xeografÍa e historia de galicia - edu.xunta.es · a realización escrita dun comentario debe ser...

52
BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA MATERIAS OPTATIVAS

Upload: buihanh

Post on 24-Dec-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA

GUÍA DO ALUMNADO

XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA

MATERIAS OPTATIVAS

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

2

Autoras: Mª José Amor Carreró e Mª Mercedes González González.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

3

ÍNDICE.

1. INTRODUCIÓN: Para que serve a Historia de Galicia?

Para que serve a Xeografía de Galicia?

2. METODOLOXÍA

2.1. Recomendacións para o estudo

2.2 Orientacións para o comentario de textos e documentos

3. LIBROS DE TEXTO

3.1. Distribución temporal

3.2. Material complementario

4. ESTRUTURA DA GUÍA

5. XEOGRAFÍA DE GALICIA. UNIDADES DIDÁCTICAS

6. HISTORIA DE GALICIA. UNIDADES DIDÁCTICAS

7. SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

8. BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

4

1. INTRODUCIÓN. A Comunidade Autónoma galega é unha das tres nacionalidades históricas

contempladas na Constitución española de 1978, como consecuencia de trazos

específicos que inclúen unha lingua de seu, o que a diferenza doutras comunidades, pero

tamén como consecuencia da vontade autonomista manifestada mediante plebiscito en

1932 e plasmada no Estatuto de Autonomía do ano 1936, que ante a insistencia de

Castelao foi aprobado polas Cortes en 1938, en plena Guerra Civil.

A Xeografía e Historia de Galicia conforma no DCB unha materia optativa de segundo

curso de bacharelato establecida pola propia Comunidade Autónoma.

Para que serve a Historia de Galicia?:

Para todos vós cumpre un dobre obxectivo:

Entender a nosa sociedade actual, para o que resulta imprescindible coñecer as

etapas históricas anteriores como un proceso evolutivo diferenciado, moitas veces, da

historia de España, e, especialmente, entender o ritmo temporal que ten Galicia, case

sempre singular.

Comprender como esta historia de Galicia forma parte da historia de España, que

é o seu referente máis inmediato, e en moitos momentos, forma parte tamén da historia

de Europa occidental.

Así que temos que a Galicia actual é produto dun pasado, ás veces diferente, ás veces

común co resto de Europa, e nesta dualidade atópase a explicación de moitos feitos

actuais que debemos coñecer, pero que tamén é preciso encadrar no proceso

correspondente, para que o noso entendemento sexa un pouco máis reflexivo, e que del

se derive a comprensión para o noso país e o respecto tamén para outras realidades.

Como o libro de texto está formado por dous libros diferenciando Historia e Xeografía,

responderemos a mesma pregunta:

Para que serve a Xeografía de Galicia?:

Serviranos para coñecer, cando miramos ao noso redor, a organización do territorio na

actualidade. Se nos fixamos, o territorio está formado por múltiples elementos que

interactúan uns cos outros, e temos que aprender a distinguir cada un deles, as relacións

que xeran, alomenos para entender que problemas pode agromar o propio territorio e

reflexionar sobre as posibles solucións, na dirección axeitada.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

5

Non son só elementos físicos os que ordenan o territorio ( espazo, clima, solo, etc.)

tamén temos que coñecer os elementos humanos e as relacións entre natureza e

sociedade, que non sempre son doadas, que xeran tensións en ambos sentidos

(degradación medioambiental).

Na xeografía de Galicia teremos que coñecer todo isto, referido ao territorio galego

como espazo individualizado e con características físicas e humanas específicas de seu.

Así, a estrutura da xeografía de Galicia faise complementaria da historia de Galicia.

Estudaremos un temario que abarca os seguintes aspectos:

-Características físicas do territorio galego.

-A poboación, crecemento negativo.

-Actividades económicas por sectores, e a adaptación á modernidade dun sistema

produtivo incluído na Unión Europea, sen esquecer as relacións económicas con

Portugal.

-O proceso de urbanización xeneralizada.

2. METODOLOXÍA.

Aínda que neste curso, 2º de bacharelato, cada alumno ou alumna xa debe ter adquirida

a súa propia metodoloxía de estudo, podemos lembrarvos un método de traballo para

preparar esta materia, tendo en conta que este é un Bacharelato a distancia, ou

alomenos, semipresencial, o que lle dá certas peculiaridades.

2.1. Algunhas recomendacións: -Facer un horario regular. Como non se asiste a clases convencionais, é preciso

establecer unha continuidade no estudo diario.

-Falar co titor ou titora sempre que sexa necesario: non só ao iniciar o curso, ou antes de

rematalo. Ás veces, necesitarás orientación sobre aspectos concretos dun tema, ou

aclaracións, polo que debes contactar cando o precises.

-Ler regularmente as unidades correspondentes do libro de texto.

-Clarexa os conceptos ou os aspectos de comprensión difícil, axudándote dun dicionario

común ou buscando información complementaria.

-Subliña no libro de texto as ideas fundamentais da unidade.

-Elabora un esquema dos temas que vaias estudando en folios ou nun caderno.

Servirache para ter un resumo deles. Cando repases poderás facelo só polos esquemas:

neles reflíctese a estrutura dos contidos.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

6

-Realiza as actividades de autoavaliación, como comprobación dos coñecementos

adquiridos.

Respecto ás actividades para enviar á titoría, como son voluntarias, podes escoller da

nosa proposta as que che parezan máis difíciles, para que cando as recibas corrixidas

comprobes os teus coñecementos. A nosa recomendación é que procures facer todas as

que poidas. Debes envialas ao Departamento de Historia do IES San Clemente, como

máximo ata 8 días antes dos exames trimestrais. Ademais, estas actividades serán

valoradas para telas en conta nas notas trimestrais, o que significa que o teu esforzo

influirá nas cualificacións parciais e final.

Esta materia ten unha grande relación coa historia de España, materia tamén de 2º de

bacharelato. Como os seus contidos se complementan, poderás transvasar a

información e entender mellor ámbalas dúas. Pero tamén por iso, é preciso adquirir

destrezas en relación cos comentarios de textos, que son básicos para esta área de

coñecementos. Debes non só saber senón tamén saber explicalo correctamente. Así que

hai que ter en conta as pautas básicas da expresión escrita: a precisión léxica, a

corrección da sintaxe, a corrección na expresión, a claridade na exposición de ideas, a

corrección formal na presentación.

2.2. Orientacións para o comentario de textos e documentos O comentario de textos e outros documentos históricos (mapas, gráficos, táboas

estatísticas...) é un procedemento fundamental no ámbito da Historia. Os obxectivos da

materia fanse máis efectivos na medida en que nos poñemos en contacto directo coas

testemuñas que posuímos do pasado.

1. Na práctica, o primeiro paso consiste nunha lectura atenta do documento. Esta lectura

debe permitir non só coñecer o asunto xeral do que trata, senón tamén a ordenación e

xerarquización das ideas que contén (principais e secundarias). Para este labor inicial,

debes partir dos teus coñecementos sobre a materia, de forma que aportes algo ao texto,

non unha repetición dos contidos.

Pode resultarche útil subliñar palabras, ideas ou facer anotacións de suxestións que se

che ocorran, o que chamamos “alumear o texto”.

2. Contextualización histórica do documento. Contextualizar é encadrar o documento,

por tanto non é só limitarse ao ámbito cronolóxico (moitas veces a data figura no

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

7

documento). Hai que ter en conta tamén outras dimensións (política, social, económica,

etc.) que servirán para integrar o texto nun determinado proceso histórico.

É imprescindible unha análise do texto para situalo no proceso correspondente: os seus

antecedentes ou causas, as súas consecuencias, a súa influencia posterior, os intereses

ou tendencias que defende, os obxectivos que pretende... Esta contextualización debe

realizarse partindo dos contidos do propio documento, e non á marxe do mesmo.

3.- A realización escrita dun comentario debe ser considerada como un exercicio de

redacción, no que os coñecementos da materia que cada alumno ou alumna posúa se

poñen ao servizo do documento a comentar. Deben estar integrados de forma coherente

todos os elementos dos que xa falamos. O comentario debe mostrar non só o grao de

coñecementos e interpretación histórica de cada un, senón tamén o grao de madurez, a

capacidade para, utilizando os propios coñecementos, explicar de forma intelixente o

documento: contexto histórico, ideas principais e secundarias, explicación de conceptos,

antecedentes, relevancia histórica, etc.. Todos estes elementos deben figurar na

redacción, pero de maneira persoal e libre.

4.- O comentario debe rematar cunha valoración persoal; pero baseada sempre no

coñecemento histórico, e non na opinión moral ou persoal fronte aos fenómenos

analizados.

Problemas a evitar 1.- Todos os documentos para comentar estarán identificados. Como non se trata de

realizar ningún tipo de crítica documental, as observacións sobre a tipoloxía do

documento son superfluas, e en moitas ocasións, confusas. Non se debe clasificar.

2.- Un defecto frecuente, que manifesta o escaso dominio da técnica do comentario e

ademais a falta de madurez, é a paráfrase; consiste nunha repetición, case textual, dos

contidos do texto, sen análise nin comentario. Trátase xustamente do contrario: que ti lle

aportes valores engadidos.

3.- O defecto contrario á paráfrase é o escapismo; consiste en utilizar o documento

como pretexto ou escusa para desenvolver un “tema” máis ou menos relacionado con el.

Isto supón converter un comentario na resposta a unha pregunta, que trataría “o asunto

xeral” no que se pode integrar o documento, pero que non pode ser valorado, por máis

coñecementos que demostres.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

8

4.- O comentario non ten por que ser moi extenso. Saber centrarse nos aspectos

principais, sintetizar o que se quere dicir, son tamén virtudes dun bo comentario que

demostran claridade de ideas.

3. LIBROS DE TEXTO. A guía para o alumnado está baseada no seguinte libro de texto, composto por dous

tomos diferenciados:

VILLARES; R. Historia de Galicia. Ed. Santillana-Obradoiro,Vigo 1998. ISBN: 84-

8224-143-5

LOIS GONZALÉZ, R. E MARTÍNEZ GAGAMALA, H.: Xeografía de Galicia. Ed.

Santillana-Obradoiro, Vigo, 1998. ISBN: 84-8224-142-7.

Este libro será, xunto coa guía, o elementos fundamental para entender a materia.

3.1. Distribución temporal da materia: Primeiro trimestre: Xeografía de Galicia. Unidades 1-2-3-4-5-e-6.

Segundo trimestre: Historia de Galicia.Unidades 1-2-3-e-4.

Terceiro trimestre: Historia de Galicia. Unidades 5-6-7-e-8.

3.2. Material complementario: -Un dicionario de termos históricos. Hainos no mercado editorial moi accesibles

economicamente. Tamén verás algúns na bibliografía recomendada.

-Un atlas xeográfico de Galicia, para traballar a parte correspondente á xeografía.

Recomendámosche algún na bibliografía final.

-Un caderno ou similar, no que recollerás as actividades de autoavaliación e esquemas

de estudo persoais. Podemos suxerir que dividas o caderno nestas partes:

Glosario: conceptos.

Esquemas ou resumos persoais.

Actividades de autoavaliación.

Comentarios de texto prácticos.

4. ESTRUTURA DA GUÍA. Cada unidade contemplará tres aspectos:

Criterios de avaliación, que responden a pregunta: Ao rematar a unidade, de que debe

ser capaz o alumnado...?

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

9

Actividades de autoavaliación: son preguntas curtas para que o alumnado saiba por si

mesmo se domina o tema e das que se facilitan as respostas correctas na segunda parte

da guía.

Actividades para enviar á titoría: son actividades propostas que responden aos criterios

de avaliación e que serven de aplicación dos coñecementos. Teranse en conta para as

cualificacións.

Sempre faremos referencia aos documentos coa súa numeración, o título do documento

e a páxina correspondente, para que non haxa erros na súa localización.

A Guía comeza por Xeografía, para coñecer primeiro a organización do territorio, e

continúa despois coa Historia, seguindo o criterio de ir ascendendo no camiño do saber.

Nesta última parte, á que teredes que prestar moita máis atención, incluiremos, antes dos

criterios de avaliación, un pequeno resumo sobre o contido de cada unidade, que

responde a pregunta: “De que trata este tema? Este apartado pode clarexar ideas previas

e dar unha visión de conxunto, antes do estudo temático pormenorizado.

5. XEOGRAFÍA DE GALICIA.UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADE 1. GALICIA COMO ESPAZO E TERRITORIO

Criterios de avaliación:

•Entender que Galicia forma un espazo xeográfico individualizado con características

de seu, cuns límites xeográficos precisos que a separan de Castela, León, Portugal e

Asturias.

•Analizar os principais trazos da organización interna do seu espazo.

•Comprender as características políticas diferenciais derivadas do Estatuto de

Autonomía, o que lle confire a Galicia maiores competencias lexislativas e executivas

que a outros territorios de España.

•Analizar a situación galega dentro dos procesos de cooperación supranacional, nun

mundo globalizado, especialmente os efectos da integración na Unión Europea, como a

Europa das rexións e as relacións con Portugal.

Actividades de autoavaliación:

1. Sinala as principais características da organización interna de Galicia.

2. Partindo da situación actual de Galicia, que prioridades a curto e medio prazo

debemos formularnos?.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

10

3. Le o documento 13: O Estatuto de Autonomía da páxina 12 do libro de Xeografía e

responde a estas cuestións:

-Que foi primeiro, a Constitución actual do Estado español, o Estatuto de Autonomía ou

a existencia dun goberno autónomo? Razoa a resposta.

-De quen emanan os poderes da Comunidade Autónoma de Galicia?

-Quen gozan da condición política de galegos segundo o Estatuto de Autonomía de

1981?.

-Explica o contido e significado do artigo 1 do Estatuto.

4. Explica os principais problemas da comunidade autónoma galega dentro da Unión

Europea e as súas estratexias de futuro.

Actividades para enviar á titoría:

1. Observa o documento 4: Mapa dos límites de Galicia da páxina 7 e despois

responde as cuestións que aparecen no apartado de Análise de documentos nº 1, da

páxina 19 do libro.

2. Observa o documento 16: Galicia no mapa das rexións europeas da páxina 14 e o

documento 18: Rexións integradas no Arco Atlántico da páxina 15 e responde as

cuestións do apartado Análise de documentos nº 4 da paxina 19.

UNIDADE 2. O MARCO FÍSICO

Criterios de avaliación:

•Entender a formación e organización do actual espazo xeográfico galego, xa que é un

relevo extraordinariamente complexo e variado, cunha disposición en teclas de piano.

•Enumerar con orde as principais unidades morfolóxicas de Galicia tanto do interior,

como do litoral, na Galicia Oriental e Occidental.

•Distinguir as diferenzas entre clima e tempo, as características do clima galego e a

variabilidade dos tipos de tempo.

•Saber comentar os climogramas correspondentes dos dominios climáticos galegos.

•Analizar os cursos fluviais galegos máis importantes da rede actual, relacionándoa co

relevo e co clima.

•Sintetizar os principais problemas de contaminación e de impacto ambiental na

actualidade e as posibles solucións a longo prazo, para compaxinar o benestar

económico co respecto ao medio ambiente.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

11

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente: Tectónica/ Erosión/ Ría/ Clima oceánico/ Chuvia ácida.

2. Le detidamente o Documento 21: As celulosas de Pontevedra, da páxina 33 do libro

e responde as seguintes preguntas:

-Cal é a posición adoptada no texto, a favorable ou a desfavorable á implantación desta

celulosa?

-Indica as consecuencias da implantación da planta de celulosas.

-Explica que problemas de contaminación coñeces na túa bisbarra.

Actividades para enviar á titoría:

1. Sinala nun mapa mudo os seguintes accidentes xeográficos:

-Ríos da rede fluvial galega: Eo/ Tambre/ Lérez/ Miño/ Sil/ Eume/ Xallas/ Ulla/

Mandeo.

-Unidades morfolóxicas: Os Ancares/ A Limia/ A Terra Chá/ O Cebreiro/ O Courel/ O

Xistral.

-Rías Baixas e Altas: Vigo/ Pontevedra/ Arousa/ Noia/ Betanzos/ Muros/ A Coruña/

Viveiro/ Cedeira/ Corme/ Corcubión.

2. Fai un cadro resumo sobre os principais dominios climáticos de Galicia, e analiza na

práctica os climogramas dos documentos 9, 10, 11 e 12, da páxina 27 do libro

(climogramas de A Coruña e Ourense).

UNIDADE 3. A POBOACIÓN

Criterios de avaliación:

•Analizar a emigración e as súas consecuencias desde comezos de século para ter unha

imaxe precisa da situación demográfica na actualidade.

•Estudar os movementos naturais da poboación galega (natalidade, mortalidade,

crecemento vexetativo), para entender os trazos dos comportamentos sociais,

económicos e culturais.

•Comprender o problema do avellentamento da poboación galega e a súa distribución

xeográfica en relación coas actividades económicas rurais.

•Analizar as pirámides de poboación por idades e sexos do século XX para entender as

características que presente a poboación galega no futuro.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

12

•Valorar as estatísticas sobre a poboación activa, indicativas do desenvolvemento

económico do país, en relación coas estruturas familiares e coa súa distribución

xeográfica, tendo en conta a evolución do concepto de familia na actualidade.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente os seguintes conceptos: Crecemento natural/ Taxa de

Natalidade/ Taxa de Mortalidade/ Taxa de Mortalidade infantil/ Esperanza de vida.

2. Fai un cadro resumo das características da poboación galega antes e despois de

1970.

3. Explica brevemente como é en Galicia a distribución económica sectorial da

poboación.

Actividades para enviar á titoría:

1. Comenta o documento 7: Evolución da poboación da Coruña, Lugo, Ourense e

Pontevedra, da páxina 38 do libro segundo a metodoloxía proporcionada nesta guía.

2. Comenta o documento 10: Evolución das taxas de natalidade e mortalidade en

Galicia 1900-1995, da páxina 40 do libro. Podes ler o documento 11: Unha difícil

recuperación da natalidade, da páxina 41 para completar a información.

3. Fai unha análise dos documentos 17 e 18: Pirámides de poboación de Galicia

correspondentes a 1950 e 1991, da páxina 44 do libro. Ademais deberás facer un

pequeno informe das conclusións obtidas da análise comparativa de ambas

pirámides.

UNIDADE 4. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Criterios de avaliación:

•Analizar as transformacións que se produciron no campo galego entre os anos 1960-

1990, pasando dun modelo de autoconsumo a unha agricultura orientada ao mercado

•Comprender a potencialidade de Galicia no sector pesqueiro e na explotación dos

recurso mariños, aínda que nestes momentos está a vivir unha crise coa entrada na

Unión Europea desde o ano 1986, mentres atopa o seu lugar na flota comunitaria.

•Analizar o proceso de terciarización da economía galega, sen esquecer que se trata dun

sector terciario tradicional, atomizado, disperso e de pequenas empresas.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

13

•Distinguir entre a adaptación á economía de mercado do sector primario e a

importancia do subsector gandeiro, que moitas veces é o iniciador dos cambios

estruturais no campo galego.

•Entender como o atraso industrial galego, que segue a ser excesivamente dependente

do sector público e das multinacionais que non pechan os ciclos produtivos en Galicia,

debe atopar alternativas ás estratexias convencionais.

•Analizar o dinamismo do sector turístico galego nos últimos anos, relacionándoo co

aumento e mellora das infraestruturas urbanas, rurais e de transporte, e coa busca dunha

oferta diferente, axeitada á estrutura de poboamento do país.

Actividades de autoavaliación:

1. Explica brevemente os trazos básicos da agricultura galega.

2. Fai un pequeno resumo da historia da transformación do sector pesqueiro dende o

ano 1961.

3. Cita os principais sectores industriais galegos.

Actividades para enviar á titoría:

1. Fai un comentario de texto segundo a metodoloxía facilitada na guía do documento

10 : As potencialidades presentes e futuras de Galicia (páxina 56 do libro.)

2. Fai un comentario de texto segundo a metodoloxía facilitada na Guía sobre o

Documento 22: O problema da cota láctea. Podes completar información co

Documentos 20 e 21 : Produción e consumo de leite de vaca, da páxina 59 do libro.

3. Fai un comentario de texto sobre o documentos 35: Foto dunha industria

conserveira e o documento 36: O sector conserveiro de Galicia, líder europeo en

produción e facturación, trata de frea-las importacións (páxina 67 do libro de texto)

UNIDADE 5. A ORGANIZACIÓN DO ESPAZO

Criterios de avaliación.

•Analizar o proceso de urbanización galego desenvolvido a partir da década de 1960 e

os cambios profundos que supuxo na organización do espazo.

•Comprender as novas tendencias de urbanización que xorden a partir dos anos oitenta,

cos procesos de periurbanización, e reorganización dos barrios tradicionais das urbes,

dando lugar a un crecemento difuso da metrópole.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

14

•Analizar as características do Eixo Atlántico como un eixo de crecemento espacial e de

intercomunicación nunha rexión definida en torno á zona costeira de norte a sur.

•Trazar as liñas básicas do crecemento urbano das cidades do interior, a raíz da súa

accesibilidade ás vías de comunicación .

•Sintetizar as causas da situación de crise dos espacios rurais na actualidade, e os novos

modelos de desenvolvemento rural como camiño para a súa revitalización.

Actividades de autoavaliación:

1. Explica as vantaxes que o turismo rural representa como diversificación do espazo

rural na actualidade. Podes ter máis información consultando o documento 30: Foto

dunha casa de turismo rural e o documento 31: Táboa de crecemento da oferta de

turismo rural. 1995-1996 ( páxina 88 do libro de texto)

2. Que elementos innovadores se incorporan ao crecemento das cidades galegas a

partir dos anos oitenta?

Actividades para enviar á titoría:

1. Fai un comentario de texto, segundo a metodoloxía desta guía, do documento 1:

Crecemento das cidades e cambios na morfoloxía urbana a mediados do século XIX

e a comezos do XX, da páxina 74 do libro, relacionándoo co documento 4:

Evolución do nº de habitantes dos sete primeiros concellos galegos (1900-91), da

páxina 75 do libro.

2. Fai un comentario de texto do documento 12: A autoestrada do Atlántico e o

desenvolvemento rexional, da páxina 80. Podes achar máis información no

documento 11: Mapa da distribución do emprego industrial en Galicia. 1994, da

páxina 79 do libro, e no documento 1: Outra reflexión sobre o Eixe Atlántico, da

páxina 91. Despois de ter lidos estes documentos, responde as seguintes cuestións:

a. Resume o argumento central do texto.

b. Enumera cinco vantaxes fundamentais para o sistema produtivo que se

deriven da existencia desta autoestrada.

c. Coñeces ao autor do texto 12? Busca datos sobre el.

d. Que supoñía a autoestrada do Atlántico en relación co mapa do documento

11? Explícao.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

15

3. Comenta comparativamente o documento 14: Principais núcleos de poboación

galega, da páxina 81 e o documento 18: Evolución da poboación en Lugo e en

Ourense nos últimos anos. Saca conclusións da súa comparación.

UNIDADE 6. AREAS URBANAS, COMARCAS E LOCALIDADES

Criterios de avaliación:

•Analizar o proceso de urbanización das principais cidades galegas do Eixo Atlántico,

distinguindo zonas e barrios coas súas funcións correspondentes: A Coruña, Vigo e

Santiago de Compostela.

•Entender que a proximidade ao Eixo Atlántico doutras cidades galegas dálles unha

complementariedade funcional, que as fai dependentes, aínda que posúan dinámicas

propias: Ferrol e Pontevedra

•Sintetizar os contrastes, respecto do Eixo Atlántico, das comarcas da Galicia interior:

Lugo e Ourense.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente: Ensanche/ Polígono industrial/ Plan Xeral de Ordenación

Urbana/ Feísmo.

2. Cita as principais causas do escaso desenvolvemento das zonas do interior de

Galicia.

Actividades para enviar á titoría:

1. Se resides nunha das grandes cidades galegas fai un informe sobre o crecemento da

túa cidade. Se non é así, faino sobre a cidade máis próxima ou sobre a que coñezas

mellor. Ten en conta a información e estrutura da unidade 6, onde se explican as

partes de que consta unha cidade, e a forma de crecemento de A Coruña, Vigo e

Santiago de Compostela de xeito preciso.

2. Le o documento 11: A estratexia de promoción urbana de Santiago, da páxina 98 do

libro, e despois responde as seguintes cuestións:

a. En que consiste unha estratexia planificadora urbana?.

b. Cita as principais infraestruturas previstas segundo o documento.

c. Que estratexias se utilizan para mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns

e para que a cidade teña unha promoción exterior?

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

16

d. Explica razoadamente a túa opinión.

3. Fai un comentario segundo a metodoloxía da guía, do documento 24: O crecemento

edificativo e os seus efectos negativos sobre as vilas costeiras ( páxina 103)

6. HISTORIA DE GALICIA. UNIDADES DIDÁCTICAS UNIDADE 1. A FORMACIÓN DE GALLAECIA

Estudaremos nesta primeira unidade da Historia de Galicia as orixes e a formación de

Galicia, dende a Prehistoria ata á Idade medieval. Así que teremos que ver os trazos

básicos da ocupación do territorio a través da cultura dos megalitos, e sobre todo da

cultura castrexa. Esta, nas últimas etapas, xa aparece mesturada cos romanos, dos que a

influencia no noso país foi moi forte. Deles é o termo Gallaecia, co que denominaron a

todo o territorio do noroeste ibérico, as terras dos callaici. Unha das herdanzas máis

importantes foi o propio idioma. Tamén veremos, xa na crise da romanidade, o

fenómeno do priscilianismo, e a chegada dun novo pobo xermánico, os suevos, nunha

época na que Gallaecia mantivo unha grande vitalidade cultural.

Criterios de avaliación:

Ao rematar esta unidade deberás ser capaz de:

•Definir que é a Revolución Neolítica e coñecer as características da sociedade que deu

lugar á cultura megalítica en Galicia.

•Analizar os trazos básicos da cultura castrexa na Idade de Ferro: descrición dun castro,

organización social, relixiosidade e arte.

•Comprender o proceso de incorporación de Galicia ao Imperio Romano e as

consecuencias que se derivan deste feito, como as principais vías de comunicación ou a

organización social derivada.

•Analizar o funcionamento das explotacións mineiras en Galicia rendabilizadas polos

romanos.

•Saber quen foi Prisciliano e que representou o movemento relixioso iniciado por el, no

século IV, o priscilianismo.

•Analizar o papel dos pobos xermánicos que se asentaron no territorio galego no século

V, especialmente os suevos.

•Distinguir as dúas facetas importantes da personalidade de Martiño de Braga:

-na súa loita contra a herexía a través do sermón: De correctione rusticorum.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

17

-na súa obra de reforma eclesiástica, que terá tamén un forte compoñente

político.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente: Revolución Neolítica/ petroglifo/ romanización/ villae.

2. Explica a organización do territorio que fixeron os romanos en Gallaecia.

3. Fai un esquema cos tipos de monumentos da cultura megalítica.

4. Cal é a orixe xeográfica de Martiño de Dumio e que importancia ten que fose ou non

panonio?

Actividades para enviar á titoría:

1. Identifica e analiza algún dos monumentos antigos da túa vila ou bisbarra, seguindo

o esquema que tes no apartado Feitos e relacións nº 2 da páxina 19 do libro.

2. Observa os mapas da unidade sobre megalitismo, castros, vías romanas e realiza a

actividade nº 5 do apartado Feitos e relacións, da páxina 19 do libro de texto.

3. Análise de documentos:

Na páxina 19, no apartado Análise de documentos, contesta as preguntas sobre os

seguintes documentos:

1. Documento 13: A riqueza mineira de Gallaecia, da páxina 12.

2. Documento 19: De correctione rusticorum da páxina 17.

4. Cos datos do libro de texto, fai un pequeno informe sobre Prisciliano e sobre o

significado do priscilianismo, como movemento relixioso e cultural.

UNIDADE 2. A GALICIA MEDIEVAL : A ERA COMPOSTELÁ

Estudaremos nesta unidade a Galicia medieval. Baixo esta denominación xenérica

esténdese un dilatado período de tempo dende a desaparición do dominio visigodo ata a

nova etapa representada polos Reis Católicos. Neste tempo foi cando Galicia pasou a ser

un territorio dependente da monarquía astur-leonesa, e despois incorporouse ao reino de

Castela. O acontecemento de maior repercusión no século IX foi o achado do sepulcro

do Apóstolo Santiago en terras de Compostela, feito do que se derivará toda unha

cultura que chega ata a actualidade.

Os séculos XII e XIII son momentos de esplendor da sociedade feudal, baseada nas

relacións desiguais entre persoas: nobres feudais, donos da terra e campesiños

encomendados. Ademais en Galicia xogaron un papel moi importante os mosteiros,

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

18

como posuidores de importantes patrimonios territoriais, que se manterán ata o século

XIX, e perderán poder coas desamortizacións. É tamén este o tempo do renacemento

das cidades, e do esplendor de Compostela como foco cultural da cristiandade.

Criterios de avaliación:

Ao rematar esta unidade deberás ser capaz de:

•Comprender que, na inestabilidade política destes séculos, coas invasións musulmanas

e normandas, aséntanse as bases da sociedade galega medieval.

•Analizar o réxime señorial feudal, no seu aspecto económico.

•Coñecer as liñas básicas da integración da antiga Gallaecia na monarquía asturiana.

•Distinguir na fundación de Compostela os elementos míticos da súa utilización polos

monarcas como instrumento político para controlar o territorio galego.

•Entender os contratos de foro e subforo como reguladores das relacións sociais entre

nobres e campesiños, e as consecuencias que deste feito se derivan para Galicia.

•Coñecer a figura de Diego Xelmírez e o seu papel no pulo cultural de Compostela.

•Valorar o Camiño de Santiago como unha vía de peregrinación, recoñecendo a súa

importancia económica e cultural, alomenos en dous aspectos: na arte románica e na

literatura da época.

Actividades de autoavaliación:

1. Elabora un esquema da integración de Gallaecia na monarquía asturiana.

2. Sobre a hexemonía da Igrexa na Galicia medieval, responde ás seguintes cuestións:

-Por que inzaron tanto os mosteiros, en especial os cistercienses?.

-Que papel económico e político desempeñaron os mosteiros?.

-Por que era tan débil a nobreza laica?.

3. Explica de forma resumida a formación do reino de Portugal.

4. Define que é un cancioneiro medieval. Cita os máis importantes e explica cal é a

temática que predomina neles.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

19

Actividades para enviar á titoría:

1. Elabora unha liña do tempo e sitúa nela os principais cambios acontecidos na

agricultura medieval galega. (Actividade nº 3 de Feitos e relacións, da páxina 35 do

libro de texto)

2. Sitúa nun mapa as principais cidades de Galicia medieval (Actividade 1 de Feitos e

relacións da páxina 35)

3. Comentario de texto:

Comenta o documento 8: O achado do sartego do Apóstolo, da páxina 25, respondendo

as seguintes cuestións :

-Resume en poucas liñas o contido do texto.

-Consideras o achado un milagre ou había razóns doutro tipo que o fixeron crible

para a sociedade do momento? Precisa que motivos e por que.

-Por que os reis asturianos apoiaron tanto a igrexa de Compostela e o culto

xacobeo?

-Por que os galos ou “francos” estiveron tan vinculados ao culto xacobeo e ao

Camiño de Santiago, tamén chamado camiño francés?

4. Comenta o documento 14: Normas do mercado de Santiago no século XII, da

páxina 29 do libro de texto, respondendo as seguintes cuestións:

-Explica quen foron os que participaron na elaboración deste decreto de normas e

por que.

-Que actividades económicas mencionadas no decreto predominaban en

Compostela?

-Que penalizacións establecen para quen non cumpran as normas?

-Cal é o motivo da excesiva regulamentación das actividades do mercado?

Relaciona a túa resposta coa estrutura gremial dos oficios na cidade.

UNIDADE 3. A ÉPOCA BAIXOMEDIEVAL: CABALEIROS E IRMANDIÑOS

Estudaremos nesta unidade a etapa de decadencia medieval correspondente á Baixa

Idade Media (séculos XIV e XV). Época de crise en toda Europa da que Galicia non

queda fóra. Hai dificultades de todo tipo: fame, pestes, violencia, cambios sociais,

económicos e políticos. A frase que define esta situación era: “Da peste, fame e guerra,

libéranos Domine”. Galicia sufriu cambios moi importantes, como a aparición dunha

nobreza de cabaleiros que loitaban a cotío contra a vella nobreza do país e os arcebispos

e abades dos mosteiros. Cando remate o século XV, Galicia, debilitada polos problemas

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

20

internos e as guerras, non terá folgos para se opoñer á dominación e centralización

política que establecerán os Reis Católicos.

Criterios de avaliación:

•Entender as dimensións da crise demográfica do século XIV e os seus efectos,

especialmente os económicos.

•Analizar os cambios na sociedade baixomedieval, en especial a chegada dunha nobreza

foránea, a chamada nobreza dos cabaleiros, e os enfrontamentos coa vella nobreza

autóctona, ata a súa substitución.

•Comprender o alcance das guerras dos irmandiños como arma política dos monarcas

contra a nobreza, polo que significou de readaptación das estruturas sociais de Galicia.

•Explicar as principais medidas políticas tomadas polos Reis Católicos en Galicia para

recuperar o protagonismo e establecer as bases do Estado Moderno.

•Identificar os elementos da arte e da cultura baixomedieval, como reflexo dunha nova

mentalidade eclesiástica, as ordes mendicantes de predicadores (franciscanos e

dominicos).

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente os seguintes conceptos: Casa e liñaxe nobiliario/

Encomenda/ Irmandade/ Arte mendicante.

2. Le o documento 1: Os efectos da “Peste Negra, da páxina 37, e contesta as

seguintes cuestións:

-De onde procede a Peste Negra e por que se difundiu en Europa?

-Por que os efectos da Peste Negra se deixaron sentir máis no sur costeiro de Galicia

que no norte?

-Que función teñen as epidemias na demografía das sociedades preindustriais?

-Que consecuencias tivo en Galicia a crise demográfica do século XIV?

3. Cita as principais medidas tomadas polos Reis Católicos a partir de 1480 e

resume esquematicamente que supuxo cada unha destas medidas políticas para

conseguir o control do territorio.

4. Enumera algunhas características básicas da arte mendicante en Galicia e cita

alomenos catro monumentos artísticos.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

21

Actividades para enviar á titoría:

1. Le detidamente o documento 9: O final dunha rebelión da páxina 42 e o

documento 16: Loitas entre gorrións e falcóns da páxina 45. Sobre estes documentos,

responde as cuestións que aparecen no nº 4 de Feitos e relacións da páxina 51 do libro

de texto. (O documento 9 só che servirá como referencia do ambiente da época.)

2. Le detidamente o documento 6 : A casa de Andrade, e observa as fotografías da

páxina 40 e da páxina 44. Con estes datos elabora un perfil de Fernán Pérez de Andrade,

que inclúa a súa importancia política, as relacións con Portugal, o seu poder económico

e social, a súa influencia na cultura da época e os restos que quedan na actualidade desta

casa nobiliaria.

3. Volve ler o documento 9 : O final dunha rebelión, da páxina 42, que xa

traballaches na actividade 1. Explica, usando como base o documento, cales foron as

consecuencias da rebelión burguesa da cidade de Compostela.

UNIDADE 4.- O ANTIGO RÉXIME: MOSTEIROS E PAZOS

Estudaremos nesta unidade as transformacións internas que se dan en Galicia a partir do

crecemento da poboación. O termo Antigo Réxime foi empregado polos revolucionarios

franceses para referirse ao modelo de sociedade existente en 1789 e que pensaban debía

ser cambiado pola revolución. Definírono como a etapa histórica dominada pola

monarquía absoluta, cunha economía de base agraria e unha sociedade estamental

baseada no privilexio. Na Idade Moderna, Galicia estaba integrada na coroa de Castela

como unha provincia máis. O centralismo irase acentuando especialmente coa chegada

dos Borbóns no século XVIII.

Tamén coñeceremos, dentro da estrutura agraria da economía, a implantación de novos

cultivos como a pataca e o millo, que transformaron a produción, a paisaxe e ata a

alimentación dos galegos e galegas. Veremos un tímido proceso de industrialización en

varios sectores e, no aspecto social, a consolidación da fidalguía, favorecida pola

proliferación dos foros e a continuidade do poder da Igrexa, representada polos

mosteiros.

Criterios de avaliación

•Analizar todos os elementos que caracterizan como expansiva a demografía galega do

Antigo Réxime, e como a partir do século XVIII, comeza a se comportar seguindo un

ciclo demográfico moderno.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

22

•Entender o fenómeno migratorio cara a Castela, Portugal ou América como un

elemento compensatorio dos excedentes da poboación galega.

•Comprender o esforzo da agricultura por ampliar o seu espazo de cultivo, coa

introdución de novos cultivos: o millo e a pataca.

•Analizar a permanencia das vellas estruturas da propiedade da terra, a través do

sistema foral e dos rendistas, que perdurará ata o século XIX.

•Entender no seu contexto os primeiros intentos de industrialización de Galicia durante

o século XVIII, centrados na industria téxtil doméstica (o liño), industria da salga

(sector pesqueiro) e industria siderúrxica ( Sargadelos).

•Analizar a composición da estrutura social galega, con grupos privilexiados que eran o

clero e os fidalgos, e cunha base social formada polos campesiños, dentro dunha

economía agraria de base rendista.

•Coñecer os conflictos máis importantes do momento referidos á terra e ao seu dominio

territorial ou xurisdiccional. O de maior sona foi o conflicto dos despoxos.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente os seguintes conceptos: Rendista/ Décimo/ Industria rural

doméstica/ Caseteiro/ Despoxo.

2. Responde as seguintes cuestións sobre a sociedade do Antigo Réxime:

-Cal era a distribución da riqueza na Galicia do século XVIII?

-Por que os titulares das terras non as traballaban directamente, senón que as cedían en

foro ou arrendo?.

-Que relación existía entre o clero e a fidalguía?

3. Fai un resumo da importancia do millo e da pataca para a agricultura galega.

Podes consultar tamén sobre este tema o documento 8:Cultivo da pataca, da páxina 57.

Actividades para enviar á titoría:

1. Responde as cuestións do apartado 1 de Feitos e relacións da páxina 67 do libro

de texto.

2. Comentario de texto:

Le e comenta o Documento 18: En defensa dos campesiños que se amotinaron contra

Sargadelos, da páxina 61 do libro. Debes facelo como che indicamos no apartado de

metodoloxía desta guía, englobando as seguintes cuestións polo menos: quen era o

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

23

Marqués de Sargadelos, que pretendía, con que apoios contaba, quen foron os que se

opuxeron ao seu labor, quen conseguiron a recuperación deste fábrica, que queda na

actualidade dela.... Podes consultar a páxina web de Sargadelos, que che facilitará

información.

3. Explica cales son os outros sectores industriais (o téxtil e o relacionado coa pesca) e

fai un resumo de cada unha destas actividades. Podes recoller información no

documento 12: O desenvolvemento da industria téxtil na Mariña lucense, na páxina 59

e no documento 17: Crítica ao método catalán do prensado da sardiña, da páxina 61.

UNIDADE 5. O ANTIGO RÉXIME: O BARROCO E A ILUSTRACIÓN

Esta unidade é unha continuación da anterior, como podes ver polo título, “Antigo

Réxime”, xa que o período de tempo que abarca este é moi amplo. Os últimos séculos,

XVII e XVIII, caracterízanse en Galicia pola estabilidade social, na que seguen

manténdose as relacións tradicionais entre labregos, fidalgos e clero, como xa coñeces

de unidades anteriores.

Pero tamén ocorren algúns feitos novidosos: a difusión da arte barroca como expresión

da cultura relixiosa e política derivada da Contrarreforma e do Concilio de Trento.

Veremos como a Igrexa tivo un papel importante na educación, tanto das elites

dirixentes como na cultura popular, e como dende mediados do século XVIII agroma un

movemento intelectual (os ilustrados), que defendían propostas reformistas da

sociedade e disputábanlle á Igrexa a súa hexemonía cultural, única ata entón.

Criterios de avaliación:

Ao rematar esta unidade deberás ser capaz de:

•Identificar as principais características da arte barroca como expresión da mentalidade

da Contrarreforma, que propagaba unha relixiosidade formal e externa, e unha

concepción teatral do mundo.

•Comprender que a hexemonía cultural no Antigo Réxime procedía das ordes relixiosas

e exercíase tanto sobre a poboación urbana como sobre a poboación rural.

•Analizar as orixes da Universidade de Santiago de Compostela, como institución de

educación superior, tendo en conta todo o que estaba ao seu redor: a vida estudantil, os

colexios onde se aloxaban os estudantes, os plans de estudos, etc.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

24

•Comprender o pensamento ilustrado do século XVIII como unha crítica á sociedade do

momento e coñecer as contribucións culturais que promoveron cambios nesta liña: as

Sociedade Económicas de Amigos do País e o Consulado Marítimo da Coruña.

•Sintetizar o pensamento moderado dos principais homes ilustrados de Galicia, como

Martiño Sarmiento, Lucas Labrada, Domingo de Andrade e Benito Jerónimo Feijóo.

•Diferenciar as características das institucións de goberno que os Reis Católicos

impuxeron en Galicia para o control do territorio: Xuntas do Reino (reunión de debate),

Audiencia de Galicia (xustiza), e o Gobernador Capitán Xeneral (como representante

dos monarcas).

Actividades de autoavaliación:

1. Explica en poucas palabras cal é a ideoloxía relixiosa que está detrás das

manifestacións da arte barroca e por que tivo tanta implantación en Galicia.

2. Analiza as características máis destacadas da Ilustración en Galicia e cita as

figuras máis senlleiras deste movemento.

3. Le coidadosamente o documento 12: O desprazamento do galego polo castelán,

na apreciación de Martiño Sarmiento, da páxina 75 do libro de texto, e o documento

15: Estatutos da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de

Compostela, creada no ano 1725, da páxina 77 do libro. Explica despois cándo xorden

estas Sociedades, cales foron as máis significativas e que obxectivos básicos se

propoñían.

Actividades para enviar á titoría:

1. Comentario de texto do Documento 10: Ordenanzas do concello de Santiago (1775)

da páxina 73 . Terás que buscar información e explicar a importancia da Universidade

de Compostela, e a ordenación da vida estudantil, para incluíla no comentario: cal foi a

orixe desta universidade, quen foi Alonso de Fonseca e que papel xogou, que papel

tiñan os colexios, particularidades do profesorado, temas básicos de estudo, e principais

reformas a partir do século XVIII.

2. Comenta o documento 21: Poboación e territorio na Galicia da segunda metade do

século XVIII da páxina 80. Analiza os datos máis significativos desta táboa e extrae as

consecuencias máis importantes.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

25

3. Elabora un cadro resumo da organización política e administrativa que os Reis

Católicos impuxeron en Galicia (Xuntas do Reino, Gobernador Capitán Xeneral e Real

Audiencia). Comenta brevemente as funcións de cada unha destas institucións. Pode

axudarche a lectura do documento 24: Cédula de creación da Audiencia de Galicia,

dada en Toledo polos Reis Católicos, da páxina 82 do libro.

UNIDADE 6. GALICIA NO SÉCULO XIX

Estudaremos nesta unidade a crise do Antigo Réxime, que se inicia en España en 1808 e

que se consolida coa Constitución liberal de Cádiz de 1812, referente liberal de todas as

demais constitucións do século. Esta crise ten en Galicia uns carácteres propios.

Enfróntanse aquí dúas concepcións opostas: a da sociedade tradicional galega, atrasada,

baseada na agricultura como en épocas anteriores (foros, minifundio, etc.), e incapaz

para se modernizar (esta sociedade defende a orde establecida, e os seus privilexios, e

resístese a mudar a unha sociedade de clases), e pola contra, os sectores que pretenden a

integración no sistema político e económico español, que aínda que con certo atraso,

estaba a desenvolver unha concepción do Estado liberal e constitucional no plano

político, e unha incorporación á revolución industrial capitalista, que xa se producira no

resto de Europa.

Veremos como en Galicia hai cidades liberais, como A Coruña, e correntes

tradicionalistas, ancoradas no pasado, presentes en cidades como Santiago de

Compostela. Esta situación é un fiel reflexo de dúas formas de entender o mundo, na

que unha dominará a outra.

Criterios de avaliación:

Ao rematar esta unidade deberás ser capaz de:

•Entender a dimensión política da crise do Antigo Réxime en Galicia, na que se

enfrontan dúas correntes políticas opostas: os liberais e os carlistas.

•Analizar as medidas económicas que se toman para a construción do estado liberal, xa

que era preciso conseguir o acceso da burguesía e campesiños á propiedade da terra,

especialmente o proceso desamortizador e a desaparición dos señoríos.

•Contextualizar as medidas económicas do século XIX no proceso político español de

implantación do liberalismo.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

26

•Comprender o alcance do proceso migratorio galego, como característica estrutural que

define a poboación galega contemporánea e as súas consecuencias a curto, medio e

longo prazo.

•Analizar a estrutura social no século XIX para comprender a continuidade social, a

pesar dos cambios aparentes producidos pola lexislación económica, porque o pago da

renda da terra seguía a ser a principal pauta de distinción social.

•Distinguir dentro da estrutura política liberal de España a relevancia do caciquismo

como forma de clientelismo político, que se facía máis visible e influínte nos procesos

electorais.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente: Carlismo/ Liberalismo/ Caciquismo

2. Responde as cuestións que se citan no apartado Feitos e relacións nº 1 da páxina 99

do libro de texto.

3. Sobre a construción dos camiños de ferro en Galicia, explica:

-Por que o trazado da rede ferroviaria en Galicia se demorou tanto?

-Que significa que a rede fose “arborescente”?

-Resolveu os problemas de conexión co resto da Península?

4. Le o documentos 17: Fotografía sobre o ferrocarril e o documento 18: De Carril a

Santiago en locomotora, da páxina 95. Resume e comenta brevemente o contido dos

documentos.

Actividades para enviar á titoría:

1. Elabora un pequeno informe sobre a desamortización en Galicia, segundo te explica

o apartado 2 de Feitos e relacións da páxina 99.

2. Comentario de textos: documento 11:A emigración a América, e o documento 12:

Emigración galega e española 1836-1960. Para comentalos suxerímosche as preguntas

do apartado Análise de documentos nº 2 na páxina 99. Ademais responde tamén: que

papel desempeñaban as mulleres que quedaban como “viúvas de vivos” mentres os seus

maridos emigraban?

3. Comenta o documento 14: A situación da agricultura galega, a mediados do século

XIX, segundo a metodoloxía que che facilitamos nesta Guía.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

27

4. Elabora un pequeno informe da vida política de Galicia no século XIX, facendo

fincapé no fenómeno político-social do caciquismo e as súas repercusións.

UNIDADE 7. GALICIA NO SÉCULO XX

Nesta unidade tan ampla que abarca case todo o século XX, desde o primeiro terzo ata

1975, data que marca o final da época franquista, veremos como se nos amorean os

cambios en Galicia. Será neste século cando a Galicia agraria e tradicional mude á unha

Galicia urbana e terciaria, e pareceranos moito cambio, porque a evolución do século

XIX foi moito máis lenta en Galicia que no resto de España. Veremos dúas etapas:

-os anos 1910-20, relacionados co movemento agrarista no campo.

-os anos 1960, relacionados co desarrollismo económico.

Paralelamente tamén veremos mudar a estrutura social: a desaparición da fidalguía, o

acceso dos campesiños á propiedade das terras, moitas veces pagadas polos emigrantes

galegos en América, e a partir dos anos 1960, a confirmación da burguesía como clase

social dirixente, vinculada ás cidades, e á consolidación e diversificación industrial e

dos servicios.

Criterios de avaliación:

•Entender que o primeiro terzo do século XX é a etapa histórica dos grandes cambios

en Galicia.

•Analizar as transformacións do mundo agrario: incorporación ao mercado mediante a

redención dos foros; conversión dos pequenos labregos en propietarios; tecido

asociativo a través do agrarismo.

•Comprender o despegue do sector industrial, e a súa localización na Galicia litoral,

unida á produción do mar, a partir de 1880.

•Identificar as características da nova estrutura social, que xorden coa desaparición

definitiva da fidalguía, e a súa substitución polo campesiñado propietario.

•Coñecer as etapas de desenvolvemento, os feitos e líderes do agrarismo galego como

un movemento asociativo de características orixinais en Galicia, que acubillou a maior

parte dos campesiños.

•Distinguir na etapa franquista, iniciada en Galicia no ano 1936:

-Como afecta a represión política e as formas de oposición ao réxime nos

primeiros anos do franquismo: fuxidos e maquis.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

28

-Como se caracterizan as fases da economía franquista:

*Autarquía económica, ata os anos 1960.

*Desarrollismo desde 1960 ata 1975.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente: Agrarismo/ Individualización dos montes/ Autarquía/

Desarrollismo/ Maquis.

2. Explica as cuestións que aparecen no apartado nº 2 do Análise de documentos, da

páxina 117 do libro de texto sobre os foros . Podes ver o propio documento 2: Debuxo

de Castelao, da páxina 102.

3. Elabora un esquema sobre o desenvolvemento industrial de Galicia ata a chegada

da democracia.

Actividades para enviar á titoría:

1. Responde as cuestións sobre a II República que se fan no apartado 5 de Feitos e

relacións, da páxina 117.

2. Analiza o documentos 8: Foto dunha fábrica de conservas, o documento 9: A pesca

española en 1920, ambos da páxina 105, e os documentos 10, 11 e 12 da páxina 106.

Despois, con toda a información, responde as seguintes cuestións:

a. Onde se sitúan os primeiros centros conserveiros e cal é a evolución

posterior da industria conserveira galega?

b. Explica cales foron os factores que propiciaron o despegue da industria

conserveira galega.

c. Comenta que outros sectores industriais se desenvolveron en conexión co

sector conserveiro.

d. Cita as principais localidades onde se desenvolveu a construción de buques.

e. Explica que tipo de man de obra utilizaban as conserveiras e por que.

UNIDADE 8. O NACIONALISMO E A AUTONOMÍA

A morte de Francisco Franco abre novas expectativas na sociedade galega. Xunto ás

forzas políticas dispostas a conservar o franquismo, a grande maioría da poboación non

o estaba a perder a oportunidade de recuperar as liberdades perdidas e volver a un

réxime democrático. Debemos coñecer a etapa política da Transición en Galicia, que

elabora e aproba unha Constitución, a de 1978, e que dá paso a un réxime de monarquía

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

29

parlamentaria e a unha nova organización do Estado español: as Comunidades

Autónomas.

Galicia, por ser nacionalidade histórica, dispón de institucións políticas propias desde o

Estatuto de Autonomía do ano 1981. Isto foi posible pola existencia do galeguismo,

dende o século XIX, que tiña conciencia dos trazos diferenciais de Galicia, e tomou

posicións de defensa da singularidade. Veremos as dúas fases máis importantes do

galeguismo:

-No século XIX, o rexionalismo romántico.

-No século XX , o nacionalismo, que pervive hoxe.

Criterios de avaliación:

•Coñecer a traxectoria do galeguismo no século XIX a partir dos intelectuais que

descubriron a singularidade galega .

•Analizar as distintas fases deste galeguismo: provincialismo, rexurdimento romántico

con Vicetto, rexionalismo tradicional con A. Brañas, e rexionalismo liberal con M.

Murguía.

•Identificar a orixe e desenvolvemento das Irmandades da Fala, e como a partir da

Asemblea de Lugo se fixan as grandes liñas do nacionalismo político ata a Guerra Civil.

•Recoñecer a importancia do Partido Galeguista, como integrador das correntes do

nacionalismo nun partido de masas, e a súa loita pola autonomía de Galicia ata alcanzar

o seu obxectivo: o Estatuto de Autonomía.

•Analizar a situación do galeguismo do interior durante o franquismo, a partir do grupo

de Galaxia e os seus obxectivos culturais, o coñecido como “piñeirismo”.

•Comprender a orientación política da reconstrución do nacionalismo coas novas

xeracións dos anos sesenta, desde posicións políticas da esquerda marxista.

•Sintetizar os principais trazos do actual réxime autonómico de Galicia: proceso e

atrancos da elaboración do Estatuto, institucións autonómicas e fases da política

autonómica ata a actualidade.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

30

Actividades de autoavaliación:

1. Explica as consecuencias políticas que tivo a Asemblea Nacionalista de Lugo de

1918.

2. Analiza que requisitos básicos se precisan para aprobar un Estatuto de Autonomía e

como se aplicaron no caso galego.

3. Cita os presidentes da autonomía galega dende a aprobación do Estatuto ata a

actualidade, e fai unha breve valoración do seu labor político.

Actividades para enviar á titoría:

1. Elabora un pequeno informe sobre a postura política que defenden as seguintes

personalidades galeguistas:

-Alfredo Brañas.

-Afonso Rodríguez Castealo.

-Antón Villar Ponte.

-Alexandre Bóveda.

-Ramón Piñeiro.

2. Le o Documento 14: Que se propón o nacionalismo galego? da páxina 126 e

responde as seguintes cuestións:

a. Segundo o texto, que se propón o nacionalismo galego?

b. Que entende Risco por “reconstitución espiritual, política e económica”?

c. Cando e como se conseguirán estas tres reconstitucións?

3. Explica as características de:

-Irmandades da Fala.

-Xeración Nós.

-Seminario de Estudos Galegos.

-O.R.G.A.

-Partido Galeguista.

4. Fai un pequeno informe sobre a elaboración e aprobación do actual Estatuto de

Autonomía galego. Cita as principais institucións recollidas no Estatuto de que dispón

Galicia.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

31

SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES

DE AUTOAVALIACIÓN

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

32

XEOGRAFÍA DE GALICIA. UNIDADE 1. GALICIA COMO ESPAZO E TERRITORIO 1. Sinala as principais....... Habería que sinalar tres características básicas no que á organización do espazo galego se refire: a. Desigual distribución da poboación e da riqueza no territorio.

As áreas de montaña presentan graves problemas de despoboación e abandono, e os sectores agrarios do interior de Galicia, aínda que non reflicten unha situación tan negativa como as zonas montañosas. Ademais presiona a perda de poboación e os escasos investimentos empresariais. Pola contra, os sectores próximos ao litoral concentran os dous terzos da poboación total e xeran case o 75% da riqueza do noso país. Son espacios moi urbanizados, onde a poboación é máis nova, as actividades económicas son variadas e onde se localizan as principais industrias galegas.

b. En Galicia detéctanse fenómenos moi acusados de utilización diferencial do espazo. Así as áreas centrais dos espacios urbanos están moi conxestionadas e non se seguiron, como noutros países, as ideas de crecemento difuso. Pola contra, no medio rural, gran número de parcelas antes cultivadas, hoxe están a monte e os agricultores e gandeiros activos teñen escaseza de terras, polo que teñen que construír invernadoiros ou abonar profundamente os seus prados para ter unha produción minimamente rendible. Ademais, case sempre se trata de explotacións familiares cativas.

c. O relevo e o clima oceánico fan posible que case todo o territorio galego poida ser habitado, o que podería ser rendible economicamente sen grandes dificultades, a pouco que se aplicasen os avances tecnolóxicos actuais, pero máis da metade da superficie total de Galicia está descoidada, sendo de dominio do monte baixo (toxos, xestas que medran espontaneamente).

2. Partindo da situación...... En liñas xerais é preciso conseguir unha maior harmonía entre as prácticas sociais e a utilización do espazo. Hai que ir cara a un desenvolvemento sustentable, considerando como prioridade un crecemento que non implique procesos de destrución irreversibles. En Galicia a aplicación destas prioridades implicaría: - Unha racionalización das prácticas agrarias, limitando a utilización masiva de

fertilizantes, reducindo a cantidade de terras abandonadas e controlando os espacios con serios problemas de erosión.

- Unha actitude favorable á desconcentración das cidades e da industria, e, ao mesmo tempo, resolver os problemas de contaminación ambiental que as grandes urbes poidan xerar.

- Xerar medidas que reduzan ou impidan o abandono definitivo de moitas áreas rurais.

- Mellorar as comunicacións rematando a construción de autoestradas e autovías, mellorando o ferrocarril e as instalacións portuarias.

- Impulsar a aplicación de novas tecnoloxías ao noso sistema produtivo. 3. Le o Documento 13..... -A orde institucional é esta: Constitución, Estatuto, Goberno Autónomo, porque a Constitución é a que ampara o marco xurídico e legal para o estatuto e o Goberno autónomo é unha consecuencia do desenvolvemento das institucións autónomas previstas no Estatuto aprobado previamente.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

33

-Emanan da Constitución de 1978, do Estatuto de Autonomía de 1981, e ambas do pobo, que é quen ten a soberanía nun réxime democrático, expresándose mediante as eleccións. -Os cidadáns españois que, de acordo coas leis xerais do Estado, teñan veciñanza administrativa en Galicia, e os que acrediten esta condición no correspondente Consulado de España. Tamén os seus descendentes inscritos como españois, se así o solicitan na forma que determine a lei do Estado. -A resposta está na solución da actividade de autoavaliacion nº 2 da unidade 8 de Historia de Galicia. 4. Explica... Os principais problemas da Comunidade Autónoma dentro da Unión Europea son: -O seu carácter periférico e atlántico dentro do extremo SO da Unión Europea e o seu escaso nivel de desenvolvemento en relación cos promedios comunitarios. -A situación de Galicia pode empeorar nos próximos anos pola incorporación dos países do Leste. -As estratexias de futuro de Galicia deben dirixirse a mellorar as comunicacións co resto de Europa, avanzar na proxección externa dos grandes portos galegos (A Coruña e Vigo) e desenvolver procesos de integración económica cos portugueses, co obxectivo final de constituír unha dinámica eurorexión na fachada atlántica ibérica. UNIDADE 2 .O MEDIO FÍSICO Define ..... Tectónica: Son as forzas internas que deforman a cortiza terrestre, e que afectan aos modelos de sedimentación e aos carácteres morfolóxicos do relevo que se forma a consecuencia daquelas. Os movementos tectónicos poden ser instantáneos (sismos, vulcanismo...) ou de longa duración (oroxénese, que á súa vez pode ser de pregamento ou fractura). Erosión: Conxunto de procesos que actúan sobre a superficie terrestre e modifican as formas creadas pola oroxenia e a tectónica tendendo a igualar o relevo. Estes procesos poden ser físicos, químicos ou biolóxicos. A erosión pode ser: do solo, eólica, fluvial mariña, etc. Ría: Val fluvial asolagado en parte ou na súa totalidade polas augas do mar. Pode presentar meandros e seccións rectilíneas igual que un río. Na súa formación interveñen a acción erosiva dos ríos, os movementos eustáticos do nivel do mar, a tectónica e a diferenciación litolóxica, cos conseguintes procesos de erosión diferencial. Clima oceánico: En función das temperaturas e precipitacións é o que ten Galicia. A influencia suavizadora do mar xustifica que a oscilación térmica anual se sitúe entre os 9 e os 15 graos centígrados segundo as áreas, o que indica veráns de temperaturas suaves (medias de xullo e agosto en torno aos 20 graos) e invernos frescos (diferenzas dos valores de xaneiro e febreiro entre os 10 graos do litoral e os 5 do interior). As precipitacións son moi numerosas, bastante repartidas ao longo de dez ou once meses ao ano e normalmente en forma de choiva. Oscilan entre unha mínima de 800 mm. (Sur de Lugo e Ourense) ata superar os 2.000 mm. na costa do Barbanza. Chove con maior intensidade nos meses fríos, polo efecto das borrascas asociadas á depresión de Islandia. Unha peculiaridade é a escaseza de choivas no verán, pois xullo e agosto definen períodos de aridez. Choiva ácida: Por existir cerca centros de contaminación atmosférica, o fenómeno da choiva ácida débese ao contacto dos óxidos de xofre e nitróxeno, procedentes da

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

34

carburación de motores de explosión, fábricas, etc. coas pingas de choiva. Incide negativamente no medio ambiente, ocasionando graves danos. 1. Le detidamente.... -Claramente contraria polas graves consecuencias que produce: contaminación medioambiental, económicas (destrución dun ecosistema) e consecuencias para a saúde (diminución da calidade de vida). -Caída da produción de mariscos e peixe litoral que diminuíron nun 60%.

Perda de postos de traballo no aproveitamento da ría. Bolsas de sedimentación na ría que destrúen o ecosistema: especialmente mercurio, fibras vexetais, etc. Olor pestilente e fume. Caída do turismo.

Aínda que nos últimos anos ELNOSA prometeu depurar e reducir as emisións e vertidos, non se poderá recuperar o ecosistema a longo prazo se esta planta non é pechada, tendo en conta que é unha industria obsoleta e que está situada no centro urbano da cidade de Pontevedra. 2. Que problemas.... Resposta libre. UNIDADE 3. A POBOACIÓN 1. Define.... Crecemento natural: Variación do volume dunha poboación durante un período de tempo debido ao balance entre nacementos e defuncións. Exprésase a través dunha taxa bruta que indica a diferenza entre as taxas brutas de natalidade e mortalidade. O balance pode ser positivo ou negativo. Taxa de natalidade: É un índice que fai referencia ao número de nacementos producidos nunha poboación determinada. É o cociente que se obtén formado polo número de nacidos nun ano determinado dividido entre o número total de habitantes a mediados dese mesmo ano, dándose a porcentaxe obtida habitualmente en tantos por mil. Taxa de mortalidade: É un índice que fai referencia ao número de mortos producidos nunha poboación determinada. É o resultado de dividir o número de defuntos nun ano determinado entre a poboación total estimada a mediados dese mesmo ano, e dándose o resultado en tantos por mil. Non é un dato moi preciso sobre o grao de desenvolvemento dun país. É mellor utilizar como indicadores a taxa de mortalidade infantil ou a esperanza de vida ao nacer. Mortalidade infantil: É o índice que se rexistra nunha determinada poboación entre os nacidos vivos menores dun ano. O proceso consiste en dividir o número de defuncións nun ano relacionándoos cos nacidos vivos menores de 12 meses, expresándose o resultado en tantos por mil. Esperanza de vida: Cálculo do número de anos que unha persoa pode esperar vivir, ben no momento de nacer ou ben cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. A media mundial de esperanza de vida está en torno aos 60 anos, pero hai grandes diferenzas. En Galicia a esperanza de vida ao nacer é superior aos 70 anos para os homes e superior aos 76 para as mulleres. 2. Fai un cadro resumo...

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

35

-Antes de 1970. Crecemento natural positivo, a pesar de ser un territorio rural e de emigración. A mediados de século:- taxa de natalidade: entre 20-30% taxa de mortalidade: entre 12 e 25%. Indican estes índices que é unha demografía antiga e preindustrial. A escasa produción agraria dá lugar á emigración: - Con destino a América nos anos 20-30. - Con destino a Europa nos anos 60. - Interna: con destino a Cataluña, Pais Vasco e Madrid, pola atracción industrial. - Interna de Galicia: con destino a Vigo, Ferrol, A Coruña ( cidades litorais). - Consecuencia: a pesar de que o crecemento natural daba un saldo positivo, a

poboación galega diminuíu entre os anos 1950 e 1970 en 20.526 persoas, mentres que no conxunto español aumentaba sobre 5.000.000 de persoas.

-A partir de 1973, coa crise económica mundial, prodúcese o retorno dos emigrantes. Consecuencia: aumento demográfico considerable, alcanzando un máximo histórico no ano 1981. A partir de 1987, crecemento natural negativo por: - Caída da natalidade. - Aumento da mortalidade, que é debido a un avellentamento da poboación. O

crecemento natural se compensa co saldo migratorio positivo. O proceso de urbanización acentúa a reordenación da poboación: - -concentración nas zonas litorais e proximidades. - -núcleos: Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e as súas periferias. - -acentúanse os problemas de abandono e avellentamento na Galicia interior. -No ano 2002, perdeu 9.000 habitantes aumentando o balance negativo do 2001. Ao lastre que supón a baixa natalidade engádese o aumento da mortalidade. A compensación da pirámide da poboación actual está no retorno da emigración (fillos de emigrantes) e na inmigración de cidadáns de países latinoamericanos e marroquís. Galicia agrava os seus problemas co atraso da incorporación das mulleres ao mercado laboral remunerado, e a pesar disto, falta por parte das institucións o fomento de políticas activas para modificar as tendencias negativas da demografía galega. 3. Explica... No ano 1990 a distribución era: - Sector Primario: 32,7% - Sector Secundario: 24,3% - Sector Terciario: 43% Polo tanto, Galicia continúa destacando polo emprego agrario e pesqueiro cando na Europa comunitaria a media é dun 10% neste sector. No sector secundario, o único aumento significativo foi na construción e no téxtil, cando na Comunidade Europea a tendencia é a tecnificación máxima do sector que libera así man de obra para o terciario. No terciario percíbese un aumento considerable, relacionado co desenvolvemento da vida urbana e os servicios, pero habería que analizar polo miúdo ás dedicacións neste sector, que non sempre son indicativas dunha sociedade desenvolvida. UNIDADE 4. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS 1. Explica... Pasou dun sistema de autoconsumo familiar ( policultivo intensivo e aproveitamento do monte, explotacións de pequeno tamaño, enorme presión produtiva sobre a terra

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

36

insuficiente para manter un campo superpoboado) a un sistema agrario orientado ao mercado. Os cambios inícianse na década do 1960: -emigración do campo ás zonas urbanas. -aumento da poboación urbana, que demanda máis alimentos, mellora dietética, o que fai aumentar os prezos e todo isto repercute no agro. O ingreso de España na Unión Europea fai que se teña que suxeitar á unha política agraria común e adaptarse, polo tanto, á agricultura de mercado, especializándose en: lácteos (Lugo, áreas interiores de Pontevedra e A Coruña); cultivos vitícolas ( O Salnés, O Ribeiro, Valdeorras) e cultivos hortícolas (Rías Baixas, Golfo Ártabro). Estas transformacións maniféstanse en : - subordinación da agricultura á gandaría. - -aparición dos cultivos de invernadoiro. - -capitalización do campo. - -introdución da tecnoloxía agraria, que debido ao pequeno tamaño das explotacións,

supón un endebedamento dos labregos, dado o escaso desenvolvemento do sistema asociativo.

- -avellentamento da poboación que implica un excesivo conservadorismo e escasa visión de futuro.

- -diminución da poboación activa labrega. 2. Fai un pequeno resumo..... Na pesca de altura foi decisiva a construción de barcos de grande tonelaxe e a ampliación a 200 millas das augas xurisdiccionais. Este último aspecto legal supuxo unha limitación no acceso aos caladoiros para a flota galega. No ano 1986, coa entrada de Galicia na Unión Europea, agudizáronse os problemas, polas duras condicións do Tratado de Adhesión. A partir deste momento, Galicia queda subordinada aos acordos coa Unión, tanto nas cotas de pesca como nos acordos con terceiros países. Para paliar as consecuencias, trátase de crear empresas mixtas para conseguir novas áreas de pesca. O marisqueo e a acuicultura tamén se desenvolveron nos anos 1960. A partir de 1992, o Plan Xeral de Explotación Marisqueira fixou as regras desta actividade con carácter anual. Respecto á acuicultura, a actividade máis estendida é a produción de mexillón en bateas, ameixa, berberecho e vieiras, e estase a desenvolver a produción de peixe, como rodaballos ou lubinas en granxas acuáticas. 3. Cita ..... - Industria téxtil (Ourense, Vigo e A Coruña) - Industria conserveira e de transformación de produtos do mar. - Industria metalúrxica, e pequenas industrias relacionadas co sector. - Industria da madeira e empresas adxacentes. - Sector enerxético para a produción de enerxía hidroeléctrica, térmica e eólica, esta

última de incipiente desenvolvemento. UNIDADE 5. A ORGANIZACIÓN DO ESPAZO 1. Explica.... O turismo rural nace gracias a programas institucionais de apoio ao desenvolvemento rural. O turismo rural adquiriu grande importancia na última década. Ofrece aloxamento

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

37

privado e unha oferta diversa de actividades de lecer relacionadas coa natureza e as características naturais do lugar. É unha posibilidade que ten o campo de evitar o seu despoboamento futuro. Ademais presenta outras vantaxes: axuda ao desenvolvemento endóxeno de certas áreas rurais do interior, (Ribeiras do Sil, Serras orientais,...) porque conserva a arquitectura tradicional popular, trata de recuperar a artesanía e as tradicións locais, e serve de complemento aos labores agrícolas, por tanto, aumenta os beneficios das familias campesiñas. Diversifica a economía desas zonas. Ex.: entre 1993 e 1999 o número de establecementos pasou de 41 a 213, acompañados por unha mellora das infraestruturas e servicios. Por tanto perfílase como unha das modalidades alternativas do turismo tradicional. 2. Que elementos...? O crecemento prodúcese máis que no casco urbano, nas periferias, co que nos atopamos nun novo modelo de organización difusa. Temos como exemplo Compostela, que xerou unha intensa urbanización nos municipios máis próximos (Ames, Teo, Brión, Oroso) o que deu lugar a unha redistribución dos seus efectivos demográficos. Así, estamos nunha situación nova que supón a aparición duns novos espacios urbanos máis amplos, e de contornos máis difusos. É o que se chama periurbanización.. Contribúen a este fenómeno: - o encarecemento do solo. - a falta de plans de ordenación urbana. - a especulación do solo. UNIDADE 6. ÁREAS URBANAS, COMARCAS E LOCALIDADES 1. Define.... Ensanche: Son as zonas das cidades españolas que se desenvolveron no século XIX, fóra do casco vello, como lugares de vivenda da burguesía. A súa implantación foi tardía, xa que o tipo de vivenda non era asequible para a clase traballadora, e a burguesía moitas veces non era moi numerosa, para xustificar un desenvolvemento acelerado. Os ensanches fixéronse segundo unha planificación en cuadrículas, racionalistas, con vivendas de calidade, ou alomenos, coa preocupación pola calidade. O exemplo primeiro foi o Ensanche de Barcelona, (o Plan Cerdá), que despois foi imitado noutras cidades. Polígono industrial: Espazo planificado e acondicionado para uso industrial do seu solo. Existen fortes diferenzas en canto ao grao de prestacións que ofrecen os polígonos, que poden construírse por iniciativa privada ou pública e que teñen como fin principal a atracción de establecementos industriais para fomentar o desenvolvemento industrial de certas zonas deprimidas ou desconxestionar certas áreas industriais. Plan Xeral de Ordenación Urbana: É unha planificación da ordenación integral dun espazo en todos os aspectos. As finalidades deste plan son, ademais de ordenar o desenvolvemento das estruturas básicas e das vías de comunicación, a cualificación dos terreos como urbanos, rurais, ou de uso público, e a protección da paisaxe e do solo. Feísmo: Chámase así nos últimos anos a tendencia construtiva que non ten en conta ningún condicionante, e que enche os pobos de casas construídas, cada unha como lle parece o seu dono, sen gardar unha normativa estética fundamental, alomenos en canto ao exterior das vivendas. Significa ademais un crecemento arquitectónico desequilibrado e irrespectuoso coa herdanza do pasado, facendo que a vila non só se faga máis fea, de aí “feísmo”, senón tamén máis incómoda.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

38

2. Cita as principais.... - -Zonas moi castigadas pola emigración. - -Forte caída demográfica con tendencia ao despoboamento. - -Escaseza de tecido industrial, ou industrias moi tradicionais e atrasadas. - -Predominio dunha estrutura industrial baseada no sector primario de gandaría ou

agricultura escasamente tecnificada. - -Escaseza de infraestruturas de comunicación HISTORIA DE GALICIA.

UNIDADE 1. A FORMACIÓN DE GALLAECIA 1. Define brevemente...: Revolución Neolítica: É un vocábulo procedente do grego que significa pedra nova, que quere dicir: pedra pulimentada. É o tránsito dunha economía depredadora a unha economía produtiva, que ten como actividades fundamentais a agricultura e a gandaría. Este cambio trae consecuencias importantes para a Humanidade: Sedentarización e formación dos primeiros poboados. Uso do excedente: compra e venda no mercado.... Diversificación dos traballos: cestería e cerámica, artesáns, etc. Aparición de grupos sociais non produtivos: sacerdotes, gardas dos silos, etc. Chámase Revolución porque tecnicamente pode ser comparada á Revolución Industrial, as dúas únicas revolucións técnicas na historia da humanidade que cambiaron a forma de vida das persoas dun xeito radical. Petroglifo: Son gravados feitos ao aire libre sobre as rochas de granito. Están datados na época do Bronce. As formas máis coñecidas son deseños xeométricos ou en forma de ídolos, aínda que tamén hai motivos naturalistas, con formas de animais. Romanización: É o proceso de influencia que os romanos exerceron sobre os pobos conquistados impoñendo a súa organización e a súa cultura. Cabe destacar neste proceso en Gallaecia a imposición do latín, a estrutura viaria romana, a fundación de cidades e o corpo xurídico, as leis romanas, común a todos os pobos que formaban parte do Imperio. Villae: Son formas de asentamento humano, precedentes das vilas medievais. Eran explotacións agrícolas estables, dirixidas por un grande propietario, moi romanizado, que tiña á súa disposición apeiros agrícolas moi tecnificados e abundante man de obra. A época de maior desenvolvemento foi ao longo do século III e IV. 2. Explica... Despois da conquista, os romanos agruparon os populi (pobos) castrexos. Formaron tres cidades que levaron o nome de Augusto, título outorgado polo Senado ao emperador Octavio, ata entón reservado aos deuses, no século I d C. Brácara Augusta (actual cidade portuguesa de Braga). Astúrica Augusta. (Astorga). Lucus Augusti (Lugo). Son o triángulo básico da Gallaecia romana, e capitais dos seus respectivos conventos: Bracarensis, Lucensis e Asturicensis. Podes observar esta organización territorial no mapa do documento 10, páxina 10. 3. Fai un esquema... Son monumentos funerarios do III milenio a.C.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

39

Dolmen (mámoas, antas): varias pedras verticais e unha ou varias horizontais, formando unha especie de mesa. Dá paso a unha sala circular, lugar do enterramento. Menhir (pedras fitas): unha soa pedra cravada no chan. A súa vez poden ser: Cromlech: formación de menhires en círculo. Aliñamentos: en fila. 4. Explica... Martiño de Dumio sempre foi considerado orixinario de Panonia (na actual Hungría) e que recibira a súa formación en Constantinopla. Hoxe a historiografía admite que posiblemente chegase desde o sur da Galia, non de Panonia. Polo tanto, a súa formación intelectual non está próxima á tradición oriental (bizantina) e si o está á tradición gala e sobre todo á rexión de Braga. Os expertos afirman que puido aprender o grego na propia vida monástica de Braga, zona onde completou a súa formación. A importancia estriba na revisión da figura deste monxe e a proximidade dos lugares da súa aprendizaxe, máis lóxicos que a súa vinculación a Oriente. UNIDADE 2. A GALICIA MEDIEVAL:A ERA COMPOSTELÁ 1. Fai un esquema...

AFONSO III (866-910). (Rei de Asturias, León e Galicia.)

FRUELA + GARCÍA + ORDOÑO (Rei de Asturias) (Rei de León) (Rei de Galicia)

(910-925) (910-914) (910-914)

ORDOÑO Rei de León e Galicia

(914-925) (Rei de Asturias, León e Galicia)

(925-926) RAMIRO II ALFONSO VI SANCHO ORDÓÑEZ (Rei de Ast. L. e Gal.) (Rei de Ast. L. e Gal.) (Rei de Galicia) (931-951) (926-931) (926-929) Foi unha integración difícil, chea de revoltas dos nobres galegos.

a. Séculos VIII e IX: conflictos violentos frecuentes. b. Segunda fase: a partir do reinado de Afonso II “O Casto” (729-842): proceso

de integración plena, favorecido pola protección que os monarcas asturianos lles prestaban aos nobres galaicos fronte ás incursións musulmanas e viquingas. Moitos nobres foron nomeados “comes” de forma vitalicia con funcións amplas no condado. Os nobres eclesiásticos viron restauradas as sés episcopais e tamén recibiron grandes extensións de terras.

c. A nobreza galaica estaba dividida en dúas partes: Defensores da monarquía asturiana: os nobres eclesiásticos, especialmente San Rosendo. Defensores da tradición opostos aos monarcas lideraron revoltas. Unha das máis importantes foi contra o rei castelán Fernando I, considerado usurpador da dinastía galaico-leonesa, representada por Vermudo III..

d. Final das loitas: século XI cando queda fixado o Reino de Galicia, integrado na monarquía castelá, cos límites territoriais case actuais.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

40

2. A hexemonía... - Por que inzaron tanto os mosteiros?: A prevalencia da nobreza eclesiástica foi unha das características da sociedade feudal galega. Os bispos, especialmente o de Compostela, de extenso señorío, e abades dos grandes mosteiros recibían doazóns particulares, e concesións dos reis, polo que tiñan inmensos territorios que explotaron economicamente. A hexemonía, sobre todo dos monxes cistercienses (monxes brancos) foi promovida polos monarcas directamente para controlar politicamente o territorio. Galicia como territorio na retagarda da expansión territorial cara ao Sur (loitas cos musulmáns) e delimitada polo reino portugués, ía ser gobernada polo monacato (monxes) cisterciense. - Que papel económico e político desempeñaron ...?: Estes mosteiros (Oseira, Sobrado, Meira, Armenteira, Oia, Monfero, San Clodio...) explotaban as terras señoriais directamente nas granxas, ou ben mediante cesións a campesiños de pequenas labranzas, das que recibían anualmente rendas forais e outros servicios. Os monarcas encomendáronlles a tarefa de transformar e organizar a produción agraria: as granxas estaban dirixidas por frades expertos, que contaban con moitísimos labregos e leigos para organizar o traballo. Politicamente os reis Afonso VII e os seus sucesores Fernando II e Afonso IX concederon grandes privilexios (coutos) a estes mosteiros para ordenar e controlar o territorio. Os monarcas apoiaron os mosteiros cistercienses para que gobernasen politicamente o territorio, contra a nobreza laica tradicional do reino. Podes consultar o mapa do Documento 15 sobre a situación dos mosteiros galegos na páxina 30 do libro de texto. - Por que era tan débil...?: Nesta época a nobreza laica experimentou un proceso de decadencia despois do seu esplendor pasado na Alta Idade Media. Só sobresaía a liñaxe dos Traba. A aparición do reino de Portugal e a perda de peso na estrutura política da monarquía castelá provocaron unha fragmentación interna das estirpes nobiliarias laicas. Ademais está a puxanza da nobreza eclesiástica, que é a causa fundamental da debilidade da nobreza laica. 3. Explica resumidamente a formación..... Orixe: condado de Portucale no século X. Afonso Henriques proclamouse primeiro rei de Portugal en 1128, despois da batalla de Guimaraes, usurpando os dereitos sucesorios da súa nai, Dona Tareixa. As causas da formación de Portugal son moi complexas e inclúen dende as diferenzas existentes xa dende os romanos entre a zona bracarense e a lucense. Os historiadores románticos interpretaron esta causa como unha revolta da Galicia bracarense contra da política anexionista de Xelmírez. Outra causa foi a incapacidade da nobreza galega para se constituír en reino propio desde os comezos da Reconquista. Así, a pesar das revoltas, tamén houbo parte da nobreza galega, parentes dos Traba, que apoiaba a Afonso Henriques, como forma de conseguir en Portugal o dominio que en Galicia non podían. Portugal foi a expansión territorial cara ao Sur da Gallaecia meridional, separada da Gallaecia lucense. A política portuguesa dirixirase posteriormente cara ao Atlántico. Para documentarte un pouco máis sobre este punto podes ler o Documento 17: A aparición do Reino de Portugal da páxina 31 do libro de texto.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

41

4. Define... Son composicións poéticas medievais escritas por trobadores e xograres, que tamén os recitaban. Coñécense máis de dous milleiros de composicións que forman a chamada lírica galaico-portuguesa. As súas características son: - Son composicións escritas en lingua galega, o que indica que era un idioma de uso cotiá na expresión literaria do Occidente peninsular. Incluso trobadores de fóra adoptan o galego nas súas composicións. - A súa época de esplendor foi nos séculos XII e XIII, durante os reinados de Fernando III e Afonso X en Castela, e de Afonso III e Don Denís, en Portugal. - Case todos os trobadores e xograres coñecíanse e estaban intercomunicados como se ve polas súas obras. Moitas veces coreaban os refráns, etc.o que indica que as Cortes da época potenciaban moito o uso do galego, non só en Galicia, e o intercambio literario e cultural. - Nesta lírica están presentes as tradicións cultas de raíz latina, occitana e mozárabe, e ademais a música e a lírica popular e campesiña. - Estes poemas agrúpanse por temas: Lírica profana: -Cantigas de amor. -Cantigas de amigo. -Cantigas de escarnio e maldizer. Lírica relixiosa: Cantigas de Santa María, mandada compoñer polo rei Afonso X, dedicada a loar os milagres da Virxe María. Os Cancioneiros máis importante son:- Os do Palacio da Ajuda (Lisboa). -Da Biblioteca Vaticana (Roma). -Da Biblioteca Nacional (Lisboa). Os poetas máis coñecidos polo seu traballo lírico foron: o compostelán Xoán Airas, o vigués Martín Códax e Mendiño. Sobre este tema podes ler o Documento 23: A corte de Afonso X, da páxina 34 do libro de texto. UNIDADE 3. A ÉPOCA BAIXOMEDIEVAL: CABALEIROS E IRMANDIÑOS 1. Define ... Casa e liñaxe nobiliaria: É posuír de forma precisa e duradeira patrimonios territoriais atribuídos de forma permanente a unha mesma liñaxe, que é unha familia formada por todos aqueles que descenden por liña masculina dun antepasado común. Implica unha organización xerárquica da familia, gracias á institución da primoxenitura. As casas da nobreza laica foron perdendo protagonismo na Baixa Idade Media, como a familia dos Traba, coa desaparición dos chamados “reis galegos” (Afonso IX e Fernando II). Moitas casas non conseguiron establecer unha sucesión pola vía da primoxenitura, o que reforza a explicación da súa debilidade. Encomendas: Era cando a nobreza dos cabaleiros prestaba protección aos mosteiros (seguridade) a cambio de ingresos señoriais (riqueza). Moitas veces, estes cabaleiros coaccionaban os mosteiros para que lles aforasen terras e algunhas veces ocupábanas pola forza. Di un cronista da época que os señores eclesiásticos debían: “dar en feudos, foros ou encomendas os seus bens, herdades, vasalos e vilas a persoas poderosas, para que os amparasen e defendesen”. Irmandade: Eran agrupacións de xentes das vilas ou cidades, que seguían o exemplo das que había en lugares da Coroa de Castela. Estas Irmandades eran fomentadas polos reis, como un medio para combater a posición da nobreza. En Galicia rexístranse durante o século XV dúas irmandades que deron lugar ás dúas guerras irmandiñas, a

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

42

primeira no ano 1431 contra das terras do señorío da casa de Andrade, e a segunda entre 1467 e 1469, moito máis xeneralizada por todo o territorio galego e de consecuencias maiores; así os irmandiños conseguiron gobernar Galicia durante un par de anos. Arte mendicante: É a arquitectura e escultura fundamentalmente creada polas ordes relixiosas mendicantes: franciscanos e dominicos. A súa orixe está na peregrinación a Compostela en 1214 de Francisco de Asís. Dende esa data fóronse construíndo igrexas, sen pretensións ornamentais, pero nas que albergan sepulcros, dado que as ordes mendicantes prestábanlle moita atención á morte e aos seus rituais. 2. Doc. 1: De onde procede ...? A Peste Negra difundiuse a fins do século XIII, e procede dos xenoveses que comerciaban con Oriente nas súas naves, parece que transmitida aos humanos polas ratas que viaxaban nos barcos mercantes. Difundiuse en Europa polas rotas mercantís marítimas, por iso foron máis afectadas as vilas litorais das Rías Baixas que as do interior. Ademais esta peste causou a morte dun terzo da poboación especialmente no Mediterráneo. Por que os efectos da Peste Negra se deixaron sentir....? Porque as Rías Baixas (Noia, Pontevedra e Baiona) non só servían de punto de intercambio dos produtos de Galicia senón tamén de porto de amarre para as flotas italianas que se dirixían cara o mar do Norte. O comercio era a longa distancia, e vinculaba a Galicia coas áreas económicas de Europa do Norte e co Mediterráneo. Esta foi unha das zonas máis afectadas pola peste. Que función teñen as epidemias....? Teñen a función de aliviar a difícil situación da poboación. Son formas de equilibrio dunha poboación que crece desmesuradamente. A forte natalidade está compensada pola forte mortalidade. No caso concreto da Peste Negra mellorou a situación dos superviventes na primeira metade do século: dispoñen de máis terras, co que desaparece a pantasma da fame, ao tempo que se poden dedicar terras a cultivos de produtos comercializables, como o viñedo. Que consecuencias tivo en Galicia...? -Perdas demográficas cuantiosas, no litoral sobre todo. -Lugares despoboados e terras ermas, nunha economía basicamente agrícola. -Os contratos de foro pasan a ser novamente perpetuos, ao tempo que diminúen os canons das rendas. -Casas abandonadas nas vilas ou arruinadas. -Cambios nas actividades económicas: especialización nos traballos do campo (como o reforzo do cultivo da vide para a exportación, xa que as áreas produtoras francesas quedaron ermas despois da peste), ou explotación dos recursos do mar ( como a extracción de especies, a industria do salgado e o comercio marítimo de exportación). 3. Fai un breve resumo... As medidas son tres: a submisión da nobreza, a reforma da Igrexa e a creación de novas institucións de xustiza e de goberno. O obxectivo político dos Reis Católicos era moi ambicioso, porque trataba de controlar o territorio e restaurar unha nova orde social, con man férrea, de forma que se propiciase unha certa estabilidade política, despois dun período de violencia interna sen precedentes. a. Submisión política da nobreza.

Os Reis Católicos deseñaron unha política para someter a nobreza galega, que non era partidaria da raíña Isabel: -Santa Irmandade en 1480 que se encargou de pacificar o territorio e impartir xustiza.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

43

Encargan aos seus comisionados que derrubasen as fortalezas e impartisen xustiza sumaria no nome de El Rei.

Consecuencias: a nobreza dos cabaleiros perdeu a súa capacidade para facer a guerra e, ou ben integrouse na política da monarquía ou ben marchou do Reino. Excepcións:

-Mariscal Pedro Pardo de Cela, sobre do que hai un mito a causa da súa morte. Parece que o comisionado Fernando de Acuña fixo con el un exemplo de escarmento para a nobreza dos cabaleiros galega. -Pedro Madruga, conde de Camiña, que se retirou a un convento en Alba de Tormes esperando o perdón dos reis.

Esta política logrou regular as relacións entre a nobreza e a monarquía, porque os seus bens non foron confiscados nin retiradas as súas regalías. b. A reforma da Igrexa:

Dado que moitas facendas eclesiásticas estaban suxeitas ás encomendas dos cabaleiros, os Reis Católicos fixaron dous obxectivos: Crear redes de congregacións co que se eliminaban moitos mosteiros e cenobios pequenos, facéndoos dependentes dos maiores galegos ou casteláns. Esta integración foi difícil, houbo que derrubar defensas dos mosteiros, ou reducir os abades e abadesas pola forza, en especial nos vales do Miño e do Sil. Recuperación das facendas que posuían os mosteiros. Os reis tiveron que pedir axuda aos cargos políticos locais e cregos para que lles axudasen. Esta foi unha vía de orixe da fidalguía galega.

c. As novas institucións: Xuntas do Reino de Galicia: organismo colectivo formado polos deputados (rexedores dos concellos das cidades capitais de provincia) que se reunían para tratar asuntos referidos ao conxunto do Reino de Galicia. A súa orixe está na Santa Irmandade, da que partiría o costume de manter reunións periódicas entre os representantes de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui, A Coruña, e Betanzos para resolver cuestións relativas ao reparto dos tributos e ás levas militares. Real Audiencia de Galicia: a institución de xustiza e goberno máis importante do Reino ata o século XIX.

4. Cita algunhas características.... -Parte das ideas de San Francisco de Asís e da súa crítica á ostentación da arte gótica que fora propiciada polos benedictinos de Cluny. -O obxectivo fundamental era a conexión coas vilas e cidades litorais vinculadas ao comercio marítimo, de aí que os edificios se atopen en cidades e vilas. -Foron financiados non só pola Igrexa e os nobres, senón tamén pola contribución dos gremios de mareantes. -Responden a unha tipoloxía moi sinxela: unha ou tres naves con cruceiro, cuberta de madeira, escasa ornamentación. -Propiciaron os enterramentos dos nobres nestes centros relixiosos, dada a súa especialización na morte, que foi asumida polos propios comerciantes, de forma que entendían a morte como unha prolongación do rango social da vida.

UNIDADE 4. O ANTIGO RÉXIME: OS MOSTEIROS E OS PAZOS 1. Define brevemente.... Rendista: Eran as persoas do estamento dos privilexiados que percibían unha parte da produción agraria, a cambio da cesión da terra aos campesiños para que eles a traballasen. En Galicia, rendista e privilexiado era case sinónimo, e constituían o cumio da sociedade galega no Antigo Réxime.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

44

Décimo: En castelán coñecese co nome de diezmo. Era o pagamento dunha décima parte do produto agrario bruto que pagaban os campesiños á Igrexa (mosteiros e igrexas), a cambio de traballar as terras. A Igrexa inicialmente destinaba os décimos para o sostemento do clero secular, pero nos séculos centrais da Idade Media, os décimos foron a miúdo dados en arrendamento a nobres laicos (alta nobreza, fidalguía), que en ocasións os patrimonializaron. Industria rural doméstica: É a industria tamén coñecida co nome de traballo a domicilio ou Domestic System, denominación que fai referencia tanto á localización espacial da industria, rural, como ao carácter do seu proceso produtivo, baseado no traballo prestado a domicilio, e non na concentración fabril. Ao ser doméstica, participaban nela todos os membros da familia, en especial, as mulleres e os nenos, xa que lles permitía atender ao mesmo tempo as necesidades da casa. Ex.: a produción téxtil de lenzos de liño, elaborados nas casas por mulleres tecelás ou ben co fuso e a roca para o fiado, e o tear para o tecido. Caseteiro: Eran os labregos, viúvas e pobres de solemnidade, que apenas tiñan dereito a unha residencia estable, de aí a súa denominación, e que moitas veces, traballaban arreo para os outros labregos, incluso só polo xantar. Despoxo: Son as terras que os mosteiros tiñan cedidas a fidalgos e nobres (que non as traballaban) e que, á súa vez, tiñan cedidas aos campesiños baixo contratos forais, ou subforais, é dicir, a longo prazo e en condicións estables. O termo procede de “despoxar”, que era o que os mosteiros pretendían facer, sacárllelas aos fidalgos que cobraban unha parte, para cedelas a quen quixesen, cousa que orixinou un conflicto tamén chamado Conflicto dos despoxos, ao non estar de acordo a fidalguía foreira. Os fidalgos conseguiron solucionar o problema mediante unha Provisión de 1763, que simplemente dicía que non fosen adiante as demandas de despoxo que tivesen entrada na Audiencia. 2. Responde as seguintes.... - A sociedade do Antigo Réxime estaba composta por: Estamentos privilexiados, que eran aqueles que por norma xurídica tiñan exencións, privilexios e honras, e dispoñían de propiedades agrarias ou urbanas, e grupos sociais de base ou non privilexiados. Dentro dos privilexiados cabe destacar: -os clérigos que posuían unha parte importante das rendas agrarias e moita extensión territorial. Entre rendas e décimos non baixaba dos dous terzos de toda a riqueza agraria de Galicia. Hai que distinguir : -Clero regular, que estaba sometido á regra (de San Bieito maioritariamente), que vivía en mosteiros e conventos e tiña os seus ingresos por foro. - Clero secular, tamén rendista, os seus ingresos estaban nos décimos e primicias, así como no voto de Santiago, que favorecía á Igrexa compostelá. Tamén recibía ingresos das misas, oficios relixiosos, etc. -Nobreza laica: ía desde a alta nobreza titulada, como os Condes de Lemos, Altamira e Ribadavia, ata a fidalguía rural, intermediaria beneficiada pola concesión de foros eclesiásticos que se repartía as rendas agrarias desde o século XVII. Este era o grupo social fundamental da Galicia do Antigo Réxime. -Campesiños, que eran a base fundamental desta sociedade. Supoñían un 80% da poboación segundo os censos de finais do século XVIII. Encargábanse, polos contratos forais, de duración entre dúas e tres xeracións, da dirección das explotacións agrícolas, que cada vez eran máis pequenas. Non todos os campesiños eran iguais. Había incluso unha pequena porcentaxe de labregos que percibían grandes rendas, e estaban ben situados, pero non era o caso da maioría deles.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

45

-Grupos sociais urbanos: - Mariñeiros agrupados en gremios e confrarías. - Artesáns urbanos, tamén agrupados en gremios. - Burguesía mercantil, composta por mercadores de panos, cambistas ou

exportadores de viño do Ribeiro no século XVI, pero entrou en decadencia no século XVII pola “ruralización” da época e a fortaleza da fidalguía galega.

-Por que os titulares das terras.....? A riqueza xerada pola agricultura galega era consumida polos rendistas, que nin explotaban directamente a terra nin investían nela parte das súas ganancias. Investían en construción de igrexas, capelas e pazos, en pagar os estudos á segundóns como colexiais en Fonseca e en luxos. A fidalguía, ademais destes gastos que ocasionaba a vida no pazo ou na cidade, tiña que lle devolver á Igrexa unha parte substancial dos seus ingresos en concepto de renda foral debida pola súa condición de forista intermediario. Así, ao cabo do ano, non quedaba nada en limpo aínda que as as rendas se vendesen a bo prezo. A alta nobreza non explotaba as terras, xa que a fidalguía se colocara como un grupo intermedio, que pagaba rendas, á vez que as recibía, e aseguraba a permanencia desta estrutura social. -Que relación existe....? Había unha fonda relación entre mosteiros e pazos. Estes eran os beneficiados pola concesión de foros eclesiásticos e, ao ser un grupo intermediario, necesitábanse uns aos outros no reparto de rendas. En Galicia había censados preto de 11.000 fidalgos a mediados do século XVIII, e tiñan cadansúa parroquia ou aldea na que exercían a súa influencia. 3. Fai un resumo sobre a importancia do millo.... Era un cereal que procedía de América, tamén chamado “millo gordo” fronte ao do país, “millo miúdo”. Aparece en Galicia desde principios do século XVII, especialmente desde 1630. Introducido nas zonas litorais pontevedresas, avanzará máis lentamente cara as provincias do interior lugués e ourensán. En poucas décadas chegou a significar os dous terzos da produción cerealística de Galicia, entre o Tambre e o Miño. Consecuencias: -Diferenciación do seu cultivo:

- intensivo e produtivo nas zonas atlánticas. - extensivo e de baixo rendemento nas chairas interiores.

-Retroceso do gando ao non dispor de pastos. -Importante sustentador da alimentación labrega: o pan de boroa. -Non implicou cambios agrícolas revolucionarios, pola contra, fortaleceu o sistema tradicional de cultivos. -Non modificou as relacións sociais agrarias tradicionais. Cultivo da pataca.. Planta tamén americana. Deuse primeiro como complemento do millo, por iso o seu cultivo aparece nas chairas onde o millo daba pouco rendemento. A súa presenza dátase no século XVII nas zonas montañosas do interior, pero estendeuse no século XVIII ao resto de Galicia polas fames e crises agrarias, como alimento.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

46

Comezou sendo alimento animal e rematou pasando ao consumo humano nunha das crises agrarias. Afianzouse o seu cultivo no século XIX, formando parte da rotación dos cultivos, e alcanzando unha produción no interior semellante á do millo nas costas. UNIDADE 5. O ANTIGO RÉXIME: O BARROCO E A ILUSTRACIÓN 1. Explica..... Implantación dunha cultura relixiosa derivada da Contrarreforma e o Concilio de Trento, o que significaba a domesticación da sociedade, especialmente da cultura popular, baixo a hexemonía de Igrexa, combatendo desviacións (“supersticións”) practicadas na relixiosidade popular. Concepción teatral do mundo que correspondía a unha ideoloxía relixiosa que privilexiaba a piedade formal, as formas externas. Tendo en conta o papel desempeñado pola Igrexa en Galicia, a sobresaturación dos elementos decorativos expresaban tamén a súa inspiración na Natureza e na abundancia. As construcións foron promovidas polo benestar económico e polo liderado da Igrexa, tanto intelectual, como ideolóxico e político. Construíanse catedrais e mosteiros de nova planta ou se remodelaban outros xa existentes.. A nobreza laica tamén se incorporou a esta corrente e construíronse pazos. 2. Analiza as características..... É unha corrente de pensamento do século XVIII. Facía unha profunda crítica da sociedade. Propoñía reformas moderadas, non eran partidarios dunha ruptura drástica. Valoraba o culto á razón, que se podía cultivar mediante a instrución e educación individual. En Galicia son poucas as figuras seculares e abundan máis as figuras eclesiásticas (moderados). Como reformistas denunciaron o atraso de Galicia en agricultura e en industria. Propuxeron medidas de reforma contra os problemas do sector agrario, a favor da industria popular, da liberdade de comercio e reivindicación do idioma e a cultura galega. 3. Partindo do Documento.... As Sociedades Económicas de Amigos do País foron institucións ilustradas destacadas no século XIX. Fundáronse naquel tempo dúas: a de Compostela, no ano 1784 e a de Lugo no ano 1785. A de Compostela foi promovida por ilustrados coñecidos como o cóengo P.A. Sánchez e o catedrático da universidade L. M. Pereira.. As súas primeiras actividades estiveron dedicadas ao estudo da mellora da industria do liño, tanto no que se refire á materia prima como ás técnicas de traballo. Estaban dentro do movemento ilustrado, polo tanto, predomina nestas sociedades o culto á razón, o seu carácter reformista, o afán didáctico, a preocupación por resolver problemas sociais, tratando de mellorar aos grupos sociais máis desfavorecidos, defensa das linguas autóctonas, e preocupación polo desenvolvemento económico do país, especialmente pola agricultura e a industria, como xa dixemos antes.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

47

UNIDADE 6. GALICIA NO SÉCULO XIX 1. Define .... Carlismo: É a corrente política dos partidarios de Don Carlos, irmán de Fernando VII. Eran defensores da tradición (defensa da Igrexa, da Patria e do Rei Carlos), formaban parte deles o arcebispo de Santiago e o bispo de Mondoñedo. É dicir, o clero era partidario do carlismo, igual que a fidalguía rural. Será a falta de apoio popular unha das características diferenciadoras do carlismo galego e unha das razóns básicas do seu fracaso. A cidade galega representativa do carlismo foi Compostela, que tiña como valedores ao arcebispo e ao Cabildo. Liberalismo:Corrente ideolóxica oposta ao absolutismo político. Eran partidarios dun réxime constitucional e dun Estado liberal. Dentro do liberalismo hai dúas tendencias: moderados e progresistas, que non mostrarán as súas diferenzas mentres o inimigo sexa común. Os liberais eran profesionais liberais, comerciantes, militares, intelectuais,...das cidades, e boa parte da nobreza. A cidade galega liberal por excelencia foi A Coruña. Caciquismo: É unha forma de clientelismo político. O cacique é unha especie de mediador entre unha sociedade rural e tradicional e a sociedade urbana. Os caciques tiñan a súa área de influencia e o territorio galego quedaba repartido a modo de feudos nos que o cacique controlaba a vida política: amañaba as eleccións, nomeaba cargos, marcaba as liñas da política local...O cacique movía os fíos dun complexo aparato gracias a favores, privilexios, etc. 2. Explica as seguintes cuestións.... -Os partidarios do carlismo eran xentes que defendían os principios políticos do Antigo Réxime e con eles, os privilexios gañados. As igrexas e mosteiros tamén eran conservadores, defensores dos mesmos principios. Se triunfase o liberalismo, perderían parte das súas atribucións sociais e políticas, en especial poder exercer o mando do señorío, por iso, atacaban os proxectos desamortizadores dos liberais, que pretendían sacar á subhasta pública as terras eclesiásticas de “mans mortas”. Na educación pretendían permanecer fieis ás estruturas educativas do Antigo Réxime, e os liberais pretendían introducir as ideas ilustradas, como, por exemplo, os dereitos individuais, liberdade de pensamento, crítica ás institucións relixiosas, etc. Os exclaustrados tiveron a obriga de se incorporar á vida civil, e foron acollidos polas súas propias familias, por familias campesiñas ou ben por aldeáns. -A burguesía comercial era liberal porque as actividades mercantís e urbanas facíanse a través do porto da Coruña, que ponos en contacto con outras burguesías industriais e mercantís de ideas tamén liberais. O porto é lugar de tráfico non só de mercancías senón tamén de ideas. Non hai que esquecer que noutros países as ideas liberais xa foran implantadas. -A maioría eran carlistas porque eran rurais, e temían a perda dos seus privilexios, se se implantaba no país un réxime liberal. 3. Explica sobre a construción dos camiños de ferro.... -Demorouse tanto en Galicia, un atraso de máis de vinte anos, pola falta de capitais autóctonos, pola actuación localista das burguesías comerciais e porque tampouco había actividades industriais e mercantís que demandasen a súa construción. Á súa vez, estas mesmas causas impedían o desenvolvemento económico do país. -A estrutura da rede tiña forma de árbol e radial, cunha única vía de entrada que en Monforte se dividía en dirección aos dous centros urbanos e económicos de Galicia (A Coruña e Vigo. Pretendía a integración de Galicia no mercado interior (o gando), e non pretendía a comunicación interna nin co exterior.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

48

-Non resolveu os problemas de conexión co resto da Península. Galicia non queda incorporada á rede ferroviaria española ata 1875, e ata o franquismo non se comunicarán as principais vilas e comarcas, tanto coa apertura dunha segunda liña de saída (Ourense-Sanabria), como pola apertura do ferrocarril de vía estreita: Ferrol-Xixón. O comercio interior estivo vinculado ás feiras e mercados, e o comercio exterior exportaba gando bovino con destino a Portugal e Inglaterra, e importaba produtos manufacturados de luxo, destinados aos pazos e residencias de comerciantes e rendistas. Cando se da a crise agraria este comercio exterior córtase de raíz, dende 1892, e ademais tivo que competir coa competencia da carne procedente de ultramar. -Así que os camiños de ferro non contribuíron ao desenvolvemento económico do país. 4. Le o documento 17... Resposta libre. UNIDADE 7. GALICIA NO SÉCULO XX 1. Define.... Agrarismo: É unha forma de asociacionismo agrario, de grande base social entre os labregos, pero sen moita concreción ideolóxica. Dotou dunha plataforma organizativa ao campesiñado e estimulou unha conciencia política moi rudimentaria, a través da súa presenza nos concellos, na prensa local (Ex: La Zarpa, fundada en Ourense por Basilio Álvarez), e os mitins e concentracións. Foi unha resposta á crise de 1898 para mellorar a venda de produtos no mercado. No agrarismo caben ideoloxías variadas, aínda que predominaba o catolicismo social. Individualización dos montes: É o proceso de reparto dos montes, un feito de consecuencias importantes para a organización agraria. Foi un proceso paralelo ao de redención dos foros. Despois de séculos de aproveitamento comunal, divídense baixo a denominación de “montes de voces” ou “ de veciños”. As partillas máis frecuentes déronse entre 1920-1940. Autarquía: Etapa económica do franquismo inicial, caracterizada polo intervencionismo do Estado na vida económica, fixando prezos, etc.e o aproveitamento dos recursos propios sen recorrer ao exterior: “Consúmese o que se produce”. Foron os anos do estraperlo, dos fielatos, do racionamento, e do mercado negro. Desarrollismo: Etapa económica iniciada polo franquismo a partir dos anos sesenta (co Plan de Estabilización de 1959), caracterizada polo crecemento económico e unha certa apertura ao exterior. Baseábase na aparición de novos recursos económicos: o turismo, a emigración e o investimento de capital estranxeiro. Trouxo como consecuencia un intenso éxodo rural cara aos países europeos, ao interior español (Cataluña e País Vasco) e aos propios núcleos urbanos galegos. Maquis:Unha das primeiras formas de oposición ao réxime franquista. Era o nome que recibían as persoas que constituíron unha guerrilla no interior do país. Estaba formada a partir de dous grupos diferentes:

- -Núcleos que subsistían por zonas de montaña, que non deron a guerra por rematada.

- -Unidades que loitaron contra os alemáns en Francia, que intentaban traspasar a experiencia a España.

Tiveron unha grande actividade entre 1946 e 1951. Aínda que ideoloxicamente estaban formados por republicanos, anarquistas e comunistas, foi o Partido Comunista quen logrou a súa organización e sostemento ata 1948, data na que este partido renunciou a continuar a loita armada e mudou de estratexia.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

49

2. Responde as cuestións... -Os campesiños tiñan que pagar os foros por ser un contrato entre o dono da terra e o propio campesiño. Este tiña a cesión da terra nun contrato habitual de entre dúas ou tres xeracións, dependendo dos tempos e a produción, pero tiña que pagar á propiedade, ao dono, en especies ou en cartos, segundo se estipulase no contrato. Incluso ás veces, se estipulaban outras prestacións persoais. -Este pagamento supoñíalles unha parte considerable que lles impedía facer melloras técnicas ou doutro tipo para aumentar a produtividade da terra. As cifras manexadas van entre o 10% ao 50% da plusvalía. -Os foros pagábanse segundo estipulase o contrato, en cartos ou en especie, con parte da colleita. Entre 1836 e 1845 os foros alcanzaban o 69,8% do valor total dos bens eclesiásticos. O foro implicaba a disociación entre os que traballaban a terra e pagaban rendas (dominio útil) e os perceptores de rendas por moi variadas formas de contratos (dominio directo). Este sistema chegou ata o século XX pola presión dos fidalgos, que non querían ver ameazada a súa supervivencia con medidas que implicasen a súa supresión. -A redención realizouse no primeiro terzo do século XX. Legalmente fixéronse varios intentos de redención pero o definitivo foi a Lei de Redención de Foros de 1926, na Dictadura de Primo de Rivera. A lei estipulaba que os pagadores de renda podían converterse en propietarios das terras que traballaban, mediante unha indemnización moi alta. Moitas redencións de foros foron posibles gracias ás remesas de cartos enviados polos emigrantes galegos de América. 3. Elabora un esquema.... A Guerra Civil supuxo unha fractura no desenvolvemento da industria iniciado no primeiro terzo do século XX. Ex.: a industria conserveira tardou 25 anos en recuperar os niveis acadados durante os anos trinta. -Industria galega vinculada ao mar: construción naval para a pesca de altura, realizada nos estaleiros de ASTANO, fundada en 1941 en Ferrol. -Serradoiros de madeira. -Construción de encoros para producir enerxía eléctrica. Fundación de FENOSA en 1943. Hai unha segunda onda industrializadora nos anos 1960, seguindo a puxanza da economía mundial. -Ampliación das actividades industriais: nas relacionadas co mar, prodúcese a expansión da industria conxeladora e frigorífica, que rematou integrándose no proceso da pesca en alta mar. Ex: Pescanova, 1961. -Diversificación do sector industrial: industria petroquímica, automobilística (Citroen) e de celulosa. Relacionada coa política de Polos de desarrollo, establecidos polo franquismo desarrollista na Coruña, no Porriño e Vigo, e aproveitando a inversión de capitais estranxeiros, toda vez que a man de obra existente en Galicia era barata. -Consolidación dunha industria vinculada ás actividades agrarias. Produción de leite, e en menor medida, de carne. Nos anos cincuenta Galicia vai dispoñer de matadoiros e fábricas de queixos, que a partir dos anos oitenta vanse integrar en empresas multinacionais, salvo COREN, fundada nos anos sesenta en Ourense por E.Gómez Franqueira. Podes ver as fotografías ilustrativas dos documentos 28 e 29, na páxina 116.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

50

UNIDADE 8. O NACIONALISMO E A AUTONOMÍA 1. Explica as consecuencias.... A Asemblea Nacionalista de Lugo, celebrada nesa cidade en 1918, rectificou a liña política das Irmandades da Fala. Aprobouse unha declaración fundamental :” Tendo Galicia todas as características esenciais de nacionalidade, nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. No seu manifesto quedou expresado o ideario do nacionalismo galego e se recolleron as grandes liñas do nacionalismo político:

- Autonomía integral para Galicia. - Organización federal da Península (incluíndo Portugal na federación). - Forma de goberno antimonárquica. - Republicanismo e federalismo iberista. - Na economía a Asemblea móstrase librecambista e deixa a un lado o

problema agrario. - No eido cultural avogan pola cooficialidade do galego e o castelán.

2. Analiza que requisitos.... A Constitución de 1931 recolle a organización política do Estado que lexitima política e xuridicamente o Estatuto. a. Desexo dos concellos galegos de acceder á autonomía propoñendo un texto

estatutario. Podes consultar o documento 16: O anteproxecto do estatuto de 1936, da páxina 127 do libro .

b. Asemblea de concellos galegos, a instancias do de Compostela, na que se aprobou un texto definitivo en Conxo.

c. Consulta ao pobo, ou plebiscito popular, onde se determina a porcentaxe mínima. (Aprobación de alomenos dous terzos do censo). Obtense a licenza en 1933, cando chegan ao poder os conservadores, despois de desprazar a Azaña nas eleccións do 33.

d. Co triunfo da Fronte Popular en 1936, celébrase o plebiscito estatutario en xuño do 1946. Podes consultar os documentos 18 e 19 da páxina 128 para completar a información. Resultados: máis do 70% (74%) votou afirmativamente. Podes ver os documentos 20 e 22 da páxina 129 do libro, que che darán máis información.

e. 15 de Xullo de 1936: Castelao presenta o texto do Estatuto ao presidente da República. Non puido ser debatido nas Cortes, pero gracias á insistencia de Castelao, o Estatuto foi aprobado polas Cortes republicanas en Montserrat en febreiro de 1938.

Este feito, que supuxo un éxito histórico do galeguismo, fixo que despois, na transición, as primeiras Cortes Constituíntes recoñeceran a Galicia como nacionalidade histórica, xunto ao País Vasco e Cataluña, o que lle permitiu desenvolver unha lexislación propia antes que o resto das Comunidades Autónomas. 3. Cita os presidentes..... Xerardo Fernández Albor. Fernando González Laxe. Manuel Fraga Iribarne. Valoración do seu labor:

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

51

Resposta libre.

Guía de Xeografía e Historia de Galicia

52

8. BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA: - COOK, C.: Diccionario de términos históricos. Ed. Alianza, Col. Biblioteca de

consulta, Madrid, 1999. - ROMÁN BARRIENTOS, R. e outros: Atlas Galicia. Ed. Nigra, Vigo, 1994. - SÁNCHEZ DE MADARIAGA, E.: Conceptos fundamentales de Historia. Ed.

Alianza, Col. El libro universitario, Madrid, 1998. - VILLARES, R.: A Historia. Ed. Galaxia, Col. Biblioteca Básica da Cultura Galega,

Vigo, 2000. - VV.AA.: Atlas Temático. Galicia. Ed. Santillana- Obradoiro, Vigo, 1999. - VV.AA.: Historia Xeral de Galicia. Ed. A Nosa Terra, Vigo, 1997.