vocabulario climas e paisaxes€¦ · aurora boreal fenómeno luminoso moi vistoso consistente en...
TRANSCRIPT
Vocabulario climas e paisaxes
Aurora boreal Fenómeno luminoso moi vistoso consistente en arcos ou faixas de formas complexas, brancas, marelas, vermellas e verdes, que se aprecia ás veces en latitudes próximas aos 70° de latitude norte e sur (neste caso, aurora austral)
Meteoroloxía
Ciencia que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico e os fenómenos atmosféricos. Os especialistas desta ciencia chámanse meteorólogos.
Vocabulario: cicloxénese
Tipo especial de borrasca ou ciclón moi violento que se orixina e desactiva de forma moi rápida, producindo un tempo atmosférico con fortes chuvias e ventos potentes, afectando especialmente ao norte de España no inverno.
Vocabulario: monzón
Vento estacional, cargado de chuvias no verán e seco e frío no inverno, que afecta especialmente ao sur de Asia (India, Bangladesh, Vietnam, China), producindo importantes inundacións e destrozos.
Vocabulario: Fronte Polar
Choque de masas de aire tropical cálido e masas de orixe polar fría que afecta a Europa occidental no inverno, provocando ondas de frío extremo.
Vocabulario: Selva ou xungla
Formación vexetal típica das zonas ecuatoriais, composta por árbores, arbustos, plantas, lianas e enredadeiras, distribuídas en pisos, formando unha bóveda vexetal que filtra a luz que chega ao solo.
Vocabulario: Sabana
Formación herbácea de distintas alturas, de tipo xerófilo e con pequenos bosques espallados. Típica da zona tropical africana. Dependendo da estación, a vexetación herbácea abonda ou escasea.
Vocabulario: oasis
Un oasis é unha paraxe dun deserto na cal pódense atopar auga e vexetación, a modo de unha “illa verde” en medio dos arenais.
Vocabulario: tundra
Formación vexetal típica do clima polar e constituída por pequenos arbustos illados, herbas que florecen no verán, e brións e liques, en medio de extensas zonas de solo sen vexetación e cuberto de charcas de auga do desxeo.
Taiga ou bosque boreal
Paisaxe moi característica do medio continental formado por coníferas (piñeiros e abetos), que cobre grandes extensións de Canadá, norte de Rusia, Finlandia e Suecia.
Pradaría
Formación herbácea que seca no verán pola aridez, e que impide o desenvolvemento das árbores. É a vexetación característica de zonas como a Pampa arxentina, as chairas centrais de Estados Unidos e as chairas de Ucraína.
Estepa
Formación herbácea das zonas máis secas e frías correspondentes aos desertos fríos, está formada por herbas illadas e matogueiras espiñosas que non cobren completamente o solo.