tema 8.- o sector terciario (3): as actividades comerciais ... eso 17-18... · por que os países...
TRANSCRIPT
Tema 8.- O sector terciario (3): as actividades comerciais e os fluxos de intercambio.
1.- As actividades comerciais.
Rede de infraestruturas e transportes Poder adquisitivo e confianza da poboación
Confianza das empresas
Mercado amplo (presencial / internet)
Nivel de consumo
prezos
impostos
publicidade
rebaixas
Factores da actividade comercial
A actividade comercial.
comercio interior • o que se desenvolve dentro das fronteiras dun Estado
comercio exterior • o que realiza un país con outros países. Inclúe importacións e exportacións
comercio
por xunto
(almacenista)
• [comercio al por mayor]: comercio realizado por empresas que mercan grandes
cantidades de mercadorías aos produtores e llelas venden a outros comerciantes ou
a empresas (comerciantes minoristas ou polo miúdo)
comercio
polo miúdo
(retallista)
• [comercio al por menor]: comercio realizado polos detallistas, que compran o
produto aos comerciantes por xunto, para vendelo ao consumidor en tendas,
mercados, supermercados... en pequenas cantidades
balanza
comercial
• diferenza entre o valor dos produtos (mercancías) que un país compra
(importacións) e vende (exportacións) ao estranxeiro durante un período
determinado (normalmente un ano)
• pode ser positiva ou negativa.
balanza de pagos
• rexistra o valor de todos os intercambios realizados por un país co resto do mundo,
normalmente nun ano. A balanza de pagos inclúe:
✓ a balanza comercial (mercadorías)
✓ a balanza de servizos (turismo, transportes...)
✓ balanza de capitais (movementos de diñeiro, transferencias de capital entre
países...)
• pode ser excedentaria ou deficitaria
O comercio exterior español no ano 2014
4.- O comercio internacional nun mundo global
UE 38,2%
▪ É a a maior potencia comercial. Mantén relacións comerciais con case todo o mundo, pero
especialmente con América do Norte e Asia.
▪ Polo xeral, os países da UE son ricos pero pequenos, e importan e exportan moitos produtos.
▪ Alemaña, Francia, Italia e o Reino Unido son os principais exportadores e importadores de todo
o grupo. Os intercambios entre países da UE tamén son importantes.
Asia do
S e L
16%
▪ India: desde finais do s. XX potenciou o seu peso no comercio internacional.
Exporta derivados do petróleo, produtos téxtiles e químicos.
▪ Corea do Sur: país moi avanzado tecnoloxicamente.
Exporta aparatos electrónicos, telefonía móbil, construción naval e automóbiles.
EUA 12,5%
▪ É o primeiro importador do mundo, e o segundo exportador.
▪ A súa produción supera amplamente a de calquera outro país.
▪ Comercia sobre todo coa Unión Europea, Canadá, China, México e Xapón.
China 11,3% ▪ Polos seus recentes cambios políticos, pasou a ser o 2º Estado do mundo en volume de tráfico
de mercancías, moi preto de EUA.
Oriente
Próximo 6,1%
▪ Exportación de petróleo. Os Estados con maior produción crearon a OPEP (1960). Actualmente
está formada por 14 Estados (os 12 do mapa da páx. seguinte + Gabón e Guinea Ecuatorial).
Xapón 4,3% ▪ Carece de recursos naturais, pero é un país moi desenvolvido.
Exporta automóbiles e produtos electrónicos de alta tecnoloxía
América
C e S
4,1% ▪ Comercio crecente con América do Norte, a UE, China e Xapón. Brasil é unhas das primeiras
potencias económicas polos seus recursos naturais e o investimento estranxeiro.
CEI 4,1%
▪ Organización supranacional formada por 10 das 15 ex-repúblicas soviéticas. Comercia sobre
todo coa UE e Asia. O país con máis peso é Rusia. Ten un lugar destacado no comercio mundial
polas súas reservas de petróleo e gas.
África 3,4% ▪ Continente en xeral pouco desenvolvido, que ten un peso reducido no comercio internacional.
Exporta materias primas e alimentos e importa manufacturas.
5.- O comercio desigual nun mundo global.
Ingreso Nacional Bruto per cápita (valores de PPA) en 2015 (en dólares)
datos do Fondo Monetario Internacional (FMI)
Bloques comerciais e institucións da economía mundial.
O Grupo dos 20 (G-20).
(As principais economías industrializadas e emerxentes do mundo -19 países + a UE)
O G-8 é unha organización que reúne os sete países que teñen as economías máis avanzadas da Terra (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Francia,
Italia, Reino Unido e Canadá) e a Rusia, para trazar as directrices económicas e políticas mundiais. Desde comezos de século, a este grupo se
uniron as cinco principais potencias emerxentes -China, India, Brasil, México e Sudáfrica-, outros países de recente industrialización -Arabia Saudí,
Arxentina, Australia, Corea do Sur, Indonesia, Turquía-, e a Unión Europea como conxunto, e forman o G-20.
Nome Data Países integrantes
UE Unión Europea 1957
2013
Alemaña - Bélxica - Francia - Italia - Holanda - Luxemburgo
[1957] / Dinamarca - Irlanda - Reino Unido [1973] / Grecia
[1981] / España - Portugal [1986] / Austria - Finlandia -
Suecia [1995] República Checa - Chipre - Eslovaquia -
Eslovenia - Estonia - Hungría - Letonia - Lituania - Malta -
Polonia [2004] / Romanía - Bulgaria [2007] – Croacia [2013]
NAFTA Tratado de Libre Comercio
de América do N 1994 Canadá / Estados Unidos / México
MERCOSUR Mercado Común de
América do Sur 1985
Arxentina / Brasil / Paraguai / Uruguai + Venezuela
(adhesión en 2006)
CAN Comunidade Andina 1969 Bolivia / Colombia / Ecuador / Perú - (Venezuela retirouse
en 2006)
MCCA Mercado Común
Centroamericano 1960
Guatemala / El Salvador / Honduras / Nicaragua / Costa
Rica
ASEAN Asociación de Nacións do
SE Asiático 1967
Indonesia / Malaisia / Filipinas / Singapur / Tailandia /
Brunei / Vietnam / Laos / Myanmar / Camboxa
ANZCERTA Acordo Australia-Nova
Zelandia 1983 Australia / Nova Zelandia
UMA Unión do Magreb Árabe 1989 Mauritania / Marrocos / Alxeria / Tunisia / Libia
6.- A desigualdade nun mundo globalizado.
A globalización da economía provoca o comercio desigual e a débeda externa.
• -A libre competencia económica xera un comercio desigual: desequilibrio comercial entre países
desenvolvidos (países ricos ou o Norte) e países subdesenvolvidos (países pobres ou o Sur).
➢ Os países ricos exportan produtos industriais e de alta tecnoloxía, a prezos elevados
➢ Os países pobres venden produtos agrícolas e materias primas que teñen cada vez menos valor,
agás os combustibles e algunhas materias estratéxicas ou necesarias para as novas tecnoloxías.
• Este comercio desigual xera unha balanza de pagos deficitaria que endebeda os países pobres, os
cales entran nunha espiral da que é case imposible saír:
➢ para medrar necesitan construír infraestruturas, crear servizos e adquirir tecnoloxía ⟹
➢ necesitan dispoñer de capitais ⟹
➢ piden créditos a países ricos ou ás entidades financeiras internacionais, especialmente ao Banco
Mundial e ao Fondo Monetario Internacional (débeda externa) ⟹
➢ teñen que pagar uns intereses elevados ⟹
➢ para obter os cartos exportan os seus recursos ⟹
➢ fames / non conseguen os cartos necesarios ⟹
➢ non poden facer fronte, nin sequera, ao pago dos intereses ⟹
➢ a débeda externa acumúlase e afoga a economía do país.
• Medidas propostas para superar este círculo vicioso:
➢ condonar a débeda externa dos países máis pobres: cos xuros xa pagaron os préstamos;
➢ impulsar un comercio xusto: garantir aos produtores dos países pobres un pago axeitado.
Os países altamente endebedados do mundo (2010-2014).
Por que os países endebedados non conseguen saír do círculo vicioso do endebedamento?
• Fracaso de moitos investimentos en novos cultivos ou en proxectos de creación de novas empresas e
industrias.
• Incidencia de epidemias e catástrofes ambientais cíclicas, que supuxeron un atranco difícil de superar.
• Con frecuencia, os Gobernos corruptos dalgúns destes países non investiron os créditos recibidos no
desenvolvemento económico, senón non adquisición de armas ou no enriquecemento das elites
dominantes.
• Os cambios nos mercados financeiros adoitan favorecer os países ricos.
• Os países endebedados carecen de recursos para xerar riqueza e non dispoñen de capacidade de
aforro.
• Os Gobernos recadan impostos para pagar a débeda. Os agricultores, por exemplo, só poden obter
diñeiro de cultivos de exportación. Se as colleitas son insuficientes, a poboación está condenada a
pasar fame.
• A dificultade por obter novos créditos, o aumento dos prezos dos produtos de primeira necesidade e
a imposición de duras condicións por parte dos acredores e políticas económicas restritivas.