tema5 1 idade madia
TRANSCRIPT
A IDADE MEDIATEMA 5
• As invasións dos pobos xermánicos provocaron a caída do Imperio romano e o inicio do período medieval en Europa, que se estendeu entre os séculos V e XV.
• Hai que dividilo en dúas etapas:
CANTO DUROU A IDADE MEDIA?
• Esta etapa comezou no século V.• O territorio europeo quedou organizado
en reinos • Estes pobos vivían da agricultura e a
gandería• A sociedade estaba formada:
– Por uns poucos nobres donos das terras
– Labregos que traballan esas terras• Esta organización coñecese como
sistema feudal• O nobres vivían no castelo, que vixía as
súas terras• Os labregos vivían nas aldeas de arredor
ALTA IDADE MEDIA
• Dende o século XII desenvolveuse o comercio e xurdiron grandes cidades chamadas burgos.
• Orixinouse a burguesía que estaba formada polos comerciantes e os artesáns.
• O burgo medieval organizábase arredor dunha igrexa ou unha catedral, e da praza do mercado.
• A finais deste período, os avances científicos e as exploracións impulsaron un gran desenvolvemento cultural e o descubrimento de América en 1492. Este feito sinala o final da Idade Media.
BAIXA IDADE MEDIA
• No sistema feudal a sociedade dividíase en estamentos.
• Neles había grandes desigualdades.
COMO SE VIVÍA EN EUROPA?
1. A cambio de terras, os nobres convertíanse en vasalos do rei.
2. O clero dedicábase ao coidado dos enfermos e ao ensino.
3. Os burgueses eran artesáns e comerciantes.
4. Os labregos non tiñan privilexios e vivían en condicións moi duras.
PIRÁMIDE SOCIAL
• A cerimonia iniciábase coa investidura: o rei acepta o xuramento do vasalo e entrégalle un feudo.
• Despois, na homenaxe, o vasalo, un nobre, xura ao rei fidelidade, axuda militar e consello.
A CERIMONIA DA VASALAXE
• Os visigodos foron un dos pobos xermánicos que invadiron e se instalaron en Hispania.
• Os visigodos adoptaron a lingua latina e o cristianismo.
• Os reinos cristiáns formados polos pobos xermánicos en Europa creceron durante a Idade Media. Así, a mediados do século VI, os visigodos fundaron en Hispania o reino de Toledo.
• Porén, unha nova cultura puxo fin ao reino visigodo a inicios do século VIII: o islam.
QUE FOI O REINO VISIGODO DE TOLEDO?
• O islam é a relixión dos musulmáns. Estes cren nun único Deus, Alá, e no seu profeta Mahoma. O seu libro sagrado é o Alcorán.
• Tras a morte de Mahoma, un imperio islámico estendeuse desde a India ao norte de África, e no ano 711, chegou á Península Ibérica. Os musulmáns venceron o reino visigodo e crearon Al Ándalus, un gran territorio desde o sur peninsular ata as montañas do norte
QUE FOI AL ÁNDALUS?
EVOLUCIÓN DE AL-ÁNDALUS
• Al Ándalus foi un importante centro cultural do mundo medieval. Os seus sabios conseguiron grandes avances científicos a medicina, a astronomía e as matemáticas. Eles introduciron en Europa os números que utilizamos hoxe en día. Xunto á ciencia, tivo unha grande importancia a literatura andalusí, escrita en árabe.
• Nas cidades andalusís os edificios máis importantes eran a mesquita e o alcázar. Ademais, o zoco ou praza do mercado era un lugar de reunión e intercambio de produtos. En Al Ándalus realizábanse grandes intercambios comerciais, como os que permitiron a chegada do papel e a pólvora desde Asia ata Europa.
COMO SE VIVÍA EN AL ÁNDALUS?
A CIDADE ANDALUSÍ
1.A muralla protexía a cidade. Tras ela había barrios populares e cultivos.
2.A mesquita era o lugar de oración e de estudo.
3.O alcázar era un castelo fortificado4.O zoco era a praza do mercado,
punto de reunión
OS NOVOS REINOS CRISTIÁNS
• A maioría da poboación dos reinos cristiáns peninsulares vivía da agricultura e a gandaría ovina. A diferenza do que sucedía en Al Ándalus, o comercio foi moi limitado.
• A repoboación beneficiou a diferentes grupos sociais:
COMO SE VIVÍA NOS REINOS CRISTIÁNS?
• Ademais era importante defender os territorios para evitar novas invasións.
• cando se construían novas cidades, tamén se fortificaban con murallas e un castelo. Incluso nas pequenas poboacións se construíron fortalezas.
COMO SE VIVÍA NOS REINOS CRISTIÁNS?
• Nos reinos cristiáns só o clero e a nobreza dominaban o latín.
• A mediados da Idade Media a maioría da poboación falaba un latín vulgar que evolucionou, porén formáronse as chamadas linguas románicas
PORQUE XA NON FALAMOS LATÍN?
• en cada aldea e cidade construíase unha igrexa de pequeno tamaño ou unha gran catedral.
• As igrexas decorábanse con esculturas e pinturas de historias sagradas.
• Os dous estilos principais foron o románico e o gótico.
UNHA CULTURA MOI RELIXIOSA
• A arte románica é propia da Alta Idade Media. Pódese ver en igrexas pequenas e mais en grandes templos para peregrinos, como Santiago de Compostela.
• A arte gótica desenvolveuse nas cidades da Baixa Idade Media. O diñeiro do comercio permitiu a construción de grandes catedrais como as de Burgos ou León.
A ARTE MEDIEVAL
• No século ix desenterráronse en Galicia uns restos humanos que se relacionaron con un dos primeiros cristiáns, Santiago. Para os ástures o achado era un sinal a favor da súa loita contra os musulmáns.
• Os monarcas encargaron a construción dunha igrexa e miles de peregrinos chegaron de Europa para adorar o santo que albergaba.
• Nas rutas que seguían os peregrinos construíronse grandes igrexas de peregrinación para rezar, así como albergues para durmir.
QUEN ERA E QUE É O CAMIÑO DE SANTIAGO?
• As tres culturas máis estendidas na Península Ibérica na Idade Media eran os musulmáns, os cristiáns e os xudeus.– En Al Ándalus, a poboación musulmá
chegada de África e Asia convivía cos muladís, que eran os hispanorromanos e visigodos convertidos ao islam. Tamén convivían cos cristiáns, chamados mozárabes, e cos xudeus.
– Nas cidades cristiás conquistadas a Al Ándalus residían os cristiáns con xudeus e musulmáns, chamados mudéxares
UNHA ÉPOCA DE GUERRA E CONVIVENCIA.QUE CULTURAS CONVIVÍAN?
• Houbo momentos de tensión entre as tres grandes culturas, provocados en moitos casos polo descoñecemento, e noutros polos intereses económicos e políticos.
• Esta desconfianza e o proceso da Reconquista terminaron coa convivencia das tres culturas.
• En 1492 os exércitos dos reis Isabel de Castela e Fernando de Aragón, os Reis Católicos, tomaron o último reino musulmán da Península Ibérica: o reino nasarita de Granada. A toma de Granada marcou a fin da Reconquista e da convivencia entre reinos cristiáns e musulmáns. Tamén en 1492, os Reis Católicos decretaron a expulsión dos xudeus.
UNHA ÉPOCA DE GUERRA E CONVIVENCIA.POR QUE ACABOU ESA CONVIVENCIA?