apuntes cortes

6

Click here to load reader

Upload: ies-ponteceso

Post on 23-Mar-2016

216 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

apuntes de cortes

TRANSCRIPT

Page 1: Apuntes Cortes

CORTES XEOLÓXICOS.A estratigrafía é a rama da Xeoloxía que se encarga da interpretación dos

estratos. Para iso indaga na orixe dos sedimentos, pescuda o tipo de ambiente no que

se formaron e deduce a evolución da cunca sedimentaria Os estratos son cada unha

das capas nas que se dispoñen as rochas sedimentarias. Nun estrato distínguense

unha superficie inferior, o muro, e unha superior, o teito. Ambas superficies son a

mostra dun cambio no ambiente e, polo tanto, nos sedimentos depositados

denominándose descontinuidades a estes cambios de ambiente. O espesor dun

estrato denomínase potencia.

A historia do noso planeta está recollida nas rochas que rexistran os procesos

xeolóxicos:

Conservan rexistros do ambiente no que se orixinaron.

Poden conter fósiles que nos informan acerca dos organismos que vivían no

momento no que se orixinaron as rochas.

Os acontecementos queda rexistrada nas rochas seguindo unha orde

cronolóxica que podemos interpretar. Os fósiles tamén colaboran na A

estratigrafía é a rama da Xeoloxía que se encarga da interpretación dos

estratos reconstrución da historia xeolóxica. Os fósiles guía son restos de

organismos que viviron, cunha ampla distribución xeográfica, durante un

período concreto, e normalmente curto, da historia do planeta. Desta forma a

súa presenza nun estrato asegúranos unha datación, idade, para os estratos

que os conteñan. Outro grupo de fósiles moi interesantes na reconstrución

histórica son os chamados fósiles de facies. Estes corresponden a organismos

que viviron en ambientes moi concretos, e só neles. Unha vez atopados

poderemos asegurar como era o ambiente no que se orixinaron os estratos.

CORTES XEOLÓXICOS.Un corte xeolóxico corresponde a unha sección dun mapa xeolóxico na que se

representa a disposición dos materiais en profundidade.

Sobre o corte xeolóxico podemos realizar unha lectura que nos permite obter

gran cantidade de datos.

Para interpretar un corte xeolóxico debemos completar dúas fases:

1. Identificar acontecementos xeolóxicos e as súas características..

2. Reconstruír a historia xeolóxica.

1º. Identificar acontecementos xeolóxicos e as súas características. Depósitos sedimentarios.

o Calcarias (Depositadas en ambientes mariños profundos)

Page 2: Apuntes Cortes

CORTES XEOLÓXICOS.o Margas e arxilas.(Depositadas en ambientes mariños de profundidade

intermedia)

o Areíscas, gravas, conglomerados e areas (Depositadas en ambientes

mariños e fluviais pouco profundos.)

o Evaporitas orixinadas por evaporación nun ambiente regresivo. (retirada da

auga)

Materiais magmáticos.

o Granitos ou gabros formados en profundidade.

o Basaltos e coladas de lava formados en superficie durante erupcións

volcánicas.

Metamórficas.

o Lousas e xistos. Formadas a partir de rochas sedimentarias enterradas.

o Cuarcitas. Orixinados por metamorfismo a partir de materiais magmáticos.

o Aureolas de metamorfismo. Formadas polo quentamento que producen os

materiais magmáticos que se introducen nun material anterior.

Contactos.

o Superficies de erosión.

o Contactos discordantes entre materiais magmáticos, sedimentarios e/ou

metamórficos.

Deformacións tectónicas.

o Dobras. (Ondulacións dos estratos)

o Fallas. (Roturas dos estratos.)

Determinación do ambiente xeolóxico.

o Tipo de ambiente: mar profundo, mar pouco profundo, transgresivo

(ascenso do nivel das augas), regresivo(descenso do nivel das augas),

continental, fluvial, praia,…

o Fósiles característicos.

Paleozoico…………. Trilobites.

Spirifer.

Orthoceras.

Calceola.

Page 3: Apuntes Cortes

CORTES XEOLÓXICOS.

Mesozoico…………. Dinosauros.

Ammonites (Hildoceras).

Belemnites.

Cenozoico………….. Homínidos.

Nummulites.

2º. Reconstruír a historia xeolóxica.a) Lei de superposición dos estratos. Nunha serie non deformada de rochas, cada

estrato é mais antigo que o que ten por riba e máis moderno que o que ten por

debaixo.

b) Principio de horizontalidade orixinal. Os materiais sedimentarios deposítanse

sempre horizontais.

c) Principio de intersección. Cando un acontecemento afecta a outro significa que

é posterior. Unha falla non pode romper un estrato que se formara despois da

falla.

d) Estudo das descontinuidades estratigráficas:

e) Estudo dos fósiles contidos nos estratos.

Page 4: Apuntes Cortes

CORTES XEOLÓXICOS.

1º. Identificar acontecementos xeolóxicos e as súas características.

Depósitos sedimentarios.

Materiais magmáticos.

Metamórficas.

Contactos.

o Superficies de erosión.

o Contactos discordantes

Deformacións tectónicas.

Determinación do ambiente xeolóxico.

o Tipo de ambiente.

o Fósiles característicos.

2º. Reconstruír a historia xeolóxica.f) Lei de superposición dos estratos.

g)Principio de horizontalidade orixinal.

h)Principio de intersección.

i) Estudo das descontinuidades

estratigráficas.

Page 5: Apuntes Cortes

CORTES XEOLÓXICOS.

j) Estudo dos fósiles contidos nos estratos.