xeo2-sector secundario

51
ector Secundario

Upload: aialo1

Post on 06-Aug-2015

101 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Xeo2-Sector secundario

Sector Secundario

Page 2: Xeo2-Sector secundario

As materias primasA enerxíaA localización industrialAs etapas da industrialización en EspañaA construcción.

Page 3: Xeo2-Sector secundario

AS MATERIAS PRIMAS Son recursos a partires dos cales se obteñen produtos elaborados ou semielaborados. Poden ser:

De orixe orgánica: Procedentes das actividades agrarias, forestais ou gandeira

De orixe mineral: Xacementos.

España é unha zona productora de minerais tradicionalmente pero se enfronta a problemas como o esgotamento de recursos, a calidade dos minerais e a rendibilidade das explotacións.

A producción mineral é insuficiente polo que hai que recorrer ao comercio exterior. Sí xeran excedente as rochas industriais que satisfan a demanda interna.

A cuestión non é a DISPOSICIÓN DE RECURSOS minerais, senón o PREZO MÁXIMO ao que se poden adquirir.

Page 4: Xeo2-Sector secundario

Os obxectivos da UE con respecto á mineiría son:

Incrementar a competitividade nacional

Mellorar o medio mineiro

Fomentar a investigación

Fomentar o desenvolvemento

tecnolóxico

Page 5: Xeo2-Sector secundario

Clasifícanse atendendo a:

O seu proceso de formación:

RENOVABLES

NON RENOVABLES

Grao de aproveitamento:

PRIMARIA Necesitan un proceso de transformación

SECUNDARIA OU FINAL (obtida da transformación)

Page 6: Xeo2-Sector secundario
Page 7: Xeo2-Sector secundario

A enerxía en España

Ilustracións: U.Didácticas de Climántica

Page 8: Xeo2-Sector secundario

Fonte: Anaya ED.

Page 9: Xeo2-Sector secundario

PRINCIPAIS FONTES DE ENERXÍA:

CARBÓN: A calidade e o poder calorífico dependen da antigüidade (Antracita e hulla /lignito). Importante papel na Revolución industrial e aumento da producción ate a postguerra (proteccionismo), despois foise substituindo polo petróleo, o que ocasionou o peche de minas. Coa crise do petróleo en 1975 volveuse a impulsar o seu consumo para reducir a dependencia do ouro negro. Dende mediados dos 80 a súa producción foi en descenso, dados os problemas de explotación.

Cal é a situación?-Esgotamento dos xacemenos e baixa calidade.-Dificultades de explotación (extracción e custos).-Minifundismo empresarial: baixa rendibilidade-Diminución da demanda doméstica e industrial.-Liberalización dos prezos coa entrada na UE.

Ilustracións: U.Didácticas de Climántica

Page 10: Xeo2-Sector secundario

A producción localízase nas trece grandes concas (zona asturiana, leonesa e palentina), pero non abastece a demanda, polo que é necesario importar carbón.

A qué se destina?- Producción de electricidade en centrais térmicas (80%). A súa ubicación está determinada pola existencia de carbón e a disposición de auga para refrigerar ( Contaminación dado o alto contido en xofre).- Industria siderúrxica e cemento.

Page 11: Xeo2-Sector secundario

PETRÓLEO: Primeiro lugar no consumo enerxético español. O desenvolvemento industrial dos 60 adoptouno como fonte principal dado o seu baixo custo. Nos anos setenta (crise enerxética) diminuiu notablemente o seu consumo. Nos anos oitenta o custo tivo unha tendencia descendente dada a liberalización do prezo da OPEP. O seu prezo presenta oscilacións en base a súa producción. A producción do petróleo é escasa (Costa mediterránea e algúns puntos do interior, Burgos), polo que non permite o autoabastecemento. O grande volumen de importación supón unha dependencia enerxética externa moi forte.Aplicacións: INDUSTRIA + TRANSPORTE.

Refinerías: están suxeitas ao cambio da demanda ( produtos lixeiros). O sector restructurouse para adaptarse ao mercado (Plan de reconversión Refinerías, 1980) e coordinado por empresas do sector público (creación de Repsol, que se privatiza con posterioridade).

Page 12: Xeo2-Sector secundario

GAS NATURAL: mestura de hidrocarburos gaseosos (predominio do metano) de xacementos suterráneos. Hai que sometelo a un proceso de licuefacción. O gas natural ten un alto poder calorífico, baixo prezo e é o combustible fósil que menos contamina.É unha fonte de consumo recente (a partires dos anos 70) ainda que está a aumentar notablemente ( ampliáronse as infraestructuras para responder a un aumento na demanda). A producción española é insuficiente importase dándose tamén unha dependencia externa.Obtéñense del o propano, butano e a naftas, con diferentes aplicacións (industriais, electricidade, consumo doméstico...).

Page 13: Xeo2-Sector secundario

NUCLEAR: Obtense por fisión (separación de átomos pesados de uranio) ainda que tamén pode obterse por fusión (de isótopos de hidróxeno produce helio).A súa aparición en España estivo relacionada coa necesidade de diminuir a dependencia do petróleo (anos 70). Dende 1985 paralizouse a súa expansión dada a oposición da opinión pública ante o perigo, riscos e a cuestión aberta dos residuos radioactivos.A súa aplicación fundamental é producir electricidade, ainda que pode ter outros usos (como a menciña nuclear).Problemas que presenta a enerxía nuclear:Dependencia externa no enriquecemento do uranio e na tecnoloxía.Os riscos.O almacenamento dos residuos.En 1998 púxose a andar unha instalación experimental de fusión nuclear en Madrid (concebida para a investigación sobre as formas de obtención de enerxía).

Ilustracións: U.Didácticas de Climántica

Page 14: Xeo2-Sector secundario

ENERXÍA HIDRÁULICA. É unha fonte de enerxía renovable: auga embalsada. Esta enerxía tivo unha grande importancia entre 1940-1972, ainda que a partires de mediados dos 70 sufriu un estancamento (termoelectricidade). A producción céntrase no norte peninsular dadas as características topográficas e hidrolóxicas (caudais abundantes). Abastece o 100% das necesidades nacionais e a súa aplicación principal é a producción eléctrica. É renovable, limpa e instantánea, pero presenta cambios productivos cada ano e conflictos con outros usos da auga.

Ilust

raci

óns:

U.D

idác

ticas

de

Clim

ántic

a

Page 15: Xeo2-Sector secundario

AS FONTES RENOVABLES:A producción de enerxía a partires de fontes renovables en España ten potencialidade pola diversidade do seu medio natural e posuir un nivel tecnolóxico axeitado. Pero o abastecemento enerxético ainda é escaso, xa que ainda non houbo un grao de desenvolvemento tecnolóxico para facelas máis competitivas con respect as fontes de enerxía tradicionais. A súa aplicación principal é proporcionar enerxía térmica, eléctrica ou mecánica. MINICENTRAISENERXÍA SOLAR /FOTOVOLTAICA Ten unha aplicación térmica e fotovoltaica. As comunidades productoras son Andalucía, Baleares e Canarias.ENERXÍA EÓLICA En poucos anos medrou un 40% e reduciu notablemente os seus custo. Ten un crecemento importante nos últimos anos.BIOMASA Obtense de residuos biolóxicos agrícolas, gandeiros e forestais. Proporcionan enerxía por combustión directa ou por transformación (biogás ou tranformación). A rexións productoras son Andalucía ou as dúas Castelas.XEOTÉRMICA Usa o vapor ou a auga quente subterránea. Aplícase para calefacción de invernadoiros, vivendas ou obtención de electricidade.

Page 16: Xeo2-Sector secundario
Page 17: Xeo2-Sector secundario

Horta solar. Lugo, Galicia

Page 18: Xeo2-Sector secundario

A PRODUCCIÓN DE ELECTRICIDADE:- Máis da metade da producción eléctrica obtense de centrais térmicas (utilizan o carbón), gas natural e petróleo. En porcentaxe dun 57,82% no ano 2004.- As centrais nucleares de fisión producen un 28,61% (ano 2004)- As centrais hidroeléctricas producen un 13,57% (no 2004). A producción eléctrica foi medrando dende os anos 60, co desenvolvemento económico e o aumento da demanda.

Page 19: Xeo2-Sector secundario

A POLÍTICA ENERXÉTICA- Trala crise enerxética (1975) constituiuse a AIE (Axencia internacional da Enerxía) que marca as directrices principais para as políticas enerxéticas:Aforro.Substitución do petróleo por novas fontes de enerxía.Fomento da investigación.- A politica enerxética española iníciase tarde con respecto ao contexto europeo. Tralo franquismo sí se iniciaron medidas como o Plan Enerxético Nacional, para reducir a dependencia do petróleo. Programouse o primeiro desenvolvemento da enerxía nuclear, que se paralizou máis tarde ante o rexeitamento da opinión pública. Tempo despois potenciouse o carbón e o gas. Púxose tamén en marcha o plan de enerxía renovables (PER) para fomentar estas enerxías.Actualmente a política enerxética esta marcada polas directrices da UE, polo novo PEN (2001) e o Plan de fomento de Enerxías Renovables (1999).

Page 20: Xeo2-Sector secundario

Cales son os obxectivos da Política enerxética da UE:

1.Garantir o abastecemento seguro, diversificando as fontes de aprovisionamento e diálogo cos proveedores.

2.Incentivar o aforro enerxético e as fontes de enerxía renovables (a previsión aspira a ter un 12% da producción electrica veña de fontes renovables)

3.Culminar o mercado interior da enerxía. Liberalización do mercado enerxético europeo. Aspirase a que a libre circulación de enerxía facilite a competencia e reduza custes.

4.Evitar o impacto ambiental negativo (transporte, comercialización e usos da enerxía). Poténciase a I+D de tecnoloxías sostibles e compatibles co medio.

5.Novo PEN (ate o 2010) Aumenta o consumo de gas, de enerxías renovables, mantén a producción nuclear e reduce o carbón. Incide nos obxectivos ambientais e na optimización enerxética.

6. Plan de fomento de Enerxías Renovables (1999-2006). Propón acadar o obxectivo do 12% que plantea a UE. Propón a concesión de primas á venta de Enerxía Verde.

Page 21: Xeo2-Sector secundario
Page 22: Xeo2-Sector secundario
Page 23: Xeo2-Sector secundario
Page 24: Xeo2-Sector secundario
Page 25: Xeo2-Sector secundario

A INDUSTRIA ESPAÑOLA

Os sectores industriais e as ramas da actividade industrial vense condicionados por: as actividades industriais segundo as materias primas empregadas, as técnicas e a maquinaria, a cualificación do persoal, tipo de productos e a súa localización

A súa clasificación en base aos PRODUTOSPRODUTOS que fabrican é a seguinte:

-INDUSTRIAS DE BASE: transformación das materias primas en produtos semielaborados (siderometalúrxia, petroquímica...).

-INDUSTRIAS DE EQUIPO: transforman os produtos semielaborados en bens (máquinas) que logo serán utilizados por outras industrias.

- INDUSTRIAS DE USO E CONSUMO: fabrican bens para ser utilizados polo consumidor.

Page 26: Xeo2-Sector secundario

OS FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL:

ENTRE 1855-1975:ENTRE 1855-1975:Os factores clásicos eran:

Proximidade ás materias primas.Existencia dun mercado de consumo amplo.Man de obra abundante e barata.Sistemas de transporteDisponibilidade de capital ou capacidade de atracción.

A importancia de cada ún varia segundo o sector. Isto xerou localizacións como: áreas de base extractiva (próximas e recursos naturais), áreas de base portuaria e núcleos urbanos.

A política industrial do Estado pode favorecer a implantación industrial a través de incentivos. Tendencia á concentración industrial en grandes aglomeracións urbano-industrais para beneficiarse dunha acumulación de vantaxes ou economías externas (abastecemento, transporte, man de obra, servicios de xestión, equipamentos, etc...).

Page 27: Xeo2-Sector secundario

A INDUSTRIA ACTUAL

-Os factores clásicos perderon importancia trala crise (anos 70) e os cambios da terceira revolución industrial.

-Diminúe a importancia da proximidade aos recursos naturais (polo abaratamento do transporte de materias primas e fontes de enerxía).

-Ampliación das áreas de venda (menor dependencia dos mercados locais).

-Mellora de transportes e comunicacións (diminúe a importancia da distancia).

-Man de obra (factor importante. Cualificación e remuneración).

-O factor principal é o acceso á innovación e a información (en directa relación coas novas tecnoloxías).

Tendencias:Difusión industrial cara espazos periféricos.

Page 28: Xeo2-Sector secundario

Cales son os motivos?

Problemas das grandes concentracións industriais e a saturación.Melloras tecnolóxicas, que permiten separar labouras de dirección e xestión dos puntos de producción. Distancia dos centros de decisión.Novas estratexias capitalistas para aumentar beneficios (=reducir custos).Desenvolvemento da industrialización endóxena (baseada nos recursos de cada zona).Desconcentración en sectores maduros en crise. É un proceso a escala mundial ( multinacionais), nacional (decadencia das vellas rexións industrializadas movemento cara outras rexións) e a escala interrexional.

1Proceso xeralizado na nova economía. Mantense o tirón dos espazos Mantense o tirón dos espazos centraiscentrais. Localización preferida dos sectores de novas tecnoloxías, as sedes sociais e de xestión empresarial e dos servizo á producción.2 ConcentraciónConcentración a escala mundial, nacional (nas áreas máis dinámicas) e a escala interrexional. A situación actual é complexa dadas as dúas tendencias.

Page 29: Xeo2-Sector secundario

Fon

te: A

naya

Ed.

Page 30: Xeo2-Sector secundario

ETAPAS DAS INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA.

O INICIO DA INDUSTRIALIZACIÓN 1855-1900España incorpórase á primeira revolución industrial tarde con respecto ao contexto europeo. As causas que determinaron isto foron:- Disposición de recursos minerais, pero tiña unha escaseza doutras materias primas e productos enerxéticos básicos.- Non había un espírito emprendedor.- Escaseza de Capital para a creación de industrias.- Atraso tecnolóxico notable, as máquinas novas importábanse.- Demanda de productos industriais baixa dada a situación económica.- Contexto exterior desfavorable: Guerra da Independencia e a cuestión cubana.- Política industrial pouco axeitada: Lei de bases da mineiría (1868), establecendo concesións. Na Restauración imponse o proteccionismo, o que supuxo unha perda de modernización e competitividade.

Na segunda metade do século XIX creáronse algunhas industrias en España, cunha estructura caracterizada por:Predominio dos sectores de base (siderometalúrxia) ou de consumo (téxtil) e o déficil de bens de equipo (maquinaria) dado o atraso tecnolóxico.Tecnoloxía atrasada, dependencia exterior e escasa capacidade de innovación.Dependencia do capital extranxeiro.Minifundismo empresarial: empresas pequenas de baixos investimentos e tecnoloxía simple.España continuou a ser un país centrado no sector primario, cunha posición mundial periférica e cun desenvolvemento tardío.

Page 31: Xeo2-Sector secundario

A localización industrial:

- Creación dun foco industrial en Andalucía (riqueza mineral). Os primeiros altos fornos estaban en Málaga, que despois decaeu por outros foco máis competitivos.-Predominio de puntos costeiros próximos a materias primas e fontes de enerxía con portos. Asturias e o País Vasco especialízanse en siderometalúrxia e Cataluña na industria téxtil.

- Focos industriais aillados no interior. Madrid é o primeiro centro financieiro e administativo (atrae poboación polo que desenrola a industria de bens de consumo). Os focos aillados do interior céntranse na producción tradicional (normalmente de orixe agraria).- Concentración en cidades, que dotan ó mercado de man de obra e contan con infraestructuras de transporte (mobilidade e producción).

Page 32: Xeo2-Sector secundario
Page 33: Xeo2-Sector secundario

Anaya Ed.

Page 34: Xeo2-Sector secundario

Anaya Ed.

Page 35: Xeo2-Sector secundario

Anaya Ed.

Page 36: Xeo2-Sector secundario

Anaya Ed.

Page 37: Xeo2-Sector secundario

Anaya Ed.

Page 38: Xeo2-Sector secundario

Anaya Ed.

Page 39: Xeo2-Sector secundario

O CRECEMENTO NO PRIMEIRO TERCIO DO SÉCULO XX.

Causas do crecemento industrial:1. Decadencia das exportacións de minerais por esgotamento.2.Auxe da minería do carbón (Contexto da I Guerra Mundial).3. Aumento dos investimentos nacionais pola repatriación de capitais tra-la perda das colonias (1898), e os beneficios das exportacións a Europa coa guerra. Isto trae parello o nacemento de Bancos e industrias de capital español.3. Impulso de obras públicas durante a ditadura de Primo de Rivera (actividades de construcción e materiais).4. Proteccionismo industrial que elimina a competencia externa.5. Avances da segunda revolución industrial (A electricidade).

Este período caracterizouse polo asentamento da industria básica (siderurxia na franxa canábrica e Mediterráneo). Diversificación coa aparición de novos sectores e crecemento das industrias de consumo, dado o aumento de nivel de vida e a demanda.Localización: Hexemonía de Cataluña, País Vasco, Asturias, Valencia e Madrid. Nestas áreas efectúase un proceso de diversificación productiva. Mentres o foco andaluz experimenta unha decadencia e as industrias do interior non poden competir coas da periferia.

Page 40: Xeo2-Sector secundario

A REGRESIÓN: GUERRA CIVIL E POSTGUERRA (1936-1959)A REGRESIÓN: GUERRA CIVIL E POSTGUERRA (1936-1959)

As causas son a destrucción da guerra e a política autárquica da postguerra. Cales eran as bases da política autárquica?Forte intrvención do Estado. Creación do INI (en 1941) que actuaba como substituto da empresa privada en actividades que requerían fortes investimentos como a industria básica.Explotación de recursos propios.Restriccións de investimentos extranxeiros e as importacións.

Fomentouse a industria por falta de competencia e freo da súa expansión pola escaseza de capitais, fontes de enerxía, materias primas e maquinaria. Consolidouse unha estructura industrial caracterizada pola existencia de grandes grandes empresas controladas polo Estadoempresas controladas polo Estado e pequenas fábricas de localización dispersa.Os sectores básicos impulsados polo INIINI (a siderúrxia, a petroquímica e a construcción naval) concentráronse nas costas cantábrica e mediterránea. Madrid tamén vai a reforzar a súa posición industrial dada a política centralista do franquismo.Na década dos anos 40 continuaba a ser un país fundamentalmente agrario e acentuou a diferencia co contexto internacional de forma notable. Nos anos 50 deuse un certo aperturismo económico froito dos acordos con Estados Unidos (contexto da Guerra Fría). Intensificáronse as importacións e isto xerou un aumento considerable do déficit, o que levou un abandono definitivo da autarquía (1959).

Page 41: Xeo2-Sector secundario

DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL (1960-1975).DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL (1960-1975).

Etapa de desenvolvemento industrial debido a:

•Expansión da economía capitalista mundial. As empresas multinacionais deciden investir en novas áreas: España resultaba unha boa localización polo crecemento do seu mercado, os baixos custos de producción, disponibilidade de man de obra, baixa conflictividade laboral, posicionamento político favorable.

•Chegada de capital procedente da actividade turística e divisas procedentes da emigración.

•Baixo custo da enerxía + liberalización das importacións.

* Fomento da actividade industrial por parte do Estado.

Los 'brotes verdes' del 59El Plan de Estabilización, que cumple 50 años, significó el fin de la autarquía y el comienzo

de la modernización de la economía española

Page 42: Xeo2-Sector secundario

A estructura industrial española experimentou unha melloría importante, pero ainda contaba con certos inconvintes:

a) Aumentou a fabricación de semielaborados, de bens de equipo e de artigos de consumo duradeiro con maior valor engadido, pero seguen dominando os sectores maduros, de tecnoloxía simple e consumidores de grande cantidade de traballo e enerxía.b) Mellora do nivel tecnolóxico e modernización de procesos, o que permitiu aumentar producción, competitividade e calidade, pero tamén hai unha forte dependencia externa tecnolóxica, financieira e enerxética.c) Persistencia de pequenas empresas anticuadas, dunha baixa productividade en comparanza coa de outros países europeas. d) Forte dependencia comercial dada a necesidade de importar bens de equipo e tecnoloxía, isto contribúe a unha balanza comercial deficitaria.

España industrializouse, pero consolidou tamén a súa posición periféricaconsolidou tamén a súa posición periférica dentro do contexto internacional. Na localización industrial obsérvase unha tendencia á concentración industrial en grandes aglomeracións urbano-industrais para beneficiarse dunha acumulación de vantaxes ou economías externas (abastecemento, transporte, man de obra, servicios de xestión, equipamentos, etc...).

Page 43: Xeo2-Sector secundario

A CRISE E A REESTRUCTURACIÓN INDUSTRIAL. (1975-1985)

A crise afectou a todos os países dende 1975, ten fortes consecuencias na estructura industrial.

Pero cales foron os motivos que levaron a esta situación?Pero cales foron os motivos que levaron a esta situación?

1. Causas externas:

- Encarecemento da enerxía pola forte suba de prezos de 1973.

- Esgotamento do ciclo tecnolóxico anterior e comezo dun novo (terceira revolución industrial), a aparición de novos sectores industriais, as novas tecnoloxías, aparición de novas demandas, novas esixencias, novos sistemas de producción.

- Mundialización económica e a competencia dos novos NPI (novos países industrializados), isto altera enormemente a localización industrial (tendencia á deslocalización empresarial) e a división do traballo.

Page 44: Xeo2-Sector secundario

2. Causas internas:

-Deficiencias estructurais da industria española: especialización en factores maduros (consumidores de enerxía e traballo) moi afectados pola crise, insuficiente modernización tecnolóxica, elevada dependencia externa, elevado endebedamento (escaso autofinanciamento).

-A coxuntura política xerou incertezaincerteza e, ó tempo, reduciu o investimento e atrasou política para afrontar este período.

Moitas empresas pecharon, descendeu a producción, baixaron moito os beneficios e aumentaron o paro e o endebedamento. Consolidouse a posición periférica española a nivel mundial.

Page 45: Xeo2-Sector secundario

A REESTRUCTURACIÓN:

Os países da OCDE (Org. De Cooperación e Desenvolvemento económico) adoptaron políticas de reestructuración para atallar a crise, que en España tiveron efectos na década dos 80. Ten dúas vertentes: a reconversión industrial e a reindustrialización.

a) Reconversión:Reconversión: pretendía ter efectos intensivos nun curto prazo, para asegurar a viabilidade a medio prazo de industrias en crise, adaptaandoas ó nivel tecnolóxico e para ser competitivas no mercado. Adaptándose á lei do mercado e eliminando o exceso de capacidade, regulacións de persoal, saneamento financieiro e especialización en productos de maior demanda. Afectou fundamentalmente aos sectores maduros.

Page 46: Xeo2-Sector secundario

b) Reindustrialización das zonas afectadas pola reconversión:

Tivo dúas bases diferentes: a modernización tecnolóxica dos sectores que presentasen unha viabilidade e creación de novas actividades de futuro para a diversificación de zonas moi especializadas, e que absorvan a os excedentes de man de obra da reconversión. Creáronse as zonas ZUR (Zonas de urxente Reindustrialización, 1983) e as zonas ZID (Zonas Industrializadas en Declive).A reindustrialización estimulou o investimento e a diversificación industrial de zonas antes moi especializadas, pero xerou menos emprego do previsto, as axudas centráronse nas grandes empresas fundamentalmente e acentuáronse desequilibrios rexionais.

Page 47: Xeo2-Sector secundario
Page 48: Xeo2-Sector secundario

A TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.(Industria actual)

Nova fase marcada polos cambios baseados na innovación (def: aplicación de novos coñecementos proporcionados pola investigación á mellora dos procesos productivos, á obtención de novos productos e mellora da xestión. Os cambios xerados tiveron relevancia na localización e na estructura industrial.

Cambios na estructura industrial:- Nova xerarquía de sectores industriais. Crecemento dos sectores intensivos próximos a alta tecnoloxía e as súas aplicacións na industrias tradiocionais.- Descentralización productiva. As novas tecnoloxías favorecen a división do proceso en fases.Isto favorécese pola inmediatez nas comunicacións, a coordinación e a automatización. A consecuencia deste proceso é a proliferación de PEME e a reducción do tamaño medio das industrias. A descentralización pódese realizar de diversas formas: Empresas multiplanta, subcontratas, redes de PEMEs con división do traballo.- Flexibilización productiva. Para responder a unha demanda cambiante e diversificada.- A innovación produce transformacións no emprego industrial: cualificación, automatización das tarefas, precariedade laboral, temporalidade...- A terciarización da industria: Informatización e automatización que reducen as tarefas productivas. Demanda de servizos: seguridade, limpeza, comunicacións, publicidade, asesoramento...

Page 49: Xeo2-Sector secundario

Os avances da terceira revolución industrial están permitindo a recuperación da industria nos países desenvolvidos. Esta recuperación modifica as expectativas do sector e revaloriza o seu papel no crecemento económico e urbano. En España pódese falar de recuperación dende 1997 (ainda que se mantén a crise en moitos sistemas maduros). As súas causas son a fase expansiva que atravesan as economías industrializadas e a recuperación do consumo privado polo aumento do ritmo na creación do emprego. Esta recuperación obsérvase no incremento da demanda e reducción do stocks, aumento na producción e da capacidade productiva, aceleración de import-export, a pesar do cal a balanza industrial segue a ser deficitaria.

No ano 2008 tivo lugar un novo período recesivo marcado pola crise económico financieira, que afectou a diferentes sectores e, de forma especial, ao sector da construcción. As consecuencias foron a perda de empregos, un descenso productivo e un aumento da taxa de desemprego no estado, e unha deceleración nas actividades relacionadas directamente coa construcción. O goberno veuse obrigado a tomar medidas de recorte e reestructuración económica (reforma das pensión, recortes do gasto...).

Page 50: Xeo2-Sector secundario

A CONSTRUCCIÓNSector que transforma unha serie de materiais nunha edificación. Está en directa relación co sector inmobiliario que estaría dentro do sector servizos.

Esta actividade experimentou un rápido crecemento no período 1998-2007 chegando a acadar un 18% no PIB (valorando tamén outros sectores asociados a esta actividade esta porcentaxe aumentaría ate o 30%).

Aumentou nesta etapa a oferta das vivendas paralelamente o prezo. Con isto a poboación activa que traballaba na construcción experimentou un crecemento importante

As causas que explican o crecemento inmobiliario son varias:

A expectativa irreal de que o prezo da vivenda continuaría subindo.Enormes beneficios produto da especulación inmobiliaria, Os subsidios públicos destinados á adquisición de vivendaFácil acceso ao crédito con baixos xuros.

O boom da construcción afectou especialmente en zonas turísticas e espazos costeiros.

Page 51: Xeo2-Sector secundario

A situación actual do sector.

- Alta taxa de desemprego.- Stock de vivendas.- Consecuencias empresas servizos e actividades complementarias.- Situación financieira.- Prezos inmobles.-Urbanización na costa /turismo.

A crise financieira mundial declarada no 2007 provocou o final da burbulla inmobiliaria e unha desaceleración do sector da construcción.

O desemprego aumentou no sector, de forma directa aos traballadores da construcción e indirecta a todos os sectores relacionados con ela (madeira, pintura, mobles, sanitarios, fontanería…).

O paro e o alto endebedamento das familias tivo repercusións en diferentes sectores e xerou unha caída do consumo de bens, o comercio presenciou unha caída nas vendas e os bancos o aumento da morosidade (créditos e hipotecas. Restricción do crédito).