teorías da orixe da vida

11
Sabela Pernas Muiños Daniel Pernas Rodríguez Lucas García González 1ºB

Upload: celteiro

Post on 12-Jul-2015

119 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Sabela Pernas Muiños

Daniel Pernas Rodríguez

Lucas García González

1ºB

A hipótese da panspermia sostén que os primeiros organismos se orixinarían fóra da Terra e viaxarían ata aquí nun asteroide ou cometa. Nun principio esta

hipótese non foi aceptada . Dous descubrimentos fixérona rexurdir: en primeiro lugar, cae en Australia un meteorito que contiña numerosos compostos

orgánicos e, por outro lado, aparecen restos de microorganismos fósiles que lembraban ás bacterias terrestres noutro meteorito.

A xeración espontánea é a hipótese que di que os seres vivos se poden orixinar a partir de materia inerte. Esta hipótese foi apoiada por científicos como :

Aristoóteles, John Needham

Francesco Redi mediante un experimento descartou a teoría da xeración espontanea.

O bioquímico Oparin e o xenetista Haldane, idearon unha nova versión da xeración espontánea pero aplicable, unicamente, ao inicio da vida.

Formación de moléculas orgánicas sinxelas: os compoñentes da atmosfera primitiva, expostos ás fortes radiacións solares e ás descargas eléctricas producias

durante as tormentas, reaccionarían para formar moléculas orgánicas como os aminoácidos.

Formación de moléculas complexas: as moléculas orgánicas sinxelas combinaríanse para formar outras moléculas máis complexas, que se irían

acumulando nos océanos primitivos dando lugar á “sopa primordial”.

Formación de coacervados: algúns dos compostos desta sopa primordial uniríanse orixinando esferas ocas ou coacervados. No interior destes coacervados quedarían pechadas moléculas, como os ácidos nucleicos. Serían os precursores dos primeiros organismos.

Stanley Miller realizou o primeiro intento frutífero de simular nunha aparato no laboratorio as supostas condicións da terra primitiva. Os seus experimentos serviron de apoio ás hipóteses de Oparin e Haldane.

-Creacionismo: sostén que Deus crea o mundo e a todos os seres vivos que o habitan e, este, sitúa ao ser humano nunha situación superior á do resto das especies. Para os creacionistas, as especies son fixas e invariables. Existe unha variante do creacionismo, o policreacionismo ou catastrofismo. Esta teoría consiste en que se levan a cabo catástrofes que fan que as especies desaparezan e Deus recrea novas especies con pequenos cambios con respecto ás anteriores.

- Fixismo: Os fixistas non se plantexan quen creou o mundo, simplemente que foi nun acto de creación e que, da mesma que no creacionismo, as especies foron creadas tal e como as coñecemos actualmente: fixas e invariables.

-Evolucionismo: é a teoría que defende que as especies varían co paso do tempo. As principais teorías evolucionistas son:

-O lamarckismo considera que o motor da evolución é a adaptación ao medio que determina cambios nos organismos. Estes cambios consolídanse e transmítenselle xeneticamente á descendencia. Basicamente di que “a función crea o órgano”.

-Darwin razoa que o motor da evolución e a selección natural, que di que hai individuos que nalgún momento posúen rasgos moi favorables para a súa supervivencia. Estes individuos sobreviven, consolídanse os seus caracteres e transmítense á descendencia. Darwin non sabe por que existen eses rasgos que diferencian aos individuos dunha mesma especie, pensa que é por puro azar.

-A teoría sintética ou neodarwinismo abarca a selección natural de Darwin e as mutacións de Mendel. Só os individuos máis aptos no medio , e as diferencias que existen entre os membros dunha mesma especie aparecen debido ás mutacións (son pequenos cambios xenéticos aleatorios) e ao mecanismo da evolución xenética. Os individuos coas características máis favorables sobreviven, consolidando os seus carecteres e transmitíndollos á súa descendencia.

Moitas gracias pola vosa atención!!Unha aperta!