ud 15 prácticos

20
UD 14-15 A REESTRUTURACIÓN DOS ESPAZOS INDUSTRIAIS Eva www.aulasabertas.blogspot.com XEOGRAFÍA 2º BACH PRÁCTIC OS

Upload: evapaula

Post on 09-Jul-2015

737 views

Category:

Documents


13 download

TRANSCRIPT

Page 2: Ud 15 prácticos

1.- Doc. 11, páx. 312

Paisaxes industrial en área

urbana

Polígono industrial clásico:

espazo creado especificamente

para albergar naves industriais.

Localizase as aforas da cidade da

Coruña, xunto a estradas e

principais vías de acceso a

cidade, xa que o solo é máis

abundante e barato e as súas

actividades resultan menos

molestas.

A proximidade a cidade beneficia

á industria: proporciona man de

obra, mercado, transportes, etc.

Localización industrial concentrada

Page 3: Ud 15 prácticos

Acolle industria lixeira, de bens de uso e consumo. Produtos

elaborados que van destinados directamente ao mercado

e aos consumidores. Os bens de produción, normalmente

son de pouco volume. Instalacións de menor tamaño,

menos man de obra e capital que as industrias pesadas.

Probablemente Agroalimentaría, téxtil.

Acolle tamén actividades terciarias (almacéns, empresas

distribuidoras...).

Tamaño medio con baixo desenvolvemento tecnolóxico. Sector

maduro.

Page 4: Ud 15 prácticos

Ao longo do proceso de industrialización, as cidades reuniron unha proporción

crecente das empresas e os empregos industriais, que tenderon á

concentración espacial, sobre todo, nas grandes aglomeracións

metropolitanas. Existen vanos factores explicativos:

Beneficios da aglomeración, asociados ao gran tamaño do mercado de

consumo, a abundancia e cualificación da man de obra, a maior densidade e

calidade das infraestruturas de comunicación, e á presenza de centros de

apoio á innovación empresarial.

Abundante promoción de chan industrial para atraer a instalación de

empresas en polígonos e parques industriais.

Ambiente de negocios e ámbito social atractivo.

Page 5: Ud 15 prácticos

Problemáticas:

a) Redúcese o volume de emprego industrial substituído polo

crecemento dos servizos, polo que se fala de desindustrialización.

b) Prodúcese unha terciarización industrial, pola que boa parte das

empresas industriais só manteñen nas grandes cidades as súas

oficinas de dirección, centros de I+D, atención ao cliente etc., mentres

trasladan as súas fábricas a espazos de menores custos: áreas rurais,

novos países industriais etc.

Page 6: Ud 15 prácticos

2.- Doc. 24 e 25 (Act. 3 páx. 297)

Existe un forte desequilibrio entre a produción e o consumo de enerxía,o que converte a España nun país dependente das importacións.

A principal debilidade do sector enerxético español é a gran dependencia do petróleo, que se debe importar, e do carbón, sendo as dúas enerxías moi contaminantes.

O punto positivo é a gran porcentaxe de enerxía que se obtén a partir das renovables.

En España as enerxías renovables obtéñense, sobre todo, a partir da eólica, da hidráulica e da solar. Teñen a vantaxe de ser inesgotables e de non contaminar; o seu inconveniente é a contaminación visual ou da paisaxe que provocan.

Page 7: Ud 15 prácticos

3.- Doc.1

a) Nomeeas provincias máis industrializadas.

b) Comente o documento atendendo ás seguintescuestións:

-Grandes centros urbanos e industriais e grandes eixes de desenvolvemento dos anos 70.

-Contrastes industriais entre o centro e a periferia.

-Explique as principais causas da crise industrial de mediados do anos 70.

Page 8: Ud 15 prácticos

Localización da Industria 1975 a) Nomeeas

provincias máis

industrializadas.

Asturias

Cantabria

Vizcaya

Guipúzcoa

Ávila

Zaragoza

Girona

Barcelona

Tarragona

Valladolid

Madrid

Castellón

Valencia

Alicante

Murcia

Page 9: Ud 15 prácticos

Ao finalizar o período de industrialización

acelerada (1960-1975) coñecido como

desarrollista, o mapa industrial español

mostraba o predominio dos grandes centros

urbanos e industriais (Barcelona, Madrid,

Bilbao, Valencia, Zaragoza etc.), xunto a

grandes eixes de desenvolvemento que

enlazaban algúns deles.

O eixe Cantábrico seguiu concentrando a

industria básica ligada aos recursos minerais,

con grandes empresas, algunhas públicas.

O eixe Mediterráneo, en cambio, mantivo o

predominio de industrias tradicionais (téxtil,

agroalimentaria, moble, calzado) e da pequena

empresa, xunto á instalación progresiva de

grandes multinacionais en sectores máis

dinámicos (automóbil, electrodomésticos).

O eixe do Ebro contaba tamén con esa mesma

variedade de pequenas empresas locais (viños,

conservas, calzado) e grandes firmas, que

comezaron a deslocalizarse desde os focos

máis conxestionados.

Grandes centros urbanos

e industriais e grandes

eixes de

desenvolvemento dos

anos 70.

Page 10: Ud 15 prácticos

El período entre 1959 y 1975 supuso un crecimiento económico sin precedentes, al

que contribuyeron una serie de factores favorables, como la expansión generalizada

de la economía capitalista, la llegada de capital extranjero, la instalación de

grandes empresas multinacionales, etc.

Aunque el estado puso en funcionamiento los planes de desarrollo y una política

regional basada en los polos de desarrollo y promoción (Coruña y Vigo 1964) el

desarrollo industrial de los años 1960 se localizó en las regiones que tenían mayor

tradición industrial y en sus áreas adyacentes, lo cual agravó los desequilibrios

regionales.

Se generó una dicotomía entre los tres espacios más industrializados (Cataluña,

País Vasco y Madrid), que concentraron casi las tres cuartas partes de las

inversiones multinacionales y del empleo recién creado, y, por otra parte, la Meseta,

Galicia, Extremadura y Andalucía, que acusaron una pérdida de significación

industrial.

El modelo industrial de la década de 1960 hizo que aumentaran las diferencias entre

regiones ricas y pobres, lo que incidió en los procesos demográficos de

emigración y de éxodo rural que vivió la población española y que vinieron a

incrementar aún más los propios desequilibrios.

Al final del período, la industria española experimento una profunda crisis, al ser

tributaria en exceso de sus deficiencias estructurales y de la dependencia

energética. El encarecimiento de la energía, causado por la gran subida de los

precios del petróleo en 1973, incrementó los costes de producción.

Contrastes industriais entre o centro e a periferia.

Page 11: Ud 15 prácticos

CAUSAS EXTERNAS:

O aumento do prezo da enerxía tras a crise do

petróleo que encareceu os custos de produción e

transporte para as empresas reducindo os seus

beneficios

A aparición dunha nova revolución tecnolóxica,

baseada nas tecnoloxías da información e

comunicación (microelectrónica, informática,

robótica, telecomunicacións ou redes dixitais) así

como a biotecnoloxía ou novos materiais, que

provocou unha maior automatización da

produción, destruíndo empregos e esixindo

grandes investimentos que non todas as empresas

puideron realizar.

Unha progresiva desaparición do

proteccionismo ante a globalización dos

mercados e a integración de España na actual

Unión Europea (1986), que aumentou a

competencia á que se enfrontaban as empresas do

país.

Novas formas de produción máis flexibles para

abaratar custos que obrigaron a reducir o tamaño

de moitas grandes fábricas e aumentar a

subcontratación a pequenas empresas, algunhas

delas fóra de España.

CAUSAS INTERNAS :

O período de transición

política á democracia, que

provocou incertezas que frearon

o investimento das empresas

privadas e a chegada de capital

exterior, sen que os gobernos do

momento aplicasen unha política

decidida para enfrontarse á

crise.

Unha presenza excesiva de

pequenas empresas con

pouco capital e de industrias

tradicionais de escaso nivel

tecnolóxico, que utilizaban

grandes cantidades de enerxía

ou de man de obra pouco

cualificada para vender os seus

produtos no mercado interior,

sendo as que se enfrontaron con

máis dificultade á nova situación.

Explique as principais

causas da crise industrial

de mediados do anos 70.

Page 12: Ud 15 prácticos

Act. 23, Páx. 315 /Doc. 6, Páx. 292

Illas Baleares: madeira, agroalimentaria, calzado.

Comunidade Valenciana: madeira, electricidade, transporte terrestre, téxtil, calzado, papel/gráficas.

Rexión de Murcia: química, naval.

Andalucía: naval, química, agroalimentaria, automobilística, electricidade, papel, conservas de peixe, aeronáutica.

Estremadura: moble, agroalimentaria.

Castela-A Mancha: química, agroalimentaria.

Castela e León: agroalimentaria, maquinaria industrial, electricidade.

Comunidade de Madrid: transporteterrestre, maquinaria industrial, aeronáutico, papel/gráficas.

Canarias: química, agroalimentaria.

Galicia: conservas de peixe, papel/gráficas, naval, automobilística, textil e agroalimentaria.

Principado de Asturias:siderometalúrxica, naval.

Cantabria: química.

País Vasco: siderometalúrxica, naval, papel/gráficas, maquinaria industrial.

Comunidade Foral de Navarra:electricidade, agroalimentaria.

A Rioxa: agroalimentaria, maquinaria industrial.

Aragón: electricidade.

Cataluña: automobilística, química, transporte terrestre, papel/gráficas, téxtil, madeira, agroalimentaria, maquinaria industrial, electricidade.

Page 13: Ud 15 prácticos

Act. 24, Páx. 315 /Doc. 9, Páx. 310

Comunidades por debaixo da media europea (23%):Andalucía, Illas Baleares, Canarias, Cástela e León, Estremadura, Galicia, Comunidade de Madrid, Rexión de Murcia, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Principado de Asturias, Cantabria, Ceuta e Melilla.

Os motivos que explican estas cifras son diversos. No caso de Andalucía, Cástela e León, Estremadura, Galicia e Rexiónde Murcia, explícanse pola escasa industrialización destasrexións, debido a razóns históricas e sociais.

Polo que atinxe a Canarias e, sobre todo, as Illas Baleares, haique ter en conta a forte incidencia do sector terciario (turismo) na poboación activa total.

Na Comunidade de Madrid o peso global dos servizos é moialto, como corresponde á súa capitalidade.

E o caso de Ceuta e Melilla explícase pola particular situación xeopolítica destas comunidades.

Page 14: Ud 15 prácticos

Act. 2, Páx. 317

O sector secundario é un sector en declive, ante o claro proceso de terciarizaciónda economía nos países desenvolvidos.

Sempre será importante porque a produción industrial é básica para o funcionamento da economía dun país.

Entre 1960 e 1980 España aínda está saíndo da economía agraria e industrializándose, coas conseguintes emigracións do campo a cidade. E a época dunha forte industrialización, que absorbe os excedentes do campo. A partir de 1980, España entra nunha fase máis avanzada e o sector terciario comeza a ser decisivo na súa estrutura económica, dado o seu crecemento e a súa homologación crecente coas economías desenvolvidas do conxunto de Europa occidental.

Todos os sectores industriais deben facerlles fronte ao reto da globalización e a crecente competencia exterior. Os que máis sofren esta situación sonos sectores téxtil, siderúrxico, naval, electrónico e de fabricación de maquinaria e ultimamente do automóbil, ameazado pola deslocalización.

As principais debilidades do sector secundario en España radican na falta de competitividade ante o aumento da competencia exterior proveniente dos países emerxentes, nun escaso investimento en I+D. Entre os puntos fortes destacan as melloras nas técnicas produtivas, unha maior converxencia cos criterios establecidos pola unión europea e unha especialización do persoal en certas áreas.

Page 15: Ud 15 prácticos

VOCABULARIO

Page 16: Ud 15 prácticos

• Estrutura de organización empresarial que permite a diminución do custe por unidade ao aumentar o volume da produción.

• Nas últimas décadas a mellora dos transportes e as comunicacións permitiron a moitas empresas reducir os custos de produción.

Economías de escala

• Desprazamento da actividade industrial desde as grandes cidades e as rexións de maior densidade cara a outras periféricas.

• Este proceso intensificouse en España nas últimas década debido a varias causas, entre elas o forte aumento dos custos nas grandes áreas urbanas e a mellora dos transportes e as comunicacións.

Difusión industrial

Page 17: Ud 15 prácticos

• Aquelas que se obteñen de fontesnaturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais.

• Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.

• Aquelas que non se esgotan co seu consumo, senón que se renovan periodicamente de forma natural. Supoñen tamén un menor impacto ambiental, polo que adoitan cualificarse como enerxías limpas. Eólica, solar, biomasa, xeotérmica e maremotriz son renovables.

• España é a segunda produtora mundial de enerxía eólica, tras Alemaña.

Enerxías Renovables

Page 18: Ud 15 prácticos

• Os Fondos Estruturais son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e busca reforzar a cohesión económica e social.

• O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional(FEDER) –destinados ás rexións menos favorecidas- e o Fondo Social Europeo (FSE) –destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego.

Fondos estruturais

• Contratación dunha empresa por outra para que realice unha parte da súa actividade seguindo as indicacións, características e prazos que se lle impoñen.

• Utilízase a miúdo por grandes empresas para abaratar os seus custos, ou porque buscan PEMEs moi especializadas nunha tarefa.

Subcontratación

• Nova rama industrial que ten como finalidade desenvolver tecnoloxías limpas para a industria e non contaminar nos procesos de produción, distribución e consumo.

• Reciclan ou reutilizan algún tipo de material (cartón, papel, plástico....), reducen ao mínimo as emisións de gases efecto invernadoiro, dispoñen de planta de tratamento de auga e de residuos sólidos,…

Industrias verdes

Page 19: Ud 15 prácticos

• Materias primas que pola súa importancia son vitais para a existencia económica ou política de certos Estados e inflúen poderosamente nas decisións políticas que se toman nestes países.

• Petróleo, gas natural ou uranio.

• España, é un país dependente enerxeticamente, importa a maioría da enerxía que consome (petróleo e gas natural).

Materias primas estratéxicas

http://www.solidaridad.net/noticia/4103/

causa-de-las-guerras-materias-

primas-estrategicas

• Espazo industrial creado por iniciativa estatal co fin de atraer empresas de tecnoloxía avanzada e xeradoras de innovación. Estes centros adoitan manter unha estreita vinculación coas universidades e cos centros de investigación.

• En España iniciouse a construción de parques tecnolóxicos desde 1985, impulsados polos Gobernos autonómicos.

• En 1988 creouse a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) para favorecer a súa colaboración.

Parque tecnolóxico

Page 20: Ud 15 prácticos

Industrias punta

• Industrias que empregan unha tecnoloxía avanzada, que destinan moitos recursos a investigación e precisan de persoal altamente cualificado.

• Informática, telecomunicacións, microelectrónica,..

Concentración industrial

• Asociación ou fusión de empresas para ser máis competitivas.

• A concentración de empresas dun mesmo sector recibe o nome de concentración horizontal. Por exemplo, algunhas industrias siderúrxicas.

• A concentración de empresas de distintos sectores que operan en diferentes etapas do proceso produtivo recibe o nome de concentración vertical. Por exemplo, a industria téxtil (tecidos, confección,..)Deslocalización

• Traslado dunha empresa cara a rexións ou países onde a man de obra é máis barata ou ten vantaxes fiscais co fin de reducir os custos de produción.

• Téxtil, calzado e electrónica.