tema 9. a poboaciÓn cc.ss. 2º eso viaxeaitaca · 2013-10-14 · o taxa de natalidade ... o taxa...

12
TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 1 Tema 9 A POBOACIÓN 0.- DEMOGRAFÍA. A Demografía: é a ciencia que estudia a poboación. Fontes demográficas: nas cales podemos conseguir os datos necesarios para o estudio da poboación: o Censos: reconto da poboación de xeito periódico recollendo datos demográficos, económicos e sociais. En España faise cada 10 anos. o Padrón municipal: Rexistro de habitantes dun concello. o Rexistro civil: Organismo oficial onde se inscriben os nacementos, defuncións e matrimonios. o Organismos oficiais de estadísticas, que podemos consultar directamente nas súas páxinas web: INE ( Instituto Nacional de Estadística: www.ine.es ): datos demográficos a nivel de todo o Estado español ( España, Comunoidades Autónomas , provincias, cidades e núcleos de poboación …) IGE ( Instituto Galego de Estatística: www.ige.eu ): datos demográficos de Galicia ( provincias, cidades e vilas, comarcas …) 1.- DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN NO PLANETA. LUGAR Nº HABITANTES ( en millóns ) Ano 2012 MUNDO 7.057 ÁFRICA 1.072 AMÉRICA NORTE ( EE.UU. e Canadá ) 349 AMÉRICA LATINA e CARIBE 599 ASIA 4.260 EUROPA 740 OCEANÍA 37 Zonas poboadas e despoboadas : Só o 30% da superficie do planeta está habitado. Hai enormes extensións practicamente sen habitar ( p.ex: desertos coma o Sáhara, selvas coma o Amazonas, fríos lugares coma Groenlandia ou a Antártida, ou mesmo altas montañas coma o Himalaia) que se combinan con territorios moi densamente poboados. En 7 áreas concéntranse o 75% da pob mundial, máis de 5.000 millóns de persoas ( ver mapa): Continente Zona Millóns de habitantes ASIA 1 Sur 1.800 2 Sueste (SL) 600 3 Leste 1.600 EUROPA 4 Europa 740 ÁFRICA 5 Golfo de Guinea 300 AMÉRICA N. 6 Grandes Lagos e Costa Atlántica 125 AMÉRICA S. 7 Costa Sueste 240

Upload: phamphuc

Post on 20-Nov-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 1

Tema 9 A POBOACIÓN

0.- DEMOGRAFÍA.

A Demografía: é a ciencia que estudia a poboación. Fontes demográficas: nas cales podemos conseguir os datos necesarios para o estudio da poboación:

o Censos: reconto da poboación de xeito periódico recollendo datos demográficos,

económicos e sociais. En España faise cada 10 anos. o Padrón municipal: Rexistro de habitantes dun concello. o Rexistro civil: Organismo oficial onde se inscriben os nacementos, defuncións e

matrimonios. o Organismos oficiais de estadísticas, que podemos consultar directamente nas súas

páxinas web:

INE ( Instituto Nacional de Estadística: www.ine.es ): datos demográficos a nivel de todo o Estado español ( España, Comunoidades Autónomas , provincias, cidades e núcleos de poboación …)

IGE ( Instituto Galego de Estatística: www.ige.eu ): datos demográficos de Galicia ( provincias, cidades e vilas, comarcas …)

1.- DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN NO PLANETA.

LUGAR Nº HABITANTES ( en millóns )

Ano 2012

MUNDO 7.057

ÁFRICA 1.072

AMÉRICA NORTE ( EE.UU. e Canadá )

349

AMÉRICA LATINA e CARIBE 599

ASIA 4.260

EUROPA 740

OCEANÍA 37

Zonas poboadas e despoboadas: Só o 30% da superficie do planeta está habitado. Hai enormes extensións

practicamente sen habitar ( p.ex: desertos coma o Sáhara, selvas coma o Amazonas, fríos lugares coma Groenlandia ou a Antártida, ou mesmo altas montañas coma o Himalaia) que se combinan con territorios moi densamente poboados. En 7 áreas concéntranse o 75% da pob mundial, máis de 5.000 millóns de persoas ( ver mapa):

Continente Zona Millóns de habitantes

ASIA

1 Sur 1.800

2 Sueste (SL) 600

3 Leste 1.600

EUROPA 4 Europa 740

ÁFRICA 5 Golfo de Guinea 300

AMÉRICA N. 6 Grandes Lagos e Costa Atlántica

125

AMÉRICA S. 7 Costa Sueste 240

Page 2: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 2

Fonte Densidad de la Población en el Mundo. Ediciones Santillana

Para comparar a poboación dun lugar coa doutro, úsase a densidade de poboación ( coma no mapa anterior )

Densidade de poboación: relación existente entre o número de habitantes dun lugar e o espacio que ocupan. Exprésase en habitantes / km2 ( hab/km2).

Densidade = nº habitantes supeficie km2

Características da distribución da poboación mundial:

o A maioría da poboación atopase no Hemisferio N. o Só o 30% da supericie da terra está habitada o Case 2 de cada 3 habitantes do planeta son asiáticos ( 60%). o O 80% concéntrase en rexións pobres ( con só o 20% dos recursos) o Están máis habitadas as rexións chas e costeiras. o Aproximadamente o 50% é poboación urbana ( … e aumentando: proceso de urbanización ).

Factores que inflúen na distribución da poboación:

o Físicos:

Clima: maior poboación nos climas temperados ( oceánico, mediteráneo,… ) que nos extremos ( polar, desértico,..)

Zonas costeiras ( mellor clima e maior actividade económica ) Altitude: maior poboación entre 0 e 500 m. Fertilidade dos solos: inflúe na producción de alimentos. Recursos naturais, coma acceso a auga potable, carbón, petróleo, minerais, … favorecen

a concentración de poboación.

1

2

3

4

5

6

7

Page 3: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 3

o Humanos:

Actividade económica: concentración de poboación en lugares aptos para agricultura e gandería ( poboamento rural ), ou industria e comercio, xunto coa existencia de transporte e boas comunicacións ( grandes concentracións urbanas )

Aspectos sociais e históricos: migracións, cultura, relixión, educación, riqueza, …Temos un exemplo deste tipo de influencia sobre a poboación nun vello dito hindú que di: “ Ter unha filla é coma plantar semente en xardín alleo”.

2.- MOVEMENTOS NATURAIS DA POBOACIÓN:

Natalidade: Número de persoas nacidas nun lugar no período dun ano.

o Taxa de Natalidade (TN): número de nacidos nun lugar no periodo dun ano por cada 1.000 habitantes ( tantos por mil ‰ ):

TN ( ‰ )= nº de nacementos nun ano x 1.000

Poboación total

o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller en

idade fértil (15–49 anos).Para que unha poboación se renove ( e non disminúa ) necesítase unha taxa de reposición dun mínimo de 2,1 fillos por muller.

Mortalidade: Número de persoas falecidas nun lugar no período dun ano:

o Taxa de Mortalidade (TM ): número de falecidos nun lugar no periodo dun ano por cada 1.000 habitantes ( tantos por mil ‰ ):

TM ( ‰ )= nº de falecidos nun ano x 1.000

Poboación total

o Taxa de mortalidade infantil: número de falecidos menores dun ano nun lugar no periodo dun ano por cada 1.000 habitantes. É un indicador do nivel de desenvolvemento dun lugar. P.ex. África ten unha TM infantil do 82‰ (TM e Galicia dun 3‰.

o Esperanza de vida: número de anos que se calcula pode vivir unha persoa no momento

do seu nacemento. Depende en gran medida da calidade de vida que se ten no lugar no que se vive ( alimentación, hixiene, sanidade,…), é decir, a esperanza de vida será maior nun país rico ca nun pobre. Exemplo: En Nixeria é de 47 anos e en Suiza de 82.

Crecemento natural ( CN ): diferencia que hai, nun lugar e ano determinados, entra a TN e a TM. Pode ser positivo ( a poboación aumenta ) e negativo ( a poboación disminúe ).

CN = TN - TM

Page 4: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 4

3.- EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN. O planeta Terra está xa por riba dos 7.000 millóns de habitantes, pero non sempre foi así. Fíxate nesta gráfica:

Nela podemos observar 3 Fases:

1.- Ata 1.750: Fase pre-industrial: Incremento moi lento da poboación, debido sobre todo ó fráxil equilibrio entre poboación e recursos, sobre todo alimenticios. As colleitas dependían das condicións climáticas; se estas eran malas provocaban épocas de fame, co cal había máis enfermidades ( epidemias: a peste, p.ex.) e aumentaba a mortalidade. A esperanza de vida podía rondar os 35 anos.

2.- 1.750 – 1.950: Revolución Demográfica: Aumento espectacular da poboación ( de 750 a 2.500

millóns en 200 anos), sobre todo nos países ricos ( Europa, EE.UU ). ¿Causas?:

o Desenvolvemento e modernización da agricultura, o que supó unha maior e mellor alimentación.

o Avances médicos: vacinas, penicilina, … o Melloras na hixiene: hospitais, auga corrente, redes de sumidoiros, …

3.- Desde 1.950: Explosión demográfica: Estas mesmas causas afectaban aos europeos no S XIX, afectan agora aos países pobres ou subdesenvolidos ( Asia, África e América Latina ) que baixan a mortalidad pero manteñen a taxa de natalidade, multiplicándose así por 2½ a poboación mundial. En cambio, nos paises ricos (desenvolvidos) está a ocorrer ó revés: a poboación crece moi lentamente ou incluso decrece debido a unha enome baixada da natalidade.

Page 5: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 5

Nestas fases de evolución, podemos distinguir :

Ciclos ou Réximes demográficos:

a) Réxime demográfico antigo ( ata o S XVIII )

Alta Natalidade e Alta Mortalidade = Baixo Crecemento, con continuas crises de subsistencias ( debido a malas colleitas, que provocaban fame e efermidades ( como a peste )

b) Transición:

1ª fase ( S XIX ): Alta natalidade e baixa a Mortalidade= Alto Crecemento ( é que segue a ocurrir na actualidade nos paises pobres )

2ª fase( S XX ): Baixan a natalidade e a mortalidade= Baixo Crecemento

c) Réxime demográfico moderno: Natalidade e Mortalidade moi baixas= Crecemento moi lento ou incluso negativo

Page 6: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 6

4- ESTRUTURA DA POBOACIÓN:

Estudio da composición da poboación atendendo a diferentes aspectos: idade, sexo, actividade económica,…

Por idades: distínguense 3 grandes grupos de idade:

o Mozos: <15 anos o Adultos: 15 – 65 anos o Anciáns: >65 anos

Podemos distinguir entre os países segundo a súa proporción de mozos e anciáns:

o Países mozos: con máis do 35% da poboación menor de 15 anos. Soen ser países subdesenvolvidos.

o Países vellos: con máis dun 12% de poboación maior de 65 anos. Soen ser países ricos.

As pirámides de poboación:

Gráficas nas que se representan as características da poboación dun lugar ( país, cidade,… ) nun momento concreto ( normalmente un ano), en canto idade e sexo. En xeral, podemos distinguir 3 tipos de pirámides de poboación, que se corresponden con outros tantos tipos de poboación:

Fonte: http://www.isftic.mepsyd.es/

Page 7: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 7

1) Poboación xove: Forma triangular cunha base ancha e cume en pico, o que indica moita poboación xove e pouca vella. Países pobres ( subdesenvolvidos) con forte crecemento da poboación.

2) Poboación envellecida: Máis ancha no centro ( poboación madura ) e no cume ( poboación vella ). Países desenvolvidos ( ricos ), envellecidos e con escaso ou nulo crecemento da poboación.

3) Poboación adulta: Parecida á anterior pero coa base máis ancha. Países con tendencia ó

envellecemento.

Page 8: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 8

Por sectores económicos: A porcentaxe de poboación que traballe nun ou outro sector económico, vainos indicar o nivel de desenvolvemento e riqueza dun país:

o Sector Primario: persoas que traballan na agricultura, gandería, explotación forestal e pesca, é decir, na explotación directa de recursos naturais. Nos países subdesenvolcidos, a maioría da poboación adícase a estas actividades.

o Sector Secundario ou industrial: persoas que se adican ás actividades de transformación de recursos naturais ( as materias primas ) en productos elaborados: industria, minería, producción de enerxía e construcción.

o Sector Terciario ou Servizos: persoas que se adican a prestar servizos á poboación: comercio, transportes, servizos públicos ( sanidade, educación, xustiza, …) e privados ( bancos, turismo, … ).

Nos países desenvolvidos predomina apoboación que traballa nos sectores secundario e, sobre todo no terciario. Canto máis rico é un país, máis servizo presta á súa poboación.

5.- MOVEMENTOS MIGRATORIOS: As migracións son movementos ou desprazamentos da poboación dun lugar a outro. Poden ser de 2 tipos:

Emigración: é a saída de poboación dun lugar. Inmigración: é a entrada de poboación nun lugar.

¿Cales son as causas dos movementos migratorios? Teñen distinta orixe e poden ser varias ó mesmo tempo:

Económicas: son as máis importantes. A búsqueda de traballo ou simplemente cubrir as necesidades básicas ( vivenda, alimento, vestido,…). Teñen a súa orixe na diferencia de riqueza entre países ou continentes. P.ex: inmigrantes africanos a España.

Sociais – políticas: guerras, persecucións por motivos políticos, relixiosos, étnicos,… A finais de 2007 había 26 millóns de persoas desprazadas polas guerras dentro do propio país. Un exemplo témolo nos campos de refuxiados,coma os máis de 350 provocados polo conflicto de Darfur ( Sudán ) con 2,5 millóns de refuxiados ( o 40% da poboación )

Naturais: terremotos, inundacións, sequías,…. ou mesmo o cambio climático. P.ex.: nas illas Maldivas estase a construir unha illa artificial que acollerá a máis de 100.000 persoas, xa que o nivel do mar aumenta e este arquipélago do Océano Índico estase a afundir. A finais do 2007 había 26 millóns de persoas desprazadas por desastres naturais.

Na actualidade hai fundamentalmente 2 direccións que seguen os movementos migratorios: Sur – Norte: A globalización da economía mundial aumentou as xa enormes diferencias entre países pobres (

SUR: África, América latina, Sur de Asia,… ) e os ricos ( NORTE: Europa, América do Norte,… ). As riquezas e o nivel de vida dos países desenvolvidos atrae a enormes cantidades de xentes dos países subdesenvolvidos. No ano 2.008 chegaron a España en pateras máis de 12.500 inmigrantes procedentes do continente africano.

Leste – Oeste: Asi mesmo, as diferencias entre os países do leste europeo e os do oeste, fan que as riquezas destes atraia a xentes de países coma Rumanía, Bulgaria, Ucrania, … En España hai máis de 500.000 rumanos.

6.- A SITUACIÓN ACTUAL: OS PROBLEMAS. Superpoboación: O rápido crecemento da poboación fundamentalmente nos países pobres, o que agrava o

enorme problema da miseria, fame, problemas ecolóxicos ( por sobreexplotación do medio ambiente ) e movementos migratorios que están a sufrir os países subdesenvolvidos.

Problemas de xenofobia e racismo que causan os movementos migratorios. Elevado número de poboación nova nos países pobres, o que supón un reto - e un problema - : a educación e

formación profesional dos xoves, aparte dos movementos migratorios na busca dunha vida melor Envellecemento da poboación nos países ricos, acompañado de proporcións moi baixas de xente xove. Outro

reto: dotar á poboación anciá de servizos ( hospitais, coidados, residencias,..) e pensións que lles permitan vivir dignamente.

A metade das mulleres en todo o mundo ( o 85% das da áfrica Sub-sahariana ) non utilizan métodos

anticonceptivos modernos. Consecuencias: aumento da natalidade e de víctimas do SIDA ( máis de 40 millóns ).

Page 9: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 9

ACTIVIDADES Árbore xenealóxica da túa familia.

Coma traballo voluntario deste tema, podes compoñer a árbore xenealóxica da túa familia. Como mínimo debes empezar polos teus avós, ainda que,se tes información dabondo, podes chegar ata os teus bisavós, tataravós …. Esta é a información que debes poñer na árbore:

o Nome e data de nacemento. o Parentesco que ten contigo. o Fotografía, se é posible.

Investiga e calcula o número de membros da túa familia en cada xeración.

Número Lugares de nacemento

Lugares de residencia

Bisavós ( + os seus irmáns )

Avós ( + os seus irmáns )

Pais ( + os seus irmáns )

Fillos ( ti e teus irmáns )

Netos

Analiza os datos do cadro anterior e intenta extraer unha simples conclusións sobre eles, sobre todo antendendo ao número de persoas de cada xerazón. 0. En equipos de traballo, debedes

Realizar unha lectura rápida do tema.

Elaborar un esquema xeral cuxas partes principais se correspondan coas que está dividido o tema.

En cada parte indicades as palabras ou conceptos clave .

Estudiades o xeito de trasmitirlle oralmente un sinxelo informe do tema do xeito máis claro posible ( máximo 5-6 minutos ).

Page 10: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 10

1.- Distribución da poboación no planeta: MapaMundi densidade de poboación :

o Colorear segundo a lenda. o Enumera as 7 zonas máis poboadas da Terra.( márcaas cuns círculos ).¿Que poboación se acumula

nesas áreas?Enumera como mínimo 2 países de cada zona. o Elabora un sinxelo esquema dos factores que inflúen na distribución da poboación. o Investiga cales son os 10 países máis poboados do planeta e cal é a súa poboación. o Localiza as 10 cidades máis poboadas do planeta e que poboación teñen.

Calcula a densidade de poboación:

MUNDO HABITANTES SUPERFICIE ( KM2) DENSIDADE

MUNDO 6.810.000.000 135.000.000

( sen a Antártida )

ÁFRICA 999.000.000 30.000.000

AMÉRICA N. 341.000.000 14000000

AMÉRICA LATINA 580.000.000 28000000

ASIA 4.117.000.000 43500000

EUROPA 738.000.000 10500000

OCEANÍA 36.000.000 9000000

ANTÁRTIDA 1.000/10.000 14000000

ESPAÑA 46.745.807 505.988

GALICIA 2.763.499 29.574

BARBANZA 68.336 246,7

A POBRA DO CARAMIÑAL

9.664 32,4

© d

-map

s.c

om

3000 km (equat.)

2000 mi (equat.)

Page 11: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 11

Elabora as seguintes gráficas de barras:

o Poboación dos continentes ( de maior a menor ) Conclusións básicas sobre a gráfica.

o Densidade de poboación do mundo, dos continentes, España, Galicia, Barbanza e Pobra do Caramiñal.

Empeza polo mundo, e o resto de maior a menor. Extrae as conclusións básicas que consideres máis importantes sobre esta gráfica, comparando os datos dos diferentes lugares entre sí.

0

500

1000

1500

2000

2500

3000

3500

4000

4500

0

50

100

150

200

250

300

Page 12: TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca · 2013-10-14 · o Taxa de Natalidade ... o Taxa de Fecundidade ( TF ): é o número de nacidos nun lugar nun ano por cada muller

TEMA 9. A POBOACIÓN CC.SS. 2º ESO viaxeaitaca.com 12

2.- Evolución da Poboación.

Observa a gráfica de evolución da poboación mundial da páxina 4. Que cambio en canto ao número de poboación houbo no paso do Paleolítico ao Neolítico? A que cres que foi

debido? ( Lermbra que ocorreu na Revolución Neolítica? Como cres que foi a evolución da poboación no Antigo Réxime ( os séculos anteriores a 1750? Por que? Cando se dou o salto máis significativo desde a Revolución Neolítica? Cales foron as causas? En que época se dou un aumento de poboación maior? En que zonas da Terra? Por que? Que consecuencias

pode ter este feito?

3.- Analiza os seguintes datos correspondentes a 2 países diferentes. Diferencia o país rico ( desenvolvido ) e o pobre ( subdesenvolvido ) e logo fai un cadro coas caracteristicas da poboación de cada un.

Pais A País B

TN ( ‰ ) 11 44

TM ( ‰ ) 9 17

CN ( ‰ )

TM infantil ( ‰ ) 3,7 106

T Fecundidade ( fillos por muller ) 1,4 6,3

Riesgo de morte duha muller por embarazo. 1 en … 16.400 11

% < 15 anos 14 46

% > 65 anos 17 3

Esperanza de vida ( anos ) 80 47

% poboación desnutrida <2,5 35

% poboación sector primario 5 85

4.- Di de que tipo son estas pirámides de poboación e indica as súas características:

5.- Fai un peqeuno glosario cos conceptos máis importantes do tema.