galeguismo - terra e tempo agrupacion nos...clase media, a clase poderosa, e tamén algunhos...
Post on 03-Jan-2021
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
~---,. . - -' -~- -"'~------------.
~
Agrupación n oS
GAlEGUISMO
Caracas, 1967
NOTA PREVIA
A Agrupación NOS sai a palestra da coleitividade galega deVenezuela, definíndose a sí mesma como unha asociación de emigrantes, cinguidos por un sentimento común: GALlCIA.
Para os que militamos nesta Agrupación, Galicia é un poboque pola sua persoalidade histórica, pola sua lingoa e a sua culturapeculiares e diferenciadas, ten dereito a rexir os seus propiosdestiños dentro da comunidade multinacional da Penínsua Ibérica.Propagar e difundir istes principios é a tarefa que nos impuxemos a nós mesmos, co fin de promover entre os nosos paisanosda emigración, unha concencia de galeguidade, sincronizada cogrande movimento galeguista q arestora estase 4esenrolandona nosa Terra, con vistas aos cámbios que non futuro pró aimoterán de producirse inesorabelmeRte.
Nas paxIDas que tes diante de ti, lector amigo, espORemos,dun xeito sinxelo e claro, as bases e fundamentos do noso galegWsmo. Si estás de acordo con istes principios, non repares eningresar nas nosas Jilas, polo ben de Galicia e de todolos galegos.
Naturalmente, somos políticos. Creemos que. o chamadoapoliticismo é o crimen mais grande que un cidadán pode cometercontra a sua Patria. Tanto é esí, que as dictaduras e os tiranos,o pirmeiro que fan ao chegar ao poder é despolitizar aos pobospara que deixen de estar vixiantes e atentos as suas labourasdestructoras.
A política é o arte de gobernar a un pobo. Si o pobo sedesentende da política, desenténdese tamén da sua propia vidae da dos seus filIos. Desenténdese da Patria. Faise un ser innoblei egoista.
Aos pobos interésalles saber cómo e quén os goberna. Soioos pobos suicidas ·esquecen esta verdade que nos enseñaa Historia.
-
.-.-' ~
Galicia é unha nacionalidadeEsta afirmación de que Galicia é unha nacio
nalidade, quizais !le choque as persoas que estánafeitas a identificar os conceptos de NACIONe de ESTADO. Mais, por pouco que se pense,deseguida se chegará a conclusión de que ESTADOé cousa moi distinta de NACION. Un Estado podeadeministrar unha soia Nación, como ocurre porexemplo en Dinamarca; pro tamén pode adeministrar varias naciós, como é o caso de Yugoslavia,da· URSS e de Bélxica. E ainda poderiamospenSar en NaCÍós divididas en dous Estados, comoAlemania, Corea, Vietnam, etc.
Todos sabemos que Galicia non está gobernadapor un Estado propio, senón que está englobadano Estado hespañol, e que dentro de ise Estadocentralista, Galicia nin tan siquera constituie unhaunidade adeministrativa, senón catro provinciasartificiosamente divididas nun reparto arbitrariofeito en 18.'l3, sin ter en conta as realidades naturási económicas da nosa Terra.
Tamén sabemos que esisten Naciós que, nunhaetapa determinada da sua historia, son absorbidaspor outra nacionalidade e vense forzadas a somete:-se ao proceso de asimilación que lle impóno dominador. Collamos o exempro de Irlanda,que durante moitos siglos estivo asobalIada porInglaterra, e que, xa ben andado o siglo XX, conseguiu a independenza; é decir, convertiuse enEstado. ¿Acaso Irlanda, cando dependia de Inglaterra (como Galicia depende oxe de Hespaña)non era unha Nación? Naturalmente que o era.Pois entón xa temola proba de que esisten Naciósque non constituien Estado e que están forzosamente sometidas a adeministración de un EstadoalIeo: son as Naciós colonizadas de Asia e Africa,tqda xa independentes ou no camifio de independizarse, e son tamén algunhas veIlas minoriasnacionales de Europa.
Agora é cando nós podemos facer con craridadea seguinte pregunta: ¿Galicia é unha Naciónabsorbida por Hespaña, ou é somente unha simplerexión histórico-natural, con certas característicaspropias, como pode ser Andalucia?
Pra contestar axeitadamente, o primeiro quecompre é poñer en claro qué cousa é unha Nación.Sobre iste tema tense escrito molto dende puntosde vista xurldicos e filosóficos, pero agora necesitamos arredarnos de esta !lora libresca querematarla por ocultarnos o que en realidade é unfeito natural, un feito real e non unha idea,nin unha abstracción. Emporiso nós facemos nosaa deíiñición aceptada pola UNESCO e polos tratadistas mais importantes do Dereito Politico:"Nación é unha comunidade estable, historicamente formada de idioma, de territorio, de vidaeconómica e de hábitos psicolóxicos reflexadosnunha comunidade de cultura. Somente a esistencia de todolos siños distintivos, en conxunto, podeformar Nación."
Unha vez que o lector estea de acordo coestadefiñición, deberá preguntarse si a imaxen queél ten formada de Galicia se axusta a tódalas condiciós necesarias pra que a nosa TeTra seña unhaNación. ¿E Galicia unha comunidade estable?¿Ten un idioma propio? ¿Ten un territorio propio? ¿Ten unha vida económica peculiar, e unhapsicoloxia especial reflexada nun folklore e nunhacultura diferenciada? Si o lector contesta afirmativamente a todas istas preguntas chegará a conclusión de que noso povo, a nosa terra, é unhanación sometida, asoballada, negada, e que comotal ten un absoluto dereito a sua autodetermina-
AGRUPACION NOS
clon, como tódalas naClos do mundo. Noutras pa,labras: ten que recoñecer que Galicia é unhaNación asimilada por un Estado alleo, que nin tansiquera Ile concede unha pequena autonomiaadeministrativa.
Si o lector tivese algunha duda, faga o favorde seguir ieendo o análisis dos diversos aspectosda nosa nacionalidade, pra tratar de poñer enrelación as suas ideas coas nasas, e ver si docantacto sae a luz da verdade.
Galicia ten un idioma propioNós pensamos que xa non hai ninguén que
iñore iste feito. Tódolos filólogos neolatinos dicennos que o galego é un idioma fillo do latin,irmán do francés, do italiano, do castelán, e paiafortunado do portugués. Istes filólogos e lingüistas chámanlle ao noso ídÍlOma "lengua galegoportuguesa. Pero tamén todo o mundo sabe queen Hespaña, por culpa de unha enseñanza escolartendenciosa e cientificamente er.rónea, tlñase entendido que o galego era un dialecto talado enGalicia. Pero felizmente, tras unha xestión conxunta da Academia Galega e do escritor CamiloJose Cela, foi sustituido no diccionario O sustantivo dialecto polo mais axeitado de lengua.
O idioma galego tivo un cultívo literario naEdade Media que se impuxo a toda a PeninsuaIbérica como léngua poética. Incluso autores comoAlfonso X o Sabio e outros que utilizaban o castelán ou o latin nas suas obras en prosa, candotiñan que escribir en verso botaban mau do galego,porque a nosa léngua, incluso naquiles tempos tanrecuados, era un maravilloso instrumento da poesialirica, unha léngua todo refinamento, civilización,ductilidade. No siglo pasado, tras de duas centuriassin cultivo literarío, unha manchea de escritores,algunhos xeniales, recollérono dos labios do poboque endexamais deixara de falalo, e crearon denovo a léngua literaria de Galicia, dando lugara nosa liteIatura moderna que non deíxa de producir obras valiosas: Otero Pedrayo e AlvaroCunqueiro (por non citar maís que dous nomes)adequíriron unha sona que rebasoU ampliamenteas fronteiras da nosa Terra, escríbíndo as suasobras en léngua galega.
Todos sabemos que o estado hespañol, dendeos tempos dos Reises Católicos, trataron por todolos medios de borrar de Galicia o seu riquisimoidioma, pero ao cabo de tantos siglos de persecución, soio consegUlron que algunhos membros daclase media, a clase poderosa, e tamén algunhoscompoñentes da clase traballadora que pretendenimitar aos seus "superiores", falen castelán.O pobo, o filIo do seu traballo, o campesiño e omariñeiro, o obreiro industrial, é decir, a verdadeira esencia do pais sigue falando en galego,ao mesmo tempo que mais e mais, os inteleitualesvan abandonando o uso do castelán na sua producción literaria, e hastra na sua vída de relación.Aos executores de isa monstruosidade que é apolitica que tende a imposición da fala castelánen Galicia, dixolles Castelao a seguinte: "Prohibichedes o galego nas escolas pra Ilroducir noesprito dos nenos un comprexo de inferiorídade,faci!ndolles creer que falar galego era falar mal.e falar castelán era falar ben. Espulsáchedesa' nosa fala das Igrexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo noidioma oficial, que o pobo non falaba nin comp~p.ndia ben. Refugáchedes o galego ante os tribunales de xustjcia, e chegáchedes a castelanizarbarbaramente as toponimias galegas. ¿E de quévos valeu? Porque despois de mais de catro séculos
-3
de polltica asimilista, exercida con toda riquezade astucias e violencias, O NOSO IDIOMA ESTAVIVO. Sodes, pois, unhos imperialistas fracasados".
Non pensedes que os militantes da AgrupaciónNOS loitamos porque o castelán sexa escluido daeducación dos nenos galegos, ou que desexemosque futuras xeneraciós cheguen a esquencer o castelán, do mesmo xeito que na actualidade algunhos"señoritos" chegaron a esquencer o galego. Non;antes pensamos que o castelán é un dos idiomaseuropeos mais estendidos no mundo, portando unhainteresante cultura, que, co seu coñecemento cabal,a todo home galego He resultaría asequiveJ. Peroentendemos que ao neno galego que fala no seumedio a lengua galega, HAI QUE ENSE¡q"ARLLEEN GALEGO, pra que non se He desenrole isetipico complexo de inferioridade do noso campesiño, e comprenda ben, pois o neno somente comprende ben no idioma primeiro que mamou da tetamaterna. Despois haberla que He enseñar o castelán, pero naturalmente en galego, e soio enestados mais avanzados da sua educación se intentaria un uso oral, conversacional do castelán. Istoque rematamos de decir é, nin mais nin menos,a doctrina da UNESCO con respecto a enseñanzadas lénguas vernáculas. Valentln Paz Andradeseñala no seu libro "Galicia como tarea", que naURSS fálanse quince idiomas e que a sua compatibilidade foi estabelecida do seguinte xeito: "Laenseñanza es dada en léngua local, tanto en lasrepúblicas federadas o autónomas, como en losterritorios autónomos. El ruso se enseña en todaspartes a partir del segundo año, pero como unalengua extranjera,' a la vez que otro idioma-inglés, francés o alemán- es enseñado a partirdel quinto año."
Algo semellante ocurre en Suiza, YugoslaviaE' Checoeslovaquia, paises de diversidade de llngoas.Si algo parecido se fixera en Hespaña, un neno
-&a1J!gQ. ao salr da J!sco1a saberla- .correctamentegalego e castelAn. Co castelán terla abertas asportas da cultura hispánica. Co galego se Heabriria outro mundo non menos importante numericamente da cultura: o mundo da fala portuguesa,no coal está incluido o Brasil. A fala galega e afala portuguesa do Brasil son duas ramas xemelasdo mesmo troco lingüistico. EnseñándoIle ao nenogalego, gramaticalmente, a sua léngua, conslguesea Identificación dise neno coa fala da nación "andetal vez se acumula a mayor disponibilidade derecursos naturales do mundo: o Brasil".minalo.
Algunhos opositores ao renacemento da lénguanamarca, Hungria, Rumania, Suecia, Noruega(por non citar mais que unhos cantos exemplos)teñen unhos idiomas que soio Bes son aptos paradentro das suas fronteiras, posto que as suas falas
Galicia ten, pois, un idioma inxustamente tratado, esposto a desaparición en nome dun "españolismo" retrógado. Un idioma que, casualmente,é o idioma oficial de unha futura grande potenciarto mundo: Brasil, e dun fermoso pais veciño: Portugal. ¿Merece ise idioma a desaparición? Os quemerecen desaparecer son os que queren estergalega, argumentan que a nosa fala é unha lénguacaseira, impropia para sair fora de Galicia. Estonon é certo como queda anteriormente demostradoao invocar o dilatado mundo da fala galaicoportuguesa. Mais, anque fose certo, os que talargumentan falan como si o home fose somenteun estómago, e non un ser capaz de producir sentimentos superiores. O home ben nacido quérellea sua fala natal, como Be quere a nai: independentemente de que a nai sexa rica ou probe, altaou baixa, agraciada ou disgraciada. En Europaesisten dúcias de lénguas caseiras: Holanda, Di-
4-
nacional~s non transcenderon ao esterior (comotranscendeu o galego). E, non embargantes, oscidadans de isas naciós citadas, non desprecian ascóidanas, mimanas e cultinas con amor filialsuas línguas respectivas, senon antes ao contrario,porque son as suas falas maternas, as falas dosseus antepasados e devanceiros. Cando Dinamarcaera unha provincia xermánica, naqulI pals pasabaalgo semeBante ao que pasa oxe en Galicia: osfuncionarios, os burgueses, os "señoritos", despreciaban a sua léngua nacional e falaban somenteo idioma do pals colonizador: o alemán. Falaren danés era sinónimo de probeza, de baixa cultura, de xente socialmente despreciada ... CandoDinamarca adequiriu a sua libertade nacional,puxéronse a reconstruir pacientemente o seu idioma propio, persuadidos de que con elo reconstruiana sua persoalídade e o seu esprito.
A iste respeuto, Castelao decia moi acertadamente: "O problema do idioma en Galicia, é unproblema de diñidade e de libertade; pero maisque nada é un problema de cultura. Estamos fartosdesa cultura esterilizada que nos fan mamar conbiberón. Nós queremos mamar a cultura poIapropia teta materna. Pedimos garantlas legalespara o desenrolo natural do noso esprito, porquequeremos voltar a presentarnos diñamente nomundo, levando nas maus o ouro da nosa culturapara ofrendarlIo ao acervo espritoal da Humanidade." Fermosas palabras que tódolos galegos deberian firmar.
Galicia ten 1m territorio propioTodos sabemos o que é GaUcia. Os únicos que
o iñoran son os burócratas de Madri, os que exercen esa endemoniada forma de colonialismo sobreo noso chan. Pra eles non hai Galicia. nin hayC.ataluña nin hay, ais V~ es., &ei.& -8--:,8."....""'"_,.da provincia de Pontevedra, da provincia de Alava,da provincia de Gerona. Os creadores do sistemacentralista hespañol, procuraron dividir as unidades económico-humanas (ao que nós chamamosnacionalidades) en pequenas unidades adeministrativas, sin ningunha realidade natural, que Hechaman provincias. Hastra nin neso foron orixinales. pois foron os Borbós de orixen francés osque trouxeron de Francia o modelo de centralismo que agora sufrimos. Unha vulgar copia.
Pero a pesares de que Galicia é descoñecidacomo unidade polo poder central, todolos galegos,e moitos que nono son, sabemos ben que Galiciaesist.e como tal unidade, como tal nacionalidade.Sabemos ben onde comenza e onde termina. Sabemos que por unha banda remata xusto cara o mar,e qUE' pola outra chega ao territorio leonés e oterritorio asturián, de xeito que o Bierzo, e a porción de Asturias que remata no rio Navia, sonhumana i economicamente comarcas galegas.
Sabemos todo esto, e sabemos ainda mais. Sabemos que a nosa terra é un dos currunchos conmais beleza natural de Europa. Por eso estamostamÉ'n de acordo en que veñan xentes de todoo mundo a corpantiren con nosco as nosas praias,a ollar as nosas obras de arte, a recrearse co noS'folklore, a beber os nosos viños e comeren o nosopan. Eles traguerán dos seus paises unhos puntosde vista novos pra intercambelaos cos nosos, i estabelecer unha corrente económica e de ideas quevirá a vitalizar as nosas vilas e aldeas. Por eso,veJef que o que comenzou sendo tolerla dos poetas,o paisaxe, pode ser un dos puntales da nosa economla no momento en que se abra, con xeitoe intelixencia, ao turismo.
AGRUPACION NOS
....- .-
Todos coñecemos o naso terril.orio e todos Heternos amor. Dixo o tantas veces citado, Castelao:"Aos galegos pode faltarnos a vontade de crear'un ser politico; pero non hai pobo hespañol quenos aventaxe en amor a terra nata]."
Nós non estamos de acordo con Castelao. NóspE'nsamos que aos galego sóbranos vontade. o quep.asa que ao non estarmos organizados nunha entldade estatal propia, a nosa vontade non pode seraproveitada en servicio do noso pais; a nosa vontade, o naso trabaBo é aproveitado polo centralismo hespañol, pala vida económica de América(e agora .tamén de Europa) por onde, lentamente,se ~stá ?lspersa~do o csforzo do noso pobo, nunhaemlgraclOn maSIVa. Primeiro, pois autonomía praGal!~ia. Despois edificaremos unha' grande-pequenanaClOn, como Holanda, como Luxemburgo comoDinamarca, cuios recursos naturás son se~eHantes !lOS nasos, e cuio nivel de vida é un dos maisaltos do mundo. ¿Non merez a pena de tomarsealgún trabaBo'?
Galicia
ten unha economía peculiarA Nosa Terra ten unhas caracteristicas eco
nómicas que a diferencian nitidamente do restodas terras hespañolas. Nós xa sabemos que Galiciaten unhas estruituras económicas moi especiales.Pero esta norma de diferenciación non debe serpara o naso pobo un timbre de gloria, nin unmotivo de satisfacción. Nós debemos estar orgulosas de poseer un dos idiomas mais ricos e sonoros 1!...~uropa. Nós debemos envanecernos de ter
t~~.!I!L."':·~"'~~que é un regalo contfnuo para 08 o1Ios.f-· - Pero debemos arrenegar de que a nasa peculiar
economia fluctúe de seguido entre situaciós demiseria. e entre situaeiós de lucro en proveito deintereses aBeos. De unha parte paro forzoso. déficit pecuniario constante nas nosas familias traballadoras. Doutra parte fuxida do capital galegoa través dos Bancos e das Caixas de Aforros caraa inversión en empresas localizadas fora d; nasaárea social, e que polo tanto non nos beneficiaen absoluto. Subraiemos un feito elocuentlsimo:Un momento que a emigración galega adequireo mais alto indice de despoboación, un financieiro,capitán de industria chamada Conde de Fenosadona a titulo gratuito TRES MIL QUINIENTOSMILLOS DE PESETAS para unha fundación benéfico-cultural. Esta enorme cantidade de dineiroque, naturalmente, non é mais que unha infim~parte da que o Conde posee, foi sacada de Galiciana sua totalidade, mentras os galegos. carentesde capacid!lde económica e cun nivel de vida africano, tiñan que deixar a sua Terra en busca deunha vida mellar ...
Pero analicemos aquelo que é privativo danasa economia e que, por constituir un problemadiferente ao resto dos problemas hespañoles, estásendo sitematicamente desatendido: referimonosao noso problema agrícola.
En termos xenerales a Penlnsua Ibérica (e notoriamente a chamada polos xeógrafos Iberiaseca) é terra de grandes esplotaciós agrícolas,feitas de xeito estensivo. Hespaña é tena de latifundios, de grandes propietarios mais ou menosabsentistas. Galicia polo contrario é unha terrade pequenas esplotaciós agricolas, coidadosamentetrabaBadas de xeito intensivo, que a forza de divi-
AGRUPACION NOS
dirse chegaron cáseque a unha pulverización dapropiedade rural, o coal prantexa un problemamoi especifico cuia resolución ha de ser forzosamente con fórmulas contrarias e distintas ao restode Hespaña: un cooperativismo social, como faseprevia a formas mais desenroladas de socialización.
Historicamente e por determinismo xeográfico,en Galicia foi noutro tempo necesaria a fragmentarión da propiedade rural. Foi, incruso, un granavance. Pero lago, ao correr das centurias, isafragmentación foi frenada polo naso dereito consuetudinario que impedía a escesiva subdivisión.Pero a lexislación centralista, uniforme para a totalidade de Hespaña, impuxo en Galicia o CódigoCivil hespañol, e unhas leises. boas para favl!lrecera dispersión dos grandes fundos andaluces i estremeños, foron nefastas pra Galicia, pasto que eiquitratábase, precisamente, do contrario: de favoreceros dereitos da compañia familiar, protexer a esplotación coleitiva de parcelas non divididas e indivisibles. Pero os gobe.rnos centralistas. estabandabondo ocupados en copiar o centralismo francése o código napoleónico, de xeito que non se quixeron decatar de que o que eles He chamaban lasagrada unidad de la patria era un bonito tópicopara encher as cabeciñas dos nenas das escolas,ou pra atornillarllo aos soldados nas clases deteórica dos cuarteles; pero que a realidade económica. natural, humana, era moi outra. Os lexisladores centralistas trataron de resolver o problcmas do latifundismo estremeño e andaluz, e ninsiquera eso conseguiron.
Faise percisa pois unha Lei galega que lexísleen función das nosas necesidades; que lexisle enfunción da concentración parcelaria; é decir, unhale! oposta a que rixe no resto de Hespaña. Algúnleitor diranos que, de feito, en Galicia estaselevando a cabo a concentración parcelaria porparte dos funcionarios do estado centralista. Nononegamos. Pero nós coidamos que esa concentracióné insuficiente 1 esporádica. A reforma agraria enGalicia non se pode facer de xeito esperimentale restrinxido, senón de xeito total, masivo e, siqueredes. revolucionario. Por outra parte ao labrego non se He soluciona definitivamente ningúnproblema concentrando as suas leiras nunha parcela, si non hai unha lei que He impida ou dificulte a nova división desa parcela concentrada.Compre, pois, non soio concentrar as leiras, senontamén revalorizalas e construir un xeito propio decooperativismo. Iste é o primeiro paso. Dempoiscompre o mais importante: lexislar en forma quenon se valva a repetir o proceso de pulverización,ca procE'SO de desvalorización que leva consigo.Esto último soio se consigue cunhas leises diferentes ás que rixen para o resto de Hespaña.E istas lseies soio se conseguirán cando os galegoslexislen para a sua propia convenencia, para o seupropio proveito. E os galegos poderán lexislar parao seu proveito, cando Galicia sexa un estado autónomo dentro de unha federación Ibérica, ou dentrodos Estados Unidos de Europa. Por pouco queo lector pense sobre o problema, ten que estarde acordo con nosco en que, ao ser Hespaña unmicro-continente, cunha total dive.rsidade de rexiósnaturás, unha ademisnistración uniforme e centralista, non pode ser beneficiosa para todas estasrexiós ao mesmo tempo. O que beneficia ao xornalejro andalúz, pode perxudicar ao importador deBarcelona. Faise precisa por tanto unha autonomiade tipo federal para as nacionalidades de Hespaña. Esa solución tragueria consigo o único antldoto contra ise virus pernicioso que en Galiciaconverte aos nosos labregos en escravos da terraque traballan.
-5
Despois do dito, coidamos que non haberá queniño.re que hai un problema económico galego perff!ctamente diferenciado e alonxado das preocupaciós do estado centralista. Pero os problemas galegos non se agotan co do agro. Hai toda unhachea de problemas economico-sociales, cuia solución soio é posibel dende o punto de vista de unhalexislación feita esclusivamente para solucionarlos.Son os problemas do noso incipiente capitalismo,especialmente das industrias pesqueiras. Son osproblemas sociales que xurden da relación entrearmador patrón e mariñeiro. Son os problemasque aparecen cando a fluctuación da pesca marcaunha época de escasez, co seu cortexo de famea rondar os fogares dos nosos mariñeiros. Son osproblemas que nos traen as esplotaciós hidroeléctricas dos nosos ríos, que pasaron a ser fabulososxeneradores de enerxía, abastecedores da industriahespañola, e tamén esportada ao estranxeiro, peroque non nos fan esquecer a esistencia de catrOCf!ntos municipios galegos sin suministro eléctrico;nin a vergonza de que as tarifas de consumo dentrodo país son as mesmas ás do resto de Hespaña.Nós perguntamos si o sacrificio das nosas milloresterras de labradio baixo as augas dos embalses,non vai mais ben a beneficiar aos grupos de presión económica capitalista, que ao centenares defamilias que viron asulagadas as suas leiras e oscimenterios onde descansan os seus mortos, pararecibir a cambio unha presada de cartos que noncompensa tanta perda, e que en. definitiva unicamente He sirven para co11er un pasaxe con destiño aos catro puntos cardinales da emigración ...
E veleiqul que tocamos outro problema galegoque non se solucionará hastra que Galicía aproveite para 'os seus propios fins as novas instalacióshidroeléctricas. Entón as nosas industrias teránenerxia barata e producirá mais e mellar. Peroesto non se conseguirá hastra que Galicia autónoma goberne e decida pola sua conta, restituin-
fffiance ras 1Te roubaron oproblOsamente. Daquelae soío daquela, os galegos poderemos mirar concariño e alegria as orgulosas moles de cementoarmado erguidas polo capitalismo centralista.
Galiciaten uoha psicoloxía_propiae unha comunidade de cultura
Ninguén pode discutir que a actitude vitaldo home galego, os seus hábitos de relación, o seuconcepto da morte, son diferentes ao resto doshomes de Hespaña. Si analizamos un feito social,moi irritante para nós, quizais atopernos unhaconfirmación popula.r dos hespañoles cara a nosadiferenciación. ¿ Ten reparado o lector que enmoitos pobos ele Hespaña se nos desprecia? ¿ Tenreparado en que a palabra gallego na l.énguausual equivale a un insulto? Eso quere deCir quepra ises homes elementales e iñorantes ? ga.!egoé un ser diferente (naturalmente, inferIOr).A causa de tal anomalía, está clara. Non fai fallaser un sociólogo pra saber que cando un pobodominado por outro se resiste a ser asiI~Iila?o
e non acepta os esquemas de vida que lIe Impono dominante, inmediatamente éste irritase e col~c
tivamente degrada ao pobo resistente..Como dl~e
Castelao, "confunde a dureza para dmxarse astmilar, coa dU1'eza para asimilar". Por esta mesmarazón os ingleses ridiculizan aos escoceses e aosirlandeses; os franceses aos arxelinos, aos q~e
lIe chaman "bicos". Por esa razón os norteamerl-
6-
• _ ....- r-.._ ......_~
canos de barrio baixo descriminan aos inmigrantesde Puerto Rico, chegando ao estremo de que decirspanish no Bronx ou no Brooklyn neyorquinoé algo esi como decir gallego nun barrio baixode Madri. Xa sabemos como terminou a historiaen Irlanda i en Arxelia, incluso como terminouen Cuba. De maneira que para a xeneralidadedos hespañoles nós, os galegos, somos unha castede xente moi diferente a eles e non soio diferentesinon tamén inferior. Eso quer decir que Hespañapode gobernarnos, pero non pode facernos abdicardo naso caracter diferenciado e diferencial.
A calidade da psicoloxía colectiva de unha nacionalidade, ven dada pala sua capacidade paracrear unha cultura. Por exemplo, os andalucestcñen unha serie de peculiaridades psicolóxicasesternas, pero non foron capaces de crear unhacultura, por eso non constituien unha nacionalidade, por eso non son mais que os proveedoresde folklore para a cultura hespañola. Pero a suacultura é a cultura castelán, a cultura oficialde Hespaña. A Galicia ocúrrelle algo moi diferente. Ocúrrelle que dende os tempos da prehisto:'ria, sempre se desenrolaron en Galicia culturasque diferenciaron ao noso país do resto da península. Non tendes mais que ver os traballos dearqueólogos especialistas (por exemplo: "La civilización céltica en Galicia", de Florentino Cuevi11as) para darvos deseguida conta como os galegos,antes da chegada dos celtas tiñamos xa formadaunha cultura propia, a dos oestrymnios, seme11antea de Bretaña e Irlanda. Como coa chegada dosceltas se desenrolou a chamada civilización dosca.~tros) estrictamente privativa da Nosa Terra.Como, xa plenamente romanízados, demos ao mundo o xenio do herexe Prisciliano, perseguido e martirizado por predicar unha doctrina de fondoesprito galego. Na Edade Media, gozamos de unapoxeo cultural enorme, pois Galicia foi un dos
,grinadós a Santiago. Nós sublimamos e perfeccionamos o arte románico na maravilla do Pórticoda Gloria. Nós creamos unha literatura en lénguagalega, que non so'o se cultivou en Galicia, sinónque nos siglos XIII e XIV e hastra o XV foiadoptada como léngua poética por todolos escritores da Peninsua. Nós realizamos a pirmeira revolución social de Europa, na guerra dos lrmandiños,e fundamos as pirmeiras Cortes. E xa no siglo XIXprodúxose en Galicia un renacemento cultural quecomprende nomes de categoria internacional e quese servíron do noso idioma como instrumento literario: Rosalia de Castro, Curros Enriquez i Eduardo Pondal. Despois déles, hastra os nasos días,prodúxose i estase producindo unha nova Edadede Ouro da cultura galega. Libros escritos en galego, en número superior aos de calquera momentoda nosa historia, alíñanse orgulososamente nosescaparates das nasas librerias, e son mercadoscada vez mais polas persaas interesadas na nasaléngua e nos nasos problemas. ¿ E por qué se estáproducindo este espléndido movemento cultural?Pois porque Galicia ten un esprito colectivo diferente ao de Hespaña, e porque por medio dacultura galega, do exercicio da cultura galega,Galicia estase salvando de ser asimilada palacultura oficial en lengua castelán, que dendea escola, dende a universidade, dende o púlpito,se está diariamente ofrecendo ao pobo galego coma'un insulto repetido a nosa nacionalidade. Nosiglo XV por obra dos Reis Católic~s, a nosa terrafoi incorporada ferreamente a Castilla. Efectuouse.o que o historiador daquiles reis, Jerónimo Zurita,chamou "la doma y castración del Reino de Galicia". E agora fágase esta pregunta o lector:¿Non é un milagre que dempois de catrocentos
AGRUPACION NOS
•
anos de renovarse cada dia esa operaClOn de domae castración, o esprito ele Galicia siga en pé, intacto, diferente, inmortal? Porque incluso é un milagre que haxa persoas en Galicia que pensenhonradamente na rehabilitación da nosa nacionalidaoe, e que o número de estas persoas aumentede dia a día ...
Palabras finalesXa estamos de acordo fundamentalmente,
o lector e mai nós. Si leeu este folleto con atención, e meditou sobre o leído, estamos seguros deque está fundamentalmente de acordo, anquea sua opinión sea diferente nos detalles. Nóstemola esperanza de que todolos galegos esténde acordo con nosco; porque temola esperanza deque algún dia todolos galE'gos xenerosos e honestoshan de estar de acordo con nosco. ¿ Que a nasaesperanza é unha ilusión? Ouservade aos galegosde oxe. Escoitado unha conversa entre eles, sobretemas económicos 0\1 culturales. Veredes queé unánime a preocupación polos nosos problemas.O único que fai falla é que todo o mundo se deaconta de que eses problemas soio poden ser resaltospolos galegos mesmos; por un aparato adeministrati\'o <;reado polo noso pobo para autosalvarseda ruina, da degradación, do suicidio, da dispersiónpolo mundo.
Pois ben; xa que estamos de acordo. en queGalicia ten tódolos atributos que He correspondena unha nacionalidade: un idioma abandonado,que soio nós podemos rehabilitar; unha terra impefectamente traballada e dividida, que solo nóspodemos revalorizar e ordenar; unha economíaao servicio de intereses alleos, que soio nós debemos disfrutar; unha cultura espléndida, que debeser a única oficial de Galicia. Agora cómprenos
u dereitos ten saciodebe ser o seu u uro e o seu e no no mundo.
Según a doctriña internacionalista, defendidapolas Naciós Unidas, calquer nacionalidade tenunha serie de dereitos que, ademirabelmente, resumía Castelao: "Unha nacionalidades é soberanae ten dereito a orgaizarse autonomicamente, senmais limites que os derivados do respeto ao dereitoigoal das demais nacionalidades. A nación tendereito a federarse con outras ou a separarse dafederación cando lle conviñera. Unha nacionalidadeten dereito a constituirse incluso en estado independente." Estamos vendo como xa ninguén(ou cáseque ninguén) se atreve a negar o dereitoa autodetermiñación das nacionalidades. Xa nin-
gllén discute que hai que liquidar da face domundo o colonialismo. E agora nós perguntamos:¿ Por qué pobos subdesenrolados, incultos, comopor exemplo RlIanda-Urundi, como o Congo, comoSenegal, como Guinea, teñen dereito a autodetermiñación, consiguen a autodetermiñación ca consenso de todos, e nós os galegos, que somoseuropeos que ternos unha civilización occidentale un adianto cultural, técnico e cientifico, incomparablemente superior; que ternos recursos humanos e naturás para chegarmos a ser un país modelo, non ternos dereito a autodetermiñación,a facer pola nosa vida o que mellor nos conveña?¿Por qué nós non podemos decidir o noso futurocomo nacionaIidade?
Diremovos por qué. Porque os galegos nonestamos unidos, porque non ternos a vitalidade dopobo arxelino, do pobo kenyatta que saben loitarpoIas suas pátrias. Non pense o lector que o estamos invitando a violencia. Nós pensamos quea violencia é un recurso da desesperación, e nósainda ternos esperanza. Nós pretendemos queo lector crea profundamente na necesidade de queGalicia recobre o seu ser, a sua persoalidade, osdp.reitos politicos que lle corr sponden en xusticia.Nós pretendemos que os cámbeos que inesorabelmente se van a producir na Hespaña, non nos
oIJan e pidas de toda idea de porvir, como ocurriuno ano 1931 ao proclamarse a República. Nósqueremos que Galicia teña un peso especificoo dia que a Iibertá democrática se acade. O lectoradiviña que ise dia non está lonxe, que a dictadura está agoniando f' que pronto acabará porafundirse, por desmoronarse, por a sixela razónde que a maoda dos cidadaos hespañoles desexana Iibertade democrática que lJe é negada dendefai trinta anos. Nós pedimoslle ao lector que penseno problemas de Galicia, que tome posición e concE'ncia da sua condición de galego, e que agardepolo intre da loita politica pacifica. Que agarde
l:I eranzaestá xustificada porque a historia e a vida estándo noso lado. O tempo traballa para nós. O únicoque ternos que facer é agardar, cultivando a nasacondición de galegos, e, no momento oportuno,loitar, facer que a historia cámbie de rumbo nestecacho do mundo civilizado. Ternos a ventaxa deque, tarde oú cedo, as causas xustas rematan portrunfar. A xusticia está con no ca, co noso poboescarnecido, humillado, ofendido ininterrumpidamente ao longo de catrocentos anos. E ti, lector,a carón dos teus irmaus, conseguiredes que undia o sol da Iibertade amaneza sobre Galicia, e anasa Terra consiga a plenitude do que foi, do queé arestora, do que será sempre, sempre, sempre.
AGRUPACION NOS
VIVA GALICIA CEIBE.
-7
top related