guiÓn da curtametraxe: as xans, final script
Post on 07-Jul-2015
101 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
AS XÁNS
(GUIÓN)
4º E.S.O. 2012-13IES A GUÍA
AS XANS
ÍndiceSecuencia 1.............................................4 Escena 1......................................................4 Dirección : Anxo Álvarez.....................................4
Os rapaces camiñan polo monte.............................................................................................4 Escena 2......................................................4 Dirección : Anxo Álvarez.....................................4
Falan do bautizo. A rapaza 3 está bautizada...........................................................................4 Escena 3......................................................5 Dirección : Daniel Escáneo...................................5
A Xurxo gústalle a rapaza 3 e os demais métense con eles....................................................5 Escena 4......................................................5 Dirección : Blanca Trigo.....................................5
Atopan a casa..........................................................................................................................5 Escena 5......................................................5Dirección : Daniel Escáneo....................................5
Entran e instálanse..................................................................................................................5 Escena 6......................................................6 Dirección : Blanca Trigo.....................................6
Xurxo Vaise enfadado.............................................................................................................6Secuencia 2.............................................6Escena 1.......................................................6Dirección : Cristina Vázquez..................................6
Xurxosae da casa onde estaban os seus amigos.....................................................................6Escena 2.......................................................6Dirección : Cristina Vázquez..................................6
Xurxocamiña polo monte afastándose da casa cando unhas voces incítano a seguilas.........6Escena 3.......................................................6Dirección : Cristina Vázquez..................................6
Xurxo asústase ao escoitar aquelas voces e busca a súa procedencia....................................6Escena 4.......................................................7Dirección : Raquel Macías.....................................7
Vese a Xurxo de cerca asustado á vez que as voces vanse atenuando...................................7Escena 5.......................................................7Dirección : Raquel Macías.....................................7
Comeza a tormenta e un raio fai caer unha árbore enriba de Xurxo......................................7Escena 6.......................................................7Dirección : Raquel Macías.....................................7
Xurxoqueda inconsciente a causa da árbore que lle caeu enriba...........................................7Secuencia 3.............................................8Escena 1.......................................................8Dirección : Roberto Santos...................................8
Os seus amigos preguntábanse onde estaría, pero non saíron buscalo ata ben entrada a noite........................................................................................................................................8Escena 2................................................................................................................................10
Dirección : Sergio Outeda....................................10Raquel esta na parte traseira de casa ela sola, pasan as Xans e ela non as ve......................10
Escena 3......................................................11
2
IES A GUÍA 2012-2013
Dirección : Iago Martínez ..................................11Grupo polo bosque. Atopan a Xurxo baixo unha rama........................................................11
Secuencia 4............................................12Escena 1......................................................12Dirección : Paula Sanmartín..................................12
Xurxo está inconsciente no medio do camiño, dous dos amigos ao seu carón e a moza apartada (preocupada)..........................................................................................................12
Escena 2......................................................12Dirección : Paula Sanmartín..................................12
Advirten que está frío...........................................................................................................12Escena 3......................................................12Dirección : Paula Sanmartín..................................12
Raquel está preocupada, da voltas e fala nerviosa...............................................................12Escena 4......................................................13Dirección: Antía Fandiño.....................................13
Aparecen as Xans.................................................................................................................13Escena 5......................................................13Dirección:Antía Fandiño......................................13
As Xans achéganse e os rapaces, que lle berran, póñense nerviosos xa que non lle fan caso, e cando se achegan máis recoñecen os rostros... son eles mesmos, berran, a moza non entende nada e discuten........................................................................................................13
Escena 6......................................................14Dirección: Antía Fandiño.....................................14
Raquel discute pero acaba axudando aos rapaces a levar o corpo de Xurxo.......................14Secuencia 5............................................15 Escena: 1 .............................................15-Dirección: Roberto Santos...................................15
As tres persoas que quedaran con Xurxo van correndo cara a porta con Xurxo nos brazos, a escena remata cando pechan a porta dando un portazo........................................................15
Escena 2 .............................................16-Dirección: Brais Novoa.....................................16
Os rapaces van camiñando polo bosque e divisan un muiño ao fondo................................16Escena 3......................................................17-Dirección: Brais Novoa......................................17
Os que están buscando menciñas falan entre eles................................................................17Escena 4......................................................18-Dirección: Sabela Estévez...................................18
Os outros entran con Xurxo no colo e sen decir nada deixan a Xurxo no chan...................18Escena 5......................................................18-Dirección: Sabela Éstevez...................................18
Os que estaban na casa rodean aos que acaban de chegar enchéndoos de preguntas, mentres os outros non din nada, solo fan sinais dando a entender que non poden falar....................19
Escena 6.....................................................19-Dirección: Sabela Estévez...................................19
Os que teñen o libro achéganse e comezan a explicarlles aos que acaban de chegar que é o que atoparon.........................................................................................................................19
Escena 7 ..........................19-Dirección: Sabela Carreño...................................19
3
AS XANS
Un dos que acaban de chegar decátase dun debuxo que ten o libro a carón dunha anotación...............................................................................................................................................20
Escena: 8 ...............20-Dirección: Sabela Carreño...................................20
Brais lee a anotación, os que xa estaban na casa discuten entre eles...................................20Raquel comeza a berrar para chamar a atención..................................................................20A medida que a lectura avanza, as voces dos que estaban na casa van diminuindo............20Raquel interrompe a lectura berrando que Xurxo non respira, todos quedan calados.........20
Escena:9 ............................................21-Dirección: Sabela Carreño...................................21
Os que viron as Xans quedan lendo ....................................................................................21
4
IES A GUÍA 2012-2013
Secuencia 1RESUMO IMAXE SON
Escena 1 Dirección : Anxo Álvarez
Os rapaces camiñan polo monte.
Os sete rapaces en ringleira camiñando co lago de fondo.De perfil. Plano completo. Nº 6.
Son de auga e de pasos.
Escena 2 Dirección : Anxo Álvarez
Falan do bautizo. A rapaza 3 está bautizada.
De fronte. Camiño no monte. Todos en grupo. Plano medio.Nº 8.
Sons do bosque.Conversa:Blanca -Canto tempo imos pasar aquí?Raquel -Como moito dúas semanas. Senón non podo chegar ao bautizo da miña curmá.Xurxo- Non tes que ir, é unha parvada. Só lle mollan a cabeza un chisco.Todos-*risas*Raquel - A min paréceme un día importante. Non vos riades só porque son a única que está bautizada.Brais - Ti tranquila, volvemos para o bautizo.
Escena 3 Dirección : Daniel Escáneo
A Xurxo gústalle a rapaza 3 e os demais métense
Outro camiño. A cámara enfócaos a todos. Un grupo de mozos e rapaza 3 e
Sons do monte.Conversa:Xurxo empurra á rapaza 3.
5
AS XANS
con eles.outro de mozas e rapaz 7. Cando a rapaza 3 vaise, a cámara séguea. Dende atrás e logo as rapazas de fronte. Nº 8.Plano americano.
Brais - Xurxo, disimula! A rapaza non é parva !Xurxo(4)-Pero ti si! *Dálle un golpe no brazo *Raquel -* Suspiro *Alejandra- Que pasou? Gústache Xurxo, non? Queres que llo diga? Nótase moito...Blanca -Déixaa muller, é cousa súa.
Escena 4 Dirección : Blanca Trigo
Atopan a casa.Todos xuntos diante da casa.Despois entran. Plano xeral e logo enteiro. Entran na casa. Vaise achegando a cámara. Nº 8-3.
Conversa:Santi - Unha casa! Poderíamos pasar aquí a noite.Raquel -Que noxo! Seguro que non hai nin cobertura, eu non quero.Xurxo- Veña, non sexas parva. Es a única que está en desacordo, coma sempre.
Escena 5 Dirección : Daniel Escáneo
Entran e instálanse.Entran na casa. Estáescuro. Luz tenue dafiestra. Entran na parte das rodas do muíño. Soben á parte de arriba.Instálanse. Nº 3.
Sons dos pasos.Conversa:Raquel - Está escuro.Xurxo- Non me digas...Raquel -Si che digo.Santi - Mira, é un muíño, aquí están as rodas.Blanca - Imos ver a parte de arriba!Xurxo- Que tal se durmimos aquí?Raquel - Bueno, vale... pero só por no durmir fora.
Escena 6 Dirección : Blanca Trigo
6
IES A GUÍA 2012-2013
Xurxo Vaise enfadado.Xa están instalados na casa sentados no chan. A rapaza 3 co móbil. Logo Xurxo érguese e vaise. Plano enteiro. Nº 3.
Conversa:Alejandra - Que fas co móbil? Estás a falar con aquel mozo que dicías que era tan guapo?Raquel - Pero que dis?Brais - Parece que alguén pasa de ti, eh Xurxo?Xurxo(4)-Non vas calar nunca? Eu saio dar unha volta.
7
AS XANS
Secuencia 2
Escena 1 Dirección : Cristina Vázquez
Xurxo sae da casa onde estaban os seus amigos.
Imaxe Son
Xurxo sae da casa enfadado dando un portazo.
Plano xeral.
Localización: 3
O portazo.Sons da natureza.
Escena 2 Dirección : Cristina Vázquez
Xurxo camiña polo monte afastándose da casa cando unhas voces incítano a seguilas.
Imaxe Son
Xurxo camiña polo bosque na escuridade sen rumbo fixo.
Plano xeral
Localización: 13
Os sons da natureza vanse convertendo en voces suaves e doces que lle din: “Ai... Xurxo, se volveras con nós...”
Escena 3 Dirección : Cristina Vázquez
Xurxo asústase ao escoitar aquelas voces e busca a súa procedencia.
Imaxe Son
Xurxo observa ao seu redor moi asustado por escoitar aquelas voces.
Plano americano.
Localización: 13
Voz de Xurxo: “Que pasa? Quen é? Que queres de min?”
Escena 4 Dirección : Raquel Macías
Vese a Xurxo de cerca asustado á vez que as voces
Imaxe Son
Vese a Xurxode cerca no bosque moi desorientado.
As voces que chamaban a Xurxo vanse transformando en
8
IES A GUÍA 2012-2013
vanse atenuando.
Primeiro plano
Localización: 13-9
tormenta.
Escena 5 Dirección : Raquel Macías
Comeza a tormenta e un raio fai caer unha árbore enriba de Xurxo.
Imaxe Son
Vese o bosque e de seguido ponse a imaxe en branco a causa do lóstrego.
Plano panorámico.
Localización: 9
Escóitanse raios e un máis forte, seguido do son da caída dunha árbore.
Escena 6 Dirección : Raquel Macías
Xurxoqueda inconsciente a causa da árbore que lle caeu enriba.
Imaxe Son
Xurxoestá embaixo da árbore que tirou o raio.
Plano xeral.
Localización: 9
Sons da natureza e música de traxedia.
9
AS XANS
Secuencia 3
Escena 1 Dirección : Roberto Santos
Os seus amigos preguntábanse onde estaría, pero non saíron buscalo ata ben entrada a noite.
IMAXE: SON:
Descrición do escenario: Piso de arriba da casa. É de noite. Os 6 personaxes están sentados facendo un corro (están xogando as cartas).
Blanca -Non vos parece que Xurxo está a tardar demasiado?Mer...cores...
Sergio -Deberiamos ir buscalo,non?
Raquel -É maiorciño de máis para coidarse el só.
Brais .-Ostras... Caeu moi preto.
PLANOS:
1.Plano contrapicado xeral (Enfocando os personaxes que están facendo un corro)
(Tirando unha carta o medio)
(Ollando as cartas que colle o seguinte)
(Raquel bota unha carta o montón e a vez soa un lóstrego que ilumina as xans que se ven pola ventá)
10
IES A GUÍA 2012-2013
(Mirando a ~Raquel~)
(~Raquel~ Levantase)
(Brais chíscalle un ollo a Raquel)
(Raquel sae da habitación)
Deberías ter acompañado ao teu amiguiño
Raquel -Pero que dis parvo? Entre eu e el non hai nada!
Brais.-Tranquila muller. Non te sulfures. Seguimos a partida?
Raquel -Seguide vósEu vou tomar o aire... (Entre dentes) Serás paspán! “O meu amiguiño” si este...
Brais –Ok, pero non te aseguro que as túas cartas sigan sendo segredas
Raquel -Non importa... Deixo de xogar xa.
Blanca -Parece que se enfadou un pouco
Alejandra -Deberías desculparte
Brais - Cando acabe esta man.
11
AS XANS
Escena 2 Dirección : Sergio Outeda
Raquel esta na parte traseira de casa ela sola, pasan as Xans e ela non as ve
IMAXE: SON:
Descrición do escenario: parte de atrás da casa. É de noite. Raquel esta soa pensando.
Raquel.- Parvo do carallo, que vai saber el. É un porco!
Brais-Perdoa. Fun un porco... xa sabes que apréciote moito e non quero estar de malas contigo. (Ela ignórao) Falamos arriba de ir buscar a Xurxo. Queres vir?
Raquel.-(Alegre) ¡Claro!
PLANOS:
1.-Plano Americano(~Raquel~ na parte de atrás da casa; Falando soa)
(Ponse no pórche da parte traseira e mentres que está a pensar pasan as Xans sen que ela poda velas.)(As Xans saen de plano)(“4” entra en el plano)
12
IES A GUÍA 2012-2013
Escena 3 Dirección : Iago Martínez
Grupo polo bosque. Atopan a Xurxo baixo unha rama.
IMAXE: SON:
Descrición do escenario: Bosque
Raquel -Ahhhhh!! Xurxo!Esperta Xurxo! (Chorando) Por favor...
(Afastando o plano a un xeral)
Raquel -Vinde! Rápido! Está aquí!
Alejandra- Merda... Xurxo! Esperta tío!
Santi -Ten sangue na caluga...
Blanca -Temos que facer algo para que pare de sangrar.
Santi -Na casa igual temos algo
Raquel -Pois a que carallo esperades? Correde!
PLANOS:
Xeral(Tropeza co pe que sobresae de Xurxo)
Plano medio(De Xurxoy ~Raquel~
Plano Travelling (O grupo que se vai)
13
AS XANS
Secuencia 4
Escena 1 Dirección : Paula Sanmartín
Xurxo está inconsciente no medio do camiño, dous dos amigos ao seu carón e a moza apartada (preocupada)
IMAXE SON
Descrición do escenario: Xurxo tirado no chan, os amigos un coa cabeza de Xurxo nas pernas, outro ao carón e a moza apartada.
Son do bosque de fondo.Diálogo:
Sergio: Terá algo roto?Raquel: Non sei, pero será mellor non o
mover.Planos:-(Plano conxunto cos 4 personaxes)-(Plano enteiro cos 3 personaxes que están no chan)
Escena 2 Dirección : Paula Sanmartín
Advirten que está frío
Descrición do escenario: seguen na mesma posición, e danse conta que Xurxo está frío.
Son do bosque de fondo e do vento.Diálogo:-Raquel: Cada vez esta mais frío, non seria mellor tapalo?-Brais: Toma ponlle a miña chaqueta.
Planos:-(Plano americano cos 3 personaxes do chan)
Escena 3 Dirección : Paula Sanmartín
Raquel está preocupada, da voltas e fala nerviosa.
Descrición: aparece a moza dando voltas preocupada, ao redor de Xurxo e os demais.
Diálogo:-Raquel: Aínda por riba, estes onde andaran? Pasaríalles algo?(escoita un ruído)-Brais: Eh, Eh, que foi iso?-Raquel: O que? Que dis? Son cousas túas
Planos:-(Plano medio: a moza preocupada)-(Plano enteiro: saen os 4 personaxes cando
14
IES A GUÍA 2012-2013
a moza escoita o ruído e falan)
home, serán os nervios.-Brais: O que vos digades...
Escena 4 Dirección: Antía Fandiño
Aparecen as XansDescrición: aparecen as Xans, e os rapaces en principio alégranse, pero despois asústanse.
Son dramático de fondo.Diálogo:-Sergio: Mirade, xente, é un enterro?-Brais: Ben!, imos pedirlles axuda.-Raquel: Pero que dicides? Alí non hai ninguén, estades flipando.-Sergio: Axuda, axuda, por favor axúdennos.-Brais: Parece que non oen, berra mais alto, teñen que axudarnos.-Raquel: Pero bueno, toleastes? Que non hai ninguén!-Brais: Que si, que si fainos caso...
Planos:-(Plano xeral: saen as Xans ao lonxe e os rapaces preto da cámara e mirando cara as Xans. A moza non ve ás Xans e discuten)
Escena 5 Dirección:Antía Fandiño
As Xans achéganse e os rapaces, que lle berran, póñense nerviosos xa que non lle fan caso, e cando se achegan máis recoñecen os rostros... son eles mesmos, berran, a moza non entende nada e
Descrición: as Xans ao lonxe, camiñando cara ós rapaces lentamente, ata que os recoñecen, e bérranlle á moza que colla a Xurxo e os axude a escapar.
Son dramático máis forte.Diálogo:-Raquel: Pero que ocorre?-Brais e Sergio: (berrando) Collede a Xurxo e correde.
Planos:-(Plano conxunto: saen as Xans achegándose e os rapaces berrándolles, nerviosos)
15
AS XANS
discuten.-(Plano medio: a cámara enfoca ás Xans)-(Plano medio: enfocando aos rapaces asustados)-(Plano conxunto: enfócase aos rapaces intentando coller a Xurxo e a moza berrándolles)
Escena 6 Dirección: Antía Fandiño
Raquel discute pero acaba axudando aos rapaces a levar o corpo de Xurxo.
Descrición: Os rapaces deciden coller a Xurxo e moza non quere, pero acaba facéndolles caso.
Diálogo:-Raquel: Pero que facedes animais! Así é peor! Non o movades!- Brais: Fainos caso, axúdanos e bota a correr
Planos:-(Primeiro plano: a moza mentres berra)-(Primeiro plano do rapaz que fala)-(Plano xeral: escapan)
16
IES A GUÍA 2012-2013
Secuencia 5
Escena: 1 -Dirección: Roberto Santos
As tres persoas que quedaran con Xurxo van correndo cara a porta con Xurxo nos brazos, a escena remata cando pechan a porta dando un portazo.
IMAXE SON
É de noite, a porta está entreaberta, e corren polo bosque
Opción 1: Son natural del bosque, follas, vento.Opción 2: Son dos pasos, e da respiración esaxerada.Oese un forte portazo
Sergio e Brais-Correde!!!
Sergio -Máis rápido
Raquel -Que estades facendo? Que ocorre? Non debemos mover a Xurxo!!
Brais -Correde, veña, a présa
Planos:
Opción 1: panorámica, vese pechar a porta dende lonxe.Opción 2: cámara correndo detrás, a porta péchase na cara.
17
AS XANS
Escena 2 -Dirección: Brais Novoa
Os rapaces van camiñando polo bosque e divisan un muiño ao fondo.
IMAXE SON
Exterior bosque. Camiño principal.
Blanca- Mirade! O maldito muíño!
Santi- Rápido! Rápido!
Alejandra- Parece que hay unha luz
Santi- Igual pode axudarnos (Petan na porta)
Blanca- Igual non hai ninguén... Deberíamos volver...
Alejandra- Pero se hay luz! Seguro que hay alguén!
(Santi, de súpeto abre a porta)
Blanca- Pero que fas! Non podes entrar así!
Santi- Non hai ninguén, pero hai unha luz ao fondo
Alejandra- Imos ver que atopamos
Blanca- Eu non entro! Espérovos aquí...
Santi- Como queiras...
(Entran e
PLANOS
Plano xeral:Rapaces polo bosquePlano americano: Rapaces falando entre eles Plano xeral: Rapaces camiñando cara o muíño.
Plano americano: Os rapaces dentro da casa.
18
IES A GUÍA 2012-2013
inmediatamente a porta da un portazo)
(Blanca asustase e comeza a tremer, empezan a escoitarse sons da natureza. Ao lonxe escoitase aos outros rapaces berrando. Blanca asustase moito, intenta entra na casa, pero a porta non abre. Peta na porta, non contesta ninguén. Segue a petar e ao final consegue que Alejandra abra a porta)
Alejandra- (Soprendida) Pero que pasou? Estas Blanca!
Blanca- Oin berros e asusteime... Creo que aos outros pásalles algo...
Alejandra- Eu non escoito nada. (Mira aos lados) Anda pasa, axudanos a buscar.
Blanca- Esta ben... (colle un libro do estante e ponse a ler)
Escena 3 -Dirección: Brais Novoa
Os que están buscando menciñas falan entre eles.
IMAXE SON
Escenario interior, todos están rodeando, co libro nas
Blanca: (mentres pasa as páxinas) Tres follas
19
AS XANS
mans a mesa e na mesa está o candil prendido.
curativas, ungüento de menta e eucalipto, valeriana con lavanda, xarope de ruda...
Alejandra Ten que haber algo para que poida recuperar a consciencia
Santi: Mirade este.
Blanca:Pon xarope de ruda.
PLANOS
Un plano no que se enfoquen a todas as persoas dende unha perspectiva cercana.
Escena 4 -Dirección: Sabela Estévez
Os outros entran con Xurxo no colo e sen decir nada deixan a Xurxo no chan.
IMAXE SON
Escenario interior, pouca luz, e todos dentro.
A respiración forte dos que acaban de chegar.
(portazo)
Raquel- Mirade que tolos están, díxenlles que non podían movelo, nin caso me fan!!
Blanca -(dirixíndose a Sergio e Brais) Apoiade a Xurxo aquí.
PLANOS
Panorámica para que se poida ver como deixan a Xurxo no chan.
Escena 5 -Dirección: Sabela Éstevez
IMAXE SON
20
IES A GUÍA 2012-2013
Os que estaban na casa rodean aos que acaban de chegar enchéndoos de preguntas, mentres os outros non din nada, solo fan sinais dando a entender que non poden falar
Xurxo no chan, a vela na mesa, os tres que estaban na casa (un deles co libro na man) rodean aos 3 que acaban de chegar
As voces de todos preguntando que ocorre
Santi:Que pasa?Blanca: RelaxádevosRaquel: Como nos imos relaxar? Estabamos no monte e de súpeto collen a Xurxo e empezan a correr sen ningún sentido.Alejandra: A ver contádeme.. Que sucede?Santi: Estades ben?
PLANOS
Panorámica onde se poidan mirar a rodos pero medianamente cara arriba.
Escena 6 -Dirección: Sabela Estévez
Os que teñen o libro achéganse e comezan a explicarlles aos que acaban de chegar que é o que atoparon.
IMAXE SON
Se enfoca aos que xa estaban na casa (o que ten o libro no medio)
A respiración axeitada dos que acaban de chegar.
Alejandra e Santi- Atopamos algo que nos pode servir
Blanca -Mirade, trata dunha mestura feita coas follas de ruda. Bótase nas siens e así pouco a pouco recobrará o coñecemento
Santi -Si, polo mal que cheiran
Alejandra -Eu creo que deberiamos probar.
PLANOS
Se enfocan aos tres que xa estaban na casa e pouco a pouco vaise acercando ao do medio.
Escena 7 -Dirección: Sabela Carreño
IMAXE SON
21
AS XANS
Un dos que acaban de chegar decátase dun debuxo que ten o libro a carón dunha anotación.
O rostro do sorprendido e logo vese a anotación
As voces dos que xa estaban na casa explicando.
Sergio -Ehh, que é isto?Brais -(Collendo o libro) As xans...........................................................Blanca -Iso non éAlejandra -É o que pon enriba de Iso
PLANOS
Primer plano da cara do sorprendido e a cámara vai xirando ata o libro e a continuación fai un plano detalle da anotación
Escena: 8 -Dirección: Sabela Carreño
Brais lee a anotación, os que xa estaban na casa discuten entre eles.
Raquel comeza a berrar para chamar a atención.
A medida que a lectura avanza, as voces dos que estaban na casa van diminuindo.
Raquel interrompe a lectura berrando que Xurxo non respira, todos quedan calados.
IMAXE SON
Atrás a rapaza e Xurxo, diante todos en semicírculo.
Lectura da anotaciónDiscusión grupalBerros da rapazaA medida que a lectura avanza, as voces diminúen
Raquel -Ehh!! Xurxo non respira
(Alejandra e Santi van onde ela mentres lle preguntan ...)
Alejandra -Estás segura?
Santi -Pero que estás dicindo?
Raquel -O que estades oíndo!! Que non respira!
Blanca -A ver agarda, tranquila.
PLANOS
Plano xeral, ata que a rapaza berra que Xurxonon respira e enfócase a ela e ao rapaz.
22
IES A GUÍA 2012-2013
Escena:9 -Dirección: Sabela Carreño
Os que viron as Xans quedan lendo
IMAXE SON
Os dous que viron As Xans quedan a ler, os outros van a xunto da rapaza e se póñense de xeonllos.Os que teñen a vela van xunto eles e quedan de pe.
A lectura.BrisaSon da porta ao abrirse.Caída do libro.
(Brais continúa a ler, mentres Sergio vai poñendo cada vez máis cara de sorprendido)
Brais- As Xans son pantasmas que teñen comportamentos parecidos as bruxas. Perturban a xente e marchan en dúas filas levando un cadaleito.
As Xans non se poden ver a menos que estes mal bautizado ou non bautizado:que o crego trabucase nalgunha palabra na recitaxe do credo. O que vai no cadaleito é o primeiro en morrer e os máis próximos a el morren consecutivamente.
PLANOS
Plano xeral dos que leen mais o grupo (habitación completa)Logo faise un zoom ata o grupo tendo en conta que a porta necesitase ver en todo momento.
23
AS XANS
TEXTO DAS XÁNS
As Xans son pantasmas que teñen comportamentos parecidos as bruxas. Perturban a xente e marchan en dúas filas levando un cadaleito. As Xans non se poden ver a menos que estes mal bautizado ou non bautizado:que o crego trabucase nalgunha palabra na recitaxe do credo. O que vai no cadaleito é o primeiro en morrer e os máis próximos a el morren consecutivamente.
24
top related