xuntanza de titores de prácticum do 30 de xuño de 2017 - usc · 4. presentación do calendario de...
TRANSCRIPT
![Page 1: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071214/604214b3ff0ee14de949402c/html5/thumbnails/1.jpg)
Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017
1
INFORME DA XUNTANZA DE TITORES DE PRÁCTICUM 2016-2017
O día 30 de xuño de 2017, ás 12.00 h, celebrouse unha xuntanza de titores do Prácticum da Facultade de Psicoloxía coa seguinte orde do día:
1. Benvida aos asistentes 2. Informe sobre o alcance dos compromisos asumidos na última xuntanza de
titores do prácticum 2014-2015 (celebrada en xuño de 2015) 3. Informe sobre a satisfacción do alumnado co Prácticum 2015-2016 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018
1. Benvida aos asistentes
A decana da Facultade, Coqui Rodríguez, dá a benvida e agradece aos/ás asistentes a boa acollida desta proposta de xuntanza. Así mesmo, dada a coincidencia deste encontro coa súa actividade ordinaria, lles agradece o seu esforzo por facernos un oco nas respectivas axendas e poder contar coa súa presenza. A decana explica que, nesta ocasión, a xuntanza seguirase dun acto oficial organizado pola Facultade en honra de todos e todas os/as titores profesionais, e as súas respectivas entidades, que colaboran activamente no labor formativo dos nosos estudantes de grao e/ou másteres a través das prácticas curriculares externas. Neste acto se fará entrega das certificacións ás asociacións, centros ou empresas colaboradoras no Prácticum como Entidades Colaboradoras da USC na formación para a práctica profesional dos e das estudantes da Facultade de Psicoloxía. É unha satisfacción para o conxunto da Facultade estar en disposición de facerlles este merecido recoñecemento institucional. Prosigue a vicedecana responsable de Prácticum do Centro, Paula Villar, facendo unha rápida rolda de presentacións dos asistentes.
2. Informe sobre o alcance dos compromisos asumidos na última xuntanza de titores do Prácticum celebrada en xuño de 2015
A introdución deste punto no orde do día responde á necesidade de dar conta dos compromisos adquiridos na última xuntanza celebrada hai dous anos. Namentres o equipo decanal da Facultade segue a reclamar que a formación práctica profesional dos seus títulos sexan incluídos no plan de financiamento anual da universidade, puidemos facer realidade as melloras nas contraprestacións ofrecidas aos/ás titores/as profesionais que foron propostas entonces. Estas serían as que se recollen a continuación:
![Page 2: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071214/604214b3ff0ee14de949402c/html5/thumbnails/2.jpg)
Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017
2
a. Recoñecemento oficial das entidades con convenio vixente para a realización do Prácticum como centros colaboradores da USC. Dita certificación será renovada cada cinco anos e os centros terán potestade para facer pública esta condición. A consecución deste primeiro compromiso farase oficial no Acto presidido polo Sr. Reitor da USC que terá lugar a continuación desta xuntanza. A instauración deste recoñecemento, inédito na nosa Universidade e resultado da nosa constante reivindicación ao distintos equipos reitorais da USC, permitirá deixar constancia, como se merece, da inestimable colaboración das diversas entidades públicas e privadas no desenvolvemento Prácticum da Facultade de Psicoloxía. Grazas a elas, as prácticas profesionais, imprescindibles na formación do psicólogo/a, realízanse por parte do alumnado da Facultade de Psicoloxía da USC con alta garantía de calidade. Por outra banda, esta colaboración faise pública na web da Facultade, no enlace: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/practicum_info_publica_cols.html, onde se recollen os nomes das entidades colaboradoras e se facilitan os enlaces das súas propias webs.
b. Emisión da nova certificación para os titores profesionais do Prácticum que os recoñece como Colaboradores Docentes da USC, e que substitúe á Venia Docendi que se entregaba previamente.
Este certificado é o máximo recoñecemento que pode outorgar a universidade ao seus colaboradores externos e conseguimos facelo efectivo a partir do curso 2015-2016. Este certificado emítese, anualmente, aos/ás titores que teñen estudantes en prácticas durante o curso correspondente e entrégase nos meses de setembro/outubro seguintes. Como apoio a este recoñecemento, na páxina web da Facultade creouse unha sección denominada “Colaboradores docentes Prácticum” na caixa “A Facultade”, onde se recollen os nomes dos titores/as profesionais que ofrecen praza de prácticas no ano académico vixente. Os datos actualízanse ao comezo do curso1, tras coñecer a oferta de prazas de Prácticum: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/
1A actualización destes datos será automática. De ser o caso, prégase comunicar a disconformidade con que se faga pública esta información persoal a: [email protected]
c. Posesión da Tarxeta Universitaria de Identificación (TUI) e identificación de usuario de servizos electrónicos2, que permitirá que:
- Na súa condición de colaboradores docentes da USC, os aos/ás titores/as profesionais do Prácticum dispoñan da TUI. Se así o desexan, deberán solicitar a autorización pertinente ao decanato da Facultade. Neste enlace pódese consultar os seus servizos: http://www.usc.es/es/servizos/atic/tui/servizos/
- Baixo petición explícita2, se dispoña de conexión de rede sen fíos das universidades e centros de investigación españois (eduroam) e de acceso remoto vía Proxy á rede da USC (recursos bibliográficos da biblioteca e software informático). A mellora conseguida permitirá que os titores profesionais dispoñan deste servizo nas mesmas condicións que se ofrecen a Persoal Docente Investigador (PDI) da USC.
2Este servizo necesita ser activado e renovado anualmente, polo que se se desexa dispor del, prégase comunicalo ao decanato: [email protected] .
![Page 3: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071214/604214b3ff0ee14de949402c/html5/thumbnails/3.jpg)
Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017
3
d. Organización de dous cursos de formación por ano académico ao amparo do
Programa de Formación e Innovación Docente (PFID), que permitan atender ás demandas e necesidades de formación continua dos colaboradores docentes do Prácticum da Facultade de Psicoloxía.
A primeira actividade formativa destas características que foi demandada polos colaboradores docentes tivo lugar durante o presente curso 2016-2017. O curso en cuestión, denominado “Técnicas de intervención en Terapia Breve Centrada en las Soluciones”, foi impartido por Mark Beyebach (Profesor da Universidad Pública de Navarra, Especialista en Psicoloxía clínica e Terapeuta Familiar) o 29 de outubro de 2016 (véxase nota publicada no Anexo I). Ao curso asistiron máis de 60 participantes, que manifestaron unha alta satisfacción co desenvolvemento e o resultado desta xornada de formación; de feito chegoulles a pouco e pediron unha segunda edición. Esta segunda parte do curso está prevista para o 25 de novembro e incorporará aspectos relacionados coa Terapia Breve aplicada a problemas infantís e á intervención na escola. Se ben o proceso de inscrición deixarase para o mes de setembro, quen desexe deixar constancia xa do seu interese por participar no curso, pode facelo no e-correo: [email protected]
e. Organización de charlas mensuais dirixidas ao alumnado da Facultade de Psicoloxía e impartidas polos titores/as profesionais, onde dan a coñecer o seu labor profesional. A colaboración impartindo estas charlas é voluntaria e será remunerada.
Se ben esta iniciativa comezou no ano 2015-2016, durante o presente curso 2016-2017 conseguimos dar oficialidade ás charlas e convertelas nunha actividade formativa que ten o recoñecemento de 2 créditos transversais para os/as estudantes asistentes. Desta forma, conseguimos potenciar a motivación do alumnado e garantir un aforo regular ás sesións que a compoñen. A súa formalización, recoñecida baixo a denominación de: "Ciclo de charlas: a práctica profesional da Psicoloxía", a converte nunha actividade oficial composta por 9 charlas repartidas ao longo do curso (aprox. 1 por mes) e a súa programación queda pechada dun ano para outro. Pódese atopar a información completa ao respecto no enlace da web da Facultade: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/curso_2016_17/2016_17_creditos_transversais.html Ata o momento, as charlas organizáronse cos ofrecementos manifestados a partir do seu anuncio na reunión de titores do 5 de xuño de 2015, e para o curso 2017-2018 tamén estarían cubertas as charlas previstas. En decembro de 2017 abrirase un prazo para que os/as compañeiros/as de centros non participantes anteriormente poidan manifestar o seu interese por incorporarse ás vindeiras edicións desta actividade (a partir do curso 2018-2019). Na súa planificación, e de ser necesario, considerarase á antigüidade na colaboración co Prácticum como criterio de prelación. Para finalizar este punto da xuntanza, lémbrase que a descrición destes servizos, xunto con outros que tamén son ofrecidos, está recollida no enlace: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/practicum_centprac.html
![Page 4: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071214/604214b3ff0ee14de949402c/html5/thumbnails/4.jpg)
Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017
4
3. Informe sobre a satisfacción do alumnado co Prácticum 2015-2016
De seguido, e no nome do colectivo da Facultade, agradécese aos titores e titoras profesionais o feito de que as prácticas que realizan os estudantes de Psicoloxía sexan de tan alta calidade. Como mostra, remítese aos/ás presentes ao informe da enquisa de valoración do Prácticum dos estudantes do Grao en Psicoloxía curso 2015-2016. Estes informes son realizados cada curso cos datos recadados do alumnado tras a finalización do Prácticum e colgados na sección da web da Facultade dedicada á “calidade” (véxase o enlace: http://www.usc.es/gl/centros/psicoloxia/calidade_indicadores_facultade.html). En concreto, na xuntanza analízase o extracto do último informe correspondente á valoración feita polos estudantes da titoría profesional e académica e a satisfacción total coas prácticas, e que amosa como as puntuacións seguen a situarse nos valores máis altos. Unha vez máis, o mellor indicador da satisfacción do alumnado é que a súa queixa case exclusiva é o curto que se lles fai o Prácticum.
4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 Brevemente, preséntase o calendario xeral de procedementos do Prácticum do Grao para o vindeiro curso. Un dos fitos principais correspóndese co contacto cos titores profesionais para formular a oferta de prazas para o curso 2017-2018. Tal contacto efectuarase nos meses de xullo e setembro de 2017 desde o decanato por correo electrónico e/ou por teléfono, dependendo das respostas recibidas. O período oficial do Prácticum do Grao será do 9 de abril ao 1 de xuño de 2018.
Sen máis asuntos que tratar, a xuntanza remata ás 12.55 h para dar paso á celebración do Acto de Recoñecemento ás Entidades Colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía presidido polo Sr. D. Juan M. Viaño Rey. Reitor da USC. No Anexo II, pódese consultar a nota de prensa ao respecto que foi publicada no Xornal da USC o 3 de xullo de 2017: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_07/noticia_0001.html .
Ao remate do Acto de Recoñecemento, ás 14.00 h, celebrouse un aperitivo de agradecemento e peche da xornada (véxase fotografía no Anexo III).
![Page 5: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071214/604214b3ff0ee14de949402c/html5/thumbnails/5.jpg)
Anexo I.
Reseña do primeiro curso de formación para titores do Prácticum da Facultade de Psicoloxía “Técnicas de intervención en Terapia Breve Centrada en las Soluciones” (Mark Beyebach; 29 de outubro de 2016)
![Page 6: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071214/604214b3ff0ee14de949402c/html5/thumbnails/6.jpg)
Anexo II.
Reprodución da nota de prensa publicada no Xornal da USC o 3 de xullo de 2017: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2017_07/noticia_0001.html
![Page 7: Xuntanza de titores de Prácticum do 30 de xuño de 2017 - USC · 4. Presentación do calendario de procedementos do Prácticum 2017-2018 1. Benvida aos asistentes A decana da Facultade,](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071214/604214b3ff0ee14de949402c/html5/thumbnails/7.jpg)
Anexo III.
Fotografía de parte dos/as asistentes homenaxeados no Acto de Recoñecemento ás Entidades Colaboradoras no Prácticum da Facultade de Psicoloxía (30 de xuño de 2017)