º Eso

Movementos migratorios e crecemento da poboación mundial

Page 10: Tema 6. 3º Eso

Taxa de Natalidade¿Qué é? É o número de nacementos en relación coa poboación total dun territorio nun ano.¿Cómo se expresa? En tantos por mil (%0).¿Para qué se utiliza? Para facer comparacións entre países e rexións. Deste modo obsérvase que a medida que aumenta o nivel de desenvolvemento dun territorio, éste tende a diminuor a súa taxa de natalidade.Natalidade por países:

Nos países desenvolvidos adoitan ter unha taxa baixa, que reduciuse ao longo de século XX.Nos países menos desenvolvidos a reducción da tasa de natalidade é máis moderada.

Page 11: Tema 6. 3º Eso

Taxa de mortalidade¿Qué é? É o número de defuncións en relación coa poboación total dun territorio nun ano. ¿Cómo se expresa? En tantos por mil (%0).A taxa de mortalidade está influída polo nivel de desenvolvemento e envellecemento da poboación:

Maior nivel de desenvolvemento: mellor alimentación e maiores progresos na hixiene e a sanidade: menor índice de mortalidade.Maior grao de envellecemento: se observa sobre todo nos países máis desenvolvidos, que adoitan presentar:

• Poucos nacementos.• Alta esperanza de vida.• Menos poboación novo a máis poboación en idade avanzada, o que cabe suponer un

incremento do índice de mortalidade.

Page 12: Tema 6. 3º Eso

¿Qué é a Esperanza de Vida?É a media do número de anos que viven os habitantes dunha poboación nun momento determinado.

Page 13: Tema 6. 3º Eso

Un crecemento desigualAntes da Primeira Revolución Industrial (fináis do século XVIII-principios do Século XIX):

A poboación medraba de forma lenta, posto que as súas taxas de natalidade e mortalidade eran elevadas.

Durante a Primeira Revolución Industrial:Nos países desenvolvidos a taxa de natalidade aumentou e a de mortalidade reduciuse.

Durante o século XX:Nos países desenvolvidos:

• A taxa de natalidade foi pouco a pouco descendendo, até aproximarse á de mortandade.

• O crecemento demográfico disminuíu.Nos países menos desenvolvidos:

• A taxa de natalidade se mantén alta.• A taxa de mortalidade descendeu.• O crecemento demográfico mundial débese sobre todo ao incremento

rexistrado nestes países.

Actividades 6 e 7.

Page 14: Tema 6. 3º Eso

O crecemento natural ou vexetativo da poboación mundial

¿Qué é? É a diferencia entre o número de nacementos e de defuncións dun territorio.¿Cómo se calcula? Mediante a diferencia entre a taxa de natalidade e a taxa de mortalidade dun territorio.¿Cómo se expresa? En tantos por mil (%0).Crecemento natural/vexetativo por países:

Países subdesenvolvidos: crecemento natural positivo (a súa taxa de natalidade é maior que a taxa de mortalidade).Países desenvolvidos: crecemento natural neutro ou negativo (a súa taxa de natalidade é igual o incluso menor -no caso de Europa- que a taxa de mortalidade).

Page 15: Tema 6. 3º Eso

Os movementos migratorios

Page 16: Tema 6. 3º Eso

Tipos de migraciónsSegundo a súa duración:

Migracións temporáis: cando a estancia noutro lugar é por un certo período de tempo.Migracións definitivas: cando a estancia se prolonga ata facerse definitiva.

Segundo o territorio de destino:Migracións interiores: dentro do propio país. (ex: as migraciones de andaluces a Cataluña)Migracións internacionais: dun país a outro. (ex: as migracións de galegos a América a comezos do século XX).

Segundo a voluntariedade de decisión de emigrar:

Migracións libres: por vontade do emigrante. (ex: as migracións de xubilados dos países nórdicos para residir nas costas españolas).Migracións forzadas: o emigrante atópase na obriga de abandonar o seu lugar de residencia. (ex: os refuxiados polos guerras procedentes de países africanos).

Page 17: Tema 6. 3º Eso

As migracións e o saldo migratorioEmigrante: persoa que se traslada do seu país a outro, case sempre coa fin de traballar.Inmigrante: persoa que chega dun país distinto ao propio para establecerse nel.Saldo migratorio: é a diferenza entre o número de habitantes que acode a vivir a un país ou rexión e os que a abandonan.

Cando os inmigrantes superan aos emigrantes o saldo migratorio é positivo.Cando os emigrantes superan aos inmigrantes o saldo migratorio é negativo.

Nos países desenvolvidos o Saldo Migratorio soe ser positivo, mentres que nos menos desenvolvidos é negativo.Importancia dos inmigrantes:

Constitúen un importante factor de desenvolvemento para os países receptores porque a maioría das persoas que inmigran adoitan ser xente nova disposta a traballar duro para mellorar as súas condicións de vida, deste modo aumentan a riqueza dos países receptores.

Page 18: Tema 6. 3º Eso

As grandes migracións na Historia Moderna e Contemporánea

As migracións dos Europeos a ultramar:

Dende o descubrimento de América se ofreceu unha opoortunidade de emigrar a moitos europeos, para tratar de acadar unha vida mellor, oportunidade que se desenvolvería de maneira máis intensa entre o 1800 e o 1930.

Page 19: Tema 6. 3º Eso

As migracións forzadas dos esclavos africanos a América:

Durante a época colonial, moitos africanos foron trasladados a América para traballar como esclavos.Os seus descendentes foron especialmente numerosos en Brasil, USA e os países do Caribe.

Page 20: Tema 6. 3º Eso

As migracións chinesas:

No século XIX un gran número de chineses desprazouse ao Oeste de Estados Unidos.Outros emigraron cara países do sueste asiático, como Malasia, Tailandia ou Filipinas.

Page 21: Tema 6. 3º Eso

As migracións na actualidadeMigracións a países desenvolvidos:

Son as máis frecuentes e reciben inmigrantes procedentes –a maior parte das ocasións- de países subdesenvolvidos.Estados Unidos é receptor de inmigrantes latinoamericanos e asiáticos.A Unión Europea recibe inmigrantes de Europa Oriental, África, Latinoamérica e Asia.España pasou a ser un país de emigrantes (nos anos sesenta e setenta do século XX) a ser un país de inmigración (de persoas procedentes de Latinoamérica, Norte de África e Europa do Leste).

Migracións dentro de países subdesenvolvidos:Movementos dirixidos a países que contan con recursos petrolíferos (Golfo Pérsico) ou zonas con alto grao de industrialización (sueste asiático).As guerras e as catástrofes naturais provocan intensas migracións forzadas. (Etiopía, Ruanda, Sudán).Desprazamento da poboación destes países dende zonas rurais a zonas urbanas. Moitas cidades non teñen unha economía capaz de crear suficientes empregos, polo que boa parte dos inmigrantes se concentran en barrios periféricos, en situación de pobreza e con condicións precarias de salubridade e hixiene.

Page 22: Tema 6. 3º Eso
Page 23: Tema 6. 3º Eso

A repartición por sexo segundo os grupos de idade

O número de nenos nacidos nun ano supera ao número de nenas. A esperanza de vida dos homes é inferior á das mulleres.Estes dous factores explican que entre a poboación nova sexan algo máis numerosos os homes, pero dentro da idade avanzada o sexan as mulleres.Os movementos migratorios tamén inflúen na repartición da poboación.

Page 24: Tema 6. 3º Eso

Países novos e avellentados: problemas opostos

Países subdesenvolvidos: Enfróntase ao reto de alimentar e educar unha proporción moi elevada de nenos e mozos. Moitos destes rapaces traballan durante longas xornadas por un salario moi baixo, o que lles impide ir a escola e prepararse para o futuro.

Países desenvolvidos:O problema é o oposto: o avellentamento da poboación supón un crecente aumento dos gastos sociais (pensións, gastos sanitarios, centros da terceira idade, etc.), que en moitos casos son moi difíciles de soster.A chegada de xoves inmigrantes contribúe a mellorar esta situación.

Páxinas web de interés: http://www.hoy.com.ec/noticias-ecuador/paises-jovenes-y-paises-viejos-270604-270604.html

Page 25: Tema 6. 3º Eso

As pirámides de poboaciónAs pirámides de poboación representan a estrutura da poboación por idade e sexo.¿Cómo funciona?

Nas pirámides a poboación distribúese en tramos de cinco en cinco anos, e os máis novos están na base da pirámide e os maiores na parte máis alta.NO eixe horizontal represéntase a porcentaxe de poboación que pertence a cada tramo de idade:

• Os homes represéntanse á esquerda• As mulleres á dereita.

Polo perfil da pirámide de idade podemos saber como é a poboación que pretendemos estudar:

A poboación nova forma pirámides de base oi ancha e con perfil triangular. Este tipo de pirámide é moi característica dos países do Terceiro Mundo, onde a taxa de natalidade é moi alta.A poboació avellentada dá lugar a pirámides de base moi estreita, que adopta unha forma rectangular ou incluso oval. Este tipo de pirámide é o que atopamos na maioría dos países desenvolvidos.

Page 26: Tema 6. 3º Eso

Os sistemas de poboamento: urbano e rural

Page 27: Tema 6. 3º Eso

Diferenzas entre poboamento urbano e rural

Poboamento rural: asentamentos rurais ou aldeas.Poboamento urbano: asentamentos urbanos ou cidades.Diferenzas:

Tamaño: as cidades teñen un maior número de habitantes que os nucleos rurais.Densidade de poboación: a poboación das cidades encóntrase máis concentrada no espazo.Fisionomía: as cidades teñen un aspecto distinto: rúas máis anchas, edificios máis altos, máis tráfico, etc.Actividades económicas:

• Cidades: a súa poboación adoita traballar nos sectores secundario e terciario (industria e servizos).

• Núcleos rurais: existe unha porcentaxe moi alta de traballadores do sector primario (agricultura, gandaría ou pesca).

Forma de vida e características sociolóxicas: na cidade existe un maior número de actividades e ritmo de vida é máis acelerado.

Page 28: Tema 6. 3º Eso

ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Actividade principal: Primaria

POBOAMENTO RURAL POBOAMENTO URBANO

Actividades principais: Terciaria e Secundaria

Page 29: Tema 6. 3º Eso

CARACTERÍSTICAS SOCIOLÓXICAS

Sociedade máis homoxéneaRelacións interpersonais máis estreitas

POBOAMENTO RURAL POBOAMENTO URBANO

Sociedade máis heteroxéneaSociedades máis individualistas

Page 30: Tema 6. 3º Eso

Importancia do mundo rural dentro do mundo urbano

Suministra alimentos, materias primas e certos produtos industriais ás cidade: Ademáis dos produtos agrícolas e as materias primas do rural que se exportan ás cidades, no mundo rural existen industrias de baixa intensidade tecnolóxica, como o textil, a fabricación de mobles ou o calzado, que teñen nas cidades o seu principal mercado.Constitúe un área de recreo para os habitantes das cidades: éste acoden nas fins de semana ou as vacacións para realizar turismo ou simplemente descansar.O rural achega poboación da cidade: é dicir, a rapidez coa que creceron a maioría das cidades que coñecemos ven dada polo éxodo rural, é dicir, as intensas migracións da xente do campo á cidade..

Page 31: Tema 6. 3º Eso

Importancia do mundo urbano dentro do mundo rural

Vende produtos especializados ao espazo rural: A cidade adoita contar cun maior número de comercios cunha oferta de productos maior e máis variada, mentres que no rural os artigos que se venden adoitan ser os máis básicos.Os habitantes do rural se desprazan, polo tanto, ás cidades para acadar os bens máis especializados (novas tecnoloxías, por exemplo).

Ofrece servizos especializados ao rural:Fronte os servizos básicos do rural, a cidade adoita ofrecer unha maior e máis especializada oferta, como por exemplo, no campo da mediciña o as universidades, debido a que na cidade a concentración de habitantes é maior. Por este motivo, os habitantes do rural tamén teñen que desprazarse para conseguir estes servizos.

Nos últimos anos é a poboación da cidade a que envia habitantes ao rural: é moi habitual na actualidade que unha parte da poboación abandone os núcleos urbanos para ir vivir aos municipios do seu contorno. Isto provocou que eses municipios fosen perdendo o seu carácter rural, debido ao seu crecente aumento demográfico e que isto servise para converter a cidade nunha grande cidade.

Page 32: Tema 6. 3º Eso

Explica, neste cadro, os motivos polos que ti crees que nas últimas décadas se está producindo a tendencia da volta ao mundo rural:

ECONÓMICAS

MEDIOAMBIENTAIS

ÉTICAS

SOCIAIS

Page 33: Tema 6. 3º Eso

Os sistemas de poboamento: formas e transformación ruraisVisita: http://poblamientorural.blogspot.com/Fonte das imaxes: prof. Isaac Buzo Sánchez.

Page 34: Tema 6. 3º Eso

Formas de poblamiento ruralSegún a distribución das casas dos habitantes dos espazos rurais:

Poboamento disperso: trátase de núcleos de poboación moi pequenos repartidos por todo o territorio, formados por vivendas illadas. Ex: no Norte de España.Poboamento concentrado: trátase de núcleos de poboación maiores en tamaño, situados a unha maior distancia os uns dos outros. Ex: poboamentos da Mancha.Poboamento intercalar:

• É un tipo de poboamento mixto entre poboamento concentrado e disperso.

• Son núcleos de poboación de tamaño grande repartidos por todo o territorio. Ex: na horta de Murcia.

Page 35: Tema 6. 3º Eso

DISPERSO INTERCALAR

CONCENTRADO

Page 36: Tema 6. 3º Eso

Prof. ISAAC BUZO SÁNCHEZ

POBOAMENTO RURAL DISPERSO

Page 37: Tema 6. 3º Eso

POBOAMENTO RURAL INTERCALAR

Page 38: Tema 6. 3º Eso

POBOAMENTO RURAL CONCENTRADO

Page 39: Tema 6. 3º Eso

Segundo o acceso da poboación aos servizos:

Nalgúns casos a poboación ten que se desprazar a outros municipios para recibir servizos de tipo educativo ou sanitario, como ocorrre coas rutas de transporte escolar, que a dario recollen a os alumnos en localidades moi pequeñas para achegalos á escola, situada nunha vila maior.Noutros casos, son os profesionais os que se achegan aos pequenos núcleos para atender á súa poboación, como ocorre nos casos dos médicos rurais.

Page 40: Tema 6. 3º Eso

Factores que inflúen no tipo de poboamento

A auga: nas rexións secas a poboación concéntrase nos poucos lugares onde hai auga (xunto aos ríos). Pola contra, nas rexións húmidas, a poboación rural adoita ser dispersa.As necesidades defensivas: en tempo de guerra, as poboacións adoitaban conentrarse en núcleos ubicados en emprazamentos defensivos, protexidos por murallas. Moitos deses lugares se mantiveron co paso do tempo, ainda que as necesidade de defensa desaparecesen.

Page 41: Tema 6. 3º Eso

Transformacións recentes nos núcleos rurais

Factores que favoreceron os cambios (negativos ou positivos) nos núcleos rurais:

O éxodo rural: isto é, a intensa migración dos habitantes do campo ás cidades, o que supuxo o abandono de moitas aldeas ou o avellentamento xeralizado da súa poboación.A proximidade ás cidades:

• Moitos habitantes das cidades trasladáronse a vivir aos municipios dos arredores, onde o precio do solo é máis baixo.

• O mesmo ocurriu coas empresas, polo que estes municipios foron perdendo o seu carácter rural, para convertirse en cidades en sí mesmas.

O turismo: nucleos poboacionais rurais próximos á costa ou á montaña sufriron transformacións a consecuencia directa do turismo (ex: Sanxenxo), polo que estes lugares tenden a vincularse máis co sectores servizos.A industria: os núcleos rurais que conseguiron industrializarse a partir da transformación dos seus propios produtos, tenden a ver crecer a súa poboación.

Page 42: Tema 6. 3º Eso

Áreas periurbanas

Áreas costerasÁreas do Interior