visitamos o museo de pontevedra
TRANSCRIPT
VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA
11 DE MARZO, 2015
O que máis nos gustou
Para a maioría esta foi a primeira visita a un museo con pintura, escultura e obxectos de diferentes etapas.Para esta presentación seleccionamos o que máis nos gustou, o que máis nos chamou a atención nas salas que visitamos.
Aula de 5º C.E.P. Xosé Mª Brea Segade
O sexto edificio do Museo
A SALA DE FUMAR DO CASTELO DE LOURIZÁN
Gustounos esta sala:
• Polos mobles antigos. • Porque viña dun castelo.• Porque a usaban para fumar.• Porque era como as salas de fumadores de hoxe en día.• Porque tiña cadros dun fillo de Rosalía.• Porque era elegante.
O violín de Manuel Quiroga
Gustounos:• O violín.• A historia da vida de Manuel Quiroga, aínda que foi triste.• Saber que era de Pontevedra.
Víctima do traballo“de Jenaro Carrero (1899)
Gustounos porque:
• Conta unha historia.
• Está moi ben pintado, con realismo.
• Está pintado con moito detalle.
SEPULCRO DE SUERO GÓMEZ DE SOTOMAIOR
• Gustounos porque nunca viramos sepulturas talladas en pedra .
• Procede da Idade Media. Foi feita entre 1480 e 1485.
• Esta na sala da Idade Media.
Sede e Protección
• Son esculturas moi grandes.
• Son de mármore.
• Os corpos están moi ben tallados.
• As caras son expresivas.
SALA CASTELAO
Ímosvos presentar a sala de Castelao e o que máis nos chamou a atención dela. Gustounos todo o que
vimos nesta sala e gustounos que Castelao tivera unha sala propia.
Estes son os auténticos lentes de Castelao!
Triptico Contos de cegos
• É enorme.
• Conta historias.
• As paisaxes lembran a Taragoña e o Araño.
O cego de Taragoña
Porque é de Taragoña!
E todo o que nos quedou por ver para outra vez, outras veces.