blue chips - medias.farodevigo.es · ter claro o contexto e a dife-renza entre gasto e...

8
As fichas azuis, as Blue Chips, son as de máis avalúo nos casinos.Delas toman prestado o seu nome as empresas cotiza- das en bolsa que operan como valores máis estables. No eido das artes, dáselle ese calificativo ás obras asinadas por ar- tistas recoñecidos que, malia o elevado prezo de adquisición, son un lugar de in- vestimento seguro. Hai un filme moi divertido,protagoni- zado por Andie McDowell e John Malko- vich, titulado Obxecto de sedución (“The Object of Beauty”, 1991), no que se recrea de xeito burlesco un “ménage à trois” en- tre un home,una muller e unha escultura de Henry Moore.Cando a parella se ve na obriga de por freo ao ritmo de vida que teñen, non lles queda outra que vender una pequena peza do escultor británico. A sedución atrapada pola cola,recordan- do a obra de teatro escrita por Picasso,es- tá aquí colleita e ben colleita.Pois a pare- lla atravesa por múltiples situacións para salvagardar o que é un prezo certo millo- nario suxeito por un pequeno ben mo- ble. Os investimentos en arte non son o mesmo que as compras de arte. Esta, nas mans privadas, ten primeiro una consideración estética ou sentimental e despois un valor patrimonial.Así que cando un se decide a parti- cipar no mercado,hai que ter claro o contexto e a dife- renza entre gasto e investi- mento. Para gastar, guíamo- nos polo gusto.Para investir, polo coñecemento. Como se di popularmente, nin- guén dá pesos a catro pese- tas, ou o que é o mesmo, as mesmas pre- caucións que se toman para mercar un ben inmoble, teñen de ser tomadas para comprar arte. Para todo iso,para poder investir os no- sos cartos nun ámbito seguro e interesan- te de tráfico de bens físicos, o primeiro paso pode ser coñecer o calendario de feiras e exposicións máis doadas. Igual que seguimos as pasarelas de Milán,París ou Nova York,asemade seguimos os cen- tros de compra–venda de arte. E non hai que perder a visión da oportunidade arestora que o mercado inmobiliario está á baixa,outorgándolle excelencia ás tran- saccións reais de bens físicos guiados por parámetros internacionais de avalúo. O nó gordiano da escena da arte está hoxe na feira Art Basel Miami,que se cele- bra en decembro,e que debe ser un pun- to de mira para os españois, pois é a mes- tura entre o rigor centroeuropeo e a poé- tica latina, ademais de ser a nosa porta con Latinoamérica. Colofón ou obertura, a feira de Miami é coñecida porque alí “está todo o mundo”.Vida social e latexo patrimonial van da man. Madrid é una cita próxima, un lugar onde familiarizarse, cada febreiro en AR- CO, coa escena da arte.A feira céntrase na arte contemporánea, aínda que hai sempre stands de clásicos das vangardas. Entre os blue chips que titulan este artigo, teñen nos Picasso, Miró, Calder, Picabia, enderezos de aposta certa. Os aumentos de valor no tempo desas obras non son expoñenciais pero si constantes. Iso sí, as obras haberán de ser de calidade dentro da produción de cada autor. Outra opción en Madrid podería ser o acercamento a labores de Anish Kapoor, Philippe Parreno,Liam Gillick,Angela Bu- llock ou calquera dos cen artistas da lista de Artforum.Despois de Madrid,está a fei- ra de Bruxelas,en abril,coa opción de ir a Colonia, no mesmo mes. Nestas citas estando ben asesorado, pódense atopar obras de interese. Os ar- tistas americanos emerxentes son una boa opción, e as galerías dese país ta- mén, pola estruturación do mercado. Ademais, en todas as feiras hai galerías alemaás que, por exemplo en Arco, fan que se pague un 7% de IVA fronte ao 18% español. As citas seguirían en xuño con Frieze, en Nova York, e con Art Basel, en Basilea, Suíza. As pezas de arte con maiúsculas compiten con modelos de alta costura e seguridade no investimento.Iso si: pou- cos artistas españois que, en xeral teñen pouca proxección, agás Barceló e alguns outros singulares da escola figurativa; o resto son compra sentimental ou de gus- to,pero non investimento. En fin,este tour pola arte seguirá aínda en París e Londres,xa en outubro.En todo caso, sempre nos resta a posibilidade de viaxar e investir; de certo, a ruta da arte dos Blue Chips conforma unha magnífica opción. Coordina: Xosé Ramón Pena Nº 400 XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012 Blue Chips Arte en tempos de crise ROMÁN PADÍN OTERO ANTOLÓXICA DE SUCASAS EN NOVACAIXAGALICIA / PÁX. III ENTREVISTA COAS PANDEIRETEIRAS DE LEILÍA / PÁX. -V MÚSICA: “COMPOSTELA ROCK”/”SONS 2012” / PÁX. VIII

Upload: others

Post on 22-Dec-2019

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

As fichas azuis,as Blue Chips,son as demáis avalúo nos casinos. Delas tomanprestado o seu nome as empresas cotiza-das en bolsa que operan como valoresmáis estables. No eido das artes, dáselleese calificativo ás obras asinadas por ar-tistas recoñecidos que, malia o elevadoprezo de adquisición, son un lugar de in-vestimento seguro.

Hai un filme moi divertido, protagoni-zado por Andie McDowell e John Malko-vich, titulado Obxecto de sedución (“TheObject of Beauty”,1991),no que se recreade xeito burlesco un “ménage à trois” en-tre un home,una muller e unha esculturade Henry Moore.Cando a parella se ve naobriga de por freo ao ritmo de vida queteñen, non lles queda outra que venderuna pequena peza do escultor británico.A sedución atrapada pola cola, recordan-do a obra de teatro escrita por Picasso,es-tá aquí colleita e ben colleita.Pois a pare-lla atravesa por múltiples situacións parasalvagardar o que é un prezo certo millo-nario suxeito por un pequeno ben mo-ble.

Os investimentos en arte non son omesmo que as compras de arte. Esta, nasmans privadas, ten primeirouna consideración estéticaou sentimental e despois unvalor patrimonial. Así quecando un se decide a parti-cipar no mercado, hai queter claro o contexto e a dife-renza entre gasto e investi-mento. Para gastar, guíamo-nos polo gusto.Para investir,polo coñecemento. Comose di popularmente, nin-guén dá pesos a catro pese-tas, ou o que é o mesmo, as mesmas pre-caucións que se toman para mercar unben inmoble, teñen de ser tomadas paracomprar arte.

Para todo iso,para poder investir os no-sos cartos nun ámbito seguro e interesan-te de tráfico de bens físicos, o primeiropaso pode ser coñecer o calendario defeiras e exposicións máis doadas. Igualque seguimos as pasarelas de Milán,Parísou Nova York, asemade seguimos os cen-tros de compra–venda de arte. E non haique perder a visión da oportunidadearestora que o mercado inmobiliario estáá baixa,outorgándolle excelencia ás tran-saccións reais de bens físicos guiados porparámetros internacionais de avalúo.

O nó gordiano da escena da arte estáhoxe na feira Art Basel Miami,que se cele-bra en decembro,e que debe ser un pun-to de mira para os españois,pois é a mes-tura entre o rigor centroeuropeo e a poé-tica latina, ademais de ser a nosa portacon Latinoamérica. Colofón ou obertura,a feira de Miami é coñecida porque alí“está todo o mundo”.Vida social e latexopatrimonial van da man.

Madrid é una cita próxima, un lugaronde familiarizarse, cada febreiro en AR-CO, coa escena da arte.A feira céntrasena arte contemporánea, aínda que haisempre stands de clásicos das vangardas.Entre os blue chips que titulan este artigo,teñen nos Picasso, Miró, Calder, Picabia,enderezos de aposta certa. Os aumentosde valor no tempo desas obras non sonexpoñenciais pero si constantes. Iso sí, asobras haberán de ser de calidade dentro

da produción de cada autor.Outra opción en Madrid podería ser o

acercamento a labores de Anish Kapoor,Philippe Parreno,Liam Gillick,Angela Bu-llock ou calquera dos cen artistas da listade Artforum.Despois de Madrid,está a fei-ra de Bruxelas,en abril,coa opción de ir aColonia,no mesmo mes.

Nestas citas estando ben asesorado,pódense atopar obras de interese. Os ar-tistas americanos emerxentes son una

boa opción, e as galerías dese país ta-mén, pola estruturación do mercado.Ademais, en todas as feiras hai galeríasalemaás que, por exemplo en Arco, fanque se pague un 7% de IVA fronte ao 18%español.

As citas seguirían en xuño con Frieze,en Nova York, e con Art Basel, en Basilea,Suíza. As pezas de arte con maiúsculascompiten con modelos de alta costura eseguridade no investimento. Iso si: pou-

cos artistas españois que, en xeral teñenpouca proxección, agás Barceló e algunsoutros singulares da escola figurativa; oresto son compra sentimental ou de gus-to,pero non investimento.

En fin,este tour pola arte seguirá aíndaen París e Londres,xa en outubro.En todocaso, sempre nos resta a posibilidade deviaxar e investir; de certo, a ruta da artedos Blue Chips conforma unha magníficaopción.

Coordina: Xosé Ramón PenaNº 400 n XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012

Blue ChipsArte en tempos de crise

ROMÁN PADÍN OTERO

ANTOLÓXICA DE SUCASAS ENNOVACAIXAGALICIA /PÁX. III

ENTREVISTA COASPANDEIRETEIRAS DE LEILÍA /PÁX. -V

MÚSICA: “COMPOSTELAROCK”/”SONS 2012” /PÁX. VIII

Se hai dous conceptosque sempre aparecen co-mo antitéticos, estes son“guerra” e “cultura.” Aléndas perdas en vidas e enpropiedades, a cultura e opatrimonio son vítimas no-torias.Ademais, nunca fal-tan os listos que tiran pro-veito coa pillaxe, segurosde que a coartada da teóri-ca destrución os deixaráimpunes. Se a iso lle enga-dimos unha confrontaciónideolóxica,unha parte dostesouros artísticos ou dosfondos bibliográficos sondestruídos e expoliados amantenta.

Todos estes elementosviñeron darse simultanea-mente cando as tropas daWehrmacht ocuparon acapital francesa en 1940.París era nos anos vinte etrinta do século XX o cen-tro da cultura mundial.Alén dos propios artistas eintelectuais franceses, alíresidían moitos exiladospolíticos (rusos, alemáns,españois, italianos, xu-deus…) ou vitais,como Sa-muel Beckett ou James Jo-yce.Alén, vivían outros in-telectuais atraídos poloimán de liberdade e éxitoque era París, como He-mingway, Dos Passos,Pound ou Scott Fitzgerald.

Cando Alemaña inva-diu Polonia, en setembrode 1939, Francia seguíaconfiada na proteción daliña Maginot; pero candoas tropas nazis comezarona ofensiva contra os PaísesBaixos, esta defensadeixou en evidencia a súavulnerabilidade e París ca-ía e en xuño de 1940.Aquela guerra de apenasunhas semanas foi unhahumillación nacional.Asi-nado o armisticio, Franciaquedou dividida entre azona ocupada (ao oesteda diagonal Alsacia–PaísVasco) e a zona que pasoua ser administrada polo ré-xime liderado polo maris-cal Pétain. O cadro resul-tante é descrito con preci-sión por Alan Riding, co-rresponsal cultural en Eu-ropa do The New YorkTimes no seu ensaio TheShow Must Go On (“Y si-guió la fiesta”na versión es-pañola, Galaxia Gutem-berg 2011), gañador dospremios Josep Palau i Fa-bre e Spear’s Book Awardfor Social History. Unha si-tuación aquela de verda-deira esquizofrenia.

De entrada, o gobernode Vichy quería manter osvalores identitarios france-ses (eran ultranacionalis-tas), pero sen topar cos in-tereses alemáns. Por outrolado, no seu apoio habíaun número non despreza-ble de intelectuais de de-reitas, algúns abertamentepronazis e outros mornosou contrarios aos ocupan-tes, mais non exentos decalidade.

Na zona ocupada, dacal marcharon os máis dosartistas estranxeiros, os in-telectuais comunistas eranvistos como potenciaisaliados dos alemáns a cau-sa do pacto de non agre-sión asinado entre Alema-ña e a URSS (só co ataquealemán, os comunistas pa-saron a ser abertamenteantinazis).

Tamén había intelec-tuais abertamente fascistase nazis, que non tiñan pro-blema coa forza ocupante.Aqueles que non eran fa-vorables estaban divididosentre sobrevivir en París outentar pasar a algún lugar

tranquilo da zonanon ocupada. Entoda Francia, osxudeus –francesesou non– tiñanmoitas dificulta-des para o devircotián.

Por parte ale-má,as cousas non estabandefinidas. Mentres habíadirixentes nazis e militaresfrancófilos en canto á cul-tura, que ofertaron plata-formas de expresión aosintelectuais franceses, a al-ta oficialidade daWehrmacht era aberta-mente hostil aos proxectosde Hitler e de Göring paraexpoliar o patrimonio artís-tico do país invadido.

Cando a ocupación foiun feito, era preciso sobre-vivir,dun xeito ou doutro.Acidadanía necesitaba es-quecer a excepcionalida-de e a forza ocupante ne-cesitaba diversión. Con re-lativa normalidade, foronabrindo os teatros,os caba-rés, os cines. A industriaeditorial tivo que sortear acensura e a depuración dexudeus. Intelectuais quedespois serían símbolo decompromiso seguían a fre-cuentar cafés e restauran-tes como se nada sucede-ra.

Pero nese péndulo queson as derrotas bélicas,cando os aliados desem-barcaron e a ocupaciónalemá ficou en perigo, fo-ron moitos aqueles que,con maior ou menor con-vencemento,pasaron a for-mar parte da resistencia. Ecando Francia foi liberadacomezou a depuracióndos colaboracionistas; pe-ro con coidado, non foseque quedase en evidenciaa dimensión da Francia deVichy. Cumpría erguer omito da Resistencia.

Arde París!Alan Riding e a ocupación nazi

JOAQUIM VENTURA

Pablo Picasso (1881-1973).

A primeira viaxe de Pablo Picasso aParís foi en 1900,cando tiña dezanoveanos,para visitar a Exposición Univer-sal.Despois dalgunhas máis,instalousealí en 1903,con posteriores tempadasen Cataluña (en Gòsol,1906; Horta deSant Joan,1909; Ceret, 1911,en-troutras).

Picasso apoiou á II Repúbli-ca Española e en 1936 foi no-meado director do Museo delPrado.Marchou a París e,remata-da a guerra,as autoridades fran-quistas retiráronlle a nacionali-dade.Entre abril de 1939 e,despois quelle denegasen a nacionalidade france-sa un ano despois,viviu como apátri-da,xa que prefriu seguir en Francia entroques de marchar ao exilio, proba-

blemente para non perder a súa fortu-na.Esta situación non era a mellor decara aos ocupantes alemáns,pero nontivo problemas,nin fixo para telos.Mes-mo foi visitado no seu estudio por diri-xentes culturais alemáns,como Heller

ou Jünger.Conta unha anécdota queao comentario dun deles, á vista doGuernica, sobre se o fixera el,Picassorespondeu: “Non,foron vostedes”.

Cando en 1944 os alemáns tiveron

que deixar Francia,Picasso procurou omellor salvoconduto posible: afiliarseao PCF. E algún rumor dicía daquelaque non habería tal compromiso ideo-lógico,senón un seguro ben pagado.Ocerto é que foi nomeado presidente

da executiva da Fronte Nacionaldos Artistas e, como tal, o res-ponsable máis destacado á ho-ra da depuración dos artistascolaboracionistas co gobernode Vichy e cos ocupantes ale-máns.

Quizais por iso non seríanunha boutade aquelas palabras de Sal-vador Dalí cando se comparou con el:“Picasso é pintor,eu tamén; Picasso éespañol,eu tamén; Picasso é comunis-ta,eu tampouco”.

Picasso durantea ocupación

Vichy foi apoiado por

un amplo número de

intelectuais de dereitas

FARO DE VIGO

XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012 HISTORIA/ARTEII

O xornalista e escritor Alan Riding.Adolf Hitler en París (1940).

A Fundación Novacaixa-galicia dedica a súa novamostra en Vigo á revisión doconxunto da obra de Alfon-so Sucasas (Lalín, 1940), undos pintores galegos máis sa-lientábeis da súa xeración,que levaba case que dúasdécadas sen expor nunha ci-dade na que morou moitosanos.A exposición, que re-colle obras de todas as súasetapas,componse de trinta ecinco obras,realizadas entre1957 e 2010,comezando porun brillante e persoal Auto-rretrato (1957) adolescente echegando até óleos actuais,cunha boa representaciónde pinturas dos anos 2009 e2010.

Unha das virtudes damostra é permitir enxergar aobra do artista no seuconxunto, o que consegueque visualicemos o desen-volvemento temporal e for-mal da súa arte pero, sobretodo,as súas fondas fidelida-des pictóricas.Os anos seten-ta semellan a chave da súaevolución que poderiamosbalizar entre referentes domovemento renovador daarte galega d’Os Novos, enespecial Laxeiro, e os ecosda pintura de Francis Baconque se manifestan en boaparte da figuración dos anossetenta,velaí están obras co-mo Na feira do gando (1975)ou Grupo (1972).

A obra de Sucasas nonnos aparece, pois, illada, se-nón imbricada nos dificulto-sos esforzos modernizadoresen Galiza destes anos, nosque os maiores contactos in-ternacionais e a propia diná-mica interna fai que vaianaparecendo síntomas de re-novación que favorecerán aeclosión artística que se co-meza a forxar na segundametade dos setenta e que te-rá un punto culminante nosoitenta, un momento quesen dúbida abriu unha novatraxectoria para a arte do no-so país,e que tamén na obrapersoal do lalinense é espe-cialmente brillante.

Non debemos esquecerque,neste contexto,os artis-tas con inquedanzas tiñanque facer fronte a unha si-tuación na que sobrevivía oremol do localismo tradicio-nal e folclórico e que nonsempre era doado superarestas pexas,o que frecuente-mente levaba a intentos des-nortados dunha modernida-de que non era quen detranscender as nosas frontei-ras.

Que Sucasas supera estasdificultades é moi evidenteao contemplarmos o seu tra-ballo destes anos,eis os seusexpresionistas –e beconia-

nos– Políptico (1980) e Políp-tico con bosquexos (1983).En obras como estas á inten-sa forza plástica e á calidadehai que unir o profundo de-sacougo que causa o seu tra-tamento da figura humana.Corpos encerrados en espa-zos claustrofóbicos e que,sen referencias,nin metafísi-cas nin filosóficas,fan densa,tanxíbel a condición doloro-sa e angustiada do ser huma-no.

É evidente que a investi-gación plástica de AlfonsoSucasas se fai en diálogocoa tradición –unha tradi-ción que é moi afín ao popu-lar e ao escultórico, comoacontece con moita arte ga-lega– escolmando dela ele-mentos significativos,perse-guidos de xeito obsesivo, echeos dunha intensa forza

plástica.Desde os retablos etímpanos de igrexas ruraisaté boa parte da tradiciónpictórica figurativa,o lalinen-se sérvese de elementos degrande alento expresivo pa-ra forzar a rosca, para esca-var todo o pasado artístico,mais coa plena conscienciade que se fai parte del e paraamosármonos non só a per-cepción angustiada da exis-tencia senón a máis vitalista,que acabará dominando nasúa produción das últimasdécadas.Produción:FundaciónNovacaixagaliciaArtista:Alfonso SucasasTexto catálogo:MercedesRozasLocal:Centro CulturalNovacaixagalicia,VigoDesde o 19 de xaneiro até 4de marzo

Sucasas en VigoAntolóxica en Novacaixagalicia

CARLOS L. BERNÁRDEZ

Varios momentos da mostra no Centro Cultural Novacaixagalicia. // FOTOS: ELI REGUEIRA

Sucasas vai permanecer fiel ao seu hori-zonte estético e a estes postulados: tradi-ción galega e nova figuración, coa figurahumana sempre presente, e con esa pro-pensión expresionista e nórdica que taméncaracterizou e reivindicou boa parte da tra-dición plástica galega do século XX, funda-mentalmente desde os anos vinte.

Este cúmulo de influencias, sen desapa-receren,iranse limitando posteriormente naprocura de acentos persoais: a firmeza, aenerxía, a integridade e a ausencia de me-diacións; valores que deberían ser irrenun-ciábeis para a toda a pintura moderna, eque o artista desenvolve ao longo da súa di-

latada traxectoria. Enténdase integridadecomo un valor pictórico, no sentido de va-lor de orde conceptual e tamén de vixen-cia. En moitas obras esta integridade com-positiva faise máis que evidente con esa in-mediata conexión entre o icónico e a corque evita a teatralidade máis simple, noto-

rio nas súas composicións fieis á tradiciónmáis clásica, como nos nus femininos ounos temas relixiosos.

Sucasas é todo menos incoherente. Rea-liza unha aposta decidida pola modernida-de, que reivindican a tradición do move-mento renovador, e que se sitúa no vieirodos artistas que poñen ao día a nosa arte,mais sen concesión á moda de última hora.Os sólidos alicerces de identidade que per-cibimos no conxunto da súa obra, son neldunha extrema naturalidade e non funcio-nan como freo,senón todo o contrario,paraque a súa obra supere, con moito, un valorsimplemente local.

Firmeza eintegridade

FARO DE VIGO

XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012ARTE:EXPOSICIÓNS III

O teórico da narrativacinematográfica MichelChion, desde as páxinasda súa obra Como se es-cribe un guión, establece–a partir das formulaciónsaristotélicas– cinco pun-tos fundamentais na ela-boración dunha trama,entre os que atopamosdous de capital importan-cia: significar o heroe emais o antagonista. Os ca-nons clásicos da narrativahollywoodiense implanta-ron a escenificación des-tes polos opostos comoalicerce do relato, sobre ocal se construíron boaparte das máis grandes fá-bulas da sétima arte. Po-rén, o tratamento superfi-cial destes elementos de-rivou en moitos casos nunmaniqueismo que,por ou-tra banda, non sempre vi-ña motivado por unha fal-ta de habilidade do autor,senón que estaba deter-minado pola intencionali-dade de delimitar de xei-to claro as fronteiras entreo ben e o mal. O exemplomáis evidente desta estra-texia manipuladora ato-pámolo no xénero dowestern coa dialéctica va-queiro–indio: polo menosata a estrea de Apache,film dirixido por RobertAdrich.Asemade,con pos-terioridade á SegundaGuerra Mundial, e nuncontexto contaminadopola Guerra Fría que de-parou ese delirante esta-do de excepción que su-puxo o mccarthismo, amaquinaria propagandís-tica da máis grande po-tencia distribuidora de ci-ne centrou toda a súa hos-tilidade nos comunistasque vivían alén do telónde aceiro. A finais dosanos setenta e tamén du-rante a década dos oiten-ta,cando poucos analistasoccidentais podían tan se-quera imaxinar o inmi-nente derrubamento daUnión Soviética, xurdiuun elenco burdo de he-roes —encarnados poractores como SilvesterStallone, Arnold Schwar-zenegger ou Chuck No-rris— que se erixiron en

salvagardas da patria esta-dounidense por obra egraza de guionistas faltosde inventiva.

Ao mesmo tempo, apa-receron tamén outros he-

roes aos que se lles ante-puxo o prefixo “súper”.Asadaptacións de Super-man e Batman á gran pan-talla permitiu perfilar unsrelatos míticos que,segun-

do as palabras de PierreAnsart, trazan un sistemade pensamento que expli-ca unha orde do mundona súa totalidade; o mitoclarexa un fenómeno

concreto, pero á vez é un-ha estrutura que subliñacalquera fenómeno. Su-perman, por exemplo, su-pón unha reactualizacióndo mito de Prometeo, aofrecer aos seres huma-nos o sentido da xustizaque os gobernos non po-den garantir. Derrotado ocomunismo a finais do sé-culo pasado, a sombradun novo inimigo aasula-gou de medo a concien-cia colectiva de todo unpaís –que semellaba ataesa data invulnerable–tras o atentado no WorldTrade Center de NovaYork.Ese pavor reclamabaun refuxio para tranqui-lizar as con-cien-

cias, e quen mellor queHollywood para transmitira sensación de segurida-de perdida un 11 de se-tembro? Era o momentoxusto de reactualizar osmitos dos superheroesque apareceron en riadasnas pantallas cinemato-gráficas para autoprocla-marse valedores da orde,da xustiza e do modo devida americano —resultamoi indicativo o feito deque as vestimentas destaspersonaxes leven as coresda bandeira estadouni-dense (Spiderman, Super-man, Capitán América)—que sofre unha constanteameaza. O maniqueismovolve instalarse nuns rela-tos que pretenden estrutu-rar un sistema de pensa-mento global, no cal o sermalvado que pretendeatacar á humanidade reci-ba un merecido castigosen que a súa culpabilida-de poida ser matizada através da intervenciónxudicial.

Aínda así, non é pa-ramo todo o que avis-tan os nosos ollos.Haiuns anos, unha en-quisa realizada nosEstados Unidosconcluía que o he-roe máis admiradonon era nin moitomenos ningunhapersonaxe saídade viñetas e

pantallas, senón un avo-gado defensor chamadoAtticus Finch, protagonis-ta de Matar un reiseñor(“To kill a mockingbird”,Robert Mulligan, 1962),quen, co uso do verbo emais do raciocinio foi ca-paz de custodiar os derei-tos dun cidadá de razanegra en Alabama na dé-cada dos sesenta. Certoparentesco con Atticusatopamos tamén nomembro do xurado inter-pretado por Henry Fon-da, o cal cos argumentosda palabra e da razón de-mostrou a beleza dos ma-tices nun mundo atosiga-do pola dicotomía bran-co–negro e mediante orecurso da“dúbida razoa-ble”.

Capitán AméricaA mitoloxía dos superheroes

HÉCTOR PAZ OTERO

Fotograma de “Superman” (1978) de Richard Donner.

No ano 2008, Cristopher Nolanabraiou á crítica especializada coasúa segunda versión de Batman,Ocabaleiro escuro (“The darkKnight”) –a primeira rodouna noano 2005 co título de Batman be-gins–, grazas á reflexión semibíbli-ca arredor dos conceptos doben e do mal, o cal supoñíaun exercicio de “deconstru-ción” do típico maniqueoque conformaba a trama dasanteriores adaptacións.

No medio dun discurso quepretende argallar un pensamentohomoxeneizado, adoita aparecertamén algunha que outra voz dis-cordante, coa finalidade de esta-blecer o seu contrapunto que, deprimeira man, supón a vantaxe de

instaurar un acto reflexivo. Entre afervenza de longametraxes de su-perheroes que nos últimos temposestá a encher as pantallas cinema-tográficas, existen varias películasque veñen“deconstruir”os postula-dos marcados na súa fonte de ins-

piración: algo así como un parrici-dio,o sacrificio do seu ascendente.

Pero non só o modelo cinema-tográfico de superheroes se viu so-metido a esta revisión das súas te-ses, senón que a o proceso taménabrangue outros xéneros lindan-tes.Vén ser o caso das últimas dúas

versións de JamesBond -Casino Royale (2006) e

Quantum of solace (2008)- nas quea imaxe misóxina, infalible e reac-cionaria que forxou a etiqueta se-mántica do axente secreto, tornanun ser que cuestiona ata a deso-

bedeciencia aos postuladosmáis turbios dos servizos deespionaxe ingleses. Outroexemplo de“deconstrución”atopámolo tamén en Gran

Torino (Clint Eastwood, 2008), on-de, ademais, se mestura unha ver-tente metacinematográfica na re-presentación da morte e tamén ofracaso da personaxe tipo de“ho-me duro” que tantas veces inter-pretou Eastwood nos anos setentae oitenta.

Parricidio

FARO DE VIGO

XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012 CINEMAIV

Portada de “Batman” (1986). Ao lado: selo cos personaxes de “El capitánTrueno”.

FARO DE VIGO

XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012ENTREVISTA V

-O primeiro que chama a atención no seu novo disco, é a sinatura das pezas que Vdes. interpretan, por parte de sete poetas mulleres. Por que decidiron abor-dar esta fórmula, recorrendo ás escrito-ras, en lugar de escoller letras proceden-tes das cantigas tradicionais?

-Cando Leilía se plantexou un novotraballo,pensamos que tiña que ter esen-cia de muller,porque é a muller a que,aolongo dos anos, crea, conserva e sabetransmitir a inmensa riqueza oral que haien Galicia.Son moitas mulleres as que le-van feito este labor, e sería moi difícil po-ñerlle nome e apelidos a todas elas; poriso decidimos fixar o foco de luz en EvaCastiñeira, unha muller que -alá polosanos oitenta- participou na gravación dodisco Recolleita-, pero que, lonxe de aca-dar o merecido recoñecemento, seguiunas mans do olvido.A través da homena-xe que,en Consentimento,Leilía lle rendea Eva, queremos que a luz, e mais a nosaestima, cheguen a todas e a cada unhadas mulleres que coma ela atesouran nasúa memoria unha parte fundamental danosa cultura. Este disco vai por elas! Entraballos anteriores, as letras tradicionaiseran as que primaban sobre as de novacreación,pero neste novo traballo quixe-mos innovar,e ir un pouco máis alá. Lei-lía sabe que a raíz da súa razón de ser re-side na tradición, nas cantigas creadas einterpretadas polas mulleres das nosasaldeas; mais é importante ter en contaque para Leilía, ademais de dar a coñe-cer esa sabedoría popular, destaca a ne-cesidade de achegar ese xeito de expre-sarse ao presente e qué mellor maneirade facelo que contarmos con mulleresque falan e escriben de aspectos actuaisdo día tras día?

-E por que todas escritoras e ningún escritor?

-Son maioritariamente mulleres anó-nimas as que crearon, conservaron etransmitiron a nosa tradición oral,e é poriso polo que desta volta acudimos a mu-lleres para seguir con esa sintonía. Dal-gunha maneira,quixemos emular o pasa-do botando man de mulleres creadorase contadoras da nosa actualidade.

-Supoño que a relación coas poetas sería diferente en cada caso. Houbo al-gunhas que estiveron especialmente máis preto de Vdes. á hora de preparar os temas ou que se preocuparan máis por escoitar como soaba a versión que facían do seu respectivo poema?

-O certo é que o traballo con todas ecada unha delas resultou fácil e moi fluí-do. Ben é certo que houbo que faceraxustes nos textos, para que realmentecadrasen ben ao seren cantados, pero asúa boa predisposición fixo que o laborresultase doado. Nalgún caso concreto,cando lle plantexamos a posibilidade decrear unha letra para o disco, si que hou-bo quen dixo“apetéceme moito,e vounointentar, pero non sei que sairá de aí”(ri-sos) O resultado salta á vista! Para nós,foiunha regalía traballar con elas, e todasestamos moi orgullosas do resultado fi-nal.Coñeciámolas como escritoras e des-cubrímolas como persoas; foi absoluta-mente enriquecedor contar con MariñaPérez Rei,Ana Romaní,Yolanda Castaño,Marilar Aleixandre,Ana Amado, Eva Mo-reda e Eva Veiga.

-Como estableceron a relación poe-sía/música? Que foi primeiro: as letras ou as músicas?

-As melodías veñen ser o resultadodas pesquisas feitas polas aldeas,pregun-tándolle ás persoas maiores se aíndalembran como cantaban, como se diver-tían… Despois de facer a selección daspezas, Xoan Porto foi quen se encargoudos arranxos musicais. Logo démosllos aescoitar ás escritoras e estas, en funcióndo que lles inspiraba o tema, crearon aletra.Así, a moi grandes riscos, foi comose desenvolveu o proceso.

-Con Consentimento, superan xa Vdes. os vinte anos de traxectoria, o cal quere dicir que son unhas “clásicas” do

folk galego. Botando unha ollada atrás, coidaron, cando comezaron, que vinte e tantos anos despois seguirían cantando, actuando e gravando discos xuntas?

-Xa case non lembramos as orixes (ri-sos)… Agora xa en serio: os proxectosfeitos con ilusión, coherencia e serieda-de teñen a súa recompensa e, para nós,non hai mellor recoñecemento que o fei-to de que a música realizada por pandei-reteiras teña un espazo propio no pano-rama musical.Por outra banda,é un privi-lexio e unha sorte poder estar as mesmasdende o principio; para nós, iso di moito.

-Que lles aconsellan ás mozas galegas que agora dan os seus primeiros pasos no campo da música tradicional?

-Non sabemos se nós somos as axeita-das para dar consellos,pero ocórresenosque o mellor que poden facer é crer no

que fan. Se non se hai convición no queimplica a pandeireta, as recollidas, o no-so pasado…, entón non ten moito senti-do subir a un escenario a “defender” un

espectáculo baseado no respecto a unpasado que nos dá identidade.

-Cando Vdes. comezaron, os grupos de cantareiras e pandeireteiras estaban considerados de “acompañamento”, ou secundarios, ao lado dos grupos de folk instrumentais. Pensan que, hoxe por ho-xe, grazas ao seu labor e mais ao dou-tras compañeiras, este xénero xa está consolidado ou aínda queda un longo camiño por percorrer?

-Si que é certo o que apuntas,pero,ho-xe por hoxe, as pandeireteiras defende-mos o noso repertorio polos escenarios,e con el facemos bailar,cantar e aplaudirao público. O obxectivo está logrado: anosa música volve formar parte do diver-timento da xente das vilas e cidades queacode aos concertos, que mercan os dis-cos, que se atopan de frente cunha reali-

dade que descoñecían, e agora respec-tan e recoñecen como propia.

-Disque o máis difícil, cando xa se le-va unha traxectoria detrás, é non repetir-

se. En Leilía están obsesionadas con non facelo ou este é un asunto que non lles preocupa?

-O importante é sentirse a gusto coque facemos, e nós, sempre que publica-mos un novo traballo,fiamos moito todosos detalles, para que o resultado sexa oque queremos. De aí que tardemos anosentre un e o outro.A base de Leilía é a re-cuperación da tradición, pero se só semira para atrás, córrese o risco de trope-zar e perder o camiño a seguir; por isopensamos que é fundamental evolucio-nar, incorporar instrumentos non tradi-cionais, arranxos musicais, polifonías, le-tras actuais… Con estes elementos face-mos que Leilía soe a presente! Nos nososdiscos apréciase esta evolución que, se-guramente, é a que aporta riqueza e va-riedade a cada traballo…, sen deixar

nunca de soar ao quesomos: Leilía.

-Continúan facen-do traballo de reco-lleita de cantigas polas aldeas? Aínda po-den atoparse pezas que son xoias e mais cantareiras vellas que son unhas auténti-cas mestras ou iso xa rematou?

-Si; como xa apuntamos antes, a reco-pilación de temas tradicionais segue sen-do a base do traballo de Leilía. Cada vezresulta máis difícil atopar mulleres queaínda lembren esas melodías que forma-ron parte da súa mocidade…, pero can-do dás cunha cantareira e contemplascomo colle a pandeireta coas súas manscansas, como canta cun fío de voz…,en-tón sentes como se estiveras a rescatarun tesouro da súa memoria.As melodíasxorden como regalos e “todo” recobrasentido!

-Malia anovar, incorporando instru-mentos de corda, sempre se moveron Vdes. dentro do folk. Non lles atrae pro-bar xa cunha instrumentación propia das novas tecnoloxías?

-Neste disco hai temas que apuntanmaneiras de cara ao tipo de música queti comentas, porque pensamos que evo-lucionar é medrar,e nós sempre estamosabertas a facer da tradición presente efuturo. Hoxe por hoxe,estamos centradasno disco e no espectáculo “Consenti-mento”, no que,por certo, contamos coacolaboración de Quico Cadaval, quenaporta novidades moi“visuais”.

“Cando dás cunhacantareira vella

é como se atoparasun tesouro”

Leilía, un dos máis senlleiros grupos de cantareiras e pandeireteiras de

Galicia, fálanos do seu último traballo discográfico, Consentimento:

homenaxe ás mulleres co que se presentarán os próximos días 4 na Coruña

(Teatro Rosalía de Castro) e 24 en Santiago (Auditorio de Galicia).

Leilía - GRUPO DE CANTAREIRAS E PANDEIRETEIRAS

LOURDES VARELA

As seis

mulleres de

Leilía.

“Uns acontecementosque nin aínda agora,candoveño e piso o chan vello,entupido de imaxes, chegoa comprender de vez. Nonsei. Quizais sexa que nonquero.Vexo as formas, pe-cho as pálpebras,oio as vo-ces.A vertixe coa que todofoi mudando. (...) Alguéndixera xa aquilo de que opresente é só un dedo queasoma do pasado”.

A voz narradora perten-ce a unha muller que, de re-greso ás paisaxes da súa ne-nez, deixa fluír os recordos. Oseu relato, alleo as conven-cións e pleno de asociaciónssingulares e certeiramentedescritivas –case coma nos de-buxos infantís, onde os trazossignificativos se resaltan máis,aínda a contravir a lóxica aca-démica sobre,poñamos por ca-so, volumes e perspectiva–, en-fíase por medio das poéticas li-cenzas da memoria e así mestu-ra,con acaída arte,os diferentestempos e discursos, as impre-sións, os focos da atención e aintensidade dos detalles, de talxeito que,antes incluso de sabercon exactitude que é o que senos está a contar, cal é a trama,os lectores podemos ficar pren-didos das palabras, do ritmo, daemoción,da forza literaria que la-texa tanto no que se expresa co-mo no que se intúe. Lugares,obxectos, sucesos e atmosferas,personaxes que son trazos coma re-lampos; e así,por exemplo,as clasesde costura:“As rapazas na aula, asparedes pobres, cubertas de estío ede luz seca”,así o destino:“As nenas

l e -vabamos

dúas lúas ne-gras nos ollos. Os ne-

nos,vestidos de azul, tiñanxa o xesto brando dun afogado,

ou o lombo roto do sol”; así unhaafoutada fiandeira:“Mamá dicía queera un mariñeiro namorado”.

Ademais das vivenciasdunha nena que crece, apartir das lembranzas danarradora infírese un retra-to social, político, psicoló-xico e mesmo sensorial dasúa aldea –A Estrada– co-ma símbolo da Galiciacampesiña nun momentohistórico decisivo, particu-larmente para a educacióndas mulleres –nai, mestra,comerciante, artesá, obrei-ra–,e que marcaría o inicio

do progreso tecnolóxico e co-mercial “na España convulsados liños de Holanda”: a etapado sexenio revolucionario, os“anos do vapor,do metileno e asrevoltas”. O mito da temerariaAracné revive cando unhas fian-

deiras ousan contravir as abusivasleis que as sometían a unha empre-sa téxtil madrileña, chamada La Mi-nerva, e intentan vender pola súaconta unhas delicadas pezas de len-cería de tul. Nunha abafante tardede verán, son sometidas a un inte-rrogatorio –valor, traizón, medo–marcado polo galope negro e ate-rrador dunha novedosa máquinade escribir.

Novela breve, Premio García Ba-rros 2011 para o autor; e premio pa-ra lectores.PIÑEIRO,Antonio,As fiandeiras,Ed.Galaxia,Vigo,2011,PVP.14,50 €

Narrador solvente,Diego Ameixeiras afronta con éxitounha incursión no xénero folletinesco que ten que ver ca-se que sempre coa novela negra.Porén,malia que haxa“mores matadas”,Historias de Oregón non descansa noeixo temático que acostuma definir o xénero.O presadode secuencias seriais ten outro propósito: retratar de for-ma expresionista a paisaxe humana dese Oregón, trasun-to literario da cidade de Ourense na narrativa de Ameixei-ras.

Nútrese o relato do cruza-mento de historias,historias caseque todas de intemperies vitaisnas que habitan os personaxesdeste mosaico que o autor debu-xa con trazo realista. Nos lindesde Oregón, ese lugar sombrío eprecario,no que se dan cita as cla-ses privilexiadas e o inframundo,viven ou sobreviven seres cuxasvidas,ganduxadas en tramas quese entretecen,representan o fluxoe refluxo dunha cidade preñadadunha ferinte carga de violencia. Sa-liento no haber da novela a competenciaautorial para espellar con ficcións vidas reais efacelo de xeito fragmentario, dándolle múltiplesoportunidades á omisión,aos espazos baleiros para que olector poida construír a súa historia.No debe da propostade Ameixeiras,certas secuencias de recheo que,ao meuver,están aí para axustarse ás esixencias formais dunhanovela por entregas.AMEIXEIRAS,Diego,Historias de Oregón,Ed.Xerais,Vigo,2011,PVP.16,15 €

Frisoexpresionista

Oregón, OurenseFRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS

FARO DE VIGO

XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012 LIBROSVI

O autor sabe como

prendernos do ritmo, da

forza das palabras

Francisco Álvarez, Koki, (A Guarda, 1957) vén depublicar, da man da Deputación de Pontevedra, Ma-ruxía.Trátase,como todos sabemos,dun título que xafora editado no ano 1989 por parte do concello deTomiño.O lírico prefacio,escrito por Eliseo Alonso,re-sume magnificamente o que os poemas irán logo te-cendo coa súa lectura en todos e cada un dos recan-tos do exemplar:“cantan o mar e os mariñeiros queviven ese inxel mundo que arro-dea a fesca prata dun peixe.Faenar das gamelas, gaivotas,singraduras, pranto polos mari-ñeiros afogados forman unhaunidade co mar e o poeta”.

Efectivamente, todas e cadaunha das composicións que ba-lizan o poemario constitúen un-ha exaltación do mar e da vidamariñeira. Os sensabores do es-forzo, a tremenda traxedia, maistamén a atracción infindábel, ohorizonte polícromo, convertenao mar en protagonista poemático eaos mariñeiros en sofridos actores deselaborioso teatro.A identificación do autorcon este mundo é total e substancial.Daí emanaun amor incondicional a todo ese universo marítimo,que se traduce en elexía e encomio,en lamentacióne aplauso,en verso lutuoso e en fervorosa homenaxe.Todo isto fai que o presente volume se acabe erixin-do como unha homenaxe emocionada a todos eles.ÁLVAREZ,“KOKI”,F.,Maruxía,Ed.DeputaciónPontevedra,2001,PVP. s/p

Exaltacióndo mar

Unha emocionada homenaxeROMÁN RAÑA

Premio paraos lectores

Con poéticas licenzasDOLORES MARTÍNEZ TORRES

José G. Barral Sánchez, máis coñecido como ChiñoBarral,vén de publicar Último Peaje,novela que comezacoa morte dun coñecido político –Doro Maquieira– eque vai investigar unha detective, antiga profesora deCriminoloxía na Universidade.

Estamos ante unha obra con múltiples escenarios,que se poden agrupar fundamentalmente arredor dascidades de Vigo e Compostela, lugares no que o mortodesenvolveu a maioría da súa vi-da. A lectura da novela fainospensar no xénero negro, no senti-do que xorde en Norteamérica eque servía para criticar a violen-cia e corrupción da sociedade ca-pitalista. Estaríamos, xa que logo,na liña de Hammett ou, no casoespañol,Vázquez Montalbán. Perotamén na da novela negra actualdos países nórdicos, ou dos nosospaisanos Diego Ameixeiras e Do-mingo Villar.

A obra segue, xa que logo, o es-quema da novela policial –aparicióndun cadáver, investigación e descubrimentodos culpabeis–, pero incorpora tamén unha moidetallada e ordenada crónica do movemento estudantilen Compostela durante o final do franquismo e aíndanos tempos da denominada transición. Os conflitosamorosos e sociais dos personaxes,descritos con minu-cioso realismo, permiten a reconstrución das pasaxesmáis escuras da corrupción urbanística na democracia.BARRAL SÁNCHEZ,J.G.Último peaje,Ed.Tórculo,Santiago,2011,PVP.18 €

Corrupciónnas rías

Con minucioso realismoESTRO MONTAÑA

Malia as súas 79 primaveras e os problemas de saúde,Bernardino Graña,o poeta do mar,viaxa desta xeira terraadentro e ofrécenos un novo traballo publicado por Mor-gante,un selo de Rinoceronte Editora.Leva como título Cu-rros Enríquez e os gansos e trátase dun pequeno e simbóli-co traballo contra a tiranía e a domesticación.Cunha verbaricaz e unha tenrura deliciosa,opoeta cangués relata como haimáis de 150 anos voaban poloceo do país bandos de gansoschamados“trompetas”polas vo-ces que emitían.Mentres,en Ce-lanova, medra un meniño cha-mado Manuel Curros Enríquezentre a incomprensión e as ma-lleiras do seu pai e o agarimo danai.Así conformou un carácter re-belde contra todo tipo de tiraníaque vai aplicar a súa vida e a súapoética. No entanto seguimos ovoo e as vicisitudes das aves sobre osríos do país, revélanos episodios da infan-cia de Curros como o xa coñecido do borran-cho de tinta que lle caeu nun documento do pai,es-cribán,e que foi motivo para que escapase da casa e ini-ciase a súa andaina:Ourense,Madrid,Londres,A Habana,ACoruña...

Bernardino,o poeta do mar,desexa que así como hai rí-os que desembocan e se unen ao Pai Miño,os bandos degansos e gansas deberían unirse, formaren parellas e mes-mo unha gran tribo.GRAÑA,Bernardino,Curros Enríquez e os gansos,Ed.Morgante,Cangas,2011,PVP.10 €

Contraa tiranía

Para formar unha gran triboDORINDA CASTRO SOLIÑO

Cun forte sabor tradi-cional comeza unha dasúltimas entregas que OQOEditora vén de facer nasúa colección“Q”destina-da aos lectores mozos.Non faltan nin as prince-sas casadeiras, nin unhalonga lista de aspirantesque queiran contraer ma-trimonio,nin uns reis rigo-rosos na escolla,nin fero-ces dragóns,nin,porsuposto, un prínci-pe que non é azul,pero que ten en-gaiolado o cora-zón da futuraraíña do país.

Todo de conto,agás o contexto,que sendo tradi-cional xoga coascoordenadas da ac-tualidade,atrévese afacer metaliteratura,introducindo ele-mentos de contosclásicos, e actualizatópicos que logo des-

barata con humor e un-has pingas de sentido co-mún.

Para os dous namora-dos,Marisela e o Roxo,du-ros son os comezos,com-plicados os encontros earriscado o plan que ám-bolos dous urden para un-ir de forma definitiva assúas vidas, esforzos quepaga a pena ter realizado,porque o final feliz ben omerece.

Por riba da posición so-cial,do preestablecido,doconsiderado racional, do

politicamente correctovence o amor que conesón, fortaleza –e algo desorte– conseguen manteros protagonistas do contoque Geovanys F. García eque André Letria ilustra se-guindo o ton caricatures-co do texto e recreandoos personaxes e o contex-to de forma divertida paraque o lector mozo perci-ba a actualidade do queaquí se nos narra.Agoraben, nin narración, ninimaxes perden de vista ocarácter reivindicativo docontido que transmite,porunha banda, valores quequizais hoxe faise necesa-rio revisar e, por outra, odesenfado co que ás ve-ces hai que sortear os obs-táculos que a vida nos de-para.GARCÍA,Geovanys F.,Marisela e o Roxo (Ilustr.André Letria),OQO Ed.,Pontevedra 2011,PVP. 14,90 €

Sabortradicional

Con contido reivindicativoMARÍA NAVARRO

ANDEL DE NOVIDADES

M. BLANCO RIVAS

A desaparición de Esme LennoxMaggie O’Farrell

Editorial Galaxia. 19 €

Edimburgo na década de1930.A familia Lennox tenproblemas coa súa filla máisnova. Esme é franca e odiaas convencións. Avergón-zaos ante a boasociedade. Haique lle poñer re-medio. Anosmáis tarde, unhamoza chamadaIris Lockhart reci-be unha carta in-formándoa deque ten unha tíaavoa nun psi-

quiátrico. Iris nunca oíra fa-lar de Esme Lennox. Quefixo para que a encerrasentoda a vida nun manico-mio? Como se pode esque-

cer completa-mente a existen-cia dunha per-soa? A desapari-ción de EsmeLennox recibiu oPremio NovelaEuropea Casinode Santiago 2010.A tradución é deManuel Xestoso.

Quen lle ten medo a Morgana?Pasqual Alapont

Edicións Xerais. 12 €

Morgana é unha rapa-za que ten amigas a mo-reas e unha aboa que nondeixa de gabala. Todas,menos Uxía, xogan ao ba-loncesto no pa-tio do instituto.No primeiro tri-mestre gustá-balle Vítor, peroentón apareceuXiana, chiscoul-le os ollos e omoi parvo col-gouse dela co-ma un papa-

gaio. Durante un tempoMorgana estivo enfermade carraxe amorosa, peroagora gústalle Berenguel,que fai fermosas poesías

cun pouco derima consoan-te. Quen lle tenmedo a Morga-na? apareceeditado na co-lección O clubda ciencia. Asilustracións sonde Montse Es-pañol.

Contos da terra da tardeBieito Iglesias

Editorial Galaxia. 19 €

Neste volume o autordebulla un rosario deasuntos trizados pola ac-tualidade: eutanasia, emi-gración, racismo, soidadeurbana, esboro-amento da rura-lía, turismo se-xual, pederas-tia, violenciasvarias, exclu-sión dos ve-llos... Persona-xes excéntricas,cunha olladaque revela re-

cantos escuros, aínda queiluminados pola luz cre-puscular. Tamén dá cabi-da a outras historias na-rradas cunha lingua vizo-

sa, en diálogoconstante coatradición litera-ria e co cine-ma. En definiti-va, unha man-chea de contospara deixar olector suspen-so, a ollar unhamosa invisible.

FálameMarco Berrettoni/Chiara Carrer

Editorial Kalandraka. 397 páxinas 13 €

Fálame é unha aproxima-ción poética e cercana ao fe-nómeno do autismo.O narra-dor ou narradora conta enprimeira persoa como é asúa irmá:evoca a súa presen-za enigmática,describe o seucambiante es-tado de áni-mo,expresa assúas emo-cións e senti-mentos haciaela, o tipo derelación que a

une ao conxunto da fami-lia... A comunicación e acomprensión mutua nonson tarefa doada,pero nadaé comparable á singularida-de de Sara.As ilustracións

son trazos, de-buxos, som-bras, figurasque se aplicana modo de co-llage sobre su-perficies contextura.A tradu-ción é de XoséBallesteros.

FARO DE VIGO

XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012LIBROS VII

As editoriais galegasestán atentas a todo o quese move,e se xa Faktoría Kde Libros publicara noseu momento Indignáde-vos de Stéphane Hessel,agora Laiovento ofréce-nos este 15–M O pobo in-dignado, un achegamentocrítico e plural a un fenó-meno que vai máis alódun 15 de maio puntual,pero que ten moitoque ver con outras da-tas históricas como o25 de abril en Portugal,o 14 de xullo en París,o7 de outubro en Petro-grado, ou o 1 de de-cembro en Composte-la.

O volume está prolo-gado e coordinado po-lo profesor Alfredo Igle-sias Diéguez,compañei-ro de suplemento no FA-RO DA CULTURA.Nestasprimeiras páxinas fai unpercorrido polas motiva-cións do movemento e

ofrece propostas decomo a indignaciónse podería transformaren revolución.

O corpo do ensaioestrutúrase en tres partesque obedecen a outrastantas perspectivas dife-rentes de achegamentoao 15–M: a primeira,ofrécenos dez miradasanalíticas (Xosé M.Beiras,Francisco Sampedro,JustoBeramendi, Xavier Vence,Teresa Moure,Fermín Bou-za,Manoel Santos,ManuelCasal, David Rodríguez e

RaimundoViejo);a segun-da,once visións de activis-tas (Carlos Taibo, Roi Ri-beira, Nanina Santos, Fer-nanda Couñago, LupeCes,Lídia Senra,Xoán Her-mida, Xabier Macías, Dio-nísio Pereira, Claudio Ló-pez Garrido e Miguel Fer-nández Blanco); e a ter-ceira e a máis breve,catroolladas artísticas (XoséMaría Álvarez Cáccamo,Margarita Ledo Andión,Diana Varela Puñal e Gus-tavo Pernas Cora).Todaselas constitúen unconxunto de vinte e cincocolaboracións nas que sefala de dereitos,abusos, li-berdades,utopías,reivindi-cacións entrecruzadasque rematan por nos daresa visión caleidoscópicaanunciada por IglesiasDiéguez no prólogo.IGLESIAS DIÉGUEZ,A.(coord.),15–M,Ed.Laiovento,Santiago,2011,PVP. 17 €

O poderda rúa

Denuncias, liberdades, utopíasPILAR PONTE

Pupi e as pantasmasé unha nova aventurado extraterrestre creadopola coruñesa MaríaMenéndez Ponte.A au-tora,que vive en Madriddende que seus pais amandaron interna, con-ta cunha produción lite-raria enorme, da queXerme edicións nos faichegar agora unha par-te grazas ás traduciónsdos títulos dedicados aPupi,á beira deste,ou-tros como Pupi e aaventura dos va-queiros e Pupi e aaventura chea defume. Este conto doque agora falamos éunha historia fermo-sa e divertida de fon-do didáctico,actual emoderna ao tempoque inspirada nunconto popular.

Nachete e mais Pu-pi van para a camamais,no canto de dur-

mir, dedícanse a xo-gar,feito do que nongusta a nai de Na-chete, quen vai au-mentando o seu en-fado ao comprobarque, despois de variasadvertencias,o extrate-rrestre e o seu fillo nonlle fan nin caso. Perochega un momento enque o medo domina osamigos ante a increduli-dade da nai. É entóncando se produce unparalelismo co contode Pedro e o lobo e un

alegato a favor da lectu-ra familiar á hora dedurmir.

O relato é divertido epresenta situacións en-frontadas,por unha ban-da a nai está cada vezmáis anoxada e por ou-tra os dous amigos es-tán vivindo un intre go-bernado polo riso queprovocan as palabraspronunciadas por Pupi,ademais,despois de tan-ta trasnada, o medo e atranquilidade final. Dirí-xese un público de seisou sete anos que enten-de o humor, plasmadonas palabras que Pupiemprega mal que creanoracións absuradas, evalora esta estrutura eesta maneira sinxela edinámica de narrar.MENÉNDEZ–PONTE,M.,Popi e as pantasmas(Ilustr.J.Andrada),Ed.SM/Xerme,Vigo,2011,PVP. 6,45 €

Fermosahistoria

Contar con dinamismoPAULA FERNÁNDEZ

Coa actuación da for-mación norirlandesa deblues–rock/hard–rock TheAnswer deu comezo, o pa-sado 14 de xaneiro,o Com-postela Rock: nova apostamusical da Concellaría deCultura do concello san-tiagués, a conformar todoun ciclo de concertos quese vai prolongar ao longodo presente ano e que te-rá lugar en diferentes es-pazos da capital galega.De acordo cos termos ver-tidos pola propia organi-zación, trátase de conver-ter deste xeito a Santiagode Compostela nun verda-deiro referente no hori-zonte pop–rock asemadeque no eixo da programa-ción musical feita en Gali-cia.

Rock, pop e xénerospróximos, con xentes che-gadas tanto desde o planointernacional como docircuíto español, van estarpresentes no transcorrerdo festival. Trátase, pois,dun ciclo“aberto”, e é poriso que a máxima funda-mental a ter en conta éque o Compostela Rockha de procurar incluír noseu cartel todos os ingre-dientes necesarios paraatinxir o maior abano deidades no tocante ao pú-blico que acuda aos con-certos.

Tal e como xa apunta-mos, foron os The Answeros encargados de “abrir ofogo”. O escenario escolli-do para a ocasión veu sera emblemática Sala Capi-tol, onde os de CountyDown presentaron Revi-val, terceiro disco de estu-dio do cuarteto.Avaliadospor teren formado parteda xira “Black Ice WorlTour” dos AC/DC –telo-neando deste xeito unhadas bandas de rock máisemblemáticas de todos ostempos–,The Answer de-leitaron ás máis de cinco-centas persoas presentesco seu enérxico rock se-tenteiro, nun concertomarcado pola actitude fes-tiva, o bo son e un set listmoi coidado.

Logo dos de Irlanda,,to-das as olladas están postasxa agora mesmo na vin-deira actuación, a cargoda banda de rock españolCorizonas, froito da uniónentre Los Coronas e Arizo-na Baby. Considerados po-la súa brillante posta enescena no Festival Actualde Logroño –no que signi-ficou o seu debut en2012–, recalarán en Com-postela para brindarnosun novo traballo, TheNews Today. Tras deles, esen tempo para o acougo,poderemos degustar unsegundo prato de auténti-co rock&roll con maiúscu-las:Diamond Dogs.Os sue-cos efectuarán paraxe efonda na capital de Gali-cia para presentaren o seunovo álbum, Set Fire To ItAll. Ademais, van estaracompañados polos gale-gos Sugar Mountain,os ca-les teñen previsto amosar,da súa parte, un amplo re-

pertorio no cal se incluéncancións pertencentes aun próximo compacto.

E xa contra o mes demarzo, e para ledicia demoitos, será cando teña-mos a oportunidade deadvertir o polifacético eilustre Mark Lanegan. Paradaquela,o ex–vocalista deScreaming Trees terá xaun novo disco:Blues Fune-ral. Mais todo iso non serásen antes facermos un al-to para gorentar Mi Univer-so, da man de Álex Dí-ez–Cooper, piar da escenamod española: unha cuar-ta entrega, xa que logo,que constitúe o primeirotraballo “made in Spain”presentado mediante un-ha xira virtual.

E para maior alegría, égratificante coñecermosaínda que o CompostelaRock non viaxa en solita-rio: de xeito paralelo, opróximo 2 de febreiro da-rá o pistoletazo de saída ociclo Sons 2012, propostaque ve a luz co cometidode difundir as chamadasmúsicas de raíz e que seten convertido nos últi-mos anos na mellor mos-tra para a dinamizacióndun escenario como é oAuditorio de Galicia. Sonsda Diversidade achegou aSantiago de Compostelaartistas de longo percorri-do, tales Ryuichi Sakamo-to, Rodrigo Leão, GoranBregovic ou aínda os Ha-bana Blues Band.Polo mo-mento,son dous os artistasconfirmados xa para ac-tuaren nesta nova edición:os portugueses The Gift–que van ofrecer no TeatroPrincipal o que será o seuúnico recital en Galicia,pertencente á xira “Prima-vera/Explode–Mil coresposibles”– a traeren coneles os temas gravados noCentro Cultural de Beléme aínda esoutros, máis re-centes, procedentes doseu traballo Explode.

Doutra parte, o TheIdan Raichel Project, diri-xido polo teclista e produ-tor israleí Idan Raichel,buscará aínda aproximar-nos a abriante mestura deculturas de todo o mundoque compoñen a paisaxemusical da súa terra nati-va.

Compostela Rock eSons 2012: dous bos moti-vos, sen dúbida, para porcamiño cara á capital dopaís galego.

Considerada,de primeiras,co-mo a extraña mestura entre dúasbandas de orixes moi dispares–Los Coronas e Arizona Baby; aunión entre ambas formaciónsdeu comezo no ano 2010,duran-te a xira“Dos bandas y un desti-no”, para consumarse plena-mente xa no trascorrer do 2011–a actuación dos Corizonas noCompostela Rock configura ago-ra mesmo unha cita obrigada, anon perdermos.

Divertida, pegadiza, capaz desoar en calquera lugar e oca-sión, a música que os madrile-ño/vallisoletanos nos ofrecen

conforma a máis perfecta en-samblaxe de moi diversas in-fluencias. Deste xeito, a bandamóstrase capaz de construír ununiverso de seu, deixando atrásese cartel que os viña catalogan-

do como simples“versionistas”.The New Today (Subterfuge

Records, 2011), é o título da pri-meira entrega de Corizonas –untítulo que alude, polo demais,aos tempos conflitivos que esta-

mos a atravesar–. Nela, a bandavén dar cabida a presenzas benesquisitas: Caléxico, Wilco ouThe Jayhawks. Deste xeito, aosritmos recorrentes, impregnadospola explosividade dos riffs de

guitarra dos primeiros temas–“Hey hey hey”– veñen unirseoutros cortes máis melódicosonde toman vantaxe o country–“The Deceiver”– e mais o rocksureño –“The Falcon Sleeps To-

night”–. O tema country–pop“Run to the River”distínguese,dasúa parte, como a mellor com-posición dun conxunto abraian-te, dunha brillantez insólita enEspaña. E todo iso sen abando-naren en ningún momento o es-pírito western que os caracteri-za.

Se a todo o anterior lle suma-mos aínda un directo espectacu-lar,no cal demostran unha ener-xía abrumadora, vimos dar pe-rante dunha das bandas queconforman de certo o mellorpresente do rock en todo o pa-norama hispano.

Corizonas

FARO DE VIGO

XOVES, 26 DE XANEIRO DE 2012 MÚSICAVIII

Músicaspara toda estación

Compostela Rock e Sons 2012MIGUEL PENA ALONSO