xanela 2012

72
X A N E L A 1 editorial Es te ano abrimos o nº 9 da revista Xanela con moita ilusión. Proba disto é o au- mento de colaboradores e colaboradoras que se embarcaron neste proxecto. En total, unha boa parte do profesorado e máis dunha vintena de alumnos e alumnas somos os que nesta xeira for- mamos o consello de redacción. Como é habitual, na Xanela cabe todo. Nela poderedes ler as creacións literarias do noso alum- nado, cuxa calidade vai mellorando ano a ano. Temos o convencemento de que de aquí sairán verdadeiros talentos e ao mellor algún día falarase deles noutras revistas como hoxe falamos do au- tor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Va- lentín Paz Andrade, galeguista comprometido coa súa terra. Tampouco podiamos esquecernos doutro home coñecido polo seu enorme compromiso como galego e como artista, Isaac Díaz Pardo, que nos deixou neste ano e ao que dende as nosas páxinas lle rendemos unha sincera homenaxe. A alta participación que houbo neste novo número propiciou que saísen propostas moi inte- resantes. Así, destacamos a calidade do deporte na nosa bisbarra, que aporta unha gran canteira de deportistas de alto nivel no mundo do remo, tenis, piragüismo… Tamén analizamos temáticas que nos están afectando moi especialmente; co- mo é o caso dos incendios forestais ou mergullá- monos na imaxinación que flota por estes lugares do Barbanza, indagando sobre as súas lendas. Falamos de solidariedade na reportaxe “Coñece a Paula” e de compromiso co medio ambiente nun artigo sobre as fragas do Eume, que recentemente foi víctima dun dos incendios máis voraces cos que espertou a primavera. Na revista Xanela hai seccións que nunca faltan. Véxase Xente do Barbanza, adicada a per- soeiros destacados no mundo da cultura; ou a de Sendeirismo Cultural, onde propoñemos intere- santes roteiros. Tampouco esquecemos a historia deste pobo, Boiro, e esta vez recordamos a dúas mulleres represaliadas por defender os seus ideais nos tempos da ditatura, Brígida Muñíz e Manuela Del Río. Pero se hai algo do que realmente estamos orgullos de mencionar nesta revista, son as nume- rosas iniciativas que se están levando a cabo no noso instituto. Esta é a proba máis evidente da ilusión da que falabamos ao inicio deste artigo, do traballo en equipo e do noso compromiso coa educación . Dende aquí queremos agradecer a todos os que emprendestes iniciativas ou actividades, sexa- des educadores ou alumnado, a vosa adicación. Sabemos que - como dicía aquel grupo vigués no seu tema Malos tiempos para la lírica- son pési- mos tempos para a educación; pois aínda hai quen pensa que educar é dar clase sen máis, cumprir un horario e marchar para a casa coa maleta baleira. Por iso, dende a Xanela queremos demostrar o contrairo e render, en certa medida, unha home- naxe a ese esforzo non recoñecido, ás moitas horas investidas, ás xornadas de bocata de me- diodía, aos malabarismos coas contas e recur- sos...e sobretodo á moita ilusión que lle poñedes. De tod@s nós, ánimo e mil grazas!

Upload: garcia-souto

Post on 28-Mar-2016

323 views

Category:

Documents


20 download

DESCRIPTION

revista anual do IES A Cachada

TRANSCRIPT

X A N E L A

1

editorial Es te ano abrimos o nº 9 da revista Xanela

con moita ilusión. Proba disto é o au-mento de colaboradores e colaboradoras que se embarcaron neste proxecto. En total, unha boa parte do profesorado e máis dunha vintena de alumnos e alumnas somos os que nesta xeira for-mamos o consello de redacción. Como é habitual, na Xanela cabe todo. Nela poderedes ler as creacións literarias do noso alum-nado, cuxa calidade vai mellorando ano a ano. Temos o convencemento de que de aquí sairán verdadeiros talentos e ao mellor algún día falarase deles noutras revistas como hoxe falamos do au-tor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Va-lentín Paz Andrade, galeguista comprometido coa súa terra. Tampouco podiamos esquecernos doutro home coñecido polo seu enorme compromiso como galego e como artista, Isaac Díaz Pardo, que nos deixou neste ano e ao que dende as nosas páxinas lle rendemos unha sincera homenaxe. A alta participación que houbo neste novo número propiciou que saísen propostas moi inte-resantes. Así, destacamos a calidade do deporte na nosa bisbarra, que aporta unha gran canteira de deportistas de alto nivel no mundo do remo, tenis, piragüismo… Tamén analizamos temáticas que nos están afectando moi especialmente; co-mo é o caso dos incendios forestais ou mergullá-monos na imaxinación que flota por estes lugares do Barbanza, indagando sobre as súas lendas. Falamos de solidariedade na reportaxe “Coñece a Paula” e de compromiso co medio ambiente nun artigo sobre as fragas do Eume, que recentemente foi víctima dun dos incendios máis voraces cos que espertou a primavera.

Na revista Xanela hai seccións que nunca faltan. Véxase Xente do Barbanza, adicada a per-soeiros destacados no mundo da cultura; ou a de Sendeirismo Cultural, onde propoñemos intere-santes roteiros. Tampouco esquecemos a historia deste pobo, Boiro, e esta vez recordamos a dúas mulleres represaliadas por defender os seus ideais nos tempos da ditatura, Brígida Muñíz e Manuela Del Río. Pero se hai algo do que realmente estamos orgullos de mencionar nesta revista, son as nume-rosas iniciativas que se están levando a cabo no noso instituto. Esta é a proba máis evidente da ilusión da que falabamos ao inicio deste artigo, do traballo en equipo e do noso compromiso coa educación . Dende aquí queremos agradecer a todos os que emprendestes iniciativas ou actividades, sexa-des educadores ou alumnado, a vosa adicación. Sabemos que - como dicía aquel grupo vigués no seu tema Malos tiempos para la lírica- son pési-mos tempos para a educación; pois aínda hai quen pensa que educar é dar clase sen máis, cumprir un horario e marchar para a casa coa maleta baleira. Por iso, dende a Xanela queremos demostrar o contrairo e render, en certa medida, unha home-naxe a ese esforzo non recoñecido, ás moitas horas investidas, ás xornadas de bocata de me-diodía, aos malabarismos coas contas e recur-sos...e sobretodo á moita ilusión que lle poñedes.

De tod@s nós, ánimo e mil grazas!

X A N E L A

2

Consello de Redacción Silvia García, Carme Rodríguez, Pilar Hermo, Fernando Blanco, María Dieste, María Suárez, Maitane Dacosta, Cristi-na Suárez, Lois Pimentel, Denís Hermo, Loreto Abalo, Laura Triñanes, Nuria Outeiral, Javier Outeiral, Belén Hermo, María Silva, Mateo Núñez, Paula Vidal, Miriam Quintela, Marta García, Aldara Sobrado, Paula García, Lara Blanco, Vanesa Barcala, Daniel Abuín, Jorge Nine, Pablo Romero, Ainoha Sieira, Raquel Ares, Lidia Pérez.

Maquetación Silvia García Souto

Edita Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES A Cachada. - Boiro.

● Editorial ....................................................... 1

● Sumario ..................................................... 2

● Homenaxe a Manolo Román ...................... 3

● Cadro de honra ........................................... 5

● As nosas letras ........................................... ..8

● Horas perdidas…….. ………………………. 16

● Cara a cara con Isabel Castro …….……….18

● Xente do Barbanza………….. ……………. .22

● Poesías e banda deseñada ………….……. 24

● Ese máxico soño …………………...…….. 26

● Valentín Paz Andrade…………………..……28

● O xogo do dicionario …………………….…. 31

● Coñece a Paula …….…………………..…... 32

● Os incendios forestais ................................ .34

● O entroido ................................................... .35

● E agora….que? …………………….....……. 40

● Isaac Díaz Pardo ………………………….46

● Boirensas na lembranza ............................. .47

● Iniciativas do noso centro …………………..48

● Os nosos deportistas .................................. .61

● Recuncho científico .................................... .63

● Lendas do Barbanza .................................. .65

● Sendeirismo cultural ……….. ……… …... 67

● Enredos ……………... ………………….…. 68

X A N E L A

3

H ai hoxe un ano, era Manolo Román a persoa que

estaba ao fronte da revista XANELA e nunha das súas páxi-

nas homenaxeaba a outro compañeiro que segundo el aca-

baba de pasar a mellor vida, isto é, xubilábase. Tratábase de

Don Enrique, e despois de destacar as súas virtudes, reco-

ñecía sentir certa envexa por ese estado ao que chega o ser

humano cando se xubila.

Este ano tócame a min escribir a páxina nº 3 desta revista recordando a Manolo Román, e por

suposto tamén manifesto sentir envexa pola vida que está pasando.

Coñecín a Román hai case tres anos, cando chegaba por primeira vez ao meu destino no IES A

Cachada. Nada máis entrar no departamento, recibo unha agarimosa aperta dun home falangueiro de

pelo branco que dicía ser o coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Comezou a falar-

me de todas as actividades que realizaban no centro e , coma se dun mago se tratase, ía sacando revis-

tas, calendarios, marcapáxinas, cartaces que eu, abrumada, metía no meu bolso. Case sen darme tem-

po a pestanexar, preguntoume se quería colaborar co equipo, ao que eu asentín vítima dunha especie

de abraio, bloqueo e certa inquedanza que pouco a pouco foron esvaecéndose cando máis tarde me

convidou a un café. Despois deste primeiro encontro subín ao coche e fun para a casa coa sensación de

que neste instituto e con ese compañeiro non me ía aburrir. E así foi. Cada día que entraba no instituto

alí estaba Manolo traballando e exclamando: “ A ver mociñas, temos que escoller os gañadores do con-

curso de narrativa” ou “haise que poñer coa revista” ou “temos que ir pensando no calendario…” E

cando xa pensabas que non quedaba nada que facer, chegaba el e dicía: “temos que catalogar os li-

bros que chegaron”. Nós, mirabamos para el con cara de pena e diciámoslle: - Manolo, por favor, nece-

sitamos un cafeíño. Ao que el, sen perder o sorriso, contestaba: - Vale logo. Cinco minutiños .

MANOLO ROMÁN

X A N E L A

4

Manolo poñía paixón en todo o que facía. Polas tardes ensaiaba cos rapaces de teatro, investi-gaba sobre os personaxes ilustres de Boiro. Outras veces convertíase nun verdadeiro rato de arquivo debullando os datos do catastro de enseada, das parroquias, os documentos antigos… De súpeto, o rato espreguizábase e dicía: - Veña, imos facer un roteiro de sendeirismo. Hai que avisar os rapaces. Con Manolo un nunca se aburre. Aínda hoxe segue enviándome ao correo cousiñas relacionadas coa lingua. Sei que segue estando aí para o que faga falta, aconsellándome cando teño dúbidas, botan-do unha man … El é desas persoas que un atopa na vida e que pensa que paga a pena coñecer. Un tra-ballador incansable, un home comprometido e un auténtico educador. Educador no amor pola terra, no traballo en equipo, no compromiso coa lingua. A Manolo bótaselle de menos. Cónstame que está feliz coa súa nova vida, porque a xente coma el non lle ten medo á xubilación. Como el mesmo di: - Pensei que me ía aburrir pero a verdade é que estou encantado. Fago o que me gusta. Pois así é. Neste momento anda a publicar algún que outro libro, a investigar sobre a súa querida Lou-renzá, a pasear o can, tomar os viños, ver os partidos… Si. Igual ca el hai un ano, eu tamén sinto envexa . Silvia García Souto. Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

X A N E L A

5

CCADROADRO DEDE HONRAHONRA

O xurado do concurso de Poesía Letras Galegas 2012, convoca-do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “ O sentir da terra”

de Carme Abelleira Vicente

2º Premio : “ A nosa Galicia”

de Antía Otero Carou

3º Premio : deserto

2º Ciclo 1º Premio : deserto

2º Premio : deserto

3º Premio : deserto

X A N E L A

6

O xurado do concurso de Relato curto Letras Galegas 2012, con-

vocado no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Ese máxico soño”

de Alejandro Davila Pena

2º Premio : “A vida dun boli”

de María Alborés Lojo

3º Premio : ”A ladroa de felpudos”

de Alejandro Segade Fungueiriño

2º Ciclo 1º Premio : “A voltas polo pasado”

de Mateo Núñez Pérez

Ex-aequo “E agora… que?”

de Lois Pimentel Iglesias

2º Premio : “ O son do vento”

de Irene Muñiz Ortiz

Ex-aequo “Auga afiada”

de Maitane Dacosta Urbieta

3º Premio : “O tren do olvido”

de Nuria Outeiral Pais

Ex-aequo “Quen son eu?”

de Lois Vázquez Fernández

X A N E L A

7

O xurado do concurso de Cómic Letras Galegas 2012, convoca-do no IES A Cachada, acordou ditaminar do seguinte xeito:

1º Ciclo 1º Premio : “Horas perdidas”

de Víctor Piñeiro Figueira

2º Premio : “ O raposiño e as xemelgas”

de Sandra Moares Hermo

.

3º Premio : Deserto

2º Ciclo 1º Premio : “Mariano Manstesoiras”

de Mateo Núñez Pérez

2º Premio : Deserto

3º Premio : Deserto

X A N E L A

8

O camareiro da melena escura ollaba in-

crédulo para a quinta copa de asente que Nathan

levara á boca durante a cea á que fora convidado

días antes polos integrantes do seu partido políti-

co nun gran restaurante da cosmopolita cidade de

Nova Iorque.

A bebida era a técnica empregada en moi-

tas ocasións polo mesmo Nathan para desinhibirse

en momentos nos que se atopaba nun alto grao

de aburrimento e de tensión. Asemade, conseguía

esquecer por un instante os problemas que ocupa-

ban a maior parte da súa monótona vida e, xeral-

mente, da realidade á que dun xeito ou doutro,

estaba sometido.

Nathan Elliot era un político fracasado da

cidade de Detroit e con tendencias suicidas, sumi-

do nunha fonda depresión ocasionada polo estrés

e sobre todo, polos desenganos amorosos que se

foran sucedendo ao longo da súa vida e que rema-

taran por provocarlle un odio á súa persoa e á do

resto das persoas do planeta. Para o resto das

persoas do planeta, Nathan tan só se trataba dun

home moi serio, con graves problemas co alcohol,

demasiado extravagante e hedonista. Mais esta

imaxe fora creada polo propio Nathan como un

tipo de armadura que tapaba unha soidade que

semellaba telo atormentado e extremadamente

infeliz.

Malia isto, sempre intentara levar a verda-

de por diante na súa curta carreira, xa que se tra-

taba dun home bastante novo para adicarse á po-

lítica, aínda que o seu novo aspecto desaliñado

ocultaba a súa verdadeira idade, e mesmo a súa

identidade. Con este método, é dicir, coa verda-

de, intentaba imitar ou parecerse aos poucos pero

grandes políticos doutras épocas, que conseguiran

afrontar todos os problemas por medio, exclusiva-

mente, da verdade, como Nelson Mandela, Martin

Luther King ou John F. Kennedy. Pero o propio

Nathan sabía que ese camiño non o levaría a nada

nun mundo actual movido pola mentira e a hipo-

crisía, e cuxo maior propósito eran os cartos, sen

dar importancia a outros aspectos sumamente

importantes, coma a ecoloxía, os conflitos sociais

ou o desenvolvemento dunha pésima educación

que empeoraba o rendemento dos nenos ameri-

canos. Así que o propio político depresivo se con-

vertera no que el máis detestaba, nunha persoa

egoísta e hipócrita.

Durante a cea, unha espiral de escuridade come-

zara a apoderarse do campo de visión do extrava-

gante Elliot, que acabou por dominar por comple-

A voltas polo pasado Mateo Núñez Pérez

X A N E L A

9

to a súa mente. Isto conlevou unha perda de cons-

ciencia durante un insignificante período de tem-

po, aínda que resultou ser suficiente para notar un

golpe seco na súa caluga, que fixo desaparecer esa

espiral negra. A dita escuridade trocouse nun gol-

pe de luz moi branca e brillante, aparentemente

cegadora, que deu paso a unhas borrosas siluetas,

case inapreciables. Estas siluetas fóronse facendo

máis nítidas e acabaron por descubrir o rostro dos

demais políticos hipócritas que formaban a súa

mesa, e mesmo doutras persoas que Nathan non

logrou recoñecer e que supuxo que serían algúns

dos camareiros do luxoso restaurante neoiorqui-

no, necesitados dun pouco de morbo e espectácu-

lo para animar, dalgún modo, as súas tarefas nun

traballo tan simple e rutineiro coma aquel. Aínda

que o corpo e a cabeza do bébedo home de De-

troit dicían completamente o oposto, as súas cor-

das vocais limitáronse a asentir unha e outra vez

que se atopaba ben, aínda que algo canso e atur-

dido, e explicoulles aos seus compañeiros que tan

só necesitaba volver á habitación do hotel para

descansar e intentar durmir algo. Así mesmo, re-

xeitou calquera tipo de axuda para a viaxe.

Nathan saíu pola porta do restaurante case

sen manterse en pé, cunha dor de cabeza que lle

provocaba náuseas e un mareo insoportable, pero

axiña puido recompoñerse un pouco,e continuou

co traxecto ata o hotel. Pero de súpeto, coma se

algo divino chegara ata a posición do mozo, lle

entrara polos oídos e chegara a todas e cada unha

das partes doentes do seu corpo, estas dores inso-

portables marcharon del nun abrir e pechar de

ollos.

O propio mozo non atopaba lóxica ningu-

nha ao ocorrido, pero sen lle dar demasiada im-

portancia, proseguiu o seu camiño. Mais algo es-

traño comezara a ocorrer na mística cidade de

Nova Iorque logo do misterioso incidente. Nathan

Elliot comezou a observar a todas as persoas que

nese mesmo momento percorrían a Quinta Aveni-

da, así como os edificios, os automóbiles, o deco-

rado da rúa…

Un estremecedor arrepío atravesou por

completo o corpo do bébedo home, que se freta-

ba repetidas veces a faciana, pola cal comezaran a

esvarar, con excesiva rapidez, unhas gotas de suor

que lle chegaban ata o queixo e se perdían polo

espazo ata caer ao chan de formigón da Quinta

Avenida.

Coma se de maxia se tratase, Nathan fora

transportado no tempo ata, aparentemente, a

Nova Iorque dos anos 60. Sen máis dilación, e sen

marxe ningunha coa que o señor Elliot puidera

pararse a reflexionar, un home traxeado que des-

prendía unha elegancia inusual, apareceu a uns

escasos cinco metros do seu corpo, e invitou o

fracasado político a entrar nun luxoso á par que

misterioso local situado á súa esquerda. Practica-

X A N E L A

10

mente sen darse conta, ambos os dous mozos

entraron ao interior do local. Dito local resultara

ser un restaurante, cuxo interior semellaba aínda

máis maxestoso que a súa fachada. O portentoso

restaurante estaba dividido en varias zonas: nunha

había preto de dez mesas practicamente cheas, a

maioría de dúas persoas, aínda que tamén existían

dúas ou tres de maior capacidade, todas baleiras.

Outra das zonas estaba composta por unha longa

barra que daba paso a un gran moble repleto de

licores de todos os tipos e que exercía a modo de

mini-bar. Estaba custodiada por un miúdo cama-

reiro, que tamén desprendía unha elegancia digna

dos camareiros do restaurante máis importante

de todos os Estados Unidos. A última zona, e qui-

zais a máis pequena, así como a máis interesante e

misteriosa, consistía unicamente nunha longa me-

sa, moi similar á utilizada nos casinos para xogar

ao blackgammon, outra das adicións do mozo de-

presivo, tapizada en veludo vermello escuro e cu-

xos bordes de madeira eran dignos do mellor car-

ballo galego.

A mesa estaba practicamente repleta de

mozas moi novas e fermosas, así coma de homes

vestidos cuns traxes impecables e cun olor fresco

a perfume que penetraba directamente no nariz

de Nathan Elliot. O home que o convidara a pasar,

convidouno, esta vez, a sentar na longa mesa de

veludo a carón da única persoa que se atopaba de

costas a eles. Era un home cun porte físico espec-

tacular, e cuxa elegancia deslumbrou ao mozo de

Detroit. Ese home non era outro que John Fitzge-

rald Kennedy, o presidente dos Estados Unidos

dende 1960 ata a súa norte en 1963.

O corpo de Nathan quedou completamen-

te xeado. Os seus músculos semellaban de aceiro.

Pero, coa mesma velocidade coa que lle estaban a

acontecer os feitos esa noite do venres, Kennedy

comezou a falar con el. As palabras resoaban en

todo o local, e as antenas receptoras resultaron

ser os oídos do mozo, quen non podía crer de nin-

gún xeito o que lle estaba ocorrendo.

Aínda así, os dous comezaron unha conver-

sa na que, pouco a pouco, comezaron a intervir

máis homes e mulleres presentes naquela mesa. A

situación atípica desa madrugada de inverno deu

paso a unha conversa sobre política, economía e

temas relacionados coa marxinalidade e os proble-

mas económicos e sociais que arremetían contra

aquela Norteamérica dos anos 60.

Co asombro dun neno de 5 anos, e coa pa-

sividade de todo un político famoso e respectado,

o señor Elliot fixérase un oco naquela insólita con-

versa co presidente Kennedy, o seu maior referen-

te, e un dos políticos tomados como modelo na

súa carreira. E cando esa conversa chegaba á súa

parte máis interesante, todo se esvaeceu coa mes-

ma rapidez e sinxeleza coa que as cousas lle esta-

ban ocorrendo ao incrédulo de Nathan. O presi-

dente Kennedy esfumouse, así como o luxoso res-

X A N E L A

11

taurante neoiorquino e as persoas presentes nel.

A penetrante dor de cabeza retornou, e o fracasa-

do alcohólico aparecía tirado na Quinta Avenida

fronte á porta do restaurante ao que asistira cos

seus compañeiros de partido. A continuación, un

son de ambulancia deu paso a unha espiral de

escuridade que acabou por rematar coa conscien-

cia de Nathan Elliot.

Un fráxil raio de luz procedente do sol ma-

drugador entraba pola ventá do branco cuarto no

que Nathan estaba prostrado, cando este conse-

guiu abrir os ollos. Unha rápida ollada ao seu re-

dor tan só serviu para alimentar, máis se couber, o

desconcerto do bébedo mozo de Detroit. A peque-

na habitación do hospital fíxoselle familiar ao se-

ñor Elliot, pois xa estivera ingresado en máis oca-

sións por diferentes problemas de saúde, moitos

deles provocados por intoxicacións etílicas e so-

bredoses de diferentes pílulas e menciñas.

Aínda que o seu cerebro se estaba recupe-

rando, como o resto do seu corpo, dunha noite de

excesos co alcohol, este seguía traballando arreo e

Nathan non podía deixar de pensar no acontecido

na madrugada anterior. A presenza do presidente

Kennedy acompañárao durante toda a noite, e o

precioso restaurante no que o home traxeado o

convidara a pasar, tornárase naquela pequena e

infame habitación de hospital. Todo este barullo

de pensamentos e sensacións acabou por afogar o

fracasado de Nathan Elliot. O cansazo apoderouse

dos seus ollos, da súa mente, e acabou por dur-

mirse de novo.

A voz dunha fermosa enfermeira de pelo

vermello e ollos grises fixo espertar ao mozo ame-

ricano, anunciándolle a hora da comida e poñén-

dolle unha bandexa nas pernas, constituída por un

pequeno zanco de polo acompañado dunha esca-

sa cullerada de arroz, mais un ínfimo anaco de

pan. De seguido, entrou na habitación outra enfer-

meira de cabelo rubio, visiblemente tinxido, moito

maior e tamén moito menos atractiva cá primeira,

dado as engurras que se apoderaban da maior

parte da súa cara graxenta, e a gran anchura que

presentaban as súas cadeiras e pernas. Desta vez,

a vella enfermeira informou ao señor Elliot da súa

alta médica, e continuou advertíndolle ao mozo

do perigo do alcohol e as consecuencias deste,

pero Nathan non lle fixo caso ningún. No tempo

no que a enfermeira estivera na habitación, a ban-

dexa do enfermo estaba baleira, e Nathan Elliot

estaba vestido coa roupa coa que pasara a ante-

rior noite co presidente J.F.Kennedy.

O inseguro político de Detroit, pasou todo

o camiño no taxi cara o hotel cavilando sobre a

súa posible tolemia, na súa viaxe da noite pasada,

e repasando todos os feitos acontecidos nela. Isto

creoulle unha obsesión que o afastaba do mundo

real. Esa noite cambiou a estancia en Nova Iorque

de Nathan Elliot. Mesmo a súa vida virou total-

mente. Para Nathan non existían días nin noites.

X A N E L A

12

Almorzos ou ceas. Durmía o necesario, comía e

bebía o necesario, á hora necesaria, un día ás cin-

co da tarde, outro ás cinco da madrugada. Cada

noite voltaba á porta do restaurante da Quinta

Avenida, esperando a inusual elegancia do home

traxeado, a que dito restaurante se convertese no

maxestoso local daquela noite do venres, a que o

vello home que se sentaba na mesa do fondo do

restaurante neoiorquino todas as noites, adquirise

o porte e a elegancia propios do presidente Ken-

nedy, e acabara por transformarse nel. A monoto-

nía e a rutina entraron de novo con forza na vida

de Nathan, e o seu pensamento volvérase axitado

de máis, inducido por unha posible tolemia que o

afogaba e mesmo lle quitaba as gañas de vivir. A

súa vida convertérase nun pesadelo. Nun constan-

te pensamento borroso e gris. Nunha mesa de

blackgammon vermella que unha vez aparecera e

o fixera sentirse feliz por un curto período de tem-

po. Alí estaba el, Nathan Elliot, perante á pequena

petaca que comprara anos antes nunha visita de

traballo a Washington D.C., e que o acompañara

nos malos momentos da súa solitaria vida. Grolo a

grolo, o asente fora transformando as fondas pre-

ocupacións que se apoderaran da súa mente na

última semana en Nova Iorque, nunha espiral de

escuridade, de sobra coñecida polo novo político

americano. A espiral de escuridade acabou por lle

gañar terreo a todas esas preocupacións e unha

luz fíxose paso entre ela.

O bébedo mozo ollou confuso ao seu ca-

rón. Alí atopou a súa petaca, baleira, e tirada so-

bre o frío formigón da rúa. Levantou a mirada, e

perante a el amosábase, esplendorosamente, o

cartel “5st Avenue”. Un fresco olor a perfume in-

vadiu o nariz do mozo, o fume procedente do tubo

de escape dun flamante Rolls Royce batíalle na

cara, e unha elegancia inusual transformada en

traxe chamaba por el a uns dez metros. Nathan

mirou o seu reloxo dixital. Era venres.

Desta vez, o elegante home traxeado non

o convidou a pasar ao fermoso local da súa es-

querda, senón a un luxoso automóbil aparcado no

arcén da dereita, que resultou ser o Rolls Royce,

cuxo fume do tubo de escape lle batera na faciana

minutos antes. No seu interior, o olfacto de Elliot

captou o fume dun habano, o olor dos frescos

perfumes franceses que o deleitaran o venres an-

terior e un ambientador de vainilla. Estes forma-

ban unha mestura de olores que á súa vez, se uní-

an nun só aroma, canto menos peculiar. E alí esta-

ba o elegante John, cuxa presenza non resultaba

ser unha sorpresa para Nathan, senón todo o con-

trario. Tiña a fe de volver atoparse co seu ilustre e

quizais, imaxinario novo amigo. O esplendor do

presidente Kennedy contrastaba coa inseguridade

e o nerviosismo do novo político de Detroit. Aínda

que conseguira que as súas preocupacións se esfu-

maran, deixando de lado a súa posible tolemia, e

intentando desfrutar do momento co seu falecido

X A N E L A

13

ídolo, notaba como un arrepío lle atravesaba as

costas, e remataba nas puntas dos dedos maimi-

ños do pé.

O luxoso e impecable Rolls Royce arrancou,

e con el, tamén arrancaron as interesantes con-

versas que caracterizaban as noites co ex presi-

dente americano. De novo, Nathan, volveuse sen-

tir respectado e importante, e non dubidou en

expoñer as súas ideas fronte aos interesados com-

pañeiros que compartían o automóbil con el. In-

cluso con Christine, unha nova e fermosa moza

loura, co cabelo sempre perfectamente rizado, e

cuxa pel branca era similar á da neve das monta-

ñas de Dakota, nas que Nathan pasara os mellores

días da súa infancia. Christine era unha gran com-

pañeira de John Fitzgerald nas dúas noites que

coincidira con ela, como se podía observar nas

miradas e movementos cómplices entre os dous.

Quizais habería algo máis, mais escapaba dos co-

ñecementos de Nathan. Pero, dende o primeiro

instante no que a mirada do fracasado Elliot se

cruzou coa da nova dama, notou certa complicida-

de e conseguiu, dunha vez por todas, abrirlle a

armadura á que o seu corazón se aferrara anos

antes despois do enésimo desengano amoroso.

O Rolls Royce parouse e, con el, as estupen-

das conversas que naceran no seu interior. O cho-

fer do automóbil abriulle a porta aos seus viaxan-

tes, e a vista de Nathan cravouse no enorme e

brillante letreiro situado no cumio do luxoso edifi-

cio, que mesmo parecía que o miraba en fite. Alí,

fronte ao fracasado político, como convidándoo a

introducirse nel, amosábase o famoso hotel Asto-

ria. E pouco despois, J. F. K, Christine e o resto dos

elegantes compañeiros do presidente, comezaron

a camiñar ata a xigantesca porta principal do dito

hotel. A espiral de escuridade voltou para ocupar

toda a vista de Nathan Elliot, e o frío entrou polo

seu corpo, devolvéndoo ao formigón da beirarrúa

da Quinta Avenida.

Todos os venres, o alcohólico de Nathan,

asistía á súa cita, real ou imaxinaria, con Kennedy,

Christine e os demais compañeiros e políticos dos

sesenta, no luxoso restaurante do primeiro día ou

tamén no salón de reunións do hotel Astoria,

facendo así unha profunda amizade co presidente,

falecido na realidade, pero moi vivo na súa alma. A

súa vida xiraba en torno ás historias do poderoso

presidente e do seu fervente amor pola compañei-

ra deste. O desconcerto do político de Detroit de-

saparecera, xa que a súa mente se acostumara ás

noites do venres, e convertera en realidade o que

ao principio parecía produto do seu subconscien-

te.

Malia que as súas preocupacións remata-

ran, non o fixeron para algúns dos seus compañei-

ros de partido, que non crían absolutamente nada

do que o incomprendido de Elliot lles contaba.

Ademais, os comportamentos deste non axuda-

ban. A súa vida non parecía a dunha persoa nor-

X A N E L A

14

mal, bebendo a todas horas e chegando a vivir

nunhas condicións precarias. A súa habitación de

hotel convertérase nun desastre total, mesmo

parecía un crebacabezas con todos os datos das

experiencias nocturnas dos venres e do desenvol-

vemento e os detalles da súa relación con Christi-

ne, que se convertera nun amor mutuo, pero ne-

cesariamente oculto, por medo a que isto influíse

na relación dos dous con John.

Nunha das súas saídas ata o Astoria dos

anos sesenta, descubriu, para a súa sorpresa, a

data na que se atopaba a súa mente ese venres de

madrugada. Era venres, 15 de novembro de 1963.

Unha semana antes do asasinato de JFK en Dallas.

A noticia caeulle coma un xerro de auga xeada, e

os seus músculos tensáronse. Quizais sería a últi-

ma vez que estaría co trixésimo quinto presidente

americano. Ou quizais non, se podía evitalo. Algu-

nha que outra vez lera que, no caso de poder via-

xar ao pasado, non se podería cambiar nada que

puidese influír no presente. Pero a esas alturas,

Nathan viuse na obriga de intervir. Por Kennedy.

Por Christine. Pola súa amizade, e polos momen-

tos máis felices da súa vida, foran reais ou imaxi-

narios. Así que optou por pasar a noite intentando

convencer a Kennedy para que non fose o venres

seguinte a Dallas, mais tan só sacou en claro unha

cousa: o teimudo que podía chegar a ser o presi-

dente, xa que non atendía a razóns, e só se limita-

ba a repetir unha e outra vez que lle sería imposi-

ble faltar a dita viaxe.

Nathan sabía que era unha loita a contraco-

rrente. Chegados a ese punto decidiu actuar me-

diante o seu método preferido: a verdade. E coma

se dun tolo se tratase, comezou a contarlle a

J.Fitzgerald todo o acontecido nesas marabillosas

semanas. Contoulle que viña do futuro. Que era

un fracasado político de Detroit, hipócrita e solita-

rio. Contoulle que mantiña unha apaixonada rela-

ción secreta con Christine, a súa compañeira, e

que fora ela quen lle conseguira volver abrir o seu

corazón. Contoulle que, de asistir a Dallas o venres

seguinte, sería asasinado. Intentou informalo de

todo mediante datos que lle viñan á mente sobre

a fatídica visita a Dallas, en Texas, o 22 de novem-

bro de 1963. Datos sobre a súa vida persoal, que

saíran á luz grazas a un invento odiado polo mes-

mo Nathan, como era Internet. Contoulle todo.

Todo o que podía contar para convencer alguén

de algo. Mais Kennedy respondeulle mirándoo en

fite, e a continuación, cun sorriso e un aceno que

o mozo de Detroit non foi quen de descifrar. Logo

unha espiral negra apoderouse da súa vista e da

súa mente, e o sorriso de John F. Kennedy perdeu-

se entre a escuridade…

E espertou. Pero, para sorpresa e descon-

certo do alcohólico N. Elliot, non espertou nun

recuncho do frío formigón da Quinta Avenida.

Espertou nunha habitación completamente bran-

ca e recostado sobre unha dura cama gris, atado

X A N E L A

15

de mans e pernas cunha camisa de forza. A peque-

na habitación non lle resultaba familiar. Non se

trataba do hospital. Na marxe esquerda dese in-

quietante cuarto, situábase unha branca, aínda

que oxidada polas esquinas, porta metálica. A por-

ta tiña unha pequena ventá circular na súa parte

superior, por onde entraba o único raio de luz que

envolvía a habitación. Nathan tratou de encaixar

as evidencias, e por fin asumiu que se atopaba na

habitación dun psiquiátrico.

Paralelamente á súa visita ao Astoria na

madrugada do Venres, Sarah, unha compañeira do

seu partido, puxérase en contacto cun doutor do

psiquiátrico para amosarlle o estado no que se

atopaba o desgraciado político. Este non dubidou

en internalo, dadas as circunstancias que envolví-

an a vida de Nathan Elliot.

O mozo de Detroit non daba creto ao suce-

dido, pero as paredes brancas da súa nova habita-

ción do manicomio non ocupaban os seus pensa-

mentos, aínda que o fixeran baixar ao mundo real.

A súa mente quería crer nas historias deses máxi-

cos venres, mais a súa actual situación desbotaba

calquera posibilidade de que eses feitos foran re-

ais. Nathan asumiu con total enteireza a súa nova

vida, pero a súa mente e o seu corazón non para-

ban de pensar na noite anterior e no seu amigo,

por unhas semanas, John Fitzgerald Kennedy. Os

días ían pasando e N. Elliot rexeitaba calquera tipo

de visita que rompera coa súa monótona vida no-

va, pero os seus pensamentos non cesaran en nin-

gún momento. O que acontecera todos os venres

durante a súa estancia en Nova Iorque escapaban

de calquera tipo de ciencia ou relixión. De calque-

ra tipo de crenza. A súa mente e o seu corazón

falaban máis forte que calquera investigación real

que desbaratara todos os feitos vividos nesas se-

manas tan especiais. Pero tamén sabía que coa

morte do presidente Kennedy, as posibilidades

dunha visita ao pasado eran nulas, mais en ningún

momento perdeu a fe.

Sarah, a súa compañeira de partido que o ingresa-

ra no inmundo hospital psiquiátrico, decidiu visitar

o solitario mozo, aproveitando un oco na súa

axenda, aínda que non sabía se sería adecuado

visitalo pola noite. O doutor ao que recorrera ela,

acompañouna ata a habitación na que estaba in-

gresado Nathan, pero ao pasar ao seu interior, tan

só atoparon unha camisa de forza nun recuncho e

unha cama feita cunha nota na súa almofada que

dicía:

“Estimado Señor Elliot. Está vostede invitado a

unha cea no Astoria as 00:30.

Reciba un cordial saúdo.

John F. Kennedy”.

A nota tamén firmaba coma venres 22 de novem-

bro de 1963. Kennedy non asistira finalmente a

Dallas.

E esa noite era venres.

X A N E L A

16

X A N E L A

17

X A N E L A

18

CON

Por Lois Pimentel

Como vén sendo habitual na nosa revista “A Xanela”, cada ano achegámo-

nos a unha persoa, mediante un pequeno cara a cara, para coñecer un pouco máis o seu la-

bor profesional e, como non, a súa opinión sobre certos temas de actualidade e mesmo, sen

chegar a ser indiscretos, os seus gustos ou afeccións.

Atopámonos no Departamento de Orientación para manter unha conversa con Isabel

Castro Domínguez, xefa do Departamento de Orientación.

Entrevistador: Ola, Isabel. Levo tres anos no instituto e teño oído falar en varias oca-

sións de orientación e mesmo feito traballos e seguido pautas e suxestións dadas a parti-

res deste departamento. Pero, se son sincero, son moitas as dúbidas. Por exemplo… Quen

forma o Departamento de Orientación?

Isabel: O Departamento de Orientación está formado por un profesor de pedagoxía

terapéutica, un titor de cada un dos ámbitos (sociolingüístico e científico-matemático) e

pola xefa de dito departamento, licenciada en psicopedagoxía e psicoloxía. Se tamén con-

taramos neste instituto con ciclos de FP habería outra persoa a maiores.

E– Impartes clases nalgunha titoría?

I- Non, os orientadores non temos función docente.

E- En que consiste logo o teu labor?

X A N E L A

19

I- A miña función engloba tres ámbitos: o da familia, o do profesorado e o do alumnado. A

función principal é a de asesoramento. Concretando máis, coas familias. O que máis se tra-

balla é a información sobre as saídas académicas do alumnado, se titula ou non, a valora-

ción psicopedagóxica dos fillos (se a demandan), o asesoramento a nivel de pautas de con-

duta e estudo…

Co profesorado, fundamentalmente cos/coas titores/as e en coordinación con eles/

elas, desenvolvemos o plan de acción titorial do centro en tres bloques importantísimos:

hábitos de estudo, técnicas de estudo e orientación académica profesional. Cando se re-

matan os estudos, con ou sen titulación, tamén se coordinan diversos talleres de temas

transversais. Previa demanda do profesorado, fanse valoracións psicopedagóxicas para

detectar posibles dificultades de aprendizaxe en alumn@s.

En xeral: información e asesoramento, así como a coordinación co equipo directivo

en problemas de conduta.

E- Prefires traballar dende atrás, por así dicilo, ou preferirías ter contacto directo

co alumnado?

I- Eu estou a gusto como estou traballando, pero o certo é que ás veces si se bota

en falta non poder ter máis contacto co alumnado.

E- Coas familias, como é o xeito de abordar as distintas problemáticas que se poidan

dar?

I- Coas familias, sempre a través de entrevistas persoais, así como de pautas escri-

tas. Posteriormente, faise un seguimento. O maior problema é a conciliación da vida labo-

ral dos pais coa vida familiar; xa que non poden controlar os hábitos de estudo seus fill@s.

Se os problemas dos alumnos/as son casos moi graves, xa se desviarían a un clínico

(psicólogo, psiquiatra…).

E- Supoño que levas moitos anos en contacto co ensino. Cres que a mocidade actual

adica menos tempo aos estudos?

I- En xeral penso que si. Na miña opinión estudades doutra maneira, e co tempo mal

X A N E L A

20

organizado.

E- En varias ocasións vemos nas noticias e nalgúns centros de secundaria o tema das

agresión tanto entre alumnos, como alumnos cos profesores. Este instituto aseméllase

neste tipo de situacións?

I- Non. No noso centro, por sorte, este tipo de casos son moi illados, excepcionais.

E- Na época de crise que estamos atravesando estanse a producir unha serie de re-

cortes que afectan a varios sectores públicos. En particular, que opinas con respecto ao

que se está producindo en educación?

I- Non sei se o que opino se pode publicar… (Risas). Eu estou totalmente en desacor-

do. É un atraso tremendo no ámbito da educación. A nivel profesional, podería aceptalo,

pero por suposto que non nos recursos. Isto é un retroceso!

E- No caso do noso instituto, xa se notou o seu efecto? En que?

I- Por suposto que si. Notouse nun recorte de profesorado que leva consigo un re-

corte na atención á diversidade que non se pode atender de maneira axeitada. En concre-

to, carecemos dun especialista en Audición e Linguaxe, cando temos alumnado con dificul-

tades moi específicas e necesidades deste profesional.

E- Que valores intentas inculcar aos rapaces/as do instituto? Cres que o consegues?

I- Os principias son o respecto e a integridade. Os orientadores en xeral, estamos

frustrados, xa que os nosos logros non se poden observar a curto prazo, senón en períodos

máis longos.

E-Tendo en conta que ti estás en contacto todos os días con mozos e mozas, cres

que a situación actual do galego mellorará ou empeorará?

I- Non creo que empeore. Eu creo que, polo menos en Boiro, se manterá. Neste cen-

tro a situación está bastante ben, xa que se traballou moito.

E- Cal é o tema de actualidade (política, economía, sociedade…) que máis che preocu-

pa? Por que?

I- O paro. É moi difícil animar aos alumnos porque as perspectivas de futuro son

X A N E L A

21

bastante negras e negativas.

E- Hai agora máis fracaso escolar que cando ti estudabas? Se é así, a que cres que se

debe?

I- Non é equiparable. Agora todo o mundo ten acceso á educación. Antes non estaba

cuantificado este fracaso, porque só ían os poucos que verdadeiramente querían estudar e

podían.

E- Se tiveses que convencer a unha persoa á que en principio non lle guste ler, faríalo?

Como tratarías de convencela?

I- Si, por suposto. Pois, buscaría convencela de moitos xeitos. Empezando por soporte

informático ata o papel (cómic, relato curto…), dende textos moi sinxelos sobre temas que

lle interesen á persoa.

E- Gústache ver a televisión? Que adoitas ver nela?

I- Ben…regular. Adoito ver informativos, algunhas películas e algúns documentais.

Rolda de preguntas curtas:

Película favorita: Casablanca.

Grupo de música: The Beatles, Rosendo, Sabina, Serrat…

Libro preferido: Calquera novela histórica.

Un sabor: Unha laranxa.

Un olor: O das gardenias.

Unha comida: Un bo cocido.

Unha paisaxe: Costeira, con cantís.

Un recordo: A miña avoa materna, que era moi tenra.

E para rematar… un desexo

X A N E L A

22

Xente do BarbanzaXente do Barbanza Entrevista a Tucho Abalo

“Ser é transmitir porque todo ser transmite… A arte é vida porque todo ser vivo é unha obra de arte que crea arte voluntaria e involuntariamente. A vonta-de é a que fai o artista…”

Cando empezaches a adicarte á escultura? Haberá nove ou dez anos aproximadamente. Por que decidiches empezar? Porque sempre me gustou traballar coas mans e facer o que me viña á cabeza, o que quixen. Meu pai é carpinteiro e con el teño traballado e colaborado. Ademais é satisfactorio ver, cando acabas algo, que está ben. Que é o que máis che gusta do teu traballo? Que podo facer o que quero. Cal das túas obras é a que máis che gusta? Todas teñen moito valor para min, pero hai unha que fixen con Oscar Aldonza, un mestre da escultura co que traballei durante catro anos, que se chama O Druída Poeta que me gusta moito. Tamén hai ou-tra que parte de min. Fíxena eu ao completo e está realizada con lixo recollido da praia. Tes algún tipo de formación académica na escultura ou es autodidacta? Estiven catro anos cursando escultura en Mestre Mateo. Alí aproveitei todo o tempo para estar nos talleres e desenvolvín unha técnica propia consistente en mesturar cristais con resina. Que che gusta facer no teu tempo libre? Tocar. De feito toco percusión; aínda que tamén me gusta ler, debuxar... pero a maior parte do meu tempo libre adícollo á escultura, ben pensando que críticas vou realizar; porque claro, a miña escultura son críticas e pensamentos. Ese espírito crítico transfórmoo en volume. Esa é a miña base ou punto de partida.

Tucho Abalo é un escultor de Cabo de Cruz. Iniciou a súa formación artística na escola de artes e oficios Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Hoxe, nes-ta entrevista, dános a súa visión particular sobre a escultura, o seu significado e a crítica a través da arte.

Por Laura Triñanes e Nuria Outeiral

X A N E L A

23

Cales son os teus escultores de referencia? Miguel Ángel e Rodin. Tes en conta outro tipo de artes para inspirarte cando traballas, como por exemplo a pintura, a música…? Eu sempre traballo con música, vivo con música, póñoa cando me levanto ata que me deito. A música faite viaxar. Onde podemos contemplar as túas obras? Agora mesmo algunhas atópanse no centro social de Cabo de Cruz, unhas cinco, e en myspace (http://www.myspace.com/tuchoeu )

Estás traballando nalgunha obra actualmente?

Si, sempre estou traballando nalgunha obra. Agora mesmo estou realizando unha trompeta que me encargou un veciño; unha trompeta de cristais con resina. Ao mesmo tempo tamén estou traballando cun deseñador de interiores.

Que proxectos tes para o futuro?

Teño pensado rematar a páxina web que me están facendo e tamén me gustaría realizar unha viaxe por Europa para moverme polas súas galerías de arte e ver que opcións teño. En Polonia e en Roma xa teño contactos. De feito, actualmente hai once obras miñas en Italia e dúas en Porto.

Agradecémosche, Tucho, que nos concedeses esta entrevista e dende a revista Xanela desexámosche moito éxito en todos os teus proxectos relacionados coa escultura.

X A N E L A

24

A NOSA GALIZA

Voume achegando paso a paso

ao meu pobo, á miña terra

que tan fermosa como sempre

segue aí, agardando

tal e como o ollei por primeira vez.

Xa avisto as centenarias torres

do camposanto,

os verdes outeiros

e as fermosas e recortadas

costas galegas.

Xa chego á miña terra!

Á terra onde nacín!

Á terra galega!

Da igrexa santa

ao cabo de Fisterra,

do cume máis alto

ao pequeno outeiro,

do río Miño

ao regato pequeno.

Cada recuncho paga

a pena ver, porque toda é Galicia.

Esta é a nosa terra!

coa súa xente e

coa súa fala.

Falemos galego!

Pensemos galego!

Vivamos como galegos!

Antía Otero Carou

O SENTIR DA TERRA Lúa chea, noite estrelada estou divisando coa miña mirada. Choiva que cae, vento que funga nesta terriña envolta por auga. Sol resplandecente, querido verán contigo xa chega o San Xoán. Benditas fogueiras, que alumean, bendita xente que as rodea. Sinto a gaita, vexo gaiteiros, saen ao mar os mariñeiros. Síntome leda, síntome forte destes airiños do mar do Norte. Vivo contenta, vivo esperando, os bailes da terra sigo bailando. Lúa chea, noite estrelada, estou agardando coa súa chegada.

Carme Abelleira Vicente

X A N E L A

25

Mat

eo

ñe

z

X A N E L A

26

Ese máxico soño

Alejandro Davila Pena

A nxo era un neno de dez anos fascinado po-

los dinosauros. No seu cuarto tiña un montón

destes exemplares: Thyrannosaurus, Edmonto-

saurus, Velociraptor, Protoceratops… Dende pe-

queno quedara abraiado pola película “Na busca

do val encantado”, cuxo protagonista é un peque-

no cuellilargo chamado “Piecito”. Dende entón

encantáballe todo o que tiña relación coa prehis-

toria, en especial a Era Mesozoica.

Anxo era moi forte. Gozaba de moi boa saúde e

case nunca estaba enfermo. Mais un día, e para

sorpresa súa e dos seus pais, Anxo non puido ir ó

colexio, a pesar de que lle encantaba atoparse

cos amigos e aprender cousas novas. Tiña case

trinta e nove de febre e doíalle moito o estóma-

go. Mais non era unha dor feble, senón todo o

contrario: semellaba que lle estivesen cravando

agullas. Non lles quixo contar nada aos seus pais

e decidiu deitarse no sofá, tapado coa súa manti-

ña, a ver a súa película favorita. Xa no comezo,

sentiu que estaba moi canso. Porén, Anxo tenta-

ba non se durmir, ata que a fatiga puido con el e

as súas pálpebras se pecharon completamente.

Atopouse miles de anos atrás no tempo, vestido

unicamente cun taparrabos de pel, no medio dun

lugar estraño que descoñecía totalmente: non

había casas, nin estradas, nin paus da luz, nin un

só papel tirado no chan! En definitiva, non había

un só rastro de vida humana. Só se vían pedras,

algunha vexetación e un gran lago no medio. Da-

do que ía moita calor, decidiu darse un baño. De

súpeto, levou un bo susto ao observar que á su-

perficie afloraba un rabo moi grande. Saíu corren-

do e ocultouse detrás dunha árbore. Do fondo do

lago comezaron a emerxer burbullas ata que apa-

receu un crocodilo xigante. Nunca na súa vida

vira un animal tan enorme. Aguantou a respira-

ción para non ser descuberto, mais o réptil en

seguida se decatou da súa presenza e dirixiuse a

el. Anxo tentou fuxir, pero este animal desprazá-

base cunha velocidade abraiante. Parecía famen-

to, debido aos continuos bruídos que emitía. Can-

do alcanzou a Anxo, o rapaz tremía de medo. O

crocodilo mostrou os seus grandes e afiados cani-

nos. Tiña que se facer á idea de que ía ser devora-

do. De socato, apareceu un dinosauro cuellilargo

que se enfrontou ao crocodilo facéndoo fuxir. Alí

había animais que el xa coñecía moi ben. Aqueles

vertebrados que tiña en fronte súa eran, como

non, os dinosauros.

O cuellilargo, non tiña a mínima intención de fa-

X A N E L A

27

cerlle dano a Anxo. De feito, era vexetariano e só

quería salvar e protexer ao pobre rapaz. Anxo non

daba creto ó que estaba vendo. O seu gran salva-

dor era Piecito, o animal que tantas veces vira na

súa película favorita e que tanto desexara coñe-

cer. O neno acariciouno e o animal deixábase fa-

cer.

Decidiu chamalo “Salva” e fixéronse moi amigos.

Anxo estaba tan entusiasmado co seu novo com-

pañeiro que case non oíu as voces e ruídos que se

ían achegando. Subiuse ao alto dun outeiro e viu a

un grupo de homes que, vestidos con peles de

animais, intentaban cazar algún ser coas súas lan-

zas. Xa descubrira que se atopaba na prehistoria,

pero … como era posible que houbera persoas na

época dos dinosauros? Quizais tamén se achaban

nun soño, coma el. Pero parecía que se tomaban

moi en serio a caza: todos seguían apuntando na

súa dirección. Por máis que os dinosauros intenta-

ban fuxir, non o conseguían. Cada vez había máis

cazadores que se lles aproximaban. Anxo non pui-

do esquivar a frecha que lle lanzaran e que termi-

nou por afundirse no seu abdome. Nunca sentira

tanta dor. Era tan intensa que parecía que lle atra-

vesaban as entrañas. De seguir coa lanza cravada

remataría desangrándose. Mediante uns sons que

Anxo non conseguiu comprender, Salva díxolles

algo aos seus compañeiros. Entre eles e algunhas

aves que os sobrevoaban, conseguiran espantar

aos homes.

Anxo non se podía mover e Salva montouno sobre

o seu lombo. Logo de camiñar uns dous minutos

chegaron a unha cova. Salva púxose ao seu carón

e mirouno aos ollos. Semellaba que lle quería dicir

algo e non sabía como. A súa linguaxe era diferen-

te, pero aínda así, Anxo comprendeu que Salva só

quería axudalo. O dinosauro colleu coa súa boca o

pau que sobresaía do corpo de Anxo. Despois de

sacalo, comezou a lamber a ferida ata que curou.

Xa non quedaba nada máis que unha pequena e

redonda cicatriz. Anxo quedou durmido xunto co

seu amigo.

Ao espertar, nada cambiara na súa casa. Seguía

vestido, tapado coa súa manta e coa televisión

acendida. Na pantalla estaban saíndo os créditos

da película que xa rematara. Anxo non podía crer

que tan só pasaran dúas horas. Recordou entón o

motivo polo que non fora á escola. Tomou a febre

e aínda non cesara. A dor do seu ventre continua-

ba a ser intensa, pero tampouco lle deu moita

importancia, pensando que sería gastroenterite.

Foi á cociña e pediulle á súa nai que lle preparara

unha macela.

- Neno, íspete e vai á ducha. Sentarache ben.

Anxo comezou a sacar a roupa, quedando tan só

en calzóns.

- Que tes no ventre, Anxo?

O rapaz observou o seu abdome e descubriu unha

cicatriz redonda e pequena. Se cadra, os soños ás

veces fanse realidade.

X A N E L A

28

V alentín Paz Andrade foi avogado, político e empresario, amais de ensaista, poeta e xornalista. Son moitas as facetas desta rica personalidade que se caracterizou, por encima de todo, polo compromiso co país. Naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez, Pontevedra. Durante os seus anos mozos coñece a través do seu tío Juan Bautista Andrade a Castelao, quen daquela acababa de chegar a Pontevedra. Este autor, ao que chamaba “o meu mestre”, influiu fondamente na súa obra . Nesta época tamén se vai iniciar no xornalismo. En 1917 comeza a estudar dereito en Santiago de Compostela. Será nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego de Estudantes, afín ás Irmandades da Fala. Así inicia a súa traxectoria polí-tica. Logo de rematar a carreira, comeza a exercer en Pontevedra ata que é chamado a filas e ten que ir loitar á fronte a África. Dende alí escribe crónicas de guerra que se publicarán en El Noroeste da Coruña. Só con vinte e catro anos asume a dirección do xornal Galicia, subtitulado Diario de Vigo, cun espírito liberal, independente e galeguista. Este xornal desaparecerá durante a ditadura de Primo de Rivera. En 1930 é nomeado presidente do Grupo Autonomista Galego que se constitúe en Vigo e que despois se fusionará co Partido Galeguista creado en 1931. Durante esta época participa en mitins xunto con figuras galeguistas como Castelao, Xosé Núñez Búa, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Ramón Cabanillas e Alexandre Bóveda. Ademais da súa faceta política, cabe destacar o seu labor como asesor xurídico dos armadores, e cos anos converterase nun dos mellores especialistas xurídicos galegos en temas marítimos e en eco-nomía pesqueira; sendo un dos impulsores da creación da empresa Pescanova. A partir dos anos cin-cuenta comezará a realizar unha serie de relatorios sobre o tema por distintos países de América. Durante a guerra civil e tras ela sofre varios desterros debido ao seu compromiso político, aínda que será a súa condición de exiliado o que o faga comezar a escribir poemas en galego. Tamén coñece a que sería a súa muller, Pilar Rodríguez Prada. Instálanse en Vigo, onde traballará no seu bufete e des-ta unión nacerá un fillo. Morreu o 19 de maio de 1987 en Vigo aínda que será enterrado no Lérez envolto na bandeira galega polo seu expreso desexo.

Valentín Paz Andrade

Letras G

alegas 20

12

X A N E L A

29

OBRA Valentín Paz Andrade comezou publicando numerosos artigos xornalísticos na súa etapa como cola-borador do periódico Gaceta de Galicia. Incluso chegou a ser director do periódico galeguista Galicia entre 1922 e 1926, cando foi pechado pola ditadura de Primo de Rivera. Nos anos seguintes continuou escribindo artigos, sobretodo políticos, en diversos xornais e revistas, como en El Pueblo Gallego. Dende moi cedo, tamén demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros que afectaban a Galicia. Dentro deste eido, dirixiu a revista de economía e tecnoloxía Industrias Pesqueras e é o autor do primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera, editado pola FAO. Ademais, escribiu e achegou información sobre estes temas en escritos e obras como: Producción y fluctuación de las pes-querías (1954), Sistema económico de la pesca en Galicia (1958), Los derechos sobre el espacio maríti-mo (1960). El capital como factor del desarrollo de Galicia (1970), El concepto de zona económica en el nuevo derecho del mar (1974). Sen embargo, a súa principal obra céntrase na narrativa e na poesía. Como poeta pertenceu á xera-ción do 25 e na maior parte da súa produción poética evidénciase unha motivación patriótica que pre-dominará en moitas das súa obras. En cambio, non se iniciou na literatura a través da poesía, senón da narrativa e en 1921 publicou a novela Soldado da morte.

Xa a partir de 1955 aborda o eido da poesía con Pranto Matricial, no que evoca a morte de Castelao, persoa que influiu moito nel. Esta é unha das obras máis importantes e coñecidas de Paz-Andrade, pois chegou a ser reeditada en 1975 en cinco linguas. Valentín continuará a liña poética da súa primeira obra en Sementeira do vento (1968), libro no que canta á paisaxe, á xente, ao exilio e aos poetas gale-gos. As súas dúas últimas obras poéticas son Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Como xurista, ademáis das múltiples contribucións a libros e publicacións na prensa, mostrou a súa preocupación pola xeral problemática socio-económica e a progresión de Galicia, escribindo deste xeito ensaios literarios, históricos e económicos, destacando: Galicia como Tarea (1959), La anuncia-ción de Valle-Inclán (1967), La marginación de Galicia (1970), A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978) ou Galicia lavra a sua imagem (1985).

Dentro deste gran número de ensaios, cabe destacar a obra Castelao na luz e na sombra (1982), xa que está considerada como unha das mellores e máis completas biografías do autor de Rianxo.

Premios e distincións

Valentín Paz-Andrade foi membro da Real Academia Galega (1964) e da Academia Galega das Ciencias (1985). Foi galardoado co premio Pedrón de Ouro no 1975, coa Medalla Cidade de Pontevedra en 1979, coa Medalla Castelao no 1984 e co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1986. E para rematar, adícaselle en 2012 o recoñecemento máis especial de todos: ser homenaxeado no Día

das Letras Galegas 2012.

Por María Suárez e Mateo Núñez

X A N E L A

30

BOAS-VINDAS, MARIÑEIROS

Boas-vindas ao porto, mariñeiros, agora que anoitece nos peiraos. Sobre do chan macizo agonías dos astros desdibuxan vosa varuda estanza revenida na dozura das tintas vesperales, e voso corazón pasaro en revoada cara o niño, xa de ledicia canta en súa ponla. Vivos ergueitos bronces, entre metaes líquidos fundidos, con fasquía de lobos amansados na cadea do mar: un lumaréu de viride queimada, fabulario de tesouros novos, un arume salgado de pradeiras en fanales sumidas… gañan con vós o porto na escurada. Pola boca das Illas, denticulada cróa na fronteira da incertidume máxica, vindes cansos das loitas arxentadas, co torso ao leu de sal e sol maduro, anónimos heroes. Vindes da comunión coas estrelas guiadoras do leme, vindes da retesía co misterio, amoedados en vivo e circulante nos reinados acuáticos. De Sementeira do vento. Vigo 1968

O QUE TODO GALEGO CHORARÍA

Chora, Terra, teu pranto das augas e dos eidos, e dos ares, as vivas páreas cósmicas da raza, en mantelo de brétemas envoltas, que noso fin ao noso orixe ligan. Deita nas áurias leiras do hourizonte labradas de solpores e de abrentes, en adoas de luz a debullarse, as sementes feridas de túa door. Arpas de nobres cordas esquecidas, ceiba teu son no curazón retido, e fai acordes en total latexo almas, paxaros, ríos e paisaxes. Chora, Terra, teu pranto xeneroso, O que todo galego choraría, en roda de multánime silenzo e ollares abatidos sobor do longo corpo derrubado que fora vivo mastro en loita núa; perto d-aqueles beizos, seca fonte da verba nunca d-antes mais belida; do peito petrucial, reflorecido de mapoulas pampeiras, que envexan a nacencia das chorimas; xunto das postas maos voltas ao xelo, onde a eito agromaron do seu arte, no cerne da galega patrona, vizosas primaveiras. Chora, Terra, teu pranto matricial O que chora todo galego choraría, se inda chorar pudera, até cobrir de vagaos o mare. De Pranto matricial. Bos Aires, 1955

X A N E L A

31

Este curso continuamos facendo o xogo do dicionario xa iniciado tempo atrás. Con-siste en darlles a todos os alumnos/as do IES unha serie de palabras que entrañan certa dificultade para que eles e elas escriban o seu significado sen consultar o di-cionario. Unha vez revisadas as contestacións, publícase cada palabra co seu signifi-cado correcto, o número de alumnos e alumnas que acertaron e aquelas contesta-cións máis simpáticas e anecdóticas que houbo.

ORBALLO: Chuvia miúda e persistente con apa-riencia de néboa. Humidade da noite que molla. Noraboa!!! Acertastes a definición 125 de vós. Outras definicións disparatadas: -Burato da leira por onde nacen as arañas -Árbore que non dá froitos -Peixe que vive nas profundidades do Índico -Árbore empinada cara á dereita -Pintar con pintura orballada -Especie de árbore que mide 1000 metros -Aparato reprodutor das albóndigas -As pallas para poñerlles aos pitos -Vasoira das bruxas -Casar nun carballo -Unha cousa que se utiliza para desfacer os callos -É a órbita dun allo -“Orbe” para os cabalos -Esta palabra non se usa

FARRAPO: Anaco de tea rota e gastada . Foler-

pa . Peza de roupa usada e rota . Flocos que ador-

nan a gaita.

Noraboa!!! Acertastes a definición 102 de vós.

Outras definicións disparatadas:

É o que din os vellos “farrapo de gaitas”

Ferro cun trapo

É un tipo de música O que toca a farrapa Cousa que non serve para nada Mancha nos calzóns, normalmente de merda Calzoncillo pequeno Cu dun sapo Roupa que leva Tarzán Pano para os mocos Que o que di non ten sentido É un animal que come galiñas Resto de churrasco

X A N E L A

32

Paula ten vinte meses, naceu sen sacro e con dúas vértebras mal formadas. Isto aféctalle di-

rectamente ás extremidades inferiores; xa que os nervios que van ás pernas non se desenvolveron correctamente. Tamén lle afecta aos pés. Tíñaos equinovaros e segundo os médicos que a trataron dende o seu nacemento, é o primeiro caso destas características aquí, en España.

Despois de máis dun ano de tratamento no hospital clínico de Santiago de Compostela, os seus pais observaron que os médicos non sabían que facer con ela; así que tiveron que consultar outros centros hospitalarios máis lonxe. Atoparon un centro médico en Düsseldorf (Alemaña), onde si podían e sabían tratar a Paula. Pediron un traslado para este centro e que a seguridade social se fixese cargo de parte destes gastos, ao que os médicos se negaron alegando que descoñecían a clase de tratamento que recibiría Paula en Alemaña. Cando souberon isto, decidiron facer público este caso xa que non dispoñían de tantos cartos para afrontar todo o tratamento.

Que é exactamente o que lle ocorre á vosa filla? Paula ten Agenesia Sacra, é dicir, fáltalle todo o sacro e parte de dúas vertebras. Ten afecta-dos os membros inferiores, xa que as conexións nerviosas que saen do sacro están afectadas. Sendo un problema de nacemento, como é que isto non se descubriu antes de que Paula nacera ? A esta pregunta non podo dicirche nada máis que topei cun equipo de médicos que nin seque-ra dous días antes de nacer Paula, viron que lle faltaba TODO O SACRO... menos mal que estaba tra-tada como "embarazo de alto risco". Cando o descubristes, que solución vos deron ? O tratamento a seguir despois de detectaren a enfermidade de Paula foi a colocación de xesos. Citárona para cambiarllos nunha semana, e mandáronnos esperar. Cada vez que iamos á con-sulta, a nosa pregunta era: a nena vai poder camiñar ? A súa resposta non variaba. Sempre era: de-pende da evolución da nena. E despois de esperar un ano, o especialista comunícanos que é o primei-ro caso que se lle presenta e que non sabe que facer coa columna de Paula. Paula está sendo atendida en Alemaña. Como coñecedes a clínica e por que decidides recorrer a ela? Coñecemos a clínica a través dunha rapaza alemá que estivo en Galicia cunha bolsa de estu-dos Erasmus. Fomos aló a unha consulta por saber outra opinión, e o resultado da consulta foi moi esperanzador. Pasamos de que en Santiago non sabían como tratala, a atopar cun médico que nos di que é urxente empezar o tratamento para que a nena poida camiñar e que con 18 meses a nena es-taría camiñando se a poñemos nas súas mans. Aínda que o que realmente nos fixo confiar nel foi oír o primeiro si a esa pregunta que tiñamos na cabeza dende o principio.

Por Paula García

X A N E L A

33

Por que a seguridade social non se fixo cargo de parte destes gastos? Porque o médico que a tratou en Santiago, a pesar de recoñecer de forma verbal que non sabía como tratar a Paula, non quixo iniciar os trámites para que Paula fose tratada nun centro con experien-cia. Como vos sentistes ao observar que moita xente estaba colaborando coa causa? Pasamos de sentir unha vergonza inmensa por ter que poñer a vida da nosa filla nos medios de comunicación, a sentir unha enorme gratitude con todos os que colaboraron. A día de hoxe podemos dicir que estamos hipotecados de por vida con todos os que fixeron isto posible. Ata cando Paula vai recibir operacións? É moi complicado dar unha data, pero o que está claro é que teñen que reconstruír todo o sacro a medida que vai evolucionando e ata que deixe de crecer. Se todo vai ben, Paula tardaría moito en camiñar? Pois polo de agora todo vai indo moi ben. Paula xa camiña con axuda, apoiandose nos mobles e no andador ou agarrándose das mans. O día que camiñe soa, será o día máis feliz da nosa vida.

Pouco a pouco, a xente foi descubrindo grazas ás redes sociais e á axuda dun equipo de persoas de Boiro e arredores, o problema de Paula. Non fixo falta moito tempo para que fose cada vez máis xente a que axudaba á rapaza. Empezáronse a realizar actos benéficos, de música, baile, etc. Tamén propostas coma “Un doce por Paula” ; quizais a máis reco-ñecida, pois ademais de en Boiro realizouse tamén en Pa-drón, Neda, Ferrol e Narón. Outra das accións solidarias foi “Un xoguete por Paula”, cuxa finalidade era que cada ra-paz trouxera un xoguete e cada pai ou nai un euro. Así, rapa-ces con certos problemas económicos, poderían desfrutar dos nosos queridos Reis Magos de Oriente e á mesma vez, recoller cartos para Paula. Ademais de actos e propostas, tamén existen as famosas “Huchas de Paula” ou a recollida de tapóns que chegaron de todas partes de España.

É tanto o movemen- to solidario que se creou, que moitos famosos se implica- ron na causa doando cousas de seu como Belén Esteban, Cristina Castaño ou “Juditt Becker”. Shakira non quixo ser menos e enviou unha camiseta e un dos seus discos. Outros famosos foron Xesús Vázquez ou Dani Martín. Mesmo Fernando Alonso mandou para a rapaza a súa gorra asinada. Equipos de fútbol tan grandes coma o Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid cederon balóns e camisetas usadas en grandes competicións e asinadas por todo o equipo sobre os que se realizou unha poxa. Tamén queremos destacar a Pablo Cimadevila, un rapaz moi novo de Pontevedra, campión de natación, que está en cadeira de rodas ; xa que deu para Paula unha das dúas medallas de ouro gañadas nas súas primeiras Paraolimpíadas de Sidney no ano 2000. O pasado 31 de marzo, celebrouse no Hotel Porta do Camiño en Santiago de Com-postela, unha cea solidaria na que varios dos obxectos xa citados foron sometidos a unha poxa a través de “Ebay”. A gala foi presentada por Boris Izaguirre e animada musicalmente por Serafín Zubiri e Mar Davila, unha cantante de preto de Boiro. Tamén estiveron Óscar Pereiro, Pablo Coira e os nadadores paraolímpicos Miguel Luque e Pablo Cimadevila. Nesta cea, Paula e seus pais foron galardoados polo periódico Diario de Arousa como barbanzáns do ano, na sección Acción Social, pola enorme marea solidaria que crearon con esta causa.

X A N E L A

34

Dada a gran seca que estamos a sufrir no que vai do 2012, cremos importante falar na nosa revista dun problema que xa nos está afectando a estas alturas do ano: os incendios forestais que se están producindo na nosa bisbarra. Analizaremos, pois, este fenó-meno xunto coas causas que os provocan. Que son os incendios forestais? É o lume que se expande sen control en terreo forestal, afec-tando a combustibles vexetais que non estaban destinados a arder. Cando as reservas de auga do solo se encontran por riba do 30%, a evaporación de auga das plantas vese compensada pola humidade

do solo. Por baixo desta porcentaxe, a planta xa non se pode hidratar e son os seus propios zumes os que se evaporan provocando así que na seca sexan altamente inflamables. Cales son as zonas que máis arden? Non todas as plantas arden igual. No que atinxe ao bosque galego, cómpre indicar que os pi-ñeiros, eucaliptos e polo xeral todas as especies resinosas que existen ao longo das nosas costas, son máis inflamables que aquelas zonas onde predominan as especies autóctonas caducifolias. Cales son as causas que dan lugar aos incendios? A maioría non son causas naturais as que provocan o lume senon a acción humana de xeito intencionado ou non. Podemos establecer, deste xeito, tres bloques:

Intencionados: representan un 60-70% dos casos. Na maioría corresponden a queimas non autorizadas, ilegais e incontroladas de superficies agrícolas co gallo de eliminar restrollos ou para a rexeneración de pastos. Outras motivacións son a piromanía, os usos cinexéticos, o vandalismo, vinganzas persoais, especulación urbanística ou intentar baixar o prezo da madeira.

Neglixencias e outras causas accidentais: representan un 15%-25% dos casos. Neste aparta-do están as queimas agrícolas autorizadas sobre as que o autor perdeu o control do lume es-tendéndose este pola superficie forestal colindante. Outras causas son as cabichas e pequenos lumeiros mal apagados, queima de lixo, traballos forestais, etc.

Naturais: representan menos dun 5% dos casos e débense case sempre á acción dun lóstrego.

X A N E L A

35

Máis currado : 4ºB

Shrek

Máis simpático :

Gnomeo e Xulieta 2ºB

Máis orixinal :

Brancaneves e os ananos 3ºB

Máis numeroso: Piratas do Caribe 1º D

X A N E L A

36

X A N E L A

37

X A N E L A

38

X A N E L A

39

Non todos os incendios teñen a mesma gravidade.

Nivel 0: poden ser controlados cos medios de extinción previstos. Nivel 1: poden ser controlados cos medios de extincion previstos polo Plan Infoga. Nivel 2: deben ser controlados por medios estatais non previstos polo Plan Infoga. Nivel 3: referido a aqueles incendios que pola súa especial gravidade así son declarados polo Mi-

nisterio do Interior.

“Estamos ante unha auténtica bomba”

Con estas mesmiñas palabras os axentes forestais barbanzáns refírense ao estado da nosa co-

marca nun artigo publicado en La Voz de Galicia o 28/03/2012. Estas persoas que cada día patean o

noso monte, indican que a seca deste inverno deixou o terreo completamente desamparado ante o

lume.

Na comarca, actualmente, hai dous equipos municipais operativos ao 100% para actuar en caso

de incendio. Están en Ribeira e Boiro. Moitas veces, cando se produce un lume, ademais das persoas

que están de garda, actúan tamén os voluntarios. Segundo os expertos, a cifra de monte queimado é

alarmante, sobre todo, porque aínda está recentemente estreada a primavera.

E nós, que podemos facer?

Estas son algunhas das medidas que nós podemos tomar para axudar a previlos.

Non tirar nin mistos, nin cabichas nin cigarros; aínda que o ideal sería non fumar no monte. Nunca tirar lixo no monte, xa que as bolsas teñen materiais inflamables. Tampouco debemos deixar cristais polo chan, xa que actúan como lupa.

Nunca se debe facer lume, e de facelo, só nas zonas habilitadas cando é épo-

ca de baixo risco de incendios. Dende maio ata novembro non se debe facer

lume nin nas zonas habilitadas.

E lembra que provocar un incendio está tipificado como delicto

na lexislación española!

Por Daniel Abuín

X A N E L A

40

Xa sei que o que fixen non

estivo ben. Si, tamén sei

que debín controlarme e non deixarme invadir

polos nervios. Sei que foi un fallo imperdoable. Sei

que puiden telo evitado. Sei que non fun quen de

coller a situación polos cornos. Mais o que tamén

sei, é que se me foi das mans. Pero agora iso xa

non ten solución. Son culpable do que fixen, aínda

que non o quixese facer. Agora estou aquí só,

rodeado de xente, pero só. Cabreado co mundo,

comigo mesmo! Xa non son quen de razoar, de

pensar, de ser un rapaz... Supoño que me con-

vertín nun pequeno monstro. Porque tamén son

eu o que agora estou condenado a pasar o resto

da miña vida aquí, no caldeiro. Si, nese sitio do

que escoitas falar de pequeno na televisión e pen-

sas: “Que mala debe ser a xente que vai ao cárce-

re. Eu portareime ben e nunca xamais irei”. Pero

ás veces, non é así. No meu caso, non foi así.

Ás veces, poucas, penso no que sería de

min, se ese 25 de abril do 1998, ocorrera como

calquera outro día normal: chegaría do instituto á

casa esgotado, protestaría (como de costume) por

ter que comer peixe ou verdura ou calquera po-

taxe de meu pai que eu tanto detestaba. Faría os

deberes, xogaría na rúa cos meus amigos, enviaría

as mensaxes aos colegas... Oxalá ese día fose así

de normal. Oxalá! Pero o certo é que non; non foi

así...

Recordo aquel día coma se acabara de

acontecer agora mesmo. Pero o certo é que xa

pasaron máis de trece anos e aínda non o dei asu-

mido. Levanteime como sempre, ás présas, almor-

cei e antes de marchar deille un bico ao meu pai.

Saín correndo para o instituto. Xa alí, matemáti-

cas á primeira. Vaia aburrimento! Ter que estar

dando as raíces cadradas, e aínda por riba, con

“Doña Segismunda”. Que muller! Falaba máis rápi-

do do que o seu cerebro pensaba ...“VAMOS NI-

E agora… que? Lois Pimentel Iglesias

X A N E L A

41

ÑOS, RÁPIDO, EL TEMARIO ES EL TEMARIO”. Logo,

galego e castelán. Recreo de media hora coas

habituais voltas polo patio falando das novidades

e dos chismes.

Hoxe penso que a partires da seguinte

sesión, coido que foi inglés, empezáronme a acon-

tecer sinais. Sinais que auguraban un futuro negro.

Sinais que, pouco a pouco, se irían engrandecendo

ata chegar á gran desgraza final onde todas as

demais xa non importarían, serían totalmente

insignificantes. Tras esta clase que se me fixo eter-

na, tivemos tecnoloxía. Pensei: Que guai! Polo

menos, algo bo nesta mañá. Bo! Un exame sorpre-

sa! Posuía todo o material necesario para facer

acender unha lámpada. E non fun capaz! Fun o

único de toda a clase que non fora capaz de facela

acender. O único! Que vergoña, eu que sempre ía

sacando as actividades adiante. Pois ese día, resis-

tiuse.

Ao saír, fun andando coas dúas compa-

ñeiras de sempre. Que mal tempo facía, o tempo

cambiara de forma brusca dende que rematara o

recreo. Tivemos que ir correndo un bo cacho ata

unha marquesiña onde nos puidemos refuxiar.

Esperamos un pouco ata que escampara. Estaba

encharcado. Que sensación máis noxenta! Cando

retomamos a marcha, como ía distraído pensando

no mal que me saíra o exame, a pouco máis léva-

me por diante un coche.

- Pero que fas, aparvado! - Gritárame o condutor

malhumorado.

Xa entrando no ascensor para ir á miña

casa atopeime coa veciña do terceiro: Dona Xoa-

na. Aquela vella roñona, coa que en contadas oca-

sións falara e que sempre me dicía “fas moito ruí-

do coa trompeta, meu neno, por que non vas en-

saiar ao medio dunha leira?” Váiase vostede ao

medio dunha leira! Pensaba eu. Non me gustaba

nada atoparme con alguén e ter que subir con el

no ascensor. Nunca sabía que dicir. Bah! Sería un

traxecto no que ninguén falaría. Ao mellor diríame

ola, eu contestaríalle, e xa está. Ou quizais me

diría “que mal tempo fai” ou se cadra “carambas!

Como medraches, meu meniño”. Pero desta volta,

non foi así. Foi unha conversa que me deixou to-

talmente desencaixado:

X A N E L A

42

-Ola rapaz... como estás? - contárame a veciña

Xoana. - Ola! Que tal? - Respondín.

- Meu probe, debes estar descomposto, eu acá-

bome de enterar da noticia e aínda non o podo

crer. Síntocho moito! - e sen me dar tempo a pre-

guntarlle de que falaba, continuou, deixando facer

visible a tristeza nos seus ollos-. Eu non me espe-

raba algo así nesta vila, e menos de teu pai... Debe

ser un momento moi complicado para ti. Primeiro

o de túa nai, e agora, isto de teu pai... Pero debes

ser forte e superalo! Ti es un mozo e aínda podes

ir coa túa nai!

- Pero, Dona Xoana... de que me fala? - respon-

dinlle totalmente perplexo.

- Como...? Aínda non sabes nada? Ai, perdoa

meu ben! Perdóame... Eu non quería...

Non o podía crer. Xoana, esa vella malencarada,

que sempre andaba a roñar polo baixo, estaba

chorando. Chorando de tristeza. Ou se cadra de

rabia, ou con bágoas de crocodilo. Pero... por que?

Cando estaba piques de volver preguntarlle, abriu-

se a porta do ascensor e rapidamente Xoana saíu

del e entrou na casa.

Eu, atacado polos nervios que se foran for-

mando en min naquel curto traxecto, baixei cando

dei reaccionado. Subín as escaleiras de tres en

tres. O meu corazón ía latexando como un barco

de vapor a todo funcionamento. Timbrei na casa.

Como tardaba tanto en abrir? Era a décima vez

que timbraba e meu pai non me abría. Baixei co-

rrendo polas escaleiras gritando Xoana! Xoana!

Xoanaaaa! Timbreille no seu piso. Non me abría,

pero eu escoitábaa saloucar. Díxenlle: ábrame, por

favor, sei que está aí. De alí a medio minuto, can-

do xa estaba a piques de chorar pola impotencia,

escoitei despechar a porta e apareceu diante dos

meus ollos ela, Dona Xoana.

- Por favor, dígame que pasou. Meu pai non está

na casa... Que lle pasou a meu pai? DÍGAMO, por

favor...- os meus ollos xa se empezaban a mostrar

chorosos- Por favor... – díxenlle chorando como

un rapaz pequeno.

- Non chores meu rei, eu xa che explico. Verás...

teu pai, como xa sabes... esto... – rompeu a cho-

rar, pero deseguido continuou. -.Pois xa sabes que

teu pai, dende que a túa nai vos abandonou, anda-

X A N E L A

43

ba algo tristeiro, cartos había poucos... Ela tamén

fixo mal porque tiña a súa familia e deixouvos...

Eu non sei que máis cousas seguiu dicindo

aquela muller, pero non me aclaraba o que pasa-

ra. Ao contrario, na miña cabeza aumentaba a

confusión... Saín cun enorme sarillo na cabeza e

volvín timbrar na miña casa. Nada! Ninguén abría.

Estaba comezando a volverme tolo! Saín á rúa.

Non había sinais de nada.

Botei a correr pola rúa arriba e cando me

dei de conta, estaba a falar cun policía local que

me estaba explicando que efectivamente, un

home da vila roubara nun banco e fora abatido a

tiros polo vixiante deste.

Empezoume a invadir a carraxe, chegando

ao máis profundo de min. Desexaba que calara

aquel policía. Que parara de contarme aquela des-

graza. Desexaba ver a meu pai e que me dixera

que estaba ben. Desexaba descargar a miña furia,

os meus nervios. Eu xa non aguantaba máis. O

home seguía coa historia... Empurreino tan forte-

mente... Eu non aguantaba máis! Despois diso, sei

que a xente comezou a chegar, a acumularse á

beira do seu corpo. Batera coa cabeza no bordo,

había sangue polo chan. A xente seguía chegando

e comezaba a berrar, a mirarme e sinalarme co

dedo, comezaban a cravar a vista en min. Deime

de conta do que acontecía. O policía, ao bater coa

cabeza no bordo (por culpa do meu empurrón,

froito da carraxe que me invadía), pasáralle o pe-

or... o peor... Morrera... Non! Non morrera! Matá-

rao eu! Era un asasino. Estaba comezando a vol-

verme tolo. Xa non daba máis. Seguían a chegar

todos os veciños da vila. Algúns empezan a ache-

garse a min: María, a do pan, Xosé o do segundo.

Tamén o da tinturaría. Ao lonxe ía aproximándo-

se... unha silueta que se me fixo coñecida, corría...

pero... era... meu pai! Meu pai? Papá? PAPÁ! E

estaba de pé, normal, andando, aquí ao meu lado,

coa cara desencaixada. Non, isto non pode ser,

isto ten que ser un soño...

O que recordo despois disto é a meu pai

chorando nunha cadeira en fronte miña, na comi-

saría de policía.

- Meu fillo – díxome a chorar meu pai- Pero, que

fixeches? Por que? Que pasou?

X A N E L A

44

- Papá, estás ben? Como é posible? Se mo con-

tou todo dona Xoana...

Meu pai non entendía nada.

Entre choros, lamentos, saloucos... por fin lle dei

explicado o que me contara a veciña.

-Ai! Meu Deus, pero esa pobre muller que histo-

ria se formou. O home que cometeu o atraco foi

Xoán, o de Murás. E claro ao coincidir o nome, a

probe de Xoana armouse un sarillo na súa feble

cabeza e... Ai meu Deus...!

- Pero ti papá, non estabas na casa? Canseime de

timbrar! Nada de nada! Onde estabas? Se ti sem-

pre me agardabas coa comida na mesa, esperando

que che berrara polas lentellas, ou a verdura...

- As cousas do destino. Eu fora a buscar unha

pizza para que a comeras quentiña e agardei un

pouco demais por ela...

Nese intre entrou o inspector da policía a

tomar declaración dos feitos acontecidos na porta

da Policía Local. O resto xa o imaxinades. Fun cul-

pable dun asasinato! Primeiro, nun centro de aco-

llida. Deus! Que malos recordos! E agora, no cal-

deiro! Son un asasino. Meu pai vén todos os días

verme. Miña nai... supoño que non quererá verme

nun sitio así. Andará moi ocupada co seu novo

traballo, ou coa súa nova familia! Ou será iso o

que eu quero pensar...

E agora... que?

X A N E L A

45

Chove a cachón!!

O ENDL prosegue coa campaña que iniciou cursos pasados destinada a erradicar o uso de castelanis-mos que habitualmente contaminan a lingua gale-ga. A novidade deste ano é que non nos centramos en palabras concretas senon en expresións e frases feitas que usamos a cotío. Non vos cortedes e usá-deas!

Ser u

n cu in

quieto

Ser

un b

ulebule

Ter

o fo

rmig

uiño

Andar na verza

Andar nos cerros de Úbeda

Estar feito unha piltrafa

Estar feito un cascallo

Fuxir a fume de carozo

Chove a cántaros!!

X A N E L A

46

OBITUARIO

Por Vanesa Barcala e Lara Blanco Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual e artista galeguista que se impuxo a tarefa de preser-var, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia. Seu pai foi pintor e escenógrafo (Camilo Díaz Baliño) e na súa casa ti-ñan lugar xuntanzas diversas relacionadas coas Irmandades da Fala. O seu pai foi asasinado cos primeiros movementos da Guerra civil española, o que fixo que Isaac tivera que agocharse ata poder saír de Santiago de Compostela. Pasou logo a traballar como rotu-lador na Coruña.

Despois da guerra, cursou entre 1939 e 1942 estudos na Escola de Belas Artes de San Fernando, traballou de profesor na Escola Superior de Belas Artes de Sant Jordi e comezou as exposicións en Es-paña e no estranxeiro. Ao seu regreso inicia unha etapa de dedicación plena á pintura que abandonaría en 1948, para entregarse por completo a un proxecto de modernización e internalización da cultura galega e de rexeneración da historia de Galicia.

Deste xeito abandonou as artes plásticas, pasando á cerámica e fundando a fábrica de Cerámicas do Castro no Castro de Samoedo (Sada), onde o nomearían fillo predilecto. Na Arxentina construiu o Laboratorio de Formas. Foi precursor doutras actividades de desenvolvemento como as levadas a cabo na Cerámica de Sargadelos, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Información, a editorial Edi-cións do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, etc.

En 1963 dirixiu e administrou o Grupo Sargadelos. Foi escritor de ensaio e crítica e redactou arti-gos en xornais. Ao longo da súa vida recibiu moitas distincións e recoñecementos. En 2007 nomeárono doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña, recibiu a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla ao Traballo. Morreu o 5 de xaneiro do 2012 aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña .

“A memoria éo todo”.

“Non teño vocación de profeta. Son un mandado da xente do exilio”.

“Non hai máis que mirar os nosos ríos. Todos os ríos non son nosos”.

“O galego acabará sendo unha lingua litúrxica porque o pobo non a

fala”.

“Os xoves xa non fan o amor en galego, fano en castelán”

X A N E L A

47

Manuela, que nacera en 1890 no seo dunha fa-

milia de ricos propetarios agrícolas, herdaría do

seu tío, ademais da voca-

ción polo ensino, unha

escola. Tiña unha forma-

ción moi superiror á media.

Convencida da necesidade

dun cambio decidido na

sociedade, cando se

proclama

a II Re-

pública, igual ca Brígida

Muñiz, vaise vencellar á

reivindicativa “Sociedad

Agraria La Fraternidad” .

Foi unha pioneira na participación feminina

na vida política, nun tempo e nun lugar no que as

mentalidades estaban obstinadamente ancoradas

no pasado. Colaborou en revistas e semanarios

políticos como “La Lucha”.

Na Fraternidad, coincidirá con Brígida Mu-ñiz, convencida igual ca ela que a unión era o úni-co camiño para que obreiros e labregos consegui-sen mellorar as súas miserentas condicións de vida. Con todo, Manuela non sufriría malleiras nin vexa-cións, aínda que si o seu marido, que pasaría va-rios anos no cárcere.

Por Miriam Quintela e Paula Vidal

Brígida Muñiz Suárez Manuela Teresa del Río Brígida Muñiz foi unha labradora de Triñáns que, afiliada á sociedade agraria La Fraternidad, cría

que se podería mellorar a situación dos labregos e clases máis desfavorecidas. Vai destacar como unha muller de coraxe, belixeran-te contra as arbitrariedades do poder e tamén como persoa xenerosa e solidaria. O seu com-promiso vaina levar a for-mar parte da corporación municipal que, a partir de marzo do 36, integrarían galeguistas, socialistas e republicanos de esquerda,

converténdose na primeira concelleira na historia do municipio. Pero a Guerra Civil suporía a prematura creba deste goberno, e un período de desmedida represión contra os esquerdistas. Brígida sufriría o asañamento dos novos garantes da orde pública. Foi forzada a percorrer Boiro ao son dun tambor, coa cabeza rapada e as siglas UHP (¡Uníos, Hermanos Proletarios!) pintadas na fronte, non sen antes recibir unha malleira. Ademais, como concelleira, faríana responsable subsidiaria da desaparición de fondos municipais, atribuída ao alcalde Virel na súa apurada saída de Boiro. Sabéndose inocente, Brígida litigará coas novas autoridades ata o momento da súa morte.

Cando se produciu a sublevación militar en 1936, centos de mulleres comprometidas coa legalidade e cos valores cívicos e sociais que representaba a República, foron perseguidas, inhabilitadas, encarce-radas, torturadas, violadas, fusiladas ou tiveron que partir cara o exilio, nunha viaxe, para algunhas, sen retorno, ou viviron un exilio interior.

X A N E L A

48

INICIATIVAS NO NOSO CENTRO

AFO

RR

O E

NE

RX

ÉT

IC

O

COMERCIO SOSTIBLE

FUTURO DE INDICATIVO

X A N E L A

49

Amores Prohibidos 2.0 é un novidoso proxecto presentado o 14 de febreiro pola compañía de

teatro Chévere (recentemente galardoada con 5 premios María Casares) que tivo lugar no noso IES.

Consiste na adaptación da historia de Romeo e Xulieta (no noso caso Romero e Xiana) ao mundo de

hoxe, sendo eles dous rapaces que viven en Boiro no 2012. Como se relacionan? Aquí reside o innova-

dor desta proposta. Pois a través das redes sociais. A obra realizouse desde os sitios reais onde acon-

teceu a acción, sendo pois en tempo real! Ademais retransmitiuse en directo durante 5 días: do 23 ao

27 de abril (coincidindo o 23 co día no que faleceron Shakespeare e Cervantes). Pero... como seguir a

obra? Pois durante estes días fóronse subindo fotos, vídeos, comentarios ás redes socias: redenasa.tv,

tuenti, twitter... Así mesmo, puidose interactuar cos personaxes que xa teñen as súas propias contas

de Tuenti. Aínda que a mellor maneira foi seguilo dende a rede social de Chévere, redenasa.tv, xa que

nola puido contar “Xespir”. A historia ten como fundamento unha loita entre dúas bandas rivais: uns

que falan castelán e outros que defenden o galego. E no medio destes Capuletos e Montescos, un ra-

paz e unha rapaza de bandas contrarias que se namoran. Os rapaces que participaron reuníronse den-

de o mes de xaneiro no noso instituto, todos os mércores durante 3 horas. Foi moito o traballo realiza-

do: analizouse a situación sociolingüística en Galicia, adxudicáronse os personaxes, realizaronse moitos

ensaios, o guión repasado ao detalle, así como aspectos do ámbito informático para implementar na

obra. Houbo unha gran cantidade de alumnado implicado, así como unha boa parte do profesorado. O

instituto enteiro seguiu con gran expectación e ilusión a estrea desta experiencia que non deixou indi-

ferente a ninguén.

Por Lois Pimentel

X A N E L A

50

CO

MER

CIO

SOSTIB

LE

Entrevista a Abrahan Rey Por Loreto Abalo e Sara Hermo

Dentro das iniciativas que se están a levar a cabo no noso instituto durante o curso 2011/12 cómpre destacar a que partiu do departamento de Tecnoloxía xunto co alumnado de 3ºPDC. Estes compañeiros crearon unha empresa de fabricación e comercialización de xabóns ecolóxicos. Para que no lo explicaran máis polo miúdo temos como portavoz a Abrahan Rey. 1. Cómo xurdiu a idea de crear unha empresa? A idea xurdiu do departamento de Tecnoloxía, da man da profesora Flor Domínguez, quen nos propuxo embarcarnos neste proxecto a inicios deste curso académico.

2. Que tipo de empresa é e cal é o seu nome?

A nosa empresa é unha sociedade e o seu nome é “Natur”. 3. Cantos socios forman parte dela? Esta empresa conta con oito socios, todos alumnos e alumnas de 3º PDC.

4. Que funcións ou responsabilidades teñen os socios desta empresa? Cal e a túa función nela? Como en todas as empresas que se adican a crear e a comercializar un produto, son varios os postos e funcións dos seus compoñentes. No meu caso, eu son o Director Xeral, pero tamén contamos con Xefas de deseño e publicidade ( Yasmina Fernández Piñeiro, Cristina Rodríguez Cespón e Carla España Sóñora), Xefes de produción en taller ( Brais Fernández González e Alejandro Caamaño Souto), un Xefe de prevención de riscos ( Pablo Collazo Viturro), e persoal encargado da Administración e publicidade ( David Dasilva Giance e eu, Abrahan Rey Blanco) .

5. Por qué comezades a fabricar este tipo de produtos ecolóxicos? Porque cremos que a fabricación dun produto non ten que levar implícita a deterioración do medio ambiente. De feito, os nosos son produtos saudables e contribúen a conservar o medio que nos rodea.

6. Que variedade de xabóns fabricades? A nosa empresa está especializada na elaboración de xabóns de lavanda con aceite de coco, de rosa mosqueta con aceite esencial de laranxa e de menta con aceite de améndoas.

7. Cal é o obxectivo da empresa? Como é de esperar, o obxectivo da nosa empresa é o de obter beneficios pero sen renunciar a utilizar

X A N E L A

51

materias primas de moi boa calidade e totalmente ecolóxicas e respectuosas co medio ambiente.

8. A que vai dirixida esta produción, principalmente? O noso produto vai dirixido aos consumidores en xeral: profesorado, alumnado e a xente allea ó cen-tro. 9. De cantos ingresos podemos falar ata o de agora? Como repartides as ganancias entre os socios? A comercialización dos xabóns comezou antes do nadal e nesta campaña obtívose un beneficio duns 200 euros aproximadamente. Por suposto, as ganancias repártense sempre a partes iguais.

10. Participades nalgún proxecto solidario con ditas ganancias? Si, o 25% das ganancias van destinadas a axudar a Paula, a rapaciña de Boiro que naceu sen sacro.

11. Pódesme facer un resumo da fabricación de xabóns ecolóxicos? Partimos da materia prima básica, o aceite virxe, agua mineral e sosa. Ao cabo de 50 minutos nos que estamos removendo lentamente, engadímoslle os aceites esenciais. Tamén engadimos medio zume de limón como conservante natural. A mestura introducímola nuns moldes ( que son envases de iogures) e deixamos que solidifique quince días.

12. Utilizades algunha medida de seguridade en dita fabricación? Por suposto, é moi importante o uso de gafas e máscaras pola reacción da sosa coa auga. Tamén utili-zamos luvas e mandilóns.

13. Cómo vos sentides despois de levar a cabo este proxecto? A verdade é que estamos moi satisfeitos polo traballo realizado e, en xeral, por todo o proxecto e co traballo en equipo.

14. Dádesvos a coñecer en internet? Si, por suposto. Cremos que as novas tecnoloxías son unha ferramenta imprescindible para calquera empresa que desexe dar a coñecer a súa activade a toda a sociedade. Podedes localizarnos no endere-zo www.empresanatur.blogspot.com

X A N E L A

52

Proxecto Aforro Enerxético

Entrevista a Carlota Ozores e Belén Hermo

Por Denís Hermo

INSTITU

TO V

ERD

E

Outra das iniciativas que están levando a cabo no noso centro e dirixidas dende o departamento de Tecnoloxía, é o Proxecto de Aforro Enerxético no que está moi implicado o alumnado de 2º de ESO. Por iso decidimos entrevistar a dúas alumnas que participan nel para que nos conten máis polo miúdo en que consiste. Elas son Carlota Ozores e Laura Hermo. Quen leva a cabo esta iniciativa, quen participa e a quen vai dirixida ? Os alumnos de 2º de ESO, nel participa todo o instituto e vai dirixido a todos. Canto vai durar este proxecto ? Estaba previsto que durase tres meses. Así que xa está a punto de acabar aínda que non descarta-mos que poida ter continuidade no vindeiro curso. Cal é o voso obxectivo e que buscades con el ? Queremos conseguir aforrar enerxía e se se pode, cartos. Ademais, co diñeiro aforrado gustaríanos comprar estores para poñer nas aulas o que nos permitiría ter unha luz axeitada na aula sen necesi-dade de botar man da luz eléctrica. Que medidas ou protocolo se puxeron en marcha para iniciar este aforro ? En primeiro lugar, comezamos mirando que nas aulas as luces e os ordenadores estean apagados, as persianas permanezan subidas para que entre a luz e que xunto aos radiadores haxa un corredor para que a calor circule por toda a clase. Contades co apoio do equipo directivo ? Dende logo. Dende que lle expuxemos o proxecto colaboraron con nós en todo o momento, infor-mando ademais aos membros do claustro sobre el. Credes que a día de hoxe os alumnos do centro están colaborando e que medidas tomades para que isto sexa así? Algúns si, pero outros aínda non se dan por enterado. Non sabemos se é porque se esquecen ou por falta de interese. No tocante ás medidas a tomar, só intentamos conciencialos de que deben cumprir o que o resto fai. E que pasa co profesorado? Ben, podemos dicir que este está máis concienciado; aínda que sempre hai quen se despista. Por que hai tantos colectores azuis e amarelos distribuídos polos corredores e escaleiras do cen-tro? Puxéronse para reciclar, e deste xeito, clasificar o lixo en cada un deles. Así, cando os alumnos soben ás clases poden depositar o lixo no lugar correspondente, en vez de tiralo na papeleiras onde se mestura todo.

X A N E L A

53

Vemos que a miúdo andades a sacar fotos ós colectores. Por que ? Para comprobar que se está reciclando ben e para que o alumnado vexa o que fai. Por que é tan importante o tema da reciclaxe ? Pensamos que a reciclaxe é fundamental para que non haxa tanta contaminación no noso planeta. Sabemos que a diario, os humanos xeramos millóns de toneladas de lixo. Gran parte del poderíase reciclar, aforrando así unha gran cantidade de enerxía e evitando a destrución dos recursos naturais. Credes que o alumnado está concienciado co medio ambiente ? A verdade é que con respecto a isto non somos moi optimistas pois aínda non o vemos moi conciencia-

do. Hai aínda un longo camino por percorrer. Nós xa estamos aportando o noso gran de area.

Tedes en estudo algo en concreto para o próximo curso ? Se conseguimos aforrar diñeiro, presentarémonos a un concurso. Tamén crearemos unha mascota que

poñeremos mensualmente na porta da clase que máis colabore co proxecto. Faremos unha mochila

verde e intentaremos que o alumnado se conciencie de comprar “material verde”, como libretas con

follas de papel reciclado, lapis sen verniz, típex sen produtos tóxicos e inflamables, etc . Ademais non

descartamos dar algunha charla informativa dirixida ao alumnado ou ao público en xeral.

Desexámosvos moito éxito con esta iniciativa!

X A N E L A

54

Fut uro de indicativo é un proxecto no que participan alumnos e profesores do noso instituto e que a través de ferramentas audiovisuais trata de darnos a coñecer o mundo no que vivimos e opcións de fututo dende unha visión económica e solidaria. O proxecto esta dividido en tres bloques, un por avaliación, que son os seguintes:

Que hai baixo os adoquíns Pertencente á primeira avaliación, aquí analizamos a crise económica non só no presente senon ao longo da historia. Para iso fixemos dúas actividades: na primeira analizamos varias épocas históricas a través da música. A segunda foi un mercado de valores no que por grupos vendiamos uns valores que pensabamos que se estaban perdendo na actualidade.

Participamos nunha actividade pioneira en Galicia, o Campus eduEmprende. Financiado por BICGalicia (da Consellería de Industria) e xestionado por Promove Consultora, consistiu en seleccionar empresas caracterizadas pola súa xestión emprendedora e respectuosa co medio, preparar un dossier de visita ás mesmas, e impartir aulas ós rapaces seleccionados para participar nela (nós, os Futuro de Indicativo). As empresas estaban ubicadas na zona da Ulloa (Granxa Maruxa, Arqueixal, Ovos Pazo Vila-ne), e podedes ver unha crónica no artigo “Visita á Ulloa”. Foi valorada moi positivamente tanto polo alumnado como polas xestoras que organizaron, e montouse un vídeo ilustrativo da experiencia que proximamente será presentado oficialmente polo IGAPE.

Pesos a catro pesetas Neste bloque contamos coa axuda inestimable do director de cine Luis Avilés, quen veu darnos unha charla sobre a produción audiovisual. Esta iniciativa foi financiada polo concello, xunto cunhas docencias a cargo da profesional do sector Inés Dosil. Luis ficou encantado da actitude e iniciativa des-tes rapaces e ofreceuse a colaborar en proxectos futuros! Aproveitando o que aprendemos con el, gravamos e montamos unhas pequenas pezas audiovisuais denominadas “Pecha-kuchas”, pequenos spots que buscan vendernos un servizo: a educación pública, un centro limpo, a anti-globalización e o non consumismo.

Por Cristina Suárez

X A N E L A

55

A terra non nos pertenece, nós pertenecemos á terra Neste bloque levarase a cabo unha horta no centro co obxectivo de volver a traballar coas mans como antigamente. Tamén se pretende facernos pensar sobre a relación que hai entre entre a produ-ción dun produto e o seu consumo; con todo o que supón e hai polo medio destes procesos. Celebrara-se a primeira xornada Cachohorta, cuxo obxectivo é a volta ós valores naturais, tanto na alimentación (biodietética) como no traballo (agricultura e patrimonio cultural). Os profes do Futuro recibiron, ase-made, unha charla a cargo de Lidia Senra, presidenta do Sindicato Labrego Galego. Nela falouse de conceptos como a soberanía alimentaria e o dumping, preparando o camiño para unha serie de ac-cións encamiñadas a concienciar a alumnado e profesorado da necesidade de afastarse do ritmo acele-rado e artificial da vida actual e aproximarse ós valores da terra. Como colofón, terá lugar a viaxe a Granadilla, un proxecto sufragado polo MEC e que é requetechulo: consiste en vivir unha semana nunha vila-escola emprazada nun encoro de Cáceres, onde interactuaremos con outros dous centros, e participaremos dos diversos obradoiros que organiza a escola: alfarería, cestería, albanelería, horticul-tura...

VISITA A ULLOA

O pasado martes día 31, os alumnos que participamos no proxecto Futuro de Indicativo fixemos unha visita a Ulloa coa fin de coñecer outro tipo de empresas diferentes ás que estamos acostumados. A primeira visita foi a Granxa Maruxa, granxa de vacas ecolóxica e alí atendeunos Marta, a xefa, unha muller moi agradable e que nos contou a relación tan especial que ten coas súas vacas: ponlles música, cántalles e dixo que incluso ao principio durmiu con elas na corte. Tamén nos ensinou onde facían as galletas e convidounos a probalas. A segunda empresa á que fomos foi Pazo Vilane, unha explotación avícola que vende os ovos que producen as súas galiñas, ademais de marmelada e sirope de froitas feito por eles mesmos. A mo-za que nos recibiu explicounos como funcionaba a súa empresa, como distribuían o seu produto, como se daban a coñecer, etc. Logo disto dirixímonos a comer á Parada das Bestas onde o propietario, des-pois de xantar, nos explicou como comezou co seu negocio. Por último visitamos Arquiexal, onde non só se fai queixo de forma artesanal senon que tamén hai unhas cantas casas rurais ecolóxicas nas que a xente pode manterse á marxe da contaminación da cidade. Contounos como estaban contruídas, que utilizaban materiais non contaminantes e a menor tecnoloxía posible.

X A N E L A

56

O IES A Cachada vén de solicitar ao OAPEE (www.oapee.es) a aprobación dun proxecto Comenius que leva por nome "Tell me about famous people in your country"; nome en inglés por ser esta a lingua franca entre os seis membros do proxecto: seis centros escolares de Alemaña, Rumanía, Francia, Polo-nia, Lituania e España.

De ser aprobado, este proxecto implicaría a alumnado e profesorado do noso instituto, que levarían a cabo unha serie de actividades, maiormente audiovisuais, sobre persoeiros galegos. Durante os dous cursos que duraría o proxecto (2012-2014) os socios viaxarían aos outros cinco países partici-pantes, onde presentarían os resultados do seu traballo.

Para concebir este proxecto, as nosas profesoras Berta Gómez e Ana Moreiras viaxaron a Bad Dürheim (Alemaña) entre os días 11 e 15 de xaneiro, onde se reuniron con profesores franceses e alemáns.

Antes de final de curso recibiremos unha resposta; esperemos que sexa positiva! E nese caso, animádevos a participar!!

Por María Dieste

X A N E L A

57

OS RECREOS ARREPIANTES Para celebrar a chegada do mes de novembro e con ela o Samaín, organizáronse os Re-creos Arrepiantes na bibliote-ca do noso centro. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto cos departa-mentos de linguas e o equipo da biblioteca fixeron que dese

medo entrar alí. Tiñades que ver como estaba todo. Daba verdadeiro arrepío! Durante a semana do 24 ao 28 de outu-bro, e nos recreos, puidemos asistir á lectura de varios rela-tos de terror nas distintas lin-guas que utilizamos no noso centro: galego, castelán, francés e inglés.

SAMAÍN Como xa vén sendo un costu-me no noso centro, o departa-mento de Inglés organizou o seu tradicional concurso de cabazas. Houbo deseños moi orixinais e outros bastante

terroríficos. Dende logo que neste instituto hai moita imaxi-nación!

CALENDARIO O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tal e como fixo nos últimos anos, publicou un calendario para o 2012. Como ben sabedes, o do pasa-do ano inspirouse nos xogue-tes tradicionais cos que xoga-ban os nosos pais e avós. Por este motivo, cremos que o do 2012 debería centrarse nos xogos nos que participamos os rapaces e rapazas de hoxe en día. Así que, entre todos esco-llemos aqueles que están ten-do máis éxito e aceptación entre nós. Todos eles, os doce, distribúense en tres grupos: actividades físicas, xogos de mesa e videoxogos.

TEATRO EN FRANCÉS

O 7 de febreiro, o alumnado

de francés viaxou a Santiago

de Compostela para ver a obra

teatral Cyrano de Bergérac;

magnífica representación coa

que todos o pasaron moi ben.

Logo, cada curso realizou unha

actividade distinta: os alumnos

de primeiro foron ao Mupega

e ao Museo do Pobo Galego.

Os de segundo fixeron de re-

porteiros e realizaron unha

enquisa sobre o numero de

xente que fala francés na cida-

de. Por outra banda, os com-

pañeiros de terceiro visitaron

o CGAC, onde puideron des-

frutar das obras de Jeff Wall.

Finalmente, as alumnas de

cuarto, analizaron a presenza

do francés en Santiago, procu-

rando información nos distin-

tos locais da zona. A continua-

ción , divididos en grupos, par-

ticiparon nun xogo de pistas

polas rúas de Santiago e que

lles permitiu coñecer os dife-

rentes edificos da cidade.

X A N E L A

58

VISITA A TUI O martes día 14 de febreiro, os alumnos de 2º de ESO, xunto cos departamentos de Relixión e Sociais, viaxaron a Tui para facer unha visita guiada á cida-de e tamén á Catedral. Ao principio, un guía levounos

a dar unha visita ás numerosas

igrexas e monumentos que

había na zona. Tamén puide-

ron contemplar o río Miño

desde un mirador. Logo da

visita, houbo un tempo de

descanso para mercar algo de

picar. Por último visitouse a

catedral de Tui e aínda que

estaba previsto ir ata o monte

Aloia, por causas do mal tem-

po foi imposible. De regreso,

pararon no centro comercial

Gran Vía de Vigo onde tiveron

tempo para xantar e facer

algunas compras.

ACCIDENTES E LESIÓNS DE

MÉDULA

O pasado 7 de marzo asistimos

a unha charla na casa de cultu-

ra da Cachada sobre preven-

ción de accidentes e lesións

medulares. Convidado polo

departamento de Orientación,

un membro de AESLEME, ex-

plicounos as consecuencias

dunha condución imprudente;

insistindo moito en que hai

que ser responsable no volan-

te. A charla resultou moi inte-

resante e didáctica pois ía

acompañada de vídeos, moi-

tos deles da DXT, que amosa-

ban as consecuencias de moi-

tas imprudencias.

CONCERTO NA CACHADA

O pasado 3 de marzo os alum-

nos de música asistiron na

Cachada a un concerto de Jazz

a cargo do cuarteto Drop. Este

cuarteto está integrado por un

pianista, un guitarrista, un

contrabaixista e un batería. O

concerto foi organizado polo

departamento de música e

financiado polo propio alum-

nado.

CORO DO IES A CACHADA

Como xa vén sendo habitual

nos últimos anos, o departa-

mento de música leva ensaian-

do dende a segunda avaliación

un coro formado por 25 rapa-

ces e rapazas de 1º, 2º e 3º de

ESO. Os ensaios realízanse nos

segundos recreos dos mérco-

res e venres e nesta terceira

avaliación ampliaranse tamén

aos luns. O obxectivo do coro

é preparar un concerto de fin

de curso. Hai rumores de que

o fan moi ben e dende aquí

animámolos e dicímoslles que

estamos desexando escoitalos.

MULLERES DE PELÍCULA

Co gallo de celebrar o día da

muller, o Equipo da Biblioteca

organizou unha semana de

cine durante os días 5 e 8 de

marzo. Cada unha destas tar-

des proxectáronse varias pelí-

culas cuxas protagonistas eran

mulleres con xenio: Mulan,

Miss Potter, Million dollar ba-

by...

Ademais, como en todo bo

cine, houbo flocos de millo e

gratis!

TEATRO EN CASTELÁN O Departamento de Lingua castelá e literatura organizou para o 9 de marzo unha visita a Santiago para os alumnos de 3ºESO. A finalidade era asistir á representación teatral de El Lazarillo de Tormes no colexio de La Salle, espectáculo orga-nizado por Recursos Educati-vos dentro do seu programa “Haz Teatring”. A obra resul-tou ser unha divertida adapta-ción da pequena novela na que os actores fixeron un ex-celente traballo. Seguramente o ano que vén repetirase a experiencia!

X A N E L A

59

FRAGAS DO EUME O mércores día 23 e o día 30 de

marzo, o alumnado de 2º de ESO

realizou unha excusión ás fragas

do Eume organizada polo depar-

tamento de Ciencias Naturais. Ao

chegar alí, un guía explicoulles os

distintos tipos de árbores e ar-

bustos que había na zona. Logo

fixeron un roteiro de sendeiris-

mo polo arredores,e polo cami-

no, foron observando as distintas

especies pertencentes á flora

autóctona galega.

NANORRELATOS

Co gallo de celebrar o Día do Libro, o equipo da biblioteca organizou un concurso de nano-rrelatos. O alumnado participan-te tivo a oportunidade de poder redactar as súas creacións en calquera das catro linguas que se imparten no noso centro: galego, castelán, inglés e francés. A ver-dade é que houbo unha ampla participación e desta actividade saíron relatos moi interesantes.

TEATRO EN INGLÉS O día 24 de abril, o alumnado de

3º e 4º de ESO asistiu a unha representación teatral en Vigo

titulada Sleepy Hollow. A peza está inspirada na obra do escri-tor Washington Irving coñecida como A lenda de Sleepy Hollow, e foi levada á gran pantalla polo xenial Tim Burton, que naquela ocasión escolleu ao camaleóni-mo actor Johnny Depp para o papel de sagaz investigador. A representación tivo moi boa aco-llida, pois puidemos contemplar unha adaptación teatral desta arrepiante historia do xenete sen cabeza.

ALLARIZ-TERMAS DE OUTA-RIZ-CANÓNS DO SIL

Durante os días 25 e 26 de abril, o alumnado de 2º de ESO de Ciencias Naturais, tivo a oportu-nidade de desfrutar dunha ex-cursión de dous días cun gran valor ecolóxico, cultural e tamén lúdico.

O primeiro día realizaron un per-corrido cultural pola vila de Alla-riz e unha visita ao Ecoespazo do Rexo, onde ademais tiveron a oportunidade de xantar. Logo, puideron desfrutar dunha tarde a cabalo para rematar a noite no albergue dos salesianos onde lles proxectaron a película A lingua das bolboretas.

O segundo día comezou cunha visita á zona termal das Pozas de Outariz en Arnoia. Ao mediodía, dirixíronse a visitar o cenobio de San Pedro de Rocas e o centro de interpretación da Ribeira Sacra. Despois do xantar, puideron rea-lizar un roteiro polos arredores

do mosteiro de Santo Estevo e o mirador de Vilouxe.

PROXECTO TERRA

Partindo dunha iniciativa impul-sada polo departamento de Ciencias Naturais, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de participar no Proxecto Terra du-rante o 27 e 28 de abril.

O primeiro día comezou cun per-corrido pola cidade de Ferrol e o parque raíña Sofía, onde visita-ron a aula de ecoloxía urbana e o parque Acuaciencia. A continua-ción puideron desfrutar dun pa-seo en barco pola ría ata a ponte das pías, visitando máis tarde o castelo de San Felipe.

Despois de pasar a noite nun albergue, iniciaron o segundo día cun roteiro polas fragas do Eume que ía dende a Capela ata Cavei-ro; realizando a que se coñece como a ruta das tres pontes.

VISITA A TVG E FACULTADE DE FÍSICAS

O 30 de abril, o alumnado de 4º participou nunha actividade or-ganizada polo departamento de Tecnoloxía. Esta consistiu nunha visita ás instalacións da TVG e á facultade de Físicas.

X A N E L A

60

Chegamos ao aeroporto do Prat en Barcelona o martes 27 de marzo nunha mañá soleada. Este día aproveitouse para coñecer o hotel no que nos aloxamos en Salou, o Salou Park, acomodarnos, dar-nos un chapuzón na praia e na piscina e comprar algún agasallo para a familia. Pola noite fíxose unha festa entre os alumnos pero pronto nos retiramos a descansar pois o día seguinte sería moi longo. Xa ás oito da mañá do martes, erguémonos, almorzamos ben e preparámonos para unha hora e media de autobús ata chegar a cidade condal. Sen dúbida ningunha mereceu a pena; pois foi un dos mellores días da excursión. Primeiro visitamos o Camp Nou realizando un percorrido por todas as súas salas e gradas. Coa fame no corpo despois desta visita fomos comer ao Hard Rock Café que causou furor sobre todo entre as mozas que, sen pensalo dúas veces, acudiron á tenda para mercar algunha das moitas camisetas que había. Máis tarde collemos un bus e, acompañados dun guía, coñecemos o centro da cidade, o porto, as obras de Gaudí, Montjuic… facendo fincapé na Sagrada Familia e rematando a visita no aquarium. Pero aí non remata a cousa; pois esa noite fomos a unha discoteca de Salou. O terceiro día, mércores, estabamos todos un pouco cansos pola gran festa de noite anterior; pero aínda así fomos ata Tarragona onde pasamos toda a mañá entretidos coas ruínas romanas: anfiteatro, circo, muralla… Tamén xantamos na cidade e, posto que era día de folga xeral, ás catro demos volta a Salou e descansamos toda a tarde. Pola noite formáronse dous grupos: un foi a unha xigante discoteca e outro fixo festa no hotel. Tristemente chegaban as últimas 24 horas, que pasariamos dende a mañá en Port Aventura. Moi boa temperatura; aínda que entre o clima e as longas esperas toleamos. Foi unha mágoa que esti-vera tan cheo de xente e que tres das atraccións principias estiveran pechadas. Iso amolounos bastan-te. Logo, nada máis chegar ao hotel comezou a festa. Era a última noite e non podía pasar coma se nada. Así que moitos e moitas xa non tocamos a cama; posto que ás cinco había que estar en pé para ir ao aeroporto e regresar á casa. Foi unha excursión estupenda e inesquecible. Tan só queda dar as grazas ás profesoras que nos acompañaron e que se portaron de marabilla con nós.

Por Javier Outeiral

X A N E L A

61

Os nosos deportistas

Cristian Silva Pérez Estudante do IES A Cachada naceu no 96 e empezou a practicar piragüismo aos 13 anos. De seguida se deu conta do importante que era para el ese deporte e dous anos despois, con moito esforzo conseguiu entrar no C.G.T.D. (Centro Ga-lego de Tecnificación Deportiva) en Pontevedra. Actualmente cursa os seus estudos no instituto IES Sánchez Cantón de Pontevedra. No pasado ano aca-dou resultados moi bos: - 1º no Campionato de España de Inver-no, sobre a distancia de 5000 m en Sevi-lla.

- 1º no Campionato de España de 1000 m en Astu-rias. - 1º no Circuíto Galego de Pista. Agora segue adestrando para alcanzar novas me-tas pero, por suposto, sen deixar de estudar.

Club de remo de Cabo de Cruz Este prestixioso e veterán club foi fundado o 9 de setembro de 1979, iniciándose no mundo da competición e sendo referente do remo galego durante dez anos, tanto en Galicia coma en Espa-ña. En 1993 asínase un convenio co concello de Boiro e iníciase unha mellora das instalacións así como a diversificación da actividade; pasando a formar parte no ano 2003 da LIGA ACT na que militou ata a súa renuncia no 2009 debido a pro-blemas cos desprazamentos. Mostra da alta cuali-ficación dos seus membros é que algún dos remei-ros forman parte do Centro Galego de Tecnifica-ción Deportiva de Pontevedra, onde practican remo olímpico e chegando ao máis alto nos cam-pionatos de España. PALMARÉS 1 liga galega de traíñas 2009 2 campionatos galegos 2006 e 2008 2 badeiras Príncipe de Asturias 2000 e 2001 1 bandeira de El Corte Ingles en Bilbao 2003 2 bandeiras da Pobra 2002 e 2009 1 bandeira Xunta de Galicia 2005 1 bandeira da Lanzada 2005 1 bandeira do Grove

REMO PIRAGÜISMO

Por Daniel Abuín e Laura Triñanes

X A N E L A

62

Os nosos deportistas

O club de tenis Este club naceu no ano 1993 na Pobra do Caramiñal cunha pequena masa social que pouco a pouco foi aumentando. Comezou centrando a súa actividade nas pistas municipais e iniciando colaboracións con concellos próximos para que a máis da súa escola, medraran outras coas que logo se puidesen intercambiar xogadores para facer un grupo de competición. Froito destas colaboracións son as escolas de Boiro, con 70 alumnos, Riveira (70), Rianxo (40), Rois e Urdilde (15), Lousame e Noia (27), Valga (19), Padrón (10), Porto do Son (25), Catoira(15) ou A Portas (20). Algunhas delas serviron para contribuír ao nacemento doutros clubs da comarca, coma o Club Tenis Padrón, Club Tenis Boiro, Club Tenis Fieiro-Noia ou o Club Tenis Riveira. A día de hoxe, a nosa escola conta con 76 nenas e nenos e 15 adultos, a mais de levar a esco-la municipal que conta con 10 alumnos. Para que todo funcione, o club conta con 2 monitores (Blas e Víctor Sobrido), varios axudantes e a directiva encabezada por Tomás Dieste que leva xa 13 anos como presidente. Do centro do IES A Cachada somos varios os alumnos que pertencemos a este club: Emma Brea, María Silva, Lara Ozores, Laura Hermo, Car-lota Ozores, Belén Hermo, Félix Romero e Adrián Cespón, todos federados.

Pablo Chouza Oujo Comezou a xogar ao tenis con trece anos. Hoxe en día, ademais de estar cursando 4º da ESO, é o mellor tenista cadete coruñés tras gañar hai uns meses o open provincial. Chegou ao tenis por-que uns amigos o convenceron para que se anima-se a probalo; pois ao principio, parece que lle tira-ba máis o fútbol. Falando con el, contounos que ten outras afeccións como son o trial, tanto en moto como en bici, e que os seus ídolos a nivel galego son Xabier Castillo, o seu adestrador, e Blas Sobrido. Aínda que a nivel mundial afirma que é Roger Federer o mellor polo seu estilo de xogo e a súa técnica depurada. Cóntanos tamén que o tenis é un deporte moi sacrificado ao que hai que adicarlle moitas horas de adestramento en pista e tamén de ximnasio. Un día normal da súa vida comeza con dúas horas en pista e tres no ximnasio traballando a musculación. A isto hai que engadirlle 40 ou 60 minutos de carreira e moitísimos abdominais para conseguir fondo. Preguntado sobre cal foi a súa máxima me-

ta conseguida no tenis ata o momento, respósta-

nos que foi o día que gañou o máster provincial na

categoría de cadete; pois ese día viu todo o seu

esforzo recompensado. Como despedida da nosa

entrevista, este gran deportista anímanos a todos

a xogar ao tenis; pois, coas súas propias palabras:

é un deporte que che fai medrar como persoa.

TENIS

Por Belén Hermo e María Silva

X A N E L A

63

Por Maitane Dacosta

As Fragas do Eume, como o seu nome indica, é un espazo de árbores caducifolias que abrangue as beiras do río Eume. Situado nos terreos dos concellos das Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume, Cabanas e A Capela e cunha extensión de 9.126 hectáreas foi declarado par-que natural o 30 de xullo de 1997. Tamén ten a catego-ría de Lugar de Importancia Comunitaria.

As Fragas contan con dous preciosos mosteiros

dentro dos seus límites: o mosteiros de Caaveiro e o de Monfero. O Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, decla-rado Monumento Histórico-Artístico no 1975, estable-ceuse na zona aproximadamente no ano 934. Habitado primeiro por monxes da Orde de San Bieito e logo por cóengos de Santo Agostiño tivo un gran poder económi-co ao longo da historia. O máis característico do mostei-ro é a torre barroca co escudo de armas da Coroa de

Castela e a ábsida románica. O Mosteiro de Santa María de Monfero constru-ído no s. X é de orixe románica cunha bela fachada ba-rroca única en Galiza pola combinación que nela se fai de xisto e granito e as columnas con capiteis corintios. Nel atópanse as tumbas de Nuno Freire de Andrade, Fernán Pérez de Andrade e Diego de Andrade. O con-xunto arquitectónico ten mostras de románico, gótico, renacentista e barroco.

X A N E L A

64

A flora do parque é variada e puramente galega. Nela atopamos dende grandes árbores

caducifolias coma carballos (Quercus Robur), bidueiros (Betula pubescens), castiñeiros (Castanea sativa), freixos (Fraxinus excelsor), pradairos (Acer pseudoplatanus), loureiros (Laurus nobilis), abelei-ras, (Corylus avellana), salgueiros (Salix) e amieiros (Alnus glutinosa) entre outras; algunha conífera como o teixo (Taxus baccata) e matogueiras de acivro (Ilex aquifolium), érbedo (Arbutus unedo) e estirpeiro (Pyrus cordata).

A fauna, como en tódolos bosques de ribeira é de gran biodiver-sidade. Temos aves co-ma o bufo real (Bubo bubo), a curu-xa (Tyto alba), a avelaiona (Strix aluco), o peto real (Dendrocopos major), o azor (Accipiter gentilis), o miñato negro (Milvus migrans), o

falcón peregrino (Falco peregrinus) e algunhas de singular beleza coma o picapeixe (Alcedo att-his), o peto verde (Picus viridis) e o ferreiriño ba-cachís (Cyanistes caeru-leus), mamíferos coma a lontra (Lutra lutra), o gato montés (Felis silves-tris), armiños (Mustela erminea), xabarís (Sus scrofa), cor-zos (Capreolus capreolus), lobos (Canis lupus) e raposos

(Vulpes vulpes). No río Eume hai troitas (Salmo trutta faria) e reos (Salmo trutta trutta) ademais de

píntegas comúns (Salamandra salamandra), píntegas galegas (Salamandra salamandra gallaica),

sapos (Bufo bufo), ras patilongas (Rana Ibérica) e outras trece especies de anfibios das quince que temos en toda Galiza. Por último, entre os invertebrados destacan as lesmas (Geomalacus maculo-sus), caracois de Quimper (Elona quimperiana), mexillóns de río (Margaritifera margaritifera), vaca-louras (Lucanus cervus), escarabellos dourados (Chrysocarabus lateralis) e bolboretas da especie Apatura iris. Nota: No momento en que se está a escribir este artigo, as fragas do Eume son víctimas dun xigantesco incendio que arrasou con máis de 750 ha desta paraxe natural. Non sabe- mos as consecuencias que isto terá na súa biodiversidade e se algunhas das especies que aquí se mencionaron poderán sobrevivir.

X A N E L A

65

endas do Barbanza

Hai moito tempo, en Abanqueiro, reinaban dúas deusas: a deusa Auga e a deusa Lama. Estas non se levaban ben e se, por exemplo, a deusa Auga deixaba facer festa en Abanqueiro, Lama prohib-íallo. Tras moitas discusións, decidiron loitar en combate pero sempre empataban. Despois de numerosas loitas, a noite de San Xoán pelexaron a morte. Esta noite, a deusa Lama lanzou unha enorme morea de lama e a deusa Auga, para defenderse, botou auga. De súpeto, ante todos os que alí estaban, formou-se unha charca coa auga e a lama lanzadas polas deusas coñecida ata hoxe como “A charca de Aban-queiro”. Agora, todos os anos pola noite de San Xoán, saen da charca as dúas deusas para renovar o combate e contan os máis vellos que cando unha das dúas gañe a batalla, a charca desaparecerá. Jorge Nine Sieira

Nos tempos da conquista romana chegou ao Barbanza unha co-horte de tropas que puxo en alerta aos celtas de Touta. A defensa dos nosos guerreiros celtas era impenetrable para os militares romanos e despois de moitas loitas sen victoria para os romanos, estes pagaron a un traidor e lograron facer prisioneira a filla do rei Touta. A cambio da súa liberdade esixían que se rendesen e así foi. Os romanos devolvéronlles a princesa viva pero cos dous peitos cortados. Dende entón, cóntase que o río Barbanza, antes de chegar ao mar, berra case con máis forza e co mesmo ruído que fan as armas ao caeren unhas sobre outras. Á beira do mar os homes do lugar lanzan pedras e ao rebotar na superfi-cie os seus desexos fanse realidade. A estas pedras chámaselles runos (que son cantos rodados do río) que significa “segredos” en lingua celta. Pablo Romero Treus

Hai moitos anos nun lugar do concello de Boiro chamado Bico de Mar había unha lenda que contaba que todas as persoas que cruzasen o pozo de Comba serían engulidas por un remuíño. Un bo día de Primavera , un home que viña de Noia a Bico de Mar montado nun cabalo, quixo cruzar o pozo de Comba, inconsciente da lenda. Cruzou o río pero a corrente era tan forte que ao chegar á me-tade viuse arrastrado e afundiuse nun pozo moi profundo e, por desgraza para el e o seu cabalo , a

A charca de Abanqueiro

A princesa do Barbanza

Bico do mar

X A N E L A

66

lenda era certa e nunca máis se soubo deles. Esta lenda pasa agora de boca en boca por todos os habitantes de Bico de Mar. Ainoha Sieira

No pazo de Goiáns vivían antes os nobres e conta a lenda que había un túnel secreto que chega-ba dende unha habitación do Pazo ata o río onde se atopaba o embarcadoiro. Ao anoitecer, a marea subía e inundaba o túnel dando lugar a un camiño para seres mariños.

Un home pasaba por alí todas as noites e sempre escoitaba unha especie de “cantos”; así que unha noite sentiuse enmeigado polos cantos dunha serea e chegou ata a habitación do túnel. Alí estaba a serea. Nada máis vela, o home namorouse perdidamente dela e mergullouse nas augas seguindo o seu amor. En honra a esta serea fíxose no Pazo de Goiáns unha pequena fonte co seu rostro. Hoxe aínda segue alí, pero decapitada, e, en canto ó home… nunca xamais se soubo del. Lidia Pérez Treus

No alto da serra do Barbanza, entre a Curota e o Iroite, enriba dunha afastada aldea chamada

Mosquete encóntrase o Castelo de Vitres. A este abraiante lugar accédese pola estrada de Runs.

Cóntase que hai anos, un rapaz chamado Manoliño foi co seu irmán de pesca a un río preto do lugar.

Cando o rapaz se cansou díxolle ao ser irmán que marchaba para a casa. Mentres baixaba polo monte,

unha espesa néboa cubriuno todo. Desorientado, Manoliño caeu ao río e afogou. Coouse por un bura-

co e desapareceu. Durante meses, servizos de vixianza, policías, amigos e familiares buscaron ao rapaz

sen éxito. Un ano máis tarde, un pastor facía a súa ruta coma todolos días. Pasaba polo río Coroño can-

do, de súpeto, unha ovella escapou. Foi detrás dela ata chegar a un barranco. Nel podíase ver o cauce

do río que nesa época secara. O pastor viu algo raro, achegouse e atopou un cadáver. Era o de Manoli-

ño. Ninguén se explicaba como chegara o corpo do rapaz ata alí; así que se puxeron a investigar e ato-

paron unha calzada romana. Alí, descubriron un pasadizo cunhas escaleiras que os levaba a unha pe-

quena torre tapada polas plantas. Tratábase dun antigo posto de vixianza dende o que se podía obser-

var toda a ría e os ataques de posibles inimigos.

Raquel Ares Queiruga

O pazo de Goiáns

O Castelo de Vitres

X A N E L A

67

Comeza esta ruta na fonte-lavadoiro de Cucos, en Comoxo, xusto á beira da estrada Boiro-Noia. Desde este punto, e cruzando a calzada, dirixímonos ata a parte baixa da aldea. Pronto pasamos por diante da fonte-lavadoiro de Comoxo, chegando a unha encrucillada onde hai un cruceiro. Desviá-monos á esquerda por un camiño beireado de muros feitos con pedras de granito, desde onde se ve unha preciosa vista do val do Coroño e que parece ser foi noutros tempos Camiño Real á Pobra do Deán e por onde circulaban correos e carruaxes. Axiña chegamos á que foi no seu día a Casa da Quintana, tapiada de hedras e mergullada entre rexas aca- cias que medran no interior das ruínas brasonadas cun fermoso escudo e cun pombal do século XVlll, que aínda segue en pé. Voltando polo mesmo camiño imos cara a Comoxo, alí pode-mos ver a capela de San Salvador e a Casa do Pazo, onde naceu o xesuíta Ce-lestino García Romero, arqueólogo, historiador e cultivador insigne da lingua galega. Pronto chegamos á Cuncheira, onde ato-pamos unha serie de pequenas fon- tes acondi-cionadas recentemente e dous cru- ceiros de capela. Seguindo a pista saímos á estrada Boiro-Noia, en Mieites. Ao pou-

co podemos ver a preciosa fonte-lavadoiro de Cartas e desde alí, indo cara á Silva, atopamos un cruceiro e a fonte-lavadoiro de Allarijo. Completamos o circuíto voltando ao lugar de partida.

A Silva

Mieites

A Cuncheira Comoxo

Fonte de Cartas

Cruceiro, Comoxo

Fonte na Cuncheira

X A N E L A

68

BUSCA O NOME DE DOCE ÁRBORES

VEXAMOS QUE TAL ANDAS EN ZOOLOXÍA… PONLLES NOME A ESTES ANIMALIÑOS

X A N E L A

69

1. O cume máis alto de Galicia é Pena Trevinca, con a) 95m b) 2.095m c) 1.095m d) 3.095m 2. Castelao foi profesor de debuxo nun instituto de a) Rianxo b) Santiago c) Pontevedra d) Boiro 3. Prisciliano foi a) central do Dépor b) defensa do Hai que roelo c) bispo decapitado por herexe d) cantante 4. Martín Códax foi a) un deus do viño b) xograr galego c) novelista do XIX d) bispo de Santiago 5. A capital da zona onde se produce o viño do Ribeiro é a) O Porriño b) Ribas de Sil c) Ribadavia d) Noia 6. A música do himno galego foi composta por a) Verdi b) Pascual Veiga c) Segio Dalma d) Xoán Montes 7. Cantas eran as capitais do antigo reino de Galicia? a) catro b) cinco c) seis d) sete 8. O día das Letras Galegas comezou a celebrarse en 1963 conmemorando o centenario da publica-ción de a) Aires da miña terra b) Cantares gallegos c) Crepúsculo d) Queixumes dos pinos 9. A praza do Obradoiro está en a) A Coruña b) Vigo c) Santiago d) Pontevedra 10. As burgas son fontes de auga quente que están en a) Ourense b) O Carballiño c) Ribeira d) Caldas de Reis 11. Cabo Silleiro está na entrada da ría de a) Vigo b) Ortigueira c) Muros e Noia d) Viveiro 12. Este ano, o Día das Letras Galegas adícaselle a a) Castelao b) Valentín Paz Andrade c) Lois Pereiro d) María Mariño

X A N E L A

70

Na escola, a mestra pregunta:

- A ver Luis, como imaxinas a escola ideal? - Cerrada, mestra!

——————————————————————————— Jaimito é un neno bastante traveso, pero esta vez vai coa súa nai a unha festa e esta quere que se oporte ben. Así que lle di: - Jaimito,se tes ganas de ir ao lavabo, dime que te vas a América,vale? -Vale mami, direicho Están os dous na festa e ao cabo dun momentiño, Jaimito dille á súa nai: - Mami,voume a América!” A nai entende o que dixo o seu fillo, pero a señora que esta-ba a falar con ela non. Así que lle pregunta a Jaimito: - E que farás só alí. - Pois señora,vou ver Chi-Cago” ——————————————————————————— Como se di en xaponés “un perro con unha lámpara en el culo”? Un can cun quinqué no cu Como se chama o ministro de defensa árabe? Alí vai a bala E o seu fillo? Alí vai balín

Un prato de abelás que de día se recollen e de

noite esparéxense .

Coa miña cara vermella, o meu

ollo negro e o meu vestido ver-

de a todo o campo alegro.

Quen é algo e nada á vez?

ADIVIÑAS

Todos pasan por min,eu nunca paso por ninguén. Todos preguntan por min,eu

nunca pregunto por ninguén.

CHISTES

SOLUCIÓNS ENREDOS

ADIVIÑAS As estrelas O peixe A mapoula A rúa

ANIMALIÑOS tatu (7), preguiceiro (6), arroaz (11), golfi-ño (15), toniña (5), macaco (12), teixugo / porco-teixo(10), doniña (4), lontra (13), lama (3), esquío (9), leirón (8), porco-espiño (2), ourizo-cacho(14), toupa (1)

PON A PROBA A TÚA CULTURA 1b2c3c4b5c6b7d8b9c10a11a12b

X A N E L A

71

Boa sorte e bo futuro!

X A N E L A

72