texto homenaxe 28 abril

2
Bos días a todos e a todas O Concello de Ferrol acolleu a iniciativa, que lle presentou a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, de conmemorar nun acto conxunto de diversas entidades culturais e veciñais, por unha banda, o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e por outra, o 50 aniversario da institucionalización do Día das Letras Galegas. A publicación de Cantares Gallegos supuxo un remuíño decisivo na obra de Rosalía de Castro, pero tamén un paso estratéxico de enorme transcendencia para o futuro da nosa literatura. En 1863, na cidade de Vigo, vía a luz a obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, quen contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo. E, como xa indicou Xosé Manuel Pazo, a data que aparecía no libro foi a referencia para os membros da Real Academia Galega, hai 50 anos, e así a estableceron o 17 de maio como Día das Letras Galegas. O Concello presenta hoxe esta homenaxe coa satisfacción de que non só está colaborando coa difusión e o prestixio da nosa cultura e da nosa literatura, senón coa certeza de que hoxe dámos un paso máis no camiño que ten como meta acadar que na 51 (cincuenta e unha) edición das Letras Galegas o homenaxeado sexa o ferrolán Ricardo Carballo Calero. O pasado mes de marzo, o Concello Pleno de Ferrol aprobaba por unanimidade a proposta de dirixirse á Real Academia Galega para solicitarlle que o ano 2014 sexa o ano o ano do recoñecemento merecido da obra de don Ricardo Carvalho Calero, do seu compromiso coa cultura e coa lingua galega.

Upload: cenlf

Post on 18-Jun-2015

187 views

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

Discurso lido por Susana Martínez Galdós, Concelleira delegada de Educación do Concello de Ferrol, no acto de homenaxe celebrado o día 28 de abril de 2013, por mor do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e do 50 aniversario da institucionalización do Día das Letras Galegas.

TRANSCRIPT

Bos días a todos e a todasO Concello de Ferrol acolleu a iniciativa, que lle presentou a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística, de conmemorar nun acto conxunto de diversas entidades culturais e veciñais, por unha banda, o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, e por outra, o 50 aniversario da institucionalización do Día das Letras Galegas.

A publicación de Cantares Gallegos supuxo un remuíño decisivo na obra de Rosalía de Castro, pero tamén un paso estratéxico de enorme transcendencia para o futuro da nosa literatura. En 1863, na cidade de Vigo, vía a luz a obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, quen contribuíu como ningún outro autor ou autora do seu tempo na xénese e afirmación do sistema literario galego contemporáneo.

E, como xa indicou Xosé Manuel Pazo, a data que aparecía no libro foi a referencia para os membros da Real Academia Galega, hai 50 anos, e así a estableceron o 17 de maio como Día das Letras Galegas.O Concello presenta hoxe esta homenaxe coa satisfacción de que non só está colaborando coa difusión e o prestixio da nosa cultura e da nosa literatura, senón coa certeza de que hoxe dámos un paso máis no camiño que ten como meta acadar que na 51 (cincuenta e unha) edición das Letras Galegas o homenaxeado sexa o ferrolán Ricardo Carballo Calero.

O pasado mes de marzo, o Concello Pleno de Ferrol aprobaba por unanimidade a proposta de dirixirse á Real Academia Galega para solicitarlle que o ano 2014 sexa o ano o ano do recoñecemento merecido da obra de don Ricardo Carvalho Calero, do seu compromiso coa cultura e coa lingua galega.

Non é a primeira vez que desde a nosa cidade se reclama este recoñecemento, tanto desde a propia Corporación como desde o movemento cultural ferrolá.

Agardamos que esta nova etapa dea o seu froito e que no 2014 poidamos organizar e participar en diversos actos en que a figura central sexa a obra e a produción de Carballo Calero.

Convido hoxe a todas as entidades aquí representadas a sumarse á esta solicitude que imos promover desde o Concello co fin de que sexa unha demanda colectiva, non só institucional, de xeito que a Real Academia Galega a asuma como unha petición cidadá, do conxunto do pobo ferrolán.

Non quero rematar sen agradecerlles ás entidades que participan neste acto e aos seus representantes a súa colaboración e axuda na organización desta homenaxe, a Coral Alecrín, A Coral Polifónica Armonía, O Real Coro Toxos e Froles, A Asociación de Veciños de Brión , a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra e ao alumnado e profesorado que nos acompaña do colexios de San Xoán de Filgueira, Sagrado Corazón e IES Canido.

Moitas grazas polo voso traballo e bo facer.

Ferrol, 28 de abril de 2103

Susana Martínez GaldósConcelleira delegada de Educación