agorafilosofia.files.wordpress.com€¦ · web viewhomínido que apareceu fai 2 millóns de anos...
TRANSCRIPT
Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoTema 7.Dimensión biolóxica, cultural e persoal.
Dimensión biolóica. Evolución
TEMA 7. DIMENSIÓN BIOLÓXICA, CULTUAL E PERSOAL.
7.1. DIMENSIÓN BIOLÓXICA. EVOLUCIÓN.
II. FASES DA EVOLUCIÓN
i. Austrolopithecus Homínido que apareceu fai 6,5 millóns de anos aproximadamente no este do
continente africano. Era de pequena estatura (1,20 metros aproximadamente) e tiña
unha capacidade cranial de entre 400 e 500 cm3. As súas aportacións máis importantes
foron a posición erguida ou bipedismo.
Estas características permitíronlle o paso do hábitat forestal ós espazos abertos.
Dedicáronse á caza, cambiando as costumes alimenticias e establecendo novas
formas de relación social.
ii. Homo habilis Homínido que apareceu fai 2 millóns de anos aproximadamente no continente
africano. Tiña unha capacidade cranial de entre 600 e 700 cm3.
O nome provén da habilidade na fabricación de instrumentos e armas de caza
rudimentarias: a maioría dos fósiles atopados de homo habilis aparecen rodeados de
instrumentos. Parece ser que tamén construían chozas e que xa utilizaban a linguaxe
articulada, o que demostra un alto grado de intelixencia.
iii. Homo erectus Homínido que apareceu fai uns 1,5 millóns de anos e localízase no continente
africano, sur de Europa e sur de Asia e nalgúns puntos de Oceanía.
De maior tamaño que o homo habilis, puido alcanzar 1,60 metros de estatura, e
cunha capacidade cranial entre os 800 e os 1000 cm3 e un cerebro xa evolucionado con
certo grao de especialización. Tiña un aspecto físico similar ó noso.
Foi o primeiro en utilizar o lume e construía instrumentos de pedra e armas para a
caza. Habitaban en campamentos e covas.
Páxina 1 de 5
Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoTema 7.Dimensión biolóxica, cultural e persoal.
Dimensión biolóica. Evolución
Con estes homínidos aparecen distintas culturas e civilizacións. É probable que realizaran rituais asociados ó enterramento. (Humanización)
iv. Homo sapiens de Neandertal
Considéranse os primeiros seres humanos do paleolítico medio. Apareceron fai
100 mil anos en África, Europa na maior parte de Asia. Tiña unha capacidade cranial
duns 1500 cm3 (igual ou superior ó do ser humano actual). Era de estatura parecida
á nosa (entre 1,60 e 1,70 metros e de complexión moi robusta.
Eran principalmente cazadores e vivían en colectividade. Desenvolveu unha
ampla industria lítica, tanto para armas como para utensilios. As súas covas presentan
habitáculos diferenciados e zonas específicas para o lume. Enterraban ós seus mortos
e profesábanlles culto. Tiñan xa preocupacións espirituais.
v. Homo sapiens sapiens. Cromagnon O coñecido como home de Cromagnon é o máis significativo. Apareceu fai 40
mil años en toda África, Europa e centro e sul de Asia. É a especie á que
pertencemos os seres humanos de hoxe en día.
Posúa unha capacidade cranial de 1.500 cm3. Era nómade e dominaban as
técnicas da caza, pero empezou a desenvolver a agricultura e a gandería. Constrúe
instrumentos complexos e adorna o seu corpo. Representan a realidade e posúe
múltiples manifestacións artísticas (pinturas rupestres), culturais e ritos relixiosos. Enterra e trata con reverencia ós mortos.
Todo isto indica un pensamento simbólico e complexo, resultado dun grao de
intelixencia e capacidade de abstracción similar ó noso.
Páxina 2 de 5
Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoTema 7.Dimensión biolóxica, cultural e persoal.
Dimensión biolóica. Evolución
Páxina 3 de 5
Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoTema 7.Dimensión biolóxica, cultural e persoal.
Dimensión biolóica. Evolución
Páxina 4 de 5
Filosofía e Cidadanía 1º BacharelatoTema 7.Dimensión biolóxica, cultural e persoal.
Dimensión biolóica. Evolución
Ilustración 1. Pangea
Animación de Pangea
Páxina 5 de 5