xxxvi xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - programa.pdf · salvadores covas, enxeñeiro...

16

Upload: others

Post on 24-Oct-2019

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes
Page 2: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

XXXVI Xornadas do Ensino da CoruñaA Coruña, escenarios de cinema

24 ao 28 de Setembro de 2012. IES Menéndez Pidal (Zalaeta)

Luns 24

Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de materiais.

Ás 16:45 horas. Inauguración das Xornadas.

De 16:45 a 18:15h. Escribir... pintar.... Filmar... A utilización creativa -como un bolígrafo ou pincel - de dispositivos  de rexistro de imaxe (cámaras fotográficas, móbiles..)   ofrece innumerábeis posibilidades na práctica docente, dende a creación de obxectos dixitais ata a expresión libre. O único importante é a “mirada”. Por Manuel González Álvarez, profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol.

De 18:15 a 20:30h: Un paseo polos Xardíns do Recheo. Este xardíns acollen numerosas esculturas e distintas especies arbóreas (metrosideros, piñeiros bravos, palmeiras canarias...) Proxectados en 1868, recibiron o nome de xardíns de Méndez Núñez en 1871. Por Xosé Manuel Tato Ramos, profesor no IES Monelos.

Martes 25

De 16:30 a 20:30h Roteiro pola Coruña Medieval, Barroca e Modernista. O obxectivo deste roteiro é coñecermos os edificios relixiosos e civís que tiveron algún papel destacado durante estas etapas artísticas. Igrexas, conventos, pazos, teatros e espazos urbanos como a Praza de Azcárraga ou a de María Pita, que conformaron a cidade que hoxe coñecemos. Estas edificacións serán o punto de partida para elaborar outros roteiros e tamén Unidades Didácticas. Por Pepa Cerviño Lago, profesora da UDC.

Page 3: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

Mércores 26

De 16:30 a 18:00h. A Coruña espella a historia de Galiza: Visita ao cemiterio de Santo Amaro. Mª Pilar García Negro, profesora da UDC..

De 18:15 a 20:30h. Como contar o patrimonio: narrativas para a divulgación histórica. Un dos grandes desafíos en relación ao patrimonio cultural é mellorar as técnicas de comunicación e divulgación da Historia e do patrimonio cultural. A través da análise de exemplos galegos e internacionais, coñeceremos métodos e técnicas para difundir mellor o patrimonio cultural a diferentes tipos de colectivos. Por Manuel Gago, profesor da USC.

Xoves 27

De 16:30 a 20:30h. Percorrido básico pola xeoloxía da Coruña. Un breve paseo pola costa da Coruña para coñecermos onde poñemos o pé;  que pisamos antes de chegarmos á rocha nai. Para descubrirmos pregamentos e engurras na rocha, fallas e xistos, granitos e lousas. Por Xosé Manuel Tato Ramos, profesor no IES Monelos.

Venres 28

De 16:30 a 18h Sesión práctica na que se comentará a aplicación práctica do material gravado polo alumnado e a súa aplicación na aula, resolución de dúbidas fundamentalmente técnicas para montar as actividades. Por Manuel González Álvarez, profesor do IES Concepción Arenal de Ferrol

De 18 a 20:30h. A Coruña, roteiro de cinema. O cinema español naceu da man de José Sellier na Coruña de 1897. Dende aquela, a cidade  agromou na pantalla cinematográfica en máis dun cento de filmes. Unha visita virtual constituída por fragmentos visuais de espazo e tempo.Unha  aproximación á historia do cinema na Coruña.Por Manuel González Álvarez, profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol

Prezos: Afiliados/as e asociados/as: 15€ Parados/as: 36€ Normal: 60€Solicitada a homologación por 20h lectivasMatrícula: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

Page 4: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

XXI Encontros Pedagóxicos de Santiago: Percorridos Didácticospor Santiago e comarcaDo 24 ao 28 de Setembro de 2012Luns 24De 16:30 horas -saída en autobús de Santiago, local sindical, San

Lázaro- ás 20:30 horas -chegada a Santiago. Alto Ulla, viaxe ao corazón do país. Itinerario polos territorios que conforman o Alto Ulla. A saída comezará na Eira da Xoana, equipamento da asociación ecoloxista ADEGA que pretende poñer en valor o patrimonio natural e cultural galego mediante o deseño e execución de diferentes actividades. O roteiro irá descubrindo a etnografía, a historia ou a biodiversidade da zona (río Ulla, Castelo de Pambre, etc.) e rematará na aldea de Albá cunha visita guiada á queixería Arqueixal e ao conxunto de antigas casas rurais recuperadas que deron lugar a unha aldea de ecoagroturismo. Percorrido guiado por Xosé Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación.

Martes 25De 16:30 horas -saída en autobús de Santiago, local sindical, San

Lázaro- ás 20:30 horas -chegada a Santiago. Pico Sacro, emblema do patrimonio natural e cultural galego. Na visita coñeceremos aspectos vinculados á etnografía e á historia, así como as singulares características xeolóxicas e xeomórficas deste enclave, un dos puntos xeográficos máis destacados no noso patrimonio natural e cultural. Partirase de Lestedo para facer unha observación do medio natural e, logo da visita guiada ao Pico Sacro, baixarase ao centro de interpretación do mesmo. Percorrido guiado por Marcos Maceira Eiras, licenciado en historia e Fins Eirexas Santamaría, licenciado en xeoloxía.

Mércores 26De 16:30 horas -Centro Galego de Arte Contemporáneo- ás 20:30 horas

Trece Badaladas. O guión, a novela e Santiago. “Trece badaladas” quere abranguer o espírito da cidade (o mito celta, o mito xacobeo, as

Page 5: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

lendas da cidade…) e tamén a historia da construción urbanística, política e humana de Santiago. Partindo de aí a tese é que Santiago é pedra, mais sobre cousas ningunha é linguaxe: mito, crónica, historia. Partindo de aí, Suso de Toro fará unha percorrido guiado por algúns lugares relacionados coa lírica medieval, co Rexurdimento e coa Revolución galega de 1846 (Faraldo), o mesmo coas Irmandades e cos anos republicanos, a Xeración do Seminario, os parladoiros da posguerra, os últimos anos do franquismo…. Percorrido guiado polo escritor e autor da obra, Suso de Toro.

Xoves 27De 16:30 horas -saída en autobús de Santiago, local sindical, San Lázaro- ás 20:30 horas -chegada a Santiago. A memoria nos tempos do wolfram. Rematada a Incivil Guerra española comeza unha longa posguerra con privacións e padecementos. Pero un mineral, unha pedra negra e pesada, empuxou a milleiros de persoas aos montes de Pontevedra, A Coruña e Ourense. Era o wolfram, un mineral que uns días antes tiña o valor do po e de repente foi a fonte maior de ingresos dunha boa parte da poboación. Naqueles montes entrecruzaron as súas vidas mineiros, contrabandistas, guerrilleiros, aventureiros , gardas civís... Farase a proxección previa do documental no local do Museo da minería en Vila de Cruces e a posterior visita guiada ao poboado mineiro de Fontao. Percorrido guiado por Antón Caeiro Rodríguez, traballador da imaxe, (autor do documental “ A memoria nos tempos do wolfram”) e Diego Casal, director do Museo da minería.

Venres 28De 16:30 horas -saída en autobús de Santiago, local sindical, San Lázaro-

ás 20:30 horas -chegada a Santiago. Noia: a vila medieval e a súa xente. Percorrido pola Noia medieval para ver a evolución urbanística dunha vila dedicada ao comercio marítimo. Pararase nos seus monumentos sobranceiros: pazos góticos, Igrexas de Santa Cristina, San Martiño e Santa María, …No seu cemiterio gremial estudaremos a sociedade desta época: nobres, mercadores e artesáns. Percorrido guiado por Xepe Torres Reino, arqueólogo.

Prezos: Afiliados/as e asociados/as: 30€ Parados/as: 60€ Normal: 100€Solicitada a homologación por 20h lectivasMatrícula: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

Page 6: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

XX Encontros Pedagóxicos da Mariña LuguesaDo 25 ao 27 de Setembro de 2012CEIP de Cervo (Pedrouzo s/n, Cervo)

Martes 25Ás 16:00 horas. Recepción de participantes e entrega de material

Ás 16:15 horas. Conferencia: Celso Emilio Ferreiro: lingua proletaria do meu pobo. Presentado por Dores Fernández Abel, profesora de Lingua e Literatura Galega.

Mércores 26De 16:00 horas. Charla-debate: A verdade da crise económica. Análise desde unha perspectiva social. Farase unha análise profunda das mentiras sobre a crise económica, das súas causas e das súas consecuencias. O debate tamén se centrará nas alternativas para saír dela. Presentado por Balbino Fernández López, asesor fiscal.

De 18:00 horas. Presentación das experiencias didácticas do CEIP de Cervo. Nesta presentación o director do centro exporá un percorrido histórico das distintas experiencias didácticas que se levaron a cabo no CEIP de Cervo, tanto no propio centro como no intercambio con outros centros. A cargo do de Xerardo López Enríquez, director do CEIP de Cervo.

Xoves 27De 16:00 horas. Percorrido cultural polo patrimonio arqueolóxico de Cervo. Neste percorrido cultural polo patrimonio da zona visitaremos o Castro da Vela en Morás, Ruínas e castro de San Tirso, O Castelo na Punta do Roncadoiro, entre outros xacementos e lugares excepcionais e pouco coñecidos para a maioría da sociedade. Coa colaboración de Manuel Miranda Ruíz, membro da Asociación Cultural Mariña Patrimonio

Ás 20:00 horas. Clausura dos Encontros

Prezos: Afiliados/as e asociados/as: 13€ Parados/as: 30€ Normal: 50€Solicitada a homologación por 10h lectivasMatrícula: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

Page 7: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

XX Encontros Pedagóxicos de OurenseDo 20 ao 27 de SetembroRoteiros. Saída desde o local da CIG, Parque de San Lázaro, Ourense

Xoves 20

Ás 16:30 horas. Recepción e entrega de material no local da CIG, Parque de San Lázaro, nº 12, 4º, Ourense

De 17.00 a 21:00 horas. Roteiro polo río Barbantiño.

O roteiro percorre as marxes do río Barbantiño, con abundante arboredo autóctono, ata a ponte medieval de San Fiz: ponte dos séculos XIII-XIV con dous arcos apuntados e que presenta un tramo de 300 metros da calzada de pedra orixinal. Existen moitos muíños, que utilizan a forza da auga do río para moer o grao, para iso move dúas grandes pedras entre as que se bota o gran. Estas pedras son capaces de converter o gran en fariña ( sexa de centeo, trigo ou millo). Varios deles están reconstruídos e pódense visitar (pero non ver funcionar). Tamén se atopa a fervenza do mesmo nome e unha minicentral hidroeléctrica. Esta minicentral foi moi contestada e fixo moitas falcatruadas. Por exemplo o dia 11 de novembro do 1998 o río quedou seco. Posteriormente morreron centos de troitas nunha limpeza...e outras barbaridades. O Barbantiño desgraciadamente pasou de ser un río emblemático, un auténtico viveiro de troitas, a un río sen vida desde a minicentral ata a súa desembocadura. Por Cándido Fernández Domínguez.

Luns 24

De 18:00 a 21:00 horas. Apuntamentos para interactuar coa cidade. Roteiro pola cidade de Ourense.

Partiremos do cemiterio de San Francisco, prototipo do cemiterio romántico do séc. XIX, que foi declarado de Interés Cultural polo seu

Page 8: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

patrimonio monumental, histórico e artístico; desde alí admiraremos unha panorámica da cidade que posteriormente percorreremos a pé. Unha viaxe desde o tempo dos romanos, de quen temos a sonada Ponte Vella, ata o modernismo representado entre outros pola “Casa Taboada” construída en 1918, polo arquitecto Vázquez-Gulías.. Por Luís Martínez- Risco Daviña.

Xoves 27

De 17.00 a 21:00 horas. Roteiro ata o Castro de San Cibrao de Lás. A Cidade de San Cibrán de Lás está na parroquia do mesmo nome pertencente ao concello de San Amaro (Ourense). Partindo das inmediacións deste Castro, un dos máis grandes de Galiza, percórrense varias aldeas do concello de San Amaro, visitando os petróglifos do monte da Hermida e a capela do San Trocado. Un dos máis soados petróglifos é unha rocha de tamaño medio, de granito, coa superficie superior aplanada e algo inclinada cara o Sur. Na cima do monte do San Trocado localízase unha capela que ostenta nun dos seus laterais unha data, 1739, posiblemente dunha reconstrución. A capela está dentro dos límites da parroquia de San Cibrán de Las, que garda na súa parroquial unha imaxe do santo titular. Na capela hai hoxe unha imaxe pétrea do San Trocado, que substitúe a outra -ignórase como era- que desapareceu a finais dos anos cincuenta do século XX. Por Cándido Fernández Domínguez

Luís Martínez-Risco Daviña é Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Catedrático de Xeografía e Historia no I.E.S. Otero Pedrayo de Ourense.

Cándido Fernández Domínguez, licenciado en CC Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesor de Física e Química non IES Val do Tea, Ponteareas, é natural da bisbarra do Carballiño e un gran camiñante o que o converte nun excelente coñecedor da zona.

Prezos: Afiliados/as e asociados/as: 20€ Parados/as: 40€ Normal: 66€Solicitada a homologación por 11h lectivasMatrícula: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

Page 9: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

XXIV Semana da Educación de PontevedraDo 24 ao 28 de Setembro

Luns 24

Ás 17:00 horas. (Pazo da Cultura de Pontevedra) Recepción e entrega de Materiais

De 17:30 a 19:00 horas. Conferencia-debate inaugural:Sociedade e Educación: Civilización ou Desigualdade.

Por Xabier Pérez Davila: Mestre, Licenciado en ciencias económicas, Profesor de ensino Secundario no IES Chapela-Redondela, Delegado da Cig-Ensino e Presidente da Xunta de Persoal Docente Non Universitaria da Provincia de Pontevedra.

Ás 19:00 horas. Roteiro didáctico: A Illa Das Esculturas. Illarte na natureza (Pontevedra).

O ano de 1999 foi o ano do rebautizo da Illa do Covo xa que, grazas á intervención artística de 12 escultores de renome internacional, pasou a ser coñecida como A Illa Das Esculturas. A natureza e a arte non só comparten espazos. As esculturas ofrecen unha mirada cultural da paisaxe á cal están vinculadas. Na visita achegarémonos á riqueza artística e aos valores paisaxísticos e ambientais da Illa, e as súas aplicacións didácticas.(Entregarase unha guía didáctica -Libro+cd- aos participantes)

Por Manuel Domínguez Rey. Membro de “Ventos” Estudos Ambientais

Page 10: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

Martes 25

De 17:00 a 21:00 horas. Visita ao Castro de Castrolandín (Cuntis).

O castro de Castrolandín é un poboado fortificado habitado entre o século IV a.C. e o I d.C. Tempo despois fundouse moi preto a vila romana de Cuntis (Aqua Calidae). Por este motivo, a romanización ten un papel importante na historia de Castrolandín. Coñeceremos o xacemento como ferramenta didáctica, veremos o material didáctico sobre o traballo arqueolóxico, modelos de ocupación e explotación do territorio na Idade do Ferro… Visitaremos o poboado, veremos os obradoiros de cerámica castrexa e as reproducións de machados, muíños de man, teares… que se utilizan nas actividades cos rapaces. Por Suso López e Nuria Vilalta, máster en Museoloxía e xestión do patrimonio pola universidade de Barcelona.Mércores 26

De 17.00 a 21:00 horas. San Simon. A Illa do pensamento (Redondela).

Ocupada polos templarios no S XII, saqueada polos piratas británicos, testemuña da Batalla de Rande, l azareto, prisión na guerra civil e residencia de verán dos membros da garda de Franco durante a ditadura. Faremos unha visita didáctica á Illa de San Simón, referencia na recuperación da Memoria Histórica do noso país. Por Matías Rodríguez Da torre. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, profesor de ensino secundario.

Xoves 27

De 17.00 a 21:00 horas. Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) (Campo Lameiro).

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un equipamento

Page 11: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

cultural único para coñecer unha das máis características e primitivas manifestacións artísticas de Galicia: os petróglifos, signos e figuras gravadas nas rochas. Visitaremos: o Centro de Interpretación,  a área arqueolóxica anexa, na que podemos pasear e observar un conxunto de estacións rupestres, e unha recreación dun poboado no que se evocan aspectos da vida cotiá da Idade do Bronce. Mostrarase o material didáctico elaborado polo PAAR para o traballo cos cativos dos centros educativos.. Por Fernando Quintas González e Ana Álvarez Rodríguez, arqueólogos

Venres 28

Ás 17.00 horas. Roteiro Castelao (Pontevedra). Este roteiro partirá da Praza da Ferraría de Pontevedra

Traballo, familia, creación artística ou activismo político. A cidade de Pontevedra resulta fundamental para entender a vida e a obra de Castelao e, por extensión, o galeguismo do primeiro terzo do século XX. Percorreremos a cidade de Pontevedra seguindo as pegadas de Castelao. Un percorrido didáctico no que se poden atopar múltiples referencias ao traballo do rianxeiro espalladas nos máis diversos recantos da cidade. Un xeito diferente de nos achegar á Boa Vila e mais á figura do insigne galeguista. Por Roberto Rivas Reboredo, licenciado en Historia, membro da xunta directiva da AS-PG.

De 19:00 a 21:00 horas. Presentación de material didáctico a cargo de OQO Editora e clausura.

Todos os roteiros sairán do Pazo da Cultura de Pontevedra ás 17:00 horas, agás o Roteiro Castelao que o fará da Praza da Ferraría de Pontevedra

Prezos: Afiliados/as e asociados/as: 30€ Parados/as: 60€ Normal: 100€Solicitada a homologación por 20h lectivasMatrícula: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

Page 12: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes
Page 13: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes
Page 14: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

Paseos Pedagóxicos de VigoO concepto e a protección da Natureza en sete exemplosDo 13 ao 22 de Setembro de 2012.

Da man de Xurxo Pérez, Xosé María Bouzó e Francisco Martínez, condutores habituais dos “Paseos”, faranse diversos percorridos polo país adiante, co obxectivo de poñer en perspectiva histórica o concepto de Natureza e desagregar os varios compoñentes que nela se integran, para poder valorar as diferentes estratexias posibles da súa protección.

Xoves 13:

Exemplo do concepto de Natureza: Parque Natural do Monte Aloia. Pola tarde

Sábado 15: : A evolución do concepto de Parque Natural: Parque Natural do Xurés. Todo o día.

Luns 17:

O aparente retorno da Natureza: O río Xabriña (Covelo). Pola tarde.Martes 18:

Protección colectiva non gobernamental da Natureza: Ridimoas (Beade). Pola tarde.

Mércores 19:

Ecosistemas noveis: Pozas de San Cristovo (Ribadavia). Pola tarde.

Page 15: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes

Xoves 20:

A importancia da escala: Os cantís de Monteferro. Pola tarde.

Sábado 22:

“Intelixencia emocional” da Natureza: Cova de Caritel (Ponferrada). Todo o día.

Horario.

Sábado 15 e sábado 22 de setembro: De 10:30 a 13:30 h. e de 17 a 20 h.Xoves 13: De 16:30 a 20:30 h, Luns 17, martes 18, mércores 19 e xoves 20:De 16.30 a 20 h.

Os horarios de saída para cada unha das actividades farase saber no seu momento aos admitidos/as.

Prazas limitadas (25).

Prezos: Afiliados/as e asociados/as: 21€ Parados/as: 41€Normal: 66€

Solicitada a homologación por 30h lectivas

Matrícula: www.as-pg.com ou www.cig-ensino.com

Page 16: XXXVI Xornadas - cig-ensino.gal de verán 2012 - Programa.pdf · Salvadores Covas, enxeñeiro técnico agrícola e Marcial Barral Vázquez, diplomado en ciencias da educación. Martes