transiciÓn da educaciÓn infantil Á primaria
DESCRIPTION
TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA. C.E.I.P. ISAAC PERAL. TÁBOA REPRESENTATIVA DOS ESTUDIOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA. Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE. Lingua estranxeira dende os 6 anos.1º curso. - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
![Page 1: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/1.jpg)
C.E.I.P. ISAAC PERAL
![Page 2: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/2.jpg)
TÁBOA REPRESENTATIVA DOS ESTUDIOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA
EDUCACIÓN INFANTIL3 anos-4ºnivel
4 anos-5º nivel
5 anos-6º nivel
EDUCACIÓN PRIMARIA
1º ciclo1º curso
2º curso
2º ciclo3º curso
4º curso
3º ciclo5º curso
6º curso
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
ESO
1º curso
2º curso
3º curso
4º curso
![Page 3: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/3.jpg)
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación
LOE
Lingua estranxeira dende os 6 anos.1º curso.
Educación para a cidadanía e os dereitos humanos,no 3º Ciclo, 6º curso.
As áreas que teñan carácter instrumental para a adquisición doutros coñecementos recibirán especial consideración.
Coa finalidade de fomentar o hábito da lectura dedicarase un tempo diario a esta.
Poderán impartirse materias en Lingua estranxeira.
![Page 4: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/4.jpg)
Porase especial énfase na atención á diversidade.
Prevención das dificultades de aprendizaxe e posta en práctica de mecanismos de reforzo tan pronto como se detecten estas dificultades.
Reforzo da acción titorial e a Orientación.
Só se poderá repetir unha vez en toda a Primaria. Nese caso, haberá un plan específico de reforzo das competencias básicas.
![Page 5: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/5.jpg)
Competencias básicas
1- C. en comunicación lingüística.
2-C. Matemática.
3- C. No coñecemento e interacción co mundo físico.
4- Tratamento da información e competencia dixital.
5- C. Social e cidadá.
6- C. Cultural e artística.
7- C. Para aprender a aprender.
8- Autonomía e iniciativa persoal.
![Page 6: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/6.jpg)
Avaliación de diagnóstico
Ao finalizar o 2º ciclo da educación primaria todos os centros realizarán unha avaliación de diagnóstico censal das competencias básicas alcanzadas polo seu alumnado.
Terá carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa.
![Page 7: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/7.jpg)
HORARIO E. PRIMARIA
1 CICLO 2 CICLO 3 CICLO
1º 2º 3º 4º 5º 6º
L. e Lit. galega 4 4 4 4 4 3
L. E L castelá 4 4 4 4 4 3
L. estranxeira 2 2 3 3 3 3
E. Artística 2 2 2 2 2 2
E. Física 2 2 2 2 2 2
Matemáticas 5 5 4 4 4 4
C. Medio 5 4 5 4 5 4
Relixión 1 2 1 2 1 2
E. Cidadanía - - - - - 2
TOTAIS 25 25 25 25 25 25
![Page 8: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/8.jpg)
Etapa dividida en tres ciclos: O 1º ciclo: agrupa a nenos e nenas de 6 a 8 anos. O 2º ciclo : de 8 a 10 anos O 3º ciclo: de 10 a 12 anos
Preténdese: Que as nenas e os nenos afiancen o seu
desenvolvemento persoal e o seu benestar,
Que adquiran as habilidades básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e ao cálculo así como
Que desenvolvan as habilidades sociais, os hábitos de
traballo e estudio, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade.
Educación Primaria (6-12 anos)
![Page 9: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/9.jpg)
Educación Primaria(6-12 anos)
A etapa de Educación Primaria é o segundo tramo da escolaridade. Ao longo desta etapa o neno ten que acadar uns coñecementos que lle permitan entrar a formar parte do mundo no que está integrado, en especial da sociedade á que pertence.
A familia é a primeira educadora e desempeña un papel importante neste proceso de adquisición de aprendizaxes.
![Page 10: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/10.jpg)
¿CÓMO SON OS NENOS E NENAS NESTE CICLO?
Neste ciclo, os nenos e nenas seguen un proceso madurativo, iniciado anteriormente, nos aspectos físico, psíquico e social.
A súa linguaxe é bastante máis rica e estructurada e, normalmente, domina a pronunciación de todos os fonemas. Pode expresar con moita fluidez e coherencia as experiencias vividas ou as actividades realizadas
![Page 11: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/11.jpg)
AUTONOMÍA PERSOAL
A súa actitude respecto aos adultos aínda é de dependencia. Pero rápidamente pódese observar que se inicia un proceso de autonomía.
O papel da familia é de novo moi importante, animándoos a realizar pequenas tarefas por si mesmos e a que se vaian planificando respecto as tarefas escolares e ao aprendizaxe que teñan que realizar. Unha axuda innecesaria, atrasará ese proceso
![Page 12: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/12.jpg)
DESENVOLVEMENTO INTELECTUAL
Compre colocar aos nenos e nenas en situacións de dúbida, é dicir, situacións que axuden a debater, a discutir, a razoar, a expoñer cuestións,etc. sobre o que lle interesa, o que está estudiando e a adoptar unha resposta ante unha situación determinada.
Hai dous factores fundamentais que favorecen a aprendizaxe: a motivación e a comprensión.
Tamén interveñen outros factores como a atención, o razoamento, a lóxica, os coñecementos acumulados, etc.
![Page 13: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/13.jpg)
RAZONAMENTO
?
?
![Page 14: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/14.jpg)
ATENCIÓN
![Page 15: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/15.jpg)
plupo __________
pul
LÓXICA
Cambia tres paliños de posición para que a figura triangular quede para abaixo en vez de para arriba.
![Page 16: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/16.jpg)
RELACIÓNS SOCIAIS
NOVA DO MUNDO:
Decatámonos de que non somos o centro
do mundo.
Somos moi sensibles á
igualdade no trato.
As relacións persoais vanse descubrindo
mediante as actividades que
realizamos co grupo.
![Page 17: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/17.jpg)
ACTITUDE CO TRABALLO
A tarefa máis importante da etapa é a adquisición dos procedementos das materias instrumentais, isto é, ler e escribir.
Os nenos e as nenas teñen que practicar e xeneralizar na casa unha serie de actitudes que lles serán ensinadas na escola.
Compre organizar e posibilitar algunha tarefa que poidan realizar, esixíndolle un grao de responsabilidade suficiente para que poidan sentir o pracer de realizar unha actividade útil.
![Page 18: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/18.jpg)
Competencia lectoescritora
SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVERSIDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA UTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCION COCRRETA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ESTO ES PQUORE NO LEMEOS CADA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PAALBRA EN UN TDOO.
PRESNOAMELNTE ME PREACE ICRNEILBE.
TNATOS AOÑS DE COLGEIO A LA………..
(Quitado de Internet)
![Page 19: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/19.jpg)
Temos obrigas:
O colexio, informar ; os pais , preguntar
Os nenos deben de contar o que fan no colexio, igual que transmiten na aula o que lles acontece na casa
Sempre que dende a familia non se comprenda o que se está a facer na escola , hai que preguntar, porque as cousas as veces non son o que parecen e quen resolve non é o pai ou nai do compañeiro na porta do colexio: quen sabe do neno é o profesor/a
![Page 20: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/20.jpg)
XOGAR COS VOSOS FILLOS E FILLAS ENRIQUECE AS
VOSAS RELACIÓNS Convén facer os xogos a gusto. Non deben presentarse coma tarefas
obrigatorias, aínda que é importante animar a esforzarse.
Resultan atractivos en se mesmos. Non se deben empregar premios, castigos, competicións...
Adicar o tempo necesario, evitando o cansazo.
Valorar aos fillo/as: Non valorar os erros como fracasos. Aceptar eses fracasos nos xogos axuda a superar contrariedades futuras
Se ao nenos ou nenas lles resultan doadas estas actividades, búscalle outras similares pero máis complicadas. Pensemos
ademais que cada un aprende ao seu ritmo
Cando comeza unha actividade, débea rematar
![Page 21: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/21.jpg)
Familia /Escola
Esta é a relación que debemos manter familia é escola: negociar, colaborar, comunicar pero non rifar porque, deste xeito, ninguén come
![Page 22: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/22.jpg)
Axudémoslles a voar
Un rei , dándose conta de que xa non podía ensinar as súas fillas, levounas ao mellor sabio do mundo. As nenas preguntaron e preguntaron ao sabio, quen sempre tiña a resposta axeitada. As nenas decidiron sorprender ao home cunha pregunta xenial a que non puidera dar resposta.
-Atraparemos nas nosas mans unha bolboreta, e preguntarémoslle se pensa que está viva ou morta. Se di que viva, aplastámola e se di morta, abrimos as mans e a deixamos voar. Nunca dará a resposta correctaAsí foi. A resposta que deu o sabio foi a seguinte:
-A vida da bolboreta está nas vosas mans. Depende de vós
A vida dos nenos e nenas está nas mans de todos:
FAMILIA+ESCOLA
![Page 23: TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022050805/56814235550346895dae5118/html5/thumbnails/23.jpg)
Por unha boa convivencia na nova etapa que estamos a comenzar
Moitas grazas
Benvidos á educación primaria