teresa gonzalez costa
TRANSCRIPT
Teresa González Costa
EntrevistaIES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados
Lémbroos como un inicio, e o que iso ten sempre de especial. A diferenza é o enriquecemento. Cada vez aprendes máis, e iso vese reflectido, tanto no contido como na técnica.
Teresa González Costa
1. Como lembra Vostede aqueles seus primeiros anos en contacto co noso teatro dos anos noventa? Que posuía de seu o teatro dos noventa en contraposición ao do século actual?
2. Vostede leva unha carreira ligada ao teatro, sen embargo, en 2010 gañou o Premio Merlín pola obra A filla do ladrón de bicicletas. Que foi o que a impulsou a escribir esta obra en prosa?
Cada historia precisa dunha forma determinada, penso eu. Tamén escribo cousas que pertencen a outros xéneros, aínda que non fosen publicadas.
3. Durante a súa formación profesional estivo vivindo e traballando en Galicia, Francia, Italia e Suíza (Xenebra). Cal é a súa opinión sobre a repercusión que pode ter na formación dunha persoa xove estar en contacto con distintas culturas? Que aportou a súa estadía en Xenebra á súa carreira profesional?
Presentación de obras de teatro na librería Couceiro.
Para min foi moi importante, diría que esencial. Eu non escribiría se non saíse antes fóra. Xenebra foi un momento de especial relevancia, tanto pola aprendizaxe alí levada a cabo como polas persoas atopadas, así como polo meu traballo. Alí, polo xeral, dáselle moita importancia á forma, pero aínda máis ao contido. Aprendín moito estando alí.
4. Cal é a situación das compañías teatrais o do teatro galego na actualidade? Que se podería facer para fomentar o teatro en Galicia, especialmente aquel que poña en escena temáticas para os máis xoves?
Faltan axudas. As subvencións deberían ser unha maneira de facer xustiza entre os creadores e o público. Hai que dar prioridade á cultura e ás súas manifestacións. Se non, todos sairemos perdendo.
A dicir verdade, penso que non me decantei por ningún público. Eu escribo historias. Fágoo a partir de certas necesidades, pero claro, cando rematas de escribir ás veces hai que poñer idades. Digamos que escribir para adultos faime confrontar certas problemáticas. Cando escribo para todos os públicos, adoito facer máis fuxidas fantásticas… En canto ás sensibilidades, non podería xeralizar. É unha cuestión de responsabilidade, tamén.
Teresa González Costa
5. Normalmente vostede escribe teatro (e agora prosa con A filla do ladrón de bicicletas) para un público infantil e xuvenil. Por que se decantou por ese público e que é o que pretende con esa elección? É máis agradecido este público que o adulto? Require este teatro unha maior sensibilidade e mesmo que o autor se teña que meter no corpo, no pensamento... nunha palabra, que se teña que identificar de cheo con ese público xove?
6. Con que obra(s) súa(s) se identifica máis? Por que?
Cada historia ten unha inspiración e unha razón de ser diferentes. Non sabería.
Teresa González Costa recibindo o premio Mome de teatro.
7. Que opina vostede sobre a situación da lingua e literatura galega na actualidade? Parécenlle acertados os esforzos que se están a levar a cabo para tratar de protexelas e promovelas?
Está nunha situación crítica no sentido de que se está maltratando. Unha persoa tería que falar a súa lingua porque é unha maneira de comunicarse, non porque lle pagan por facelo. Debería cesar a instrumentalización política e económica da lingua. Amar a lingua e facela amar, é moi distinto de “deber facer amar” a lingua.
8. Vostede que xa acadou os máis variados premios de teatro a nivel galego, con que premio dos que gañou polas súas obras se sente máis satisfeita? Por que? Cumpren os premios literarios, e en concreto os teatrais, unha función importante para o seu espallamento ou pola contra axudan en pouco este obxectivo?
En canto a satisfacción, cada peza tivo a súa. Digamos que os premios de teatro foron importantes porque se levaron a escena as miñas obras. E, si: ese tería que ser o obxectivo. Ao non ter compañía propia, un premio é importante para que a obra se difunda e, no mellor dos casos, alguén decida poñela en escena.
Se a peza é boa, sempre aportará algo. Non estou segura de que as pezas destinadas a todos os públicos sexan máis locais, ou menos universais, que as destinadas unicamente aos adultos.
Teresa González Costa
9. Cre vostede que sería interesante traducir ao galego obras de teatro, infantil e xuvenil, orixinarias doutras culturas e idiomas? Ou pola contra, dada a temática máis local estas obras non aportarían o que si aportan obras universais dirixidas a un público adulto e entendido?
10.Serían necesarias máis editoriais galegas que se comprometesen coa publicación de
teatro no noso idioma como Laiovento, Fervenza...? Por certo, Vostede é a maior
autora de obras da colección A Pinguela de teatro... que se sente figurar deste
modo ao carón de figuras contemporáneas como Manuel Lourenzo, Xosé Vázquez
Pintor, Olimpio Arca... ou doutros xa do século pasado como Antón Losada Diéguez
ou Varela Buxán?Hai outras editoriais que tamén o fan, como por exemplo Edicións Xerais. Pero que unha
editorial se dedique, na maioría da súa produción, ao teatro, ten algo de heroico. De
calquera maneira, para que iso poida suceder, ten que haber tamén unha demanda.
Non penso nunca niso, pero hai, entre os autores que citades, persoas como Manuel
Lourenzo ao que, coñecéndoo só un pouco, lle teño un aprezo especial.
Teresa González Costa recibindo o premio Mome de teatro.
CUESTIONARIO
Ai! Esas preguntas que demandan eleccións…
Agora mesmo vénme á cabeza Cunqueiro e, por
exemplo, As Crónicas do Sochantre. Con ese
pequeno intre teatral, hilarante e á
vez emotivo…
Noutro momento, talvez diría outro autor, ou outra
obra de Cunqueiro.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Veña, xa que hai que elixir… Personaxe galego: algúns de Cunqueiro, tan teatrais, tan ben pintados, como o vello Simbad. Extranxeiro: Jacques o Fatalista, Ulises, Cirano de Bergerac, Zorba o grego... Español: don Quijote, La Celestina… E están, claro, algúns de Valle-Inclán...
Un personaxe galego e un estranxeiro?
Agora mesmo penso en Fred Vargas, escritora
francesa de policiacos. Pero teño moitas preferencias.
É difícil, cada país ten moitos escritores, poemas,
pezas, novelas!! Uff… Melville, Homero, Stevenson,
Mary Shelley, Katherine Mansfield, Nicolas Bouvier,
Mark Twain… Durante unha época non podía vivir
Un/ha autor/-a e unha obra literaria
estranxeiros?
A ver… Non sei se falar de
identificación, pero gústanme algúns de
Enki Bilal, autor de cómics que me gusta
especialmente.
Un personaxe de ciencia-ficción co que se identifique?
Lembro o monumento a Miguel Servet, n
un
lugar de Francia chamado Annemasse,
fronteirizo con Suíza. É bastante t
riste como
estatua, todo hai que dicilo. O salientable é
que o
monumento foi realizado como provocación.
Miguel Servet m
orreu queim
ado en Xenebra,
xusto ao outro lado da fronteir
a, condenado por
Calvino…
Un monumento salientábel?
Que difícil! A ver… Vénme á cabeza
Cirano de Bergerac. Ten pasaxes
fermosísimas e moi intensas.
Unha obra teatral?
Teño moitas, claro. Non sei… “I am Legend”,
por exemplo. Ou a italiana “Mimi Metalurgico”,
de Lina Wertmüller. Hai uns días vin a vida
de Camarón de la Isla en filme, gustoume
moito. Gústame moito o cinema francés.
Unha película de cine
Calquera cese de presenza
opresiva nun lugar.
Un feito histórico?
Escoito moita música, moita radio.
Gústanme Maria Callas, Pergolesi, Jeff
Buckley, Charlie Winston… Hoxe
escoitaba a Jacques Brel, a Paco Ibáñez…
Unha canción: “Baby, you should have
come over”, de Jeff Buckley. Por exemplo.
Un tipo de música? Unha canción?
Sicilia. A miña casa.
Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
Ir a Xapón. Un anceio por realizar?
É que eu non penso a literatura
como entretemento… Gústame o
debuxo, a fotografía…
Outro entretemento
ademais da literatura?
Cada lugar ten o seu encanto, e cada momento a súa necesidade.
Mundo rural/urbano? Praia/montaña?
Non hai mensaxes que nos
digan que é normal falar o
propio idioma. Outra: Que os
cartos non son precisos para
vivir. Outra: Que a policía non é necesaria.
Unha utopía?Agora mesmo, debaixo da
miña fiestra, ao sol.
Un lugar axeitado para
Non se
i se c
hamalo iden
tifica
ción. F
aime
sentir
moi b
en ler
a Fred Vargas, a
Tommasi
di Lampedusa, a
Cervantes
, a
Shakespeare,
a Diderot...
Ou a Enki Bila
l,
artista
autor de c
ómics
. Por
exemplo!
!!Un/ha autor/-a
con quen
se
identif
ique?