wangari e as árbores da paz
TRANSCRIPT
wangari e as
arbores da paz
A terra está núa. A miña misión
é vestila de verde.
WANGARI MAATHAI
Wangari vive baixo as árbore, á sombra do monte
Kenia, en África.
Escoita o canto dos paxaros na fraga cando vai
coa súa nai a apañar leña.
Wangari axuda
á súa nai
na colleita
da batata
e a cana de
azucre do millo
na fértil terra.
Wangari estudia moito e lle dan unha beca
para estudar nos Estados Unidos.
Cando regresa á súa casa
a Kenia.
Onde están as árbores?
As mulleres andan engruñadas pois teñen que ir
lonxe a apañar a herba.
Onde están as árbores de Kenia?
Na terra non medra nada.
Onde están os paxaros?
Cortaron as árbores para construír edificios
pero ninguén plantou máis árbores.
Convertirase Kenia nun deserto?
Wangari pensa na terra seca.
Podo plantar algunha árbore no meu patio.
E plantou nove arboriñas
As pequenas
árbores
prenden
e Wangari
planta máis.
Planta varias
fileiras de
pequenas árbores
Logo fala coas mulleres da aldea para que planten árbores.
Dalle unha arboriña a cada unha.
A nosa vida será mellor cando
recuperemos o verde de África
As mulleres doutros cidades,
pobos e aldeas de Kenia
póñense a plantar
longas fileiras de arboriñas.
pero a tala de árbores continúa.
Wangari púxose diante, firme coma un carballo
para protexer as
vellas árbores que aínda quedaban
Os funcionarios do
goberno metéronna no
cárdere
Pero Wangari non está sóa.
Por toda África se extende a súa
voz igual que as ondas na auga do lago
Victoria.
Entéranse moitas mulleres de África
e plantan aínda máis árbores,
en fileiras cada vez máis longas.
E as árbores medran ben altas, xa
hai máis de trinta millóns
E o verde
bosque
de Kenia
renace.
A noticia voa no vento: o verde regresou á aldea de Wangari
As mulleres camiñan ben dereitas
porque agora poden apañar leña
a carón das súas casas.
A terra xa non está seca
Batatas, cana de azucre
e millo medran outra
vez na terra fértil e escura.
A Terra enteira escoita falar de Wangari e o seu
exército de mulleres sementadoras.
Se subes ao alto do
monte Kenia, verás
miles de árbores
medrando debaixo.
Verás o verde que
Wangari fixo
renacer en África