a cultura castrexa. continuación tema 12 1º eso (3ª parte)

Post on 21-Jul-2015

488 Views

Category:

Education

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

A cultura castrexaA cultura castrexa

Continuación do tema 12 (1º ESO): Os pobos prerromanos da Plª Ibérica.

Que é Cultura Castrexa?

Denomínase Cultura castrexa ao conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Plª Ibérica entre os séculos IX / VIII a. de C. e o s. I d. de C. A súa característica máis significativa

é que vivían en poboados denominados castros aos que deben o seu nome.

Co desenvolvemento da Cultura Castrexa, coinciden no restoda Plª Ibérica as culturas Celta e Íbera. As tres son asdenominadas “Culturas dos Pobos Prerromanos”.

1.- Introdución

As características desta cultura localízanse nunha área que comprende a Galicia actual e que se prolonga cara ao Occidente de Asturias polo norte e ata o río Douro polo sur (norte de Portugal).

Cultura castrexa

Localización

Un elevado número de castros espállanse aínda hoxe pola xeografía galega e recoñécense :

Polos restos arqueolóxicos:murallas, vivendas, pezas cerámicas,metalúrxicas, ...)

A toponimia:castro,castrillón, Castriño, “cidá” ...... .

Polo variado folclore: lendas de mouros, mulleres encantadas, ...

Como recoñecemos a presenza dun Castro?

Entre os castros máis coñecidos hoxe podemos citar: - O de Baroña en Porto do Son ( A Coruña) - O de Santa Tegra na Guarda, - O de Viladonga ( Lugo) - O de Elviña ( A Coruña) - O de San Cibrao de Lás ( Ourense)

Na comarca do Deza son importantes os restos de numerosos castros, case que un por parroquia.

FontesPara o estudo desta cultura contamos con fontes diversas:

Escritas: de autores gregos e latinos (Strabón, Plinio, …)

Folclóricas:

Etnográficas

Arqueolóxicas: Lendas de mouros, mulleres encantadas, ....

Epigráficas: estelas, aras,...

Murallas, vivendas, cerámica,armas, pezas de arte, .....

2.- Características da cultura castrexa.

A) É unha cultura de trazos bastante uniformes, aínda que entre o s. IX a.C. e o s. I d. C. evoluciona a nivel material, económico, social, político e relixioso en tres etapas:

1ª) Fase inicial, na que enlaza co Bronce Final arredor do século IX a. C.

2ª) Fase de desenvolvemento, s. VI a III a. C.

3ª) Fase de plenitude da cultura castrexa, s. II a. C. a I d. C.

A evolución obsérvase: Na cada vez maior complexidade dos castros (vivendas doutra forma, outra disposición, ...)

Na organización social, política e relixiosa coa entrada de novos deuses

No maior desenvolvemento da agricultura e do comercio.

B) O hábitat representado polo castro é o elemento máis característico.

Que é o castro?

É un poboado, de planta xeralmente redondeada, fortificadopor muralla/s, foxo/s e parapeto/s en disposición concéntrica e polaubicación en áreas de fácil defensa como outeiros, aínda que tamén se atopan en chairas.

No interior da área defendida distribúense as construcións domésticas.

Segundo o seu emprazamento poden ser castros costeiros (situados en penínsulas) ou de interior (situados en outeiros, ladeiras, ou chairas). Para a súa ubicación é tamén importante a existencia de terras de cultivo e de auga.

Plano dun castro costeiro, o de Baroña ( Porto do Son),situado nunha penínsulapara asegurar a súa defensa.

Castro de Baroña ubicado nunha península para que o mar axude á defensa. (Porto do Son)

Castro de Santa Tegra (a Guarda) .Obserba os restos das numerosas vivenda.

Vivenda circular

Castro de Viladonga ( provincia de Lugo)

FortificaciónVivendas

As casas, situadas no interior do castro, son de planta redondeada de entre tres e seis metros. Poden contar cun vestíbulo. Por influencia dos romanos adoptaron formas cuadrangulares e unha disposición urbanística.No interior das casas está o fogar. As cubertas eran de tipo vexetal recubertas con barro. Sobre os muros de pedra abríanse as portas.

Non contamos practicamente con elementos arquitectónico de carácter ritual como templos ou necrópoles. Tampouco con construcións públicas ( palacios, lugares de reunión ou para espectácculos).

Como son as vivendas?

Reconstrución dunha vivenda castrexa

Reconstrución dunha vivenda Castro de Santa Tegra

C) A economía : de que vivían os castrexos?

-Da agricultura: cultivaban cerais e leguminosas.

- Da gandería: gando bovino, ovino, caprino, de cerda e cabalar.- Da pesca e do marisqueo na costa

- Da minaría do cobre, o estaño, o ferro e o ouro.

-Elaboraban os útiles necesarios - Realizaban troque de mercadorías

- Non coñeceron a moeda nin a escritura.- Seguían a cazar (xabaríns,...) e a recolectar (landras,...)

Artesanía

D) A sociedade: Como estaba organizada?

Os principais núcleos de poboación eran os castros que estaban repartidos por todo territorio.Cada castro estaba formado por varias familias e organizábase de xeito independente, tiñan os seus propios deuses e dereito para rexirse entre eles.

Un conxunto de castros, co seu territorio circundante, podía formar un populus. Coñecemos o nome dun populus, Galaicos, do que procede o nome dado polos romanos á provincia do noroeste.

Entre os distintos castros existían relacións, pero non formaban unha unidade política superior, un Estado.

Os autores clásicos, apoiados en restos arqueolóxicos, propoñen a existencia dunha sociedade dominada polo carácter guerreiro. Existiría unha xerarquía militar dotada dun alto valor social e político. Os restos arqueolóxicos como torques, diademas, … ou esculturas de guerreiros e armas testimuñan o anterior.Tamén destacaban as divindades relacionadas coa guerra como o deus Coso ou Bandua.

A muller parece que desmpeña un significativo papel na vida e decisións familiares. Pero, a sociedade é patricarcal e o poder correspondería, probablemte a unha xefatura militar.

Ilustración dun guerreiro castrexo

Estatua de pedra dun guerreiro castrexo, Lesenho, Portugal

Puñal achado no Castro de Viladonga (Lugo)

E) A relixiosidade

Eran politeístas, contaban cun amplo panteón de divindades. Algunhas destas eran de carácter local e outras a nivel máis amplocomo os xa citados Coso ou Bandua. Tiñan divindades relacionadas cos camiños, as augas, os montes e as forzas da natureza.Non representaron aos seus deuses, a non ser que as esculturas de guerreiros sexan tales.

F) A arte: a plástica, a cerámica e a ourivería.

1) A plástica. Diferenciamos:

- A decoración arquitectónica de tipo xeométrico entre a que destaca o Tríscele.

- A escultura zoomórfica: Os verracos - A escultura antropomórfica: Os Guerreiros e Cabezas de Guerreiros.

2) A cerámica:

3) A ourivería: abundante e fabricada en ouro, prata e bronce

Moi abundante e cunha grande variedade decorativa.

Torques, arracadas, diademas, ...... .

Decoración arquitectónica en pedra: o tríscele calado achado en Castromao, Celanova. S. I a. C. -I d. C. de 45 por 46 por 11 cm.

A escultura labradaen pedra e encaixadanun dos muros dunha vivenda castrexa tiña función relixiosa e de agoiro.

Torso de guerreiro en pedra encontrado en Armeá (Allariz,Ourense) .Escultura castrexa sedente en pedra

encontrada en Xinzo de Limia.

Escultura antropomórfica:

Cabeza de guerreiro de Rubiás, Bande (provincia de Ourense)

A CERÁMICA CASTREXA

Fragmentos de cerámica do Castro de Elviña datados en distintas fases.

Torque articulado do

Castro de Elviña ( A Coruña)

A ourivería

Torque de Burela (Lugo) realizado con molde. S. III- II a. C. ( 2kg. De peso)

Arracadas dos Museos de pontevedra e Ourense

top related