ud mortadelo e filemón 2º
DESCRIPTION
Unidade didáctica sobre os persoaxes do cómic homónimo destinada a alumnado de primaria.TRANSCRIPT
222ººº BBB
MMMooorrrtttaaadddeeelllooo eee FFFiiillleeemmmóóónnn
Índice
O autor. Biografía
Bibliografía seleccionada
Mortadelo e Filemón
Noutras linguas
Os personaxes. Trazos descritivos
Contestamos
Une os puntos
Colorea
Ordena as viñetas
Onomatopeas
Completa con quen tes ó teu lado
Descrición
Unir características
Xogo. Os disfraces de Mortadelo
O meu Mortadelo
O meu Filemón
A miña Ofelia
Solucións das viñetas
O autor. Biografía.
Francisco Ibáñez Talavera
naceu en Barcelona o 15 de
Marzo de 1936 no seo dunha
familia humilde de clase
media baixa. O seu pai,
alacantino, traballaba
como contable para
diversas empresas de
Barcelona. A súa nai era andaluza. Ten 3 irmáns.
É un debuxante de banda deseñada, pertencente á segunda xeración
ou xeración do 57 da Escuela Bruguera, xunto a outros autores.
En outubro de 1947, con once anos, publicouse o seu primeiro
debuxo na revista Chicos.
Estudou Contabilidade, Banca e Peritaxe Mercantil. Traballou de
botóns para o Banco Español de Crédito e dende 1957 o seu
traballo é o de autor de banda deseñada, faceta na que creou
diferentes obras (entre series de tiras cómicas e debuxante de
historietas). De todas elas a máis salientábel e prolífica é a
de dous axentes peculiares: Mortadelo e Filemón.
Bibliografía. A obra de Ibáñez.
As principais creacións de banda deseñada deste autor son:
Serie Ano de
creación
Mortadelo y Filemón. Agencia de información.
La familia Trapisonda. Un grupito que es la monda.
13, Rue del Percebe.
El botones Sacarino.
Rompetechos.
Pepe Gotera y Otilio. Chapuzas a domicilio.
1958
1958
1961
1963
1964
1966
Mortadelo e Filemón.
A primeira aparición destes personaxes tivo lugar na revista
Pulgarcito o 20 de xaneiro de 1958, co título “Mortadelo y
Filemón, agencia de información”. O pareado debeuse a que se
adoitaba acompañar dunha rima o título da serie.
Antes de chamárense como os coñecemos, o autor pensou noutros
tres nomes, os cales foron:
"Mr. Cloro y Mr. Yesca, agencia detectivesca"
"Ocarino y Pernales, agentes especiales" e
"Lentejo y Fideíno, detectives finos".
Os nomes definitivos decidiunos a Editorial Bruguera e parece
que fan referencia á mortadela (Mortadelo) e a un filete
(Filemón).
Nas súas orixes, Mortadelo e Filemón, os protagonistas da serie,
eran unha parodia do doutor Watson e Sherlock Holmes.
Traballan na T.I.A. (Técnicos de Investigación Aeroterráquea)
xunto co Superintendente Vicente, a secretaria Ofelia e o
profesor Bacterio -científico da organización-. Asemade
acostuman aparecer outros membros da TIA como Bestiajez (axente
secreto) ou Irma (outra secretaria).
Doutro lado están malos como: Bruteztrausen, o “Doctor Bacílez”,
“Doctor Bíchez”, “Ten-go-pis”, “Ku-kal-acha”, “El Esmirriau” ou
“El rana” que traballan para axencias inimigas como a
A.B.U.E.L.A. (Axentes Bélicos Ultramarinos Especialistas en Líos
Aberrantes) ou a F.E.A. (Federación de Espías Asociados),
entroutras. incluso hai inimigos extraterrestres como X-W-Z-96
"Profesor Von Iatum” da U.P.C.C. (Unión de Planetas Camorristas
e Catalépticos).
A linguaxe está inzada de palabras e expresións propias do intre
da creación da serie (década dos 50 e 60 do século pasado),
aparecendo termos e expresións xa non usadas ou case non usadas
en castelán como “colodrillo", "beodo", "corcho", "sapristi",
"mofa y befa", "merluzo", "trolebús", "futesas", etc. propias da
linguaxe daqueles anos.
Outra característica é que os protagonistas trátanse de vostede,
aínda sendo moi amigos.
Noutros países, noutras linguas.
A serie foi traducida a diferentes idiomas e os nomes dos
personaxes cambian dun a outro. Así temos:
Mort & Phil, en inglés.
Paling en Ko, en holandés.
Mortadelo e Salaminho en portugués (Brasil)
Salamão e Mortadela en portugués (Portugal)
Flink och Fummel en sueco
Flip & Flop en dinamarqués
Mortadel et Filémon en francés (tamén Futt et Fil)
Mortadella e Filemone en italiano (tamén Mortadello e
Polpetta)
AntipiΞ kai ΣymφΩniΞ (lese: Andirix ke Simfonix) en grego
Älli ja Tälli en finlandés
Clever & Smart en noruego, checo e alemán
Zriki Svargla & Sule Globus en serbio
Mortadel·lo i Filemó en catalán
Mortadelo e Filemón en galego
Mortadelc pa File en esloveno
Dörtgöz ve Dazlak en turco
En galego só se publicou un título: “O estrelato”, no ano 2002.
Une cada título co idioma no que se publicou.
catalán holandés inglés alemán esloveno
francés grego galego finlandés italiano
turco portugués sueco serbio dinamarqués
Os personaxes. Trazos descritivos.
Mortadelo
É o protagonista e alma da parella de axentes
secretos. Fraco, alto, calvo, imaxinativo e despistado.
Viste de negro cunha longa levita, pantalón e zapatos;
e camisa branca. Agás cando se transforma. Adoita
meterse en sarillos. Sempre está pelexando co seu
xefe ou gastándolle bromas. Malia iso, a maioría das
veces é el quen remata ideando algunha estratexia
disparatada para resolver os casos que lles encarga o
“Súper”.
Filemón
Teoricamente é o cerebro da parella. É xefe e
compañeiro de Mortadelo. Calvo, rabudo, despistado
e astuto. Viste zapatos marróns, pantalón vermello e
camisa branca con gravata de lazo negra. Case todo o
fan xuntos e enténdense ben. A maioría das veces ten
que cargar cas culpas polas meteduras de zoco de
Mortadelo e é entón cando se enfada. Aínda é todo,
son amigos inseparables.
O Súper
É o xefe de Mortadelo e Filemón. Encárgalles todo
tipo de misións. Cando se enfada ten mal xenio e
dálles as misións máis difíciles e arriscadas.
É alto, calvo, bigotudo, mandón e rosmón. Viste traxe
azul, camisa branca con gravata negra e zapatos
marróns.
Bacterio
É o científico tolo da “T.I.A.”. Calvo, barbudo, atolado
e medios despistado. Viste traxe verde, camisa branca
e zapatos marróns. Tamén bata branca. Pasa o tempo
inventando e facendo experimentos e cacharros para
que os axentes poidan resolver máis doadamente as
misións. Nembargantes, sempre comete algún
“pequeno” pero fatídico erro.
Ofelia
É a secretaria do “Súper”. É unha loira algo gordiña e
un pouco rabuda. Lista, guapa e feliz. Leva un vestido
vermello e botas negras. Sempre se enfada con
Mortadelo e Filemón polas bromas que lle fan. A
pesar diso, está namorada de Mortadelo e é moi
coqueta e moi presumida.
Contestamos
Como se chama o autor de Mortadelo e Filemón?
En que ano naceu?
O 15 de marzo deste ano, cantos anos cumpre?
Cal foi o seu primeiro traballo?
En que ano se publicou por primeira vez Mortadelo e Filemón?
En que ano estamos? Canto pasou dende o comezo da serie?
Cal era o título completo da serie?
Escribe o nome de tres series creadas polo autor de Mortadelo
e Filemón?
Que significa T.I.A.?
Rodea o nome que non se corresponde cun dos malos:
Bruteztrausen Bestiajez Ku-kal-acha Doctor Bíchez
Escribe o nome dunha organización inimiga e o significado das
súas siglas.
Cal é o título da única historieta publicada en galego?
Escribe os seus nomes en inglés e en italiano
Une os puntos e descubre de que vai disfrazado Mortadelo.
Colorea os disfraces e escribe o nome de cada un deles.
Frases Feitas
En tódalas historietas de Mortadelo e Filemón abundan as frases
feitas e expresións curiosas. Algunhas delas pódelas ver de
seguido nesta actividade na que terás que unir cada unha co seu
significado. Están postas en castelán, posto que en galego só
hai un título, e ademáis porque algunhas cambian dunha lingua a
outra.
“Meter la pata” meter o zoco reñir “Tener mala uva” trabucarse “De aúpa” ter mal carácter “Andar a la greña” el más importante “Tener malas pulgas” enorme “Ser el alma de algo” ter mal carácter
Agora propóñoche algo máis arriscado. Vas ter que botar man do
diccionario para coñecer o significado destoutras frases feitas.
Poderías dicir que significa?:
o Ser uña e carne?
o Ser todo corazón o tener un corazón de oro?
o Ser todo oídos?
o Ser la mano derecha de alguien?
o Ser mano de santo?
o Ser unha alma de Deus?
Fnqmac txpgau
Escribe cada onomatopea no bocadillo que lle corresponde.
É a alma desta parella de axentes. Ten unha tremenda capacida-
de para ________________ e tamén para _______________
__________________ . Sempre está pelexando con
______________ ou __________________________. Malia
todo, a maioría das veces é el quen remata ideando ________
___________ para resolver os casos que lles encarga o Súper.
Teoricamente é ___________ da parella. É o xe-
fe e compañeiro de Mortadelo. Case todo o fan
xuntos e enténdense ben. A maioría das veces ten
que cargar ______________ polas meteduras de
zoco de Mortadelo e entón _______________
_______. Aínda así, son amigos inseparables.
É a ______________ do Super.
É unha loira algo gordiña e un
pouco rabuda. Sempre se enfurru-
ña con Mortadelo e Filemón polas
________________________.
A pesares diso non perde a súa
___________ (é moi presumida).
É o ____________ tolo da "T.I.A". Pasa
o tempo ____________ e __________
______________ experimentos para
uqe os axentes poidan resolver máis
doadamente as misión. Pero sempre
comete algún “pequeno” erro.
_________________________ adoitan
ser os encargados de probar os seus
experimentos e xa están algo fartos del.
Ó igual que Mortadelo e Filemón se axudan para resolver as
misións que lles encarga o Súper, ti vas precisar da axuda do
teu compañeiro ou da túa compañeira, que ten a folla contraria,
para completar os datos que faltan na túa.
Folla 1
É a alma desta parella de axentes. Ten unha ___________
_____________ para disfrazarse e tamén para meterse
en sarillos. Sempre _________ ________________ con
Filemón ou gastándolle bromas. Malia todo, a maioría das
veces _________________ remata ideando alguna estra-
texia para resolver os casos que lles encarga __________.
Teoricamente é o cerebro da parella. É o _______
e ______________ de Mortadelo. Case todo o
fan ____________ e ____________________.
A maioría das veces ten que cargar cas culpas das
meteduras de zoco de Mortadelo e entón enfurrú-
ñase. Aínda así, son amigos _________________. É a ______________ do Súper.
É unha loira algo ____________
e un pouco ____________.
Sempre se enfurruña con Morta-
delo e Filemón polas bromas que
lle fan. A pesares diso non perde
a súa coquetería (é moi _______
__________).
É o científico _______ da "T.I.A". Pasa o
tempo inventando e facendo experimen-
tos para que os axentes poidan resolver
máis doadamente as misión. Pero sempre
comete algún ________________ erro.
Mortadelo e Filemón adoitan ser os encar-
gados de probar os seus ____________
e xa están algo ___________________.
Ó igual que Mortadelo e Filemón se axudan para resolver as
misións que lles encarga o Súper, ti vas precisar da axuda do
teu compañeiro ou da túa compañeira, que ten a folla contraria,
para completar os datos que faltan na túa.
Folla 2
alto – calvo – rosmón – bigote – azul – mandón – branca
camisa – traxe – zapatos – gravata – negra – enfada - marróns
É o xefe de Mortadelo e Filemón. É un home _______________, con
pouco pelo –é _______________-. Ten un
_____________ moi grande.
Viste sempre cun ________________ de cor
_____________, debaixo leva unha ____________
de cor _____________ anoada cunha ___________
_______________ e calza uns __________________
____________________.
Sempre está bastante ledo menos cando se _______________________
cos axentes e vólvese un ________________.
Como é o xefe, é moi ___________________.
loira – cabelo rizado – cara redonda – sorrinte – guapa
presumida –vestido vermello – botas negras – aros – secretaria
Une Trazos Personaxe Fai
Calvo inventa
Alto
secretaria
Gorda
Gafas disfrázase
Barbudo
manda
Gravata de lazo
Loira investiga
Rosmón
confúndese
Bata
Gravata bromea
Presumida
persigue
bigotudo
Xogo: os disfraces de Mortadelo
Créanse dous grupos de igual número de participantes, ós que se lles
dá unha folla cun vocabulario e unhas preguntas clave. Poden usala a
modo de exemplo e usar calquera palabra ou pregunta que se lles
ocorra.
De seguido escóllese un membro dun grupo e dáselle un debuxo de
Mortadelo disfrazado. (Ou ben, suxírese un disfrace).
O grupo 1 fará unha pregunta ó alumno seleccionado, usando o
vocabulario e as
preguntas clave da folla.
Despois o grupo 2 realizará a súa pregunta.
Cada disfrace vale 25 puntos e por cada pregunta efectuada
descóntanse 5 puntos.
Unha vez adiviñado o disfrace, sae un alumno do grupo contrario para
que responda ás preguntas.
Gañará a equipa que máis puntos consiga.
VOCABULARIO Prendas de vestir: casco, mocasíns, gorra, mandil, bombachos, sombreiro, quimono, botas, camisa, mono, chaleco, gravata de lazo, pantalón, saia, camiseta, blusa, zapatos de tacón, chaquetiña, boina, capa, chaqueta, turbante, cinto, bata, gravata, zapatillas de deporte, bufanda, luvas. Utensilios e outros obxectos: mazo, chave inglesa, moa, ladrillo, pipa, desaparafusador, coitelo, cemento, espátula, pistola, tixola, extintor, trapo,…
PREGUNTAS CLAVE ¿Leva casco? ¿Usa sombreiro? ¿Leva pantalón longo / curto? ¿Leva zapatos? ¿Utiliza un extintor? ¿Usa desaparafusador? ¿Utiliza ladrillos? Etc.