xornal bbs 5

2
Nº 5 VENRES 5 DE DECEMBRO DE 2014 C.E.P. XOSÉ MARÍA BREA SEGADE OS LAPIS DE SEGUNDO: Redacción: 2º No corredor de 2º uns lapis decoran a entrada. Un día comezaron a arrincar as pun- tas. Os lapis que quedaron sen punta foron os rosas e os violetas. Estamos intentando descubrir quen é o "arrincapuntas". Se descubrides algo falade cos detectives de 2º. O FÚTBOL FEMININO Redacción: 3º O sábado pasado no campo de fútbol de Vilas houbo un partido feminino entre o C.D. Unión e o Santiago. Gañou o equipo rianxeiro 4 a 0. Unha nena de terceiro foi a ver a súa irmá que xogou alí. Despois do partido foron a celebralo porque ademais de gañar o partido, tamén recibiron unha copa. A PRESA DO SAMAÍN Redacción: 2º No xornal do ano pasado xa saíu a noticia da maníaca presidiaria co coitelo de gran- des dimensións que aparecera o día do Sa- maín na escola. Este ano volveu! Os de sexto e quinto in- tentaron tranquilizar aos de primeiro e se- gundo pero sempre aparecía no sitio me- nos pensado. As mesas d@s prof@s foron o sitio máis utilizado para agocharse. HAI DÚAS SEMANAS, UNS OBREIROS ASFAL- TARON A RÚA DE CARTOMIL. Redacción: 4º B Anteriormente, a estrada de Cartomil estaba sen asfal- tar e, por iso, as bicis, motos e coches circulaban con dificultade, pero, por sorte, hai dúas semanas viñeron uns obreiros do Concello de Rianxo asfaltala e, grazas a iso, os vehículos van perfectamente pola estrada de Cartomil. OBXECTO VOADOR NON IDENTIFICADO. Redacción: 6º Un día meu primo e máis eu estábamos mirando ás estre- las, cando de alí a un pouco vimos unha cousa estraña no ceo. Era redonda con luces verdes e vermellas e dúas bólas de cor amarela. Fomos correndo a coller unha cámara, pe- ro cando acendemos a luz de fóra foise rápido. Non supe- mos o que era. Sería acaso un OVNI? ACCIDENTE NO FUTBOLÍN Aitor rompe unha barra do futbolín querendo arranxalo. Redacción 5º O martes 25 de novembro Aitor rompeu unha barra do futbolín querendo arran- xala porque estaba dobrada. Aitor, Miguel e Mikel estaban xogando ao futbolín na casa, en Fachán. Miguel é o pai de Aitor e Mikel o seu irmán. O partido estaba a 3 -3. Aitor veu a barra dobrada, arreoulle para poñela ben e a barra rompeu. Aitor berrou e o seu pai riuse. O pai de Aitor desmontouna e arranxouna. Agora xa está ben. AFORRO ENERXÉTICO Redacción 6º Estes días na parroquia do Araño, os veciños notamos un cambio na iluminación dos farois; o concello de Rianxo está cambiando as lámpadas por outras de baixo consumo. Comezaron pola estrada xeral e agora continúan polas aldeas. Unha das aldeas nas que xa as cambiaron foi a de Xens. Esperamos que acaben de cambialas por- que é un gran aforro!

Upload: covadonga

Post on 06-Apr-2016

229 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Quinto número do Xornal BBS da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

TRANSCRIPT

Page 1: Xornal bbs 5

Nº 5

VENRES 5 DE DECEMBRO DE 2014

C.E.P. XOSÉ MARÍA BREA SEGADE

OS LAPIS DE SEGUNDO:

Redacción: 2º

No corredor de 2º uns lapis decoran a entrada. Un día comezaron a arrincar as pun-tas. Os lapis que quedaron sen punta foron os rosas e os violetas.

Estamos intentando descubrir quen é o "arrincapuntas". Se descubrides algo falade cos detectives de 2º.

O FÚTBOL FEMININO

Redacción: 3º

O sábado pasado no campo de fútbol de Vilas houbo un partido feminino

entre o C.D. Unión e o

Santiago. Gañou o equipo rianxeiro 4 a 0. Unha nena de terceiro foi a ver a

súa irmá que xogou alí.

Despois do partido foron a celebralo porque ademais de gañar o partido,

tamén recibiron unha copa.

A PRESA DO SAMAÍN

Redacción: 2º No xornal do ano pasado xa saíu a noticia

da maníaca presidiaria co coitelo de gran-

des dimensións que aparecera o día do Sa-

maín na escola.

Este ano volveu! Os de sexto e quinto in-

tentaron tranquilizar aos de primeiro e se-

gundo pero sempre aparecía no sitio me-

nos pensado. As mesas d@s prof@s foron o

sitio máis utilizado para agocharse.

HAI DÚAS SEMANAS, UNS OBREIROS ASFAL-

TARON A RÚA DE CARTOMIL.

Redacción: 4º B Anteriormente, a estrada de Cartomil estaba sen asfal-

tar e, por iso, as bicis, motos e coches circulaban con

dificultade, pero, por sorte, hai dúas semanas viñeron

uns obreiros do Concello de Rianxo asfaltala e, grazas

a iso, os vehículos van perfectamente pola estrada de

Cartomil.

OBXECTO VOADOR NON IDENTIFICADO.

Redacción: 6º Un día meu primo e máis eu estábamos mirando ás estre-

las, cando de alí a un pouco vimos unha cousa estraña no

ceo. Era redonda con luces verdes e vermellas e dúas bólas

de cor amarela. Fomos correndo a coller unha cámara, pe-

ro cando acendemos a luz de fóra foise rápido. Non supe-

mos o que era. Sería acaso un OVNI?

ACCIDENTE NO FUTBOLÍN

Aitor rompe unha barra do futbolín querendo arranxalo.

Redacción 5º

O martes 25 de novembro Aitor rompeu unha barra do futbolín querendo arran-

xala porque estaba dobrada. Aitor, Miguel e Mikel estaban xogando ao futbolín na

casa, en Fachán. Miguel é o pai de Aitor e Mikel o seu irmán. O partido estaba a 3

-3. Aitor veu a barra dobrada, arreoulle para poñela ben e a barra rompeu. Aitor

berrou e o seu pai riuse. O pai de Aitor desmontouna e arranxouna. Agora xa está

ben.

AFORRO ENERXÉTICO

Redacción 6º

Estes días na parroquia do Araño, os veciños notamos un cambio na iluminación

dos farois; o concello de Rianxo está cambiando as lámpadas por outras de baixo

consumo.

Comezaron pola estrada xeral e agora continúan polas aldeas. Unha das aldeas

nas que xa as cambiaron foi a de Xens. Esperamos que acaben de cambialas por-

que é un gran aforro!

Page 2: Xornal bbs 5

UN FELIZ

O INSTITUTO DE RIANXO RECADA DIÑEIRO

Redacción: 4º B

Alumnos de 3o de E.S.O. venden produtos de Nadal para xuntar cartos para ir de excursión a Londres.

Un ano máis, os alumnos de 3o de E.S.O. do instituto de Rianxo “IES Félix Muriel” queren ir de excursión a

Londres. Como necesitan moito diñeiro, acordaron vender produtos de Nadal como galletas, torta de Santiago, queixo, polvoróns...

Incluso teñen un catálogo para ver os produtos dispoñibles. Animádevos a colaborar!

Imp

rim

e: B

B S

ed

ito

ra

A BANDA XUVENIL DE RIANXO

Quedou no terceiro posto no Certame de Bandas en Santia-go.

Redacción: 6º

O día quince de novembro celebrouse o VIII Certame de Bandas en Santiago e a Banda Xuvenil de Rianxo traballou moi duro: ensaia-mos todos os sábados durante catro horas, dende o verán ata o mes de novembro.

Tocamos «Festa na Tolda», «Festa na Aldea» e «Man». O noso di-rector está moi contento con nós. Quedamos en terceiro posto e es-forzámonos todos ao máximo. Tamén demos concertos en Rianxo, Boiro e todas as actuacións saíronnos perfectas.

OS RATOS NO CAIXÓN

Redacción 4ºA

Na aldea de meu avó hai moitos ratos. Fai dous días ao meu avó entroulle un rato nun caixón do galpón. Por sorte mordeu o veleno e morreu. Pero ao día seguinte volveu a ver todo mordido e o meu avó cabreouse. Chamou por min para ver se viamos máis ratos pero casualmente foron para a casa do meu tío, que vive ao lado, e coméronlle un coxín da cadeira do comedor e unha manta.

Afortunadamente, o can da miña prima comeuno e despois cuspiuno . Os ratos non volveron por agora.

NACIMENTO

Redacción: 4º A

O sábado 22 de novembro naceu unha meniña chamada

Valeria.

Valeria é filla de Rocío, a veciña de Laura de 4º A. O su pai

chámase David e a súa nai Rocío, que xa volo dixen antes .

Valeria é unha nena preciosa. Rocío ia a un curso de parto,

onde todas as mulleres estaban embarazadas… de nenas!

Parece que as mozas van reinar no mundo!

Ata outra noticia.

NACEN DOUS CABRITIÑOS NO MONTIÑO

Redacción 5º

Unha veciña do Montiño chamada Juanita mercou unha ca-

bra preñada e o día 6 de novembro naceron os cabritiños.

Son dous, un cabritiño branco e unha cabritiña marrón clari-

ño con manchas brancas. Á femia chámase Chocolate con leite

e o macho Neve. Escolleron eses nomes Helena, Abel, Silvia e

Andrea. Á nai gústanlle as mazás e aos cabritiños o leite da

nai e as herbas.

XA SABE ANDAR EN BICI

Redacción: 3º

Diego, o irmá pequeno de Paula de terceiro aprendeu a andar en bici esta fin de

semana. Primeiro probou na de Paula pero era demasiado grande, despois quita-

ronlle as rodiñas á súa que era máis pequena e foi todo un éxito. No soto da súa

casa empezou el só a andar na bici sen rodiñas. E conta só con 4 anos de idade.

A BBS

DESÉXAVOS 2015

APARECE UN CAN ABANDONADO EN PARADELA

Redacción: 4ºB

Aparece na rúa de Paradela un estraño can abandonado, pe-ro unha veciña acólleo.

Hai uns meses, na rúa de Paradela apareceu un estraño can abandonado.

Estaba moi sucio e ladraba á xente que pasaba xunta el, sen embargo, unha veciña con varios cans decidiu acollelo. Pasa-dos uns días o can non parecía o mesmo: cortáranlle o pelo e comera moito. Agora pasea pola rúa de Paradela moi alegre.