tempo e clima
TRANSCRIPT
Tempo e clima
• Concepto e parámetros• Formación e orixe da nubosidade
• Tipos de precipitacións• Clima nas nosas latitudes• Clima ecuatorial e tropical
• Cambios climáticos pasados• Cambios climáticos presentes e futuros
Concepto e parámetros
Clima Conxunto de fenómenos meteorolóxicos que caracterizan a situación e o tempo atmosférico nun lugar
Tempo atmosféricoSituación dos parámetros atmosféricos (vento, precipitacións, temperatura, presión, etc.) nun momento determinado
O clima dun lugar calcúlase a partir dos valores recollidos do tempo atmosférico durante un período mínimo de 20 a 30 anos
O clima dun lugar é o resultado dunha serie de factores como son:• A latitude• A altitude• A continentalidade ou proximidade ó mar• A orientación fronte á insolación e ós ventos predominantes
Os climogramas
Climogramas mundiais
Os principais climas do noso planeta
Climogramas de EspañaMadrid
Formación da nubosidade
• Por convección térmica
• Por ascenso orográfico
• Por choque frontal
Tipos e formas das nubes
As nubes convectivas teñen o seu orixe cando unha masa de aire é quentado por contacto pola superficie e ascende por ter menor peso que o aire circundante
Nubosidade por convección
Precipitación de orixe convectivo
Nubosidade e precipitación de orixe convectivos
Nubosidade e precipitación de orixe orográfico
Efecto foehn
Nubosidade e precipitación de orixe frontal
Frontes frías e cálidas
Formas e tipos de precipitacións
• Chuvias• Tormentas
• Neve• Sarabia
Precipitacións en forma líquida
• Chovisca: forma suave producida por un altoestrato
• Chuvia persistente: abarca grandes áreas e procede dun nimboestrato
• Chuvasco: chuvia forte pouco duradera procedente dun cumulonimbo
Chuvia
Formación da chuvia
Prodúcese primeiro a condensación da auga por enfriamento que produce a nubosidade.
As correntes de convección suben e baixan as minúsculas gotas que chocan unhas coas outras producindo gotas maiores.(coalescencia)
Cando estas gotas son moi pesadas prodúcese a súa caída, a chuvia
Riscos derivados da chuvia intensa
A consecuencia da intensidade e frecuencias das chuvias poden producirse avenidas fluviais ou torrenciais, desprendementos
TormentasFórmanse en cumulonimbos (nubes con moito desnvolvemento vertical).
Prodúcense cando hai fortes correntes térmicas de convección que reparten cargas de distinto signo no alto da nube (+), na súa base (-), e no solo (+).
Xérase unha forte corrente eléctrica que da lugar ós raios; o quentamento brusco do aire en contacto co raio produce unha onda expansiva, o trono.
Os riscos derivados das tormentas
• Producen incendios
• Producen mortes de animais e persoas
• Producen danos na rede eléctrica
• Outros danos en infraestructuras
Como aporte positivo, producen fixación do nitróxeno atmosférico
Mapa de risco de tormentas en número de raios por kilómetro cadrado
Neve
Cando a temperatura nas nubes é moi baixa, fórmanse cristais de xeo a partir da auga, que unidos uns co outros forman os copos de neve.
Cando pesan caen ó solo; soamente chegará en forma de neve se non se derrite no camiño ó solo, en caso contrario orixinaría chuvia.
Foto tomada desde o IES SAN LEONARDO en Xaneiro de 1997
San Leonardo, Xaneiro 1997
SARABIA
Cristais de xeo nunha nube sometidos a fortes correntes de ascenso e descenso. En cada percorrido van engadíndose novas capas de xeo, e cando o peso é considerable, a bola de xeo cae.
A sarabia provoca fortes danos na agricultura.En casos excepcionais dana automóbiles e pode matar persoas.
O clima nas latitudes medias
Zonas sometidas á influenza do fronte polar polo norte (zona de choque dos ventos levantes polares fríos e os westerlies húmidos e quentes, situada a 60º de latitude) e do anticiclón subtropical polo sur, ó redor dos 30º de latitude.
Alisios
Westerlies
Levantes polares
Célula de Hadley
Célula Polar Célula de
Ferrel
ZCIT - Borrascas ecuatoriais
Anticiclóns subtropicais
Fronte polar
(Anticiclón polar)
Situación no verán:
desprazamento dos cintos de presión cara ó
norte
Maior influenza do anticiclón subtropical das Azores.Menor influenza do fronte polar
Alisios
Westerlies
Levantes polares
Célula de Hadley
Célula Polar Célula de
Ferrel
ZCIT - Borrascas ecuatoriais
Anticiclóns subtropicais
Fronte polar
(Anticiclón polar)
Situación na primaveira e no outono: os cintos de presión permañecen nas latitudes do Ecuador, 30º e 60º
Alisios
Westerlies
Levantes polares
Célula de Hadley
Célula Polar Célula de
Ferrel
ZCIT - Borrascas ecuatoriais
Anticiclóns subtropicais
Fronte polar
(Anticiclón polar)
Situación no inverno: os cintos de presión desprázanse cara ó sur.
Maior influencia da fronte polar
Fronte polar e chorro polar
Tropopausa tropical
Tropopausa polar
Chorro polar
Levantes polares(ventos fríos)
Westerlies(ventos cálidos)
9 Km12 Km
Fronte Polar
Superficie
Estrucura do Fronte Polar e a corrente en chorro
Fronte Polar
Chorro Polar
Westerlies
Levantes polares
A Fronte Polar e a Corrente en Chorro (Chorro Polar) móvese de oeste a leste, formando ondulacións.
Estas ondulacións (ONDAS DE ROSSBY) modifícanse co tempo.
Nos meandros o aire frío penetra sobre o quente (frontes frías, F) ou o aire quente empuxa cara ó norte (fronte cálida, C)
No fronte polar fórmanse borrascas de orixe frontal (frontes frías e cálidas) que adoitan chamarse BORRASCAS ONDULATORIAS
O conxunto de borrascas ondulatorias do fronte polar forman o VÓRTICE CIRCUMPOLAR
No verán as ondulacións son mínimas e a fronte polar se sitúa máis ó norte
No resto do ano é maior a influenza do fronte polar, podendo ondular máis e orixinando zonas de borrasca e anticiclóns
Os meandros poden romper o que orixina borrascas no sur e anticiclóns no norte
Nalgunhas ocasións os meandros non rompen e unha zona pódese ver afectada por un anticiclón que permanece no tempo e impide a chegada de precipitacións no inverno: ANTICICLÓNS DE BLOQUEO
As frontes frías e cálidas formadas na zona da FRONTE POLAR, evolucionan ata acadar unha fronte ocluida e finalmente volve a estabilizarse a atmosfera
A gota fría
Os monzóns
Furacáns
Grupo de tormentas que xiran en torno a unha parte central (ollo do furacán)
Grao de perigosidade dun furacán
Graos de perigosidade
Velocidade do vento Km/h
Altura das ondas Danos
1 118-152 1,2-1,6 Mínimos
2 153-176 1,7-2,5 Moderados
3 177-208 2,6-3,7 Importantes
4 209-248 3,8-5,4 Extremos
5 Máis de 5,4 Máis de 5,4 Catastróficos
Os cambios climáticos na historia da Terra
Probas paleoclimáticas
Escala dos tempos xeolóxicos e modificacións do clima global
GLACIACIÓN PRECÁMBRICA
ETAPA SEN GLACIACIÓNS
GLACIACIÓN PERMOCARBONÍFERA
PERIODO DESÉRTICO
CLIMA TROPICAL
GLACIACIÓNS CUATERNARIAS
CLIMA CÁLIDO QUE ARREFRÍA PAULATINAMENTE
Glaciación precámbrica: supercontinente onde se extreman as temperaturas
Período máis cálido dende o Cámbrico ata o Carbonífero
Recreación do fondo de mar no Devónico, fai 410 -360 m.a.
Glaciación permocarbonífera: Pangea II
A Terra no Triásico
No Jurásico - Cretácico se separan os continentes e sube o nivel do mar
Predomina o clima oceánico, suave, ou ecuatorial, con temperaturas moderadas e forte humidade que favorece o desenvolvemento dos reptiles
Sucesión de acontecementos cálidos e fríos ó longo do Cenozoico (últimos 60 m.a.)
Variacións das temperaturas durante o Cuaternario: desde fai 1,2 millóns de anos ata a actualidade
As glaciacións cuaternarias do Pleistoceno
Europa no Ultimo Máximo Glacial
O norte quedou cuberto polos mantos de xeo finoescandinavo e británico. As terras emerxidas uniron Francia con Inglaterra
Cambios de temperatura nos últimos séculos: o pasado histórico máis próximo
Óptimo medieval e pequena idade do xeo
O óptimo medieval cálido permitiu que os pobos vikingos se expandisen, colonizando Islandia, Groenlandia e quizás chegaron a Terranova e Norteamérica
Cuadro de Brueghel que ilustra as condicións duras do inverno en Europa na “Pequena Idade do Xeo”
Cambios climáticos presentes e futuros
Desde 1900 a temperatura media do planeta non dexou de subir
Cráter do Volcán Chichón en xaneiro de 1983, antes da erupción
Se ben, algúns cambios de temperatura débense a causas naturais…
… O incremento de efecto invernadoiro podería ser o principal responsable do quentamento global
Situación normal Situación de incremento do efecto invernadoiro
¿Estamos ante unha variación climática natural ou pola contra o quentamento global débese á influencia humana?
No Convenio sobre o Cambio Climático da Conferencia de Rio do ano 1992 determínase que o quentamento global débese principalmente á actividade humana: emisión de gases de efecto invernadoiro, consumo e explotación incontrolados de recursos, etc.
Propónse como solución propiciar o desenvolvemento de enerxías limpas e sostibles e reducir as emisións actuais.
Variacións das concentracións de dióxido de carbono nos últimos anos
Existe unha boa correlación entre as variacións de concentracións de dióxido de carbono e metano (gases de efecto invernadoiro) e as subidas da temperatura
Os estudos do IPCC (Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático) indican que as actividades humanas son as principais responsables do cambio climático actual
Principais gases de efecto invernadoiro e a súa contribución ó quentamento
As fontes de dióxido de carbono, están relacionadas principalmente coa queima de combustibles fósiles (gas, carbón, petróleo) para obter enerxía
O principal causante do quentamento global sería o CO2 , debido á abundancia das emisións
É dificil limitar ás emisións de dióxido de carbono nun futuro moi próximo, xa que hoxe en día a maior parte da enerxía obténse da queima de combustibles fósiles
Posibles consecuencias do cambio climático• Incremento das temperaturas medias• Desxeo das zonas glaciais próximas ós polos, o que conleva
diminución do albedo e subida do nivel do mar, desprendementos de icebergs, etc.
• Cambios na distribución, frecuencia e intensidad dos ventos, dos furacáns, das correntes oceánicas (incluída a cinta de transporte oceánica), e das temperaturas de todo o planeta, polo tanto drásticos cambios nas zonas climáticas actuais
• Avance das áreas desérticas• Reducción da calidade das augas• Diminución da productividade da agricultura e gandería, e a
consecuencia, fame e emigracións masivas
• Incremento dalgunhas pragas (mosquitos), e maior incidencia das enfermidades tropicais, como a malaria
• Incremento das catástrofes relacionadas co clima: secas, inundacións, furacáns, etc.
Membros representativos de 39 gobiernos firmaron, en Decembro de 1.997, o Protocolo de Kioto, Japón, polo que os países desenvolvidos se comprometían a reducir nun 5,2% as emisións de CO2 ata o ano 2012, tomando como base ós niveis emitidos en 1990. Os países pobres non terían límites de emisión
Protocolo de Kioto
Emisións de CO2 durante os anos 1980 e 2000 nalgunhas rexións do mundo. Se pensa que Asia, antes do 2020 superará ós demáis continentes.
Emisións de CO2 en diversas rexións do mundo no ano 2000A área dos rectángulos é proporcional ás emisións de cada unha delas. Na vertical se representan as emisións per cápita. Na horizontal indícase a poboación. A media per cápita global é algo superior a 1 tonelada de CO2 ó ano.
España, podería incrementar as emisións nun 12% no período, máis ó finalizar o 2005 xa tiña unhas emisións dun 50% superiores ás de 1990.
Ante a dificultade de acadar os compromisos de Kyoto, plantexáronse no Cumio de Bos Aires os mecanismos de flexibilidade:
1. Compravenda de emisións: un país pode comprar a outros dereitos de emisión, para poder acadar os obxectivos asinados. Por exemplo, Costa Rica non emite toda a cantidade de CO2 que ten asignado e España compralle parte dese sobrante para poder aumentar as súas emisións.
2. Desenvolvemento limpo: ós países desenvolvidos poden aumentar as emisións se demostran invertir diñeiro en proxectos de desenvolvemento sostible ou limpo nos países pobres.
3. Inclusión de sumidoiros de carbono: pódense aumentar as emisións de dióxido de carbono se se compensa coa plantación de árbores ou outros vexetais, xa que en teoría actúan eliminando o CO2
• Cumio da Haia, novembro de 2000: non hai acordos• Cumio de Bonn, 2001: os países europeos comprométense a favorecer o
desenvolvemento limpo dos países pobres; sen embargo se reducen as sancións para os países que incumplan o acordo de Kioto.
• Cumio de Johannesburgo, 2002: o feito máis positivo foi a ratificación do Protocolo de Kyoto por varios países, pero E.E.U.U. non asina o acordo. Sen embargo, os documentos aprobados non contiñan compromisos concretos, polo que moitos analistas consideraron este cumio como un fracaso
Fin
¿Solucións ó quentamento global?