a cultura castrexa. continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

29
A cultura castrexa A cultura castrexa Continuación do tema 12 (1º ESO): Os pobos prerromanos da Plª Ibérica.

Upload: feli555

Post on 21-Jul-2015

488 views

Category:

Education


7 download

TRANSCRIPT

Page 1: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

A cultura castrexaA cultura castrexa

Continuación do tema 12 (1º ESO): Os pobos prerromanos da Plª Ibérica.

Page 2: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Que é Cultura Castrexa?

Denomínase Cultura castrexa ao conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Plª Ibérica entre os séculos IX / VIII a. de C. e o s. I d. de C. A súa característica máis significativa

é que vivían en poboados denominados castros aos que deben o seu nome.

Co desenvolvemento da Cultura Castrexa, coinciden no restoda Plª Ibérica as culturas Celta e Íbera. As tres son asdenominadas “Culturas dos Pobos Prerromanos”.

1.- Introdución

Page 3: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

As características desta cultura localízanse nunha área que comprende a Galicia actual e que se prolonga cara ao Occidente de Asturias polo norte e ata o río Douro polo sur (norte de Portugal).

Cultura castrexa

Localización

Page 4: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Un elevado número de castros espállanse aínda hoxe pola xeografía galega e recoñécense :

Polos restos arqueolóxicos:murallas, vivendas, pezas cerámicas,metalúrxicas, ...)

A toponimia:castro,castrillón, Castriño, “cidá” ...... .

Polo variado folclore: lendas de mouros, mulleres encantadas, ...

Como recoñecemos a presenza dun Castro?

Page 5: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Entre os castros máis coñecidos hoxe podemos citar: - O de Baroña en Porto do Son ( A Coruña) - O de Santa Tegra na Guarda, - O de Viladonga ( Lugo) - O de Elviña ( A Coruña) - O de San Cibrao de Lás ( Ourense)

Na comarca do Deza son importantes os restos de numerosos castros, case que un por parroquia.

Page 6: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

FontesPara o estudo desta cultura contamos con fontes diversas:

Escritas: de autores gregos e latinos (Strabón, Plinio, …)

Folclóricas:

Etnográficas

Arqueolóxicas: Lendas de mouros, mulleres encantadas, ....

Epigráficas: estelas, aras,...

Murallas, vivendas, cerámica,armas, pezas de arte, .....

Page 7: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

2.- Características da cultura castrexa.

A) É unha cultura de trazos bastante uniformes, aínda que entre o s. IX a.C. e o s. I d. C. evoluciona a nivel material, económico, social, político e relixioso en tres etapas:

1ª) Fase inicial, na que enlaza co Bronce Final arredor do século IX a. C.

2ª) Fase de desenvolvemento, s. VI a III a. C.

3ª) Fase de plenitude da cultura castrexa, s. II a. C. a I d. C.

A evolución obsérvase: Na cada vez maior complexidade dos castros (vivendas doutra forma, outra disposición, ...)

Na organización social, política e relixiosa coa entrada de novos deuses

No maior desenvolvemento da agricultura e do comercio.

Page 8: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

B) O hábitat representado polo castro é o elemento máis característico.

Que é o castro?

É un poboado, de planta xeralmente redondeada, fortificadopor muralla/s, foxo/s e parapeto/s en disposición concéntrica e polaubicación en áreas de fácil defensa como outeiros, aínda que tamén se atopan en chairas.

No interior da área defendida distribúense as construcións domésticas.

Segundo o seu emprazamento poden ser castros costeiros (situados en penínsulas) ou de interior (situados en outeiros, ladeiras, ou chairas). Para a súa ubicación é tamén importante a existencia de terras de cultivo e de auga.

Page 9: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Plano dun castro costeiro, o de Baroña ( Porto do Son),situado nunha penínsulapara asegurar a súa defensa.

Page 10: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Castro de Baroña ubicado nunha península para que o mar axude á defensa. (Porto do Son)

Page 11: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Castro de Santa Tegra (a Guarda) .Obserba os restos das numerosas vivenda.

Vivenda circular

Page 12: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Castro de Viladonga ( provincia de Lugo)

FortificaciónVivendas

Page 13: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

As casas, situadas no interior do castro, son de planta redondeada de entre tres e seis metros. Poden contar cun vestíbulo. Por influencia dos romanos adoptaron formas cuadrangulares e unha disposición urbanística.No interior das casas está o fogar. As cubertas eran de tipo vexetal recubertas con barro. Sobre os muros de pedra abríanse as portas.

Non contamos practicamente con elementos arquitectónico de carácter ritual como templos ou necrópoles. Tampouco con construcións públicas ( palacios, lugares de reunión ou para espectácculos).

Como son as vivendas?

Page 14: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Reconstrución dunha vivenda castrexa

Page 15: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Reconstrución dunha vivenda Castro de Santa Tegra

Page 16: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

C) A economía : de que vivían os castrexos?

-Da agricultura: cultivaban cerais e leguminosas.

- Da gandería: gando bovino, ovino, caprino, de cerda e cabalar.- Da pesca e do marisqueo na costa

- Da minaría do cobre, o estaño, o ferro e o ouro.

-Elaboraban os útiles necesarios - Realizaban troque de mercadorías

- Non coñeceron a moeda nin a escritura.- Seguían a cazar (xabaríns,...) e a recolectar (landras,...)

Artesanía

Page 17: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

D) A sociedade: Como estaba organizada?

Os principais núcleos de poboación eran os castros que estaban repartidos por todo territorio.Cada castro estaba formado por varias familias e organizábase de xeito independente, tiñan os seus propios deuses e dereito para rexirse entre eles.

Un conxunto de castros, co seu territorio circundante, podía formar un populus. Coñecemos o nome dun populus, Galaicos, do que procede o nome dado polos romanos á provincia do noroeste.

Entre os distintos castros existían relacións, pero non formaban unha unidade política superior, un Estado.

Page 18: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Os autores clásicos, apoiados en restos arqueolóxicos, propoñen a existencia dunha sociedade dominada polo carácter guerreiro. Existiría unha xerarquía militar dotada dun alto valor social e político. Os restos arqueolóxicos como torques, diademas, … ou esculturas de guerreiros e armas testimuñan o anterior.Tamén destacaban as divindades relacionadas coa guerra como o deus Coso ou Bandua.

A muller parece que desmpeña un significativo papel na vida e decisións familiares. Pero, a sociedade é patricarcal e o poder correspondería, probablemte a unha xefatura militar.

Page 19: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Ilustración dun guerreiro castrexo

Estatua de pedra dun guerreiro castrexo, Lesenho, Portugal

Page 20: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Puñal achado no Castro de Viladonga (Lugo)

Page 21: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

E) A relixiosidade

Eran politeístas, contaban cun amplo panteón de divindades. Algunhas destas eran de carácter local e outras a nivel máis amplocomo os xa citados Coso ou Bandua. Tiñan divindades relacionadas cos camiños, as augas, os montes e as forzas da natureza.Non representaron aos seus deuses, a non ser que as esculturas de guerreiros sexan tales.

Page 22: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

F) A arte: a plástica, a cerámica e a ourivería.

1) A plástica. Diferenciamos:

- A decoración arquitectónica de tipo xeométrico entre a que destaca o Tríscele.

- A escultura zoomórfica: Os verracos - A escultura antropomórfica: Os Guerreiros e Cabezas de Guerreiros.

2) A cerámica:

3) A ourivería: abundante e fabricada en ouro, prata e bronce

Moi abundante e cunha grande variedade decorativa.

Torques, arracadas, diademas, ...... .

Page 23: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Decoración arquitectónica en pedra: o tríscele calado achado en Castromao, Celanova. S. I a. C. -I d. C. de 45 por 46 por 11 cm.

A escultura labradaen pedra e encaixadanun dos muros dunha vivenda castrexa tiña función relixiosa e de agoiro.

Page 24: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Torso de guerreiro en pedra encontrado en Armeá (Allariz,Ourense) .Escultura castrexa sedente en pedra

encontrada en Xinzo de Limia.

Escultura antropomórfica:

Page 25: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Cabeza de guerreiro de Rubiás, Bande (provincia de Ourense)

Page 26: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

A CERÁMICA CASTREXA

Fragmentos de cerámica do Castro de Elviña datados en distintas fases.

Page 27: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Torque articulado do

Castro de Elviña ( A Coruña)

A ourivería

Page 28: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Torque de Burela (Lugo) realizado con molde. S. III- II a. C. ( 2kg. De peso)

Page 29: A cultura castrexa. Continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Arracadas dos Museos de pontevedra e Ourense