caderno de información 3º

35
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN CADERNO DE INFORMACIÓN ACADÉMICA PARA 3º DE ESO IES DAVID BUJÁN DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2014/2015 - 1 -

Upload: eva-sanz-santas

Post on 22-Jul-2016

229 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

CADERNO DE INFORMACIÓNACADÉMICA PARA 3º DE ESO

IES DAVID BUJÁN

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓNCURSO 2014/2015

- 1 -

Page 2: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

INDICE1. Organigrama do Sistema Educativo2. Que estudar despois da ESO ? 3. Estrutura de 4º de ESO4. O Bacharelato 5. Os ciclos de formación profesional 6. As ensinanzas de réxime especial

Ensinanzas de Música Ensinanzas de DanzaCiclos de Artes Plásticas e Deseño Estudos superiores de Artes Plásticas e DeseñoEnsinanzas de Idiomas Ensinanzas Técnico – Deportivas

7. Ensinanzas para Persoas Adultas8. A Educación Secundaria de Adultos (ESA) 9. Probas de acceso a Ciclos de Grao Medio10.Probas para a obtención do Título de ESO por libre11.Os Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) 12. Itinerarios en 4º de ESO no IES David Buján13.Contidos das materias optativas de 4º de ESO

- 2 -

Page 3: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

1. ORGANIGRAMA DO SISTEMAEDUCATIVO

- 3 -

Page 4: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

2. QUE ESTUDAR DESPOIS DA ESO?

Co título de ESO:

Cursar un ciclo de formación profesional de grao medio.

Cursar un bacharelato:• De ciencias e tecnoloxía• De humanidades e ciencias sociais• De artes

Cursar Ensinanzas de Réxime Especial:• Música, danza• Un ciclo medio de artes plásticas e deseño• Idiomas• Ensinanzas deportivas

Oposicións forzas e corpos de seguridade: • Ao corpo da garda civil (escala de cabos e gardas)• Ao corpo da policía nacional (escala básica)

Sen título de ESO:

Cursar un Ciclo de Formación Profesional BásicaCursar a Educación Secundaria de Adultos (ESA)Presentarme ás probas seguintes:

• Probas de acceso a ciclos de formación profesional de Grao Medio.• Probas para acadar o título de Educación Secundaria por libre.

- 4 -

Page 5: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

3. ESTRUCTURA DE 4º DE ESOSeis materiascomúns eobrigatorias

• Lingua Galega e Literatura• Lingua Castelá e Literatura• Lingua Estranxeira• Ciencias Sociais,Xeografía e Historia• Educación Física• Educación Ético-Cívica

Escoller unitinerario.

ItinerarioA

Matemáticas B, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía.

ItinerarioB

Matemáticas B, Física e Química, Tecnoloxía.

ItinerarioC

Matemáticas A ou B, Latín, Música.

ItinerarioD

Matemáticas A ou B, Latín, Educación Plástica e Visual.

ItinerarioE

Matemáticas B, EPV, Bioloxía ou Tecnoloxía.

ItinerarioF

Matemáticas B, Música e Bioloxía ou Tecnoloxía.

Escoller unha • Educación Plástica e Visual• Informática• Música • Tecnoloxía

Numerar asoptativas pororde depreferencia(unha)

• 2ª Lingua estranxeira Inglés ou Francés a que non escolla como primeira lingua

• Obradoiro de iniciativas emprendedoras• Cultura clásica

UnhaAlternativa aescoller entre:

• Relixión /Historia das Relixións/Atención Educativa

Terás 12 materias en total e unha sesión semanal de titoría. Unha recomendación moi importante: non debes escoller as optativas e troncais en 4º de ESO sen antes coñecer os ciclos de grao medio e as modalidades de bacharelato. Unha vez que teñas unha idea do que queres estudar despois de 4º de ESO debes preguntarlle ao TITOR/A ou á ORIENTADORA do centro as optativas que deberás escoller en 4º. Escollas o que escollas en 4º de ESO, se acadas o título, podes acceder a calquera modalidade de Bacharelato ou Ciclo de Grao Medio, pero é moi importante estudar en 4º as materias que despois vas a estudar no ciclo ou bacharelato que escollas.

- 5 -

Page 6: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

4. O BACHARELATOQue é?

É a última etapa da Educación Secundaria, non é obrigatoria e a súa duración é de douscursos, normalmente entre o 16 e os 18 anos.

Que finalidades ten?

• Completar e consolidar a autonomía moral, social e intelectual.• Desenvolver a madurez humana e intelectual.• Orientar vocacionalmente acorde coas preferencias e aptitudes.• Acceder a estudos superiores: universitarios e de formación profesional.

Como se accede?

Poderán acceder aos estudos de Bacharelato os alumnos e alumnas que estean enposesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e superasen aavaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria pola opción de ensinanzasacadémicas. O título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño permitirá o acceso directo a calqueradas modalidades de Bacharelato. O título de Técnico Deportivo permitirá o acceso a calquera das modalidades de Ba-charelato.

Como está organizado?

Dura 2 cursos académicos.Poderás permanecer escolarizado durante catro cursos académicos no réximeordinario.Na modalidade que escollas cursarás materias de tres tipos: troncais, especificas e delibre configuración autonómica.Os alumnos e alumnas promocionarán de primeiro a segundo de Bacharelato candosuperasen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias, comomáximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materiaspendentes de primeiro. Só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou alumna debe cursar encada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só secomputará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos ealumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque. Os alumnos e alumnas poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato unha soavez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos unasegunda vez, previo informe favorable do equipo docente.

- 6 -

Page 7: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

A consellería competente en materia educativa establecerá as condicións nas que unalumno ou alumna que cursase o primeiro curso de bacharelato nunha determinadamodalidade poida pasar ao segundo nunha modalidade distinta. Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativanalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo asmaterias superadas ou optar por repetir o curso completo.

Para obter o título de Bacharel será necesaria a superación da avaliación final deBacharelato, así como unha cualificación final de Bacharelato igual ou superior a 5puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación:

a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha dasmaterias cursadas en Bacharelato.

b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de Bacharelato.

O título de Bacharel facultará para acceder ás distintas ensinanzas que constitúen aeducación superior establecidas no artigo 3.5 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, deEducación.

- 7 -

Page 8: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

1º DE BACHARELATO

MODALDADES

Ciencias Humanidades e Ciencias sociais

Artes

TRONCAIS Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira IMatemáticas IEscoller dúas de opción:

• Bioloxía e Xeoloxía I• Debuxo Técnico I• Física e Química

Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira IPara Hum: Latín IPara CCSS: Mate Aplic ás CCSS IEscoller dúas de opción:

• Economía• Grego I• Hª do M. Contemp.• Literatura

Universal.

Filosofía Lingua Castelá e Literatura I Primeira Lingua Estranxeira IFundamentos da Arte IEscoller dúas de opción:

• Hª do M. Contemp.• Literatura

Universal.• Cultura Audiovisual I

ESPECÍFICASMínimo 2 e máximo 3

Análise Musical 1 Anatomía Aplicada Cultura CientíficaDebuxo Artístico I Debuxo Técnico I Linguaxe e Práctica MusicalRelixión 2ª Lingua Estranxeira I Tecnoloxía Industrial ITIC I Volume 1 Materia de libre configuración Unha troncal

DE LIBRE CONFIGURACIÓN

Lingua Galega e Literatura IOutras a determinar

2º DE BACHARELATO

MODALIDADES

Ciencias Humanidades e Ciencias sociais

Artes

TRONCAIS Hªde EspañaLingua Castelá e Literatura II1ª Lingua Estranxeira IIMatemáticas IIEscoller dúas de opción:

• Bioloxía• Debuxo Técnico II• Física• Xeoloxía• Química

Hª de EspañaLingua Castelá e Literatura II1ª Lingua Estranxeira IIPara Hum: Latín IIPara CCSS: Mate aplic ás CSS IIEscoller dúas de opción:

• Economía da Empresa• Xeografía• Grego II• Hª da Arte • Hª da Filosofía

Hª de EspañaLingua Castelá e Literatura II1ª Lingua Estranxeira IIFundamentos da Arte IIEscoller dúas de opción:

• Artes Escénicas• Cultura Audiovisual II• Deseño

ESPECÍFICASMínimo 2 e máximo 3

Análise Musical II CC da Terra e do M.Ambiente Debuxo Artístico IIDebuxo Técnico II Fundamentos da Adm e da Xestión Hª da FilosofíaHª da Música e da Danza Imaxe e Son PsicoloxíaRelixión 2ª Lingua Estranxeira II Técn. De Exp. Gráfico Plástica.Tecnoloxía Industrial II TIC II Materias de libre confg.Unha troncal non cursada das da opción elixida.

DE LIBRE CONFIGURACIÓN

Lingua Galega e Literatura IOutras a determinar

- 8 -

Page 9: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Que graos universitarios e ciclos están vinculados a cada modalidade?

MODALIDADE DE CIENCIAS:

Todos as enxeñerías e carreiras técnicas:Área Industrial, Informática, Arquitectura, Telecomunicacións, Obras Públicas, Aeronáutica, Camiños Canais e Portos, Minas, Montes, Naval e Oceánica, Química, Forestal, Topografía, Navegación Marítima, Radio electrónica Naval, etc. .

Todos os graos relacionados coa saúde:Enfermería, Medicina, Odontoloxía, Farmacia, Veterinaria, Fisioterapia, Óptica, Terapia Ocupacional, Nutrición, Podoloxía, Psicoloxía, Logopedia.

Todos os graos relacionados co medioambiente: Bioloxía, Ciencias do Mar, Xeoloxía, Agricultura, Ciencias Ambientais, Enoloxía .

Todos os graos relacionados coas ciencias: Química, Bioquímica, Microbioloxía, Física, Matemáticas, etc.

Ciclos formativos de grao superior:Actividades Agrarias, Actividades Marítimo Pesqueiras, Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica, Fabricación Mecánica, Industrias Alimentarias, Informática, Madeira e Moble, Mantemento de Vehículos Autopropulsados, Mantemento de Servizos á Produción, Química, Sanidade, Téxtil Confección e Pel, Vidro e Cerámica, Actividades Físicas e Deportivas, Comunicación Imaxe e Son, Artes Gráficas, Enerxía eAuga.

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS:

Graos relacionados coas ciencias sociais: Administración e Dirección de Empresas, Cc. Empresariais, Cc. Políticas, Comunicación Audiovisual, Dereito, Economía, Estatística, Xestión e Administración Pública, Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas, Relacións Laborais, Traballo Social, Turismo, Xeografía e Ordenación do Territorio, Comercialización e Loxística, Comercio, Consultaría e Xestión da Información.

Graos relacionados coa educación ou co desenvolvemento das humanidades: biblioteconomía e documentación, educación social, filoloxías, filosofía, xeografía, historia, humanidades, mestre, pedagoxía, socioloxía, traducción e interpretación, historia, historia da arte, belas artes, linguas estranxeiras, ciencias da cultura e difusióncultural, estudos lingüísticos e literarios (galego, español, inglés,...) ... .Ciclos formativos de grao superior: administración, comercio e marketing, hostelería e turismo, imaxe persoal, serviciossocioculturais á comunidade, algún ciclo de imaxe e son,actividades físico-deportivas, ... .

- 9 -

Page 10: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

MODALIDADE DE ARTES:

Graos relacionados co mundo da arte: Historia da Arte, Belas Artes, Conservación e Restauración de Bens culturais, Estudos superiores de deseño ( de productos, de moda, gráfico, de interiores), Arte Dramática, estudos de música e danza.

Ciclos formativos de grao superior: Algún ciclo de artes gráficas, Artes plásticas e deseño (para os cales non habería que facer a proba de aptitudes no caso de ir por este itinerario de bacharelato), algún ciclo de madeira, algún ciclo de hostelería e turismo, ... .

- 10 -

Page 11: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

5. OS CICLOS DE FORMACIÓNPROFESIONAL

Que obxectivo teñen?

Prepararte para a actividade profesional elixida e capacitarte para o desempeño cualificado dunha profesión.

Como se accede?

Aos Ciclos de Grao Medio: Co título de Graduado en Educación Secundaria. De non tero título, podes acceder a calquera ciclo de grao medio se superas unha proba deacceso (hai que cumprir 17 anos no ano natural en que se celebran as probas). Aos ciclos de Grao Superior: Co título de Bacharelato e cursando ademais unhadeterminada modalidade de bacharelato. De non ter o título de bacharelato, coasuperación dunha proba de acceso que varía en función do ciclo ao que queresacceder.

Onde se estuda?

Nos institutos de educación secundaria públicos e nos centros privados autorizados.

Que titulación se obtén?

Co Ciclo de grao Medio: Título de Técnico na profesión correspondente. Con el podes acceder ó mundo laboral ou ó Bacharelato. Non se pode acceder directamente ós Ciclos de grao Superior. Co Ciclo de grao Superior: Título de Técnico Superior. Con el podes acceder ó mundo laboral ou a carreiras universitarias.

Como están organizados?

Quédate con estas tres palabriñas: FAMILIA, CICLO, MÓDULO. A familia profesional: é o nome que enmarca unha actividade nun determinado campode traballo. Actualmente hai 25 familias de formación profesional. Dentro de cada familia hai ciclos formativos: recollen un conxunto de destrezasorientadas ó exercicio dunha profesión concreta. Cada familia ten diferentes ciclosformativos de grao medio ou de grao superior, que se corresponden con cadaprofesión.

- 11 -

Page 12: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Cada ciclo formativo comprende unha serie de módulos. Son as áreas ou materias decontido teórico e práctico que terías que estudar (“as materias”). Existen uns módulosque son comúns a tódolos ciclos: FOL (Formación e Orientación laboral), RET (Relaciónsno contorno do traballo), FCT (Formación en Centros de Traballo). Os tipos de módulos que hai están directamente relacionados coa profesión estudada,é dicir, xa non existen materias como lingua e literatura, matemáticas, filosofía,ciencias socias, etc. , pero se é importante a formación previa que teñas para ter unhaboa base que che faga cursar con éxito os ciclos.

Que é a FCT?

Consiste nun período de prácticas que terás que desenvolver nunha empresa, e quenormalmente dura 3 meses ó final do ciclo. É un módulo con moitas horas e paraacceder a el hai que superar tódolos outros módulos.

Canto duran os ciclos?

2000 horas repartidas en 2 cursos académicos. O último trimestre do segundo curso está destinado a facer as prácticas nunha empresa.

Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño?

Son uns ciclos de grao medio e superior que se estudan en escolas de artes e que para acceder a eles, ademais da titulación necesaria (ESO ou Bacharelato) hai que superar unha proba que mide as aptitudes e habilidades prácticas e artísticas para cursar ese ciclo con aproveitamento (explicámolos máis adiante).

Que máis teño que saber para acceder aos ciclos?

Para o acceso a ciclos de grao medio tense en conta a nota media acadada en 4º de ESO, de tal xeito que se hai máis solicitudes que prazas admitirán aos alumnos con mellor expediente académico. Para o acceso a ciclos de grao superior, o acceso realízase por nota media do bacharelato, é dicir, que se hai mais solicitudes que prazas, adxudican as prazas ás notas máis altas. Tamén terán en conta que teñas cursada unha determinada modalidade de bacharelato. Se solicitache o acceso mediante proba, terán en conta media acadada na proba.

- 12 -

Page 13: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Oferta de Ciclos de Grao Medio e Superior en Galicia.

Familias Profesionais Oferta de Ciclos Medios (CM) e Ciclos Superiores (CS)

Agraria

Xestión e organización de empresas agropecuarias e dos recursos naturais e paisaxísticos

CM Traballos forestais e conservación do medio natural CM Xardinaría CM Explotacións agrarias extensivas CM Explotacións agrícolas intensivas CS Xestión e organización de empresas agropecuarias CS Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos (Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía)

Actividades Físicas e deportivaa

Conducción e animación de actividades físico – deportivas

CM Conducción de actividades físico-deportivas no medio natural 1400 hCS Animación de actividades físicas e deportivas(Calquera modalidade de bacharelato)

Artes Gráficas

Actividade produtiva de preparación de orixinais, tratamento de textos e imaxes, preparación da forma impresa, impresión en huecograbado, offset, serigrafía e flexografía, encadernación, manipulado depapel, cartón e outros materiais.

CM Impresión en artes gráficas 1400hCM Preimpresión en artes gráficas 2000hDeseño e produción editorial(Bach. Artes e Ciencias e Tecnoloxía) CS Produción en industrias de artes gráficas (Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Marítimo Pesqueiras

Pesca: artesanal e industrial. Acuicultura: peixes, crustáceos e moluscos.Buceo: media profundidade. Buques: manexo, control e mantenementodos sistemas de propulsión, equipos e instalacións. Transporte marítimo: administración e control da navegación.

CM Mergullo a media profundidade. CM Operación, Control e mantemento de Máquinas e instalacións do buque. CM Operacións de cultivo acuícola. CM Pesca e transporte marítimo CS Transporte marítimo e pesca de altura. CS Navegación, pesca e trasporte marítimo CS Producción acuícola. CS Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque. (Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía)

Administración e Xestión

Administración e xestión en calqueirasector de actividade económica, entidades financieiras e de seguros, e na administración pública.

CM Xestión administrativa CS Administración e finanzas. CS Secretariado. (Bacharelato de Ciencias e Tecn, Humanid. e CS)

Comercio e Marketing

Actividade productiva de departamentos comerciais, comercio independente (ó por maior e ó por menor), comercio integrado e asociado, axencias comerciais, xestión dotransporte, servicios ó consumidor.

CM Comercio CS Comercio Internacional. CS Xestión Comercial e Marketing. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía, Bach. Humanidades e CS)

- 13 -

Page 14: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Imaxe e Son

Fotografía, cine, vídeo, publicidade, radio, televisión, espectáculos e axencias de noticias.

CM Laboratorio de imaxe. CS Animación 3D, xogos e contornos. CS Iluminación, captación e tratamento da imaxe. CS Produción de audiovisuais e espectáculos CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos. (Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía)

Edificación e Obra Civil

Construcción de edificios industriais, comerciais, de servicios e de vivendas, así como de aeroportos, carreteras, obras marítimas e hidráulicas, obras subterráneas, ferrocarriles, conducciónsliñais de fluídos e a súa rehabilitación.

CM Obras de interior, decoración e rehabilitación CS Proxectos de obra civil. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía e Bach. de Artes) CS Proxectos de edificación (Bach. Ciencias e tecnoloxía e Bach. de Artes) CS Realización e plans de obra.(Bach. Ciencias e tecnoloxía)

Electricidade e Electrónica

Equipos e instalacións eléctricas de distribución e electrificación, singulares e automatizadas en vivendas e edificios; sistemas de automatización industrial: equipos electrónicos de consumo e profesionais, e sistemas de telecomunicacións e informáticos.

CM Instalacións eléctricas e automáticas CM Equipos electrónicos de consumo CM Instalacións de telecomunicacións CS Sistemas electrotécnicos e automatizados. CS Sistemas de telecomunicación e informáticos. CS Mantenemento electrónico. CS Automatización e robótica industrial. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Enerxía e auga

Sector enerxético, avaliando e inspeccionando a eficiencia das instalación de enerxía e auga dos edificios, xestionando a montaxe e mantenemento das instalación térmicas.

CS Eficiencia enerxética e Enerxía Solar Térmica CS Enerxías renovables (Bach. Ciencias e Tecn.)

Fabricación Mecánica

Construcción de maquinaria e equipos mecánicos. Fabricación de productos metálicos. Fabricación de instrumentos de previsión, óptica e similares. Construcción de material de transporte (naval, ferrocarril, aeronaves, bicicletas, motocicletas, automóviles, camións, autobuses, maquinaria de obras públicas, …). Construcción de maquinaria eléctrica, etc. Fabricación e reparación de productos metálicos estructurais, grandes depósitos e calderería grosa, estructuras asociadas á construcción de maquinaria. Todo o sector de produción de bens de equipo.

CM Mecanizado. CM Soldadura e calderería. CS Construccións metálicas. CS Programación da producción de fabricación mecánica. CS Deseño en Fabricación Mecánica. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Hostelería e Turismo

Aloxamentos turísticos e non turísticos. Establecementos de restauración social e

CM Cociña e gastronomía CM servizos en restauración

- 14 -

Page 15: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

comercial. Entidades de planificación e desenvolvemento turísticos. Información, asistencia e guía turísticas. Intermediación de servicios turísticos e viaxes. Manipulación, preparación, conservación epresentación de toda clase de alimentos de productos de panadería, pastelería e repostería.

CS Axencia de viaxes e xestión de eventos (Bach. Humanid. e CS) CS Xestión de aloxamento turísticos ( Bach. Humanid. e CS) CS Guia, información e asistencia turísticas (Bach. Artes, Humanid. e CS) CS Dirección de cociña. (Bach. de Ciencias e Tecn.) CS Animación turística (Bach. Artes, Humanid. e CS/ 2ª l. estranxeira) CS Dirección de Servicios de Restauración. (Bach. de Ciencias e Tecn.)

Imaxe Persoal

Perrucaría, estética persoal, caracterización e asesoría de imaxe persoal.

CM Aceites de oliva e viños. CM Elaboración de produtos alimentarios CM Panadería, repostaría e confeitaría CS Procesos e calidade na industria alimentaria. CS Vitivinicultura. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Informática e Comunicacións

Instalación e mantenemento de productos informáticos. Creador, programador de programas informáticos

CM Sistemas microinformáticas en rede CS Administración de sistemas informáticos en rede. CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. CS Desenvolvemento de aplicacións web. (Bach. Ciencias e Tecnoloxía)

Instalación e Mantenemento

Montaxe e mantenemento das instalaciónsde edificios: hospitais, superficies comerciais, centros de ensino, polideportivos, oficinas, etc. Montaxe e mantemento de instalacións para o proceso continuo: industria química, refino de petróleo, industrias lácteas, elaboración de bebidas, papelera,etc. Montaxe e mantenemento da maquinaria da fabricación de productos metálicos, para o traballo da madeira, da fabricación do material de transporte (ferrocarril, aeronaves, bicicletas, motocicletas, automóbiles, camións, etc.), maquinaria eléctrica, etc.

CM Mantemento electromecánico CM Instalacións frigoríficas e de climatización CM Instalacións de produción de calor CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluidos(Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Mecatrónica industrial (Bach. Ciencias e Tec.) CS Mantenemento de instalación térmicas e de fluídos. (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Prevención de riscos profesionais (Bach. Ciencias e Tec.e Humanid. e CS)

Madeira, Moble e Cortiza

Aserrado e preparación industrial da madeira e o corcho. Fabricación de productos semielaborados da madeira e o corcho. Fabricación en serie de carpintería, parquet e estructuras de madeira para a construcción. Fabricación de envases, esamblaxes e obxetos diversos de madeira. Industria do moble e da madeira. Fabricación a medida e instalación de

CM Carpintería e moble CM Instalación e amoblamento CS Deseño e amoblamento (Bach Ciencias e Tec. / Bach. Artes)

- 15 -

Page 16: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

carpintería e moble.

Química

Industria química e farmacéutica, do refinode petróleo, da industria de papel, e da industria da transformación do caucho e materias plásticas. Así mesmo, cubre certas necesidades de cualificación noutrasindustrias, como a alimentación, metalurxia, vidrio, cerámica e outras industrias de manufactura nas que se fai imprescindible a análise e control da materia que se transforma.

CM Laboratorio CS Laboratorio de análise e control de calidade CS Química ambiental CS Química industrial (Todos: Bach. Ciencias e Tecn.)

Sanidade

Sector sanitario, tanto dende a súa vertente pública como dende a empresa privada nos ámbitos profesionais de : atención primaria e comunitaria, atención especializada, saúde pública, servicios xerais ou centriais e productos sanitarios.

CM Coidados auxiliares de enfermería CM Farmacia e parafarmacia CM Emerxencias sanitarias (só en réxime de adultos modular) CS Anatomía patolóxica e citoloxía ( Bach. Ciencias e Tecn.) CS Dietética (Bach. Ciencias e Tecn.) CS Documentación sanitaria (Bach. Humanid.e CS, Ciencias e Tecn. ) CS Hixiene bucodental (Bach. Ciencias e Tecn.) CS Imaxen para o diagnóstico (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Laboratorio de diagnóstico clínico (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Próteses dentais (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Radioterapia (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Saúde ambiental (Bach. Ciencias e Tecn. ) CS Audioloxíaprotésica(Bach. Ciencias e Tecn. )

Servizos Socioculturais e á Comunidade

Organización, planificación e xestión de proxectos de intervención social, proxectos educativos, e de atención á infancia e interpretación da linguaxe de signos.

CM Atención a persoas en situación de dependencia CS Animación sociocultural (Bach. Ciencias e Tecn., Human.e CS) CS Educación infantil (Bach. Humanid.e CS) CS Interpretación de lingua de signos (Bach. Ciencias e Tecn., Artes e Human.e CS) CS Integración social (Bach. Ciencias e Tecn., Humanid.e CS)

Transporte e mantemento de vehículos

Mantenemento de vehículos, automóbiles,motocicletas, maquinaria agrícola e tractores, maquinaria de construcción e obras públicas, así como inspección técnicade vehículos.

CM Electromecánica de vehículos CM Carrozaría CS Automoción (Bach. Ciencias e Tecn. )

Textil, Confección e Pel

Actividade produtiva textil: algodón, lana, seda natural, fibras sintécticas, punto, alfombras e acabados. Actividade do coiro: curtidos, acabados, e marroquinería e do calzado, o vestido e todo tipo de confección.

M Confección e moda CS Patronaxe e moda (Bach. Ciencias e Tecn.)

- 16 -

Page 17: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

6. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL

Que son?

Son ensinanzas nas que a organización é algo diferente á dos estudos de réxime xeral e ó nos que hai que superar unha proba para acceder a eles.

Que estudos Comprende?

• Ensinanzas de Música e Danza • Ensinanzas de Arte Dramática • Ciclos de Artes Plásticas e Deseño • Estudios Superiores de Artes Plásticas e Deseño • Idiomas • Ensinanzas Deportivas

Ensinanzas de Música

Regradas:Estúdanse en Conservatorios de Música e Centros Autorizados deMúsica (obtense un título con validez académica e profesional)

Non regradas: Estúdanse en Escolas de Música (obtense un certificado, non un título)

Estrutúranse en:

Ensinanzas de Grao Elemental: Hai que ter entre 8 e 14 anos, e comprende 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes musicais dos interesados. Ensinanzas de Grao Medio: Teñen unha duración de 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total) Para o acceso non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba, que será diferente según o Ciclo ou curso no que se queira ingresar e que atende ás aptitudes e coñecementos musicais do interesado.

- 17 -

Page 18: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Ensinanzas de Grao Superior: Duración: 1 só Ciclo de 4 cursos

Acceso: hai que cumprir os seguintes requisitos: ter o título de Bacharelato, ter superado o3º Ciclo de música e superar unha proba ordinaria para cada especialidade. Se non cumpres estes requisitos podes acceder se superas unha proba extraordinaria.

Obtense o Título Superior, que equivale a graduado Universitario.

Onde se pode estudar música?

a) En Escolas de Música: Son centros públicos ou privados que imparten ensinanzas non regradas de música dirixidas a aquelas persoas, sen límite de idade, que desexen unha formación musical. Tamén poden preparar para o acceso a ensinanzas regradas en conservatorios ou en centros autorizados (privados). b) Conservatorios de Música: Clasifícanse en "Elementais" (imparten o grao elemental), "Profesionais" (imparten o grao Medio) e "Superiores" (imparten o grao Superior). Tamén en Centros Privados Autorizados.

Ensinanzas de Danza

Regradas: Estúdanse en Conservatorios de Danza e CentrosAutorizados de Danza (obtense un título con validez académica eprofesional) Non Regradas: Estúdanse en Escolas de Danza (obtense un certificado)

Estrutúranse en:

Ensinanzas de Grao Elemental: Comprende 4 cursos académicos. Os criterios de admisión os establece cada centro, e normalmente atende ás aptitudes físicas e expresivas dos aspirantes relacionadas coa danza e co sentido musical, mediante unha proba. Neste grao non se obtén titulación, só un certificado acreditativo.

Ensinanzas de Grao Medio: • Duración: 3 Ciclos de 2 anos cada un (6 anos en total) • Acceso: Non hai límite de idade pero si hai que superar unha proba en xuño ,

que será diferente según o Ciclo ou curso no que se queira ingresar, os contidostamén dependen da especialidade na que se queira ingresar.

Ensinanzas de Grao Superior: • Duración: 1 só Ciclo de 4 cursos

Acceso: Hai que cumprir os seguintes requisitos: • o Ter o título de Bacharelato, • o Ter superado o 3º Ciclo de Danza e superar unha proba ordinaria para cada

especialidade.

- 18 -

Page 19: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

• Se non cumpres estes requisitos podes acceder se superas unha proba extraordinaria.

• Obtense o Título Superior, que equivale a Graduado Universitario.

Ciclos de Artes Plásticas e Deseño

Comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas especialidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais.

Estrutura:

A estrutura é a mesma que a da Formación Profesional Específica: Ciclos formativos de grao Medio e Superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos formativos de grao Medio, e despois do Bacharelato podes acceder ós Ciclos formativos de grao Superior, aínda que só terán acceso directo os alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos. Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol (estas dúas últimas de titularidade privada).

Como se organizan:

Trátase de Ciclos de grao Medio e grao Superior, polo que teñen unha estrutura semellante á da formación profesional específica. A principal diferenza está a que ademais da titulación normal para acceder a un Ciclo é necesario superar unha proba de acceso. Pero se tes o bacharelato de Artes non terías que realizar a proba para os ciclos Superiores.

Ciclos Formativos de Grao Medio:

Accédese co título de ESO e coa superación da proba ordinaria, que se celebra en xuñoe consiste en exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, históricoartísticos, e debuxo. De non ter o título de ESO, podes acceder coa superación (ademais da anterior) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO. Obtense o título de técnico.

Ciclos Formativos de Grao Superior:

Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato en Artes. De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de Bacharelato e máis a superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artesplásticas e coñecementos histórico - artísticos.

- 19 -

Page 20: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante a superación dunha proba de madureza, e con 19 anos cumpridos. Obtense o título de técnico Superior que dá acceso a titulacións universitarias.

Oferta de ciclos medios e superiores de Artes Plásticas

ESCOLA DE ARTES PABLO PICASSO en A Coruña.

ESCOLA DE ARTESMESTRE MATEO

en Santiago

ESCOLA DE ARTES RAMÓN FALCÓN en Lugo.

ESCOLA DE ARTES ANTONIO FAÍLDE en Ourense

CM Dourado e Policromía Artísticos CS Artes Aplicadas DaEscultura Taller cerámico, oferta modular. CS Fotografía ArtísticaCS Ilustración

CS Artes Aplicadas DaEscultura CS Fotografía Artística CS Xoiería Artística CS Arquitectura Efímera Taller de xoiería, oferta modular

CM Serigrafía artística CS Gravado e Técnicas De Estampación CS Cerámica ArtísticaCS Fotografía Artística Taller de talla artística en madeira, oferta modular. Taller de ebanistería,oferta modular

CM Ebanistería Artística CS Fotografía Artística CS Ilustración

Estudos Superiores de Artes Plásticas e Deseño:

Conservación e Restauración de Bens Culturais: Trátase dun grao que ten como obxectivo formar a profesionais queterán como responsabilidade velar polo bo estado do patrimonio artístico. Pódese escoller entre 7 especialidades diferentes: Arqueoloxía, Pintura., Escultura, Documento gráfico, Bens Arqueolóxicos, Textiles, Mobiliario. Obtense o Título de graduado universitario.

Os Estudos Superiores de Deseño: Están encaminados á formación de profesionais no mundo do deseño nas especialidades de moda, interiores, productos e deseño gráfico. A titulación que se obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente, para tódolos efectos, a un grao universitario.

Estes estudos impártense nos seguintes centros:

• Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos.

• Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico • Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico.

- 20 -

Page 21: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

• Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño Gráfico.

Ensinanzas de Idiomas:

En que consiste?

O estudo dos idiomas pódese realizar a través dun grao universitario ou nas Escolas Oficiais de Idiomas. Estas últimas son centros especializados no ensino dos idiomas.

Como se organizan?

En tres niveis cun total de 6 cursos. • Nivel básico: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma a nivel cotián. • Nivel intermedio: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma en situacións

específicas. • Nivel avanzado: 2 cursos coa finalidade de conseguir o dominio do idioma oral

e escrito a nivel xeral e específico.

A asistencia a clase pode ser diaria ou alterna. Tamén podes cursar estas ensinanzas nas seguintes modalidades:

• Oficial presencial: Acudindo ás clases presenciais e cunha avaliación trimestral. • Libre: Preparando o idioma por libre e presentándote ás probas libres de

obtención do certificado de determinado nivel. • A distancia: A través do programa That´s English que se emite diariamente no

canal 2 da TVE podes seguir as clases a distancia e ser axudado nunhas titorías semanais, na escola oficial na que te matricules, para practicar a parte oral.

Que idiomas hai e onde os podo estudar?

Alemán, Inglés, Portugués, Francés, Italiano, Árabe, Galego, Ruso,...nas seguintes escolas oficiais de idiomas: Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Monforte, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Que saídas laborais ten?:

Os certificados que se obteñen teñen un recoñecido prestixio e téñense en conta en baremos para concesión de bolsas, intercambios, determinados empregos.

- 21 -

Page 22: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Ensinanzas Técnico -Deportivas:

Cal é a finalidade?:

Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores etécnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva.

Como se organizan?:

Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva. Este graocomprende dous niveis:

1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel Superior. 2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun técnico Superior.

Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar escolas deportivas.

Que títulos se obtén?:

Existen títulos tanto de técnico como de técnico Superior nas seguintes especialidades: - Fútbol - Fútbol sala - Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard) - Deportes de montaña e escalada. - Atletismo - Baloncesto - Balonmán

Requisitos de acceso:• Grao Medio: Título de ESO + proba específica. • Grao Superior: Título de Bacharelato + título de grao Medio.

Postos de traballo: Pódese dedicarse ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo.

- 22 -

Page 23: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

7. ENSINANZAS PARA PERSOASADULTAS

En que consiste?

Trátase dunha formación pública e gratuíta dirixida a calquera persoa que teña cumpridos os 18 anos e que abandonaron o sistema educativo sin obter a titulación básica. Estas ensinanzas organízanse de xeito algo diferente, tanto nas áreas impartidas como no horario. A titulación acadada é a mesma que nas ensinanzas ordinarias. Estas ensinanzas poden ser presenciais ou a distancia.

Que tipo de oferta hai?

1. Ensinanzas de nivel I: dirixidas a persoas que necesiten adquirir técnicas básicasde lectura, escritura e cálculo. A matrícula está aberta durante todo o curso escolar.

2. Ensinanzas de nivel II: dirixidas a persoas sen titulación que desexen acceder á educación secundaria de adultos (ESA). Esta formación é equivalente á educación primaria.

3. Ensinanzas de nivel III (ESA): dirixidas a persoas sen titulación que desexen obte-lo título de graduado en educación secundaria. Normalmente hai que ter 18 anos para poder matricularse. Autorízase a matrícula a alumnos menores de18 anos, en casos excepcionais, como poden ser, ter un contrato de traballo ou que teñen superado o primeiro ano dun PCPI.

4. Bacharelato para persoas adultas: dirixidas ás persoas que teñan o título de ESO ou ESA, e que desexen adquirir novos coñecementos nunha determinada materia ou obter o título de bacharel en calquera das modalidades.

5. Ciclos formativos para persoas adultas: esta formación pretende facilitar ás persoas adultas a súa actualización, adquirindo novos coñecementos nunha determinada competencia profesional, ou para obter o título de técnico ou técnico Superior.

6. Aulas Mentor: cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas.

- 23 -

Page 24: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

8. A EDUCACIÓN SECUNDARIA DEADULTOS (ESA):

Como se organiza?

Estas ensinanzas son equivalentes ás da ESO. As materias organízanse en tres ámbitos de coñecemento:

• 1º Social: inclúe contidos de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, educación para acidadanía, e os aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual e Música.

• 2º Comunicación: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, 1ª lingua estranxeira.

• 3º Científico—tecnolóxico: inclúe contidos de tecnoloxías, matemáticas, ciencias da natureza, e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural de educación física.

Que duración ten?

Xeralmente duran 2 cursos académicos. En cada curso pódese cursar dous módulos, cunha duración cuadrimestral. Cada módulo correspóndese cun curso de ESO, quedando do seguinte xeito:

• No 1º ano: módulo 1 (1º de ESO) e módulo 2 (2º de ESO) • No 2º ano: módulo 3 (3º de ESO) e módulo 4 (4º de ESO).

Poderás permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o teu ritmo de aprendizaxe o precise. Non hai límite de tempo.

Cales son os requisitos de acceso?

Para acceder ós módulos 1 e 2, hai que cumprir un dos seguintes requisitos: • Ter superado o nivel II (Educación Primaria) das ensinanzas de adultos. • Por validación de estudos (ter o certificado de estudos correspondente -

aprobada a Educación Primaria) • No caso de non poder acreditar estudos anteriores superar unha proba de

avaliación inicial.

Para acceder ós módulos 3 e 4, hai que estar nalgunha das seguintes condicións: • Ter superado os módulos 1 e 2 de ESA. • Ter superados o 1º e 2º cursos de ESO, ou alomenos algún grupo de materias

de 1º e 2º para poder validar algún ámbito dos módulos 1 e 2 de ESA. • Superar os módulos obrigatorios do 1º curso dun PCPI. • No caso de non poder acreditar estudos anteriores superar unha proba de

avaliación inicial.

- 24 -

Page 25: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

Ademais hai que cumprir os 18 anos, excepcionalmente poderán matricularse nestas ensinanzas os maiores de 16 que conten con un contrato de traballo. No primeiro cuadrimestre (setembro a xaneiro) poden matricularse todas as persoas que cumpran dezaoito anos ata o 31 de decembro. Para o segundo cuadrimestre (de febreiro a xuño), poden matricularse os que cumpran dezaoito anos ata o 30 de abril. Que horario teñen estas ensinanzas?

Terás ó redor de 20 horas semanais, que normalmente impártense en horario de tarde.

Modalidade semipresencial e a distancia:

Son as ensinanzas de adultos que permiten realizar os estudos na casa sen a necesidade de acudir diariamente a un centro educativo. Disponse de axuda ou de apoio a través de titorías individuais e colectivas, nas que aconsellan e orientan nas dificultades atopadas. Esixen un grao de responsabilidade e organización maior que nas ensinanzas presenciais, e aínda así , teñen o risco de abandono, por non ter que acudir diariamente ó centro. Estas ensinanzas son gratuítas. Solo hai que mercar o material didáctico (textos, guías, CD, ..). Na modalidade semipresencial é obrigatoria a asistencia ás titorías de cada ámbito (unha hora semanal para o ámbito social, dúas sesións lectivas para o ámbito de comunicación e outras dúas para o ámbito científico-tecnolóxico). A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual.

Cando solicito praza?

Modalidade presencial:

• 1 –15 de setembro para o primeiro cuadrimestre. • 10 –16 de xaneiro para o segundo cuadrimestre.

Modalidade a distancia semipresencial e telemática:

• Setembro – xaneiro para o primeiro cuadrimestre. • Febreiro – 15 de maio para o segundo cuadrimestre.

Onde se ofertan estas ensinanzas?

A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo Pondal (A Coruña), EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago deCompostela), EPA Albeiros (Lugo), EPA de Ourense, IES de Celanova, EPA Río Lérez (Pontevedra), EPA do Berbés (Vigo).

- 25 -

Page 26: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela). Os módulos 3 e 4 da modalidade presencial impártense no noso instituto. No caso de non superar a ESO podes presentarte ás seguintes probas:

- 26 -

Page 27: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

9. PROBAS DE ACCESO A CICLOS DEGRAO MEDIO

En que consisten?

Se non acadaches o título da ESO pola vía ordinaria ou por adultos e desexas acceder a un Ciclo de formación profesional de grao Medio podes presentarte a unha proba, que unha vez superada, obtés un certificado que che permite o acceso a calquera Ciclo de Grao Medio.

Que requisitos hai que cumprir?

O máis importante, e que teñas cumpridos os 17 anos ou os vaias a cumprir no ano natural en que se celebra a proba (é dicir, se cumpres os 17 en decembro do mesmo ano da proba, tamén podes presentarte). Podes presentarte tantas veces como o desexes, e se superas algunhas materias non terás que volver a examinarte delas.

De que te examinarás na proba?

Consistirá tres partes: 1ª parte: sociolingüística (con exercicios sobre contidos de lingua e literatura española,de lingua e literatura galega e de ciencias sociais). 2ª parte: de contidos de tipo científico – técnico ( con exercicios sobre contidos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía). 3ª parte: de contidos matemáticos.

- 27 -

Page 28: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

10. PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOTÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

POR LIBREEn que consiste?

Se non acadache o título de educación secundaria pola vía ordinariaou por adultos, podes acadalo superando unha proba que seconvoca anualmente, no mes de xuño e setembro.

Que requisitos hai que cumprir?

Deberás ter cumpridos os 18 anos antes de que se celebre a proba. De que te examinarás?

A proba está organizada en tres ámbitos: • Ámbito de comunicación: comprenderá exercicios de lingua galega e literatura,

lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira. • Ámbito científico-tecnolóxico: comprenderá exercicios matemáticas, ciencias da

natureza, e tecnoloxía. • Ámbito social: exercicios de ciencias sociais, xeografía e historia, música e

educación plástica e visual.

Se tes superado algún grupo de materias de 4º de ESO, quedarás libre de examinarte dese grupo.

- 28 -

Page 29: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

11.Formación Profesional BásicaA formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais de duración variable.

Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos.

Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional.

Éste título permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio Os alumnos e alumnas que finalicen os seus estudos sen obter o título profesional básico, recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados que terá efectos académicos e de acreditación parcial acumulable das competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

O título profesional básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

• Ser proposto/a polo equipo docente• Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais• Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo• Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou,

excepcionalmente, ter cursado o segundo curso• A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica

o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

As especialidades que se ofertan son:

• Actividades agropecuarias• Actividades marítimo-pesqueiras• Agroxardinaría e composicións florais• Aloxamento e lavandaría• Aproveitamentos forestais

- 29 -

Page 30: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

• Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel• Artes gráficas• Carpintaría e moble• Cociña e restauración• Electricidade e electrónica• Fabricación e montaxe• Industrias alimentarias• Informática de oficina• Informática e comunicacións• Mantemento de vehículos• Peiteado e estética• Reforma e mantemento de edificios• Servizos administrativos• Servizos comerciais• Tapizaría e cortinaxe• Vidraría e olaría

- 30 -

Page 31: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

12. ITINERARIOS EN 4º DE ESO NO IES DAVID BUJÁN

ITINERARIO A ITINERARIO B ITINERARIO C

Matemáticas BFísica e químicaBioloxía e xeoloxía

Matemáticas BFísica e químicaTecnoloxía

Matemáticas A ou BLatínMúsica

ITINERARIO D ITINERARIO E ITINERARIO F

Matemáticas A ou BLatínEducación plástica e visual

Matemáticas BEducación plástica e visualBioloxía e X./Tecnoloxía

Matemáticas A ou BMúsicaBioloxía e X./Tecnoloxía

Escoller unha • Educación Plástica e Visual• Informática• Música • Tecnoloxía

Numerar asoptativas pororde depreferencia(unha)

• 2ª Lingua estranxeira Inglés ou Francés a que non escolla como primeira lingua

• Obradoiro de iniciativas emprendedoras• Cultura clásica

NOTAS:

Haberá unha oferta de materias bilingúes que se renovará cada curso, terás que consultala no centro.

As optativas OIE (Obradoiro de iniciativas emprendedoras) e Cultura Clásica, de cursarse en 3º non se poderán cursar en 4º.

A optativa Francés poderá cursarse ao longo de toda a ESO e en Bacharelato.

Para impartir unha materia deberá de haber un mínimo de 5 alumnos (según a lexislación vixente).

- 31 -

Page 32: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

13. CONTIDOS DAS MATERIAS OPTATIVAS DE 4º DE ESO

Latín

1º TRIMESTRE

• A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas. • Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da penúltima

sílaba. Diferenza entre vocais breves e longas. • O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores sintácticos.

Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo alumno.

• Clases de palabras. A flexión nominal e verbal. Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

• Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de lexemas, sufixos e prefixos grecolatinos usados na propia lingua: préstamos, derivación, composición e analoxía como mecanismos de enriquecemento do vocabulario.

• O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario.

• O marco xeográfico e histórico da sociedade romana. Gallaecia e o resto da Hispania. As vías romanas de Hispania e as grandes vías modernas: medio de difusión dunha civilización uniforme, de unidade política e económica e de relación humana. Uso de fontes primarias e secundarias para coñecer o pasado.

• Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.

2º TRIMESTRE

• Clases de palabras. A flexión pronominal. Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

• Definición de palabras a partir dos seus étimos. • Vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas

terminoloxías específicas. O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario.

• Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas incorporadas á lingua falada e escrita.

- 32 -

Page 33: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

• As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio. Relación entre o relixioso e o festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva sociocultural. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e familiares.

• As pegadas materiais da romanización: o foro e a arquitectura do ocio en relación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia do arco e a bóveda na arquitectura

• posterior. Valoración da conxunción da magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación directa. O papel de Roma na historia de Occidente,o patrimonio arqueolóxico, artístico e literario. Coñecemento especial do herdado en Galicia.

• Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.

•3º TRIMESTRE

• As estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes.

• Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e continuidade domundo clásico e instrumento privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances.

• Latín culto e latín vulgar: lingua de cultura e lingua de comunicación. O proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. A formación das linguas romances. Análise dos procesos de evolución das linguas romances.

• A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos. Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Relación semántica entre palabras dunha mesma raíz latina e evolución fonética diferente.

• A achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del. • Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e visuais.

Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado.

• Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.

Cultura Clásica

Esta materia ten un obxectivo básico: coñecer os aspectos máis relevantes das sociedades e as culturas de Grecia e Roma e descubrir desde o mundo de hoxe o fío que nos guía ata elas. A cultura grecolatina, patrimonio común, é a base necesaria dunha parte moi considerable do pensamento humano occidental, e as formas creadaspolos gregos e romanos constitúen o soporte e a esencia da nosa civilización.Mediante a comparación constante entre o seu contorno e a diversidade

- 33 -

Page 34: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

dos clásicos grecorromanos recoñecemos en que medida o noso presente é froito dunrico proceso creador que transcorre ao longo de máis de trinta séculos de historia.O coñecemento do marco xeográfico e histórico e dos aspectos máisrelevantes das sociedades grega e romana, desde as que se transmitironmodos de vida, institucións ou creacións literarias, técnicas e artísticasachega un instrumento necesario para entender a configuracióne o progreso de Europa, os antecedentes históricos da organizaciónsocial, e a delimitación dos dereitos das persoas.O estudo básico dos fundamentos das linguas grega e latina, dasregras elementais de evolución fonética e da formación das palabras dotacoñecementos necesarios para comezar a entender a evolución lingüística, determinaros procesos de cambio fonético e semántico e ilustrar os procedementos que actúanna formación do léxico.A cultura que modelou o noso presente e fixa boa parte dos nososcanons estéticos é tamén transmisora de valores universais, que entroncana nosaherdanza cultural coas raíces do mundo clásico.O acercamento ás narracións míticas axudará a observar comotemas e tópicos da cultura grecolatina se transmitiron ata hoxe e seguenvivos nos nosos escritos e mesmo nas expresións da lingua cotiá.

Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras

Trátase dunha materia optativa para o alumnado de 3º e 4º deESO, a través da calterán a oportunidade de coñecer e desenvolver a culturaemprendedora dun xeito práctico.Presenta un marcado carácter práctico, concibe a aula como un taller onde se integranas tecnoloxías da información para axudar ao alumnado a avanzar na sociedade docoñecemento. Búscase un obxectivo global de desenvolver unhas habilidades que axuden ao alumnado a levar a cabo calquera proxecto vital así como achegar a realidade do mundo laboral, empresarial e do asociacionismo en xeral.Parte do principio de “aprender facendo”, experimentando e familiarizando aoalumnado cos aspectos máis prácticos da realidade coa que entrará en contactodirecto nun futuro próximo.

OBXECTIVOS:

• Coñecer a empresa e as iniciativas emprendedoras como vehículos• dinamizadores da economía e da xeración de riqueza para o conxunto da• sociedade.• Valorar a importancia de asociarse e colaborar para progresar.• Identificar e practicar o espírito emprendedor.• Coñecer estratexias de xeración e maduración de ideas emprendedoras.• Realizar un proxecto emprendedor respectuoso co medio ambiente.• Integrar as tecnoloxías da información no proceso de aprendizaxe.• Obter, seleccionar e interpretar información.

A materia pretende axudar a desenvolver as seguintes capacidades emprendedoras:

- 34 -

Page 35: Caderno de información 3º

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES DAVID BUJÁN

creatividade, iniciativa, comunicación, autoestima, observación e exploración docontorno, toma de decisións, compromiso e determinación, negociación, asunción deriscos.

COMO SE DESENVOLVE O PROXECTO?

Os contidos da materia distribúense en tres bloques temáticos:

BLOQUE 1: O EMPRENDEDOR E A XERACIÓN DE IDEAS EMPRENDEDORAS

A importancia económica e social dos/as emprendedores/as. As habilidadesdos/asemprendedores/as. As fontes de ideas.NTIDOS BLOQUE 2: PLANIFICAR PARA EMPRENDER

A importancia de planificar. A elaboración dun proxecto emprendedor.

BLOQUE 3: A POSTA EN MARCHA, A EXECUCIÓN DO PROXECTO

A empresa e as súas formas xurídicas. O Marketing. A empresa e as súas obrigas fiscais.O mundo laboral. Trámites de constitución dunha empresa.

Fontes de información:

http://monicadizorienta.blogspot.com

- 35 -