vision futuro

3
VISIÓN DE FUTURO DE TRAMEVE Data: 9/3/2012 Trameve defínese como unha empresa integral de servizos medio- ambientais que desenvolve, implanta e modeliza todo o proceso de negocio de tratamento, reciclaxe e valorización ecolóxica do vehículo na fase do final da súa vida útil. A nosa actividade cubrirá unha gama ampla de necesidades que van desde xestión integral de todos os procesos asociados ao tratamento ecolóxico de vehículos e a posterior comercialización de pezas valorizadas até o asesoramento en materia medio-ambiental no despezamento de vehículos. Trameve oriéntase ao crecemento en calquera mercado tanto nacional como internacional, a partir dun modelo de negocio que, ensaiado e en continuo proceso de mellora no centro piloto de Santiago, será extensible ao mercado, tanto a través de colaboracións con empresas localizadas en puntos xeográficos de interese, como en calquera forma de cooperación que resulte de interese (franquías, empresas conxuntas…). Os nosos colaboradores serán preferentemente xente que complete o ciclo de negocio con clara orientación e actividade comercial. Seremos recoñecidos no mercado polo noso alto nivel de coñecementos aplicados en materia de tratamento ecolóxico de vehículos e o seu aproveitamento comercial que, a través dos procesos e técnicas do noso modelo, permítenos garantilas mellores pezas de segunda man en canto a calidade, dentro dun marco adecuado de competitividade. Para apoiar a nosa idea de negocio, consideramos as seguintes directrices para o desenvolvemento do soporte en Trameve: Consideramos fundamental contar en todo momento cunha estrutura organizada, con funcións e responsabilidades ESTUDIO DE MÉTODOS DE TRAMEVE Páxina 1 de 3

Upload: guadalupe-pombo-rey

Post on 14-Apr-2016

6 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Vision de futuro de una empresa de desguace

TRANSCRIPT

Page 1: Vision Futuro

VISIÓN DE FUTURO DE TRAMEVE Data: 9/3/2012

Trameve defínese como unha empresa integral de servizos medio-ambientais que desenvolve,

implanta e modeliza todo o proceso de negocio de tratamento, reciclaxe e valorización

ecolóxica do vehículo na fase do final da súa vida útil.

A nosa actividade cubrirá unha gama ampla de necesidades que van desde xestión

integral de todos os procesos asociados ao tratamento ecolóxico de vehículos e a

posterior comercialización de pezas valorizadas até o asesoramento en materia medio-

ambiental no despezamento de vehículos.

Trameve oriéntase ao crecemento en calquera mercado tanto nacional como internacional,

a partir dun modelo de negocio que, ensaiado e en continuo proceso de mellora no centro

piloto de Santiago, será extensible ao mercado, tanto a través de colaboracións con empresas

localizadas en puntos xeográficos de interese, como en calquera forma de cooperación que

resulte de interese (franquías, empresas conxuntas…). Os nosos colaboradores serán

preferentemente xente que complete o ciclo de negocio con clara orientación e actividade

comercial.

Seremos recoñecidos no mercado polo noso alto nivel de coñecementos aplicados en

materia de tratamento ecolóxico de vehículos e o seu aproveitamento comercial que, a través

dos procesos e técnicas do noso modelo, permítenos garantilas mellores pezas de

segunda man en canto a calidade, dentro dun marco adecuado de competitividade.

Para apoiar a nosa idea de negocio, consideramos as seguintes directrices para o

desenvolvemento do soporte en Trameve:

Consideramos fundamental contar en todo momento cunha estrutura organizada,

con funcións e responsabilidades perfectamente definidas e cuns mecanismos de

coordinación onde se potencie a comunicación e o traballo en equipo como base

para compartir o coñecemento na organización.

Dotarémonos de sistemas e ferramentas de xestión adecuadas para o noso

negocio principalmente todos aqueles sistemas que nos permitan ter información de

primeira man a preto do mercado e a lexislación que nos permita anticiparnos sendo un

referente no sector.

A través de nosaplanta piloto preocuparémonos permanentemente de que o noso

modelo dispoña dunhas instalacións, medios e tecnoloxías perfectamente

acondicionadas ás nosas actividades que nos permitan atender adecuadamente o

noso negocio e dar valor aos nosos clientes.

ESTUDIO DE MÉTODOS DE TRAMEVE Páxina 1 de 2

Page 2: Vision Futuro

VISIÓN DE FUTURO DE TRAMEVE Data: 9/3/2012

Preocuparémonos de ter os procesos perfectamente definidos e normalizados para

apoiar tanto a eficiencia interna e uns custos competitivos como o modelo de

crecemento establecido.

Dotarémonos do soporte de investigación, tanto humano como técnico, adecuado

para desenvolver as actividades necesarias. Consideramos que a colaboración para a

innovación de procesos é un elemento necesario no noso futuro e por iso queremos

aproveitar e promover as oportunidades que se nos brindan para establecer

colaboracións con axentes exteriores que nos permitan un desenvolvemento positivo:

con provedores, con centros tecnolóxicos e de investigación, universidades…

Disporemos de sistemas e ferramentas que orienten o comportamento de a empresa

cara á mellora continua e ao control de custos. Aspiramos permanentemente a cero

malgasto e consideramos fundamental aproveitar todas as oportunidades para

reducir tempos e prazos en todas as fases da cadea de creación de valor da empresa.

Buscaremos a satisfacción e a motivación do noso capital humano como un dos nosos

obxectivos fundamentais, para o que o implicaremos no proxecto de empresa,

fomentando o traballo en equipo, creando un bo clima social que promova a equidade,

o respecto ás persoas, e onde tamén se contemple a responsabilidade e o rigor.

Para Trameve o compromiso coa contorna e a sociedade son valores claves na súa

estratexia.

ESTUDIO DE MÉTODOS DE TRAMEVE Páxina 2 de 2