the muros times nº 8 - decembro 2013
Post on 31-Mar-2016
241 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
1
UNHA FIESTRA EN LIBERDADE
FEITA POR MURADANS
E ADICADA A TODOLOS MURADANS
REVISTA DIXITAL
DE ARTE E CULTURA
Nº 8
DECEMBRO—2013
The Muros
Times
2
Cadro de Redacción:
Director: Jorge Lago de Pexejo
Director xefe de edición e maquetación:
Manuel Lago Álvarez
Director de edición en área de Lingua:
Henrique Monteagudo
Director de edición en área de Historia e Mar:
Manuel M. Caamaño
Area de Mediciña: María Castiñeira
Area de Poesía: Joaquín Vilar
Area de Teatro e Belas Artes: Antón Lago
Area de Educación: Marisé Luces
Área de Sociedade: Quín Caamaño
Area de Música: Alianza Uhía
Área de Costumes: Manuela Tajes
Área de Fotografía: Nieves Formoso Vidal e José M. Formoso
Área de Etnografía: Manolo de Lajo
The Muros Times
Difusión da Cultura.
Exemplar gratuíto, prohibida a súa venda.
3
Indice: Carta da Redacción Páx. 4
A defunta (p/ Marcelo da Rabela) páx. 5
Paseando por Muros p/ Antonio Lago Piñeiro páx. 6-7
A Nosa Xente (Pedro Luces Barreiros) páx. 8
A Nosa Xente ( Francisco Dubert García) páx. 8
A Nosa Xente (Domingos Dosil Cubelo) páx. 9
Hórreos de Torea (p/ Antonio Rey) páx . 10-11
A nosa xente na diáspora e as súas lembranzas de Nadal páx. 12-13
A Noite Boa no Monte Unbe (p/Jorge Lago de Pexejo) páx. 14-15
Entrevista a Rosario Piñeiro. (p/Jorge Lago de Pexejo) páx. 16-19
Así funciona o 061 de Galicia (Javier Mayo Veloso) páx. 20-21
Mais documentos do ano 1809. (II) p/ Manuel M. Caamaño páx. 22-24
O Cruceiro do Convento de Louro (p/ Xokas Figueiras) páx. 25
Os nosos Beléns (p/ varios) páx. 26-27
A Bandeira Galega e o Joaquín Pérez (p/ F. Abeijón Núñez) páx. 28-29
Panxoliñas de Augardente (p/ Manuel M. Caamaño ) páx. 30
Curisidades muradanas (p/ Manuel Lago Álvarez) páx. 31
Teatro na Vila (por Antón Lameiro) páx. 32-34
Novas de onte (p/ Manuel Lago Álvarez) páx. 35
¿A quén non se lle dan as matemáticas? p/ Mª X. Alfonso Torres páx. 36
A voz dos nosos poetas (Manuel M. Pena, Luciano Piñeiro) páx. 37
La iglesia de San Pedro (p/ Manuel Lago Álvarez) páx. 38- 39
Noite de Amor páx. 40
“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions
verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
The Muros Times Nº 8 - DECEMBRO—2013
4
Carta da Redacción:
E tempo de Nadal, e tamén tempo de recibir o ano novo. Atrás vai quedar
un ano 2013 que veu nacer a revista cultural The Muros Times. Para al-
gúns… un feito intranscendente, ou como pouco, un mal menor. Para moi-
tos, unha iniciativa pioneira e longamente agardada; e agardada porque as
terras muradanas nunca plasmaran por escrito tal maneira a posta en valor
do patrimonio histórico, cultural, e artístico que atesouramos. Un pequeno
grupo de Muradáns, de aquí e da diáspora, plantamos unha semente que
está a dar froitos tanxibles. Son mais de 800 os seguidores directos na pá-
xina de TMT, e foron 6400 os que accederon a versión dixital da revista do
mes de octubre. Ós oito números publicados de abril a novembro tiveron un
total de 23101 visitas, que e unha cifra que di moito do interese que os lec-
tores teñen pola revista.
Nestes meses de posta en marcha non foron poucas as dificultades, pero
os que colaboramos e escribimos en TMT, soubemos afrontalas; unhas ve-
ces con notable paciencia e outras gardando un prudente silencio. Non é
fácil levar adiante unha tarefa cando un se atopa rodeado de ácidas críticas
que só se fundamentan en un: a ónde van eses?. Pois como dicían os no-
sos devanceiros: éche o que hai ¡¡¡, e por ser así, TMT seguirá sendo unha
oferta cultural ABERTA e PLURAL, e como tal non renuncia a que os seus
colaboradores sexan persoas do mais normal, xentes de aquí e de acolá,
que moi por encima do seu pensar individual, están comprometidas en que
TMT sexa unha revista para todos; e para todos a nosa mais rendida felici-
tación: Para os bós momentos, gratitude; para os malos, moita espe-
ranza; para cada día, unha ilusión, e sempre, sempre, felicidade.
FELIZ NADAL E UN VENTUREIRO ANINOVO ¡¡¡
5
A defunta p/ Marcelino García Lariño
Unha moza de Lariño, no concello de
Carnota, chamada Malena, casouse cun
veciño noso da Virxe do Camiño, e veu
vivir a Muros á casa da sogra que era
viúva.
Malena era moi noviña, moi xeitosa por
certo, traballadoriña e foi e aínda o é
moi boa veciña, moi acudidora e moi da
súa casa que ninguén lle ten que dicir. É
un modelo de rapaza.
Ós poucos días de vir para a Virxe, para
casa da sogra, cando aínda Malena a
penas coñecía ós veciños e menos aínda
ás xentes dos outros lugares, petáronlle
na porta da casa. Malena foi a abrir e
atopouse cunha muller que traía un bol-
so. O aspecto da recente chegada era
máis ben de persoa achacosa, doente ou eivada,
coa face entoucada, lúgubre, sombriza cunha cor
esbrancuxada, pálida coma a dunha encoveirada.
A mociña, ¡miña almiña! que é moi sensible
e educada, mandouna pasar e coidando que era
unha pobre condoeuse dela e díxolle que agardase
un momento. Pero a muller que acababa de entrar
abriu o bolso e del sacou unhas prendas de roupa
de muller e rogoulle con elas. Ela, a Malena, díxolle
que non necesitaba nada do que a muller lle ofre-
cía. Mais esta preguntoulle:
–¿Non está túa sogra na casa? Dille que
estou eu aquí que veño por ela.
–¿Daquela, vostede quen é?– inquiriu a ra-
paza.
–Eu sonche “A Defunta”.
Negra cousa lle dixo. A boa e santa da rapa-
za deu en berrar coma unha tola –calquera faría o
mesmo, ¿non si?–, dicindo:
–¡Miña sogra non baixe. Que xa ten aquí a
morte agardándoa!
Efectivamente a vendedora era desta pa-
rroquia onde todo o mundo a coñecía polo alcume
de “A Defunta”.
6
Observar os cuadros de Antonio e como dar un pa-
seo pola Vila, como sentirse andando de rúa en
rúa, e palpar as súas nobres pedras. Antonio pinta
con un realismo tanxible, e pudera decirse que as
súas obras son como fotografías, pero nada mais
lonxe: e só realismo dhun enamorado de Muros que
escribe con plumilla e pincel versos de amor a Vila
que o acolleu. Non hai edificio nin pedra coñecida
de Muros, que Antonio non hubera levado ó papel
ou ao lenzo. Estas que amosamos na revista TMT
son unha pequena mostra da gran colección de An-
tonio.
PASEANDO POR MUROS
p/ Antonio Lago Piñeiro
7
8
A NOSA XENTE Pedro Luces Barreiros
En idade non ten moitos anos, pero en experiencia
da vida sí. Chámese Pedro Luces Barreiros, pero to-
dos o coñecemos por Pedro do Ancho. Naceu
no ,ano 1933 no
moi muradán
barrio de San
Xosé. Seus país
foron Ramón
Luces Trigo e
María Barreiros
González. Con
doce anos
abandonou a
escola para tra-
ballar co seu pai
Ramón nas du-
ras tareas da
pesca. Con un
sorriso nos
beizos falame de cando saian para o Profundo, re-
mando e remando nunha travesía que lles levaba ca-
tro horas. A pesca á liña; merluzas, as que viñeran…
e logo outras catro horas para voltar a Muros. Tamén
me dí das travesías a Fisterra (tamén a remo), nunha
canoa propiedade d seu pai Pedro e que se chamaba
Turita, e dime que hoxe as travesías son mais leva-
deiras, xa que os motores reman sós.
Cóntame que fixo dous anos de servicio militar no
buque Almirante Valdés, e que logo de un breve tem-
po dedicado á pesca en Muros, empezou a navegar
en buques mercantes españoles, que o primeiro bar-
co no que navegou era da Naviera Vascongada e
chamabase Leñador, e que nos moitos anos de na-
vegación recorreu caseque todolos mares do mundo.
Ós vintenove anos casou con María Figueiras Dosil,
ca que tuvo dous fillos: Pedro e María.
Hoxe, xa xubilado, adica o seu tempo a dar longos
paseos pola Vila, moitas veces acompañado dun pe-
queño can, do que dí que ainda que é pequeño e cai-
vo, ten mais forzas que él. A historia de Pedro e pa-
recida a de moitos muradáns que adicaron a súa vida
ó mar; un mar que lle deu penas pero tamén moitas
alegrías. Pese a todo, Pedro sigue sentíndose mari-
ñeiro e que sempre o será.
Francisco
Dubert García
Son Francisco Dubert García. Marchei de Muros para Ferrol no ano 1975, ós sete anos; de alí fomos para Santiago no 1977, onde sigo a vivir e traballar. As amigas de miña nai preguntában-me cada vez que iamos á vila: "¿Y que te gusta más: Muros o Ferrol?”. Non había dúbida nin-gunha na res-posta: “Muros”, con-testaba eu. Levo en San-tiago máis de trinta e cinco anos e, can-do me pre-guntan de onde son, tampouco dúbido de ningún xeito: “de Muros”. Para moitos muradáns hoxe serei un turista máis que pasea pola Axesta ou pola Fonte Vella, pero como esquecer que estudei na escola de San José (ó lado da Academia e da Alameda), que fun ó catecismo e xoguei no pór-tico da colexiata, ou ás espadas no Limoeiro, que fixen arcos de loureiro, que fun á papona cun sacho prestado ou que remexía nos eitos que outros facían, que me bañei nas escaleritas e na rambla da Calle Ancha, que explorei o Ma-caya-R… E que fun de roquete nas procesións de Semana Santa. Hoxe son profesor do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago, onde ex-plico gramática (os complementos directos, indi-rectos, a voz pasiva, a estrutura interna do verbo ou do substantivo). Tamén son membro do Con-sello Científico do Instituto da Lingua Galega. Na USC son compañeiro doutro muradán que cola-bora nestas páxinas, Henrique Monteagudo: gran amigo e sempre mestre. Ademais do meu labor docente, investigo sobre a fonoloxía (a pronuncia das oracións e frases), a morfoloxía, a dialectoloxía (como o galego cambia ó longo do territorio), a gramática histórica (como o galego cambia co tempo) e os resultados que ten para o galego o seu contacto co español. Casei cunha fisterrana, Susana, e tiven tres fi-llos. Cando non vou a Muros, vou a Fisterra: sempre teño o mar á man. Con esta biografía, ¿que máis podo pedir?
9
A NOSA XENTE
Domingos Dosil Cubelo Domingos Dosil Cubelo (1943-2012).
Domingos Dosil Cueblo naceu en Campo das
Cortes, parroquia de Muros, o 27 de setembro
de 1943 no seo dunha casa da aldea que fi-
xera o seu avó cos aforros dunha anterior eta-
pa de emigración norteamericana. A infancia
de Domingos transcurriu coas estreiteces da
postguerra española, aínda que a súa era un-
ha casa de fartura. Na que se ben non se dis-
ponía de aforros e o traballo era duro, na súa
familia tiñan abondo para comer naquela etapa
de economía de subsistencia.
Como a maioría dos rapaces daquel tempo o
neno Domingos tivo moi pouca escola . As
primeiras letras aprendeunas na Fonte Vella,
nunha escola chamada “das adelinas”, e des-
pois foi a escola dos irmáns Don Moisés e Don
Manolo. Dende moi novo axudou a facer as
tarefas necesarias na súa casa de labranza.
Co seu avó aprendeu a «botar uns regos» co-
mo el mesmo recordaba emocionado.
Aos catorce anos empezou a traballar de mari-
ñeiro na canoa do xeito do señor José París,
“corniños”. Despois embarcaríase na mariña
mercante ata que entra en quintas e volve a
casa para cumplir co servizo militar.
Con cáseque dezanove anos cumplidos, o 25
de agosto de 1962, en compañía de dous ami-
gos foi bañarse a praia da Vouga. Domingos
tirouse á auga batendo coa cabeza no fondo
de area da praia e xa nunca máis volvería a
andar. Sufriu unha tetraplexia por aplastamen-
to da médula nas cervicais a altura da quinta e
sexta vértebras. Salindo daquela praia ao lom-
bo dos compañeiros foi como empezou un cal-
vario de once meses no hospital de Santiago e
despois na casa curando as feridas provoca-
das por estar todo o tempo deitado. Fixo tres
anos de rehabilitación entre Santiago e o cen-
tro de rehabilitación de tetrapléxicos de Toledo.
Durante esta etapa de rehabilitación encetou
algún estudios, aprendendo a montaxe e repa-
ración de aparatos de radio. De volta na casa
familiar montou un pequeno taller de reparación
de radios ao tempo que facía de administrativo
para o seu irmán constructor.
En 1982 fundou, xunto con Juán Carpintero Váz-
quez, a asociación de discapacitados da bisbarra
de Muros buscando no movimiento asociativo a
solución das necesidades comúns do colectivo.
Encetando unha nova etapa na súa vida que o
levaría a ser un personaxe coñecido en todo o
estado, ocupando durante moitos anos a presi-
dencia da Confederación Galega de Minusválidos
(COGAMI). Firmemente convencido da integra-
ción laboral dos discapacitados e con ese obxec-
tivo fomentou a creación de cooperativas e em-
presas por parte do movemento asociativo.
En febreiro de 2007 Domingos Dosil abandona a
presidencia de COGAMI coa intención de xubilar-
se e voltar a Muros. Pero un grupo de muradáns
encabezados por Xoán Manuel Bazarra convecé-
rono para encabezar a lista do BNG nas elec-
cións municipais de maio daquel mesmo ano.
No período que vai do ano 2007 ao 2011, con un
pacto de goberno asinado co Partido Popular de
José Antonio Siaba Cernadas, Domingos Dosil
Cubelo vai converterse no primeiro alcalde nacio-
nalista galego que houbo no concello de Muros.
Finalmente unha grave enfermidade intestinal re-
mataría coa súa vida o 6 de febreiro de 2012.
10
Hórreos de
Torea (p/ Antonio Rey)
Dende as lonxanas terras de Arxentina, Anto-
nio Rey envíanos fotos de hórreos da súa pa-
rroquia de Torea. Antonio, ainda que non na-
ceú en Torea, vive en Galego e proclama os
catro ventos a terra que veu nacer os seus
devanceiros,
Típicos de Galicia, o orixen da palabra hórreo
remitenos ó latín “horreum”, que designaba a
un edificio no que se gardaban frutos do cam-
po, especialmente o grano. A primeira repre-
sentación gráfica dhun hórreo remontase ata
o século XIII, nas Cantigas de Santa María,
atribuidas a Alfonso X o Sabio.
11
12
Leandro Tajes
Moi boas a todos, eu chámome Leandro Tajes e
son de Baño. Coñécenme polo fillo de Tono da
Benina e Celia do Marbella.
O meu primeiro Nadal na diáspora data do ano
2004 que foi cando cheguei a traballar á Repúbli-
ca Dominicana nunha compañía de hoteles.
Daquela tiña 23 anos e esas datas tan emotivas
facían relucir a típica morriña que nos caracteriza.
Foi un Nadal moi estrano, aparte de que estaba
traballando e dispoñía de pouco tempo para dis-
frutar, sumábase tamén o clima tropical e as al-
tas temperaturas. Decoración navideña por todos
lados e un sol radiante a diario. Foi un choque
estraño debido a que de onde vimos relaciona-
mos o Nadal con inverno, choiva, frío e neve ás
veces. Os seguintes Nadais xa foron máis leva-
deiros, xa tiña máis amistades (sobre todo gale-
gos emigrados coma min) e tamén ó formar unha
familia aquí xa o conto cambia.
Neste país viven o Nadal dunha maneira especial
e apaixoante que me gusta moito, aquí ponse á
arbore de Nadal na casa a primeira semana de
novembro. Por suposto na miña casa xa está
posta. Hai unha clara influencia americana en va-
rias tradicións, e o Nadal é unha delas.
Tódolos centros comerciais, negocios e xardíns
particulares tínguense dun colorido e decoracións
moi fermosas, na radio soan moitos merengues
navideños a todas horas. O dominicano é un apa-
sionado destas datas, danlle moita importancia á
familia e nestas datas sóense xuntar con demáis
familiares que están emigrados noutros países.
Saúdos a todos os Muradanos
A NOSA XENTE NA DIASPORA
Yolanda Beiro Cheguei a o Prat de Llobregat , Barcelona o 3 de xaneiro con 18
anos ,xa fai 25 anos de aquelo, acordome sempre que a primeira
vez que fun a Barcelona foi a ver a cabalgata de reis.Eu que todo-
los anos participaba na nosa cabalgata desde que teño uso de
razón,ese ano xa non iba a facer a cola no casino para facer de
paxe do reí negro. Quedei alucinada ca cabalgata de Barcelona
na miña memoria teño a cantidad de caramelos que tiraban as
carrozas,a pila de carrozas que participaban,pero sobre todo os
cabalos quedei prendada dos cabalos,gustoume moito,pero votei
tanto e tanto de menos a miña cabalgata de Muros que hoxe en
día sigo botandoa de menos,fai xa 25 anos que non a
vexo .Todolos anos penso en volver e vela e por motivos varios
nunca e posible.Cando poñedes en I love Muros as fotos volvo a
ser unha rapaza como si ainda vivira en Muros.
A NOSA XENTE NA DIASPORA
e as súas lembranzas do nadal
13
María Caamaño París Hola amigos! Son Maria Angeles Caamaño Pa-
ris. Xa escribin a miña biografia para contar un
pouquiño da miña vida fora de Muros. Agora co-
mo se acerca o Nadal vou relatar o meu primeiro
lexos da miña terra e da miña xente. Foi moi tris-
te. Foi o Nadal do 2009. Na miña casiña o 24
xuntabamonos todos na casa de meus pais para
cenar. Meus irmans, meus avos, algun tio.... pola
contra cando cheguei
a este pais empe-
cei a traballar nun
restaurante e o
24 traballei!!!!!
Na miña
vida!!!!
Como un
dia de
noi-
teboa po-
des ir cenar fora? Co bonito que e o calorciño da
tua casa? Pois aqui, si. Paseino traballando ata
as 11:30 da noite. O 25 por sorte o restaurante
cerraba pero daba igual para min porque o dia de
xuntanza era o 24. O dia de Nadal paseino con
xente que non coñecia practicamente. A comida,
totalmente diferente. Fixose un coctel de gambas
e unha fondue chinoise que por certo me sentou
fatal. Non ai nada de aqui que se asemelle as
nosas costumbres muradanas. O 31 de novo tra-
ballei. Cando deron as 12 campanadas eu estaba
fregando o suelo da cociña do restaurante!!!!!
Aqui e tradi-
cion que a
esa hora a
xente se vai
toda a cate-
dral da cida-
de a recibilo
novo ano e
brindar co
champan. E
eu que o fin
de ano leva-
ba o dia pensando na salida da noite!!!! Jajaja.
Para min esas navidades pasaron.... como dias
normales. E logo falar cos teus... conectar en in-
ternet e velos xuntos... E moi triste estar lexos!!!!
O dia 1 paseino durmindo. E de reis nada de na-
da. Aqui so existe o Papa Noel!!!! Non vou dicir
que aqui non so curren, claro que si.
A cidade esta preciosa, a xente anda coma tola
pero as nosas
xuntanzas e as
nosas costum-
bres son espe-
ciais. E este e o
meu relato. Man-
dovos un grande
abrazo e desexo-
vos Moi Boas
Festas na nosa
terra e os que
estades fora co-
ma min tamen e que o novo ano traiga saude pa-
ra todos, paz e traballo para sair adiante!!!!!
14
A Noite Boa no Monte Umbe
p/ Jorge Lago de Pexejo
A primeira Noite Boa fora do pobo
Ao cabo de tantos anos, téñome que permitir certa
licenza poética para poder narrar a miña primeira Noi-
te Boa fóra do pobo que me viu nacer. Existen lagoas
que un ten que encher do xeito que se recordan, pero
ás veces a memoria nos xoga trucos e é máis selecti-
va que veraz.
O que sí recordo vívidamente é a anticipación ante a
inminente marcha a terras americanas con apenas
once anos cumpridos. A triste realidade do que nos
obrigaba a emigrar non calara en min ainda e a pers-
pectiva do descoñecido superaba calquera outro sen-
timento de anticipada ausencia.
O certo é que un día de decembro do 1961 atopeime
no porto de Vigo admirando un "enorme" trasatlántico
con tal fascinación que máis que un buque me pare-
cía unha catedral. Alí totalmente pasmado e rodeado
de baúis que contiñan as nosas poucas pertenzas
ademais dalgúns encargos para xente que xa vivía
alá en Montevideo. Hoxe pode parecer estraño, pero
recordo que nos baúis había un leghón ou sacho para
un que tiña unha chacra nós arredores de Montevideo
e unha maruca salgada que nos encargou unha nai
para un fillo que xa había moitos anos que vivía na
capital uruguaia e por razóns que aínda non entendo
posiblemente a maruca salgada representaba o máxi-
mo en demostración de afecto maternal. Tamén ha-
bía unha chea de familiares chorosos que non viñan a
dicir ata a vista senón máis ben adeus pois naquel
entón non se viaxaba con billete de retorno.
Zarpou o Monte Umbe, vin afastarse a miña terra e aí
empezou para a miña unha aventura de unas dimen-
sións insospeitadas.
A miña nai que se mareaba vendo pasar un choche,
non lle sentou nada ben o movemento continuo do
barco e pasouse case toda a travesía encamada e
polo tanto nunca me sentín tan libre de poder deam-
bular por onde me dese a gana dentro dos confíns do
buque.
Esa catedral flotante converteuse de súpeto en algo
totalmente descoñecido para aquel rapaz de Miraflo-
res. A partir do primeiro día de adaptación ao vaivén
das ondas a catedral converteuse nun hotel flotante
considerando o meu descoñecemento do que podía
ser un hotel flotante ou ancorado.
A miña primeira sensación de luxo foi comer todos os
días en mesa con mantel e cubertería fina e en días
festivos como o Paso do Ecuador; moito máis e me-
llor do mesmo.
Despois de xa cruzar o emisferio de norte a sur, che-
gou a Noite Boa e podo dicir con toda certeza de que
a Jorge Lago o esperaba unha noite inesquecible.
A atmosfera do Nadal era palpable ao longo e ancho
do buque, dende os privilexiados de primeira clase
aos emigrantes de segunda.
O comedor do Monte Umbe tiña un par de escaleiras
que converxían na entrada ao salón e ese día de Noi-
te Boa parecía que todo tiña unha dimensión surrea-
lista. Topámonos cun enorme árbor de Nadal que eu
nunca vira pois o noso eran nacementos. Por si o da
árbore fose pouco, todo o enorme salón estaba ador-
nado de grilandas, globos, estrelas...A verdade é que
nada do vivido ata ese entón tiña comparación co que
A NOSA XENTE NA DIASPORA
15
os meus ollos gozaban nin moito menos con ningun-
ha anterior Noite Boa.
Eu tiña unha especie de informante abordo que for-
maba parte da tripulación e tal vez porque era da
Alivía, o bo señor facíiame saber de todos os aconte-
cementos anticipadamente. O día de Noite Boa era
moi especial abordo, mesmo o capitán e os oficiais
se dignaban a participar completamente engalana-
dos cos seus uniformes no gran baile-cea desa noi-
te.
O informante xa me dixera que ia ser unha cea para
recordar e que tíñamos que ir ghuapos. A pesar de
que a miña nai raramente saía do camarote para ir
ao comedor, ese día por ser tan especial fixo un es-
forzo para celebrar a Noite Boa en familia e vestindo
as nosas mellores galas alí nos presentamos miña
nai, o meu irmán e eu.
Como xa dixen, o salón comedor lucía espectacular.
Os manteis parecían ter máis amidón e a cubertería
parecía brillar como prata de lei. Copas de viño en
secuencia: Branco, tinto, champaña e auga. Panos
da mesa que non sabías se atreverte a que despre-
gar ou deixalos quedos para non arrughalos e unha
carta que tratabas de descifrar coma se estivese es-
crito en arameo. Mesmo os camareiros parecían un
pouco máis cordiais.
O menú estaba composto de seccións que eu non
sabía que existisen, de feito naquel entón non sabía
o que era un menú.
Entrantes: Paté foie gras de non sei qué, friames
combinados, croquetas de algo, etc., etc., Jorge, que
é o paté foi? Non sei mamá, non sei se foi ou non foi
pero eu non o quero. E que son friames combina-
dos? Pois sonche cousas que veñen nunha fiambrei-
ra, supoño.
Das croquetas xa había oido falar e non me soaban
tan exóticas. Despois dos entremeses chegou o
consomé. Para Jorge Lago consomé era caldo e
aquel consomé non era caldo, Jorge nunca comera
algo onde se vise o fondo a non ser calandraca e
polo tanto o consomé deixouno así como llo serviron.
Por razóns obvias Jorge anticipaba a clásica caldei-
rada de bacallau con coliflor e presentáronlle un pei-
xe de segundo prato que non tiña nin cabeza nin
ollos nin rabo e por moito que o miraba non sabía
distinguir se era vacún ou porcino pero fincoulle o
dente e a experiencia foi tan boa que dende ese en-
tón comprobou que case sempre as aparencias en-
ganan. Terceiro prato: Tenreira á algo con salsa de
algo e con patacas Parmentier. Se á sopa lle dín de
lado por carecer de consistencia, a tenreira espertou
apetitos que eu non cría posuír. Ambrosía non define
o que eu experimentei. A tenreira pareceume espec-
tacular a min, pero á miña nai, cando a viu vestida
dunha salsa marrón a súa propia cor volveuse aínda
máis verde e desapareceu do comedor deixando
porba do seu mareo por todas as papeleiras ao lon-
go dos corredores de volta ao camarote.
As patacas Parmentier vinas en principio con suspi-
cacia porque afeito a cachelos nunca me imaxinei
que as patacas se podían metamorfosear en algo
tan singular.
As sobremesas: se mal non recordo entre a varieda-
de había crema catalá, follados, flanes e napoleo-
nes. Para Jorge o máximo en experimentación pas-
teleira foran as cristinas de Rogelia e o pan bombón
da tahona ou calquera lambetada que che permitisen
dous reais ou unha peseta na casa de Xesús dá Me-
ca. O da crema catalá non lle excitou, pois crema era
o pental que che daban cando te ferías nunha caída
ou te daban cunha cañota na cabeza xogando ao
Capitán Trueno ou El Jabato. Pero os follados napo-
leónicos foron outro deses descubrimentos que dei-
xaron rotura. Así foi a miña primeira Noite Boa fóra
de Muros tal e como a recordo.
16
ENTREVISTA
Entrevista a Rosario Piñeiro.
p/Jorge Lago de Pexejo
Rosario Piñeiro é unha muradá de Esteiro,
unha persoa que pertence a ese conxunto
de mulleres que renegan ser encadradas
en ningún pre-concepto.
Autodidacta, inqueda e decidida a involu-
crarse, mellorarse e mellorar o mundo no
que lle toca vivir.
Aínda que a coñecín brevemente, impac-
toume o seu xeito directo, a súa desenvol-
tura e espontaneidade. Se as primeiras im-
presións son as que contan, axiña me de-
catei de que a nosa conversación sería dig-
na de continuala e compartila cos nosos
lectores.
J.L._Rosario, é un pracer falar contigo outra
vez. Dixéchesme que eras a maior de cinco
irmáns aínda que fuches criada como "filla úni-
ca". Pódesme aclarar tal contradición?
Rosario Piñeiro._ Tiven a sorte ou desgraza
(según se mire) de que me criaran meus
avós maternos, sorte porque nunca me fal-
tou de nada, vivía entre "algodóns", des-
graza por non disfrutar da convivencia cos
meus irmans. Recordo con sete, oito anos,
cando preguntaban na escola polos irmans
e dicia que eu tamen os tiña os compañei-
ros non me creían..., a pesares de que vi-
vian no Freixo (o ladiño) a finais dos sesen-
ta non era tan cerca como hoxe...
J.L._ Ben, o de contradición solteino por ser
inquisitivo, pero esa realidade deuse en moi-
tos casos de familias numerosas e os avós
adoitaban ser polo xeral candidatos moi volun-
tariosos para adoptar algún da prole. Cónta-
nos algo da túa nenez, das túas inquietudes
ao crecer.
Rosario Piñeiro:_Fun una nena feliz, o que
mais recordo e boto de menos é os xogos na
rúa, cánto non temos xogado... o churro,
arranca pinos, as canicas, as chapas, a goma,
a corda, a estornela (hoxe en día xogamos de
vez en cando). Fun sempre un cú inquedo,
dende que recordo xa sempre andaba metida
en todo, a escola non me gustaba moito,( pero
polo contrario, SABER é o meu), Ricardo Re-
gueiro, o meu mestre de ximnasia, fixo que
amase o deportes de base e en verdade era
boa deportista, con él fixen atletismo, voleibol,
baloncesto... Pepe Agrelo, meu MESTRE de
todo, foi una das persoas que mais me ensi-
nou, mais me marcou nos camiños que des-
pois cos anos fun seguindo.
J.L._ Ás veces non é o que che ensinan nas es-
colas, é o que se aprende dalgúns mestres. Non
es a primeira esteirá que nomea ao mestre Agrelo
nestas páxinas e do seu efecto en moitos dos
seus alumnos. Tamén fuches a estudar coas
17
monxas a Noia, supoño que terá sido unha expe-
riencia diferente á de Esteiro.
Rosario Piñeiro._ Agrelo foi unha persoa moi
importante para a gran maioría dos seus alum-
nos e dos veciños. Soubo ser mestre e compa-
ñeiro.
O paso polas monxas, a verdade é que si foi
unha experiencia moi diferente, alí seguían
crendo que vivía Franco, a pesares de levar
dous anos enterrado... tamén tiñamos profes
"laicos" que estaban máis na realidade que se
vivía neses momentos de transición... (falamos
que era o ano 1977). Estando en Noia (con ca-
torce anos) entramos en contacto con ERGA
(estudantes revolucionarios galegos) e con un
mundo novo para nos, daquela non nos
"quixeron" en ERGA, hoxe podo dicir que foi
unha sorte, a pesar diso, ese contacto fixo que
prendera a semente nacionalista que xa tiña
gardada
J.L._ !Ah! Eses anos de curiosidade e experi-
mentación foron tan decisivos na nosa formación.
Tí e os da túa xeración tivestes polo menos a sor-
te de deixar atrás unha época que chegaba á súa
fin e participar no futuro doutra máis prometedora.
Xa pronto decidiches que non querías someterte
máis á rutina escolar e de bastante nova qui-
seches manifestar o teu dereito a decidir casándo-
te aos 17 anos. Se fose hoxe e coa experiencia
que nos dan os anos ¿Houbéraste decidido por
casarte tan xoven?
Rosario Piñeiro._ PARA NADA... os tempos
eran outros, como ben dís é moi diferente aos
de hoxe en día. Non me arrepinto de habelo
feito, de tódalas maneiras non lle recomendo a
ninguén que o faga tan cedo, con eses anos
quedan moitas cousas por facer, moito que
vivir sem ataduras e despois xa non é o mes-
mo. Unha ventaxa que si teño que recoñecer, é
cando as miñas amigas empezaban a criar os
fillos, nos xa eramos "libres", pero auga pasa-
da non move muiño...
J.L._ É verdade, auga pasada non move muíños,
pero tamén é verdade que o pan de onte e o viño
dun ano a ninguén fai dano. Mentras que os requi-
sitos de parentesco foron cumpridos sendo aínda
moza e o teu interese por outros mesteres seguiu
inalterable, involucrácheste i estás “metida” en
todo. Fainos coñecer un pouco dese todo no que
estás envolta.
18
Rosario Piñeiro._ Pertenzo dende fai dez
anos a un grupo de axuda mútua de país
que perdemos fillos, RENACER-
BARCELONA.ORG, son a presidenta da
A.A.V.V. Parameán de Esteiro dende fai case
oito , dende fai ano e medio a secretaria da
CMVMC Sta Mariña de Esteiro. Como repre-
sentante de calquera das tres asociacións
son totalmente APOLITICA. Agora bén como
Rosario estóu COMPROMETIDA con CxG,
teño moita ilusión neste novo proxecto polí-
tico, creo nel, creo que se pode facer política
honradamente, CxG ven a encher ese oco
que os partidos existentes foron facendo o
irse esquecendo da cidadanía e tan só pen-
sar nos seus propios intereses.
J.L._ Viviches a vida temperán, pero tamén és-
ta te azoutou cruelmente a temperá idade.
Sen querer pecar de insensible, ¿Podería pedir-
che que nos falases de como che beneficiou
persoalmente pertencer ao grupo RENACER-
BARCELONA.ORG?
Rosario Piñeiro._ Pertencer e participar no
grupo renacer-barcelona.com , para min foi
unha tabla de salvación, entender e ver a
VIDA, dado que cando pasamos por esta ex-
periencia a vida acabase, queres que o mun-
do se pare!!! pero non o fai, a vida o noso
arredor SIGUE... Falar con pais sen medo a
que lle dera magoa, que estiveran pensando
que a dor me volvia tola, que "eles" non se-
rían capaces a soportalo... se non que todo
o contrario ENTENDIANME sabían perfecta-
mente do que falaba e polo que pasaba, foi a
mellor terapia. Temos que ter en conta que
estamos "preparados" para enterrar os
avós, os país,(os nosos ascendentes),a nosa
parella, pero enterrar a un fillo/a eso non en-
tra na nosa cabeza!!!! eso no é posible!!! E
por desgraza somos moitos os pais que o
temos que facer.Sentimonos tan perdidos
que nin temos unha palabra para definirnos,
cando che more un pai es orfo, se é a parella
viuvo...E CANDO E UN FILLO QUE ES??
Neste grupo non importa por ou como per-
deste o teu fillo, aquí o importante é que os
pais quedamos sen eles... Toda a axuda que
recibes no grupo acabas devolvéndoa.
http://renacer-barcelona.com
J.L._ É indubidable que te axudaron a enfron-
tarte á vida con valor renovado, a proba é que
estás metida noutras actividades de carácter
comunitario. Presidenta dunha asociación de
veciños, secretaria da comunidade de montes...
e tamén comprometida coas ideas políticas de
CxG.
Déixame aproveitar para darche a noraboa pola
tua valentía . Eres a segunda muller entrevista-
da en esta revista e teño que decir que Muros
pódese sentir moi orgulloso por estar tan ben
representado.
Rosario Piñeiro._ Podo decir ben alto que o
valor humano que atopei en RENACER-
BARCELONA.com volvín a atopalo en CxG ,
eu que estaba asqueada da política e dos
políticos en xeral, non me podía crer que me
houbera atopado con quen se atrevera a for-
mar un partido político cunha base na ho-
19
nestidade e no valor sinceiro e comprometido
coa cidadanía ...e esto non son palabras que
digo eu ,son feitos que vemos diariamente o
longo do noso País .
J.L._ Dános tamén unha idea de que se trata a
tua labor como secretaria dá comunidade de
montes.
Rosario Piñeiro._O mellor de estar ahí, é o tra-
ballo no monte cos animais a sensación de
liberdade que che da estar alí arriba... a miña
labor dentro da Comunidade de Montes é a
mesma ca de calquera dos meus compañei-
ros, según o noso tempo libre no lo permite,
subimos uns ou outros o monte, pois temos
vacas cachenas e cabalos de pura raza gale-
ga, os cales necesitan que se "visiten" de vez
en cando. A parte "deronme" o titulo de secre-
taria, para que ningún deles tivera que andar
con papelo (jajajaja) esta labor consiste en
buscar subencións, prepara as asembleas,
escribir as actas, levar os rexistros dos ani-
mais... o que che dicía: papeleo.
J.L. Xa me queda pouco espazo para seguir esta
charla tan amena que sinceramente me doe ter
que ir dándolle fin, pero as esixencias do editor
son incuestionables.
Cédoche a última palabra antes de someterte ao
habitual cuestionario co que sempre remato as
miñas entrevistas.
Rosario Piñeiro._ Foi un pracer esta "charla",
quedan moitas cousas no tinteiro, moito que
decirnos, pero teremos tempo!!! Grazas a TMT
e as persoas que o fan posible, co tempo
(pouco) TMT será un referente do noso conce-
llo, das nosas xentes dentro e fora. Un saúdo.
J.L._ Grazas a ti Rosario por compar-
tir connosco un pouco dá túa vida e ás
túas inquietudes.
Estou seguro que moitas persoas se sentirán
identificadas contigo e outras veranche como
un exemplo a seguir.
Aí che vai a primeira pregunta dun cuestionario
que a pesar de ser xenérico, di moito do individuo
que as responde.
J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita?
Rosario Piñeiro._ VIDA
J.L._ ¿Cal é a menos favorita?
Rosario Piñeiro._ Pasividade
J.L._ ¿Que te emociona?
Rosario Piñeiro._ Todo ,ata as cousas mais
pequenas da vida.
J.L._ ¿Que son ou ruído che gusta?
Rosario Piñeiro._ As risas.
5. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas?
Rosario Piñeiro._ Cando se lle grita a un neno
ou a un vello
6. J.L._ ¿Cal é o teu xuramento favorito?
Rosario Piñeiro_ ¡!
cajonamarequeosfixo,carallo!!!
7. J.L._ ¿Que profesión ademais da que exer-
ces che gustaría facer?
Rosario Piñeiro._ A dicir verdade creo que
non boto en falta ninguna, como "ama de ca-
sa" pasei por todas e co inqueda que son
fago todo o que me gusta...
8. J.L._ ¿Que profesión rexeitarías facer?
Rosario Piñeiro._ Verdugo.
9. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que
che dixese Deus cando chegases ás portas ce-
lestiais?
Rosario Piñeiro._ Non me gustaría que me re-
cibise Deus, gustaríame que estiveran espe-
rándome os meus e me dixeran : Sabíamos
que volverías a nos !!!
20
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Ga-licia-061 foi creada o día 4 de decembro do ano 1995 polo Goberno de Galicia, ante a necesidade de desenvolver unha estratexia de resposta ás urxencias sanitarias.
Ten por obxecto a realización de actividades de xestión, coordinación, consultoría, asistencia e transporte de pacientes, docencia e investigación, prioritariamente, en materia de atención extrahos-pitalaria no caso de emerxencia e urxencia sani-taria; no campo dos coidados críticos e na aten-ción sociosanitaria, promove a eficacia, eficiencia e seguridade do sistema sanitario. Para tal fin, xestiona a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias, regulada pola Orde do 9 de outubro de 1995. A CENTRAL DE COORDINACIÓN do 061 (CCUS 061) está ubicada en San Marcos (Santiago de Compostela). No ano 2012 dispón dos seguintes recursos: No ano 2012 atendéu un total de 1.064.153 cha-
madas (que veñen sendo unha media de 2.915 por día). Básicamente está composta polo se-guinte personal: Médicos coordinadores: encargados de dar a resposta sanitaria máis axeitada a cada unha das demandas que entran na Central de Coordina-ción, mediante a súa análise e resolución, optimi-zando a xestión dos recursos dispoñibles. Teleoperadores: reciben a chamada e realizan a clasificación. Locutores: mobilizan os recursos que lle indican os médicos e fan o seu seguimento. Así mesmo, fan o seguimento do localizador/GPS. Non tódalas chamadas rematan en mobilización de recursos. No 2012 un 39 % non se mobilizóu recurso fronte a un 65 % onde sí se mobiliza re-
curso. ¿Qué percorrido fai unha chamada ó 061?
ASI FUNCIONA O 061 DE GALICIA
21
O servizo 061 ponse en marcha cando un ci-dadán, en situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, algunha testemuña desta urxencia ou un membro dun servizo público ( policía, bombei-ros, etc.) marca o teléfono do 0 6 1 para solicitar axuda. A chamada entra na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia, e é atendi-da por un teleoperador que lle pregunta ao aler-tante en primeiro lugar polo motivo da chamada e, posteriormente, polos datos de localización do doente. Unha vez confirmado o motivo e contido da demanda, solicítanselle ao alertante (se proce-de) os datos de filiación do doente. Simultanea-mente, o teleoperador traspasará a chamada ao médico (consultor, MER ou xefe de sala en fun-ción da clasificación realizada). Tódo este proce-so está protocolizado. O médico coordinador identificarase e comezará a interrogar ao alertante en función do motivo da chamada para obter información ao respecto e para facer a anamnese. En función da valoración realizada polo médico da Central tralo interrroga-torio telefónico, este asigna unha resposta á de-manda que pode ser con ou sen mobilización de recursos. Ao mesmo tempo que se asigna a resposta o mé-dico coordinador informa o doente da forma na que considera se debe resolver a demanda, indi-candolle ao alertante as recomendacións que ha de seguir co doente e, no caso de requirirse a intervención dalgún tipo de recurso asistencial, o recurso enviado. Nos casos nos que a demanda se resolve con mobilización de recurso o médico ordenalle ao locutor a activación do recurso seleccionado. Gracias a unha potente plataforma informática todo este proceso é simultáneo para tódolos membros da sala polo que a frase "mentres fala-mos a axuda xa vai de camiño" é realmente certa. Fontes: Memoria anual do 061 ano 2005 Memoria anual do 061 ano 2012 Elaboración propia Francisco Javier Mayo Veloso Operador na Central de Coordinación do 061 Técnico en Transporte Sanitario
Instructor de Soporte Vital Básico por SEMES-AHA
22
Mais documentos sobre a en-trada, saqueo e incendio po-los franceses da Vila de Muros no ano 1809. (II)
p/ Manuel M. Caamaño
“En la villa de Muros á veite y nueve de Marzo de mil ochocientos y nueve; El señor don Joaquín Veiro Regidor Decano del Ayun-tamiento de dicha Villa que á falta de Juéz y Alcaldes administra Justicia en ella, por ante mi Escribano dijo; que últimamente se pre-sentó en la Casa que servía para Ayunta-miento Dn Manuel Taboada y Coton acompa-ñado de otros quatro o cinco sugetos arma-dos y ente ellos uno que decía ser Coman-dante y resultó ser Fraile y llamarse Fr. Pedro Romero, diciendo trahian ordenes del Exce-lentisimo Marqués de la Romana para la reunión de desertores de su Exercito y reco-leccion de depositos para su servicio, los quales fueron respetados con el acatamiento que se merecia el gefe de quien provenian y
señalandoles casa de alojamiento en que pu-dieren desempeñar su comisión, ala que se les llevó al anochecer del primer día de su llegada. En la misma se notó que Tomás Fer-nández Gefe de Fachos de la inmediata feli-gresia de San Juan de Serres se presentó voluntariamente en dicha posada, en cuya puerta permaneció con mucho número de paisanaje armada, y al día siguiente se fue aumentando esta mandada por el mismo y por Bonifacio Piñeiro y José Luis García que también lo son de la de San Mamed de Car-
nota, obligando á su merced y mas Sres. de Ayuntamiento á que les entregasen como lo hicieron, el numero de raciones pan carne y vino que pedian de orden del Dn Manuel Ta-boada y de su compañero el llamado coman-dante recogiendo las llaves del Castillo, Al-macenes y cuantos efectos de guerra havia de todo lo que se apoderaron. En esta estado
su merced y más Municipalidad conociendo que en este Pueblo se hacia una verdadera alarma contra los franceses que estaban en la Capital de Santiago, y algunos en la inme-diata Villa de Noya, trataron con Taboada y Comandante manifestandoles la situación local del Pueblo que estaba avierto la carrete-ra franca para Noya, Santiago y Coruña, y que si llegara asaverse sus operaciones por los Franceses, como era presumible no solo ellos y mas alarmados estaban expuestos sinó que vendría á quemar este Pueblo, y ma-tar sus havitantes como lo hicieran en otros; suplicandoles por lo mismo se trasladasen a otro lugar de los menos expuestos de la in-mediata montaña, o Carnota en el que se les auxiliaría y y enviaría todo lo que pudiesen y fuese posible. Cuyas razones y otras mas su-misas no fueron bastantes para combencer-los , antes bien añadieron de que los France-ses no vendrían á este Pueblo, que estubie-sen seguros, y lo mismo los mas havitantes que respondian con sus cabezas siempre que aquellos viniesen, ya que tenían mucha gente paisana alarmada, y cada día se le au-mentaba más, y para municionarla como co-rrespondia obligaron á que estos vecinos le entregasen, como lo hicieron las armas que tenían y á mayor abundamiento pasaba em-barcado el Comandante á Vigo en busca de una Fragata Inglesa para que le diese como lo haria los fusiles, polvora y balas que nece-sitaban, cuya salida hizo de este Puerto to-
AS TROPAS NAPOLEONICAS ENTRAN, INCENDIAN E
SAQUEAN MUROS NO ANO 1809 (II)
23
mandose por el Taboada y dichos jefes, las entradas por tierra impidiendo la salida á los que pretendían practicarlo á imitación de an-tes pero continuando su merced en el dar de dicha racion. Se dibulga que benian los Fran-ceses; buelbe Taboada y Jefes á contestar lo mismo; que respondian con sus cabezas: se aumenta la desconfianza; loa havitantes que estaban desarmados se proponen, manda al Jefe Bonifacio que pase con su trozo á cortar el Puente de Don Alonso; sale diciendo iba á practicarlo y á vatir a los Franceses para que no pasasen: crece mas la voz de que estos llegaran ó estaban para hacerlo á dicho puen-te, y que según la distancia estarian aquí la mañana del siguiente veinte y seis; contesta Taboada confiaba en su gente no dieron crédi-to a dichos; que todo era incierto; manda re-fuerzo á Bonifacio que Taboada dice se batie-ra rechazara a los Franceses, y trahia prisio-
neros á muchos de ellos.
En este estado siendo ya de mañana del mismo veinte y seis algunos vecinos viejos de sesenta y setenta años empiezan a caminar con mujeres, niños y enfermos para los mon-tes para poner á salvo sus vidas en caso de llegar al Pueblo los Franceses y á poner en las Lanchas de pesca, y buques mayores propios que tenían en la playa, varios vienes, alhajas y dinero que consideraban. Sabido por el gefe Tomás Fernández sale con partidas de paisa-nos armados, una á su mando y otras al de Joaquín Tizón y Don Domingo García Caranto-ña; cogen aunos y otros, les proponen su rui-na, no dan ascenso á sus dichos y lagrimas, traenles con el nombre de prisioneros y trai-dores con las cestas y bultos que llebaban, presentan todo en la casa de posada del Ta-boada, imponen la pena de que serian fusila-dos quantos volviesen a salir tanto viejos co-
mo mujeres y niños dando orden para que ti-rasen al que hallasen , y decomisasen quan-tos efectos aprendiesen. A este tiempo aso-
man los Franceses á media legua de distancia los reconoce todo el Pueblo, quieren los impe-didos, mugeres y niños salir por mar ó tierra, al ponerlo en practica sele pribó por dichos Tizón, García y Fernández con su gente, á al-gunos le dan golpes, ponen pistolas alos pe-chos y practican otras inhumanidades; empie-zan a entrar los Franceses, huyen los Paisa-nos por los montes hacelo Taboada por mar á un barco Portugues que empezó a cañonear
con el castillo inútilmente por no poder ofen-der a los franceses, ni impedirles la entrada, según el terreno, que hicieron á cosa del me-dio día, o algo mas, del veite y seis corriente, “ la que trajo las consecuencias de haver muerto á algunos hombres y mugeres haverse sauqeado generalmente el Pueblo de todo lo precioso que havia en el”, por no haverse per-mitido sacar la menor cosa, “y poner fuego á sus casas quedando reducidas á cenizas has-ta el número de ciento ochenta y cinco”, entre ellas las de mayor estimación, como se reco-noce de sus formales, y las en que havitaban y tenían sus oficios los escribanos de numero D. Franco. Granero, D. Joaquín Martínez, D. Domingo García Carantoña y D. Luis Cayetano Cereijo, cuyos papeles, Notas o Registros, y aun los titulos de Escribanos de los tres pri-meros fueron reducidos á cenizas, á imitación de cuantos vienes y alhajas contenian sus ca-sas por impedirsele ponerlo en seguro, como
24
es publico, y ellos lo asientan. Y para que en todo tiempo conste lo acaecido co la alarma y sus resultas y mas fines que puedan importar, lo atesta su merced por cierto y ofrece recibir, en orden á uno y otro, la competente averi-guación con las personas mas condecoradas del Pueblo que ya se ban restituyendo á él. Asi lo dijo y firma de que hago fe – Joaquín Beyro – Ante mi Jacobo Llanes de Alborés –
rubricado.
___________
Sobre os feitos enunciados no auto que antecede deron información testifical, baixo xuramento, ante o Alcalde-Xuiz, e escribano público, os señores: D. Bernardo Lucias e D. Luis Llanes y Castilla, canonigos-curas da co-lexiata. Don José Gil, canonigo tamén da mis-ma e D. Francisco Granero, D. Joaquín Martí-nez, D. Luis Cayetano Cereijo e D. Domingo García Carantoña, escribanos públicos da Vila. Os cales afirman o exposto no citado au-
to.
-El 1.º Entraron al medio día, saqueando,
incendiando y matando i le consta lo dicho
por haberlo presenciado desde la bahía, y que
al marcharse los franceses, salto á tierra para
ayudar á apagar el fuego y prestar ausilio, ha-
llándose con varios cadáveres de hombres y
mugeres. Las quemadas, totalmente, fueron
185 de las principales.
-El 2.º Que mataron hombres, mugeres y
niños apeasar de hallarlos indefensos, que-
mando 185 casas!
-El 3.º Que entraron al medio día por el
monte de San Anton matando hombres, mu-
geres y niños, que la gente se refugio en los
montes, por mar y en los vecinos pueblos,
quemando 185 casas principales.
-El 4.º Que fue uno de los que obligaron á
retroceder con su familia, cuando salía de la
villa, la gente del Taboada, apesar de no poder
por su edad y enfermedades prestar, en caso
necesario, servicio alguno; que mataron hom-
bres mugeres y niños, y que hubo de perecer,
el con su familia, por haberle incendiado la
casa donde se refugiaba por no poder retirar-
se a tiempo.
-El 5.º Que mataron hombres, mugeres y
niños etc. y que le embargaron dos baules
con los papeles de su oficio, que trató de po-
ner á salvo, los que guardaban la villa para
evitar la marcha de los vecinos, soldados del
Taboada.
-El 6.º Que vinieron por San Anton, que in-
cendiaron 185 casa de las principales, inclu-
yendo la suya y la de sus compañeros de ofi-
cio citados, matando hombres, mugeres y ni-
ños, que logró á costa de grandisimos traba-
jos, salvar algunos papeles de su cargo.
-El 7.º Como los anteriores, agregando que
pretendieron hacerles frente, mas visto el
gran numero de franceses desistieran de ello.
Escrito este Auto é información testifical,
siguiente, en siete pliegos de papel sellado
del año 1809, a fé del escribano Jacobo Illanes
de Alborés.
É curioso constatar que se fai mención conti-
nuamente a cantidade de casas queimadas
polas tropas napoleónicas (185), pero en nin-
gún caso se fala do número nin do nome de
vítimas a pesar de que todos repiten que mo-
rreron a mans dos soldados franceses, varios
homes, mulleres e nenos desta vila.
25
O Cruceiro do Convento de Louro Tipo de ben: Cruceiro ,
Concello: Muros
Parroquia:Louro
Lugar:Louro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-
XVIII) ,
Descrición:
Situado no centro do Claustro do
Convento de San Francisco. A cruz
non ten crucifixo, de forma octogonal
rematada en picos floreados, sosten-
se sobre un capitel esquinado, tendo
a cada un dos seus catro lados unha
estrela de oito puntas (repítese en
numerosos cruceiros do Concello). O
fuste cilíndrico sostense sobre unha
basa que a súa vez se sostén sobre
dúas gradas, sendo a basa a tercei-
ra. Ramón de Artaza apunta a que a
súa feitura podería corresponder coa
do claustro, o cal ostenta nun dos
seus lados a inacción do ano 1646.
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado
(Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
Historia de Muros y su distrito .- 2ª
edic. .- Ramon de Artaza Malvarez
http://
ww.planeamentourbanistico.xunta.es
/mapes/MUROS/
documents/22396CA016.pdf
Artigo de Xokas Figueiras, recollido en patrimoniogale-
go.net
26
As orixes deste costume de reproducir en imaxes o nacemento de Xesús se re-
monta ao século 13 por iniciativa de San Francisco de Asís. Dise que, mentres pre-
dicaba pola campiña de Rieti, Italia, o sorprendeu o cru inverno ao humilde predi-
cador que vestía con farrapos. Refuxiouse na ermida de Greccio. Era o Nadal do
ano 1223. Mentres oraba rodeado daquela paz do bosque e meditando a lectura do
evanxelista San Lucas, tivo a inspiración de reproducir en vivo o misterio do nace-
mento de Xesús en Belén. Construíu unha casiña de palla a xeito de portal, puxo
un presebe no seu interior, trouxo un boi e un asno dos campesiños do lugar e in-
vitou un pequeno grupo deles a reproducir a
escena da adoración dos pastores.
A fermosa idea propagouse por toda Italia,
logo a España e o resto da Europa católica.
Os Nosos Beléns
27
28
A BANDEIRA GALEGA E O JOAQUÍN PÉREZ DE MUROS p/ FRANCISCO ABEIJÓN NÚÑEZ
O pailebote muradán Joaquín Pérez tivo a honra de
ser o primeiro barco no que ondeou a bandeira gale-
ga. Este feito tivo lugar o primeiro de xullo mil nove-
centos trinta e dous. Aquel día de verán no peirao
de Muros encetábase unha excursión de Ultreyas –
organización xuvenil galeguista- que durante quince
días ía transitar polas Rias Baixas. Tratábase dunha
viaxe de formación e aprendizaxe para un grupo de
rapaces nas materias de xeografía, navegación, his-
toria, etnografía, etc… Estaba insertada nunha mo-
derna concepción do ensino pedagóxico que facía
furor por toda Europa nos anos trinta do século XX.
Polas referencias escritas da viaxe sabemos que
visitaron entre outros os portos de Ribeira, Rianxo,
Cambados, Vilagarcía, O Grove, Portonovo, Bueu,
Ons e Vigo. Para aqueles cáseque dúas ducias de
rapaces, entre os que podemos citar a Isaac Díaz
Pardo, X.Astorga Anta, Torres Caplane, Penas e un
longo etcétera de Ultreyas sería unha excursión ino-
vidable. Para os profesores Xurxo Lourenzo,
X.Martínez López, Álvaro das Casas, R.Martínez e
Isidro Parga Pondal era unha importante xeira da
que se tirarían algúns estudios e varias experien-
cias. E para a organización xuvenil galeguista Ultre-
ya supoñía un paso adiante na súa propia consolida-
ción e no traballo de educación da mocidade cara a
reconstrucción da Patria.
Esta viaxe como barco escola significaba un flete
excepciónal para Joaquín Perez. Xa que o barco
adicábase normalmente ao transporte de mercado-
rías dende Vigo, a coñecida como carreira de Vigo,
para a casa armadora da familia Pérez de Muros.
Ninguén nos asteleiros do Caniso situado na Inxuela
en Esteiro donde fora construido polo mestre Ma-
nuel Brea Cernadas “o mariñán” en mil novecentos
vinte podía sospeitar que este barco de pouco máis
de dezaseis metros de eslora e apenas vintecinco
toneladas métricas de rexistro bruto estaría destina-
do a entrar con letras maiúsculas na historia de Gali-
za.
O Joaquín Pérez iría mandado polo patrón esteirán
de confianza da casa dos “carraspellos” muradáns.
A dos Pérez era unha das casas industriais e comer-
ciais máis puxantes da burguesía da época. Xosé
Caamaño Esteiro nacido en Esteiro en mil novecen-
tos, era coñecido por Xosé de Fisterrán, e estaba en
posesión do nomeamento de patrón de cabotaxe
para pilotar barcos de vela e vapor por augas de Vi-
go, Pontevedra e Vilagarcía dende 1930. Este mari-
ñeiro tamén sería, máis tarde en 1934, tamén o pa-
trón do Genoveva –folio VILL-3ª-2-1463-, a primeira
baca de arrastre que houbo no porto de Muros. E
máis tarde moi coñecido na postguerra por ser o pa-
trón do barco secuestrado polos republicanos fuxi-
dos que levaron ao mítico Lino Tieles dende a ria de
Muros ata as costas francesas –pero esa historia
debullaremola máis polo miudo noutra ocasión-.
29
O resto da tripulación do Joaquín
Pérez durante esta histórica viaxe
estaba formada polos mariñeiros
esteiráns Bieito Caamaño Esteiro –
Benito de Fisterrán- irmán do pa-
trón, Xan Maio Caamaño –Xan de
Meliño-, Xosé Caamaño Cernadas –
Xosé de Ferreñas-, e máis un meiri-
ño apelidado Lamas e casado en
Muros. Como sabedes os meiriños
por estes lares son as persoas orixi-
narias das rias baixas.
A emoción bulía na mente dos rapa-
ces. Auténticas vangardas galeguis-
tas sabedoras de que era a primeira
vez na historia da navegación galega que a ban-
deira azul e blanca ondeaba na popa dun navío.
Unha vez doblado o Rebordiño e avistando pola
amura de estribor os cumes do monte Louro
aqueles privilexiados estudantes empezaban a
apagar a súa sede de sabedoría aprendendo as
doctas ensinanzas dos seus mestres aplicando
de xeito práctico a filosofía da organización Ultre-
ya, que fora creada en febreiro dese mesmo ano
por Álvaro das Casas, director do instituto de
Noia e destacado político arredista.
Esta filosofía dos Ultreyas quedaría expresada
aínda que coa exuberante retórica da época no
decálogo da organización:
I. Porque amo a Galiza con toda a miña al-
ma , adicareille os meus millores esforzos
para formala eternamente feliz.
II. Porque a miña vida está chea de mágoas,
a miña mocidade será unha leda canción
que erguerá o espírito de todos os coita-
dos.
III. Porque estou afincado no chan nativo en-
dexamais hei de crebar as ligazóns coa
miña xente, manterei sempre aceso o fo-
go do meu lar.
IV. Porque penso no que fun, no que son e no
que teño que ser, respetarei os vellos e
pequenos e defendereinos de toda al-
draxe e sofrimento.
V. Porque quero a eficacia da miña laboura,
axudarei os nobres desexos dos meus
compañeiros como quixera que me axu-
dasen a min na arela dos meus limpos
soños.
VI. Porque teño que ser home útil a miña Te-
rra, cumprirei todas as miñas obrigas para
ir facendo a miña historia de cidadán exe-
mplar.
VII. Porque quero limpar a miña axuda de
erros, educarei o meu esprito no estudo e
no traballo.
VIII. Porque teño de ser rexo na axuda aos
meus irmáns, fortalecerei meu corpo na
craridade das augas e no ar das monta-
ñas.
IX. Porque soño nun provir de verdadeira fra-
ternidade, farei que rente min se xunten
todos os rapaces galegos para que o día
de mañán non nos afasten prexuízos de
caste.
X. Porque quero unha Galiza enteiramente
galega en convivio con todas as culturas
abrirei o meu peito a todos os homes de
boa vontade e reita intención.
O día quince de xullo de mil novecentos trinta e
dous o barco de Muros, Joaquín Pérez, rendía
viaxe en Vigo coa súa bandeira azul e branca na
popa. A primeira universidade flotante da nosa
terra facía doutores “honoris causa” a toda a pa-
saxe e a súa tripulación. O patrón de cabotaxe
número 551 da Comandancia da Mariña de Vila-
garcía, Xosé de Fisterrán, sorría dende a ponte.
Matinaría na trascendencia histórica desta viaxe
que estaba tocando ao seu fin? O finado de Pepe
Agrelo e máis eu que investigamos este asunto
en mil novecentos noventa e dous coidamos que
si.
30
Panxoliñas de Augardente.
p/ Manuel M. Caamaño
Son as 7:30 da maña do mércores 20 de de-
cembro. Estamos a 20 millas ao oeste de Monte
Louro. Anda un ventiño fresco de leste o que me
obriga a manter as fiestras da ponte pechadas
para non mollar a cara.
Teño sono, estou canso e un pouco malhumora-
do.
E fai un frío que pela.!
Acabamos agora mesmo de largar as artes e
aproveito para tomar un cafeíño ben quente pa-
ra quecer o corpo.
Miro no radar e non temos barco ningún nun ra-
dio de 4 millas , podo tomar tranquilo o café.
Acendo o UHF na canle 74 . Saúdame unha
voz augardentosa pero ben afinada que canta
unha panxoliña que fala do Neno sobre un feixe
de pallas . Cambio para a canle 9 e outra voz ,
esta vez moi desafinada , canta tamén unha
panxoliña que fala de peixes e ríos. Cando ter-
mina outra voz e outra panxoliña remúdano .
Paso agora a canle 11 onde esta control de trafi-
co de Finisterre . Un petroleiro de bandeira Gre-
ga está a reportar o seu paso polo dispositivo de
separación de tráfico. E ao terminar despídese
con un recoñecible, merry chistmas and happy
new year.
Volvo a canle 74 , sigue a mesma voz de augar-
dente cantando, pero esta vez é unha rancheira
o que soa po la radio. Cando termina outras vo-
ces anímano a continuar e a voz augardentosa
arrancase con un pasodoble!
Xa son mais das 8 da mañá , xa espabilei , xa
quecín e xa no me lembro porque estaba malhu-
morado…
31
O APELIDO MUROS p/ Manuel Lago Álvarez
O apelido Muros e de procedencia galega, con
casas solares que radicaron precisamente na
vila de Muros. Hai contrastados antecedentes
da presenza de xentes co apelido Muros, con
anterioridade os anos 1.400.
Os seus compoñentes mais destacados enga-
diron os seus nomes, o toponímico de "Muros".
Parece ser que seu orixen fixase en don Diego
Rodríguez de Muros, nado polos anos 1.300, xa
que con anterioridade os desta familia aínda non
usaban o patronímico Muros. Un dos persona-
xes mais famoso desta familia foi don Diego de
Muros, que foi chamado "Muros I" que foi bispo
de Tui e Cidade Rodrigo e que tomou o hábito
da Mercede en Salamanca o 21 de maio de
1.472. As armas do escudo nobiliario son: en
campo de prata con unha cruz potenzada de
gules.
En España hai 863 persoas censadas co apeli-
do Muros e aproximadamente 858 persoas que
levan este apelido, co que, Muros, e o 4.902º
apelido más frecuente en España.
Estas persoas viven en 52 provincias. Na coru-
ña son 11, e estas once, están censadas todas
en Muros. Ningún outro concello de Galicia ten
ningunha persoa censada co apelido Muros. O
maior número de aparicións dáse en Granada:
378. Outras provincias con abundantes apari-
cións son: Barcelona (161), Madrid (79), Sevilla
(48), Málaga (35), Córdoba (18), Valencia (13),
Xirona (15), Alacante (11), así como Illas Balea-
res (22).
O apelido Muros aparece recollido polo Cronista
e Decano
Rey de Ar-
mas, Don
Vicente de
Cadenas y
Vicent, no
seu
"Repertorio
de Blasones
de la Comu-
nidad Hispá-
nica", iso
significa que
o liñaxe Mu-
ros ten ar-
mas oficiais certificadas por Rey de Armas. Dito
“Repertorio de Blasones de la Comunidad His-
pánica” e a maior obra de heráldica española,
onde aparecen os apelidos coa súa heráldica
como o apelido Muros ordeados alfabeticamen-
te, cos seus escudos.
Tamén, Julio de Atienza, no seu "Nobiliario Es-
pañol", recolle a heráldica e historia do apelido
Muros. Esta obra e de gran importancia para a
heráldica xa que recolle a historia, probas de
nobreza e fidalguía dos apelidos e liñaxes entre
os que está o apelido Muros. Tamén figura o
apelido Muros no "Diccionario Heráldico y Nobi-
liario de los Reinos de España" de Fernando
González Doria, aínda que presenta menos da-
tos do apelido Muros que o "Nobiliario Español".
CURIOSIDADES MURADANAS
32
TEATRO NA VILA Por Antón Lameiro
A influencia positiva que exerce calquera activi-
dade artística dentro dunha comunidade é
esencial no seu desenvolvemento, e non debe
ser desestimada polo moito ou pouco profesio-
nal que ésta sexa. Tanto a mestría de Ximiela
como a desenvoltura de Aquelando Teatro, ou o
entusiasmo da Asociación O Rumial son un re-
flexo das enquedanzas, do xenio, e do ben fa-
cer que como pobo compartimos. A expresión
artística de nos mesmos. Cando un pobo ou un-
ha comunidade celebra e aprecia as artes, o
xeito que temos de organizarnos ou ata de di-
vertirnos toma unha perspectiva diferente,
máis creativa e máis sensible si se quer, útiles
o fin de contas para conservar o noso pasado e
trazar o noso futuro. A nosa vila ten unha longa
e consolidada fama de titiriteira: O Enterro do
Facundo, as Xornadas da Cultura Mariñeira ou a
Cabalgata de Reises serían os vivos exemplos
que a acreditan, e o Teatro Mercedes, que data
dos primeiros anos do século pasado, vería
sendo a proba máis sólida de tan longa afinida-
de. ¿Como sería a primeira obra que se repre-
sentou en Muros? ¿cántos ocurrentes murada-
nos e muradanas non farían xa as delicias dos
seus conveciños? Desgraciadamente non conta-
mos con suficientes referencias históricas da
vida cultural na Vila por aquel entón, xa que
naqueles anos dábaselle máis importancia a
enxalzar os santos ou a conmemorar gloriosas
efemérides do que a promover a ilustración. O
meu primeiro recordo dramático data de cando
eu tiña sete ou oito anos e as catequistas de
Serres montaron un Belén vivinte con un final
donde todo-los nenos pasábamos a bicar os
xeonllos do Neno Xesús. O dramatismo da úni-
33
ca función resultou, como era de esperar, máis
própio do Éxodo ou do Pentateuco do que do
Nadal, xa que na vindeira semana falouse máis
da gripe que pegamos a maioría dos rapaces do
que da sacra e contaxiosa posta en escea. O
que si recordo de millor agrado é a incursión
que a Sociedade Cultural Muradana (2) dirixida
por Gestal fixo no ano 1967, e que como todo
mundo sabe rematou instaurando a Cabalgata
de Reises (1) ata o día de hoxe. A sua contribu-
ción o teatro local pódese considerar pioneira
xa que é a primeira referencia que temos da
formación dún grupo de teatro como tal. Foron
bastantes as obras e non menos os lugares a
donde chegaron ca picaresca muradana. Pezas
que, anque non eran do repertorio galego - sai-
netes de Arniches e de Alfonso Paso na maioria-
de seguro estaban personificadas co noso espa-
ramexo e ca nosa natural gracia pesca; xente
ca “disposisión” de Carola de Miraflores, Pepe
da Alivía, Jorge de Pexejo, ou As Sereiras con-
formaban o elenco, co que xa vos podedes ima-
xinar a natureza e o humor que tiñan estas
obras. Co tempo chegarían a codearse co Grupo
Tespis de Noia que xa levaba máis anos na es-
cea teatral, pero ca transición política e os ava-
tares da vida chegarían a disolverse, deixando
un baldio na farándula local. En 1980 o Grupo
de Teatro Caracusta (4) tomaríalles o relevo.
Os 80 foi unha década moi rocambolesca: Den-
de a Xunta repatriaban a Castelao os mesmos
que outrora o exiliaran, "Os Resentidos" recla-
maban un Vigo capital Lisboa e na Vila, cún ci-
ne de Carcamán recén pechado, o desasosego
cultural empezaba a botar raices. É importante
deixar claro que o grupo de teatro que funcio-
nou na Vila por casi unha década (1980-1989)
non naceu como unha actividade extraescolar
do Instituto, Caracusta xurdeu dunha boa idea
na que nos embarcamos uns cuantos mozos de
Muros: a Asociación Cultural Limiar. Adolescen-
tes todos, ningún tíñamos mais de 20 anos,
compartíamos duas cousas, fomentar a lingua
galega e o amor pola nosa Vila. Por suposto
que unha das formas máis acertadas que se
nos ocurreu para xuntalas foi o teatro, pero co-
mo ningún de nós tiña moitas tablas nin tam-
pouco noción alguha da dramaturxia galega,
resolvemos que sería moito máis factible seguir
a liña dos nosos precursores e achegarnos o
público con unha obra máis afín o contexto que
nos tocaba vivir, algo que xa todos lésemos na
escola ou vísemos na televisión. Eu tiña graba-
dos uns cuantos programas da serie dramática
de TVE “Estudio 1”, e como a iñorancia é tan
confiada como atrevida, embarqueime nada
mais e nada menos que na adaptación da
“Historia de una Escalera” de Buero Vallejo. Un
drama costumbrista que ten ¿unha vila mariñei-
ra por escenario?. Elo aí o bo que ten o teatro é
que, como unha horta en campo, sempre que
34
se lle boten ganas pode dar moito de seu.
Nembargantes no mundo da escea a habilidade
de saber acomodar o público é tan recurrente
como calquer método que se use para asom-
brar este. Non sei si pola sorpresa de verse re-
presentados no escenario ou por que moitos
recoñecían as roupas, os mobles e a utilería
que arrepañáramos polos feados da vila, a obra
foi un éxito total. Cunha Praza da Pescadería
abarrotada e unha noite de agosto canicular, o
noso entusiasmo xuvenil desbordou toda-las
expectativas e acabamos representando a obra
xa non só varias veces na bisbarra, sinon
tamén en Mazaricos, Carnota e ata en Santia-
go. E obrigado decir que o éxito do Grupo de
Teatro Caracusta debeuse primeiramente o es-
forzo dos que formábamos a Asociación Cultu-
ral Limiar, asi como o patrocinio do Concello e o
oportuno apoio do finado alcalde Xosé Lago;
pero a verdade é que nada desto tería sido po-
sible sin a colaboración dos veciños da Vila. Xe-
nte como Totola, Mari Loli da Posa, Maria a pe-
luquera, Maria de Romaxe, e un bo lote de vo-
luntarios que co seu afán desinteresado vesti-
ron, peitearon e amoblaron as diferentes es-
ceas para deleite de todos nós. Co altruismo e
a participación da xente, especialmente a dos
máis novos, a Asociación Cultural Limiar conse-
guiu tamén recuperar o tradicional Enterro do
Facundo, que tiña xa un cántos anos que nos
se facía, e que por sorte séguese a celebrar ata
o dia de hoxe. As artes en xeral e o teatro en
particular xogan un papel moi importante no
desenrrolo da xuventude, xa sea interpretando
un personaxe ou colaborando ca posta en es-
cea, as suas vidas enriquécense durante o pro-
ceso e toda a comunidade beneficiase desto.
Nunha segunda etapa de Caracusta, logo de
disolverse a Asociación, a A.P.A. do Instituto
contratoume para dalle clases de arte dramáti-
co os alumnos de BUP e de FP, e foi aquí donde
descubrín que o potencial teatral que ten o po-
bo de Muros é algo xa de por sí xeneracional.
Os rapaces cos que traballei durante este novo
periodo marcaron para sempre a miña vida, e
podo decir que aprendín eu máis deles do que
eles de min. Moito podería falar destes anos,
pero xa que foi este outro episodio na vida de
Caracusta vámolo a deixar para outro capítulo.
No que sí me gustaría matizar é que nos casi
dez anos que levamos facendo teatro nunca
nos faltou nin a colaboración da xente nin o en-
tusiasmo dos rapaces que se apuntaban a tra-
ballar en cada nova producción. E aínda que os
contratempos non foron
poucos, especialmente
logo de que eu me mete-
ra na política, a expe-
riencia dramática foi
100% constructiva. Se-
guramente por que o
teatro é unha das poucas
expresións artísticas que
non se pode levar a cabo
individualmente sinon en
comunidade, todo resul-
tou, a maiores, armonioso, aínda que tamén
controversial; un reflexo da vida, o fin de con-
tas. Talvez por iso como pobo sería bo repasar
de vez en cando a política cultural de Galicia, si
queremos algún día chegar a entender o noso
verdadeiro drama.
“Maria Da Marea”, unha das obras que repre-
sentamos, é unha alegoria de Galiza donde os
persoaxes distancianse entre si, non só xa polo
fato de que úns falan en galego e outros en
castelán, sinon tamén por unha notable aoto-
marxinación que os define. Na escea 4, logo de
que Maria volta de America para casar co pai
do seu fillo, alguen pregunta: - ¿E esa rapasa
de quen ven
sendo? -E filla
de Tona da Ja-
lorcha e disque
de Don Pasqual
Massó. -¿A que
anda cos pei-
xes? -A mesma!
-Pois vaites que
che tuvo ben
b o a s o r -
te… ,mira ti que
ir casar co fillo
de Don Leandro
o aboghado. -Rindo co dighas. Para non ser
máis que filla de porta aberta...
PD- Falar de teatro na Vila é non mencinar o
Mestre Agrelo é como falar do mar e nunca em-
barcarse. Pero aquí xa nos saimos dos límites
do teatro local para entrar no profesional. E es-
to son palabras maiores.
35
NOVAS DE ONTE p/ Manuel Lago Álvarez
De Esteiro: Los de la parroquia de Esteiro se que-
jan y con razón, de lo abandonados que tienen los
caminos pues apenas llueve algo se hacen intran-
sitables. Es costumbre, según ellos mismos mani-
fiestan, de que los alcaldes de barrio avisen a los
vecinos y estos los arreglen. Llamamos la atención
de quien corresponda para que dé las oportunas
órdenes. (enero 1903)
Un buen partido: Caballero, treinta y pico años,
tipo regular, buena educación, empleado inamovi-
ble, práctico en los negocios, desea contraer matri-
monio con señorita o señora viuda. No reparará en
la edad, ni en la hermosura, ni menos en circuns-
tancias, pero tendrá muy en cuenta el capital. Diri-
girse por carta, lista de correos, cédula 202.
(Noviembre 1902).
Nombramientos: Han sido nombrados correspon-
sales de El Eco Muradano, en Santiago, don José
Novo Vahamonde, Entremuros, 28, en Carnota,
Don Joaquín Caamaño Lago; en Esteiro, Don Ber-
nardo Caamaño Lojo y en Louro D. José García
Beiro. Los suscriptores en esos puntos pueden
recoger en la casa de esos señores el periódico.
(1902)
Subasta de sal: El 1º de noviembre tuvo lugar la
subasta de la sal en este ayuntamiento adjudicán-
dosele al mejor postor que lo fue D. Antonio Lu-
tensqui.
Buque Matilde: Pocos días antes de llegar a Ma-
rín para donde venía el buque Matilde que manda
el inteligente capitán, nuestro convecino, D. Barto-
lomé Fernández, tuvo que arrojar al mar el cadá-
ver del joven muradano Luis Martínez, hijo de la
pobre viuda Dolores Pérez. El difunto era el sostén
de la madre y de tres hermanos más. Dios lo haya
acogido en su seno y de resignación a la pobre
madre. (1902)
Playa de Tal: Apareció en la playa de Tal, a orilla
del mar, el cadáver de un anciano, vecino de
aquella parroquia. La muerte atribuyese a un ata-
que cerebral. (1902).
Anunciarse bien: Todo comerciante o industrial
que quiera vender mucho y bien, debe anunciar su
mercancía o industria en El Pueblo Muradano, que
es el periódico de más circulación del mundo.
(enero-1903)
Visita de Obras: El día 13 del pasado mes hemos
tenido el gusto de saludar a nuestro amigo y ex-
vecino el Sobrestante de Obras Públicas D. José
Parada, que acompañó en su viaje al Ingeniero
segundo Jefe de la provincia, D. José Real. El ob-
jeto de la visita de estos señores a nuestro pueblo,
fue el estudio para la rehabilitación como puertos,
Cabanas y Esteiro. También trajeron el plano de
la población. Las construcciones que se hagan en
la calle del Mar, distarán del petril del malecón 12
metros (enero-1903)
Ordenaciones: En las últimas témporas han reci-
bido las sagradas ordenes nuestros convecinos y
muy queridos amigos, los Sres. D. Manuel Martí-
nez Iglesias y D. Bernardo Louro y Louro para el
Subdiaconado, y D. Vicente González Siaba, para
el Presbiterado. A este último apadrina en su pri-
mera misa S.M. la Reina. Las simpatías de que en
la Armada goza el Práctico mayor D. Vicente Gon-
zález Lamela, han llegado a altas esferas, como lo
demuestra la honra con que le distingue S.M. al
querer apadrinar al hijo. Reciban nuestras queri-
dos amigos el testimonio de nuestro más sincero
gozo y nuestra felicitación más cordial. (enero
1903).
36
¿A quén non se lle dan as matemáticas? p/ María Xosé Alfonso Torres
A maioría das persoas identifican as matemáticas cunha disciplina moi aburrida e difícil. Rápidamente pensan en problemas de difícil resolución nos que hai que aplicar fórmulas e algoritmos complexos. Cantas veces escoitamos “A min as matemáticas non se me dan”!!!
Isto é porque todas estas persoas non son conscientes de que están empregando as matemáticas constantemente. E non só cando van a unha tenda a mercar, non, xa sen saír da súa casa.
Non é raro que despois dunha comida en familia ou con amigos, durante o café e a sobremesa, alguén plantexe un “xogo”, de palillos, acertixo,...... Por exemplo:
Poñendo unha raia recta nalgunha parte desta expresión, antes do igual, isto que agora é falso convír-tese en verdadeiro
5 + 5 + 5 = 550 Ou, “Movendo só dous palillos hai que conseguir que esta vaca que está mirando ao sol mire á lúa” Por suposto, non pode quedar unha vaca “mutante”, isto é , non pode quedar con dous rabos ou unha orella ou patas arriba.
Pero ademáis, empregamos as matemáticas cando facemos a comida, pois se temos unha receta para catro persoas pero temos que facer de comer para un número distinto de catro xa temos que aplicar as propor-cións. Ou porque non temos suficiente cantidade dalgún dos ingredientes. Se temos que facer unha tarta para a que, según a receta, precisa-mos oito ovos pero só temos seis entón teremos que adap-tar as cantidades do resto dos
ingredientes a esta cantidade de ovos, ou non? Pois xa estamos aplicando as proporcións (si, si, iso que se estuda nas clases de matemáticas). E seguro que moitas das persoas que aplican as proporcións correcta-mente e elaboran deliciosas recetas teñen dito en máis dunha ocasión que non se lle dan ben as matemáti-cas.
Cando nos chega a factura da luz todo o que alí hai son matemáticas, atopamos ade-máis de sumas, restas e productos, porcentaxes (nos descontos e no IVE), un diagrama de barras (cos consumos dos meses do último
ano), unha media (coste medio diario da enerxía do período, xusto debaixo do diagrama de barras), unha táboa de datos (coa información da facturación ATR) e gráficos de sectores (coa orixe da electricidade). Todo iso son ma-temáticas e o vemos e interpretamos cada vez que mi-
ramos a factura
E se imos mercar ou temos sorte e nos regalan unha xoia de ouro? Que é iso dos quilates? Por que algunhas persoas teñen alerxia ao ouro que non é de 24 quilates?
O ouro de 18 quilates (por exemplo) en realidade é unha aliaxe (mistura) de ouro puro con outros me-tais (sobre todo prata), nunha proporción de 18/24, é dicir, de 24 partes só 18 son de ouro puro e o res-to doutros metais. E as persoas que só poden poñer xoias de ouro puro (de 24 quilates) é porque en realidade son alérxicas a algún deses outros metais que forman a aliaxe.
37
A voz dos nosos poetas
Rúa da Luz, de Sibila… Rolda por Rúa da Luz
unha sombra silandeira
no tobogán da soleira:
baixa, sobe, cara ou cruz.
Debruza a sede, avestruz, de constante cabaleiro,
na Fonte do Castiñeiro, reverente, a contraluz.
Fortalece monodía
reprodicir pola vía
unha rutina refén
de cabal monotonía.
No peto a chave da vila, a dos secretos tamén, exerce de palafrén,
Rúa da Luz, encandila…
cunha vela na mochila
por Miraflores, ¡amén!
http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/
MONTE LOURO
No brasón dos meus versos, un medallón de ouro
cun nome coruscante: ¡MONTE LOURO!
Un outeiral druídico
dos séculos primeiros ecoa os esconxuros
dos celtas vedoreiros.
O velame do vento acanea nos mastros
dos veleiros que veñen abalroando os castros.
Resoa o vello chifre espertando ó xentío
nas casoupas batidas polo forte vaguío.
E soben polas costas
do alto medioevo as verbas mesturadas do román e do suevo.
Hai unha lingua nova rolando polos cons
da ribeira. Unha música chea de doces sons.
E vai o bardo celta
polas lubres antigas conxurando ós canouros con versos e cantigas.
E o seu lombo de pedra cun medallón de ouro soergue no mallante:
¡MONTE LOURO!
(Luciano Piñeiro González)
Fotografía: Nieves Formoso Vidal.
38
E podería seguir, porque estamos “rodeados de ma-temáticas”, así que iso de que non se nos dan as matemáticas non debe ser certo de todo, non vos parece? LA IGLESIA DE SAN PEDRO
p/ Manuel Lago Álvarez
Mucho antes de que el actual templo de Santa
María do Campo, se convirtiera en la parroquial de
Muros, las funciones propias de parroquial se rea-
lizaban en la iglesia de San Pedro. De esta primiti-
va sede solo se conservan la sacristía, que en la
actualidad es la llamada capilla de la Gracia, y
adosada a ella con una puerta de acceso, el cuer-
po principal del presbiterio, que se vino utilizando
en los últimos años como lugar de enterramientos.
Adosada al edificio de la referida sacristía, en su
lado este, se encuentra la conocida como Capilla
de las Angustias, que fue construida en el año
1665, y cuya fundación se documentó ante notario
en el año 1657.
El estilo de la antigua parroquial de San Pedro es
el románico, pudiéndose datar su construcción en
el siglo X. Aunque solo se conservan las partes
citadas, diferentes fuentes refieren que el edificio
se componía de dos cuerpos: la capilla mayor aún
existente y la nave central compuesta de varios
arcos y pequeñas capillas laterales, de las que se
conserva solo una, que ahora forma parte de la
necrópolis y que debió servir de sepulcro. Esta
capillita tiene una inscripción que dice: ESTA CA-
PILLA MANDO HACER…AR…RIGES DORIS –
ISOLA SU ERMANO IVAN DORIS PRIMERO PA-
TRON. 1664.
En el interior de la capilla mayor, al lado del Evan-
gelio, en la pared, hay grabada una inscripción,
que parece decir: AQUÍ IAZ DON VIDAL DE FAL-
COON, MERCADER DE LA VILLA, destacando al
lado de la citada inscripción, a su izquierda, dos
grabados: el uno: una cruz potenzada horquillada,
y el otro: una estrella de David, símbolo judío por
excelencia. Y aquí, puede que el estudioso se
pierda en un mar de dudas y se pregunte: ¿qué
hace un símbolo judío dentro de una iglesia católi-
ca?, y las respuestas pueden ser varias.
Aunque más de un historiador niegue que hubiera
asentamientos judíos en Muros, hechos históricos
documentados, junto con la existencia durante si-
glos de representantes del Santo Oficio, hacen
palpable que sí, que en Muros hubo una colonia
judía. Por ello, la presencia de este símbolo en un
templo católico pudiera haberse dado por el hecho
de que el edificio fuera, en algún momento, propie-
39
dad de una familia judía, o bien se hubiera vendi-
do el derecho a sepultura, y ello pudiera estar
justificado por la necesidad que tenía la iglesia de
obtener fondos, ya que en la época del enterra-
miento (siglo XVI), en la Colegiata de Muros to-
davía se estaban realizando las obras de amplia-
ción que dieron lugar a las actuales capillas late-
rales.
Ésta pudiera ser una de las posibles razones,
partiendo del hecho de considerar lo grabado co-
mo genuina “estrella de David”, pero, un análisis
más detallado de la procedencia y orígenes de
este símbolo judío me hace pensar que el difunto
Don Vidal de Falcoon, no era judío, más bien un
“cristiano viejo”, pues la estrella de David no es
solo un símbolo judío, ya que dicha estrella apa-
rece en Egipto, en los Sumerios, etc. Pongamos
que es un símbolo universal, al igual que la cruz.
El origen
exacto no
se sabe,
pero la es-
trella de
David o
también
llamada
"Sello de
Salomón",
trasciende
lo religio-
so.
En los
tiempos
modernos,
la Estrella de David se convirtió en el símbolo ju-
dío por excelencia. Esta estrella de seis puntas
(hexagrama), formada por dos triángulos entrela-
zados, puede ser encontrada en muchos objetos
de culto. Las ambulancias en Israel llevan el rótu-
lo de la “Estrella de David Roja”, y la bandera de
Israel tiene una estrella de David azul puesta
exactamente en el centro.
¿Y cuál es el origen del símbolo de seis puntas?
El triángulo representa la sabiduría y la divinidad,
pero también representa lo femenino y el deseo
de acceder a "algo" elevado. El triángulo inverti-
do de la estrella de David simboliza lo masculino,
Dios por encima del hombre. Los dos triángulos
unidos que forman la estrella, crean 6 pequeños
triángulos y dicha unión crea una armonía entre
hombre-mujer, lo divino en el hombre, el cielo y la
tierra en armonía, el polo positivo y el negativo en
equilibrio. Es
decir la unión
con el cos-
mos o con la
naturaleza
cósmica. Re-
sumiendo: La
estrella de
David repre-
senta el equi-
librio de la
naturaleza,
nuestra unión
con el todo y
la armonía en
la búsqueda
de la sabidu-
ría.
Desde antiguo este símbolo fue utilizado por los
católicos, de hecho en diferentes catedrales es-
pañolas se encuentra grabado en fachadas e in-
teriores. En la catedral de Santiago de Compos-
tela hay una
estrella de
David muy
vistosa so-
bre un ven-
tanal inte-
rior, que se
puede ver
justamente
accediendo
por la Puer-
ta Santa.
También,
entre las
muchas mi-
tras que uti-
lizan los Pa-
pas, Benedicto XVI usó una, en el año 2009, que
tiene bordadas en oro varias estrellas de David.
Así pues, nuestro Don Vidal de Falcoon, merca-
der de la Villa, y cuyos restos mortales yacen en
la antigua parroquial de san Pedro de Muros, pu-
diera haber profesado la religión judía, pero me
inclino más bien por pensar que no fue así, y al
segundo argumento me remito.
40
Noite de amor
sol do nadal,
brila o lume no portal
xa chegaron os anxos de Deus
xa acompaÑan a Nai celestial
demoslle adoracion
demoslle adoracion.
Noite feliz de adoración
xa baixou o Rei de Amor
dende o trono
de amor celestial
ata a cuna dun probe portal
demoslle adoracion
demoslle adoracion.
top related