ut04 formas xuridicas e tramites de creacion

22
 Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites de creación Serxia Laxe [email protected]. es 1 de 21 UD 4: FORMAS XURÍDICAS E TR ÁMITES DE CREACIÓN 1. Obxectivo da forma xurídica 2. Aspectos a ter e n conta na elecció n 3. Principais formas xurídicas 4. Axudas e subvencións 1.- Obxectivo da forma xurídica 1.1.- Concepto de forma xurídica No momento que unha persoa ou grupo de persoas decide iniciar unha actividade empresarial, debe de decidir cal é a forma xurídica que lle ha resultar máis conveniente. Esta decisión é moi importante, posto que dela derívanse cuestións como o número mínimo de socios necesario para a súa creación, a responsabilidade que adquiren fronte ás débedas e o capital mínimo que a lei esixe para a constitución da empresa, o réxime de tributación ou a modalidade de cotización á seguridade social. Def.: A forma xurídica é a identificación legal dunha empresa ante unha Administración, os clientes e os provedores. 1.2.- A Personalidade Xurídica. As persoas xurídicas e as persoas físicas O concepto de personalidade xurídica é aquilo polo que se lle recoñece a unha persoa, entidade ou asociación capacidade suficiente para contraer obrigacións e realizar actividades que xeran plena responsabilidade xurídica, fronte a sí mesmos e fronte a terceiros.  A personalidade xurídica, pois, non coincide necesariamente co espazo da persoa física, senón que é máis amplo e permite actuacións con plena validez xurídica ás entidades formadas por conxuntos de persoas ou empresas. Unha persoa xurídica ou persoa moral é un suxeito de dereitos e obrigacións que existe fisicamente pero non como individuo, senón como institución e que é creada por unha ou máis persoas físicas para cumprir un obxectivo social que pode ser con ou sen ánimo de lucro. Noutras palabras, unha persoa xurídica é todo ente con capacidade para adquirir dereitos e contraer obrigacións e que non sexa unha persoa física.  Así, xunto ás persoas físicas existen tamén as persoas xurídicas, que son entidades ás que o Dereito atribúe e recoñece unha  personalidade xurídica propia e, en consecuencia, capacidade para actuar como suxeitos de dereito, isto é, capacidade para adquirir e posuír bens de todas clases, para contraer  obrigacións e exercitar accións xudiciais. 1.3.- A capacidade xurídica e a capacidade de obrar

Upload: jose-francisco-bouzada-montes

Post on 06-Jul-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 1/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 1 de 21

UD 4: FORMAS XURÍDICAS E TRÁMITES DE CREACIÓN

1. Obxectivo da forma xurídica2. Aspectos a ter en conta na elección3. Principais formas xurídicas4. Axudas e subvencións

1.- Obxectivo da forma xurídica

1.1.- Concepto de forma xurídica

No momento que unha persoa ou grupo de persoas decide iniciar unha actividade

empresarial, debe de decidir cal é a forma xurídica que lle ha resultar máis conveniente.

Esta decisión é moi importante, posto que dela derívanse cuestións como o númeromínimo de socios necesario para a súa creación, a responsabilidade que adquiren fronteás débedas e o capital mínimo que a lei esixe para a constitución da empresa, o réximede tributación ou a modalidade de cotización á seguridade social.

Def.: A forma xurídica é a identificación legal dunha empresa ante unha Administración,os clientes e os provedores.

1.2.- A Personalidade Xurídica. As persoas xurídicas e as persoas físicas

O concepto de personalidade xurídica é aquilo polo que se lle recoñece a unha persoa,entidade ou asociación capacidade suficiente para contraer obrigacións e realizaractividades que xeran plena responsabilidade xurídica, fronte a sí mesmos e fronte aterceiros.

 A personalidade xurídica, pois, non coincide necesariamente co espazo da persoa física, senón que é máis amplo e permite actuacións con plena validez xurídica ás entidadesformadas por conxuntos de persoas ou empresas.

Unha persoa xurídica ou persoa moral é un suxeito de dereitos e obrigacións que existefisicamente pero non como individuo, senón como institución e que é creada por unha oumáis persoas físicas para cumprir un obxectivo social que pode ser con ou sen ánimo delucro.

Noutras palabras, unha persoa xurídica é todo ente con capacidade para adquirir dereitose contraer obrigacións e que non sexa unha persoa física.

 Así, xunto ás persoas físicas existen tamén as persoas xurídicas, que son entidades ásque o Dereito atribúe e recoñece unha personalidade xurídica propia e, en consecuencia,capacidade para actuar como suxeitos de dereito, isto é, capacidade para adquirir e

posuír bens de todas clases, para contraer  obrigacións e exercitar accións xudiciais.

1.3.- A capacidade xurídica e a capacidade de obrar

Page 2: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 2/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 2 de 21

 As persoas físicas, os seres humanos, temos ademais personalidade xurídica. Comosinalamos arriba, esta capacidade xurídica faculta a unha persoa para ser titular de

dereitos e obrigacións; para exercer ou esixir os primeiros e contraer os segundos enforma persoal e comparecer a xuízo. A capacidade xurídica permite crear, modificar ouextinguir relacións xurídicas de forma voluntaria e autónoma.

 A capacidade de obrar ou capacidade de exercicio, en Dereito, consiste na calidadexurídica da persoa que determina a eficacia dos actos realizados por ela segundo o seuestado civil.  Isto é, a posibilidade que ten cada persoa de actuar na vida conforme adevandito estado. Tamén se podería definir como a aptitude da persoa para constituír,modificar, ou extinguir relacións públicas, é a idónea para realizar actos xurídicos.

É preciso diferenciar a capacidade xurídica, que é total, igual e, inmutable; da capacidade

de obrar que pode ser total ou parcial (isto é, habilitar para realizar todos ou só certosactos) desigual ou distinta dunha a outra persoa e mesmo variar segundo a situación ouestado civil en que se atope a mesma persoa.

 A capacidade de obrar é variable, é dicir, non é igual para todos. Mentres que acapacidade xurídica téñena todas as persoas desde o momento do seu nacemento polomero feito de ser persoa, a capacidade de obrar plena obtense, supostamente, unha vezalcanzada a maioría de idade.

Para que un maior de idade vexa limitada a súa capacidade de obrar é necesaria unhadeclaración xudicial de incapacidade. Nestes casos o xuíz, na sentenza de incapacidade,sinalará unha ou varias persoas que deben exercer a tutela ou curatela da persoaincapacitada, completando así a súa capacidade de obrar.

2.- Aspectos a ter en conta na elección

Vexamos detidamente estes aspectos:

Page 3: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 3/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 3 de 21

1º Responsabilidade

 A responsabilidade é un aspecto moiimportante xa que nos indica adispoñibilidade que asumen os promotoresna súa actividade.

Esta responsabilidade maniféstase fronte aoutros clientes, a Administración, osprovedores, traballadores, bancos etc.… 

Pero, que é a responsabilidade?:

  Responsabilidade limitada: Limítase ao capital, bens e dereitos a nome daempresa, salvando os bens propios dos promotores ou socios.

  Responsabilidade ilimitada: A responsabilidade esténdese aos bens, dereitos ecapital dos socios cando cos propios da empresa non son suficientes.

Seguindo este criterio, podemos clasificar ás sociedades en dous grandes tipos:personalistas e capitalistas. A distinción deriva do grao de independencia da sociedadecomo persoa xurídica fronte aos socios, o cal ten unha transcendencia fundamental encanto ao réxime de responsabilidade da sociedade.

 Así, son personalistas aquelas sociedades nas que todos os socios ou parte delesresponden persoal, ilimitada e solidariamente das débedas sociais, aínda que ditaresponsabilidade é sempre subsidiaria con respecto á da sociedade. As principaissociedades mercantís de carácter personalista son a colectiva e a comanditaria simple.

Pola contra, nas sociedades capitalistas os socios responden as débedas sociaisunicamente até o límite das achegas realizadas. As sociedades capitalistas típicas son aanónima e a de responsabilidade limitada.

2º Réxime Fiscal Aplicable.Cada forma xurídica vai estar sometida a un réxime de tributación diferente, e iso taméndeber ser considerado á hora da elección.

Pódese diferenciar dous grandes grupos a das formas xurídicas suxeitas ao IRPF(Imposto da Renda das Personas Físicas) nas súas diferentes modalidades e as doImposto sobre Sociedades.

O tipo impositivo é diferente en ambos os casos. Así o IRPF varía dependendo dorendemento do negocio, aumentando o tipo impositivo canto máis se gaña, mentres que

no IS1

 dispóñense os seguintes tipos impositivos:

1 Veñen recollidos no artigo 29 e a disposición transitoria 34 da Lei do Imposto de Sociedades

Page 4: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 4/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 4 de 21

SUJETOS PASIVOS  TIPOS 2015  2016 

Tipo general 28% 25%Entidades de nueva creación excepto que tributen a un tipo

inferior, aplicarán esta escala el primer período con BI positiva y

el siguiente

15% 15%

Entidades con cifra negocio < 5 M€ y plantilla < 25 empleados  25% 25%

Empresas Reducida Dimensión (cifra negocio < 10M€), excepto

que tributen a tipo diferente del general

Parte de BI hasta

300.000 € 25% 25%

Resto 28% 25%

Mutuas de seguros generales y mutualidades de previsión social

25% 25%

Sociedades garantía recíprocaColegios profesionales, cámaras oficiales y sindicatos de

trabajadores

Entidades sin fines lucrativos que no reúnen requisitos Ley

49/2002

Fondos de promoción de empleo

Uniones y confederaciones de cooperativas

Entidad de derecho público Puertos del Estado y las Autoridades

Portuarias.

Comunidades titulares de montes vecinales en mano comúnPartidos políticos (Art. 11 LO 8/2007)

Sociedades cooperativas de crédito y cajas rurales

Resultado

cooperativo28% 25%

Resultado

extracoop.30% 30%

Cooperativas fiscalmente protegidas

Resultado

cooperativo20% 20%

Resultado

extracoop.

28% 25%

Sociedades anónimas cotizadas de inversión en el mercado

inmobiliario. (SOCIMI) (Art. 9 Ley 11/2009)

En general 0% 0%

19%

(1)

19%

(1)

Entidades sin fines lucrativos que sí cumplen Ley 49/2002 10% 10%

Entidades de la Zona Especial Canaria (Art. 43 Ley 19/1994) 4% 4%

SICAVcon determinadas condiciones indicadas en art. 29.4 LIS

que remite a la Ley 35/2003 de Instituciones de Inversión1% 1%

http://www.agenciatributaria.es/AEAT.internet/Inicio/_Segmentos_/Empresas_y_profesionales/Empresas/Impuesto_sobre_Sociedades/Periodos_impositivos_a_partir_de_1_1_2015/Tipos_de_gravamen/Tipos_de_gravamen_aplicable_a_periodos_impositivos_iniciados_en_el_ano_2015_y_2016__Art__29_y_DT_34__LIS_.shtml 

Page 5: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 5/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 5 de 21

Colectiva

Fondos de inversión de carácter financiero con determinadas

condiciones indicadas en art. 28.5.b) TRLIS

Sociedades y fondos de inversión inmobiliaria con determinadas

condiciones indicadas en art. 29.4 LIS

Fondo de regulación del mercado hipotecario

Fondos de pensiones 0% 0%

Entidades dedicadas a exploración, investigación y explotación de

yacimientos de hidrocarburos y otras actividades reguladas en Ley

34 /1998

33% 30%

Entidades de crédito 30% 30%

Unha vez que estudamos os diferentes elementos a ter en conta ao elixir a formaxurídica, sinalamos que desde o punto de vista xurídico, podemos distinguir distintos tiposde empresas segundo trátese dun empresario individual ou dunha sociedade.

3ºNúmero de socios:

Dependendo do número de socios que sexamos poderemos elixir unha forma xurídica ououtra, tal e como indica o cadro seguinte:

 A Lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia, modificada pola L14/20112, establece un mínimode 3 socios en calquera clase de cooperativa. Si a S. Coop. é de segundo grao, o mínimoson 2 socios.

http://www.cooperativasdegalicia.com/asistente/docs/ResumoexplicativodamodificaciondaLeidecooperativasGalicia.pd

f  

Page 6: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 6/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 6 de 21

4º Capital social

O capital social é a achega en diñeiro, bens outraballo que fan os socios.

 Achégase para a posta en marcha e funcionamento e pasa a formar parte da sociedade,por iso a achega de cada socio faille ser dono da empresa na medida e de formaproporcional ao capital achegado.

 A lei esixe nalgúns casos un mínimo de achega, pero noutros non existe tal limitación.

Vexamos a seguinte táboa onde se especifican tales cantidades.

5º Esixencia legal

Nalgunhas actividades a lei esixe que as empresas que as realicen teñan unha

determinada forma xurídica.Exemplos: para poder optar a un concurso público da Administración, para constituír unBanco, para ser unha Mutua de Prevención ou unha Compañía de Seguros,... debenaterse ás esixencias recollidas na normativa particular de cada un destes sectores.

3.- Principais formas xurídicas

a) Empresario individual ou autónomo

Persoa que, pola súa conta e risco, exerce en nome

propio, por ela mesma ou a través dun representante,unha actividade constitutiva de empresa.

Page 7: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 7/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 7 de 21

Trátase da forma xurídica máis simple, e que presenta menores formalidades para a súaconstitución. Por iso nos encontramos coa forma que máis se dá, en todos os sectores deactividade.

É importante resaltar que leva un alto risco e que para adquirir a condición de empresarioindividual non existe ningún trámite especial, nin seguise é obrigatorio a inscrición noRexistro Mercantil, só se inscriben si queren.

 As súas características son:

  Responsabilidade ilimitada.  Capital mínimo para a constitución non existe  Tributación: Imposto sobre a renda das Persoas físicas (IRPF) este imposto

gravará os seus ingresos de maneira variable de acordo coa súa contía. A

porcentaxe que se aplica é maior canto máis alto é o beneficio.   Seguridade Social: Réxime de autónomos (RETA)  Nome: Libre, pode ser o do propietario ou denominacións imaxinarias.

b) Sociedades

É unha forma de organización destinada a operar no tráfico mercantil mediante a caldiversas persoas deciden pór en común traballo e/ou recursos económicos para,mediante o exercicio de actividades privadas, alcanzar o obxectivo de obter beneficios.

 Atendendo ao tipo de actividade que exercen podemos distinguir:

 A) S.Colectiva

1. Mercantís  B) S.Responsabilidade Limitada

C) S.Anónima

D) *S.LaboralSociedades

2. Cooperativas.

 A) Comunidade de bens.

3. Non Mercantís 

B) Sociedade Civil.Casos particulares de empresa:

4. Empresas de Economía Social5. Franquías

Page 8: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 8/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 8 de 21

Vexamos cada unha delas:

1.- Sociedades Mercantís: 

Son asociacións voluntarias de persoas físicas ou xurídicas que pretenden obterbeneficios para si mesmas a partir de beneficios obtidos na sociedade.

Nacen no momento da inscrición da Escritura de Constitución da sociedade noRexistro Mercantil. Poden finalizar a súa existencia por decisión dos asociados ou porquese extinguiu o seu patrimonio.

Vexamos algunhas delas.

A) SOCIEDADE COLECTIVA.

Neste tipo de sociedade, a personalidade de cadasocio resulta fundamental, até o punto de que ningúndeles pode transmitir a súa participación na sociedadesen o acordo dos outros.

Poden darse dous tipos de socios.

1.- Socios Colectivos:

  Achegan capital á sociedade en forma de bens ou diñeiro. En xeral contribúen áxestión.

  A súa  responsabilidade é  ilimitada, isto quere dicir que os socios han deresponder as débedas con todos os seus bens presentes e futuros. Habemos deaclarar que se entende que a responsabilidade de cada socio é subsidiariarespecto ao patrimonio da sociedade (os socios deben facerse cargo das débedasunha vez que a sociedade se quedou sen fondos) e solidaria  entre eles, poispoden esixírselle as débedas a cada un dos socios ou a un deles individualmente.

  Deben de darse de alta no Réxime de Autónomos da Seguridade Social si son

traballadores. 

2.- Socios Industriais:

  Achegan unicamente traballo  e non teñen responsabilidade na xestión. Por isoparticipan en beneficios na mesma contía que o socio de menor achega.

  En canto á súa responsabilidade, o código de comercio dispón que non han deachegar fondos para cubrir perdas  si non se pactou outra cousa. Así que enprincipio un socio industrial non é responsable das débedas da empresa.

  Deben darse sempre de alta no Réxime de Autónomos da Seguridade Social.

CARACTERISTICAS:

  Responsabilidade: Socios colectivos, ilimitada, socios industriais limitada.

Page 9: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 9/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 9 de 21

  Mínimo de socios: 2  Capital mínimo para a constitución: Non existe.  Tributación: imposto sobre sociedades.

  Seguridade Social: Réxime de autónomos (RETA)  Nome: debe figurar o nome e apelidos dos socios colectivos ou só o dun

deles, e debe engadirse ”e compañía” ou a súa abreviatura “e Cía.” 

B) SOCIEDADE DE RESPONSABILIDADE LIMITADA (S.L. ou S.R.L.)

 A característica esencial é que o capital achegadopor cada socio fixa o límite da responsabilidade. Atransmisión de participacións é libre entre os sociose entre estes e o seu cónxuxe, ascendientes e

descendentes. No caso de que teñan que pasar aterceiras persoas, está sometida ás limitaciónsfixadas polos estatutos da empresa ou a lei.

Os órganos de goberno da sociedade de responsabilidade limitada son:

- Xunta Xeral de Socios: Si o número de socios é superior a 15. Está formada portodos os socios e reúnese como mínimo unha vez ao ano. Os acordos da Xunta Xeralrexen a vida da sociedade e tómanse segundo as maiorías previstas na Lei deResponsabilidade Limitada

- Administrador. Encárgase de xestionar e representar á empresa e é nomeadopola Xunta Xeral. Unha das súas principais obrigacións é no prazo máximo de 5 mesesdesde o peche do exercicio social, a presentar as contas anuais e a proposta dedistribución de beneficios.

CARACTERISTICAS.

 Responsabilidade. Limitada á achega de cada socio.

 Mínimo de socios: Un pode existir sociedades limitadas unipersonales (SLU) Capital mínimo para a constitución: É de 3005,06 e ha de estar integramente

desembolsado no momento da fundación. Ten que estar dividido en participaciónsiguais, indivisibles e acumulables que non poden denominarse accións.

 Seguridade Social: Réxime Xeral, si os socios son traballadores.

 Tributación: Imposto de Sociedades.

  Nome: Ha de estar acompañado por unha indicación que sinais que tipo de

sociedade é.

Page 10: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 10/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 10 de 21

  Normalmente, úsanse as siglas SL (Sociedade Limitada) ou SRL (SociedadedeR esponsabilidad Limitada)

* SOCIEDADE LIMITADA NOVA EMPRESA

É unha especialidade da Sociedade de Responsabilidade Limitada que se concibiu coaidea de reducir os longos trámites que se esixen para crear unha empresa. Esta formaxurídica pode constituírse por medios telemáticos en menos de 48h e evitandodesprazamentos.

O seu réxime xurídico é practicamente igual ao da Sociedade Limitada. Presenta asseguintes vantaxes e inconvenientes con respecto á Sociedade Limitada normal:

VANTAXES:

  Comúns coa SL:o  Responsabilidade limitada ao capital.o  Liberdade de pactos entre os socios.o  Capital social mínimo moi reducido (3.012€) o  Sen límite mínimo nin máximo de socios.o  Xestión máis sinxela que outras sociedades.

  Específicas da SLNE:o  Rapidez e simplicidad na constitución (48h)o  Existencia duns estatutos tipo aprobados por Orde Ministerial.

INCONVENIENTES:

  Comúns coa SL:

O Sistema de Tramitación Telemática (STT) do Centro de Información eRede de Creación de Empresas (CIRCE) é un sistema informático de

tramitación de expedientes electrónicos.

O expediente electrónico tramítase a través do Documento Único Electrónico(DUE) a través de Internet.

Si o emprendedor carece de acceso a Internet, pode acudir fisicamente a unPunto de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT), onde pode tramitar o

DUE

O DUE concede de formaautomática unha cita co notario, áque debe acudir o emprendedor/ a

para o inicio dos trámitescorres ondentes.

O DUE inicia de forma telemáticao resto dos trámites.

Page 11: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 11/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 11 de 21

o  Obrigatoriedade de levar contabilidade formal.o  Complexidade do Imposto sobre Sociedades.o  Non hai liberdade para transmitir as participacións.

  Específicas da SLNE:o  Imposibilidade de que persoas xurídicas sexan socias.o  Existencia de capital social mínimo (3012€) o  Número máximo de 5 socios no momento da constitución.o  Si non se utilizan estatutos tipo, non se pode tramitar a creación en 48h.

D) SOCIEDADE ANÓNIMA

 A Sociedade Anónima facilita a captaciónde novos socios e por tanto, a acumulación degrandes masas de capital. Así calquera sociopode vender a súa participación na empresa aquen desexe e no momento máis oportuno paraos seus intereses.

 A transmisión de accións é libre; estas poden ser, por outra banda nominativas ou aoportador, o que garante o anonimato de socio si así o desexa.

Na actualidade as sociedades anónimas teñen un peso moi importante na nosa

economía.

 A condición de accionista dunha sociedade anónima implica diversos dereitos.  Influencia nas decisións tomadas pola Xunta Xeral de maneira proporcional ao

número de accións.  Participación nos beneficios proporcional ao número de accións. Esta participación

recibe o nome de dividendos.  Dereito de compra preferente das accións no caso de que a sociedade decida

ampliar o capital.

Os órganos de Goberno son:

Xunta Xeral: Constituída pola reunión da totalidade dos socios. É o máximo órganode goberno, no que os socios deciden por maioría os acordos que son da súacompetencia.

O Consello de Administración. Nomeado pola Xunta Xeral, cuxa función érepresentar e xestionar a empresa.

Os administradores non teñen por que por que ser  accionistas. 

CARACTERISTICAS.  Responsabilidade. Limitada á achega de cada socio..

Page 12: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 12/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 12 de 21

  Mínimo de socios: Un, pode existir sociedades limitadas unipersonales.  Capital mínimo para a constitución: É de 60101,21 € Debe estar

integramente subscrito no momento da fundación da sociedade e

desembolsado nun 25%. O capital social áchase dividido en partes alícuotas(proporcionais) denominadas accións.

  Seguridade Social: Réxime Xeral si os socios son traballadores.  Tributación: Imposto de Sociedades.  Nome. Ha de estar acompañado por unha indicación que sinale que tipo de

sociedade é.  Normalmente, úsanse as siglas SA

E) SOCIEDADE LABORAL

O trazo característico destas sociedades é que amaioría dos socios (+50%) teñen que traballar nelapor tempo indefinido e a xornada completa. Estassociedades dispoñen de diversas axudas financeiras,subvencións, bonificacións nos impostos… todo isoregulado por lei. Desta forma facilítase o acceso dostraballadores aos medios de produción e créansepostos de traballo.

Existen dous tipos de sociedades laborais: Sociedade Anónima Laboral (S.A.L.) eSociedade Limitada Laboral (S.L.L.) O seu funcionamento axústase, en xeral, a todo odisposto nas leis que afectan as sociedades anónimas ou ás sociedades limitadassegundo o caso.

Existen tres tipos de socios: Socios traballadores, Socios non traballadores e asalariadosnon socios.

CARACTERISTICAS.

  Responsabilidade. Limitada á achega de cada socio.  Mínimo de socios: 3, dos cales 2 han de ser traballadores.

  Capital mínimo para a constitución: É de 60101,21 € para unha Sociedade Anónima Laboral e de 3005,06 para unha SLL.  Seguridade Social: Réxime Xeral si os socios son traballadores.  Tributación: Imposto de Sociedades.  Nome. Ha de estar acompañado por unha indicación que sinale que tipo de

sociedades. Normalmente, úsanse as siglas SAE ou SLL

2.- Sociedades Cooperativas:

Fonte: http://www.cooperativasdegalicia.com/cooperativismo/index.php?menu=1 

 A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio deactividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de

Page 13: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 13/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 13 de 21

todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades easpiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa, e en interese polacomunidade. Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión

e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividadecooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolversemediante unha sociedade cooperativa. As cooperativas teñen que axustarse no seufuncionamento aos principios formulados pola Alianza Cooperativa Internacional:

 As cooperativas baséanse nos valores da autoaxuda , da autoresponsabi l idade , dademo cracia, da igualdade, da equidade e da sol idar iedade . Na tradición dos seusfundadores, as socias e socios cooperativos creen nos valores éticos da honestidade, atransparencia, a responsabilidade social e a preocupación polos demais.

Os principios cooperativos son pautas mediante as que se poñen en práctica os valores

I. Adh esión v olun tar ia e aberta  

 As cooperativas son organizacións voluntarias, abertas a todas as persoas capaces deutilizar os seus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades de ser socio ou socia,sen discriminación social, política, relixiosa, racial ou de xénero.

II. Xes tión democrátic a

 As cooperativas son organizacións democráticas controladas polos seus membros, queparticipan activamente na fixación das súas políticas e na toma de decisións. Os homes emulleres elixidos para representar e xestionar as cooperativas son responsables ante aspersoas socias. Nas cooperativas de primeiro grao, as persoas socias teñen iguaisdereitos de voto, e as cooperativas doutros graos tamén se organizan con procedementosdemocráticos.

II I. Part ic ipación económica dos soc ios e s ocias  

 As persoas socias contribúen equitativamente e controlan de xeito democrático o capitalda cooperativa. Polo menos unha parte dos activos é por regra xeral, propiedade comúnda cooperativa. Usualmente reciben unha compensación, se existe, limitada sobre ocapital achegado como condición para ser socio ou socia. As persoas socias asignan os

excedentes para todos ou algún dos seguintes fins: ao desenvolvemento da súacooperativa mediante a posible creación de reservas, das que, polo menos unha partedebe ser indivisible; ao beneficio dos socios e socias en proporción ás súas operaciónscoa cooperativa; e ao apoio doutras actividades aprobadas por elas.

IV. Auto nomía e indep end enc ia  

 As cooperativas son organizacións autónomas, de autoaxuda, xestionadas polas súaspersoas socias. Se asinan acordos con outras organizacións, incluídos os gobernos, ouse consiguen capital de fontes externas, realízano en termos que aseguren o controldemocrático por parte dos seus socios e socias e manteñan a súa autonomía cooperativa.

V. Edu cación, formación e in form ación  

 As cooperativas brindan educación e formación ás persoas socias, ás elixidas para

Page 14: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 14/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 14 de 21

representalas, ao persoal directivo e empregado, para que poidan contribuír de xeitoeficaz ao desenvolvemento das súas cooperativas. Informan ao público en xeral,especialmente á xuventude e aos líderes de opinión, sobre a natureza e os beneficios da

cooperación.

VI. Cooperación entre c oop erat ivas  

 As cooperativas serven ás súas persoas socias máis eficazmente e fortalecen omovemento cooperativo, traballando conxuntamente mediante estruturas locais,nacionais, rexionais e internacionais.

VII . Interese po la com unid ade  

 As cooperativas traballan para o desenvolvemento sostible das súas comunidadesmediante políticas aprobadas polas súas persoas socias.

Debe terse en conta que, para certos supostos, a Lei de cooperativas de Galicia establecedeterminadas asimilacións. Así, cando a cooperativa asocia a persoas que aportan o seutraballo persoal, complementariamente á regulación específica da clase de cooperativaque se trate, tamén lle resulta aplicable a normativa de cooperativas de traballo asociado.

Como cooperativa singular e excepcional tamén se contempla a cooperativa mixta detraballo mixto. Por outra parte, as cooperativas que acrediten a súa función social ecumpran unha serie de requisitos específicos poden ser cualificadas como "sen ánimo delucro".

Os estatutos sociais

Os estatutos sociais, que son obrigatorios, regulan a estrutura e funcionamento interno dasociedade cooperativa, debendo regular unha serie de aspectos que a lei esixe comocontido mínimo obrigatorio e que poden agruparse como: de identificación e ámbito, deestrutura social, de goberno e xestión da sociedade, e de xestión económica e financieira. Así mesmo, poderán conter aquelas outras normas que os socios teñan por convinte,sempre que non resulten contrarias a lei.

 Ao longo da vida da sociedade, os estatutos poderán modificarse coas formalidadesprevistas na lei, sendo necesaria a posterior inscrición da modificación estatutariasegundo os trámites previstos no Regulamento de Rexistro de Cooperativas.

O regulamento de réxime interno

Como instrumento áxil que plasme as relacións internas, a cooperativa pode ter unregulamento de réxime interno. Os socios teñen plena autonomía para establecer o seucontido, sempre que este non contradiga nin aos estatutos sociais nin á lei, podéndoseestablecer neste cuestións tales como tipificación de faltas leves, organización do traballo,

organigramas empresariais, etc.

Page 15: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 15/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 15 de 21

 A regulación legal en Galicia

Galicia ten competencia exclusiva en materia de cooperativas en virtude da transferenciafeita pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro (BOE 28.12.95), que ampliou acompetencia orixinaria recollida no art. 28.7 do Estatuto de Autonomía. Con data 30.12.98no DOG nº 251, publicouse a Lei 5/1998 do 18 de decembro de cooperativas de Galicia (Ira Asesoría Virtual) que desde a súa entrada en vigor, o primeiro de marzo de 1999, regulaas sociedades cooperativas galegas 1. En desenvolvemento das previsións contidas na lei galega, publicáronse os seguintesdecretos:

  Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e

funcionamento do Consello Galego de Cooperativas (DOG nº 27, do 07.02.01). Vero Decreto 25/2001 

  Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento doRexistro de Cooperativas de Galicia (DOG nº 31, do 12.02.02).Ver o Decreto 430/2001 

  Decreto 248/2004, do 14 de outubro, polo que se regulan os procedementos deconciliación e arbitraxe cooperativa( DOG nº 211, do 20.12.90) Ver o Decreto248/2004 

Cómpre citar, así mesmo, que o réxime fiscal das cooperativas, materia que non foiobxecto de transferencia, está contido fundamentalmente na Lei 20/1990, do 19 dedecembro (BOE 20.12.90). Ver Lei 20/1990 

1 Esta Lei foi obxecto de modificación a través das seguintes normas:

   Artigo 16 da Lei 14/2004 do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réximeadministrativo (DOG nº 253 do 30-12-04)

  Disposición adicional sétima da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda deGalicia (DOG nº13 do 20-01-2009)

  Lei 14/2001, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18decembro, de cooperavas de Galicia (DOG nº2 do 03-01-2012).

 A resaltar:

  Non poden depender de ningunha organización política, relixiosa ou sindical.  Todos os socios teñen os mesmos dereitos e obrigacións.  O excedente, tamén chamado retorno cooperativo, ha de ser repartido de forma

proporcional á participación de cada socio nas operacións sociais.  A incorporación e baixa dos socios é libre e voluntaria.

  O capital é variable, aumenta co número de socios e diminúe cando algún se dáde baixa.

Page 16: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 16/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 16 de 21

Os membros poden ser: Socios cooperativistas, asalariados non socios eadheridos.

- Dereitos dos socios:

  Participar na actividade empresarial e societaria.  Elixir e ser elixido para os cargos dos órganos sociais. Cada socio ten un

voto.  Formular propostas e participar con voz e voto nos órganos sociais.  Ser informado sobre calquera aspecto relativo á cooperativa.  Reembolso das súas achegas coas correspondentes deducións, no seu

caso, cando causen baixa na cooperativa.

- Obrigacións dos socios:

  Participar na actividade empresarial que desenvolve a cooperativa, nasactividades de formación e nas reunións dos órganos sociais.

  Aceptar os cargos para os que sexan elixidos.  Acatar os acordos que adopten validamente os órganos sociais.  Gardar segredo sobre asuntos e datos cando a súa divulgación poida

prexudicar á cooperativa.

Os órganos Sociais:

Asemblea Xeral : esta constituída por todos os socios. Nela cada un podeparticipar con voz e voto e se elector e elegible dos demais órganos sociais. É o órganosoberano e os seus acordos son obrigatorios para todos os membros da sociedade.

Consel lo Reitor:  É o órgano encargado de xestionar a cooperativa e está formadopor un mínimo de tres socios.

Interventores : A súa función é revisar as contas anuais. Son un máximo de tressocios.

Comitéde recursos : Encárgase de resolver reclamacións presentadas polos

cooperativistas. Esta formado por un mínimo de tres socios.

Existen dous tipos de cooperativas:  Cooperativas de primeiro grao. Han de estar integradas como mínimo por tres

cooperativistas que normalmente son persoas físicas.  Cooperativas de segundo grao.  Están integradas por cooperativas, persoas

xurídicas cun mínimo de dous. Son cooperativas de cooperativas.

CARACTERISTICAS.

  Responsabilidade. Limitada, dependendo do que se especifique nosestatutos.  Mínimo de socios: 3, nas de primeiro grao; 2 nas de segundo grao.

Page 17: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 17/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 17 de 21

  Capital mínimo para a constitución: depende do que digan os estatutos.  Seguridade Social: Réxime Xeral e o de autónomos segundo os estatutos.  Tributación: Imposto de Sociedades.

  Nome. Debe ir acompañado da sigla S.Coop.

TIPOS DE SOCIEDADES COOPERATIVAS EN GALICIA:

Clases de cooperativas

. cooperativas de traballo asociado

. cooperativas agrarias

. cooperativas de explotación comunitaria da terra

. cooperativas de consumidores e usuarios

. cooperativas de servicios

. cooperativas de transportistas

. cooperativas do mar

. cooperativas de explotación dos recursos acuícolas

. cooperativas de vivendas

. cooperativas de ensino

. cooperativas de integración social

. cooperativas de servicios sociais

. cooperativas de crédito

. cooperativas de seguros

. cooperativas sanitarias

Para o cumprimento e desempeño de fins comúns de índole económico, dúas ou máiscooperativas poderán constituir cooperativas de segundo grao.

 Así mesmo, para a defensa e promoción dos seus intereses, as cooperativas poderánasociarse libre e voluntariamente en unións, federacións e confederacións decooperativas.

3.- Sociedades non mercantís.

Teñen por obxecto exercer actividades distintas das mercantís. Réxense poloCódigo Civil. Podemos distinguir:

A) COMUNIDADE DE BENS:

Fundaméntase nun contrato polo que unha determinada propiedade ou un dereitopertencen, de maneira indivisa a varias persoas.

CARACTERISTICAS.

  Responsabilidade. Ilimitada.  Mínimo de socios: Non existe.  Capital mínimo para a constitución: Non existe

Page 18: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 18/21

Page 19: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 19/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 19 de 21

 A maior parte da titularidade do capital social pode recaer nos traballadores, aínda quenon é indispensable, constitúen exemplos de empresas sociais algunhas cooperativas, sociedades laborais ou mutualidades típicas da economía social. 

A FRANQUÍA:

É un contrato entre dous partes: unha empresa ouprofesional (Franquiciador) e outra empresa ouprofesional (franquiciado), mediante o cal o primeirocede ao segundo o dereito á explotación dun sistemapropio de comercialización de produtos ou servizos e osegundo, a cambio, entrega unha contraprestación

económica.O franquiciador achega un produto ou servizo (o suficientemente rendible, coñecido ediferenciado dos demais), unha marca ( en sentido amplo: marca , insignia , razón social,nome comercial, signos e símbolos etc) e un Know How  ou “saber facer”. Isto é o modo,forma e maneira de xestionar e dirixir ese negocio.

O franquiciado recibe o produto máis a marca máis o Know How a través dunha licenza,para a explotación en exclusiva dese negocio, nunha determinada zona xeográfica. Acambio entrega unha contraprestación económicachamada Canon de entrada  e despois e de formaperiódica, seguirá entregando outras cantidades dediñeiro denominados Royalty  e canon de publicidade.

 A través dunha serie de preguntas coñeceremosmellor o funcionamento da franquía.

En que consiste o Know how exactamente?

O know how   recolle a experiencia e o bo saber dofranquiciador no tocante ao seu negocio. Materialízasenunha serie de manuais e transmítese a través dunhaserie de cursos de carácter teórico-práctico.

A empresa do franquiciado está relacionada co franquiciador?

Non, ambas as empresas son totalmente independentes.

O franquiciado ten a exclusiva da franquía?

Page 20: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 20/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Serxia Laxe [email protected] 20 de 21

Efectivamente, o franquiciado pode ter a certeza de que na súa zona de influencia non seestablecerá ningunha.

Cal é o destino do Canon de publicidade?

É constituír un fondo destinado á realización de campañas de publicidade que redunde enbeneficio de toda a cadea. Por iso aconséllase que o franquiciador facilite unhainformación detallada dos importes recadados e o destino que se deu a devanditosfondos.

Canto dura un contrato de franquía?

En principio determínano as partes no contrato. Pero sempre ha de ser por un período detempo tal que permita ao franquiciado amortizar o investimento realizado.

 Ademais o contrato, na maioría dos casos, adoita ter unha cláusula de renovaciónautomática por un período de tempo determinado.

O franquiciado ten liberdade para dirixir a súa empresa?

Non, o franquiciado ten que axustarse ao Know How ou “saber facer” que lle comunicou ofranquiciador. O Know how é obrigatorio para o franquiciado e non debe tomarse como unsimple manual orientativo.

Pode o franquiciador inspeccionar a empresa do franquiciado?

Si, e iso por dúas razóns: Primeira: para comprobar que está a seguir o método e asinstrucións contidas no Know how.Segunda: para comprobar que a facturación que o franquiciado comunicou aofranquiciador é a correcta, pois non esquezamos que o Royalty e o Canon de publicidadepáganse en función da facturación.

Pode o franquiciado, unha vez finalizado o contrato de franquía crear pola súaconta un negocio de parecidas características?

O habitual é que se pacte no contrato de franquía que o franquiciado, unha vez finalizado

o contrato, non poderá crear un negocio de parecidas características durante undeterminado período de tempo. Isto chámase “cláusula de non competencia”. 

De non pactarse esta cláusula, o antigo franquiciado aproveitaríase do apreso e aplicaríaá súa nova empresa o Know how do franquiciado, o cal pode considerarse unhacompetencia desleal.

O franquiciador somete aos seus futuros franquiciados a un sistema de selección?

Si, pois o éxito da franquía depende do perfecto entendemento entre o franquiciador e ofranquiciado.

Un estudo realizado por Torné & Asociados revela que a franquía é unha fórmula ideal deautoemprego, xa que o 74% das franquías esixen investimentos inferiores aos 60.000€. 

Page 21: UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

8/17/2019 UT04 Formas Xuridicas e Tramites de Creacion

http://slidepdf.com/reader/full/ut04-formas-xuridicas-e-tramites-de-creacion 21/21

 

Módulo Empresa e Iniciativa Emprendedora

Ud. Formativa A Empresa e a súa contorna

Ud. Traballo 4.- Formas xurídicas e trámites decreación

Doutra banda, de cada 100 comercios que se establecen, ao cabo de 5 anos permanecenabertos 23. Cando o comercio establécese en réxime de franquía, permanecen abertos 70

de cada 100.

4.- Axudas e subvencións

Existen numerosos recursos públicos para o fomento da iniciativa emprendedora e doemprego autónomo. As máis das veces o complicado é facer unha escolla dos máisaxeitados para o noso modelo de negocio.

Existen varios portais onde se aglutinan as axudas que se poden solicitar ante o a travésda Xunta de Galicia: http://traballo.xunta.es/axudas-e-

subvencions;jsessionid=14202E73177B75E6B78DF8A181D1A9D2 

http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/todas 

Canle axudas: http://www.xunta.gal/inicio-canle-axudas 

Para o fomento do emprendemento das mulleres: http://igualdade.xunta.es/gl/axudas 

Do IGAPE: http://app.igape.es/.axudas/ficha.asp?cod=TRAB016