as cidades e o urbano

14
TEMA XV: AS cidades e o urbano As cidades son lugares onde se concentra a poboación e mais as súas actividades. As cidades centralizan unha serie de funcións urbanas e un gran número de servizos.Hoxe as cidades adoitan ter uns límites difíciles

Upload: icoico1

Post on 31-Jul-2015

2.496 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: As cidades e o urbano

TEMA XV: AS cidades e o urbano

As cidades son lugares onde se concentra a poboación e mais as súas actividades. As cidades centralizan unha serie de funcións urbanas e un gran número de servizos.Hoxe as cidades adoitan ter uns límites difíciles

Page 2: As cidades e o urbano

Poboación urbana no mundo:áreas intensamente urbanizadas ( + 75%)

Page 3: As cidades e o urbano

As funcións urbanas

• Función político-militar. Moitas cidades débenlle a súa orixe á función militar polo lugar estratéxico que ocupaban, e desde o cal era doado defenderse.

• Función comercial e financeira. As cidades ben comunicadas desenvolvéronse por exerceren unha función como centros comerciais.

• Función industrial. Débenlle a súa orixe á implantación de industrias.

• Función cultural-turística.Desenvolvéronse por ter atractivos turísticos: monumentos, festas…

Page 4: As cidades e o urbano

A trama urbana

• A morfoloxía urbana estuda a cidade tendo en conta a distribución das súas rúas e edificios, isto é, a súa trama

• O plano urbano é a representación gráfica, a escala, dunha cidade.

• En case todas as cidades europeas, ao observar o plano urbano pódense diferenciar: a zona antiga, o ensanche e os barrios periféricos.

Plano urbano do ensanche de Barcelona

Page 5: As cidades e o urbano

A zona antiga

• A zona antiga ou zona vella correspóndese normalmente co centro histórico da cidade.

• O plano irregular é propio dos centros históricos e amosa unha trama densa e irregular con rúas estreitas. Centro histórico de Santiago

Page 6: As cidades e o urbano

Os ensanches

• No século XIX a poboación de moitas cidades europeas medrou moito debido á industrialización.

• Unha gran maioría de cidades optaron por ampliar a súa trama urbana dunha forma planificada, xurdindo así os ensanches, cuxos planos poden ser:

• O plano radiocéntrico. A cidade organízase ao redor dun punto central a partir do cal se proxectan as rúas coma se fosen os raios da roda dunha bicicleta ( 1 )

• O plano ortogonal ou reticular. O trazado das súas rúas córtase perpendicularmente, creando unha forma de taboleiro de damas.( 2 )

2 Ensanche de Barcelona

1 Arco de Triunfo . París

Page 7: As cidades e o urbano

Os barrios periféricos

• Pódense distinguir dous tipos de barrios periféricos:

• Os formados por grandes bloques de vivendas obreiras con capacidade para moita poboación ( 1 ).

• Os que teñen unha morfoloxía de cidade-xardín, con casas unifamiliares e amplos espazos de zonas verdes ( 2 ).

1 Barrio das Flores. A Coruña

2 Ciudad Jardín. A Coruña

Page 8: As cidades e o urbano

Áreas metropolitanas

• As áreas ou rexións metropolitanas xurden ao estarse espallando por un territorio moito máis extenso que o dos límites da cidade os equipamentos, persoas, e actividades

Área metropolitana da Coruña

Page 9: As cidades e o urbano

Áreas metropolitanas en España

Page 10: As cidades e o urbano

A xerarquía urbana• A escala mundial a xerarquía urbana

distingue catro niveis básicos:

• Metrópoles globais.Teñen gran poder o político e económico a nivel mundial: N.York, Londres, Tokio

• Metrópoles mundiais.Grandes cidades sede de importantes bancos e multinacionais París, Amsterdam

• Metrópoles nacionais.Capitais do estado ou grandes cidades dos estados

• Centros rexionais e comarcais.Capitais de provincia que inflúen no territorio que as arrodea

N. York

París

Madrid

Coruña

Page 11: As cidades e o urbano

Xerarquía urbana en España

Page 12: As cidades e o urbano

Densidade de poboación en España

Page 13: As cidades e o urbano

A industria en España

Page 14: As cidades e o urbano

Poboación en Galicia