crónica do premio boas prácticas na biblioteca
DESCRIPTION
Óscar e Noa contan o seu día en Madrid para participar na ceremonia de entrega de premios de Boas prácticas na biblioteca escolar.TRANSCRIPT
Levantámonos as cinco da mañá. Luís (o
director) veu a recollernos co coche e
levarnos ao aeroporto.
O aeroporto era moi grande e había un
detector de metais.
Cando subimos ao avión estabamos moi
nerviosos e os “azafatos” déronnos unha
pizarra para debuxar.
Cando despegou, a Óscar taponáronselle os
oídos.
Cando estabamos no aire vimos as nubes
por debaixo do avión como si foran de lá
(Óscar), e moitos parques eólicos (Noa) e
un campo de tenis (Óscar).
Ao chegar a Madrid fomos no autobús ata a
Biblioteca Nacional. No autobús Óscar
premeu nun botón, e unha voz dicía
:”Próxima parada non sei qué, non sei
canto”
Antes de entrar na Biblioteca fomos a unha
cafetería a almorzar, onde había moitas
videoconsolas e estivemos xogando.
Despois fomos a cambiarnos e entramos na
Biblioteca Nacional. Ensaiamos un pouco no
escenario, e logo fomos xogar fora ata a
hora de entrar.
Logo o ministro deu un discurso e despois
foi a entrega de premios. O premio do cole
colleuno a profe Isa.
E despois a profe Belén presentou ao Iván
(o músico) que tocou coa zanfona “Strela do
día”.
A continuación puxeron un vídeo do que
facemos na escola e na biblioteca. Despois
Isa levounos ao escenario. Alí non tivemos
nervios, tivemos emoción.
(Noa dí que se puxo nerviosa cando actuou
para os profes do cole, e Óscar di que non,
que a el púxoo nervioso actuar para os
compañeiros).
Saíunos moi ben, e logo Isa colleunos da
man e saímos do salón de actos.
Despois foron os “pinchos” e Óscar comeu
moita tortilla. Alí todo o mundo nos felicitou.
O ministro felicitou a Noa mentres Óscar se
cambiaba para non mancharse. Dixo: “ Lo
hicisteis muy bien y teneis que felicitar
vuestros compañeros por los dibujos tan
bonitos”, e Noa díxolle “Gracias. Nos
esforzamos mucho”.
Fomos comer a un restaurante cerca do
Prado. Óscar non comeu nada, porque
estaba cheo. Solo un xeado.
No museo do Prado vimos “As meninas” e
“As lanzas”. Belén comprounos unha chapa
das meninas para cada un.
Logo volvemos en metro ao aeroporto.
Cando chegamos ao aeroporto solo había
catro asentos, e eramos sete. Entón Iván,
Isa e Belén quedaron 2 horas mais, a
esperar outro avión, e Luis, Ana (a nai de
Noa) e nós viñemos no avión. Déronos unha
ficha de actividades de Bernie e houbo
moitas turbulencias.
Pasámolo moi ben (Noa). Eu quero volver
atrás no tempo e volver a pasar o día
(Óscar).
Noa Curro Pena (10 anos)
Óscar Gutiérrez Martínez (9 anos)