un xeito de soÑar galicia - mondarizbalneario.es · xentes como castelao, bóveda e outros moitos...
TRANSCRIPT
UN XEITO DE SOÑAR GALICIA
UN XEITO DE SOÑAR GALICIA
Labradores de ‘La ArmoníaCampesina’ coa bandeira do
seu sindicatoArquivo do Reino de Galicia
http://vicepresidencia.xunta.es
ste ano 2006 cúmprense 70 anos da aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. O
Estatuto de 1936 foi o resultado do esforzo de moitos galeguistas que traballaron polo autogoberno
do noso país. Xentes como Castelao, Bóveda e outros moitos que viron truncado o seu soño co
alzamento militar que desembocou na Guerra Civil e na ditadura franquista. A longa noite de pedra que
truncou aquel xeito de imaxinar Galicia: un país libre, luminoso e tolerante.
Hoxe en día atopámonos noutro importante momento na historia da nosa nación. Traballamos na
elaboración dun novo Estatuto para Galicia. É tempo de soñar Galicia doutro xeito e asegurar que sexa
un soño compartido na imaxinación de todos.
Aproveitando a conmemoración do 70 aniversario do plebiscito do Estatuto do 36, a Vicepresidencia da
Xunta, como departamento responsábel en materia de Relacións Institucionais, quere implicar á
sociedade galega neste proceso ilusionante. A mostra Nazón de Breogán, facendo un percorrido pola
historia do país, pretende achegar a cidadanía á nosa especifidade histórica e identitaria, reforzando
igualmente o seu sentido de pertenza a unha comunidade singular. Con esta exposición, e empregando
para iso un deseño atractivo, queremos involucrar e facer partícipe á sociedade galega do importante
momento histórico que estamos vivindo. Un proceso que deberá desembocar na aprobación dun novo
Estatuto para Galicia que nos capacite para asumir os retos e aproveitar as oportunidades da sociedade
de comezos do século XXI. As nacións teñen dereito a soñar e o exercicio dese dereito é o que as fai
grandes.
Desexo que esta mostra sexa do voso máximo interese e poida contribuír a fomentar a participación de
todos os galegos e as galegas na decisión efectiva das cousas que lles importan e lles afectan. Porque
este é o traballo que temos por diante: que Galicia sexa todo e canto as galegas e os galegos queiran
que sexa.
Anxo QuintanaVicepresidente da Igualdade e do Benestar
E
Prestadores de obra e imaxes
Arquivo Municipal da Coruña
Arquivo Pacheco. Vigo
Arquivo do Reino de Galicia
Colección Puertas-Mosquera
Consello da Cultura Galega
Familia José Suárez
Fundación Caixa Galicia
Guillermo Escrigas
Instituto Galego de Información
Instituto Padre Sarmiento
Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside
Museo das Mariñas. Betanzos
Museo do Castro de Viladonga
Museo do Pobo Galego
Pazo da Trave. Otero Regal
Real Academia Galega
Real Patronato de Sargadelos
OrganizaciónVicepresidencia da Igualdadee do BenestarXunta de Galicia
Comisariado e textosLourenzo Fernández Prieto
Guión históricoRamón Villares
DocumentaciónMiguel Anxo Seixas Seoane
Produción e fotografíaXurxo Lobato
Deseño da montaxeXosé Díaz [Imago Mundi]
Esculturas de personaxesSuso MonteroJosé TojoManuel Lareo
VídeoNicolás Campos
Transporte e montaxeJEGA
SegurosCorreduría Caixa Galicia
Imprime Alva Gráfica
Depósito Legal: C-0000-2006
sta exposición quere explicar por que cantamos no himno galego á nazón de Breogán e mesmo por
que temos himno. Por que hoxe somos recoñecidos pola Constitución española como cidadáns dunha
nacionalidade chamada histórica. Por que hai 70 anos tivemos xa un Estatuto de Autonomía. Quen foi
que se empeñou en tal cousa e por que. Por que Galicia non acadou historicamente un Estado moderno
propio. Por que deixamos de ser reino. Por que este territorio pasou de ser soar de tantas casas nobres a
non ter ren. Estes e outros son moitos porqués para unha exposición pero de seguro que a habelencia
dos seus artistas facedores servirá para alentar a curiosidade polo coñecemento histórico e polo
descubrimento do noso pasado.
A Historia serve para lembrarnos que non nacemos onte, que non todo foi coma hoxe. Axuda a conxurar
a soberbia do presente. Fainos ver, como din os vellos, que as cousas son máis complicadas. Ben sabemos
que quere dicir que parte do que somos llo debemos a eles. Desde logo que si! Houbo un longo túnel
histórico capaz de influír no presente aínda que ás veces nin o saibamos. Iso é o que queremos coñecer.
As sociedades actuais viven obsesionadas polo futuro pero só somos pasado e presente. Non sabemos o
que pasará pero para intentar entendérmonos mellor podemos querer saber algo do que pasou.
No ano do debate do novo Estatuto de Autonomía de Galicia, que coincide co 70 aniversario do Estatuto
de 1936, queremos contribuír á información e ao coñecemento e mover á reflexión sobre o que somos
colectivamente en perspectiva histórica. Galicia existe porque os seus cidadáns queren que exista. Temos
un pasado colectivo e común que camiñou en diferentes direccións, alén e aquén do Miño, alén e aquén
do Atlántico, alén e aquén do Texo. Sabemos que un galego e unha galega de hoxe son máis parecidos e
teñen máis en común cun timorense, un somalí ou un uruguaio de 2006 que cun galaico-romano do
século II. Mais tamén que neste mundo globalizado o pasado pode ser un territorio común e próximo
para descubrir a nosa identidade.
Lourenzo Fernández PrietoCatedrático de Historia Contemporánea
Universidade de Santiago de Compostela
EU N V E L L O P A Í S E U R O P E O
8 Un xeito de soñar Galicia 9Un xeito de soñar Galicia
11Un xeito de soñar Galicia10 Un xeito de soñar Galicia
13Un xeito de soñar Galicia12 Un xeito de soñar Galicia
15Un xeito de soñar Galicia14 Un xeito de soñar Galicia
17Un xeito de soñar Galicia16 Un xeito de soñar Galicia
19Un xeito de soñar Galicia18 Un xeito de soñar Galicia
21Un xeito de soñar Galicia20 Un xeito de soñar Galicia
23Un xeito de soñar Galicia22 Un xeito de soñar Galicia
25Un xeito de soñar Galicia24 Un xeito de soñar Galicia
27Un xeito de soñar Galicia26 Un xeito de soñar Galicia
29Un xeito de soñar Galicia28 Un xeito de soñar Galicia
31Un xeito de soñar Galicia30 Un xeito de soñar Galicia
33Un xeito de soñar Galicia32 Un xeito de soñar Galicia
35Un xeito de soñar Galicia34 Un xeito de soñar Galicia
37Un xeito de soñar Galicia36 Un xeito de soñar Galicia
39Un xeito de soñar Galicia38 Un xeito de soñar Galicia
41Un xeito de soñar Galicia40 Un xeito de soñar Galicia
43Un xeito de soñar Galicia42 Un xeito de soñar Galicia
ÍNDICE
8-9 Unha terra feita morada
10-11 Valeroso clan
12-13 A “California” de Roma
14-15 O reino de Galicia
16-17 Frades “lavradores” en Jacobusland
18-19 Rara en cidades
20-21 Gutenberg en Fisterra
22-23 Luces da razón
24-25 A revolución galega
26-27 Tempo de caciques
28-29 Galicia moderna
30-31 Feito en América
32-33 Terra e progreso
34-35 Deitada fronte ao mar
36-37 A primavera das nacións
38-39 A fiestra republicana
40-41 A conquista do Estatuto
42-43 Longa noite