carreiros 8 (2009)

34

Upload: afervenzadeouzande

Post on 28-Nov-2014

1.189 views

Category:

Entertainment & Humor


17 download

DESCRIPTION

Número 9 da revista Carreiros. Ano 2009. Publicada pola AC A Fervenza de Ouzande (Ouzande, A Estrada, Galiza)

TRANSCRIPT

Page 1: Carreiros 8 (2009)
Page 2: Carreiros 8 (2009)

editorial

Déronnos un premio "Polo constante traballo a prol da nosa cultura, coalingua como ben irrenunciable da nosa identidade e vehículo de comu-nicación entre as distintas xeracións de veciños e veciñas de Ouzande,así como o exemplo infundido en todas as persoas e entidades estra-denses e comarcais que aglutinan no exercicio da súa actividade."(Fundación Premios San Martiño. Asociación Cultural O Brado)

Son palabras bonitas. Por facer o que queremos. Moitas persoas pen-san, e é certo, que vivir en galego, en Galicia, ás 24 horas do día é moidíficil, imposible case. Fixemos dende o principio o que nos era natural,sen máis. É a nosa humilde achega para que non sexa tan difícil, o quedebía ser normal e natural.

persoas e casas

Seguimos neste CARREIROS a contar as vidas das nosas persoas. As queestán lonxe. Ás veces as historias das vidas, cando se escriben, adquirenoutra dimensión, ao menos para quen as le. Seguramente todos e todasmereceriamos unha novela. Nós, polo menos, queremos que as histo-rias das vidas de quen decidiu marchar, de quen tivo que buscar a for-tuna noutros lugares, se convirtan en novelas vividas. Neste número vaia historia de Manolo de Chedas, que un día tamén cruzou o Atlántico.

Encetamos un novo camiño nesta revista. A partir deste número quere-mos contar as historias das casas da parroquia. A casa no significadocompleto, de morada e de familia. Comezamos pola Casa do Cura.Agardamos contar moitas historias de casas. Se ti queres podes contar-nos a historia da túa.

Hai veces que aínda que se queira, non se pode. Desta vez non se puido.Por iso chegamos un pouco tarde.

carr

eiro

s1

Page 3: Carreiros 8 (2009)

carreiros

carr

eiro

s2

sumario

3memoriafotográfica.

4retrouso deviaxe

6os nomesde ouzande

8 a casa docura

12memoria daemigración

17literaria:manolo decabanas

21literaria:senén campos

22carreiros enadal

23asemblea eantroido

24nas beiras do miño

26rutas elumeiro

27aí ven oglobo

28unhanoite...

29fervenza demúsicas

30clases...

31premio

Page 4: Carreiros 8 (2009)

carr

eiro

s3

memoria fotográfica

Esta foto apareceu na Casa de Souto dasCachopas, e foinos cedida por Tito de Souto. Nafermosa imaxe aparecen un grupo de homesnunha obra. A lenda da parte posterior di:

Fotografías de Ouzande, Codeseda y SantaCristina y Guimarey y Cuntis y de Estrada

Nombres de ellos todos.

1º Pio Durán Tato MaestroJosé Peiteado,Manuel Esmoris, Manuel Casais,Ramiro Lodeiro, Benjamín Docampo Casal,Manuel Docampo, José Pazos, ManuelMagariños, Manuel Matalobos, AntonioPuente, Faustino Liste, Abelino Fandiño, CamiloMagariños, Serafín Magariños, José GonzálezPego, Ramón Chedas, Perfecto Durán, SeberinoCarballo, Joaquín Magariños, ErundinoDocampo Carracedo, José Rodríguez, ManuelCasal,

Don José Ulla CarbónEstrada 1926

Page 5: Carreiros 8 (2009)

carr

eiro

s4

crónica

Noelia Bouzón Docampo

Retrouso xa é internacional. E é que algúns dos compoñentes do grupotivemos a oportunidade o pasado mes de agosto de levar a nosa músi-ca ben lonxe de Ouzande. O destino: Francia, máis concretamente unfermoso pobo da Bretaña chamado Guingamp. O motivo: "Le festival dela danse bretonne", unha gran celebración que ten lugar na vila france-sa por esa época do ano e que reúne a músicos e grupos de diversasprocedencias: Escocia, Irlanda, Asturias, Galiza...e como non, taménagrupacións da zona.

A pregunta é: e como foi Retrouso dar á Bretaña? Pois grazas ós nososamigos do grupo "Pana Raiada" da Gracia (Santiago de Compostela),que nos ofreceron compartir con eles esta experiencia e formar parteda súa "plantilla" en semellante aventura.

E menuda acollida tivemos alá en Guingamp! Foi toda unha sorpresaver tanta xente nas rúas, esperando para vernos pasar e para escoitaraos gaiteiros. Galegos, escoceses ou asturianos…todos disfrutamosdunha grande expectación entre o público francés. Mesmo algún queoutro se animou a botarlle un baile…

Dez días na Bretaña deron para moito, aínda que (e inclúome no dito)houbo a quen a estancia se lle fixo curta ("Xa marchamos mañá??").Sería imposible relatar todas as grandes experiencias e os bos momen-tos que alí tivemos, pero pódese facer un intento…

Visitamos a vila de Guingamp, "cité médiévale", da cal nos chamou aatención a beleza das rúas empedradas e o feito de que, mirases paraonde mirases, todo estaba cheo de flores: os balcóns, os alféizares dasventás, as rotondas…, non vira nunca un pobo tan cheo de cor.Tamén fixemos algo de turismo pola zona. Achegámonos ata a cidadede Saint-Malo, e aproveitamos tamén para visitar o famoso monteSaint-Michel.

Levamos connosco o espírito festeiro, como non, e todas as noitesarmamos foliada. Como escoceses, asturianos e galegos compartiamosresidencia, aquilo era unha espléndida mestura de culturas. Intentamossoprar polas gaitas escocesas (que non foi tarefa fácil), e eles probaron

retrouso de viaxe

Page 6: Carreiros 8 (2009)

crónicanoelia bouzón docampo

tamén coas nosas. Mesmo conseguimos resolver algún que outro mis-terio: efectivamente, os homes escoceses non levan roupa interior pordebaixo da famosa saia!

Aprendemos que coma na casa non se come en ningún sitio…, e é bencerto que o mundo é un pano: ata coincidimos en Guingamp con CarlosNúñez!

Practicamos o noso francés, (en realidade só tres palabras)…

As horas de sono foron escasas, xa que despois da primeira noite que-dou claro que o primeiro en durmirse sería a víctima perfecta para todotipo de bromas nocturnas, a maioría das cales implicaban espertar coacara totalmente pintarraxeada. Ao volver á casa aínda tardei uns días enacostumarme a durmir cos dous ollos pechados…

Que máis se pode dicir? Sinxelamente esta viaxe supuxo un antes e undespois en todos nós, e estou ben segura de que ningún se vai esque-cer nunca. Só queda unha cousa pendente…, repetir outro ano!

carr

eiro

s5

Page 7: Carreiros 8 (2009)

Manuel Rosende Torres

De seguro temos pronunciado moitas veces nomes únicos para falar daqueles luga-res aos que fomos á herba, sachar ou rozar sen sermos moi conscientes de por quese chama así ese sitio, ou quen lle tería posto ese nome tan curioso. Ben certo é quea todos nos gusta escudriñar un pouco no significado dos nomes que nos rodean.Existe unha ciencia que traballa para darnos respostas, chámase onomástica e den-tro dela existe unha parceliña que busca a orixe e significado dos nomes da terra, atoponimia. A relación de Ouzande co chan que pisa é moi estreita, posto que se tra-ballou de sempre para producir aquelo que se consumía. Hoxe en día os tempos vanmudando pero os nomes de Ouzande continúan aí, para que identifiquemos veigas ecasas, lugares e regatos, presas e muíños, montes e camiños. O noso territorio é, pois,un bo campo de traballo para quen busque orixe e significado dos nomes da terra.

Cando alguén investiga estes nomes tan nosos permítenos saber os porques da orixedos lugares, veñen de moi vello e ás veces son os únicos que nos dan información doque ten pasado nese sitio concreto. Son os elementos máis conservadores do nosomodo de falar e por iso son o testemuño da nosa historia; todos sabemos onde estáo Castro e, aínda que non hai estudos sobre ese lugar, o topónimo estanos dandounha pista certeira sobre a súa orixe prehistórica.

Pero tamén existen inimigos dos nomes propios dos sitios, o máis grande é o esque-cemento polo abandono das terras posto que ao que deixa de ser útil o nome dunsitio a nosa memoria abandónao. Cando se fixo a concentración parcelaria tivemosun avance con efectos secundarios; os cambios de propiedades incluiron parcelas connome propio dentro doutras máis grandes, enterrando uns nomes debaixo dosoutros. Tamén operou o fenómeno da "deturpación", consiste en tratar de traducirnomes de sitios con pouca fortuna. En Ouzande foi escasa pero temos un exemplonos nomes de casas que pasaron a ser os apelidos dos seus moradores. Houbo unhaépoca na que os da "Casa do Campo" ou "a do Pazo" pasaron de ser os "do Pazo" ouos "de Campos" a recibir unha simplificación máis coincidente co castelán, de aí osapelidos "Pazos" ou "Campos". Hai exemplos de persoas da mesma familia que teñenrexistrado o seu apelido co nome verdadeiro da casa da que provén mentres outrosfamiliares sofriron a deturpación pasando o mesmo apelido ao plural. Todo isto poloazar da persoa que estaba no rexistro e que traballaba con maior ou menor ignoran-cia.

Falar dos nomes de Ouzande hanos levar tempo polo que nos demoraremos tantoneste Carreiros coma nos seguintes, de momento facémolo debullando o nome dereferencia da parroquia; Ouzande.

carr

eiro

s6

apuntamentos

os nomes de ouzande

imaxe de Reimóndez Portela, A Estrada Rural

Page 8: Carreiros 8 (2009)

A forma que ten o topónimo que nos identifica xa nos fala de que vén devello. Haise que remontar á época en que o Imperio Romano de Occidentese vai debilitando e deixa que as tropas doutros pobos bélicos de Europaocupen os seus territorios. Aquí estiveron obrigados a faceren un pacto(foedus) cun grupo de guerreiros chegados do norte do continente. Osromanos chamábanlle bárbaros por seren descoñecidos e non falaren oidioma latino; eran os Suevos, un grupo pertencente aos pobos xermáni-cos. Estamos no ano 388 d.C. e estarán asentados sobre a antiga provinciada "Gallaecia" algo máis de cen anos, á nova administración política coñe-céuselle co nome de "Regnum Suevorum". Entre outras cousas foron osencargados en estruturar a nosa xeografía en parroquias. A pesar de adop-taren a lingua latina que xa se falaba aquí, os suevos aportaron moitaspalabras e expresións da súa terra, entre os que se destacan os nomes depersoa: Afonso, Elvira, Gonzalo, Luis, Ramón... que rapidamente se puxe-ron de moda daquela e ata o S.XII que, propiciado pola Igrexa, se popula-rizaron os nomes de santos ou bíblicos.

Todos estes datos históricos teñen moito que ver con Ouzande porque amedida que os Suevos foron ocupando as distintas terras, déronlle o nomedos seus moradores ás súas explotacións, normalmente chamáballe a"villae" de..., e mailo nome xermánico correspondente, ou mesmo a casade... quen correspondese. No caso do nome da nosa parroquia haberíaunha pequena latinización do nome dese morador, cousa que sabemosporque acaba en "e" e correspóndese a un "i" primitivo e que en latín facíareferencia a que era unha posesión (xenitivo). En canto ao nome xermáni-co que hai debaixo de "Ouzande" é posible que comezara por AU-; de feitotense escrito que sería unha Ausinda, pero é moi atrevido dicir isto postoque non se pode demostrar, pero é posible que fose así ou mesmo Ausindoen masculino.

Nomes coma o da parroquia non hai moitos por Galicia adiante, o máispróximo está en Cervaña (Silleda) e nomea unha aldea ou lugar desa feri-gresía. Noutros sitios encontrámolos parecidos; Ouzasende, Ousende...pero ningún especialista ten descifrado a día de hoxe con seguridade onome concreto sobre o que se asentan estes nomes de lugar.

Asi pois, Ouzande sería un topónimo de orixe xermánica (sueva) que faríareferencia a unhas terras pertencentes a un señor con nome xermánico eadaptado na forma de falar da época ao sistema latino para identificar aopropietario.

apuntamentosmanuel rosende torres

carr

eiro

s7

Page 9: Carreiros 8 (2009)

Xabier Camba Sanmartín

As casas son elas, cos seus muros, as súas trabes as súas ventás, asmedianeiras, a cociña, os cuartos; pero tamén son a súa historia, a his-toria das persoas que as habitan e habitaron. A actual Casa de Camba,no Redondo, foi antes a Casa do Cura, sede da rectoral de San Lourenzode Ouzande e de San Paio da Estrada.

Cando ala nos inicios dos anos trinta do século XX, Paquito de Camba,albanel e veciño da Estrada, marchou coa súa muller, María de Mato eos seus fillos, da casa do lugar de Señoráns na parroquia de Cereixo,seguramente non lle pasou pola cabeza que ía rematar botando raícesna Casa do Cura de Ouzande.

Pero imos encetar a historia polo principio ou, cando menos, polocomezo que nós coñecemos. No Alto do Redondo, nun dos lugares pri-vilexiados da parroquia, fronte á Igrexa Parroquial situábase a CasaRectoral, a Casa do Cura de Ouzande e A Estrada, no medio do igrexa-rio que comprendía, ademais da casa, outras construcións como oPombal de Xaquina, O Muiño do Cura e o magnífico Hórreo, hoxe des-aparecido. As terras tamén eran extensas pois abranguían todo o Prado,a Finca de Xaquina e boa parte do monte colindante a esta.

Non sabemos cando se levantaron todas as edificacións que citamos,pero si descubrimos que a finais do século XIX, entre 1880 e 1890 sefixeron importantes reformas na Casa Rectoral, que debía estar en moimalas condicións, por causa da escasa preocupación dos curas quemoraran nela, e tamén dalgún devastador temporal. O promotordaquelas obras foi un cura chamado Francisco González de Penela, quediante do mal estado da casa realizou unha serie de obras de conserva-ción e mellora que resultaron decisivas para a conservación da casa.

En 1890, unha comisión eclesiástica formada polos cregos de Ribela,Curantes e Lagartóns, recibiu a encomenda de facer unha "Regulaciónde la Casa Rectoral de la Villa de La Estrada y San Lorenzo de Ouzande,practicada el día 3 de diciembre de 1890", que viña a ser unha avalia-

carr

eiro

s8

memoria

a casa do cura

Page 10: Carreiros 8 (2009)

ción das obras levadas adiante polo crego González de Penela así comoa estimación doutras que se consideraban necesarias. Os membros dacomisión declaran que esta debe ser unha "Regulación con la mayorequidad y economía posibles". A copia que conservamos deste docu-mento, permítenos coñecer con bastante detalle cal ela a traza da vellacasa do Cura, bastante diferente, por certo da actual Casa de Camba.

A edificación respondía a un esquema que nos resulta familiar en casasque inda hoxe manteñen unha estrutura semellante: no exterior, portalde entrada grande e de pedra, porta de castaño, corral rodeado de altosmuros, alpendres para a leña, o toxo e algunhas cortes, hórreo de grantamaño na eira de mallar, etc. No referido á propia casa esta contabacun amplo patio ou corredor central interior, con enlousado de pedra, eno que había unha pía para os porcos, tamén de pedra. Este corredoractuaba como unha especie de distribuidor que daba acceso á cociña(hoxe palleira) na que había unha lareira (hoxe consérvase o burato dapota do caldo), un forno do pan, do que queda algún resto e un verte-doiro onde se fregaba a louza. A parte baixa da casa estaba ocupada porunha ampla bodega. No sobrado, había un amplo comedor, unha salaprincipal, un gabinete, unha habitación, un pequeno retrete e un "mira-dor", que debía ser un pequeno cuarto ou recuncho con dúas ventás,unha cara a igrexa e outra cara o Norte (A Estrada). Os criados tiñan asúa propia habitación, á cal accedían desde o corredor ou patio.

Os cregos que inspeccionaron as obras deixaron escrito no seu informeque o crego González de Penela fixera moitas melloras pero, que aíndaeran necesarias máis, en fiestras, paredes, e no aseo que a casa tiña, asícomo en algúns dos muros e medianeiras. O caso é que estas obras ouben non foron pagadas polo crego, ou ben este "reclamaba" que lle fosereintegrado o que gastara nelas, porque non recibira do crego anterioro "inquilinato" correspondente. A fin de contas, os cregos "reguladores"tasaron en 6000 reás os gastos das obras, e descontando o inquilinatodo crego, quedaban en 4000.

Pois con estes arranxos, a casa debeu ir tirando até metade da décadade 1920, cando a sede da rectoral se trasladou á Estrada e as propieda-des da Igrexa en Ouzande se puxeron á venda, repartidas en diferentesparcelas. A casa e as terras e construcións anexas foron adquiridas porunha familia que só puido disfrutar delas até 1932.

memoriaxabier camba sanmartín

carr

eiro

s9

Page 11: Carreiros 8 (2009)

En 1932 a Paquito de Camba, metéuselle na testa mercar a finca de Eirínou tamén coñecida como de Melania, na Vila da Estrada. Para iso diri-xiuse a Don Nicolás, daquela crego de Ouzande e A Estrada e taménapoderado da famosa Carballeira e Toxeira de Melania. Don Nicolás qui-toulle a idea da cabeza porque alí non tiña pan para os fillos, pero enOuzande había, ademais da casa, terras para traballar. A familia queadquirira a Rectoral non puidera satisfacer o prezo acordado coa Igrexa,así que Paquito de Camba tiña que chegar a un acordo con ela, pagaresa cantidade á igrexa e quedar coa propiedade. Pagou trece mil reás efoi coa súa muller e cos fillos (Leonilda, Manolo, Pepe e Domingos parao Alto do Redondo, para a Casa do Cura, hoxe Casa de Camba, e na fami-lia a Casa Darriba. A familia chegou con todos os seus enseres metidosen carros que subían polo lugar, provocando a curisosidade dos viciños.

Paquito era albanel e estivera traballando en Cuba varios anos. Osarranxos que lle foi facendo á casa saíron do seu traballo e da súa idea.Os anos no Caribe algo influíron nos seus gustos, tal como se pode apre-ciar hoxe no estilo da fachada este da casa. Unha das primeiras obrasque fixo foi a construción dunha pequena habitación, pegada á casa,cara a eira, na que o horreo de 15 metros desaparecera, que serviudurante bastantes anos como escola, e onde dona Pilar lle aprendeu asletras e os números a moitos rapaces e rapazas de Ouzande (VidCarreiros nº 2). Dona Pilar trabou tamén unha fonda amizade conMaría, muller de Paquito, a partir de moitas horas de conversa. No sotodeste local había un pequeno habitáculo onde o patriarca poñía a secaras follas de tabaco que cultivaba na horta da casa, coas que logo facíaos pitos para fumar ou regalarllo a outras persoas. Dunha vez apareceua Garda Civil, que lle requisou todo o material, e ademais o Xulgadoimpúxolle unha multa de 600 pesetas, que tivo que pagar para non ir aocárcere.

A escola funcinou ata primeiros dos cincuenta, pero como Paco queríareformar a fondo a vella casa tivo que maquinar un plan para desfacer-se dela, que nese momento xa lle supuña unha carga. Falou co Inspectorde Educación, Don Plácido Bergueiro, e chegou á conclusión de que omellor era provocar desperfectos no cuarto onde se realizaba, para quefose declarado en ruínas. Así foi, armado cunha vara de ferro, provocoudestragos no tellado e nas paredes, conseguindo así o seu propósito.

xabier camba sanmartín

carr

eiro

s10

memoria

Page 12: Carreiros 8 (2009)

Tamén foi arranxando cousas a fin de adaptar a casa ás súas necesida-des e novos usos. Refixo o valo que estaba moi deteriorado e instalou-se a cancela. Para iso viu Pepe de Frei que cando facía a obra foi repren-dido por Paquito, que lle dixo que vía "moitas curvas", e Pepe contes-toulle que "a determinada altura as curvas semellan molduras...". Perocomo dixemos a transformación definitiva da casa comezou alá poloano 1953. Os muros botáronse abaixo e levantáronse de novo. Chamouaos Couceiros, canteiros de Santa Baia, que foron os encargados do tra-ballo da pedra. Da albanelería ocupouse el e mais os seus obreiros, enos traballos participou tamén Ramon de Cabanas e Ramiro doZoqueiro. Seguramente polo ano 57 xa a casa presentaba un aspectomoi parecido ao actual. Na palleira, antiga cociña, facíanse festas queaínda hoxe recordan os veciños máis maiores.

A familia medrou, e aínda chegou un novo fillo, Enrique, aínda queLeonilda morreu inda nova. Isabel, filla de Leonilda, pasou a súa infan-cia e mocidade na casa, e tamén Enrique, fillo de Manolo pasou longastempadas nela. Domingos* quedou na casa e casou con Carme da Eirada Somoza, e tiveron dous Fillos, Manolo e quen escribe, que taménquedou na casa, e casou con Rosa de Cabanas. Dolores de Cabanas, asúa avoa, serviu de moza na casa do Cura. Esa é outra historia.

*Moitas destas historias contoumas meu pai poucos días antes de morrer. Este artigo é para a súamemoria

memoriaxabier camba sanmartín

carr

eiro

s11

Page 13: Carreiros 8 (2009)

carr

eiro

s12

Manuel Rosende Torres

Ten hoxe 74 anos e vive nun anaco de Ouzande que hai en São Paulo,pero as súas orixes hai que buscalas no Formigueiro de onde foi seu pai,o Señor Ramón de Chedas e en Sureiros (A Somoza) onde nacería súanai Jesusa. Este matrimonio formaría unha das familias máis sobrancei-ras de Ouzande; a casa dos de Chedas.

Os avós paternos de Manolo eran a Señora Encarnación de Chedas emais Manuel de Chedas, este último orixinario de Santabaia e quenfaleceu en Bos Aires con 53 anos nun accidente de tráfico en 1927. ASeñora Encarnación era irmá, ademais, da señora Generosa deZoqueiro; nai de Lucinda de Zoqueiro e avoa de Lola, Pepe, Esperanza eEleuterio “O da Compaña”, estes dous últimos faleceron na capitalarxentina. Ramón de Chedas tiña catro irmás; Amparo, Flora, Jesusa ePilar. A primeira foi a nai de Manolo de Cabanas e morreu en 1941, Florae Jesusa emigraron a Bos Aires onde tamén faleceron e Pilar é a nai deAmparo de Cabanas. O irmán de Manolo que vive en Bos Aires cháma-se Gustavo e é o maior dos tres Chedas; ten hoxe 82 anos, está viúvo dasúa muller Lola, quen era de Lugo e que faceleu hai pouco tempo, viveco seu fillo Gustavo e cun neto ao que deron de nome Matías.

É posible dedicar unhas letras para falar de Manolo de Chedas nesteCarreiros grazas ao seu cuñado Manolo de Cabanas, quen lle fixo unhaentrevista en 2009 co obxectivo de que así o poidamos coñecer unpouco mellor na parroquia. A relación familiar que une a estes dousouzandeses en Brasil partía de Ouzande pois os dous eran netos de“Mamá Encarnación”. Unha vez no país americano hanse estreitar osseus carreiros ao se faceren cuñados pois casaron con dúas irmás orixi-narias dunha aldea que se chama Olmos próximo á vila de Macedo deCavaleiros no distrito portugués de Bragança.

A infancia de Manolo de Chedas transcorrerá en Ouzande ata os 14anos. Na entrevista lembra con cariño os pequenos detalles que debu-xaban as peripecias propias da dura posguerra na nosa parroquia, comacando súa nai poñía un colorido pano colgado na ventá para indicarlleque debía regresar coas vacas, el ben o podía ver desde o monte dosCambeiros. Pero era frecuente que Manolo enredara no Rego das Ransonde se xuntaba coa rapazada para xogar á estornela, á pelota, aospelouros, buscando niños de paxariños ou collendo mel para matar unpouco aquela longa fame que non só tiñan os nenos de Ouzande, senóntamén as vacas. Non era de estrañar que con tanta xogueta os rapaces

polos carreiros do brasil

manolo de chedas

memoria da emigración

Page 14: Carreiros 8 (2009)

se esqueceran do gando e que este fora esfameado á procura de man-xares nas leiras dos veciños pois, como nos recorda Manolo de Cabanas,naquela altura había máis vacas no monte de Ouzande do que herbapolo que xurdían numerosos conflitos. Lémbranse perfectamente enBrasil daquelas vacas que os de Ferreiros pillaban pacendo no millo ounas coles e encerrábanas nas cortes ata que os pais dos de Ouzande íanpagar polos prexuízos causados.

Con 15 anos Manolo deixa de coidar do gando e comeza a traballar naEstrada, nun taller mecánico que había en fronte a onde hoxe se sitúa oantigo chalé das confeccións, chamábase Sanmartín. Bota alí catroanos; o primeiro tivo un contrato de aprendiz polo que non cobraba,máis tarde o seu soldo foi de cinco pesetas da época ao mes.Recórdanos como daquela non había nin vacacións nin se gozaba dedereitos laborais de ningún tipo, estamos no final dos anos corenta ecomenzo dos cincuenta e os latexos da guerra e da fame aínda se sentí-an con forza en Ouzande.

Cóntanos como con 18 anos quería ir ás festas da redonda coma osoutros mozos da parroquia, pero o Señor Ramón era rigoroso na educa-ción dos fillos e só lle deixaba ir ás de Ouzande e ás da Estrada. ComoManolo era enxeñoso, un día fíxose o valente e agardou a que todos nasúa casa durmiran; saltou pola ventá do seu cuarto que daba encima dotellado dun cuberto e enfiou pola horta cara á festa. Eran as tres damañá cando Manolo volvía polo mesmo camiño para a casa, sixiloso,non tivo que atravesar a horta, nin subir ao tellado e menos entrar polaxanela xa que seu pai estaba agardando por el na porta. A bronca foiboa pero desde aquela nunca máis lle prohibiron ir a festa ningunha emesmo lle daban cartos para que non pasase vergoña diante dos com-pañeiros.

Lembra nesta época moitos amigos coma Manolo da Taberna ou osirmáns da casa de Cereiro entre outros moitos cos que compartía asaventuras propias da xente nova, como de cando alugaban unha bicicle-ta para ir cara a Codeseda e Forcarei á procura de cornellos do centeopara logo vendelos na feira da Estrada. E é que daquela Manolo viviu unmomento duro da nosa historia con decisión e valentía, unha forzaarroutada que o levou á emigración.

Se hoxe Manolo vive no Brasil é por un cruce de carreiros que se deu nasúa vida aló polo ano 1954. Na Arxentina tiña a seu irmán Gustavo perocomo nesa época aquel país xa non permitía mais a entrada de novosemigrantes, el encontrou a solución emigrando para o Brasil máis con-cretamente para São Paulo para onde tiña emigrado un ano antes seuprimo Manolo de Cabanas. A intención final era atravesar a fronteirapara xuntarse a seu irmán Gustavo en Bos Aires, de maneira que embar-

memoria da emigraciónmanuel rosende torres

carr

eiro

s13

Page 15: Carreiros 8 (2009)

ca camiño de América e desembarca no porto de Santos en compañíade Angelito de Frei e onde os agardaba Manolo de Cabanas, quen oslevou para São Paulo. Alí coñeceu á que é a súa muller, polo que xa nonpensou en cruzar o Río da Prata máis que para visitar ao máis vello dosirmáns. Que Manolo embarcara cara á emigración non foi por ser a súaunha casa con moitos problemas económicos, pero ao ter a Gustavo alóe mais a procura de melloras persoais e de expectativas empuxáronocara ao porto de Vigo, porta de saída á emigración para moitos galegos. As despedidas son moi dolorosas, pero a do noso protagonista foi espe-cialmente sentida. Acompañouno seu pai até o mesmo porto logo deque súa avoa o despedira en Ouzande dicíndolle unhas palabras queecoarían posteriormente a milleiros de quilómetros: “adios meu filliño!que non te vou volver ver” Nun momento de despiste por parte deManolo, seu pai agochouse para esquivar esas últimas verbas de uniónfamiliar, Manolo, ansioso, buscouno coa ollada desde o barco mais nono alcanzou a ver. Así, camiño de América, arrancou o noso veciño coaspalabras de súa avoa na cabeza. Ao ano seguinte falecería a SeñoraEncarnación de Chedas con 82 anos de idade.

Manolo chegou ao Brasil polo porto de Santos en compañía de Angelitode Frei, irmán de Clotilde de Antucho; Venancio e Ramón. Manolo deCabanas recibiunos no desembarco e levounos para a casa onde el vivía;era en São Paulo, na Avenida Angélica, nunha casa que pertencía a unhamuller da Estrada que se chamaba Maruja e que era da familia dos deMariano que tiñan unha Fonda en Bedelle. Este primeiro paso en Brasilfoi moi especial para o de Chedas xa que ademais de ser a súa primeiracasa en América, tamén había ser onde coñeceu a Lidia, a muller coaque había casar poucos anos despois.

O marido de Maruja chamábase Pepe (Jose Carrera), era de Redondelae, por casualidade, tamén era mecánico polo que levou a Manolo a tra-ballar con el. Este primeiro destino laboral era nunha grande empresaautorizada pola marca Ford do Brasil e chamábase O.P. Gonçalves, esta-ba na Rúa Mato Grosso, a cinco minutos da súa casa, polo que Manoloespecializouse no oficio de mecánico. Así foi como non fixo coma outrosemigrantes que se dedicaron a todo tipo de traballos, non, el volcousena mecánica que xa tiña aprendido na Estrada.

Ao que o matrimonio de Maruja e Pepe se foi para un novo barrio dacidade, tanto Manolo coma os seus primeiros compañeiros de aventu-ra tiveron que buscar novos rumbos; Angelito foi para Uruguai e os dousManolos, Chedas e Cabanas, alugaron alí preto un cuarto. Foi casualida-de que a rúa na que se quedaron chamábase Baía e tiña unha fermosapraza diante que se chamaba "Buenos Aires" polo que Manolo dicía ásveces rindo: "Ves, vivo en Buenos Aires sen sair do Brasil nin deixar amiña namorada".

manuel rosende torres

carr

eiro

s14

memoria da emigración

Page 16: Carreiros 8 (2009)

Nesa época chegou ao Brasil Florentino do Rubio coa muller Lola e a fillaMarisa, levaron a Manolo de Chedas a vivir nun barrio de São Paulo quese chama Vila Clementino, pero como era moi lonxe do taller, Manolodeixou o traballo e púxose a buscar un novo emprego de mecánico nazona á que foi vivir. Non tardou en atopar un na Alameda Santos, nunbarrio que para máis ironías do destino se chamaba do Paraíso. As cou-sas íanlle ben a Manolo e non tardou en coñecer un señor de orixe ita-liana co que iría traballar como único empregado nun taller da rúaDomingos de Morais. Cando este home deixou o negocio, Manolo aven-turouse a alugarlle as ferramentas e montar así a súa propia empresa;Mecânica M. Chedas. Estamos no ano 1958 e na rúa Tupinambás de SãoPaulo.

Un ano despois habíase dar un dos días máis felices na vida de Manolode Chedas; era o dez de febreiro cando entraba pola porta da igrexa deSanto Antonio de Osasco (a dez km da cidade) con Manolo de Cabanascomo padriño de vodas, Otilia a madriña, Lidia a noiva e Manolo deChedas o noivo.

Logo do casamento continuou a traballar dous anos máis no seu nego-cio. Daquela coñeceu un taxista chamado Gallasso quen lle ofreceu unpréstamo de cartos para mercar un taxi e cambiar así de oficio. Pero ode Manolo era arranxar coches, non guialos. Así o día 3 de outubro de1961, sendo día de eleccións no Brasil, Manolo, que cobraba por quilo-metraxe, colleu un pasaxeiro militante dun dos partidos políticos queconcurría ás eleccións. O destino fixo que este cliente lle fixera pararcada pouco por cuestión da actividade electoral e como se demorabamoito tempo, Manolo protestoulle xa que estaba a perder diñeiro. Ocliente, todo dilixente, díxolle “se não gosta do seu trabalho, troque” eManolo..., trocou, respondéndolle: “o senhor tem toda a ração! Entãotrate de procurar outro taxi por que eu vou procurar outro emprego!”deixou alí aquel home volvendo deste modo á antiga vida de mecánico.

Nos primeiros meses non tiña clientes posto que levaba tempo pecha-do e os antigos usuarios fóronse para outros talleres, pero a vida sorrí-lle a Manolo e aparécelle unha nova proposta: levar a mecánica e man-temento dunha canteira. Meses despois pecha esta empresa e Manolovolve definitivamente para poñer a andar o seu taller. E así até a actua-lidade que continúa a súa actividade no Bairro da Bela Vista .para ondetinha se transladado para a Rua Maria José, 313, e mais tarde mudousepara Rua Rui Barbosa tamen na Bala Vista. Aínda que por idade e saúdexa non traballa, visita constantemente este lugar que el creou e ondecontinúa o seu fillo Claudio. Naquela altura trasladou a súa residenciapara o Bairro da Bela Vista; primeiro na Rúa Santo Antonio, e algúnsanos máis tarde, para a Rúa Humberto I, na Vila Mariana. É aquí ondevive a día de hoxe.

memoria da emigraciónmanuel rosende torres

carr

eiro

s15

Page 17: Carreiros 8 (2009)

No medio de todas estas aventuras tamén levou Manolo unha chácaraque é unha explotación agrícola fóra de São Paulo e na que tivo unhaespecie de caseiros nogalláns cos que se deron múltiples anécdotaspolo mal coidado de animais e horta.

En 2009 Manolo celebrou unha festa moi especial; as súas Vodas deOuro. Un momento para botar a vista atrás con Lidia, a muller que oacompañou nos momentos felices pero tamén nos difíciles, comocando Manolo foi coñecendo o pasamento dos máis seu pai Ramón deChedas.

A última mala nova que houbo que dixerir non só en América, senóntamén en Ouzande, foi a do pasamento do noso campaneiro Alfonso deChedas, irmán de Manolo, para quen foi especialmente doloroso postoque era o irmán menor e o gran fío de unión con Ouzande, coa súaorixe, quen o tiña recibido nas súas viaxes á nosa parroquia. Roto esteenlace afectivo tan forte, Manolo terá para sempre á súa familia porparte de seu irmán como cordón umbilical con Ouzande.

Alfonso non só fixo tanxer sons tristes nas nosas campás senón quetamén nos permite escoitar o seu repinicar grazas a unha das súas últi-mas aportacións a Ouzande ao colaborar no curso A Linguaxe dasCampás como campaneiro permitindo que outros aprenderan o idiomado repenique ou que as poidamos escoitar por internet en todo omundo.

No Brasil teñen un significado especial e fálannos daqueles que, comaManolo, cruzaron o Océano Atlántico para sementar aló unha novadimensión da parroquia co agromar de novos ouzandeses; os seus fillosJanette, Jesusa e Claudio. A primeira ten unha gardería e está casadacon Marcio, ten catro fillos; Diego, Lucas e os xémeos Pedro e Thiago.Jesusa é pedagoga e formou familia con Francisco con quen ten dousfillos; Raele e Renan. Claudio, quen non ten descendencia está casadocon Glauce e traballa xestionando Mecânica M. Chedas para orgullo deseu pai.

A pesar de ver mermada a súa saúde nos últimos anos, Manolo goza enSão Paulo con Lidia vendo os seus fillos medrados e gañándose a vida.De volver atrás, gustaríalle terse demorado máis nas felices vivenciasque o moveron por Ouzande, aínda que se sinte moi orgulloso de terfundido os nosos carreiros cos do Brasil.

manuel rosende torres

carr

eiro

s16

memoria da emigración

Page 18: Carreiros 8 (2009)

creación literariamanolo de cabanas

carr

eiro

s17

Oh! Amigos de miña infanciaAusencias que doen no peito.Sen vós, non é do mesmo xeitoVivo eterna e dolorosa ansia.

De saudades de Pepe de SueiroAnxelito de Frei e Pepe de XecobeVosa ausencia doi e conmoveLembrar de Antonio de Cereiro.

Ouzande sen vós vive unha ultraxeSerafín do Castro, Camilo de FelipeSingramos o océano naquel pau a piqueFomos compañeiros do mesmo viaxe.

É Xosé da Pucha! Aquel Anxo do Señor Que envelleceu rapaciñoDeus puxo en noso camiñoPra testar noso peñor.

Marchou sen Ouzande darse contaVivía solo e abandonadoOxalá nos teña xa perdoadoÉ Deus non nos cobre esa conta.

Cantas lembranzas quedaron de vósAlfonso de Chedas, noso campaneiroCantas recordacións de Marisa de SueiroVós xa non estades entre nós.

Cando vou polos camiñosSei que andades o meu ladoEu vos falo do pasadoDe cando iamos aos niños.

Nos trapazales das forcavedrasOu xogabamos á estornelaBrincadeira tan sinxelaOu os pelouros con cinco pedras.

E no campo da LagoaOu aló no campo da DocaXogabamos a pelotaEsa lembranza magoa.

Di lá no fondo do peitoPor que non falades comigoPero oídes o que eu digoDas cousas que temos feito.

Eu quero o toque de MidasFacer dos soños a realidadeE poder vivir na inmortalidade.

Saber como as tramas, foron urdidasPrá traervos de volta, sandar as feridasAndar nos carreiros da eternidade.

marzo de 2009

amigos da miña infancia que xa se foron

Page 19: Carreiros 8 (2009)

recordacións

Perdeu seu compás a batidaE non cicatriza a feridaDeste vello corazónLonxe da aldeia queridaPerdín o pracer da vidaO sentido e a razón.

Vivo de súas lembranzasRecordacións e esperanzasÉ unha única ilusiónRetornar nesas andanzasAgarrarme as súas tranzasE revivir a emoción.

De mirar seus nove muíñosQue fixeron seus veciñosDende o de Roque o ZarabetoTodos no mesmo regueiroDende o último o primeiroHoxe resta o esqueleto.

De oír os carros cantandoParece que me están chamandoPra que escoite seu lamentoXá ninguén ta se acordandoDos carros que ían cantandoQuedaron no esquecimento.

Na noite escura ir ao muíñoPra non tropezar no camiñoUn fachico prós alumar.

Ou a escondite á noite enteiraPra botar auga pra erveiraPor que vivir é RECORDAR.

xuño de 2009

fragmentos

Saír de pandilla pra cantar os ReisNo mes de xaneiro polo dia seis,Recollendo cartos pra unha causa nobreSen dicir pra que, pra que ninguén cobreIr de casa en casa, ata poñerse rouco,A causa foi un baile na palleira de Souto.

Nos domingos a noitiña, ir brincar na carreteraAs rapaciñas do redondo, estaban a nosa esperaAlegres e sorridentes, no esplendor da xuventudeAs mais bonitas de Ouzande, e tiñan aínda a virtudeQuerer os mozos de Alemparte, bonitos e intelixentesCon súas caras coradas, súas miradas ardentes.

Para probar que o que digo é a mais pura verdadeOs que quedaron, casaron e viven na felicidade.Tivo algúns que emigraron, en busca doutro destino.

Foron polo mundo afora, foron sen rumbo e sen tinoDas rapaciñas que quedaron, unha en súa intimidadeAínda sente miña falta, aínda chora de saudade.

xuño de 2009

manolo de cabanas

carr

eiro

s18

creación literaria

Page 20: Carreiros 8 (2009)

camiños pechados

Están pechados meus camiñosCamiños dos primeiros pasosDaqueles tempos escasosCon silveiras cheias de espiñosDos tempos sen mañánTempos de falta de pánO noso pán de cada díaTempos de artesa vacía.

Pero feliz adolescenciaDos meus amores primeirosDos anos da inocenciaDos meus soños sobranceirosDeixei nos camiños gardadosQue agora atopo pechadosPola pasaxe dos anosOcultando desenganos.

Eu vou reabrir os camiñosPra pisar nas mesmas pedrasOrnamentados con hedrasE niños de paxariñosTamén alí deixei amoresQue mucharon como floresAmores puros e inocentesQue brotan como sementes.

Neste triste corazónArranco as silvas dos camiñosFerido por seus espiñosA dor devólveme a razónNeles non hai mais amoresNon renacen como as floresOh. Meu Deus, ten piedadeArranca deste peito a saudade.

maio de 2009

non me esperten do meu sono

Non me esperten de meu sonoPor que non quero ver comoEstán as veigas de OuzandeDende o empalme a CastosandePra non ver ese abandono Non me esperten de meu sono.

Non me esperten de meu sonoPra ver as veigas sen donoEstán a monte a maior parteNo Redondo ou AlempartePra non ver seu triste tonoNon me esperten de meu sono.

Non me esperten de meu sonoEu quero ver en meu soñoComo as veigas eran antesDe plantacións deslumbrantesCada planta con seu pomoNon me esperten de meu sono.

Non me esperten de meu sonoNon interrompan meu soñoNele vivo unha quimera.

De sempre ser primaveraSen inverno nin outonoNon me esperten de meu sono.

xuño de 2009

creación literariamanolo de cabanas

carr

eiro

s19

Page 21: Carreiros 8 (2009)

carr

eiro

s20

carr

eiro

s<#

>

a despedida

Eu vou chorar de emociónVou despedirme dos meusAdeus Ouzande querido, adeusFarei do choro unha canción.

Un canto de despedidaQue será a miña ofrendaAo final desta contendaMeu Ouzande, miña vida.

Esta se cumprindo meu fadoEu marcho pra nunca máisLevando meus tristes aisComigo pra outro lado.

Nunca mais retornareiPra camiñar por teus carreirosNin verei mais teus regueirosNin farei o que soñei.

Quedar mais tempo contigoManoliño de SueiroTi fuches sempre o primeiroEs o meu millor amigo.

Eu teño tanto pra dicirE meu tempo se esgotandoEu sin saber ata candoDeus vai deixarme vivir.

Xa non sei mais miña idadeDezaoito anos vivín contigoOs outros foron castigoForon dor, foron saudade.

Oh meu Deus! Devolve este corpo a terraA terra sagrada de OuzandeLeva a dor que no corazón se expandeVen poñer fin a esta guerra.

Xa non aguanto o sofrimentoNon teño mais incentivoQue Deus me leve morto ou vivo.

Pra terra do primeiro alentoTeña piedade e non mandeNunca máis saír de OUZANDE.

xullo de 2009

manolo de cabanas

carr

eiro

s20

creación literaria

Page 22: Carreiros 8 (2009)

crónicacarreiros

carr

eiro

s21

que cesen xa todas as guerrasSenén Campos Maceiras

Moitos manda máisparecen estarse divertindopero morremos todos os demaisnas guerras que eles están dirixindo.

As mulleres, os anciáns, e os nenos andan sempre fuxindopor culpa de todas estas sen razónse o mundo se está destruíndo e con el tamén moitísimas ilusións.

Invéntanse moitas revoluciónsque ao final non serven para nadacámbianse os resultados das votaciónse así todo parécenos unha inocentada.

Entramos nunha encrucilladacon isto da crise xa famosanon sabemos como acabará a xornadae a nosa vida vólvese penosa.

Sofre o feo e sofre tamén a fermosaporque o pasado parécenos moito mellora sensación de futuro non nos resulta ditosae o panorama resulta bastante desolador.

E nisto que chega Barack Obama... ¡o salvador!Ao que moito... case todos esperamosa ver se ao ser un presidente de corcesan os racismos e nos irmandamos.

A ver se somos por fin humanos e cesan xa as guerras malditasa ver se xa non nos matamose hai paz entre palestinos e israelitas.

A ver se dan convivido catedrais e mesquitasse a paz e o amor son o noso mellor alimentose as grandes cidades cosmopolitasnon son para os bonitos bosques o seu tormento.

Se perigosas seitas e relixións sen tentolibérannos das súas imposibles prisiónssentindo todos de novo a felicidade e o contentoao non someternos ás súas enganosas bendicións.

Que cesen en fin pois todo tipo de agresiónsentre todos os seres vivos deste planetaque a dita e a alegría reinen en todos os corazónse que nunca xamais cale a voz deste poeta.

senén campos maceiras creación literaria

carr

eiro

s21

Page 23: Carreiros 8 (2009)

carreiros

carr

eiro

s22

crónica

presentación de carreiros 7Por primeira vez, decidimos facer unha presentación pública da nosarevista, e a verdade, foi todo un éxito. Nun principio, pensámolo parafacela cadrar co magosto do ano pasado, pero o pasamento de DonManuel, un dos socios fundadores da nosa asociación fíxonos cambiarde plans e as castañas ficaron para engalanar a mesa do local e para quecada persoa levase unha con cadanseu exemplar de Carreiros. O actoserviu tamén como homenaxe e recordo ao cura Castiñeiras, e así pedí-moslle a Noelia que interpretase unha peza á gaita na súa memoria.Polo demais, foi un acto moi concorrido, con numerosos socios e veci-ños da parroquia que asistiron ao mesmo e no cal disfrutamos dun fer-moso poema que nos enviou Manolo de Cabanas desde o Brasil, grava-do en vídeo. Tamén vimos e rimos moito con fragmentos da entrevistaque este lle realizou a Florentino de Chedas, e que serviu para un mag-nífico artigo da man de Manuel de Topete. Ao final todos e todas conoso Carreiros no peto para a casa, a disfrutar del.

nadal de cine e fin de ano

No pasado Nadal tivemos ocasión de asistir a diversas proxeccións nonoso local. O día 4 de xaneiro tivemos a ocasión de ver a entrevistacompleta de Manolo de Cabanas a Florentino do Rubio, ambos emi-grantes ouzandeses no Brasil. Comprobamos o bo facer xornalístico deManolo, así como a lucidez e o sentido do humor de Florentino.Ademais serviunos para repasar, a través da azarosa vida do do Rubio,un descoñecido, para moitos, período da nosa memoria colectiva.

Nesa mesma sesión tivemos a sorte de ver un pequeno documental noque se recollen as obras realizadas na Igrexa de Ouzande, nos anos 70,e na que aparecen colaborando numerosos veciños da parroquia.

fin de ano 08

Xa é tradición ir comer as doce uvas ao campo da festa e logo ir de xoldapara o local ata que o corpo aguante e dj adán tamén. Aí quedan as ima-xes.

Page 24: Carreiros 8 (2009)

crónicacarreiros

carr

eiro

s23

asemblea xeral anualO 14 de febreiro deste ano 2009, celebramos a Xunta Xeral Anual, naque se aprobou o informe económico e de actividades. Traballousetamén no deseño do programa anual e gozamos coas imaxes das activi-dades de todo un ano de asociación. A participación foi, unha vez máis,moi numerosa e activa, e rematamos a tarde compartindo un rico cho-colate quente con biscoitos.

a carroza electoral do entroido

Desta volta Ouzande viviu un carnaval cheo de alegría e humor pero coacor propia das grandes citas electorais ao cadrar nas vésperas das elec-cións ao goberno da Xunta de Galicia e, polo tanto, coa súa campañaelectoral.

Así foi que o tractor máis entroideiro da bisbarra colleu forma de carro-za... electoral, con lemas que parodiaban todas as opcións políticas dis-frazándoas de botellas de bebidas. Os carteis do "Filloó 2009" pasarona ser unha botella de gasosas, os do "Touritón" correspondéronse coabotella de cognac do touro. Por último un cartel que presidía a compar-sa lembraba que “a túa forza move este tractor”.

Moitas risas mesturadas con globos e adornos de todo tipo subidos aotractor electoral foron os que puxeron as persoas que a el se subironvestidos, coma é costume, dos máis variados modos para percorrer osdistintos lugares da parroquia. Capitaneados polas coplas dos xa tradi-cionais Cegos do Entroido e acompañados por música ao vivo non dei-xaron títere con cabeza.

Ao final da traxectoria e logo de convencer a ninguén para que votaraou bebera unha ou outra cousa, os cegos fixeron unha última paradapara cantar as súas coplas na taberna e déronlle paso á degustación detodos os manxares propios desta festa no local parroquial.Despedimos este carnaval 2009 coas palabras que berraban os nososceguiños"...e que viva o entroido!!!"

Page 25: Carreiros 8 (2009)

carreiros

carr

eiro

s24

crónica

ouzande nas beiras do miño

O 31 de maio de 2009 será recordado en Ouzande por unha viaxe quenos levou ata as augas do río que une Galicia e Portugal para coñecerTui, capital do Baixo Miño e, xa en terras minhotas, Valença e Monção.

Tui é unha desas vilas ás que a historia fai que lle chamemos cidade,unha sufridora nata pola súa condición fronteiriza dende o medievo. Oque máis destaca é que se conserve tan ben a súa estrutura e que ocemento e o asfalto respetaran o seu ilustre casco histórico. Tui asénta-se sobre un outeiro xa, posiblemente, dende tempos prehistóricos,pero será entre os séculos XII e XV cando se constitúa como a coñece-mos hoxe, coa súa impoñente catedral dominando a vila.

A nosa visita comezou precisamente por aí, pola catedral, coa axudadun guía que nos ofreceu unha completísima información sobre amesma. Chamou a atención que presumira tanto de ser de alí, do lugaronde se conservan cousas únicas a nivel europeo. Tanto chamou a aten-ción que mesmo nos deu por sospeitar que fose un pouco esaxerado. Ocaso é que non mencionou o San Telmo, patrón da cidade, como santonon beatificado, cousa que estivemos agardando e ninguén se atreveua preguntar para non ferir sensibilidades miñotas. Durante a visita guia-da descubrimos a impoñente fachada occidental, a primeira obra góti-ca da península que recorda á obra do Mestre Mateo no Pórtico daGloria da catedral compostelá. Sempre levamos estoutro templo namente e tendemos a comparar, no caso da de Tui cadra coa de Santiagoen ter planta de cruz latina ou en conservar capiteis nas columnas deco-rados igualiños aos da igrexa de Ouzande. Pero polo demais, a tudense,é unha obra moi singular ao estar situada aos pés do Río Miño, é o quelle dá ese aire de fortaleza defensiva. Tivemos a oportunidade de subira unha das torres e gozar coas amplas vistas. Hoxe son os visitantes osque fan uso delas, pero en tempos era un recurso para a defensa dacidade.

Paseando polo casco histórico de Tui puidemos ir descubrindo outrasdas marabillas da cidade. O primeiro en encontrarnos foi o palco demúsica que foi restaurado a finais do século XIX e así de fermoso se con-serva a día de hoxe. Alí á beira está o monumento a un tudense históri-co, Frei Rosendo Salvado, fundador de Nova Nursia (Australia) e coñeci-do por introducir as primeiras sementes de eucalipto en Galicia. A igre-xa de San Telmo, que está pola parte de atrás da catedral, é a únicamostra do estilo barroco portugués ("manuelino") en territorio galego

Page 26: Carreiros 8 (2009)

crónicacarreiros

carr

eiro

s25

e foi levantada enriba da casa deste frade dominico. O máis gratificanteao visitar Tui é pasear polas súas rúas nese sube-baixa constante, entreescaleiras e pasadizos e, como non, facer unha paradiña a xeito de"sesión vermouth" para compartir conversa cos veciños.

O xantar fómolo facer ao monte, e estando no Baixo Miño era fácil aescolla de monte, porque a só sete quilómetros da zona histórica de Tuiestá o coñecido Monte Aloia, un parque natural cunhas fermosas vistase zonas de recreo. Bo lugar este para descansar e prepararnos para cru-zar a fronteira camiño de Valença do Minho.

Os romanos xa tiñan feito este camiño dende o sur e camiño cara Lugo(Via XIX a Lvcus Augusti) ou cara á costa galega (Per Loca Maritima),sobre as pedras das súas calzadas habían pasar desde o medievo e atahoxe romeiros e peregrinos camiño de Santiago (Camiño Portugués). Ensentido contrario iriamos nós para atravesar o Miño pola ponte de ferroque construíu un discípulo de Eiffel para o paso de persoas, carros etrens. Cunha calor abafante chegamos á fortaleza de Valença do Minho.É este un lugar máis amurallado e pechado que Tui e máis explotadoturisticamente. Atravesar a fronteira fixo que afloraran os recordos dosproblemas para pasala ou o como era Portugal antigamente. Entrelocais de hostelería e comercio podemos atopar distintas igrexas deestilo manuelino, un miliario que sinalizaba en época romana a calzadaou gozar coas inmensas vistas cara a terras galegas.

Non hai moito tempo que Valença e Monção estaban unidas por un trenque ía pola beira do Miño río arriba. Ao se perder esta ruta, o gobernoportugués construíu unha "ecovía" que une as dúas vilas cun roteiropara facer a pé ou en bicicleta cun entorno e unhas vistas impresionan-tes. Nós fixémola pero en autobús, ao carón da vía vai o Miño e mailaestrada nacional pola que nos movemos gozando igualmente destazona "de alá" tan descoñecida para "os de aquí". A pesar de non ser moisonada, a vila de Monção é moi populosa, linda con Salvaterra de Miño,coa que está unida por terra dende 1995 por unha ponte. Presume estavila de ser terra de termas e de alvarinho, posto que se cultiva con forzao mesmo viño que do outro lado ten denominación de Rías Baixas. Oturismo que chega a Monçao faino principalmente polas súas augas sul-furosas e polo entorno de parques de recreo e o casco histórico da vila.A nosa visita desembarcou na Avenida da Estação para pasear polocasco histórico; "muralhas", Praza da República, Praza de Deu-la-deu,igrexa, mirador sobre o río... un fermoso lugar para sacarmos unha fotode recordo. Foi este o punto desde o que fixemos o retorno a Ouzande,fantaseando sobre posibles destinos para o ano que vén.

Page 27: Carreiros 8 (2009)

carreiros

carr

eiro

s26

crónica

o lumeiro

Prezados veciños e veciñas:O meu home é un langrán, como non vale para nada decidiu coller unhabaixa, disque ten lumbago de tantolevar pesos ao lombo.Por este motivo é que me presento eu como a súa substituta no traba-llo que tiña na súa axenda para o martes 23 de xuño á noitiña. Disquelle tocaba tolearvos para que non o queimarades no lumeiro.Non sei se xa estará el dispoñible, de non ser así, habedes de tolearcomigo. Vos veredes o que facedes. Se queredes ir de parranda aocampo da festa na noite do lumeiro atédevos ás consecuencias. E istonon é unha ameaza.Sen outro particular saúdavos porque non lle queda outro remedioSaqueta, a Muller do Home do Saco.

Esta foi a carta que apareceu en todas as casas uns días antes do 23 dexuño. Nos non lle fixemos caso e fomos, e pasámolo ben. Fomos por flo-res, fixemos a auga, armamos o boneco, levámolo ao lume, queimámo-lo, queimamos todo o malo que quixemos, comemos, bebemos, baila-mos, saltamos fogueira, e lavámonos coa auga das flores. Que ben opasamos, Saqueta.

roteiro do regueiro de arcos

O pasado primeiro de maio botámonos a andar polos carreiros deArcos. Percoremos os camiños de Ferreiros co obxectivo de descubrir asorixes do Río Gallo, o que os ouzandeses chamaban Regueiro de Arcos.Saímos ás 10 da mañá da Taberna de Ouzande para subir en coches ataa aldea de Ferreiros, alí deixámolos para facer uso de varias pistas fores-tais que nos habían levar até o regueiro. Alí marabillámonos da fermo-sura deste espazo e botámonos a andar regueiro arriba, deixámonosseducir polos caprichos da natureza, saltamos coma cabras de penedoen penedo e rimos á esgalla. Vimos o que supostamente é un batán emuíños, moitos muíños. Atravesamos a pontella de Arcos, a que levoua máis dun ouzandés cara Arcos co fin de mocear. Recordamos as histo-rias que moitos escoitamos do medo que daba atravesar esta zona denoite. Dámos creto, debe dar medo. O remate foi nunha fermosa fer-venza, da que tivemos que saír nunha operación de escalada á ouzan-desa..., xa onda os coches esperábanos unha espedición de cabaleiros ecabaleiras da parroquia. O bo tempo axudou a pasarmos unha bonita eanimada mañá de primavera en compaña fervenceira.

IV ruta das letras

Para a tarde do 16 de maio tiñamos preparada unha nova edición daRuta das Letras, cun bo lote de libros para todos, cedidos por EdiciónsXerais. Tamén tiñamos planeado un roteiro ata o Pedroso e a Pedralba,pero subindo por camiños que non exploraramos noutras ocasións, através do Monte do Topete e da Somoza. Pero choveu moito, moito.Quedamos na taberna a agardar, mais non parou. Gardámola para o2010.

Page 28: Carreiros 8 (2009)

crónicacarreiros

carr

eiro

s27

aí ven o globo!

Viñeron moitos globos o día 9 deagosto de 2009.

Page 29: Carreiros 8 (2009)

carreiros

carr

eiro

s28

crónica

Pasamos medo. É mellor que non veñades.

unha noite no muíño

Page 30: Carreiros 8 (2009)

crónicacarreiros

carr

eiro

s29

II fervenza de músicas

Noite de moita música e festa. O día 11 de setembro, véspera das Festasdo Socorro, organizamos a segunda Edición da Fervenza de Músicas enOuzande. Cinco propostas e moitas ganas de bailar e pasalo ben. Oposto do polbo non daba feito, cando a música dos Regato deMatamulleres xa comezara a dar mostra do seu bo facer. Colleron o tes-temuño os Xeitosos de Trazo e Pana Raiada, de Santiago; dúas agrupa-cións moi con moito xeito e calidade, que puxeron a bailar a todo omundo, e a cantar tamén. Cé Orquestra Pantasma causou sensación,pois a súa orixinal proposta, de home orquestra encandilou á parroquia,e ademais animando moito a festa. Para o final os nosos Retrouso, quefirmaron unha actuación soberbia, mostrando cada día os seus progre-sos. Ao final todos xuntos, a tocar, a cantar e a bailar. Por alí andarontamén as de Antena 3 gravando. Á súa maneira, fixeron festa tamén.

Page 31: Carreiros 8 (2009)

carreiros

carr

eiro

s30

crónica

clases de música e baile

A verdade é que a nosa pequena "Escola" de música e baile tradicionalestase a consolidar pouco a pouco. Neste curso, case medio cento depersoas, de Ouzande e de outras parroquias asisten ás clases dándolleaos sábados un color musical especial na aldea.

Todas as clases incrementaron o número de participantes, especialmen-te as de baile e pandeireta, e mesmo tamén houbo varias incorpora-cións na de gaita, que xa estaba completiña. Ademais este ano iniciaba-mos formalmente as clases de tambor, e temos, a día de hoxe, oito par-ticipantes de todas as idades. Todo un éxito!

Agardemos manter este nivel e poñer o noso grao de area na conserva-ción e difusión da nosa música. Queremos tamén manifestar o nosoagradecemento aos tres profes, por todo: Marcos Varela (gaita), SilviaMartínez (pandeireta e baile) e Alex Ayude (tamboril).Vémonos nos Campos de Festas!

Page 32: Carreiros 8 (2009)

a fervenza de ouzande, premio san martiñode normalización lingüística

O 12 de novembro de 2009, no Teatro Principal da Estrada entregáronnos o premio eXabier dixo isto:

Os compoñentes da Xunta Directiva da Asociación: Natalia de Sueiro, Manuel de Topete,Rosa de Cabanas, Manuel, da Casa do Rubio, Malusa da Cardalda, Julio de Sueiro, Laurade Topete, Manolo da Taberna, Loli de Cabanas, Xabier Adán o Becario, Alex Ayude eNoelia da Casa do Rubio. E tamén quen foron parte e seguen a estar: Ánxel de Chedas, pri-meiro presidente, Conchita de Xestoso , Teri da Cardalda, Belén de Obdulia, Miguel deSueiro, Adolfo da Rega, e quen lles fala, en nome dos máis de 250 socios e socias daFervenza de Ouzande, xentes de toda idade, caste e pensamento, queremos expresar onoso sentido agradecemento á AC O Brado e ao Padroado dos Premios San Martiño a con-cesión desta distinción, e as fermosas palabras que nos adicaron na súa xustificación.Poder estarmos á beira de personalidades que forman parte da historia do noso país,como o Fiscal sr. Varela García e o escritor e investigador Sr. Franco Grande, supón paranós unha honra quizais excesiva.

A Fervenza de Ouzande naceu o verán de 2001 coa modesta intención de dinamizar a vidasociocomutaria da nosa parroquia, así como para intentar preservar e mellorar o nosopatrimonio cultural, arquitectónico e natural. Desde un primeiro momento escollemos alingua galega como vehículo natural de comunicación, porque queriamos facelo así.Recibir este premio por facer o que queriamos e o que debiamos supón para nós un granreconforto e ánimo para seguir adiante no noso labor.

Unha das actividades que promovemos que goza de máis favor e participación é a excur-sión anual na que imos gozando pouco a pouco dos máis fermosos lugares do noso país:Nun luminoso día de primavera do ano 2005 fomos a Corrubedo e descubrimos que máisalá da duna había un mundo. Serverino de Carlota, daquela un dos socios de máis idadee que nos deixou xa hai algún tempo, volvía a modiño polo carreiro de táboas. Cando che-gou onda nós, díxonos que estaba canso, que daba volta, que fora ata o cumio da dunapara ver o que había despois, e aínda había outro tanto. Dixo que era como o contodaquel home que nunca pasara da Pontevea e que cría que alí remataba o mundo. Dunhavez que cruzou para alá volveu dicindo: “Pero canto mundo hai despois, outro tanto comopara acá!

Nós, un día, fixemos como Severino, subimos ao alto, miramos, mais seguimos para dian-te a ver o que había. E atopamos os camiños da Fervenza e dos Muiños cheos de silvei-ras, intransitables. E fomos limpar para poder andar por eles. E todos os anos volvemoslimpar e andar camiños.

E atopamos o local social de Ouzande, no soto dun vello palco da música, desfeito e senvida, e limpamos e pintamos tardes de verán en vez de ir á praia. E construímos a nosaverdadeira cidade da cultura, aínda que cando chove moito teñamos que enxugar a augaque o asolaga coas nosas propias mans. E foi entón lugar de reunión, de festa, de contos,de teatro, de maxia, de música, de libros, de Asemblea, de merenda, de fin de ano, deaprender Astronomía, de Cogomelos, de Saúde, de tecer cestos, de ceas, de clases demúsica e baile, de facer e refacer a cotío.

E tamén aprendemos a vender moitas e fermosas camisetas, viramos en especialistas encarros de viño e polbo e churrasco para facer uns cartiños para ter canda nós tanta músi-ca da nosa, da de sempre e da de agora, na lingua que falamos. E xogamos moito nocampo da festa e no adro da igrexa. Con maiores, con nenos e nenas, e por iso cada catroanos, só en Ouzande, temos Xogos Oulímpicos,. E disfrazámonos, e cantamos coplas, easamos castañas, e queimamos o home do saco, entre todos e todas. Mesmo aprende-mos a tocar as campás, nós e mais os que quixeron, un fin de semana de outono, da mansabia de Alfonso de Chedas, que hoxe ha estar repenicando no ceo os sinos da nosamemoria.

E quixemos escribir o noso presente e tamén o pasado para que quedase para o futuro. Etecemos Carreiros, a nosa revista, o libro como lle chaman en Ouzande, e que, cada ano,chega co outono. Ao final, con todo isto e máis, conseguimos algo que non estaba estabaescrito nos Estatutos, sermos un pouco máis felices, coma hoxe.

Nesta sala están presentes moitas persoas que teñen a responsabilidade de decidir, demirar polo ben común. Queremos pedirlles que no desempeño da súa función, sexan xus-tas co noso idioma e a nosa cultura. Humildemente, pensamos que iso non quere dicirmanter unha aparente neutralidade. Debe ser neutral o árbitro na contenda, mais nonestamos diante de contenda ningunha. Ser xustos é lexislar en favor daquelas realidadesque presentan unha maior fraxilidade social. E, nalgúns ámbitos, esa é a situación do gale-go. Ser xustos é favorecer ao idioma, sen que isto supoña prexuízo para nada nin para nin-guén.

Mais, como a lingua tamén a construímos todos e todas, queremos facer extensivo o nosorogo a todos nós, a pais e nais, e pedirlles que non releen a formación dos seus fillos. Quenon lles troncemos os azos con que afrontar o futuro. Quitarlles a posibilidade de medrarno que lles é propio, no que os nosos pais e as nosas nais nos aprenderon non garante ninmellor educación, nin tan sequera máis felicidade.

Para ir rematando, queremos dedicar este premio a todas as persoas que encetaron ocamiño con nós, que nos aprenderon a coidar e a amar o noso, e que hoxe xa non están.No seu nome quixeramos citar a dúas delas que nos deixaron nos últimos meses:

En primeiro lugar a Don Manuel, o crego de Ouzande e mais da Estrada. Socio fundador,e a quen debemos en gran parte o nome da nosa asociación, “porque fervenzas hai moi-tas, pero a nosa e a nosa”. Manuel Castiñeiras foi un constante é cómplice valedor destaasociación, colaborador activo na vida asociativa. Os veciños e veciñas de Ouzande, temosademais, moitos motivos para recordar con agradecemento a súa xenerosa contribuciónao desenvolvemento material e social da nosa parroquia.

E en segundo lugar, a Carme Sanmartín, nacida Carmiña da Eira de Castrorramiro daSomoza, tamén socia fundadora e colaboradora entusiasta deste noso proxecto. Ademais,Carme gardaba na súa memoria o tesouro das palabras da lingua, e entre outras moitascousas, e perdoen que agora fale en primeira persoa, aprendeume o que era un ganduxo,e a botalo tamén.

Eles dous han estar tan orgullosos coma nós, ou se cadra máis, no día de hoxe.

Remato dando unha vez máis as grazas por este recoñecemento, e mentres tanto nóscoma sempre, seguimos a andar, seguimos a falar.

Nunca menos.

crónicacarreiros

carr

eiro

s31

Page 33: Carreiros 8 (2009)

noelia bouzónxabier de cambamanuel de topetelaura de topeterosa de cabanas (deseño, ilustracións e maquetación)

Imaxe do consello de redacción acompañado polo noso colaborador en Brasil Manolo de Cabanas, ea súa neta Nataly.

Fotografías: Arquivo Carreiros e Noelia Bouzón (Retrouso de viaxe).

Fotografía páxina 3: Tito Durán.

Fotografías artigo Manolo de Chedas: cedidas por Manolo de Chedas.

Dámoslles as grazas a todos eles pola súa colaboración.

Tamén agradecemos a colaboración de Manolo de Cabanas, que realizou aentrevista a Manolo de Chedas, base do artigo de Manuel Rosende, así como osseus poemas.

Agradecemos tamén o poema de Senén Campos.

carreiros

carr

eiro

s32

consello de redacción

publicación promovida pola ac a fervenza de ouzande

ouzande a [email protected]

subvencionado por:

compartimos fervenza dende o principio até o final

Page 34: Carreiros 8 (2009)