a grecia antiga
TRANSCRIPT
![Page 1: A Grecia antiga](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082503/5591f0d81a28abdb278b467c/html5/thumbnails/1.jpg)
A GRECIA ANTIGA
1.- O NACEMENTO DO MUNDO GREGO
● A civilización grega orixinouse na Península Balcánica e nas costas e illas do Mar Exeo.
● Existían cidades-Estado chamadas polis, independentes unhas das outras.
● Os gregos vivían da agricultura, do pastoreo, da pesca e do comercio que desenvolveron ao longo de todo o Mediterráneo.
● Os gregos sentíanse membros dunha mesma comunidade e cultura: a Hélade, unidos por unha mesma lingua e unha mesma relixión.
● A relixión grega era politeísta. Os deuses habitaban no monte sagrado do Olimpo e Zeus era o pai de todos eles.
● Os gregos son unha mestura de pobos: Minoicos que habitaron a illa de Creta, Aqueos ou micénicos que viviron na Grecia continental e os Dorios que acabaron instalándose nas costas de Asia Menor.
2.- AS POLIS GREGAS.
● Os gregos estaban organizados en pequenas cidades-Estado independentes chamadas POLIS.
● Cada polis tiña as súas leis, moeda, exército e goberno propios.
● As primeiras polis tiñan un goberno oligárquico, compostos por uns poucos aristócratas, grandes propietarios agrícolas que constituían a elite guerreira. Esparta é un exemplo deste tipo de goberno.
● Na polis de Atenas xurdiu unha nova forma de goberno: a DEMOCRACIA: poder exercido polos cidadáns.
3.- AS COLONIZACIÓNS GREGAS
● Entre os séculos VIII-VI a.C numerosos habitantes das cidades gregas emigraron a diferentes lugares das costas mediterráneas e do Mar Negro e colonizaron novas terras.
● As causas desta emigración foron: A escaseza de terras, a maioría eran propiedade dos aristócratas, a miseria na que vivían moitos campesiños porque en Grecia habitaba moita xente e non había terras nin alimentos para todos e o espírito comercial e navegante dos gregos que buscaban comerciar cos indíxenas e extraeren materias primas.
● As zonas máis importantes de colonización foron: a Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia), Massalia (sur de Francia), Iberia (Emporion, Homeroskopeion, Mainaké) e o Mar Negro.
● Nestas zonas os gregos fundaron colonias, polis independentes das cidades de orixe (METRÓPOLE) aínda que mantiñan con ela relacións comerciais e culturais. Introduciron novos cultivos, uso da moeda, escritura, etc.
1
![Page 2: A Grecia antiga](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082503/5591f0d81a28abdb278b467c/html5/thumbnails/2.jpg)
4.- A ATENAS DE PERICLES
● No século V a.C, baixo o goberno de Pericles, Atenas converteuse na polis hexemónica de Grecia.
● A forma de goberno que se estableceu en Atenas foi a democracia: poder do pobo. As institucións básicas deste sistema político eran a Asemblea: reunión de todos os cidadáns de Atenas (Ekklesia), para votar as leis, decidir as declaracións de guerra e elixir aos maxistrados : eran cidadáns elixidos pola Asemblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importantes eran os Estrategos: dirixían a política exterior e o exército e os Arcontes: presidían os tribunais e as cerimonias relixiosas.
● A democracia ateniense era limitada: só podían participar na vida política os cidadáns: todos os homes libres, maiores de idade, nados de pai cidadán e nai ateniense. Formaban parte do exército, eran os hoplitas.
● Estaban excluídos dos dereitos políticos: as mulleres, os metecos (estranxeiros) e os escravos.
5.- O ESPLENDOR DE ATENAS
● No século V a.C., os persas (medos) lánzanse á conquista das polis de Grecia, producíndose as Guerras Médicas (492-449 a.C) .
● Os exércitos atenienses xunto coas polis aliadas inflixíronlles importantes derrotas ( Maratón e Salamina ) aos persas que acabarán retirándose.
● A vitoria sobre os persas outorgoulle a Atenas un papel dominante sobre o resto de cidades gregas, as cales formaron a Liga de Delos (447 a.C), alianza dirixida por Atenas, en previsión dun novo ataque dos persas.
● Atenas recadaba e administraba os impostos que pagaban as polis e gardábaos na illa de Delos: Tesouro da Liga de Delos.
● Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impedíullelo pola forza estalando as Guerras do Peloponeso ( 431 - 404 a.C ). Esparta encabezou unha coalición de cidades, Liga do Peloponeso, contra a Liga de Delos dirixida por Atenas.
● Estas guerras remataron coa derrota de Atenas e a decadencia das polis gregas.
6.- A GRECIA HELENÍSTICA
● Macedonia, norte de Grecia, era no século IV un reino illado.
● O rei Filipo II aproveitando o declive das cidades gregas, logo das Guerras do Peloponeso, cun potente exército (falanxes) conseguiu o dominio de Grecia cara o 338 a.C.
● No 336 a.C o fillo de Filipo II, Alexandre Magno sucedeuno no goberno, e conseguiu unificar as cidades gregas, derrotar aos persas e chegar ata a India, creando un gran Imperio.
● Tras a morte de Alexandre Magno (323 a.C) os seus xenerais repartíronse o imperio, xurdindo reinos independentes chamados reinos helenísticos. Os máis importantes foron Exipto, con centro en Alexandría, e Siria, con capital en Antioquía.
2
![Page 3: A Grecia antiga](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082503/5591f0d81a28abdb278b467c/html5/thumbnails/3.jpg)
7.- A HERDANZA DA CULTURA CLÁSICA GREGA
● A cultura creada polos antigos gregos e romanos é a base da nosa cultura occidental.
● En Grecia naceron a filosofía, o coñecemento científico, os canons artísticos, os Xogos Olímpicos e a democracia como forma de goberno.
8.- DEUSES, HEROES E MITOS
● A relixión grega era politeísta: os deuses gregos habitaban no Olimpo, eran antropomorfos e inmortais: Zeus, Hera, Poseidón, Apolo, Ares, Dionisio,… Existían ademais heroes: fillos de deuses e mortais.
● As historias dos Deuses denomínase mitoloxía. Os mitos gregos explicaban a orixe do mundo. Exemplos: mito do talón de Aquiles ou o mito de Pandora.
● Celebraban moitas cerimonias ou cultos para adorar aos seus deuses:
- Cultos familiares: o pai era quen facía os ritos
- Cultos das cidades: cada cidade tiña as súas cerimonias: en Atenas celebrábanse as Panateneas, culto á deusa Atenea, no que unha procesión percorría as rúas da cidade.
- Cultos panhelénicos (de todos os gregos): Destacan o Oráculo de Delfos no que unha sacerdotisa (pitonisa) facía preguntas ao deus Apolo sobre o futuro das persoas; Xogos olímpicos en honor a Zeus.
9.- A CULTURA GREGA
● Grecia foi o berce da Filosofía e do pensamento racional, xa que os gregos trataron de buscar unha explicación lóxica da realidade.
● Os grandes filósofos gregos foron Sócrates, Platón e Aristóteles.
● Nas ciencias destacaron: Pitágoras (matemáticas), Arquímedes (física), Hipócrates (medicina), Eratóstenes (xeografía) e Aristarco (astronomía)
.● O teatro naceu en Grecia. Existen dous grandes xéneros teatrais: a traxedia e a comedia.
– A traxedia, unha peza que ten un desenlace funesto. Os grandes autores tráxicos foron Esquilo, Sófocles e Eurípides.
– A comedia obra divertidas cun desenlace feliz. Neste xénero salienta Aristófenes.
10.- A ARTE GREGA: ARQUITECTURA, ESCULTURA E PINTURA
.● Os gregos non usaron nin o arco nin a bóveda.
● A arquitectura grega é arquitrabada ou alintelada: unión de columnas e trabes horizontais.
● Foron os creadores das ordes ou estilos arquitectónicos: dórico, xónico e corintio.
3
![Page 4: A Grecia antiga](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082503/5591f0d81a28abdb278b467c/html5/thumbnails/4.jpg)
● Os edificios máis representativos foron os templos como o Partenón de Atenas e os teatros como o Teatro de Epidauro.
● As estatuas esculpíanse en pedra, mármore ou bronce e estaban pintadas con vivas cores.
● Pretendían representar a beleza ideal e o movemento.
● Buscaron as proporcións ideais do corpo humano e desenvolveron un modelo para a súa representación baseado nun xogo de proporcións entre as distintas partes do corpo: o canon.
● Tres etapas:
– Época arcaica: Na época arcaica representábase a mozos/atletas espidos (koúroi) e doncelas ataviadas con vestidos (korai). O corpo tratábase rixidamente, sen movemento, en posición frontal, cos brazos pegados ao corpo e rostro inexpresivo. Koré do peplos; Kourós de Anavyssos; Cleobis e Bitón; Dama de Auxerre.
– Época clásica: Na época clásica (séculos V e IV a.C) conseguiron representar o corpo humano de maneira proporcionada (canon) e darlle movemento. Escultores destacados: Mirón, Fidias, Polícleto, Praxíteles e Lisipo. Discóbolo de Mirón; Policleto: Doríforo; Lisipo: Apoxiómeno; Praxíteles: Hermes con Dionisos
– Época helenística: Na época helenística a escultura adquiriu un sentido máis dramático e realista, xa que se buscaba a expresión das emocións humanas (dor, forza, tensión...).. Gálata moribundo Laoconte e os seus fillos; Venus de Milo.
● Os oleiros gregos foron hábiles artesáns. Moitas pezas tiñan fermosas pinturas. Estas imaxes proporcionáronnos unha valiosa información sobre a cultura e mais o modo de vida dos gregos.
● Salientaban as de figuras negras sobre fondo ocre ou vermello e as de figuras vermellas sobre fondo negro.
4